Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Arco da vella
OUTROS NOMES 
CASTELÁN: 
Arco iris 
INGLÉS: 
Rainbow 
FRANCÉS: 
Arc en ciel 
ALEMÁN: 
Regenbogen 
PORTUGUÉS: 
Arco íris, a...
O arco da vella é un efecto óptico que se aprecia como un arco 
de bandas de cores, desde o vermello ata o violeta. 
Fórma...
A razón da súa formación é 
que a luz ao refractarse e 
reflectirse dentro das pingas 
dispérsase e sepáranse as 
cores qu...
O “ángulo do arco da vella” foi descuberto por René Descartes en 
1637. Os raios de luz que forman o arco saen das pingas ...
As cores máis intensas fórmanse coas pingas de auga máis grandes.
En determinadas condicións 
pódese ver un arco da vella 
circular. Esto é posible desde 
lugares moi altos ou desde os 
av...
Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está 
aínda escuro polas nubes de chuvia e o observad...
Aínda que non ten un especial significado meteorolóxico a longo 
prazo, a súa aparición indica que entre el e o Sol está o...
O efecto de arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas, fontes ou 
do salseiro do mar.
O arco da vella secundario aparece habitualmente a 50-53 graos respecto do primario e 
presenta as cores na orde inversa a...
FENÓMENOS SEMELLANTES: 
HALOS, COROAS, E OUTRAS MANCHAS LUMINOSAS: 
Luminosidades circulares que rodean ó Sol ou á Lúa pro...
Halos solares
ARCO CIRCUMHORIZONTAL. Orixínase en cristais de xeo. É de 
cor vermella no interior e azul no exterior.
ARCO CIRCUNCENITAL: 
Prodúcese pola 
refracción da luz solar a 
través de cristais de xeo. 
Fórmase no mesmo lado 
que o S...
PARHELIO, coñecido tamén como “bicho”. Fórmanse pola 
intersección de distintos halos solares nun punto
ARCO DE NÉBOA. Fórmanse como os arcos da vella pero cando o 
sol atravesa as finas pingas da néboa que difractan a luz de ...
GLORIA (ou anthelion) es un fenómeno óptico producido por la 
luz retrodispersada (una combinación de difracción, reflexió...
Os ARCOS DA VELLA 
LUNARES ou ARCOS 
LUNARES prodúcense pola 
refracción da luz da Lúa 
sobre chuvia ou néboa 
nocturna. S...
Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. En fotografías de longa exposición pódense 
apreciar ben diferenciadas as cores...
O ARCO DA VELLA NA 
CULTURA POPULAR 
Joseph Anton Koch (1805).
O arco da vella aparece citado na Biblia como símbolo da alianza 
entre Deus e os homes despois do diluvio.
LENDA DE GILGAMESH 
Na epopeia de Gilgamesh 
o arco da vella é o “colar 
de pedrería da gran 
madre Isthar” que 
levanta c...
Para os gregos o arco da 
vella era unha deusa 
mensaxeira entre o ceo e 
a terra chamada IRIS, filla 
de Taumante e a 
Oc...
Na maioría dos lugares asóciase a unha vella 
ou a unha deusa relacionada co inverno, o 
clima ou as colleitas. 
En moitas...
O ARCO DA VELLA 
NA CULTURA POPULAR GALEGA
OUTROS NOMES RECOLLIDOS EN GALICIA: 
contrasol, arco de vella, arco das vellas, arco de vellas, arco das 
noivas, arco das...
CRENZAS: 
-O arco da vella aliméntase da auga 
do mar e dos ríos. 
-A cor azul representa o diluvio de 
auga que fixo rena...
-A vella utilizaba o arco para baixar á terra para levarse algún 
meniño o unha moza. Sobre todo en época de fame. 
Cantig...
-Segundo polo lado que se vexa o arco da vella pode anunciar o 
tempo. Sobre o mar indica bo tempo; sobre a terra, chuvia ...
REFRÁNS 
Arco da vella, auga na terra. 
Arco da vella, nin chove nin neva 
Arco da vella a levante, fala ós bois para adia...
O arco da vella emprégase en distintas bandeiras relacionadas coa 
paz e como simbolo de varios movementos sociais e reivi...
IMAXES: Adela Leiro, Wikipedia 
DOCUMENTACIÓN: Wikipedia 
“Diccionario dos seres míticos 
galegos”, de Xoán R Cuba, Antoni...
Arco da vella
Arco da vella
Arco da vella
Arco da vella
Arco da vella
Arco da vella
Arco da vella
Arco da vella
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Arco da vella

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Arco da vella

  1. 1. Arco da vella
  2. 2. OUTROS NOMES CASTELÁN: Arco iris INGLÉS: Rainbow FRANCÉS: Arc en ciel ALEMÁN: Regenbogen PORTUGUÉS: Arco íris, arco celeste, arco da aliança, arco da chuva, arco da velha
  3. 3. O arco da vella é un efecto óptico que se aprecia como un arco de bandas de cores, desde o vermello ata o violeta. Fórmase cando o Sol baixo ilumina unha cortina de chuvia que cae diante dun espectador que está de costas a el.
  4. 4. A razón da súa formación é que a luz ao refractarse e reflectirse dentro das pingas dispérsase e sepáranse as cores que a compoñen. Non sempre que chove e fai sol se ve un arco da vella. As pingas de auga deben ser esféricas. A chuvia non debe ser torrencial nin estar afectada polo vento.
  5. 5. O “ángulo do arco da vella” foi descuberto por René Descartes en 1637. Os raios de luz que forman o arco saen das pingas de chuvia cun ángulo aproximado de 138º respecto á dirección que levaban antes de entrar. Un raio de luz solar dos que forman un arco da vella cambia de dirección tres veces mentras se move a través dunha pinga de chuvia. A descomposición en cores é posible porque o índice de refracción da pinga de auga é lixeiramente distinto para cada lonxitude de onda (para cada cor que forma o arco).
  6. 6. As cores máis intensas fórmanse coas pingas de auga máis grandes.
  7. 7. En determinadas condicións pódese ver un arco da vella circular. Esto é posible desde lugares moi altos ou desde os avións.
  8. 8. Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está aínda escuro polas nubes de chuvia e o observador está situado nun punto co ceo claro na dirección do sol, o resultado é un arco da vella luminoso que contrasta co fondo escuro.
  9. 9. Aínda que non ten un especial significado meteorolóxico a longo prazo, a súa aparición indica que entre el e o Sol está o ceo limpo.
  10. 10. O efecto de arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas, fontes ou do salseiro do mar.
  11. 11. O arco da vella secundario aparece habitualmente a 50-53 graos respecto do primario e presenta as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga. Só é visible cando o primario é moi intenso.
  12. 12. FENÓMENOS SEMELLANTES: HALOS, COROAS, E OUTRAS MANCHAS LUMINOSAS: Luminosidades circulares que rodean ó Sol ou á Lúa producidas pola difracción (reflexión e refracción) da luz que emiten nos cristais de xeo. A súa aparición indica a presenza de humidade en altura e, como consecuencia, o empeoramento do tempo.
  13. 13. Halos solares
  14. 14. ARCO CIRCUMHORIZONTAL. Orixínase en cristais de xeo. É de cor vermella no interior e azul no exterior.
  15. 15. ARCO CIRCUNCENITAL: Prodúcese pola refracción da luz solar a través de cristais de xeo. Fórmase no mesmo lado que o Sol. As cores van de azul no interior a vermello no exterior. Semella un arco da vella ao revés.
  16. 16. PARHELIO, coñecido tamén como “bicho”. Fórmanse pola intersección de distintos halos solares nun punto
  17. 17. ARCO DE NÉBOA. Fórmanse como os arcos da vella pero cando o sol atravesa as finas pingas da néboa que difractan a luz de forma extensiva. As cores son moi tenues debido a que o arco en cada cor é moi amplo e as cores superpóñense.
  18. 18. GLORIA (ou anthelion) es un fenómeno óptico producido por la luz retrodispersada (una combinación de difracción, reflexión e refracción) sobre a súa fonte por una nube de diminutas pingas de auga de tamaño uniforme. Ten múltiples aneis coloreados aínda que xeralmente só se ve un.
  19. 19. Os ARCOS DA VELLA LUNARES ou ARCOS LUNARES prodúcense pola refracción da luz da Lúa sobre chuvia ou néboa nocturna. Son raros pero ás veces pódense observar en noites de lúa chea aínda que con cores máis tenues, xa que a percepción visual dos humanos para as cores é pobre con pouca luz polo que os arcos da vella lunares percíbense como brancos.
  20. 20. Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. En fotografías de longa exposición pódense apreciar ben diferenciadas as cores.
  21. 21. O ARCO DA VELLA NA CULTURA POPULAR Joseph Anton Koch (1805).
  22. 22. O arco da vella aparece citado na Biblia como símbolo da alianza entre Deus e os homes despois do diluvio.
  23. 23. LENDA DE GILGAMESH Na epopeia de Gilgamesh o arco da vella é o “colar de pedrería da gran madre Isthar” que levanta cara ao ceo como unha promesa de que nunca esquecerá os días da gran enchenta que destruiu aos seus fillos.
  24. 24. Para os gregos o arco da vella era unha deusa mensaxeira entre o ceo e a terra chamada IRIS, filla de Taumante e a Oceánide Electra.
  25. 25. Na maioría dos lugares asóciase a unha vella ou a unha deusa relacionada co inverno, o clima ou as colleitas. En moitas culturas asóciano co arco dun deus: Marduk de Mesopotamia, deus das Treboadas en Finlandia, de Zeus, en Homero, dos Vedas, de Rama Chandra, de Rustán/Saitán no Irán... Tamén pode ser un arco de trunfo, unha porta ou unha ponte: Pont du Saint-Esprit, Pont Saint-Bernard; ponte das almas en Escandinavia... Noutras partes é unha serpe, unha amalloa, un cinto, unha faixa, un acueduto que leva as augas dos ríos ao mar... Na antiga Roma crian que o arco da vella bebía a auga dos mares.
  26. 26. O ARCO DA VELLA NA CULTURA POPULAR GALEGA
  27. 27. OUTROS NOMES RECOLLIDOS EN GALICIA: contrasol, arco de vella, arco das vellas, arco de vellas, arco das noivas, arco das bruxas, arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, circo da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da vella, seña da auga, a ponte coloreada, as sete cores, barco da vella, ponte coloreada... -Cando o arco da vella é máis grande chámase arco das mozas ou arco das novas e cando é doble ou de cores máis ténues arco novo. Arco das mozas, cheo de pozas, crco das vellas, cheo de pedras.
  28. 28. CRENZAS: -O arco da vella aliméntase da auga do mar e dos ríos. -A cor azul representa o diluvio de auga que fixo renacer o mundo e a vermella o diluvio de lume que o vai destruír. -No lugar onde o arco toca a terra existe un tesouro agochado. -Para os mariñeiros é unha soga. Os barcos que pasan por baixo del quedan malfadados. -O arco da vella sobre o ceo é sinal de boas novas. -O arco da lúa é sinal de mal agoiro.
  29. 29. -A vella utilizaba o arco para baixar á terra para levarse algún meniño o unha moza. Sobre todo en época de fame. Cantigas para defenderse: Arco da vella, vaite de ahí, que as nenas bonitas non son pra ti. Arco da vella, vaite de aí, que as mozas de agora non son para ti. Arco da vella, vaite de aí, que andan os porcos a fosar en ti.
  30. 30. -Segundo polo lado que se vexa o arco da vella pode anunciar o tempo. Sobre o mar indica bo tempo; sobre a terra, chuvia e neve; entre lusco e fusco, un bo mencer; no mediodía chuvia todo o día; se se ve no poñente indica mal tempo; e se é ao raiar o sol indica bo tempo. Cando anuncia chuvia pódese esconxurar dicindo: Arco da vella revírate pedra, non botes chuvia, nin pingadela.
  31. 31. REFRÁNS Arco da vella, auga na terra. Arco da vella, nin chove nin neva Arco da vella a levante, fala ós bois para adiante. Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante. Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante. Arco da vella ó raiante, ei, boi! ei!, pra adiante. Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante. Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente. Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante. Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día. Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer. Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente. Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente. Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente. Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente. Arco da vella ó poñente, mariñeiro alerta! Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé. Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente. Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente. Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente. Cando chove e fai sol, anda o demo por Ferrol
  32. 32. O arco da vella emprégase en distintas bandeiras relacionadas coa paz e como simbolo de varios movementos sociais e reivindicativos.
  33. 33. IMAXES: Adela Leiro, Wikipedia DOCUMENTACIÓN: Wikipedia “Diccionario dos seres míticos galegos”, de Xoán R Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. Ed. Xerais. Setembro 2014

×