Parque Natural
Fragas do Eume
DATA: 30-7-1997
PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre
figurou no catálogo de lugares de interese natural de
Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas
Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para
Reserva da Biosfera.
CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García
Rodríguez, Monfero, Pontedeume.
VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo,
fentos, brións, anfibios, insectos...
Situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes,
lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente
coruñesa da Serra da Loba.
O Eume e os seus
afluentes forman vales
profundos nos que se
conservan áreas de
bosque atlántico de gran
pureza, cunha gran
diversidade de especies
de animais, vexetais e
fungos, algunhas moi
raras ou únicas.
Á riqueza e diversidade
biolóxica hai que
engadirlle a beleza da
paisaxe con boas vistas
panorámicas sobre a
fraga e o río, vales
encaixados e fervenzas,
e monumentos
etnográficos (muíños,
pontes) e artísticos
(mosteiro de Caaveiro).
A orografía do terreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar
idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o
caudal do río afectando ás especies que viven nel.
O Eume auga abaixo da presa.
Canón do Eume, nunha das zonas declaradas reserva integral.
A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no
outono.
Fraga do Eume no Verán.
Interior da Fraga
Fervenza no Canón do Eume   Fervenza de Teixido
Fervenzas no Sesín, en Caaveiro.
Río Sesín.
Os monxes de Caaveiro
construíron para o servicio do
mosteiro unha ponte e un muíño
no río Sesín afluente do Eume.
Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X,
   cunha igrexa románica do século XII.
FLORA


        As fragas do Eume son uns dos
        bosques atlánticos mellor
        conservados de Galicia e un
        dos máis importantes de
        Europa pola riqueza e variedade
        de especies.
        Hai catalogadas 25 especies de árbores,
        entre elas os teixos –que teñen aquí o
        límite occidental da súa distribución en
        Galicia- e as sobreiras –que teñen no
        parque o límite norte de distribución da
        especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250
        de liques –máis de 20 moi raros na flora
        española-, 100 de fungos e 220 de brións e
        hepáticas.
Fentos nun rego afluente do Eume.
As especiais condicións
microclimáticas das Fragas do Eume
favorecen a supervivencia de varias
especies relictas do Terciario, fentos
catalogados como vulnerables pola
UICN e moi raros na Península:
Culcita macrocarpa (especie de
interese mundial en perigo de
extinción), Hymenophyllum
tunbrigense, Vandenboschia
speciosa, Woodwardia radicans...
Culcita Macrocarpa, unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción
que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente.
É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume,
na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.
Woodwardia radicans, outro fento
pouco común presente nas Fragas
do Eume. Os seus frondes poden
acadar os 2,5 m de lonxitude.
Cubrindo o solo e as rochas e sobre
os toros das árbores podemos
atopar máis da metade das especies
de musgos ou brións presentes en
Galicia.




     Brións e hepáticas.
Fento (Hymenofilium...)




                  Hipérico
FAUNA




                                                      Libeliña (Calopterix splendens)



A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico
caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de
varias especies únicas de invertebrados.
Hai catalogadas 103 especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón
peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o
bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o
merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque.




                                                              Ferreiro abelleiro
                                                                (Parus major)
Nas Fragas do Eume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles
destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta –
Chioglossa lusitanica- endemismo do noroeste da Península Ibérica.).
Entre os invertebrados atópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a
lesma manchada (Geomalacus maculosus) a caracola plana Elona quimperiana, o
escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na
Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas
fragas.




         Albariña galega
     (Ctenocarabus galaicus)




                                                    Caracola plana (Elona quimperiana)

                               Lesma manchada (Geomalacus
                               maculosus)
bolboreta (Limenitis camilla)
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,
   DEBUXOS: Mon Daporta

Pn fragas do eume

  • 1.
  • 2.
    DATA: 30-7-1997 PROTECCIÓN; ParqueNatura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera. CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume. VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo, fentos, brións, anfibios, insectos...
  • 3.
    Situado nos valesdo Eume e algúns dos seus afluentes, lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba.
  • 4.
    O Eume eos seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza, cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.
  • 5.
    Á riqueza ediversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas, e monumentos etnográficos (muíños, pontes) e artísticos (mosteiro de Caaveiro).
  • 6.
    A orografía doterreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o caudal do río afectando ás especies que viven nel.
  • 7.
    O Eume augaabaixo da presa.
  • 8.
    Canón do Eume,nunha das zonas declaradas reserva integral. A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no outono.
  • 9.
    Fraga do Eumeno Verán.
  • 10.
  • 11.
    Fervenza no Canóndo Eume Fervenza de Teixido
  • 12.
  • 13.
    Río Sesín. Os monxesde Caaveiro construíron para o servicio do mosteiro unha ponte e un muíño no río Sesín afluente do Eume.
  • 14.
    Mosteiro de Caaveiro,fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.
  • 15.
    FLORA As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galicia e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galicia- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250 de liques –máis de 20 moi raros na flora española-, 100 de fungos e 220 de brións e hepáticas.
  • 16.
    Fentos nun regoafluente do Eume. As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península: Culcita macrocarpa (especie de interese mundial en perigo de extinción), Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans...
  • 17.
    Culcita Macrocarpa, unhaespecie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.
  • 18.
    Woodwardia radicans, outrofento pouco común presente nas Fragas do Eume. Os seus frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude.
  • 19.
    Cubrindo o soloe as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies de musgos ou brións presentes en Galicia. Brións e hepáticas.
  • 20.
  • 21.
    FAUNA Libeliña (Calopterix splendens) A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas de invertebrados.
  • 22.
    Hai catalogadas 103especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque. Ferreiro abelleiro (Parus major)
  • 23.
    Nas Fragas doEume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta – Chioglossa lusitanica- endemismo do noroeste da Península Ibérica.).
  • 24.
    Entre os invertebradosatópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a lesma manchada (Geomalacus maculosus) a caracola plana Elona quimperiana, o escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas fragas. Albariña galega (Ctenocarabus galaicus) Caracola plana (Elona quimperiana) Lesma manchada (Geomalacus maculosus)
  • 25.
  • 26.
    MONTAXE: Adela Leiro FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta