Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Espazo de media montaña na Dorsal Galega, que colle sobre todo as abas occidentais da provincia da Coruña (concellos de Aranga, Curtis, Sobrado e Toques, e unha pequena parte na provincia de Lugo (concellos de Guitiriz e Friol). Conecta polo sur co LIC Serra do Careón. CONCELLOS: Aranga, Curtis, Sobrado e Toques (A Coruña); Guitiriz e Friol (Lugo)