Precursores do Rexurdimento:Francisco Añón (1812 – 1878)
Biografía
Añón é moi crítico coas inxustizas da sociedade do seu tempo, razón pola que estará case
permanentemente exiliado. Debido ás súas ideas, pasa a maior parte da súa vida en Portugal,
Inglaterra... E até 1848 non pode volver á súa terra.
Obra
Añón é un poeta que toca todos os rexistros, destacando os poemas satíricos (irónicos, con burla).
Ten tamén poemas costumistas (temas cotiás) e poemas moi líricos e sentimentais.
Sen dúbida, o seu poema máis coñecido é “A Galicia”:
• “A Galicia”: é premiado cun accésit nos Xogos Florais de 1861 (Certame literario celebrado
na Coruña) e publicado ao ano seguinte no Álbum de la Caridad (libro recompilatorio dos
poemas presentados ao certame).
Os seus trazos máis importantes son:
◦ Métrica: oitavas italianas.
◦ Tema: Fai unha chamada a Galicia para que recupere a súa dignidade.
Pídelle a Galicia, metaforicamente, que desperte e se rebele ante as
inxustizas que vive.
◦ O eu poético (voz lírica) é un emigrado (“D’ese chan venturoso arrincado”;
“De ti longe, querido curruncho”).
◦ Estrutura:
◦ Primeira parte: lembranza de Galicia (Paisaxe nas estrofas 2,3, e
4 e xentes nas estrofas 5 e 6.
◦ Segunda parte: O eu poético ve en soños un futuro esperanzador
(“E silvando com’u-na serpente,/ como un lóstrogo os campos
cruzou” tren)
◦ Terceira parte: Esperta do soño e volve á tristura do presente.
◦ Outros datos do poema:
◦ Paisaxe idealizada, coma a de Rosalía en Cantares Gallegos.
◦ Aparece o monte Pindo, que se considera o monte galego mítico
(como o Olimpo enGrecia)
◦ Aparece o tren como símbolo de progreso.
◦ Aparece a anduriña como símbolo de conexión entre Galicia e o
exterior.