2. Galicia ten milleiros de
ríos e regatos, milleiros
de lugares nos que a
auga se atopa en
contacto íntimo e
inseparable co cerne da
terra nai, contacto que
os convirteu en
inseparables e
complementarios e orixe
de multitude de formas
mudables e cambiantes.
3. Un río é unha corrente permanente de auga que
discorre por un leito fixo.
10. O río vai traballando no seu leito e xogando coas pedras.
Golpéaas, rómpeas, púleas, escavaas, forma coviñas, olas ou
pilancóns, arrástraas e logo deposítaas noutros lugares
convertidas en coios, pelouros ou areas.
11. Cando a inclinación da pendente é moi pronunciada o río corre con
moita velocidade formando rápidos e fervedoiras.
12. O efecto da abrasión crea pozas, pilacóns ou olas de xigante,
furados máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións
producidos por pedras que, empurradas pola corrente, xiran
dentro deles.
13.
14. Nas zonas de grandes
desniveis o río déixase caer
formando FERVENZAS,
CADOIROS, SEIMEIRAS,
PINCHEIRAS, FREIXAS...
recunchos acolledores ou
espectaculares.
15. Sería case imposible inventariar as
fervenzas que hai en Galicia, desde os
pequenos regos ata os grandes ríos,
raro é o lugar onde non se atopa
algunha. E froito desa gran abundancia
e variedade é tamén a diversidade de
nomes que podemos atopar
percorrendo o país: fervenzas,
férvedas, fírvedas, freixas, fechas,
ficheiras, chorreiras, chorredeiras,
cadoiros, saltos, cataratas, cachóns,
abanqueiros, cachoeiras, cascadas,
ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas,
censas, caeiras, pincheiras (no Courel),
seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras
(nos Ancares)...
Río Casteligo
17. Na base das fervenzas, en moitos casos, fórmanse pozos, pozas ou
olas.
A xente adoita darlles nome como Pozo Negro, Pozo do Demo, Pozo do Inferno,
Pozo Sangoento… e moitas veces atópanse lendas asociadas de tesouros afundidos,
campás, tinas de ouro, persoas ou carros de bois e de meigas, fadas, lumias, mouras
e outros espiritus que moran no fondo.
Pozo Sangoento onde vive a Serpe Bichoca. Río Seixo, afluente do Lérez (Cerdedo).
21. Un piago ou pego é un lugar profundo no río
Pozo do Pego. Río Ulla en Touro
22. Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son
crecidas (enchentes) e baixadas anormais de caudal (secas).
Variacións de caudal no Sil.
24. Onde o río perde forza deposita os cantos, coios ou pelouros
25. Ao chegar ao mar os ríos forman esteiros, amplos espazos
nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar
arrástraos. Coa marea baixa quedan o descuberto os ariños,
lombos ou bancos de area
Esteiro do Umia
26. As DOIRAS ou TORRENTES
son cursos de auga
temporais, mentres duran
as choivas.
27. Os cavorcos son excavacións estreitas e profundas producidas
polas correntes de auga temporais
28. O RITO DA INMERSIÓN
En Galicia nas épocas de seca o pobo adoita pedir chuvia por
medio de oracións, procesións e rogativas a certos santos
considerados “portadores de auga”. Nalgúns lugares
acostúmase a meter o santo no río ou simúlase facelo.
No río Deva, os veciños de San Breixo de Deva levan ao San
Bartolomeu, en Cuntis meten a Santiago Apóstolo no río
Gallo, en santa Mariña de Ribeira (A Estrada) levan a imaxe
de San Vicente ao río Ulla para mollarlle os pés.
29. SERES MÍTICOS RELACIONADOS COS RÍOS
Existen lendas que falan de homes e mulleres peixe no río
Miño. Tamén se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os
encantos, as lamias e os xacios e xacias.
30. O RÍO DO ESQUECEMENTO
Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se
atrevese a vadear o río Limia perdería a memoria. O
historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño
Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a
cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o
propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo
foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen
que non perdera a memoria.
31. ADIVIÑAS Atrás dun penedo
paríuno súa nai;
É longo coma un camiño correu pola terra
e vai fozando coma un e casouse no mar
cochiño.
(o río) Por un carreiriño
moi mal empedrado,
Son dúas irmáns ando e non me mollo
e nunca xuntas as verás e sempre vou mollado
(as beiras do río) (o río)
32. DITOS E REFRÁNS
-Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño
-Deica xaneiro, calquera burro avanta o regueiro, pero de
xaneiro en diante, non hai can que o avante.
-Febreiro, barranqueiro, cada suco seu regueiro.
-O que ao río achega, o río o leva.
-Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver.
33. CANTIGAS
Eu pasei o río a nado,
Maruxiña, por te ver,
eu pasei o río a nado
a piques de me perder
Sempre te encontro lavando
no río Lérez lixeiro,
quen me dere ser o río
onde te lavas primeiro.
Funme botar a durmir
ao pé da auga que corre,
a auga foime decindo
quen ten amores non dorme.
Para tomar aires puros
quero as alturas dos montes;
o río para bañarme
que auga trae de moitas fontes
34. Pasa río, pasa río,
có teu maino rebulir;
pasa pas’ antr’ as froliñas
color d’ ouro e do marfil,
e quen c’ os teus doçes labios
tan doçes cousas lle dis.
Pasa, pasa, máis non vexan
que te vas á ó mar sin fin,
poqu’ entonces ¡ay probiñas,
canto choraran por ti!
…
Pasa, pasa, caladiño,
co teu manso rebulir,
camiño dó mar salado,
camiño dó mar sin fin;
e leva estas lagrimiñas,
si as de chegar por alí,
pretiño dos meus amores,
pretiño dó meu vivir.
ROSALÍA DE CASTRO,
en “Cantares Gallegos”.
35. Os regueiros do Meda e do Albela
e os rianchos que descen do Oribio
ó xuntarse nas agras de Lózara
trenzaron o río;
este rideiro río de Samos
que nas laxes rompendo camiño
a bulir e furar mato adiante
de touza en lameiro, choutando a
rebrincos,
apañando pingotas de orballo,
zugando nas néboas, bebendo chuviscos,
inza o peito e estirándose, a pulos,
vai pasando de neno a mociño.
...
RAMÓN CABANILLAS
O Río e as Nereidas
36. PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun cavorco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas de nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
37. TRONOU ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oíu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz a auga a goforón.
Regan os prados a cachón.
...
UXÍO NOVONEYRA
38. Prados do río!
Pincheiras a cachón i a fío!
Niste pao sentado
cando viña de nino co gado
facía cintos de xunco trenzado.
UXÍO NOVONEYRA
39. O ruxir do carrozo
o ceo do fondo do pozo.
Todo sabe e deixa ver
que vai chover.
CARROZO: regueiro de moito
desnivel, encaixado. UXÍO NOVONEYRA
40. “O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue
rolando, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; dabúa,
ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o
alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no
arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro
dos romanos”
XOSÉ NEIRA VILAS “Querido Tomás”