SlideShare a Scribd company logo
a auga na cultura galega
a auga que cae do ceo
A chuvia reparte pola terra a auga que o sol e o vento sacan do mar
transportada nas nubes.
A chuvia cae sobre a terra, esvara pola superficie, enchoupaa e penetra no
seu cerne. Forma as veas das que se nutren os milleiros de regos e
mananciais, limpa o aire e vivifica toda a natureza.
Da importancia da chuvia dan fe a cantidade de palabras para expresar
todas as súas formas e variedades e os numerosos ritos e tradicións que
tiñan lugar por toda Galicia para atraela ou alonxala. Rogativas con
santos para pedir a chuvia, ritos de inmersión total ou parcial de imaxes de
santos nos ríos e fontes…
-Un pé de auga e saraiba descarga auga a xerros no medio dun
día de inverno metido en auga.
-Cando chove moito e con forza dise que chove a arroiar, a
baldes, a xarros, a caldeiros, a Deus dar… ou que cae unha
manta de auga.
Un día de chuvia a rego ou a fío: cando o fai con abundancia e
durante moito tempo.
-Cando chove intensamente, pero durante pouco tempo, produto
dunha tormenta, chámase torbón, ballón, tronada de auga, man
de auga, cachón, tromba de auga ou golpe de auga.
-Dise chuvieira, xistra, brea, chuvasco e chuvazo cando chove
con moito vento e, se ademais vai frío, corisca ou coriscada.
-Unha nevada é cando chove auga fría forte e intensamente.
A xurrada ou escorrentía é a auga que
corre por enriba da terra cando chove.
A chuvia moi miúda, con pingas moi finas, como néboa, chámase, segundo os lugares: chovisca,
poalla, barruzo, orballo, bromorio, molura, cerceno, babazo, moruxeira, marmuxeira, marmaña,
mocallas, mollaparvos, mollapitos…
Lazo ou cristal (tona de xeo na auga)A neve cae en farrapos,
falopas, felepas ou folerpas.
O frío converte en carambelos as
pingas de auga que esbaran dos
tellados ao fundirse a neve.
Xeada: o frío das noites de inverno conxela as
minúsculas pingas da humidade do aire.
Despois de escampar, estiñar, estrelampar ou clarear as
derradeiras pingas esvaran polas ponlas das árbores.
Pedrisco, saraiba, pedra ou pedrazo
O orballo ou rosada fórmase nas noites frescas
ao condensarse o vapor de auga do aire
Segundo a crenza popular, o arco da vella
baixa a beber auga dos ríos. Tamén se di que
onde remata o arco da vella hai un illó.
É noite pechada e chove miudiño ...
Nas lousas de pedra,
ó longo da rúa
escura e deserta
estoupan as pingas
que deitan as tellas ...
CHOVE (Ramón Cabanillas)
ARTESANÍA DA CHUVIA
A coroza é unha prenda feita de
xuncos ou palla construída de xeito
que a auga esvara por ela. Foi moi
empregada na montaña.
REFRÁNS
-En abril, cada pingueira vale por mil.
-A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan.
-En agosto chove mel e mosto.
-Cando Nadal nada, sinal de boa anada.
-Xaneiro xeadeiro, febreiro mulideiro, marzo esqueiroso e abril
chuvioso sacan a maio frorido e fermoso.
-Polo agosto arden os montes, polo setembro secan as fontes.
CANTIGA
Es coma auga moleira,
que anque non pareza molla,
tes moi boas palabriñas
para quen non te conoza.
TRADICIÓNS
No monte Aloia, en Tui, levaban a imaxe de San Lourenzo á
Pedra da Auga (mirando ao solpor) para pedir chuvia, e á pedra
Do Sol (mirando ao nacente) se querían que parase de chover.
NUBEIROS E TRONANTES
OU “COMANDANTES DO TRONOS”
Seres que se encargan de fabricar a tronadas e saraibas. Homes
altos vestidos de negro que falan castelán e forman as treboadas
subindo ás nubes por medio dunha polvoriña que fabrican
mexando no pó. Tócanse as campás para espantalos e que non
fagan dano na parroquia. Os curas espántanos con responsos.
OFICIO DA CHUVIA: O PARAUGUEIRO
Os paraugas son accesorios imprescindibles
nun país onde chove moito e mantelos en
boas condicións é traballo do paraugueiro.
Despois de moito chover veñen as enchentes.
a auga que sae da terra
a auga na cultura galega
A auga da chuvia e a neve ao fundirse van enchoupando a terra
pouco a pouco e formando milleiros de veas que circulan polo seu
interior e que ao saír logo á superficie dan lugar a mananciais,
illós e minas.
Os lugares onde abrolla a auga (illós, ínsuas, pozas, lameiros,
fontes, mananciais…) foron sempre moi buscados por ser puntos
de referencia para o asentamento das persoas e as súas
actividades, e por eso foron sempre coidados e respectados.
Para mellorar o su rendemento e facilitar o seu aproveitamento
realízanse obras nas que a pedra ten un protagonismo especial.
Arredor das nacentes de auga xurdiron numerosas crenzas e
tradicións, en especial aquelas que nunca secan ou que teñen
augas con propiedades especiais. En moitas delas realizábanse
rituais que a igrexa cristianizou construíndo na súa proximidade
santuarios.
REFRÁNS
-Auga corrente non mata á xente, auga parada, tenna matada.
CANTIGA
Maruxiña vai na fonte
moito tarda que non ven,
ou rompeu o cantariño
ou moitos amores ten.
CRENZAS
-Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans en
determinadas fontes (Verín, Ourense...) casa no lugar.
-Abondan as fontes chamadas das “mouras” ou dos “mouros”
relacionadas con lendas de gardadoras de tesouros.
-Para que o pan levede ben hai que coller auga de sete fontes.
-Nas fontes habitan mouras, fadas e espiritus encantados e hai
agochados tesouros, sobre todo nas que hai a carón dos castros
e mámoas.
Para concentrar a
auga que abrolla
realízanse
escavacións
horizontais (minas)
ou verticais (pozos).
A obra complétase
cunhas paredes que
impiden a perda de
auga, ao tempo que
facilitan a súa
recollida.
As fontes concentran a saída da
auga nun punto (cano ou picho).
As obras son moi variadas, desde
as máis sinxelas, cunha parede e
uns canos aos que se lle
engaden, ás veces, pías ou
depósitos para retela; ata as
fontes monumentais dos
mosteiros e cidades nas que o
aspecto artístico e construtivo
ten tanta ou máis importancia
que o utilitario.
Os pozos antigos revestíanse interiormente de
pedra e, en ocasións, contaban con chanzos ou
escadas para poder baixar a eles e realizar
traballos de limpeza e mantemento.
Os pozos de abastecemento das casas rodéanse,
como protección, con peitorís de pedra
cilíndricos ou prismáticos e
nalgunhas zonas van cubertos
cun tellado posto sobre catro
esteos ou cunha caseta pechada,
cun pousadoiro para o caldeiro
ou balde, ao pé da que pode
haber tamén unha pía ou
lavadoiro.
A “Fonte Sacra”
da Fonsagrada.
Conta a lenda que unha
noite chegou un peregrino
moi canso ao que ninguén
daba refuxio. Unha viúva
moi pobre acolleuno na
súa casa e deulle o único
que tiña para comer, pan
negro e nabos. Cando
volveu de buscar unha
xerra de auga da fonte
atopou con que a auga se
convertera en leite e na
mesa tiña un bolo de pan e
o peregrino dasaparecera.
Desde aquela a fonte
chámase “Fonse Santa” e
dalle nome á Fonsagrada.Surxencias de Fonmiñá, unha das nacentes do río Miño
Mina en Laioso (Esgos)
Mina en Trandeiras
Torre Sandiás
Foro da
Illa de
Arousa
San Simón da Costa
Chagoazoso
San Fins
(Vimianzo)
A Mezquita
PerrelosEntrimo Guntín
Pazo de Fefiñáns
As Platerías
Santiago de Compostela
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
2
a auga que corre pola terra
a auga na cultura galega
Pozo Sangoento, no río Seixo (Cerdedo), onde vive a Serpe Bichoca.
Galicia ten milleiros de ríos e regatos, milleiros de lugares nos
que a auga se atopa en contacto íntimo e inseparable co cerne
da terra nai, contacto que os converteu en inseparables e
complementarios e orixe de multitude de formas mudables e
cambiantes, vivas, con forza e movemento; baixo as aparencia
máis diversas, agresivas, espectaculares ou tenras, cheas de luz,
cor e voz.
Por calquera parte que vaias, sobre todo entre outono e
primavera, atopas un curso de auga, grande ou pequeno, de
discorrer maino ou bravío.
Canóns impresionantes coas rochas espidas, testemuñas da
acción do río durante milleiros de anos, ou zonas remansadas,
onde a auga descansa e acolle multitude de formas de vida.
FERVENZAS, RÁPIDOS.
O “XOGO”, A “LOITA” DA AUGA E A PEDRA.
A combinación de rochas, auga, luz e son crea espazos
únicos, lugares máxicos onde as augas que caen ou se
derruban, que esbaran polas grandes laxes ou que
discorren entre penedos exercen sobre nos un atractivo
especial.
Sería case imposible inventariar as fervenzas que hai en
Galicia, desde os pequenos regos ata os grandes ríos, raro
é o lugar onde non se atopa algunha. E froito desa gran
abundancia e variedade é tamén a diversidade de nomes
que podemos atopar percorrendo o país: fervenzas,
férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras,
chorredeiras, cadoiros, saltos, cataratas, cachóns,
abanqueiros, cachoeiras, cascadas, ruxidas, ruxidoiras,
rexedoiras, cenzas, censas, caeiras, pincheiras (no Courel),
seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras (nos Ancares)...
Ao pé das fervenzas é
frecuente que se formen pozas
ou pozos, moitas veces de
augas escuras e profundas aos
que a xente pon nomes como
“negros, do demo, do inferno,
sangoentos…”
Moitos deles teñen lendas
asociadas: meigas, fadas,
mouras, serpes e outros
espiritus que moran no fondo;
campás, tinas de ouro, persoas
ou carros de bois mergullados
nos pozos...
LAGOAS
Na maior parte das lagoas de Galicia (Cospeito,
Doniños, Antela,...) dise que hai cidades asolagadas.
Na lagoa de Alcaián (Coristanco) está a cidade de
Alcaian. Contan que cando viñeron Deus e San Pedro
pedindo esmola, os veciños encirráronlle os cans. Entón
díxolle Deus a San Pedro “Adeus vila de Alcaián, que
tamén me encirraches os cans”. Din que ás 12 da noite
do día de Nadal oense cantar aos galos.
En Lebañón contan que había un pobo de pescadores e
pasou o Noso Señor, pediu esmola a un zapateiro e este
tiroulle unha subela. Entón o Noso Señor dixo
“Arrevírate vila co de abaixo para arriba”. A xente dí
que oe tocar as campás.
REFRÁN;
Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver.
CANTIGA:
Moitas voltas da o río,
moitas voltas da o regueiro,
tamén a nena da voltas
por encontrar mozo solteiro.
“O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen
mil anos. Sigue rolando, moendo o tempo e luindo
pelouros con feroce teimosía; dabúa, ruxe, agurgulla
en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o
alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e
síntome cativa no arrimo desta orela, destas pedras
carricentas postas polo xenio andeiro dos romanos”
Xosé Neira Vilas “Querido Tomás”
Vendo i ouvindo o río
vaise o tempo sin sentilo.
Naz'a auga su as abrairas
entr'as penas sombrizas
roxe e baixa
de pincheira en pincheira
e corre entretecida...
Uxío Novoneyra “Os eidos”
Lagoa de Cospeito
“Olas” no río Mao (Lobios)
Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada)
Pincheira de Rixio
(O Courel)
Pozo do Pego
Río Ulla (Touro)
Curso alto do río Xesta Canón do Sil
auga que traballa (paisaxe)
a auga na cultura galega
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
4
REFRÁNS
-A peneda é dura e a auga é miúda,
máis caíndo, caíndo, fai cavadura.
-Tanto a auga da na pedra que acaba por amolecela.
-Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza.
Galicia é un territorio moi antigo onde as rochas están moi
presentes. A acción erosiva da chuvia ao longo dos tempos
puxo ao descuberto unha gran cantidade de formacións
rochosas que antes se atopaban debaixo da superficie e creou
nelas unha gran variedade de formas que, nalgúns lugares,
representan auténticos monumentos naturais aos que a xente
puxo nomes propios ou asociados a crenzas, mitos e lendas.
A auga da
chuvia, pouco a
pouco forma na
pedra pías,
cacholas, penas
furadas…
Desde moi antigo as pedras con formas curiosas,
en dificil equilibrio ou con ocos, e aquelas nas que
se formaban pías e cacholas que retiñan auga,
deron lugar a gran cantidade de lendas e ritos
relacionados co amor, a fecundidade ou a
curación de diversas enfermidades físicas ou
psíquicas.
Á súa orixe natural atribúeselle moitas veces
carácter máxico relacionado cos mouros ou con
santos.
Hai penas para curar o tangaraño, as dores dos
ósos, os males da cabeza... Outros penedos teñen
poderes maléficos e neles nacen os malos ventos
ou viven seres malignos.
A auga das
escorrentías
escava cavorcos
nos camiños e
montañas.
NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS
OU DESCUBERTAS POLA AUGA:
Pena, penedo: pedra grande
Laxe: pedra grande aplanada
Con: rocha que sobresae do terreo
Lastra: rocha plana que sobresae do
terreo
Pelouro, seixo ou coio: pedra
redondeada pola auga. As grandes
chámanse callaos e as pequeniñas
xogas.
Coido ou boleira:agrupación de coios
na beira da auga.
Cavorco ou barranqueira: val estreito e
fondo escavado pola auga das doiras
(regos temporais de augas revoltas)
Penedos das Rodas (nas proximidades de Rábade - Lugo), contan que unha ten
ouro e a outra xofre. Non se poden romper porque non se sabe cal é a do ouro
e xofre extenderíase queimando todo.
Pedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus).
Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse
pasar polo burato da pedra para que curasen.
Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro.
Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males
(especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha
gran pía natural, e vai esbarando polo seu interior.
Lastras na serra da lastra Laxes na Illa de Arousa Coios, pelouros... no río Tea
A auga que se filtra a través
das rochas calcarias forma covas
a auga que da vida
a auga na cultura galega
CANTIGA
Déixame que vou de presa
coa auga de regar,
auga de moitos regueiros
é moi mala de xuntar.
...Cando baixa do ceo ven ó mundo a legría
e brilan os penedos e reloce a campía
e cóbrense de follas carballos e silveiras
e surden as erbiñas á beira dos camiños.
verdexan os liñares, frorecen as roseiras
e cantan os muíños!
Agoiña milagreira (Ramón Cabanillas)
Un dos principais aproveitamentos da auga dos ríos é as regas para a agricultura.
Tradicionalmente, mediante a construción de caneiros, tostas, presas, preseiras ou guiares xebrábase
parte da corrente que era conducida por canles, para regar herbeiros e outros cultivos.
Estas levadas, case sempre comunais, empregaban un sistema de roldas ou veceiras nas que os veciños
do lugar, aldea ou parroquia se beneficiaban por igual das correntes de auga. Tamén se construían
canles para levar auga aos enxeños hidráulicos (muíños, batáns, ferrerías, serradorios, fábricas de
papel ou de luz...) ou a puntos onde era almacenada.
A auga é o sangue da terra, nútrea e fai renacer a vida. Sen ela todo
murcha e morre.
Desde moi antigo o ser humano empregou a auga dos ríos para múltiples
finalidades e ás veces, viuse na nacesidade de retela e encamiñala con
distintos enxeños, na que pedra é, en xeral, a protagonista.
Son numerosos os
caneiros que nos
ofrecen fermosos
paraxes naturais,
de augas calmas,
ou con rápidos,
Nora no río Neira.
As noras son rodas que elevan a auga
dun río para conducila a unha canle.
Levada do Gorgullón ou
das Achas. Percorre máis
de 20 km desde A Cañiza
ata preto de Arbo.
Os acueductos
constrúense
para conducir
a auga salvando
desniveis.
As levadas son
desviacións dunha
parte do caudal dun
río ou regueiro.
Mosteiro de Samos Frendoal (Cangas)Mirón (Pontecaldelas)Airela (O Incio)
a auga que traballa
a auga na cultura galega
CANTIGAS
O muíño troula troula
bota fariña da roda,
a meiga da muiñeira
ten un andar que namora.
Á porta daquel muíño
púxenme a considerar
as voltas que da o rodicio
e aínda as que ten que dar.
A auga é unha fonte de enerxía sempre disposta para quen queira aproveitala.
A auga dos ríos e regatos foi utilizada desde moi antigo para mover distintos enxeños
hidráulicos: muíños para moer os cereais; mazos para traballar o ferro nas ferrerías
tradicionais; batáns para bater os tecidos saídos dos teares artesanais, e máis recentemente,
serras e máquinas téxtiles, entre outras aplicacións. Igual que para as regas a auga
derivábase dos río mediante caneiros, presas e canles.
Na actualidade úsase sobre todo para mover xeradores eléctricos.
A AUGA COMO FONTE DE ENERXÍA
ENERXÍA HIDRÁULICA
A AUGA PON Á PEDRA A TRABALLAR.
Nos muíños auga e pedra traballan xuntos. A auga move a pedra. A pedra
moe o gran.
En calquera río ou regato atópase algún muíño ou grupos deles, e por toda
Galicia milleiros de variantes, desde os máis simples cun rodicio e unha moa,
ata os grandes muíños industriais.
Hoxe case todos estes elementos, moitos restaurados, e algúns en condicións
de funcionamento, forman parte do noso patrimonio etnográfico e histórico.
Algúns completan o seu encanto coa súa situación en entornos naturais
excepcionais.
Petacán. Curioso enxeño que
se instalaba nos regos de auga
para espantar os paxaros
producindo ruídos.
AS FERRERÍAS, MAZOS
ou MACHUCOS utilizaban
a forza da auga para
mover grandes mazos cos
que se traballaba o ferro,
os foles para avivar o lume
da fragua, as rodas de puír
e afiar para rematar as
ferramentas, as prensas
para dar formas e os
tornos para facer os
mangos. As máis recientes
tiñan machucos máis
lixeiros movidos por
correas de trasmisión.
Rodas de afiar: mecanismos para
afiar as ferramentas movidos por
unha roda hidráulica.
Os BATÁNS usábanse para
mazar os tecidos de la.
Os panos, despois de
tecidos, colocábanse en pías
con auga onde se
golpeaban para estreitar e
enlear as febras e darlles
corpo e suavidade.
AS SERRERÍAS hidráulicas eran instalacións
para cortar madeira. As máis complexas
utilizaban a auga para facer funcionar serras,
tornos e cepilladoras mediante rodas de
diferente tamaño e correas de trasmisión.
O MUÍÑO
“Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. Vexo as silvas que agatuñan
pra se facer donas do lugar. Vexo a auga do río que se arreda, que xa non fai
danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de todos os veciños,
carreiro do millo e do centeo arrincados á terra ano tras ano, pra se trocar
en fariña-pan-mantenza. Vexo e non vexo no seu trafego ao tío Marcial
enfoulado, maquiando, sorrindo...
Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga
música do tarabelo. Fuxeu a ringla dos saquetes de liño, e as historias de
enchentes e afogados, e o parrafeo xeitoso da moza casadeira.
Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”.
Xosé Neira Vilas, “Lar”.
Muíño de roda horizontal (rodicio)
Muíño de roda vertical (bruia)
Mosquetín (Vimianzo) Trazo
Maceiras
(O Covelo)
Bogo (A Pontenova)
Riotorto
Barro
a auga que cura
a auga na cultura galega
O GOCE DA AUGA
Gozar dun bo baño en auga fría ou quente, deixarse
acariñar pola corrente ao pé dunha fervenza ou refrescarse
nunha poza nun caloroso día de verán, sobre todo despois
dunha camiñada... Son moitos os momentos nos que
podemos identificarnos coa auga na natureza ou fora dela.
Para relaxarnos, refrescarnos ou facer deporte, e tamén
para tentar reducir as dores do corpo ou da alma.
CANTIGA
Miña Virxe de Augasantas
ten a ferrada na fonte
para beber os romeiros,
que ven cansados de lonxe.
CRENZAS:
-Hai que coller auga nove veces dunha fonte que nunca secou para curar
certos males (ouvídos, ollos...) ou para facer a auga da noite de San Xoán.
-Hai que coller auga de sete fontes, antes de raiar o sol, para curar
enfermidades.
-Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a
auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de
orella. Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos.
-Existen numerosas fontes miragreiras asociadas a santuarios (Santo André de
Teixido, A Escravitude, Santa Mariña de Augas Santas, As Ermidas, A Lama, Amil,
A Fonsagrada...)
-Na fontes dos santuarios
móllanse os panos para
pasar pola imaxe do santo
ou santa e logo pola cara.
AUGAS TERMAIS. BALNEARIOS
A auga abrolla entre as pedras e despois dunha longa viaxe
polo interior da terra sae cargada de enerxía e minerais.
Podemos achegarnos ás augas termais a tentar mellorarnos
dalgunha doenza ou simplemente por gozar dun momento
de relaxación. Deixar que a auga acariñe o corpo canso e
que a calor penetre ata os osos facéndonos sentir lixeiros e
relaxados, que purifique a nosa pel e dilate as vías
respiratorias. Tamén podemos facer tratamentos bebendo
auga das numerosas fontes medicinais.
O territorio galego é pródigo en lugares onde facelo, en
instalacións tradicionais ou modernas, ou en directo nas
pozas e mananciais.
Pozo da igrexa de Santa Mariña de Augas
Santas (Allariz).
Conta a lenda que cando á santa lle
cortaron a cabeza, ao cair deu tres golpes
no chan dos que naceron tres fontes que
aínda agora teñen auga.
Augas Santas é un topónimo que podemos
atopar en moitas partes de Galicia.
Fonte de Santa Rosa
(Barreiros)
Cando estés no Santo André de
Teixido terás que beber auga
da fonte dos tres canos. Podes
botar as farangullas do pan
para saber se casarás logo
segundo naden ou afundan.
Auga de San Xoan
Ten propiedades máxicas e curativas.
Prepárese na véspera do santo antes
de que se poña o sol collendo,
segundo os lugares, auga de unha ou
de varias fontes na que se botan
herbas aromáticas e ores, déixase
toda a noite ao sereo e úsase o día
de San Xoan para lavarse.
En moitos lugares de
Galicia mantense a
crenza de que a auga do
ceo (chuvia) que se
conserva nas coviñas das
pedras ten propiedades
curativas.
Termas de Lugo. Construídas polos romanos entre os séculos I e II.
Os romanos déronlle un impulso importante ao uso terapéutico das augas.
As Burgas. Ourense. As augas termais de maior
temperatura de Galicia, entre 64 e 68 graos.
Fonte termal de Caldas de Reis. A auga sae entre 42 e 48 ºC.
Termas Aquis Querquernis a carón do río Limia en Bande. As augas saen a 48 ºC.
Manancial de Cabreiroá (Verín). As augas están indicadas para os
trastornos metabólicos, as vías urinarias, o aparello dixestivo...
Piscinas de augas termais da Chabasqueira. Ourense. A auga sae a 60 graos.
Balneario de Baños de Molgas. As augas
saen entre 28 e 42 ºC.
Fontes de Frádegas (Antas de Ulla).
Fonte do balneario de Berán (Beade)
a auga que limpa
a auga na cultura galega
REFRÁNS
-A auga todo lava, senón a mala fama.
-Auga que non has de beber, deixaa correr.
CANTIGAS
Unha nena nunha fonte,
por unha verza bebía,
a verza estáballe rota,
toda a auga lle vertía.
A auguiña desta fonte
moita sediña calmou,
e nos cen anos que leva
moita cariña lavou.
Eu fun á fonte por auga
nunca tal auga nacera,
tiven que tomar amores
antes de pousar a sella.
Eu pasei por Vilariño,
por Vilariño cantando;
as mozas de Vilariño
quedan no río lavando.
A aldeíña de Campelo
ten un lavadoiro rico,
onde lavan as rapazas
o paniño do domingo.
A pedra escavada foi utilizada como recipiente para a auga nos pilóns
das fontes, vertedeiros e bebedeiros. E diversas estruturas construídas
en pedra serven tamén para almacenar auga como os estanques, ou
neve, como os neveiros que se construíron nas serras para almacenar
o xeo que se vendía despois nas cidades.
RECIPIENTES TRADICIONAIS PARA A AUGA
Antes de existir o plástico os recipientes para
transportar e almacenar a auga eran de barro,
madeira ou cinc.
Nos tempos en que non había auga corrente nas casas había que ir por auga á
fonte para beber, lavarse ou cociñar.
Antes de haber máquinas de lavar nas casas había que ir lavar ao río e aos
lavadeiros ou lavadoiros. As lavandeiras fregaban a roupa nas pedras e
enxagóabana coa auga e con xabrón.
Arredor das fontes e lavadeiros congregábase a xente. Eran lugares de reunión
e punto de encontro dos mozos e mozas como ben amosan as cantigas
populares.
As pedras de lavar podían ir instaladas
directamente na beira do río, nun remanso ou
nunha canle, ou en construcións, xeralmente
asociadas a minas e fontes, con pilóns ou
depósitos e canles de entrada e saída da auga.
Lavadeiro público (Bendimón-Outes)
Lavadeiro da casa da Capitana (Cambados)
Pazo de Oca
Lavadeiro que aproveita auga quente das termas (Baños de Molgas)
Rubiás dos Mixtos (Baltar)
Balneario de Cuntis
Mondoñedo
Meis Calvos de RandínRicovanca
Patio do alxibe do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. No centro o acceso ao
interior do depósito no que se almacena a auga que se recolle da chuvia por medio dun
sistema de rampas e canles.
Sellas ou baldes na fonteCociña do museo de LugoCaldeiros, balde e bañeira de cinc
Botixos
Caldeiro
de madeira
Retrete
auga que hai que pasar
a auga na cultura galega
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
9
CANTIGAS
Pasei a Ponte Nafonso
paseina de pedra en pedra,
coas bágoas dos meus ollos
fixen crecer a marea.
Nunca vin río sen ponte
nen regato sen pasaxe;
nunca vin mozo cativo
que bo camiño levase.
BAUTISMO PRENATAL
Nalgunhas pontes había o costume de facer o bautismo
anticipado. Sométense a el mulleres preñadas con
antecedentes de malos partos que queren lograr unha
feliz xestación e parto.
Acoden na noite do sábado ao domingo ás doce da
noite, acompañadas de dous parentes homes que se
sitúan a cada extremo da ponte impedindo o paso.
O primeiro home que tente pasar será o “padriño” e irá
coller a auga ao río para vertela sobre o ventre da
muller encinta ao tempo que recita a fórmula do
bautismo.
Nalgunhas pontes o nome que se impón é o de Amaro
e noutras o de Alberto.
Rematada a cerimonia faise un xantar sobre a ponte e
logo a embarazada bota ao río, de costas á baranda e
por riba dos ombros, o sobrante da comida, a louza e o
resto dos utensilios.
MIL FORMAS DE PASAR OS RÍOS
No país dos “mil... dez mil...”, ou cantos? ríos, e cunha poboación tan pouco
vertebrada, existen dez veces máis lugares por onde os ríos deben ser cruzados e a
xente creou moitas e axeitadas formas de facelo: portos, barcos, pasais, poldras,
pontellas e, por suposto, pontes, que no lugar máis inesperado poden sorprender pola
súa antigüidade, sinxeleza, harmonía ou valor artístico.
As PONTES son construcións nas que as
obras son de máis grande tamaño e a
fábrica de mellor calidade A tipoloxía é moi
variada segundo a cimentación, forma das
cepas, ménsulas, calzada e pontóns. Así
atopamos pontes de cepas redondeadas,
apuntadas, falso arco, arcos semicirculares,
apuntados, dun so van, de varios...
Algunhas das pontes que cruzan os ríos
galegos son da época romana e moitas
construídas na Idade Media. Tamén seguen
en uso obras dos séculos XVI e XVII, aínda
que moitas sufriron transformacións e
adaptacións en séculos posteriores. A finais
do século XIX construíronse as primeiras
metálicas para o ferrocarril e xa no século
XX extendeuse o uso do formigón armado
na construcción de pontes.
A maneira máis primitiva de cruzar un curso de
auga é buscando un lugar no que teña pouca
fondura e escasa corrente (un vao ou porto do río)
polo que poidan pasar persoas, gando e carros.
Os pasais ou pasos son
pedras asentadas na
corrente e separadas de
forma que pase unha
persoa. Ás veces dunha
cepa a outra ponse unha
lousa e entón chámanse
poldras. Son pasos para
uso das persoas, podendo
pasar o gando á beira das
mesmas en treitos de
pouca fondura.
En correntes non moi
anchas constrúense
PONTILLÓNS,
construcións dun so van
nas que, sobre dous muros
ou estribos situados en
ambas beiras, se apoian
grandes lousas ou pontóns
de madeira como
plataforma, coa suficiente
anchura para que poida
pasar un carro.
As pontellas son máis estreitas e incluso con
varios claros. Estáns formadas por varias
cepas ou machóns unidos por grandes
lastras ou táboas para o paso de persoas.
Ponte do Pasatempo sobre o Valiñadares, un auente do Masma (Mondoñedo).
Segundo a tradición, nesta ponte entretiveron á muller de Pardo de Cela cando
viña co indulto, sen poder así evitar que mataran ao Mariscal.
Peirao para o atraque de embarcación
e o acceso de persoas e mercadorías.
“Poucas causas máis fermosas inventou o home que
as pontes. E arredor da construción de pontes houbo
sempre creenzas máxicas e ritos específicos, porque
como creron os gregos antigos, o home tiña que
facerse perdoar a violación dun orde diviñal, xa que
xunguía con unha ponte dúas partes da terra que
naceran arredadas por unha corrente de auga...
... Pasan sob os arcos as augas lentas dos nosos ríos.
Algunhas datan dos días románs, varias veces
reconstruídas, pro que quizaves conserven pedras da
sua fundación. E digo fundación porque unha ponte
fúndase coma se funda unha cidade”.
Alvaro Cunqueiro
Casteligo (Chandrexa de Queixa)
Rubiás dos Mixtos (Baltar)Río Lor (O Courel) Río Almofrei (Loureiro)
Ponte medieval de base romana sobre o Miño (Ourense)
Ponte romana do Bibei (Larouco)Ponte romana no río Seixo (Cerdedo)Ponte con falso arco (Outes)
Postal antiga da ponte sobre o Umia (Pontearnelas)
Ponte do Almofrei (Cotobade) Ponte sobre o Arnoia (Arnuíde) Ponte da Cigarrosa, sobre o Sil (A Rúa-Petín)
auga que inspira
a auga na cultura galega
RECITADO
Auga, que forte eres,
que apagas o lume
que queima o pau
que malla o gato
que corre o rato
que fura o muro
que torna o aire
que corre a nube
que cubre a lúa
que turba o sol
que derrete a neve
que no meu pé prende.
Da importancia da auga en Galicia dan mostra a calidade das obras
que se fan para conducila, almacenala ou protexernos dela.
O bo facer dos nosos canteiros deixou múltiples mostras de
construcións e estruturas para o aproveitamento ou condución da auga,
desde un humilde picho ou baixante ata a fontes mais decoradas das
cidades e mosteiros. Desde as obras anónimas dos artesáns ata os
deseños dos artistas universais.
Para dar saída á auga
de tellados e cubertas
constrúense canos,
gárgolas e baixantes.
A pedra escavada foi
utilizada como recipiente
para a auga nas pías de
bautismo e de auga
bendecida nas igrexas, e
nos pilóns das fontes,
vertedeiros e bebedeiros.
Para abrigarse da auga e do frío,
desde tempos antigos, os
habitantes de Galicia construíron
todo tipo de refuxios. A pedra
empregouse para facer, desde
humildes cabanas ata os pazos
máis elaborados, sempre coas
solucións axeitadas a cada tipo
de material que se atopan en
cada zona. No granito, sobre
todo, creáronse o maior número
de formas e solucións: edificios,
cubertas, capeados, sobrepenas,
e outras formas de protección de
pinches e fachadas, soportais...
Diversas
estruturas
construídas en
pedra serven
tamén para
almacenar auga
como os
estanques.
AS GÁRGOLAS DE
SAN MARTIÑO PINARIO
...
Testas de porcos, serpes, animais
de toda clase, monstros de feitío vario
que antes habitaron fragas, mares, ríos
e os maxís dos alucinados e os poetas,
símbolos ateigados de vida e de verdade
que nós levamos no escuro da conciencia
porque, denantes que nada somos homes.
...
Ouh gárgolas sacras: vós purificades
a auga e, devolvédeslla, por fermosos
canles varonís, á terra nosa nai
como don xerador, lustral e fecundante!
Mosteiro de Samos
Ourense
Fonte das Nereidas (Mosteiro de Samos)
Catedral de Santiago
Soportais en Santiao

More Related Content

Similar to Exposición A Auga na Cultura Galega

A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxeiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxemonadela
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...monadela
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
emiliadolores
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
emiliadolores
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve ciesasorey
 
Río Tea
Río TeaRío Tea
Río Tea
monadela
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Naviamonadela
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
monadela
 
Río Xallas
Río XallasRío Xallas
Río Xallasmonadela
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da augaiesasorey
 
Arco da vella
Arco da vellaArco da vella
Arco da vellaiesasorey
 
Río Grande de Camariñas
Río Grande de CamariñasRío Grande de Camariñas
Río Grande de Camariñasmonadela
 
Ríos África
Ríos ÁfricaRíos África
Ríos Áfricaiesasorey
 

Similar to Exposición A Auga na Cultura Galega (20)

A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
 
Río Tea
Río TeaRío Tea
Río Tea
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Navia
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
 
Río Xallas
Río XallasRío Xallas
Río Xallas
 
RIO MIÑO
RIO MIÑORIO MIÑO
RIO MIÑO
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Arco da vella
Arco da vellaArco da vella
Arco da vella
 
O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)O relevo e o clima (2)
O relevo e o clima (2)
 
Río Grande de Camariñas
Río Grande de CamariñasRío Grande de Camariñas
Río Grande de Camariñas
 
Ríos África
Ríos ÁfricaRíos África
Ríos África
 
Río Avia
Río AviaRío Avia
Río Avia
 

More from candeadosalnes

O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
candeadosalnes
 
O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)
candeadosalnes
 
O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002
candeadosalnes
 
Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000
candeadosalnes
 
O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)
candeadosalnes
 
A vide e o viño
A vide e o viñoA vide e o viño
A vide e o viño
candeadosalnes
 
O millo Candea 2000
O millo Candea 2000O millo Candea 2000
O millo Candea 2000
candeadosalnes
 
A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992
candeadosalnes
 
O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000
candeadosalnes
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundaria
candeadosalnes
 
RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)
candeadosalnes
 
RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)
candeadosalnes
 

More from candeadosalnes (20)

O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994)
 
O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)
 
O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002
 
Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000
 
O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)
 
A vide e o viño
A vide e o viñoA vide e o viño
A vide e o viño
 
O millo Candea 2000
O millo Candea 2000O millo Candea 2000
O millo Candea 2000
 
A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992
 
O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundaria
 
RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)
 
RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)
 

Recently uploaded

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 

Recently uploaded (6)

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 

Exposición A Auga na Cultura Galega

  • 1. a auga na cultura galega a auga que cae do ceo A chuvia reparte pola terra a auga que o sol e o vento sacan do mar transportada nas nubes. A chuvia cae sobre a terra, esvara pola superficie, enchoupaa e penetra no seu cerne. Forma as veas das que se nutren os milleiros de regos e mananciais, limpa o aire e vivifica toda a natureza. Da importancia da chuvia dan fe a cantidade de palabras para expresar todas as súas formas e variedades e os numerosos ritos e tradicións que tiñan lugar por toda Galicia para atraela ou alonxala. Rogativas con santos para pedir a chuvia, ritos de inmersión total ou parcial de imaxes de santos nos ríos e fontes… -Un pé de auga e saraiba descarga auga a xerros no medio dun día de inverno metido en auga. -Cando chove moito e con forza dise que chove a arroiar, a baldes, a xarros, a caldeiros, a Deus dar… ou que cae unha manta de auga. Un día de chuvia a rego ou a fío: cando o fai con abundancia e durante moito tempo. -Cando chove intensamente, pero durante pouco tempo, produto dunha tormenta, chámase torbón, ballón, tronada de auga, man de auga, cachón, tromba de auga ou golpe de auga. -Dise chuvieira, xistra, brea, chuvasco e chuvazo cando chove con moito vento e, se ademais vai frío, corisca ou coriscada. -Unha nevada é cando chove auga fría forte e intensamente. A xurrada ou escorrentía é a auga que corre por enriba da terra cando chove. A chuvia moi miúda, con pingas moi finas, como néboa, chámase, segundo os lugares: chovisca, poalla, barruzo, orballo, bromorio, molura, cerceno, babazo, moruxeira, marmuxeira, marmaña, mocallas, mollaparvos, mollapitos… Lazo ou cristal (tona de xeo na auga)A neve cae en farrapos, falopas, felepas ou folerpas. O frío converte en carambelos as pingas de auga que esbaran dos tellados ao fundirse a neve. Xeada: o frío das noites de inverno conxela as minúsculas pingas da humidade do aire. Despois de escampar, estiñar, estrelampar ou clarear as derradeiras pingas esvaran polas ponlas das árbores. Pedrisco, saraiba, pedra ou pedrazo O orballo ou rosada fórmase nas noites frescas ao condensarse o vapor de auga do aire Segundo a crenza popular, o arco da vella baixa a beber auga dos ríos. Tamén se di que onde remata o arco da vella hai un illó. É noite pechada e chove miudiño ... Nas lousas de pedra, ó longo da rúa escura e deserta estoupan as pingas que deitan as tellas ... CHOVE (Ramón Cabanillas) ARTESANÍA DA CHUVIA A coroza é unha prenda feita de xuncos ou palla construída de xeito que a auga esvara por ela. Foi moi empregada na montaña. REFRÁNS -En abril, cada pingueira vale por mil. -A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan. -En agosto chove mel e mosto. -Cando Nadal nada, sinal de boa anada. -Xaneiro xeadeiro, febreiro mulideiro, marzo esqueiroso e abril chuvioso sacan a maio frorido e fermoso. -Polo agosto arden os montes, polo setembro secan as fontes. CANTIGA Es coma auga moleira, que anque non pareza molla, tes moi boas palabriñas para quen non te conoza. TRADICIÓNS No monte Aloia, en Tui, levaban a imaxe de San Lourenzo á Pedra da Auga (mirando ao solpor) para pedir chuvia, e á pedra Do Sol (mirando ao nacente) se querían que parase de chover. NUBEIROS E TRONANTES OU “COMANDANTES DO TRONOS” Seres que se encargan de fabricar a tronadas e saraibas. Homes altos vestidos de negro que falan castelán e forman as treboadas subindo ás nubes por medio dunha polvoriña que fabrican mexando no pó. Tócanse as campás para espantalos e que non fagan dano na parroquia. Os curas espántanos con responsos. OFICIO DA CHUVIA: O PARAUGUEIRO Os paraugas son accesorios imprescindibles nun país onde chove moito e mantelos en boas condicións é traballo do paraugueiro. Despois de moito chover veñen as enchentes.
  • 2. a auga que sae da terra a auga na cultura galega A auga da chuvia e a neve ao fundirse van enchoupando a terra pouco a pouco e formando milleiros de veas que circulan polo seu interior e que ao saír logo á superficie dan lugar a mananciais, illós e minas. Os lugares onde abrolla a auga (illós, ínsuas, pozas, lameiros, fontes, mananciais…) foron sempre moi buscados por ser puntos de referencia para o asentamento das persoas e as súas actividades, e por eso foron sempre coidados e respectados. Para mellorar o su rendemento e facilitar o seu aproveitamento realízanse obras nas que a pedra ten un protagonismo especial. Arredor das nacentes de auga xurdiron numerosas crenzas e tradicións, en especial aquelas que nunca secan ou que teñen augas con propiedades especiais. En moitas delas realizábanse rituais que a igrexa cristianizou construíndo na súa proximidade santuarios. REFRÁNS -Auga corrente non mata á xente, auga parada, tenna matada. CANTIGA Maruxiña vai na fonte moito tarda que non ven, ou rompeu o cantariño ou moitos amores ten. CRENZAS -Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans en determinadas fontes (Verín, Ourense...) casa no lugar. -Abondan as fontes chamadas das “mouras” ou dos “mouros” relacionadas con lendas de gardadoras de tesouros. -Para que o pan levede ben hai que coller auga de sete fontes. -Nas fontes habitan mouras, fadas e espiritus encantados e hai agochados tesouros, sobre todo nas que hai a carón dos castros e mámoas. Para concentrar a auga que abrolla realízanse escavacións horizontais (minas) ou verticais (pozos). A obra complétase cunhas paredes que impiden a perda de auga, ao tempo que facilitan a súa recollida. As fontes concentran a saída da auga nun punto (cano ou picho). As obras son moi variadas, desde as máis sinxelas, cunha parede e uns canos aos que se lle engaden, ás veces, pías ou depósitos para retela; ata as fontes monumentais dos mosteiros e cidades nas que o aspecto artístico e construtivo ten tanta ou máis importancia que o utilitario. Os pozos antigos revestíanse interiormente de pedra e, en ocasións, contaban con chanzos ou escadas para poder baixar a eles e realizar traballos de limpeza e mantemento. Os pozos de abastecemento das casas rodéanse, como protección, con peitorís de pedra cilíndricos ou prismáticos e nalgunhas zonas van cubertos cun tellado posto sobre catro esteos ou cunha caseta pechada, cun pousadoiro para o caldeiro ou balde, ao pé da que pode haber tamén unha pía ou lavadoiro. A “Fonte Sacra” da Fonsagrada. Conta a lenda que unha noite chegou un peregrino moi canso ao que ninguén daba refuxio. Unha viúva moi pobre acolleuno na súa casa e deulle o único que tiña para comer, pan negro e nabos. Cando volveu de buscar unha xerra de auga da fonte atopou con que a auga se convertera en leite e na mesa tiña un bolo de pan e o peregrino dasaparecera. Desde aquela a fonte chámase “Fonse Santa” e dalle nome á Fonsagrada.Surxencias de Fonmiñá, unha das nacentes do río Miño Mina en Laioso (Esgos) Mina en Trandeiras Torre Sandiás Foro da Illa de Arousa San Simón da Costa Chagoazoso San Fins (Vimianzo) A Mezquita PerrelosEntrimo Guntín Pazo de Fefiñáns As Platerías Santiago de Compostela Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta 2
  • 3. a auga que corre pola terra a auga na cultura galega Pozo Sangoento, no río Seixo (Cerdedo), onde vive a Serpe Bichoca. Galicia ten milleiros de ríos e regatos, milleiros de lugares nos que a auga se atopa en contacto íntimo e inseparable co cerne da terra nai, contacto que os converteu en inseparables e complementarios e orixe de multitude de formas mudables e cambiantes, vivas, con forza e movemento; baixo as aparencia máis diversas, agresivas, espectaculares ou tenras, cheas de luz, cor e voz. Por calquera parte que vaias, sobre todo entre outono e primavera, atopas un curso de auga, grande ou pequeno, de discorrer maino ou bravío. Canóns impresionantes coas rochas espidas, testemuñas da acción do río durante milleiros de anos, ou zonas remansadas, onde a auga descansa e acolle multitude de formas de vida. FERVENZAS, RÁPIDOS. O “XOGO”, A “LOITA” DA AUGA E A PEDRA. A combinación de rochas, auga, luz e son crea espazos únicos, lugares máxicos onde as augas que caen ou se derruban, que esbaran polas grandes laxes ou que discorren entre penedos exercen sobre nos un atractivo especial. Sería case imposible inventariar as fervenzas que hai en Galicia, desde os pequenos regos ata os grandes ríos, raro é o lugar onde non se atopa algunha. E froito desa gran abundancia e variedade é tamén a diversidade de nomes que podemos atopar percorrendo o país: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, chorredeiras, cadoiros, saltos, cataratas, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, cascadas, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, censas, caeiras, pincheiras (no Courel), seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras (nos Ancares)... Ao pé das fervenzas é frecuente que se formen pozas ou pozos, moitas veces de augas escuras e profundas aos que a xente pon nomes como “negros, do demo, do inferno, sangoentos…” Moitos deles teñen lendas asociadas: meigas, fadas, mouras, serpes e outros espiritus que moran no fondo; campás, tinas de ouro, persoas ou carros de bois mergullados nos pozos... LAGOAS Na maior parte das lagoas de Galicia (Cospeito, Doniños, Antela,...) dise que hai cidades asolagadas. Na lagoa de Alcaián (Coristanco) está a cidade de Alcaian. Contan que cando viñeron Deus e San Pedro pedindo esmola, os veciños encirráronlle os cans. Entón díxolle Deus a San Pedro “Adeus vila de Alcaián, que tamén me encirraches os cans”. Din que ás 12 da noite do día de Nadal oense cantar aos galos. En Lebañón contan que había un pobo de pescadores e pasou o Noso Señor, pediu esmola a un zapateiro e este tiroulle unha subela. Entón o Noso Señor dixo “Arrevírate vila co de abaixo para arriba”. A xente dí que oe tocar as campás. REFRÁN; Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver. CANTIGA: Moitas voltas da o río, moitas voltas da o regueiro, tamén a nena da voltas por encontrar mozo solteiro. “O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue rolando, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; dabúa, ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro dos romanos” Xosé Neira Vilas “Querido Tomás” Vendo i ouvindo o río vaise o tempo sin sentilo. Naz'a auga su as abrairas entr'as penas sombrizas roxe e baixa de pincheira en pincheira e corre entretecida... Uxío Novoneyra “Os eidos” Lagoa de Cospeito “Olas” no río Mao (Lobios) Seimeira de Vilagocende (A Fonsagrada) Pincheira de Rixio (O Courel) Pozo do Pego Río Ulla (Touro) Curso alto do río Xesta Canón do Sil
  • 4. auga que traballa (paisaxe) a auga na cultura galega Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta 4 REFRÁNS -A peneda é dura e a auga é miúda, máis caíndo, caíndo, fai cavadura. -Tanto a auga da na pedra que acaba por amolecela. -Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza. Galicia é un territorio moi antigo onde as rochas están moi presentes. A acción erosiva da chuvia ao longo dos tempos puxo ao descuberto unha gran cantidade de formacións rochosas que antes se atopaban debaixo da superficie e creou nelas unha gran variedade de formas que, nalgúns lugares, representan auténticos monumentos naturais aos que a xente puxo nomes propios ou asociados a crenzas, mitos e lendas. A auga da chuvia, pouco a pouco forma na pedra pías, cacholas, penas furadas… Desde moi antigo as pedras con formas curiosas, en dificil equilibrio ou con ocos, e aquelas nas que se formaban pías e cacholas que retiñan auga, deron lugar a gran cantidade de lendas e ritos relacionados co amor, a fecundidade ou a curación de diversas enfermidades físicas ou psíquicas. Á súa orixe natural atribúeselle moitas veces carácter máxico relacionado cos mouros ou con santos. Hai penas para curar o tangaraño, as dores dos ósos, os males da cabeza... Outros penedos teñen poderes maléficos e neles nacen os malos ventos ou viven seres malignos. A auga das escorrentías escava cavorcos nos camiños e montañas. NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA: Pena, penedo: pedra grande Laxe: pedra grande aplanada Con: rocha que sobresae do terreo Lastra: rocha plana que sobresae do terreo Pelouro, seixo ou coio: pedra redondeada pola auga. As grandes chámanse callaos e as pequeniñas xogas. Coido ou boleira:agrupación de coios na beira da auga. Cavorco ou barranqueira: val estreito e fondo escavado pola auga das doiras (regos temporais de augas revoltas) Penedos das Rodas (nas proximidades de Rábade - Lugo), contan que unha ten ouro e a outra xofre. Non se poden romper porque non se sabe cal é a do ouro e xofre extenderíase queimando todo. Pedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus). Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse pasar polo burato da pedra para que curasen. Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran pía natural, e vai esbarando polo seu interior. Lastras na serra da lastra Laxes na Illa de Arousa Coios, pelouros... no río Tea A auga que se filtra a través das rochas calcarias forma covas
  • 5. a auga que da vida a auga na cultura galega CANTIGA Déixame que vou de presa coa auga de regar, auga de moitos regueiros é moi mala de xuntar. ...Cando baixa do ceo ven ó mundo a legría e brilan os penedos e reloce a campía e cóbrense de follas carballos e silveiras e surden as erbiñas á beira dos camiños. verdexan os liñares, frorecen as roseiras e cantan os muíños! Agoiña milagreira (Ramón Cabanillas) Un dos principais aproveitamentos da auga dos ríos é as regas para a agricultura. Tradicionalmente, mediante a construción de caneiros, tostas, presas, preseiras ou guiares xebrábase parte da corrente que era conducida por canles, para regar herbeiros e outros cultivos. Estas levadas, case sempre comunais, empregaban un sistema de roldas ou veceiras nas que os veciños do lugar, aldea ou parroquia se beneficiaban por igual das correntes de auga. Tamén se construían canles para levar auga aos enxeños hidráulicos (muíños, batáns, ferrerías, serradorios, fábricas de papel ou de luz...) ou a puntos onde era almacenada. A auga é o sangue da terra, nútrea e fai renacer a vida. Sen ela todo murcha e morre. Desde moi antigo o ser humano empregou a auga dos ríos para múltiples finalidades e ás veces, viuse na nacesidade de retela e encamiñala con distintos enxeños, na que pedra é, en xeral, a protagonista. Son numerosos os caneiros que nos ofrecen fermosos paraxes naturais, de augas calmas, ou con rápidos, Nora no río Neira. As noras son rodas que elevan a auga dun río para conducila a unha canle. Levada do Gorgullón ou das Achas. Percorre máis de 20 km desde A Cañiza ata preto de Arbo. Os acueductos constrúense para conducir a auga salvando desniveis. As levadas son desviacións dunha parte do caudal dun río ou regueiro. Mosteiro de Samos Frendoal (Cangas)Mirón (Pontecaldelas)Airela (O Incio)
  • 6. a auga que traballa a auga na cultura galega CANTIGAS O muíño troula troula bota fariña da roda, a meiga da muiñeira ten un andar que namora. Á porta daquel muíño púxenme a considerar as voltas que da o rodicio e aínda as que ten que dar. A auga é unha fonte de enerxía sempre disposta para quen queira aproveitala. A auga dos ríos e regatos foi utilizada desde moi antigo para mover distintos enxeños hidráulicos: muíños para moer os cereais; mazos para traballar o ferro nas ferrerías tradicionais; batáns para bater os tecidos saídos dos teares artesanais, e máis recentemente, serras e máquinas téxtiles, entre outras aplicacións. Igual que para as regas a auga derivábase dos río mediante caneiros, presas e canles. Na actualidade úsase sobre todo para mover xeradores eléctricos. A AUGA COMO FONTE DE ENERXÍA ENERXÍA HIDRÁULICA A AUGA PON Á PEDRA A TRABALLAR. Nos muíños auga e pedra traballan xuntos. A auga move a pedra. A pedra moe o gran. En calquera río ou regato atópase algún muíño ou grupos deles, e por toda Galicia milleiros de variantes, desde os máis simples cun rodicio e unha moa, ata os grandes muíños industriais. Hoxe case todos estes elementos, moitos restaurados, e algúns en condicións de funcionamento, forman parte do noso patrimonio etnográfico e histórico. Algúns completan o seu encanto coa súa situación en entornos naturais excepcionais. Petacán. Curioso enxeño que se instalaba nos regos de auga para espantar os paxaros producindo ruídos. AS FERRERÍAS, MAZOS ou MACHUCOS utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recientes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión. Rodas de afiar: mecanismos para afiar as ferramentas movidos por unha roda hidráulica. Os BATÁNS usábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade. AS SERRERÍAS hidráulicas eran instalacións para cortar madeira. As máis complexas utilizaban a auga para facer funcionar serras, tornos e cepilladoras mediante rodas de diferente tamaño e correas de trasmisión. O MUÍÑO “Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. Vexo as silvas que agatuñan pra se facer donas do lugar. Vexo a auga do río que se arreda, que xa non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de todos os veciños, carreiro do millo e do centeo arrincados á terra ano tras ano, pra se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e non vexo no seu trafego ao tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo... Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo. Fuxeu a ringla dos saquetes de liño, e as historias de enchentes e afogados, e o parrafeo xeitoso da moza casadeira. Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”. Xosé Neira Vilas, “Lar”. Muíño de roda horizontal (rodicio) Muíño de roda vertical (bruia) Mosquetín (Vimianzo) Trazo Maceiras (O Covelo) Bogo (A Pontenova) Riotorto Barro
  • 7. a auga que cura a auga na cultura galega O GOCE DA AUGA Gozar dun bo baño en auga fría ou quente, deixarse acariñar pola corrente ao pé dunha fervenza ou refrescarse nunha poza nun caloroso día de verán, sobre todo despois dunha camiñada... Son moitos os momentos nos que podemos identificarnos coa auga na natureza ou fora dela. Para relaxarnos, refrescarnos ou facer deporte, e tamén para tentar reducir as dores do corpo ou da alma. CANTIGA Miña Virxe de Augasantas ten a ferrada na fonte para beber os romeiros, que ven cansados de lonxe. CRENZAS: -Hai que coller auga nove veces dunha fonte que nunca secou para curar certos males (ouvídos, ollos...) ou para facer a auga da noite de San Xoán. -Hai que coller auga de sete fontes, antes de raiar o sol, para curar enfermidades. -Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de orella. Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos. -Existen numerosas fontes miragreiras asociadas a santuarios (Santo André de Teixido, A Escravitude, Santa Mariña de Augas Santas, As Ermidas, A Lama, Amil, A Fonsagrada...) -Na fontes dos santuarios móllanse os panos para pasar pola imaxe do santo ou santa e logo pola cara. AUGAS TERMAIS. BALNEARIOS A auga abrolla entre as pedras e despois dunha longa viaxe polo interior da terra sae cargada de enerxía e minerais. Podemos achegarnos ás augas termais a tentar mellorarnos dalgunha doenza ou simplemente por gozar dun momento de relaxación. Deixar que a auga acariñe o corpo canso e que a calor penetre ata os osos facéndonos sentir lixeiros e relaxados, que purifique a nosa pel e dilate as vías respiratorias. Tamén podemos facer tratamentos bebendo auga das numerosas fontes medicinais. O territorio galego é pródigo en lugares onde facelo, en instalacións tradicionais ou modernas, ou en directo nas pozas e mananciais. Pozo da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Conta a lenda que cando á santa lle cortaron a cabeza, ao cair deu tres golpes no chan dos que naceron tres fontes que aínda agora teñen auga. Augas Santas é un topónimo que podemos atopar en moitas partes de Galicia. Fonte de Santa Rosa (Barreiros) Cando estés no Santo André de Teixido terás que beber auga da fonte dos tres canos. Podes botar as farangullas do pan para saber se casarás logo segundo naden ou afundan. Auga de San Xoan Ten propiedades máxicas e curativas. Prepárese na véspera do santo antes de que se poña o sol collendo, segundo os lugares, auga de unha ou de varias fontes na que se botan herbas aromáticas e ores, déixase toda a noite ao sereo e úsase o día de San Xoan para lavarse. En moitos lugares de Galicia mantense a crenza de que a auga do ceo (chuvia) que se conserva nas coviñas das pedras ten propiedades curativas. Termas de Lugo. Construídas polos romanos entre os séculos I e II. Os romanos déronlle un impulso importante ao uso terapéutico das augas. As Burgas. Ourense. As augas termais de maior temperatura de Galicia, entre 64 e 68 graos. Fonte termal de Caldas de Reis. A auga sae entre 42 e 48 ºC. Termas Aquis Querquernis a carón do río Limia en Bande. As augas saen a 48 ºC. Manancial de Cabreiroá (Verín). As augas están indicadas para os trastornos metabólicos, as vías urinarias, o aparello dixestivo... Piscinas de augas termais da Chabasqueira. Ourense. A auga sae a 60 graos. Balneario de Baños de Molgas. As augas saen entre 28 e 42 ºC. Fontes de Frádegas (Antas de Ulla). Fonte do balneario de Berán (Beade)
  • 8. a auga que limpa a auga na cultura galega REFRÁNS -A auga todo lava, senón a mala fama. -Auga que non has de beber, deixaa correr. CANTIGAS Unha nena nunha fonte, por unha verza bebía, a verza estáballe rota, toda a auga lle vertía. A auguiña desta fonte moita sediña calmou, e nos cen anos que leva moita cariña lavou. Eu fun á fonte por auga nunca tal auga nacera, tiven que tomar amores antes de pousar a sella. Eu pasei por Vilariño, por Vilariño cantando; as mozas de Vilariño quedan no río lavando. A aldeíña de Campelo ten un lavadoiro rico, onde lavan as rapazas o paniño do domingo. A pedra escavada foi utilizada como recipiente para a auga nos pilóns das fontes, vertedeiros e bebedeiros. E diversas estruturas construídas en pedra serven tamén para almacenar auga como os estanques, ou neve, como os neveiros que se construíron nas serras para almacenar o xeo que se vendía despois nas cidades. RECIPIENTES TRADICIONAIS PARA A AUGA Antes de existir o plástico os recipientes para transportar e almacenar a auga eran de barro, madeira ou cinc. Nos tempos en que non había auga corrente nas casas había que ir por auga á fonte para beber, lavarse ou cociñar. Antes de haber máquinas de lavar nas casas había que ir lavar ao río e aos lavadeiros ou lavadoiros. As lavandeiras fregaban a roupa nas pedras e enxagóabana coa auga e con xabrón. Arredor das fontes e lavadeiros congregábase a xente. Eran lugares de reunión e punto de encontro dos mozos e mozas como ben amosan as cantigas populares. As pedras de lavar podían ir instaladas directamente na beira do río, nun remanso ou nunha canle, ou en construcións, xeralmente asociadas a minas e fontes, con pilóns ou depósitos e canles de entrada e saída da auga. Lavadeiro público (Bendimón-Outes) Lavadeiro da casa da Capitana (Cambados) Pazo de Oca Lavadeiro que aproveita auga quente das termas (Baños de Molgas) Rubiás dos Mixtos (Baltar) Balneario de Cuntis Mondoñedo Meis Calvos de RandínRicovanca Patio do alxibe do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. No centro o acceso ao interior do depósito no que se almacena a auga que se recolle da chuvia por medio dun sistema de rampas e canles. Sellas ou baldes na fonteCociña do museo de LugoCaldeiros, balde e bañeira de cinc Botixos Caldeiro de madeira Retrete
  • 9. auga que hai que pasar a auga na cultura galega Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta 9 CANTIGAS Pasei a Ponte Nafonso paseina de pedra en pedra, coas bágoas dos meus ollos fixen crecer a marea. Nunca vin río sen ponte nen regato sen pasaxe; nunca vin mozo cativo que bo camiño levase. BAUTISMO PRENATAL Nalgunhas pontes había o costume de facer o bautismo anticipado. Sométense a el mulleres preñadas con antecedentes de malos partos que queren lograr unha feliz xestación e parto. Acoden na noite do sábado ao domingo ás doce da noite, acompañadas de dous parentes homes que se sitúan a cada extremo da ponte impedindo o paso. O primeiro home que tente pasar será o “padriño” e irá coller a auga ao río para vertela sobre o ventre da muller encinta ao tempo que recita a fórmula do bautismo. Nalgunhas pontes o nome que se impón é o de Amaro e noutras o de Alberto. Rematada a cerimonia faise un xantar sobre a ponte e logo a embarazada bota ao río, de costas á baranda e por riba dos ombros, o sobrante da comida, a louza e o resto dos utensilios. MIL FORMAS DE PASAR OS RÍOS No país dos “mil... dez mil...”, ou cantos? ríos, e cunha poboación tan pouco vertebrada, existen dez veces máis lugares por onde os ríos deben ser cruzados e a xente creou moitas e axeitadas formas de facelo: portos, barcos, pasais, poldras, pontellas e, por suposto, pontes, que no lugar máis inesperado poden sorprender pola súa antigüidade, sinxeleza, harmonía ou valor artístico. As PONTES son construcións nas que as obras son de máis grande tamaño e a fábrica de mellor calidade A tipoloxía é moi variada segundo a cimentación, forma das cepas, ménsulas, calzada e pontóns. Así atopamos pontes de cepas redondeadas, apuntadas, falso arco, arcos semicirculares, apuntados, dun so van, de varios... Algunhas das pontes que cruzan os ríos galegos son da época romana e moitas construídas na Idade Media. Tamén seguen en uso obras dos séculos XVI e XVII, aínda que moitas sufriron transformacións e adaptacións en séculos posteriores. A finais do século XIX construíronse as primeiras metálicas para o ferrocarril e xa no século XX extendeuse o uso do formigón armado na construcción de pontes. A maneira máis primitiva de cruzar un curso de auga é buscando un lugar no que teña pouca fondura e escasa corrente (un vao ou porto do río) polo que poidan pasar persoas, gando e carros. Os pasais ou pasos son pedras asentadas na corrente e separadas de forma que pase unha persoa. Ás veces dunha cepa a outra ponse unha lousa e entón chámanse poldras. Son pasos para uso das persoas, podendo pasar o gando á beira das mesmas en treitos de pouca fondura. En correntes non moi anchas constrúense PONTILLÓNS, construcións dun so van nas que, sobre dous muros ou estribos situados en ambas beiras, se apoian grandes lousas ou pontóns de madeira como plataforma, coa suficiente anchura para que poida pasar un carro. As pontellas son máis estreitas e incluso con varios claros. Estáns formadas por varias cepas ou machóns unidos por grandes lastras ou táboas para o paso de persoas. Ponte do Pasatempo sobre o Valiñadares, un auente do Masma (Mondoñedo). Segundo a tradición, nesta ponte entretiveron á muller de Pardo de Cela cando viña co indulto, sen poder así evitar que mataran ao Mariscal. Peirao para o atraque de embarcación e o acceso de persoas e mercadorías. “Poucas causas máis fermosas inventou o home que as pontes. E arredor da construción de pontes houbo sempre creenzas máxicas e ritos específicos, porque como creron os gregos antigos, o home tiña que facerse perdoar a violación dun orde diviñal, xa que xunguía con unha ponte dúas partes da terra que naceran arredadas por unha corrente de auga... ... Pasan sob os arcos as augas lentas dos nosos ríos. Algunhas datan dos días románs, varias veces reconstruídas, pro que quizaves conserven pedras da sua fundación. E digo fundación porque unha ponte fúndase coma se funda unha cidade”. Alvaro Cunqueiro Casteligo (Chandrexa de Queixa) Rubiás dos Mixtos (Baltar)Río Lor (O Courel) Río Almofrei (Loureiro) Ponte medieval de base romana sobre o Miño (Ourense) Ponte romana do Bibei (Larouco)Ponte romana no río Seixo (Cerdedo)Ponte con falso arco (Outes) Postal antiga da ponte sobre o Umia (Pontearnelas) Ponte do Almofrei (Cotobade) Ponte sobre o Arnoia (Arnuíde) Ponte da Cigarrosa, sobre o Sil (A Rúa-Petín)
  • 10. auga que inspira a auga na cultura galega RECITADO Auga, que forte eres, que apagas o lume que queima o pau que malla o gato que corre o rato que fura o muro que torna o aire que corre a nube que cubre a lúa que turba o sol que derrete a neve que no meu pé prende. Da importancia da auga en Galicia dan mostra a calidade das obras que se fan para conducila, almacenala ou protexernos dela. O bo facer dos nosos canteiros deixou múltiples mostras de construcións e estruturas para o aproveitamento ou condución da auga, desde un humilde picho ou baixante ata a fontes mais decoradas das cidades e mosteiros. Desde as obras anónimas dos artesáns ata os deseños dos artistas universais. Para dar saída á auga de tellados e cubertas constrúense canos, gárgolas e baixantes. A pedra escavada foi utilizada como recipiente para a auga nas pías de bautismo e de auga bendecida nas igrexas, e nos pilóns das fontes, vertedeiros e bebedeiros. Para abrigarse da auga e do frío, desde tempos antigos, os habitantes de Galicia construíron todo tipo de refuxios. A pedra empregouse para facer, desde humildes cabanas ata os pazos máis elaborados, sempre coas solucións axeitadas a cada tipo de material que se atopan en cada zona. No granito, sobre todo, creáronse o maior número de formas e solucións: edificios, cubertas, capeados, sobrepenas, e outras formas de protección de pinches e fachadas, soportais... Diversas estruturas construídas en pedra serven tamén para almacenar auga como os estanques. AS GÁRGOLAS DE SAN MARTIÑO PINARIO ... Testas de porcos, serpes, animais de toda clase, monstros de feitío vario que antes habitaron fragas, mares, ríos e os maxís dos alucinados e os poetas, símbolos ateigados de vida e de verdade que nós levamos no escuro da conciencia porque, denantes que nada somos homes. ... Ouh gárgolas sacras: vós purificades a auga e, devolvédeslla, por fermosos canles varonís, á terra nosa nai como don xerador, lustral e fecundante! Mosteiro de Samos Ourense Fonte das Nereidas (Mosteiro de Samos) Catedral de Santiago Soportais en Santiao