SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
AVALIACIÓN EXTERNA
PROGRAMA COÑECEMENTO DA REALIDADE,
PCR
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
1
ÍNDICE
Páxina
1. INTRODUCIÓN.................................................................................................................. 2
1.1 Obxectivos da avaliación............................................................................................ 2
1.2 Dimensións da avaliación........................................................................................... 2
1.3. Metodoloxía empregada........................................................................................... 2
1.4. Condicionantes e límites do estudo.......................................................................... 3
2. PRESENTACIÓN DA INTERVENCIÓN................................................................................ 3
3. RESULTADOS DA AVALIACIÓN E CUMPRIMENTO DE INDICADORES............................. 4
4. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS............................................................................. 11
5. ANEXOS........................................................................................................................... 13
Anexo 1. Resultados totais das enquisas ás persoas participantes PCR......................... 13
Anexo 2. Resultados totais das enquisas ás copartes locais dos PCR............................. 15
Anexo 3. Recomendacións na definición de indicadores................................................ 16
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
2
1. INTRODUCIÓN
1.1. Obxectivos da avaliación
O presente estudo realízase a petición da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ESF, co
obxectivo xeral de analizar a execución do Programa de Coñecemento da Realidade, PCR,
desta entidade desde o ano 2004 ao 2016.
Asemade, establécense os seguintes obxectivos específicos:
 Determinar a eficacia da intervención, así como o grao de consecución de obxectivos e
resultados segundo a planificación inicial recollida no documento de proxecto.
 Avaliar o impacto da actuación.
 Identificar propostas de mellora de cara a futuras edicións dos PCR.
1.2. Dimensión da avaliación
Esta avaliación abarca ao conxunto de actores implicados na realización do Programa de
Coñecemento da Realidade no período temporal analizado, isto é, desde o ano 2004 (data da
primeira convocatoria de PCR) ao 2016. Polo tanto, entran nesta análise: 1) ESF no seu
conxunto como entidade organizadora, 2) as copartes locais que acollen en terreo ás persoas
participantes e 3) o total de persoas que participaron nalgunha edición dos PCR no período
temporal sinalado (51 persoas).
Pola súa banda, o sector deste estudo englóbase no código CRS 99810 "Sensibilización sobre
os problemas relacionados co desenvolvemento".
1.3. Metodoloxía empregada
A metodoloxía empregada na realización desta avaliación combina diferentes ferramentas
para garantir a calidade dos resultados obtidos, empregando tanto os métodos de
investigación social cuantitativa como cualitativa.
En toda esta análise faise especial fincapé no fomento da participación activa das persoas
implicadas nos PCR, sendo as protagonistas tanto do proceso de recompilación de información
como do de elaboración de propostas de mellora.
O proceso de recollida de información secundaria realizouse mediante a revisión documental
entregada por ESF para tal fin como son: o documento do proxecto e as memorias de
avaliación.
Pola súa banda, a información primaria foi obtida empregando tres métodos:
1) Realización de entrevistas en profundidade ao persoal de ESF responsable dos PCR.
2) Realización de enquisas online ás persoas participantes nos PCR (do total de 51
persoas participantes, responderon 22 persoas -14 mulleres e 8 homes) e ás
contrapartes locais encargadas da acollida en terreo (7 contrapartes de 3 países
diferentes -Nicaragua, Honduras e O Salvador).
3) Conformación de grupos de discusión nos que recoller opinións, propostas e validar
os resultados dun xeito máis cualitativo. Realizáronse dous grupos: un con persoas
participantes nos PCR de diferentes edicións e outro con persoal de ESF, voluntario e
contratado.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
3
1.4. Condicionantes e límites do estudo
O principal condicionante desta avaliación garda relación coa amplitude temporal da mesma.
Deste xeito, que o período abarque 13 anos pode limitar no momento de contactar coas
persoas participantes das diferentes edicións.
Non obstante, para evitar que este condicionante chegue a afectar á calidade dos resultados,
ESF comprométese a realizar un esforzo maior no momento de fomentar a participación de
todas e todos para a recompilación de información. Do mesmo xeito, deséñase unha enquisa
online con obxecto de facilitar a participación de todas e todos con independencia da súa
situación persoal actual.
Por último, outro límite ao estudo é o non contar cunha liña base que permita medir o avance
ou cumprimento dalgúns dos indicadores deseñados inicialmente. Estes indicadores serán
analizados dun xeito máis cualitativo, acordando que este estudo poida ser empregado como
liña base no futuro para evitar este condicionante.
2. PRESENTACIÓN DA INTERVENCIÓN
O Programa de Coñecemento da Realidade, PCR, é unha actuación incluída na liña de
Educación para o Desenvolvemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ESF. Inicialmente foi
unha iniciativa posta en marcha por Ingeniería Sin Fronteras a nivel estatal na que ESF
participaba e, desde hai anos, a asociación galega implementa este programa de xeito
autónomo. Así, ESF conta con persoas participantes no PCR desde o ano 2004 ata hoxe en día.
Actualmente, os PCR son un programa de voluntariado transformador cunha duración de un
ano (de xeito xeral) no que se inclúe, como elemento diferenciador, unha estadía de polo
menos 2 meses nun país no que a ONGD ten proxectos de cooperación internacional para o
desenvolvemento. É un programa aberto á participación da poboación no seu conxunto co
obxecto de fomentar coñecementos, actitudes e valores relacionados cunha cidadanía global e
crítica a prol da solidariedade e xustiza social.
As persoas seleccionadas pasan a formar parte dos grupos de voluntariado propios de ESF en
Galicia, incorporándose á súa actividade cotiá. Posteriormente realizan unha viaxe a un país
empobrecido para integrarse no equipo responsable da execución dun proxecto de
cooperación en terreo. A finalidade desta experiencia non é a realización de actividades
fundamentais no ciclo de vida do proxecto senón o coñecemento da realidade do país. Así,
traballando coa coparte local e co contacto coa poboación local preténdese que as persoas
participantes cheguen a coñecer en profundidade a realidade social, política, económica e
cultural, reflexionado sobre as causas da pobreza e as relacións de interdependencia globais.
Á súa volta reincorpóranse de novo aos seus grupos de voluntariado fomentando que toda a
aprendizaxe xurdida durante a viaxe repercuta tamén nas dinámicas propias do voluntariado
de ESF, apostando polo efecto multiplicador da experiencia vivida.
A modo de resumo, o PCR fortalece a participación das persoas como axentes de cambio,
traballando desde unha perspectiva de cambio individual que repercuta positivamente na
esfera colectiva, na súa contorna local.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
4
3. RESULTADOS DA AVALIACIÓN E CUMPRIMENTO DE INDICADORES
RESULTADO 1
RESULTADO 1 INDICADORES
GRAO
CUMPRIMENTO
Adquiridos conceptos,
procedementos e
actitudes por parte das
persoas participantes no
PCR no ámbito da
educación para a
cidadanía crítica e global
IOV1.1. Aumento do 40% do grao de
coñecemento da realidade da zona de estadía
de PCR.
----
IOV1.2. Polo menos o 80% das persoas PCR
valoran que esta experiencia supuxo un peso
importante nas decisións que tomaron na súa
vida, e consideran que foi enriquecedor e
construtivo, e están satisfeitas da liña que
seguiron.
ALTO
IOV1.3. Polo menos o 80% das persoas PCR
manifestan que seguiron informándose ou
formándose sobre as desigualdades entre
países, as causas das mesmas, as tecnoloxías
apropiadas, a cooperación e a xustiza social.
ALTO
IOV1.4. Polo menos o 80% das persoas PCR
manifestan unha actitude crítica cara a modelos
herdados ou impostos, solicitan xustiza social e
entenden o concepto de dereito humano e
cidadanía global.
ALTO
En relación a este resultado, e ao igual que calquera resultado que implica adquirir ou mellorar
coñecementos ou similares, precisaríase unha liña base para poder comparar a situación
previa e posterior. Isto afecta fundamentalmente ao indicador 1 no que non se pode calcular o
coñecemento que tiñan as persoas PCR antes de participar no programa.
O indicador 2 pode ser analizado cos resultados das enquisas ás persoas participantes. Así, en
canto ao grao de influenza do PCR en diversos aspectos da súa vida, máis dun 80% das persoas
afirman que tivo "moita influenza" en relación a:
· conseguir un maior desenvolvemento persoal (81,8%).
· aumentar o coñecemento das realidades sociais do mundo (90,9%).
· manter o interese por coñecer as diferentes realidades do mundo (81,8%).
Se sumamos ás persoas que afirman que tivo bastante e moita influenza, os elementos que se
sitúan por riba do 80% son aínda máis ao engadir:
· mellorou a miña formación académica e ampliou as miñas posibilidades profesionais
(86,4%).
· aumentei o meu compromiso social (86,4%).
· espertaron novas inquedanzas en relación á xustiza social a nivel global (81,8%).
En canto á satisfacción global coa estadía en terreo, a media da valoración (nunha escala do 1
ao 5) é de 4,82 sen diferenzas significativas entre mulleres e homes. Se a isto engádese que o
95,5% das persoas enquisadas afirman que recomendaría a participación no programa ás súas
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
5
amizades, pódese confirmar que o consideran unha experiencia enriquecedora e o nivel de
satisfacción é alto.
Ademais, nos motivos que manifestan para recomendar esta experiencia maniféstanse
claramente todos estes aspectos:
Das persoas que cumprimentaron a enquisa, o 64% afirma que actualmente participa nalgunha
asociación ou movemento social (maioritariamente en ESF). Estas persoas pertencen a
diferentes edicións do programa PCR (desde 2005 - 2006 a datas máis recentes) polo que
percíbese como unha tendencia estable ao longo do tempo, non como algo puntual no
momento de rematar o programa. Deste dato pódese deducir que continúan informándose
sobre a temática, ao mesmo tempo que manteñen unha actitude crítica ao estar vinculadas e
vinculados á participación social.
O forte desenvolvemento do pensamento crítico das e dos PCR tamén percíbese con claridade
cando son elas e eles quen sinalan as aprendizaxes que adquiriron. A maioría dos seus aportes
e expresións deixan entrever á súa actitude crítica e consciente da realidade do mundo. Falan
de "aprende a vivir con menos", "ampliar a túa consciencia ecolóxica", "coñecemento doutras
realidades diferentes", "máis que para aprender, serviume para reflexionar", "faite moito máis
consciente", "a respectar outras culturas aínda que non se entendan ou compartan algunhas
cuestións", "xera moito pensamento crítico",... Afirman que os PCR non son "unha experiencia
prefabricada senón realista doutras realidades polo que corre o risco de derrubar algúns dos
seus estereotipos", que "é un moi bo instrumento destrutivo de prexuízos e ideas
preconcibidas" ou que "foi a sensibilización en primeira persoa máis efectiva que `sufrín´". E
que coa súa experiencia déronse conta de que "unicamente por nacer nun sitio ou outro, tes
distintas posibilidades, algo inxusto".
"unha moi boa ferramenta para
coñecer o que é unha adecuada
cooperación ao desenvolvemento"
"Faite máis
tolerante"
"Porque é unha oportunidade de
coñecer outro lugar, outra cultura,
coa profundidade que non ten unha
viaxe convencional"
"Non é o mesmo coñecer un tema
que vivilo. A vinculación coa
problemática imprime motivación"
"Experiencia que cambia a
visión do mundo"
"amplíase a túa visión
global da sociedade e o
teu espírito crítico"
"É unha experiencia única"
"é moi enriquecedor
a nivel persoal"
"Gran experiencia.
Apréndese moito"
"unha experiencia moi boa para coñecer a
realidade de países en desenvolvemento, mellor
que un voluntariado convencional"
"Experiencia cultural,
persoal e profesional"
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
6
RESULTADO 2
RESULTADO 2 INDICADORES
GRAO
CUMPRIMENTO
Formadas persoas
voluntarias motivadas que
fortalezan a base social de
ESF ou outros
movementos sociais sendo
axentes reais de cambio
social.
IOV2.1. Ex-PCRs tiveron cargos de
responsabilidade nos grupos de voluntariado en
ESF tras a súa estancia (coordinación de grupos,
etc), ou ben na estrutura orgánica da asociación
(directiva, etc).
ALTO
IOV2.2. Ex-PCRs que continúan sendo socias de
ESF, ou noutra organización de fins sociais.
MEDIO-ALTO
O 72,7% das persoas enquisadas participaban antes de realizar o PCR nalgunha asociación ou
movemento social, fundamentalmente en ESF (o 81,3%). Unha vez finalizado o programa, a
porcentaxe aumentou ao 86,4%, manténdose ESF como a opción predominante (o 84,2%). A
día de hoxe a porcentaxe baixa ata o 63,6% de persoas que continúan a participar nalgunha
asociación ou movemento (baixando tamén a porcentaxe de persoas que o fan en ESF ata un
64,3% do total).
Deste xeito, e tendo en conta que as cifras son de PCR desde 2005 ata agora, pódese afirmar
que o programa potencia de xeito estable a participación activa das persoas PCR en ESF. É
certo que unha porcentaxe alta de persoas xa era voluntaria en ESF antes de participar como
PCR, mais o nivel de pertenza co paso do tempo é elevado.
O 45,5% das persoas que foron PCR afirman que asumiron algún cargo orgánico na Xunta
Directiva de ESF ou de coordinación dalgún grupo á volta da estadía.
Todos estes datos apuntan ao cumprimento de ambos indicadores deste resultado, se ben é
certo que, ao non cuantificar de xeito concreto a meta que se pretendía acadar, non se pode
medir exactamente o éxito. Non obstante, ao observalo de xeito comparado coa participación
social galega en xeral os número son moi positivos.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
7
RESULTADO 3
RESULTADO 3 INDICADORES
GRAO
CUMPRIMENTO
Reforzado o contacto de
ESF con socios locais dos
países ou redes en que se
participa co PCR, a modo
de pontes entre
sociedades civís,
reforzando ademais aos
grupos coa súa visión.
IOV3.1. Participación das participantes en PCR
no 90% das reunións de seguimento cos socios
locais ou as redes.
----
IOV3.2. As copartes valoran como mínimo cun 4
sobre 5 que, na relación con ESF, as actividades
realizadas polos PCRs contribúen a coñecer
mellor a ESF, a estreitar lazos e mellorar a
comprensión mutua, o diálogo e a relación como
iguais.
ALTO
IOV3.3. As copartes valoran como mínimo cun 4
sobre 5 a mellora da calidade da comunicación
cos grupos de voluntariado ao integrarse PCRs,
para seguimento de proxectos, novas
formulacións, etc.
MEDIO
IOV3.4 Aumento do volume de comunicacións
sobre temas de interese coas copartes, polo
diálogo directo entre copartes e PCRs (ex. mails
enviados sobre alimentación, consumo
responsable, etc.).
----
IOV3.5. ESF (grupos e comisión PCR) valora con
un mínimo de 3 sobre 5 a contribución de ex-
PCRs ás actividades de xestión / formulación /
seguimento / etc. de proxectos.
ALTO
IOV3.6. Máis dun 60% de ex-PCRs contribuíron a
formular/facer seguimento/xustificar proxectos.
----
IOV3.7. Polo menos un 70% dos PCRs realizaron
actividades informativas/formativas aos grupos
sobre os proxectos desenvolvidos, tecnoloxías
aplicadas ou a realidade do país.
----
As valoracións das copartes contactadas para este estudo son, en xeral, moi positivas. Así, a
satisfacción global co programa PCR acada un 4 (nunha escala do 1 ao 5). Asemade, o 85,7%
das persoas enquisadas manifestan estar bastante ou moi de acordo no momento de afirmar
que as persoas PCR benefician o desenvolvemento dos proxectos en terreo. Tamén amosan
consenso ao identificar a maior vantaxe dos PCR, sendo esta a de axudar a sensibilizar e
concienciar á sociedade española a favor da transformación social (ten unha valoración media
de 4,43 sobre 5). Moi por riba esta opción á que define os PCR como mellora dos recursos
técnicos dos proxectos (3,43).
O 57,1% das copartes afirman estar moi de acordo coa idea de que as persoas PCR benefician e
fan máis doada a comunicación e o traballo con ESF, porcentaxe á que poderíase engadir o
28,6% que están bastante de acordo. Sen embargo, ao ser preguntadas polo que sucede cando
estas persoas regresan a España, o opinión xeral é que esta comunicación remata por perderse
(cunha valoración de 2,86 sobre 5). Só o 28,6% afirman que si se mantén ao regreso. Isto pode
apuntar á necesidade de reforzar as canles de comunicación máis aló da estadía en terreo para
que estas persoas cheguen a desempeñar o papel de ponte de comunicación entre ESF e a
coparte.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
8
As valoracións que fan en xeral das persoas PCR en canto a formación, actitude, capacidade de
adaptación ao contexto e interese manifestado por implicarse, son excelentes (cun grao de
satisfacción medio superior a 4 sobre 5), o que pon de manifesto que o proceso de selección e
formación previo de ESF é o adecuado. Quizais o aspecto que as copartes destacan como máis
mellorable é a duración das estadías: cunha valoración media de 3 sobre 5 e só un 42,9% delas
afirma estar bastante de acordo coa duración. De feito, no momento de preguntarlles que
melloraría do programa, o 57% sinala a ampliación da súa duración ao considerar 3 meses
como insuficiente para chegar a integrarse completamente no proxecto, na cultura,... Algunha
das persoas propón unha estadía de ata 6 meses.
As copartes tamén perciben como bastante positiva a aprendizaxe da súa organización coas
persoas PCR, tanto no plano técnico-profesional como no persoal e social. De feito ao sinalar o
máis positivo do programa para elas e eles, o intercambio de coñecemento e experiencias é un
elemento que destaca.
Máis do 70% recoñece que cambiou a súa visión en relación ao que pensaban que era
inicialmente o programa PCR e como o perciben agora despois ter participado nel. De feito hai
quen recoñece que ao comezo non sabía moi ben o que era para logo entender perfectamente
a esencia do programa como actuación de educación para o desenvolvemento. Algunha
persoa ata recoñece que "non entendía o seu papel" ata que viaxou a España e viu que era o
que facían no seu regreso. Unha frase resume á perfección o que é o cambio de percepción,
desde o descoñecemento ou dúbidas iniciais ata a importancia que se lle concede despois:
"Pensábase que eran `gringos´ que viñan a pasear, sen responsabilidade e como un requisito
dos cooperantes, agora cremos que son profesionais con calidade humana, con desexos de
aprender e compartir aprendizaxes". Isto manifesta tanto a calidade do programa como o bo
facer das persoas que viaxan, as cales son a fin de contas a cara visible de ESF en terreo. Por
elo, a frase que mellor define o que é o programa PCR para unha coparte é:
"a cooperación solidaria non é só financeira, o aporte do PCR materializa o slogan «a
solidariedade é a tenrura dos pobos» "
"El contacto con las comunidades y
la devolución de resultados a
España"
"El aporte técnico multidisciplinario, la
dedicación al proyecto y la curiosidad por
conocer más la dinámica institucional"
"Colabora a poder juntar saberes,
hacer alianzas y mejorar las
estrategias "
"Intercambio de actividades
con los beneficiarios de los
proyectos"
"El intercambio de saberes, los procesos
de sensibilización sobre temas
importantes en el mundo"
"Participación,
colaboración que
apunta a la revolución"
"El Programa PCR conoce nuestra realidad pero también nos muestran su
realidad y construimos ambos mejores verdades. Meditamos nuestras
realidades paralelas y las valoramos mejor"
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
9
Para a análise dos indicadores 5, 6 e 7 deste resultado emprégase a información cualitativa
obtida no grupo de discusión co persoal de ESF (comisión de PCR). As opinións recollidas
apuntan en dúas liñas fundamentais. Por unha banda, percíbese de xeito xeral unha boa
valoración do programa PCR, fundamentalmente para o funcionamento dos grupos de
proxectos internacionais. Recoñécese que o participar nestes grupos non é moi atractivo para
o voluntariado en xeral, funcionando os PCR como un factor de motivación importante. O
contar con ex-PCR nestes grupos tamén mellora a calidade do traballo dos mesmos, por
exemplo no proceso de formulación ou xustificación de proxectos.
Por outra banda, percíbese a necesidade de aproveitar máis se cabe o valor das persoas PCR á
súa volta no conxunto de ESF, fomentando o intercambio e as sinerxías con outros grupos.
Neste senso, recoméndase dedicar un maior esforzo para fomentar actividades (in)formativas
aos grupos de ESF (indicador 7) tanto para aproveitar máis a aprendizaxe das persoas PCR
como para que o conxunto de ESF perciba a importancia do programa. Isto resulta
fundamental no caso do grupo de EpD, sendo preciso que as persoas PCR participen
activamente no deseño e execución da estratexia de EpD por ser precisamente un programa
de EpD.
En relación ao fortalecemento dos grupos coas persoas PCR, se ben os datos cuantitativos de
percepción son positivos (ver táboa seguinte), percíbese a necesidade de realizar un maior
esforzo por deseñar un protocolo de acollida formal das persoas PCR nos grupos, sen
depender das situacións específicas e puntuais dos grupos.
Táboa 1. Valoración de aspectos relacionados coa volta da estadía en terreo segundo sexo.
Escala do 1 ao 5.
MULLER HOME TOTAL
O proceso de acollida do grupo de ESF en Galiza á volta da
estadía foi adecuado
3,79 4,25 3,95
A organización das actividades de sensibilización posteriores
foron adecuadas
3,79 4,13 3,91
A miña participación posterior en actividades de sensibilización
resultou útil para mellorar as miñas competencias profesionais.
3,57 3,75 3,64
A miña participación posterior en actividades de sensibilización
axudoume a interiorizar ou reforzar a miña aprendizaxe en terreo
3,64 4,38 3,91
O grupo de ESF motivou a miña participación posterior nas
actividades organizadas
3,79 4,13 3,91
Fonte: Elaboración propia.
As opinións recadadas no grupo de discusión con PCR apuntan a que a maior ou menor
integración nos grupos depende de factores específicos (ata persoais) de cada grupo. Tanto a
integración previa á estadía como o retomar a participación no grupo á volta de terreo. Neste
senso, moitas persoas afirman que o nivel de enerxía co que se chega de terreo é moi elevado
e sería recomendable que ESF tivese mecanismos para canalizar toda esa enerxía na
participación. Tanto as persoas PCR como o persoal de ESF están de acordo en recoñecer que
deberíase realizar un maior esforzo por integrar ás persoas no grupo antes da viaxe,
repercutindo positivamente isto na volta.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
10
OBXECTIVO ESPECÍFICO
OBXECTIVO ESPECÍFICO INDICADORES GRAO CUMPRIMENTO
Apoiar procesos de cambio
persoal cara a unha
cidadanía informada,
crítica e activa, a través de
experiencias vivenciais de
profundización do
coñecemento das causas
das desigualdades entre
países, e a interiorización
nas súas vidas e
manifestación na súa
contorna de actitudes de
cambio social para
superalas
IOV1. Cambio na percepción ou aumento de
interese por paliar os problemas relacionados
con desigualdade e dereitos humanos a nivel
global, manténdose no tempo.
ALTO
IOV2. Decisións importantes na vida que foran
condicionadas polo modo de entender a
realidade tras esta experiencia (traballos,
formas de vida, pautas de consumo, achegas a
proxectos sociais, etc.)
ALTO
Tendo en conta os elementos analizados previamente, todo apunta a que de xeito xeral o
programa de PCR si fomentou os procesos de cambio persoal cara a unha cidadanía global das
e dos participantes. En canto aos indicadores concretos do obxectivo específico, a información
presentada máis arriba corrobora a consecución clara de ambos indicadores. En relación ao
indicador 2 as opinións vertidas no grupo de discusión con persoas PCR parecen sinalar que, en
maior ou menor medida, si existiu unha influenza do PCR no seu desenvolvemento persoal e
profesional posterior. A cuestión de falar de "decisións importantes" é o que non acaban de
compartir fundamentalmente porque decidir que é importante e que non resulta moi
subxectivo. Mais ao concretar as temáticas si recoñecen a influencia (sobre todo en canto a
pautas de consumo e en temas de participación asociativa).
Non obstante, na enquisa realizada ás persoas PCR tamén se preguntou sobre isto e os
resultados apoian o feito de que a influenza da experiencia nas decisións posteriores é alta
(ver táboa 5, anexo 1). Así, obsérvase que ante a pregunta de que grao de influenza tivo o PCR
en relación a tomar "algunha decisión trascendental nalgunha esfera da miña vida (a nivel
laboral, formativo, de modo de vida, de actitude ante a vida,…)", o 50% recoñecen que tivo
moita influenza e o 22,7% que bastante influenza. Con este dato pódese confirmar o grao de
cumprimento alto do indicador 2 do obxectivo específico.
Asemade, na enquisa realizáronse varias preguntas neste senso que apuntan tamén a esta
mesma conclusión. Deste xeito, o 50% das persoas recoñecen que o PCR tivo moita influenza
para aumentar o seu compromiso social (máis entre as mulleres, 57,1%, que os homes, 37,5%),
e o 36,4% que tivo bastante influenza. O 77,3% da persoas enquisada tamén pensan que o PCR
tivo bastante ou moita influenza no momento de ser unha persoa máis solidaria.
Ao preguntarlles sobre algo moi concreto como as pautas de consumo, mantense a mesma
liña: o 72,7% das persoas enquisadas recoñece que o PCR tivo bastante ou moita influenza en
relación a cambiar as súas pautas de consumo.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
11
4. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS
 En relación á formación previa, en termos xerais a satisfacción é moi elevada,
percibíndose grandes diferenzas entre as persoas que participaron nas primeiras
edicións e as máis recentes. Deste xeito, obsérvase unha mellora na preparación
previa co paso dos anos, atopándose agora nun nivel de calidade alto. As propostas de
mellora apuntan quizais a complementar o programa formativo con algún módulo
relacionado coa xestión emocional da experiencia.
 O proceso de selección tamén experimentou unha mellora considerable co paso do
tempo, obtendo actualmente unha moi boa valoración. A recomendación neste senso
é lograr manter o nivel e o rigor na selección.
 Relacionado coa selección, todas e todos os PCR están de acordo en sinalar que dúas
persoas é o número ideal para aproveitar a experiencia, contando cada unha delas con
actividades diferenciadas en terreo. No pasado houbo casos non que ían grupos máis
grandes e sería importante non volver a iso. Asemade, a persoa que vai soa recoñece
que se ben a experiencia é moi boa, o sentimento de soidade nalgúns momentos é
demasiado intenso.
 Apostar con maior forza por difundir o PCR como un programa amplo de voluntariado
(anual) con unha parte de estadía en terreo e outra de participación en Galicia. Se ben
é certo que dende ESF enténdese deste xeito, poderíase reforzar esta imaxe como
programa global no momento de captar participantes. Isto derívase da valoración
positiva de moitas das persoas que perciben que a aprendizaxe foi continua ao longo
do seu voluntario, entendendo a estadía como unha parte máis.
 Sería recomendable crear un protocolo de acollida xeral para a integración das persoas
nos seus grupos antes da viaxe, podendo contar cunha parte común para o conxunto
de ESF e uns mecanismos adaptados ás necesidades de cada grupo. De feito, a propia
formación inicial débese aproveitar como punto de inicio desta acollida nos grupos.
 De cara a mellorar a avaliación do programa, realizar unha enquisa de coñecementos e
actitudes no momento de concesión da bolsa resulta imprescindible para poder medir
posteriormente os cambios experimentados. A mesma enquisa debería ser realizada
unha vez finalizado o PCR (un ano despois) e tamén pode ser empregada a medio-
longo prazo para medir o grao de mantemento de cambios.
 Dedicar un esforzo previo por deseñar un planning de traballo realista (sempre sendo
conscientes de que os imprevistos en terreo o modificarán posteriormente) e
compartilo coa persoa PCR para poder preparar a súa estadía da mellor forma posible.
 Manter unha canle de comunicación entre a persoa PCR e o seu grupo durante a viaxe
pode ser beneficioso tanto para realizar o seguimento da estadía como para ir
fortalecendo o vínculo da persoa e o seu grupo. Este punto é o máis mencionado na
enquisa a persoas PCR no apartado sobre os aspectos que mellorarían da súa estadía,
sendo algunhas das súas recomendacións: "maior envolvemento do grupo (...) non é
unha escusa dicir que durante o verán o voluntariado non está activo"; "non había un
grupo de traballo consolidado en Galiza"; "un maior seguimento e unha avaliación
intermedia da estadía por parte do grupo e o persoal expatriado"; "o seguimento do
grupo, que foi nulo"; "un skype cos membros do grupo de traballo de ESF Galicia (...)
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
12
sería moi bo para os PCR e para o grupo porque se explica en quente o que se está a
mirar".
 Estudar a posibilidade de engadir un encontro á volta de terreo no que compartir
experiencias e coñecementos, tanto entre as persoas PCR como entre elas e a equipa
de ESF.
Asemade, podería servir para que a entidade (e os diferentes grupos) coñezan as
novas inquedanzas das persoas tras a viaxe e se poidan artellar novas formas de
actuación conxunta.
 Se ben é certo que, a nivel galego, ESF é a entidade con maior experiencia nos PCR,
existen outras ONGD que realizan estadías similares en terreo do seu voluntariado (en
dependencia exclusiva do financiamento de universidades). Por elo, sería
recomendable compartir a experiencia con estas entidades para presentar as boas
prácticas de ESF e, ao mesmo tempo, nutrirse dos aportes do resto.
 En relación ao punto anterior, habería que reflexionar sobre a mellora da estratexia de
comunicación a nivel galego dos PCR de ESF, dándolle visibilidade á contribución do
programa (global de un ano) en relación ao voluntariado transformador. Queda
contrastada a solvencia do programa e os resultados positivos do mesmo, sendo
considerado unha fortaleza propia da entidade en comparanza co resto de actores a
nivel galego e debe de ser aproveitada na estratexia de comunicación global.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
13
5. ANEXOS
ANEXO 1. RESULTADOS TOTAIS DAS ENQUISAS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES PCR.
Táboa 2. Valoración da preparación anterior á estadía en terreo segundo sexo, media. Escala
do 1 ao 5.
MULLER HOME TOTAL
A formación en materia de cooperación ao desenvolvemento
axustouse ás miñas inquedanzas antes de viaxar
3,36 3,50 3,41
A formación en materia de cooperación paréceme
indispensable para a realización do PCR
4,29 3,88 4,14
A información recibida do país de destino facilitou a
realización do PCR
3,71 4,13 3,86
A formación en materia de seguridade foi adecuada para a
posterior realización da estadía
3,64 4,50 3,95
A información recibida do proxecto e das actividades a
realizar en terreo foi adecuada
3,64 3,50 3,59
ESF facilitoume en todo momento a preparación da viaxe a
terreo
4,29 4,25 4,27
Satisfacción global coa preparación da viaxe a terreo 4,43 4,38 4,41
Fonte: Elaboración propia.
Táboa 3. Valoración da estadía en terreo segundo sexo, media. Escala do 1 ao 5.
MULLER HOME TOTAL
A acollida en terreo por parte do persoal expatriado de ESF foi a
adecuada
4,64 4,75 4,68
A acollida en terreo por parte da contraparte local foi a
adecuada
4,71 4,63 4,68
O seguimento e acompañamento durante a estadía en terreo
por parte do grupo de traballo de ESF en Galiza foi o adecuado
3,50 3,63 3,55
O dispoñibilidade de recursos en terreo foi o adecuado para
realizar as miñas tarefas
4,57 4,25 4,45
Na estadía en terreo mellorei ás miñas competencias
profesionais
4,71 4,00 4,45
Na estadía en terreo mellorei ás miñas habilidades sociais 4,57 4,75 4,64
Satisfacción global coa estadía en terreo 4,79 4,88 4,82
Fonte: Elaboración propia.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
14
Táboa 4. Valoración do proceso posterior a estadía en terreo segundo sexo, media. Escala do 1
ao 5.
MULLER HOME TOTAL
O proceso de acollida do grupo de ESF en Galiza á volta da estadía foi
adecuado
3,79 4,25 3,95
A organización das actividades de sensibilización posteriores foron adecuadas 3,79 4,13 3,91
A miña participación posterior en actividades de sensibilización resultou útil
para mellorar as miñas competencias profesionais.
3,57 3,75 3,64
A miña participación posterior en actividades de sensibilización axudoume a
interiorizar ou reforzar a miña aprendizaxe en terreo
3,64 4,38 3,91
O grupo de ESF motivou a miña participación posterior nas actividades
organizadas
3,79 4,13 3,91
O compromiso de permanencia e participación activa como persoa voluntaria
en ESF polo menos durante un ano é adecuado
4,14 4,00 4,09
Participei de xeito proactivo na relación coas organizacións que coñecín na
miña estancia
4,07 3,13 3,73
A estadía en terreo sen a parte de participación no voluntariado previa e
posterior non é recomendable.
4,00 3,88 3,95
Percibín diferentes vías de participación social nas que implicarme (máis aló de
ESF)
4,14 3,88 4,05
Fonte: Elaboración propia.
Táboa 5. Influenza do PCR no desenvolvemento persoal segundo sexo, porcentaxes.
MOI POUCA POUCA BASTANTE MOITA
H M T H M T H M T H M T
Mellorou a miña formación académica 0,0 7,1 4,6 12,5 7,1 9,1 50,0 14,9 27,3 37,5 71,4 59,1
Ampliou as miñas posibilidades profesionais 0,0 0,0 0,0 25,0 7,1 13,6 50,0 14,9 27,3 25,0 78,6 59,1
Conseguín un maior desenvolvemento persoal 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 12,5 21,4 18,2 87,5 78,6 81,8
Aumentei o meu compromiso social 0,0 0,0 0,0 25,0 7,1 13,6 37,5 35,7 36,4 37,5 57,1 50,0
Aumentei o meu coñecemento das realidades
sociais do mundo
0,0 0,0 0,0 12,5 0,0 4,6 12,5 0,0 4,6 75,0 100,0 90,9
Aumentei a miña participación activa en
asociacións ou movemento sociais
0,0 0,0 0,0 37,5 14,9 22,7 50,0 35,7 40,9 12,5 50,0 36,4
Son unha persoa máis solidaria 12,5 0,0 4,6 25,0 28,6 27,3 37,5 35,7 36,4 25,0 35,7 31,8
Cambiei os meus hábitos de consumo 0,0 0,0 0,0 25,0 28,6 27,3 75,0 35,7 50,0 0,0 35,7 22,7
Manteño o interese por coñecer as diferentes
realidades do mundo
0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 50,0 0,0 18,2 50,0 100,0 81,8
Tomei algunha decisión trascendental nalgunha
esfera da miña vida (a nivel laboral, formativo,
de modo de vida, de actitude ante a vida…)
0,0 0,0 0,0 37,5 21,4 27,3 25,0 21,4 22,7 37,5 57,1 50,0
Espertaron novas inquedanzas en relación á
xustiza social a nivel local
0,0 0,0 0,0 12,5 28,6 22,7 62,5 28,6 40,9 25,0 42,9 36,4
Espertaron nova inquedanzas en relación á
xustiza social a nivel global
0,0 7,1 4,6 0,0 21,4 13,6 75,0 7,1 31,8 25,0 64,3 50,0
Fonte: Elaboración propia.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
15
ANEXO 2. RESULTADOS TOTAIS DAS ENQUISAS ÁS COPARTES LOCAIS DOS PCR.
Táboa 6. Valoración das copartes locais dos PCR segundo ítem, media. Escala do 1 ao 5.
MEDIA
A persoa PCR beneficia o desenvolvemento dos proxectos 4,14
A maior vantaxe do programa PCR é posibilitar que o equipo
técnico dos proxectos sexa maior
3,43
A maior vantaxe do programa PCR é axudar a sensibilizar e
concienciar á sociedade española a favor da transformación
social
4,43
Que existan PCR fai máis doada a comunicación e o traballo con
ESF
4,43
Cando regresan a España, a comunicación coas persoas PCR
continúa
2,86
A formación das persoas PCR que chegan é adecuada 4,43
A adaptación das persoas PCR cando chegan aquí é boa 4,29
As persoas PCR que chegan amosan interese por coñecer a
realidade local (costumes, problemáticas,…)
4,29
En xeral obsérvase unha transformación persoal das persoas
PCR durante a súa estadía
4,29
A duración das estadías en terreo dos PCR é adecuada 3,00
A adaptación do persoal da súa organización para traballar coas
persoas PCR é boa
4,00
A aprendizaxe da nosa organización (a nivel persoal, social,
intercultural) enriquécese coas estadías das persoas PCR
4,43
A aprendizaxe da nosa organización no ámbito técnico
enriquécese coas estadías das persoas PCR
4,43
En xeral, a presenza das persoas PCR en accións coa poboación
local é favorable
4,43
Satisfacción global cos PCR en terreo 4,00
Fonte: Elaboración propia.
Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL
16
ANEXO 3. RECOMENDACIÓNS NA DEFINICIÓN DE INDICADORES.
INDICADORES RESULTADO 1 RECOMENDACIÓNS
IOV1.1. Aumento do 40% do grao de coñecemento
da realidade da zona de estadía de PCR.
Elaborar un test xeral de coñecemento por rexión
(aspectos políticos, económicos, culturais,…) para
ser realizado inicialmente e ao finalizar.
IOV1.2. Polo menos o 80% das persoas PCR
valoran que esta experiencia supuxo un peso
importante nas decisións que tomaron na súa vida,
e consideran que foi enriquecedor e construtivo, e
están satisfeitas da liña que seguiron.
Este indicador pode ser desagrado en dous: 1)
influenza nas decisións posteriores (analizado
máis a medio-longo prazo) e 2) valoración como
enriquecedor, construtivo (analizado a curto
prazo)
IOV1.3. Polo menos o 80% das persoas PCR
manifestan que seguiron informándose ou
formándose sobre as desigualdades entre países,
as causas das mesmas, as tecnoloxías apropiadas,
a cooperación e a xustiza social.
IOV1.4. Polo menos o 80% das persoas PCR
manifestan unha actitude crítica cara a modelos
herdados ou impostos, solicitan xustiza social e
entenden o concepto de dereito humano e
cidadanía global.
INDICADORES RESULTADO 2 RECOMENDACIÓNS
IOV2.1. Ex-PCRs tiveron cargos de
responsabilidade nos grupos de voluntariado en
ESF tras a súa estancia (coordinación de grupos,
etc), ou ben na estrutura orgánica da asociación
(directiva, etc).
Medible en dous sensos: porcentaxe de persoas e
período de tempo (durante canto tempo?). No
caso de obrigarse nas bases da convocatoria, non
sería un indicador válido. Poderíase ampliar ao
mellor o tempo (por exemplo, "durante os 5 anos
posteriores")
IOV2.2. Ex-PCRs que continúan sendo socias de
ESF, ou noutra organización de fins sociais.
Medible (porcentaxe de PCR).
Ampliar o xeito de medir máis aló de "ser socia":
voluntaria, asistente a reunións, manifestacións,
participación en campañas, consumo de produtos
de CX-de proximidade-Kmcero…

More Related Content

Similar to Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016

Informe círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiarios
Informe círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiariosInforme círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiarios
Informe círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiarios
Xianablog
 
Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013
Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013
Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013
botadechaplin
 
Informe grupo mellora responsabilidade social empresarial
Informe grupo mellora  responsabilidade social empresarialInforme grupo mellora  responsabilidade social empresarial
Informe grupo mellora responsabilidade social empresarial
Xianablog
 
Informe mesa expertos
Informe mesa expertosInforme mesa expertos
Informe mesa expertos
Xianablog
 
Circulo comunicacion coordinacion rede
Circulo comunicacion coordinacion redeCirculo comunicacion coordinacion rede
Circulo comunicacion coordinacion rede
Xianablog
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
Xianablog
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
Xianablog
 

Similar to Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016 (20)

Informe círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiarios
Informe círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiariosInforme círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiarios
Informe círculo perfeccionamiento do proceso de selección de beneficiarios
 
Informe de ocupación andrea oliveira
Informe de ocupación andrea oliveiraInforme de ocupación andrea oliveira
Informe de ocupación andrea oliveira
 
Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013
Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013
Plan de acción turismo de Galicia 2010 2013
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
 
Informe grupo mellora responsabilidade social empresarial
Informe grupo mellora  responsabilidade social empresarialInforme grupo mellora  responsabilidade social empresarial
Informe grupo mellora responsabilidade social empresarial
 
Informe mesa expertos
Informe mesa expertosInforme mesa expertos
Informe mesa expertos
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
Circulo comunicacion coordinacion rede
Circulo comunicacion coordinacion redeCirculo comunicacion coordinacion rede
Circulo comunicacion coordinacion rede
 
Guia cultura-participativa
Guia cultura-participativaGuia cultura-participativa
Guia cultura-participativa
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdf
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
 
G Fides
G FidesG Fides
G Fides
 
AUDIT-FIDES documento
AUDIT-FIDES documentoAUDIT-FIDES documento
AUDIT-FIDES documento
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 

More from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

More from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase iiInforme evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016

  • 2. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 1 ÍNDICE Páxina 1. INTRODUCIÓN.................................................................................................................. 2 1.1 Obxectivos da avaliación............................................................................................ 2 1.2 Dimensións da avaliación........................................................................................... 2 1.3. Metodoloxía empregada........................................................................................... 2 1.4. Condicionantes e límites do estudo.......................................................................... 3 2. PRESENTACIÓN DA INTERVENCIÓN................................................................................ 3 3. RESULTADOS DA AVALIACIÓN E CUMPRIMENTO DE INDICADORES............................. 4 4. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS............................................................................. 11 5. ANEXOS........................................................................................................................... 13 Anexo 1. Resultados totais das enquisas ás persoas participantes PCR......................... 13 Anexo 2. Resultados totais das enquisas ás copartes locais dos PCR............................. 15 Anexo 3. Recomendacións na definición de indicadores................................................ 16
  • 3. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 2 1. INTRODUCIÓN 1.1. Obxectivos da avaliación O presente estudo realízase a petición da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ESF, co obxectivo xeral de analizar a execución do Programa de Coñecemento da Realidade, PCR, desta entidade desde o ano 2004 ao 2016. Asemade, establécense os seguintes obxectivos específicos:  Determinar a eficacia da intervención, así como o grao de consecución de obxectivos e resultados segundo a planificación inicial recollida no documento de proxecto.  Avaliar o impacto da actuación.  Identificar propostas de mellora de cara a futuras edicións dos PCR. 1.2. Dimensión da avaliación Esta avaliación abarca ao conxunto de actores implicados na realización do Programa de Coñecemento da Realidade no período temporal analizado, isto é, desde o ano 2004 (data da primeira convocatoria de PCR) ao 2016. Polo tanto, entran nesta análise: 1) ESF no seu conxunto como entidade organizadora, 2) as copartes locais que acollen en terreo ás persoas participantes e 3) o total de persoas que participaron nalgunha edición dos PCR no período temporal sinalado (51 persoas). Pola súa banda, o sector deste estudo englóbase no código CRS 99810 "Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento". 1.3. Metodoloxía empregada A metodoloxía empregada na realización desta avaliación combina diferentes ferramentas para garantir a calidade dos resultados obtidos, empregando tanto os métodos de investigación social cuantitativa como cualitativa. En toda esta análise faise especial fincapé no fomento da participación activa das persoas implicadas nos PCR, sendo as protagonistas tanto do proceso de recompilación de información como do de elaboración de propostas de mellora. O proceso de recollida de información secundaria realizouse mediante a revisión documental entregada por ESF para tal fin como son: o documento do proxecto e as memorias de avaliación. Pola súa banda, a información primaria foi obtida empregando tres métodos: 1) Realización de entrevistas en profundidade ao persoal de ESF responsable dos PCR. 2) Realización de enquisas online ás persoas participantes nos PCR (do total de 51 persoas participantes, responderon 22 persoas -14 mulleres e 8 homes) e ás contrapartes locais encargadas da acollida en terreo (7 contrapartes de 3 países diferentes -Nicaragua, Honduras e O Salvador). 3) Conformación de grupos de discusión nos que recoller opinións, propostas e validar os resultados dun xeito máis cualitativo. Realizáronse dous grupos: un con persoas participantes nos PCR de diferentes edicións e outro con persoal de ESF, voluntario e contratado.
  • 4. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 3 1.4. Condicionantes e límites do estudo O principal condicionante desta avaliación garda relación coa amplitude temporal da mesma. Deste xeito, que o período abarque 13 anos pode limitar no momento de contactar coas persoas participantes das diferentes edicións. Non obstante, para evitar que este condicionante chegue a afectar á calidade dos resultados, ESF comprométese a realizar un esforzo maior no momento de fomentar a participación de todas e todos para a recompilación de información. Do mesmo xeito, deséñase unha enquisa online con obxecto de facilitar a participación de todas e todos con independencia da súa situación persoal actual. Por último, outro límite ao estudo é o non contar cunha liña base que permita medir o avance ou cumprimento dalgúns dos indicadores deseñados inicialmente. Estes indicadores serán analizados dun xeito máis cualitativo, acordando que este estudo poida ser empregado como liña base no futuro para evitar este condicionante. 2. PRESENTACIÓN DA INTERVENCIÓN O Programa de Coñecemento da Realidade, PCR, é unha actuación incluída na liña de Educación para o Desenvolvemento de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ESF. Inicialmente foi unha iniciativa posta en marcha por Ingeniería Sin Fronteras a nivel estatal na que ESF participaba e, desde hai anos, a asociación galega implementa este programa de xeito autónomo. Así, ESF conta con persoas participantes no PCR desde o ano 2004 ata hoxe en día. Actualmente, os PCR son un programa de voluntariado transformador cunha duración de un ano (de xeito xeral) no que se inclúe, como elemento diferenciador, unha estadía de polo menos 2 meses nun país no que a ONGD ten proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento. É un programa aberto á participación da poboación no seu conxunto co obxecto de fomentar coñecementos, actitudes e valores relacionados cunha cidadanía global e crítica a prol da solidariedade e xustiza social. As persoas seleccionadas pasan a formar parte dos grupos de voluntariado propios de ESF en Galicia, incorporándose á súa actividade cotiá. Posteriormente realizan unha viaxe a un país empobrecido para integrarse no equipo responsable da execución dun proxecto de cooperación en terreo. A finalidade desta experiencia non é a realización de actividades fundamentais no ciclo de vida do proxecto senón o coñecemento da realidade do país. Así, traballando coa coparte local e co contacto coa poboación local preténdese que as persoas participantes cheguen a coñecer en profundidade a realidade social, política, económica e cultural, reflexionado sobre as causas da pobreza e as relacións de interdependencia globais. Á súa volta reincorpóranse de novo aos seus grupos de voluntariado fomentando que toda a aprendizaxe xurdida durante a viaxe repercuta tamén nas dinámicas propias do voluntariado de ESF, apostando polo efecto multiplicador da experiencia vivida. A modo de resumo, o PCR fortalece a participación das persoas como axentes de cambio, traballando desde unha perspectiva de cambio individual que repercuta positivamente na esfera colectiva, na súa contorna local.
  • 5. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 4 3. RESULTADOS DA AVALIACIÓN E CUMPRIMENTO DE INDICADORES RESULTADO 1 RESULTADO 1 INDICADORES GRAO CUMPRIMENTO Adquiridos conceptos, procedementos e actitudes por parte das persoas participantes no PCR no ámbito da educación para a cidadanía crítica e global IOV1.1. Aumento do 40% do grao de coñecemento da realidade da zona de estadía de PCR. ---- IOV1.2. Polo menos o 80% das persoas PCR valoran que esta experiencia supuxo un peso importante nas decisións que tomaron na súa vida, e consideran que foi enriquecedor e construtivo, e están satisfeitas da liña que seguiron. ALTO IOV1.3. Polo menos o 80% das persoas PCR manifestan que seguiron informándose ou formándose sobre as desigualdades entre países, as causas das mesmas, as tecnoloxías apropiadas, a cooperación e a xustiza social. ALTO IOV1.4. Polo menos o 80% das persoas PCR manifestan unha actitude crítica cara a modelos herdados ou impostos, solicitan xustiza social e entenden o concepto de dereito humano e cidadanía global. ALTO En relación a este resultado, e ao igual que calquera resultado que implica adquirir ou mellorar coñecementos ou similares, precisaríase unha liña base para poder comparar a situación previa e posterior. Isto afecta fundamentalmente ao indicador 1 no que non se pode calcular o coñecemento que tiñan as persoas PCR antes de participar no programa. O indicador 2 pode ser analizado cos resultados das enquisas ás persoas participantes. Así, en canto ao grao de influenza do PCR en diversos aspectos da súa vida, máis dun 80% das persoas afirman que tivo "moita influenza" en relación a: · conseguir un maior desenvolvemento persoal (81,8%). · aumentar o coñecemento das realidades sociais do mundo (90,9%). · manter o interese por coñecer as diferentes realidades do mundo (81,8%). Se sumamos ás persoas que afirman que tivo bastante e moita influenza, os elementos que se sitúan por riba do 80% son aínda máis ao engadir: · mellorou a miña formación académica e ampliou as miñas posibilidades profesionais (86,4%). · aumentei o meu compromiso social (86,4%). · espertaron novas inquedanzas en relación á xustiza social a nivel global (81,8%). En canto á satisfacción global coa estadía en terreo, a media da valoración (nunha escala do 1 ao 5) é de 4,82 sen diferenzas significativas entre mulleres e homes. Se a isto engádese que o 95,5% das persoas enquisadas afirman que recomendaría a participación no programa ás súas
  • 6. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 5 amizades, pódese confirmar que o consideran unha experiencia enriquecedora e o nivel de satisfacción é alto. Ademais, nos motivos que manifestan para recomendar esta experiencia maniféstanse claramente todos estes aspectos: Das persoas que cumprimentaron a enquisa, o 64% afirma que actualmente participa nalgunha asociación ou movemento social (maioritariamente en ESF). Estas persoas pertencen a diferentes edicións do programa PCR (desde 2005 - 2006 a datas máis recentes) polo que percíbese como unha tendencia estable ao longo do tempo, non como algo puntual no momento de rematar o programa. Deste dato pódese deducir que continúan informándose sobre a temática, ao mesmo tempo que manteñen unha actitude crítica ao estar vinculadas e vinculados á participación social. O forte desenvolvemento do pensamento crítico das e dos PCR tamén percíbese con claridade cando son elas e eles quen sinalan as aprendizaxes que adquiriron. A maioría dos seus aportes e expresións deixan entrever á súa actitude crítica e consciente da realidade do mundo. Falan de "aprende a vivir con menos", "ampliar a túa consciencia ecolóxica", "coñecemento doutras realidades diferentes", "máis que para aprender, serviume para reflexionar", "faite moito máis consciente", "a respectar outras culturas aínda que non se entendan ou compartan algunhas cuestións", "xera moito pensamento crítico",... Afirman que os PCR non son "unha experiencia prefabricada senón realista doutras realidades polo que corre o risco de derrubar algúns dos seus estereotipos", que "é un moi bo instrumento destrutivo de prexuízos e ideas preconcibidas" ou que "foi a sensibilización en primeira persoa máis efectiva que `sufrín´". E que coa súa experiencia déronse conta de que "unicamente por nacer nun sitio ou outro, tes distintas posibilidades, algo inxusto". "unha moi boa ferramenta para coñecer o que é unha adecuada cooperación ao desenvolvemento" "Faite máis tolerante" "Porque é unha oportunidade de coñecer outro lugar, outra cultura, coa profundidade que non ten unha viaxe convencional" "Non é o mesmo coñecer un tema que vivilo. A vinculación coa problemática imprime motivación" "Experiencia que cambia a visión do mundo" "amplíase a túa visión global da sociedade e o teu espírito crítico" "É unha experiencia única" "é moi enriquecedor a nivel persoal" "Gran experiencia. Apréndese moito" "unha experiencia moi boa para coñecer a realidade de países en desenvolvemento, mellor que un voluntariado convencional" "Experiencia cultural, persoal e profesional"
  • 7. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 6 RESULTADO 2 RESULTADO 2 INDICADORES GRAO CUMPRIMENTO Formadas persoas voluntarias motivadas que fortalezan a base social de ESF ou outros movementos sociais sendo axentes reais de cambio social. IOV2.1. Ex-PCRs tiveron cargos de responsabilidade nos grupos de voluntariado en ESF tras a súa estancia (coordinación de grupos, etc), ou ben na estrutura orgánica da asociación (directiva, etc). ALTO IOV2.2. Ex-PCRs que continúan sendo socias de ESF, ou noutra organización de fins sociais. MEDIO-ALTO O 72,7% das persoas enquisadas participaban antes de realizar o PCR nalgunha asociación ou movemento social, fundamentalmente en ESF (o 81,3%). Unha vez finalizado o programa, a porcentaxe aumentou ao 86,4%, manténdose ESF como a opción predominante (o 84,2%). A día de hoxe a porcentaxe baixa ata o 63,6% de persoas que continúan a participar nalgunha asociación ou movemento (baixando tamén a porcentaxe de persoas que o fan en ESF ata un 64,3% do total). Deste xeito, e tendo en conta que as cifras son de PCR desde 2005 ata agora, pódese afirmar que o programa potencia de xeito estable a participación activa das persoas PCR en ESF. É certo que unha porcentaxe alta de persoas xa era voluntaria en ESF antes de participar como PCR, mais o nivel de pertenza co paso do tempo é elevado. O 45,5% das persoas que foron PCR afirman que asumiron algún cargo orgánico na Xunta Directiva de ESF ou de coordinación dalgún grupo á volta da estadía. Todos estes datos apuntan ao cumprimento de ambos indicadores deste resultado, se ben é certo que, ao non cuantificar de xeito concreto a meta que se pretendía acadar, non se pode medir exactamente o éxito. Non obstante, ao observalo de xeito comparado coa participación social galega en xeral os número son moi positivos.
  • 8. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 7 RESULTADO 3 RESULTADO 3 INDICADORES GRAO CUMPRIMENTO Reforzado o contacto de ESF con socios locais dos países ou redes en que se participa co PCR, a modo de pontes entre sociedades civís, reforzando ademais aos grupos coa súa visión. IOV3.1. Participación das participantes en PCR no 90% das reunións de seguimento cos socios locais ou as redes. ---- IOV3.2. As copartes valoran como mínimo cun 4 sobre 5 que, na relación con ESF, as actividades realizadas polos PCRs contribúen a coñecer mellor a ESF, a estreitar lazos e mellorar a comprensión mutua, o diálogo e a relación como iguais. ALTO IOV3.3. As copartes valoran como mínimo cun 4 sobre 5 a mellora da calidade da comunicación cos grupos de voluntariado ao integrarse PCRs, para seguimento de proxectos, novas formulacións, etc. MEDIO IOV3.4 Aumento do volume de comunicacións sobre temas de interese coas copartes, polo diálogo directo entre copartes e PCRs (ex. mails enviados sobre alimentación, consumo responsable, etc.). ---- IOV3.5. ESF (grupos e comisión PCR) valora con un mínimo de 3 sobre 5 a contribución de ex- PCRs ás actividades de xestión / formulación / seguimento / etc. de proxectos. ALTO IOV3.6. Máis dun 60% de ex-PCRs contribuíron a formular/facer seguimento/xustificar proxectos. ---- IOV3.7. Polo menos un 70% dos PCRs realizaron actividades informativas/formativas aos grupos sobre os proxectos desenvolvidos, tecnoloxías aplicadas ou a realidade do país. ---- As valoracións das copartes contactadas para este estudo son, en xeral, moi positivas. Así, a satisfacción global co programa PCR acada un 4 (nunha escala do 1 ao 5). Asemade, o 85,7% das persoas enquisadas manifestan estar bastante ou moi de acordo no momento de afirmar que as persoas PCR benefician o desenvolvemento dos proxectos en terreo. Tamén amosan consenso ao identificar a maior vantaxe dos PCR, sendo esta a de axudar a sensibilizar e concienciar á sociedade española a favor da transformación social (ten unha valoración media de 4,43 sobre 5). Moi por riba esta opción á que define os PCR como mellora dos recursos técnicos dos proxectos (3,43). O 57,1% das copartes afirman estar moi de acordo coa idea de que as persoas PCR benefician e fan máis doada a comunicación e o traballo con ESF, porcentaxe á que poderíase engadir o 28,6% que están bastante de acordo. Sen embargo, ao ser preguntadas polo que sucede cando estas persoas regresan a España, o opinión xeral é que esta comunicación remata por perderse (cunha valoración de 2,86 sobre 5). Só o 28,6% afirman que si se mantén ao regreso. Isto pode apuntar á necesidade de reforzar as canles de comunicación máis aló da estadía en terreo para que estas persoas cheguen a desempeñar o papel de ponte de comunicación entre ESF e a coparte.
  • 9. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 8 As valoracións que fan en xeral das persoas PCR en canto a formación, actitude, capacidade de adaptación ao contexto e interese manifestado por implicarse, son excelentes (cun grao de satisfacción medio superior a 4 sobre 5), o que pon de manifesto que o proceso de selección e formación previo de ESF é o adecuado. Quizais o aspecto que as copartes destacan como máis mellorable é a duración das estadías: cunha valoración media de 3 sobre 5 e só un 42,9% delas afirma estar bastante de acordo coa duración. De feito, no momento de preguntarlles que melloraría do programa, o 57% sinala a ampliación da súa duración ao considerar 3 meses como insuficiente para chegar a integrarse completamente no proxecto, na cultura,... Algunha das persoas propón unha estadía de ata 6 meses. As copartes tamén perciben como bastante positiva a aprendizaxe da súa organización coas persoas PCR, tanto no plano técnico-profesional como no persoal e social. De feito ao sinalar o máis positivo do programa para elas e eles, o intercambio de coñecemento e experiencias é un elemento que destaca. Máis do 70% recoñece que cambiou a súa visión en relación ao que pensaban que era inicialmente o programa PCR e como o perciben agora despois ter participado nel. De feito hai quen recoñece que ao comezo non sabía moi ben o que era para logo entender perfectamente a esencia do programa como actuación de educación para o desenvolvemento. Algunha persoa ata recoñece que "non entendía o seu papel" ata que viaxou a España e viu que era o que facían no seu regreso. Unha frase resume á perfección o que é o cambio de percepción, desde o descoñecemento ou dúbidas iniciais ata a importancia que se lle concede despois: "Pensábase que eran `gringos´ que viñan a pasear, sen responsabilidade e como un requisito dos cooperantes, agora cremos que son profesionais con calidade humana, con desexos de aprender e compartir aprendizaxes". Isto manifesta tanto a calidade do programa como o bo facer das persoas que viaxan, as cales son a fin de contas a cara visible de ESF en terreo. Por elo, a frase que mellor define o que é o programa PCR para unha coparte é: "a cooperación solidaria non é só financeira, o aporte do PCR materializa o slogan «a solidariedade é a tenrura dos pobos» " "El contacto con las comunidades y la devolución de resultados a España" "El aporte técnico multidisciplinario, la dedicación al proyecto y la curiosidad por conocer más la dinámica institucional" "Colabora a poder juntar saberes, hacer alianzas y mejorar las estrategias " "Intercambio de actividades con los beneficiarios de los proyectos" "El intercambio de saberes, los procesos de sensibilización sobre temas importantes en el mundo" "Participación, colaboración que apunta a la revolución" "El Programa PCR conoce nuestra realidad pero también nos muestran su realidad y construimos ambos mejores verdades. Meditamos nuestras realidades paralelas y las valoramos mejor"
  • 10. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 9 Para a análise dos indicadores 5, 6 e 7 deste resultado emprégase a información cualitativa obtida no grupo de discusión co persoal de ESF (comisión de PCR). As opinións recollidas apuntan en dúas liñas fundamentais. Por unha banda, percíbese de xeito xeral unha boa valoración do programa PCR, fundamentalmente para o funcionamento dos grupos de proxectos internacionais. Recoñécese que o participar nestes grupos non é moi atractivo para o voluntariado en xeral, funcionando os PCR como un factor de motivación importante. O contar con ex-PCR nestes grupos tamén mellora a calidade do traballo dos mesmos, por exemplo no proceso de formulación ou xustificación de proxectos. Por outra banda, percíbese a necesidade de aproveitar máis se cabe o valor das persoas PCR á súa volta no conxunto de ESF, fomentando o intercambio e as sinerxías con outros grupos. Neste senso, recoméndase dedicar un maior esforzo para fomentar actividades (in)formativas aos grupos de ESF (indicador 7) tanto para aproveitar máis a aprendizaxe das persoas PCR como para que o conxunto de ESF perciba a importancia do programa. Isto resulta fundamental no caso do grupo de EpD, sendo preciso que as persoas PCR participen activamente no deseño e execución da estratexia de EpD por ser precisamente un programa de EpD. En relación ao fortalecemento dos grupos coas persoas PCR, se ben os datos cuantitativos de percepción son positivos (ver táboa seguinte), percíbese a necesidade de realizar un maior esforzo por deseñar un protocolo de acollida formal das persoas PCR nos grupos, sen depender das situacións específicas e puntuais dos grupos. Táboa 1. Valoración de aspectos relacionados coa volta da estadía en terreo segundo sexo. Escala do 1 ao 5. MULLER HOME TOTAL O proceso de acollida do grupo de ESF en Galiza á volta da estadía foi adecuado 3,79 4,25 3,95 A organización das actividades de sensibilización posteriores foron adecuadas 3,79 4,13 3,91 A miña participación posterior en actividades de sensibilización resultou útil para mellorar as miñas competencias profesionais. 3,57 3,75 3,64 A miña participación posterior en actividades de sensibilización axudoume a interiorizar ou reforzar a miña aprendizaxe en terreo 3,64 4,38 3,91 O grupo de ESF motivou a miña participación posterior nas actividades organizadas 3,79 4,13 3,91 Fonte: Elaboración propia. As opinións recadadas no grupo de discusión con PCR apuntan a que a maior ou menor integración nos grupos depende de factores específicos (ata persoais) de cada grupo. Tanto a integración previa á estadía como o retomar a participación no grupo á volta de terreo. Neste senso, moitas persoas afirman que o nivel de enerxía co que se chega de terreo é moi elevado e sería recomendable que ESF tivese mecanismos para canalizar toda esa enerxía na participación. Tanto as persoas PCR como o persoal de ESF están de acordo en recoñecer que deberíase realizar un maior esforzo por integrar ás persoas no grupo antes da viaxe, repercutindo positivamente isto na volta.
  • 11. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 10 OBXECTIVO ESPECÍFICO OBXECTIVO ESPECÍFICO INDICADORES GRAO CUMPRIMENTO Apoiar procesos de cambio persoal cara a unha cidadanía informada, crítica e activa, a través de experiencias vivenciais de profundización do coñecemento das causas das desigualdades entre países, e a interiorización nas súas vidas e manifestación na súa contorna de actitudes de cambio social para superalas IOV1. Cambio na percepción ou aumento de interese por paliar os problemas relacionados con desigualdade e dereitos humanos a nivel global, manténdose no tempo. ALTO IOV2. Decisións importantes na vida que foran condicionadas polo modo de entender a realidade tras esta experiencia (traballos, formas de vida, pautas de consumo, achegas a proxectos sociais, etc.) ALTO Tendo en conta os elementos analizados previamente, todo apunta a que de xeito xeral o programa de PCR si fomentou os procesos de cambio persoal cara a unha cidadanía global das e dos participantes. En canto aos indicadores concretos do obxectivo específico, a información presentada máis arriba corrobora a consecución clara de ambos indicadores. En relación ao indicador 2 as opinións vertidas no grupo de discusión con persoas PCR parecen sinalar que, en maior ou menor medida, si existiu unha influenza do PCR no seu desenvolvemento persoal e profesional posterior. A cuestión de falar de "decisións importantes" é o que non acaban de compartir fundamentalmente porque decidir que é importante e que non resulta moi subxectivo. Mais ao concretar as temáticas si recoñecen a influencia (sobre todo en canto a pautas de consumo e en temas de participación asociativa). Non obstante, na enquisa realizada ás persoas PCR tamén se preguntou sobre isto e os resultados apoian o feito de que a influenza da experiencia nas decisións posteriores é alta (ver táboa 5, anexo 1). Así, obsérvase que ante a pregunta de que grao de influenza tivo o PCR en relación a tomar "algunha decisión trascendental nalgunha esfera da miña vida (a nivel laboral, formativo, de modo de vida, de actitude ante a vida,…)", o 50% recoñecen que tivo moita influenza e o 22,7% que bastante influenza. Con este dato pódese confirmar o grao de cumprimento alto do indicador 2 do obxectivo específico. Asemade, na enquisa realizáronse varias preguntas neste senso que apuntan tamén a esta mesma conclusión. Deste xeito, o 50% das persoas recoñecen que o PCR tivo moita influenza para aumentar o seu compromiso social (máis entre as mulleres, 57,1%, que os homes, 37,5%), e o 36,4% que tivo bastante influenza. O 77,3% da persoas enquisada tamén pensan que o PCR tivo bastante ou moita influenza no momento de ser unha persoa máis solidaria. Ao preguntarlles sobre algo moi concreto como as pautas de consumo, mantense a mesma liña: o 72,7% das persoas enquisadas recoñece que o PCR tivo bastante ou moita influenza en relación a cambiar as súas pautas de consumo.
  • 12. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 11 4. CONCLUSIÓNS E RECOMENDACIÓNS  En relación á formación previa, en termos xerais a satisfacción é moi elevada, percibíndose grandes diferenzas entre as persoas que participaron nas primeiras edicións e as máis recentes. Deste xeito, obsérvase unha mellora na preparación previa co paso dos anos, atopándose agora nun nivel de calidade alto. As propostas de mellora apuntan quizais a complementar o programa formativo con algún módulo relacionado coa xestión emocional da experiencia.  O proceso de selección tamén experimentou unha mellora considerable co paso do tempo, obtendo actualmente unha moi boa valoración. A recomendación neste senso é lograr manter o nivel e o rigor na selección.  Relacionado coa selección, todas e todos os PCR están de acordo en sinalar que dúas persoas é o número ideal para aproveitar a experiencia, contando cada unha delas con actividades diferenciadas en terreo. No pasado houbo casos non que ían grupos máis grandes e sería importante non volver a iso. Asemade, a persoa que vai soa recoñece que se ben a experiencia é moi boa, o sentimento de soidade nalgúns momentos é demasiado intenso.  Apostar con maior forza por difundir o PCR como un programa amplo de voluntariado (anual) con unha parte de estadía en terreo e outra de participación en Galicia. Se ben é certo que dende ESF enténdese deste xeito, poderíase reforzar esta imaxe como programa global no momento de captar participantes. Isto derívase da valoración positiva de moitas das persoas que perciben que a aprendizaxe foi continua ao longo do seu voluntario, entendendo a estadía como unha parte máis.  Sería recomendable crear un protocolo de acollida xeral para a integración das persoas nos seus grupos antes da viaxe, podendo contar cunha parte común para o conxunto de ESF e uns mecanismos adaptados ás necesidades de cada grupo. De feito, a propia formación inicial débese aproveitar como punto de inicio desta acollida nos grupos.  De cara a mellorar a avaliación do programa, realizar unha enquisa de coñecementos e actitudes no momento de concesión da bolsa resulta imprescindible para poder medir posteriormente os cambios experimentados. A mesma enquisa debería ser realizada unha vez finalizado o PCR (un ano despois) e tamén pode ser empregada a medio- longo prazo para medir o grao de mantemento de cambios.  Dedicar un esforzo previo por deseñar un planning de traballo realista (sempre sendo conscientes de que os imprevistos en terreo o modificarán posteriormente) e compartilo coa persoa PCR para poder preparar a súa estadía da mellor forma posible.  Manter unha canle de comunicación entre a persoa PCR e o seu grupo durante a viaxe pode ser beneficioso tanto para realizar o seguimento da estadía como para ir fortalecendo o vínculo da persoa e o seu grupo. Este punto é o máis mencionado na enquisa a persoas PCR no apartado sobre os aspectos que mellorarían da súa estadía, sendo algunhas das súas recomendacións: "maior envolvemento do grupo (...) non é unha escusa dicir que durante o verán o voluntariado non está activo"; "non había un grupo de traballo consolidado en Galiza"; "un maior seguimento e unha avaliación intermedia da estadía por parte do grupo e o persoal expatriado"; "o seguimento do grupo, que foi nulo"; "un skype cos membros do grupo de traballo de ESF Galicia (...)
  • 13. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 12 sería moi bo para os PCR e para o grupo porque se explica en quente o que se está a mirar".  Estudar a posibilidade de engadir un encontro á volta de terreo no que compartir experiencias e coñecementos, tanto entre as persoas PCR como entre elas e a equipa de ESF. Asemade, podería servir para que a entidade (e os diferentes grupos) coñezan as novas inquedanzas das persoas tras a viaxe e se poidan artellar novas formas de actuación conxunta.  Se ben é certo que, a nivel galego, ESF é a entidade con maior experiencia nos PCR, existen outras ONGD que realizan estadías similares en terreo do seu voluntariado (en dependencia exclusiva do financiamento de universidades). Por elo, sería recomendable compartir a experiencia con estas entidades para presentar as boas prácticas de ESF e, ao mesmo tempo, nutrirse dos aportes do resto.  En relación ao punto anterior, habería que reflexionar sobre a mellora da estratexia de comunicación a nivel galego dos PCR de ESF, dándolle visibilidade á contribución do programa (global de un ano) en relación ao voluntariado transformador. Queda contrastada a solvencia do programa e os resultados positivos do mesmo, sendo considerado unha fortaleza propia da entidade en comparanza co resto de actores a nivel galego e debe de ser aproveitada na estratexia de comunicación global.
  • 14. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 13 5. ANEXOS ANEXO 1. RESULTADOS TOTAIS DAS ENQUISAS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES PCR. Táboa 2. Valoración da preparación anterior á estadía en terreo segundo sexo, media. Escala do 1 ao 5. MULLER HOME TOTAL A formación en materia de cooperación ao desenvolvemento axustouse ás miñas inquedanzas antes de viaxar 3,36 3,50 3,41 A formación en materia de cooperación paréceme indispensable para a realización do PCR 4,29 3,88 4,14 A información recibida do país de destino facilitou a realización do PCR 3,71 4,13 3,86 A formación en materia de seguridade foi adecuada para a posterior realización da estadía 3,64 4,50 3,95 A información recibida do proxecto e das actividades a realizar en terreo foi adecuada 3,64 3,50 3,59 ESF facilitoume en todo momento a preparación da viaxe a terreo 4,29 4,25 4,27 Satisfacción global coa preparación da viaxe a terreo 4,43 4,38 4,41 Fonte: Elaboración propia. Táboa 3. Valoración da estadía en terreo segundo sexo, media. Escala do 1 ao 5. MULLER HOME TOTAL A acollida en terreo por parte do persoal expatriado de ESF foi a adecuada 4,64 4,75 4,68 A acollida en terreo por parte da contraparte local foi a adecuada 4,71 4,63 4,68 O seguimento e acompañamento durante a estadía en terreo por parte do grupo de traballo de ESF en Galiza foi o adecuado 3,50 3,63 3,55 O dispoñibilidade de recursos en terreo foi o adecuado para realizar as miñas tarefas 4,57 4,25 4,45 Na estadía en terreo mellorei ás miñas competencias profesionais 4,71 4,00 4,45 Na estadía en terreo mellorei ás miñas habilidades sociais 4,57 4,75 4,64 Satisfacción global coa estadía en terreo 4,79 4,88 4,82 Fonte: Elaboración propia.
  • 15. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 14 Táboa 4. Valoración do proceso posterior a estadía en terreo segundo sexo, media. Escala do 1 ao 5. MULLER HOME TOTAL O proceso de acollida do grupo de ESF en Galiza á volta da estadía foi adecuado 3,79 4,25 3,95 A organización das actividades de sensibilización posteriores foron adecuadas 3,79 4,13 3,91 A miña participación posterior en actividades de sensibilización resultou útil para mellorar as miñas competencias profesionais. 3,57 3,75 3,64 A miña participación posterior en actividades de sensibilización axudoume a interiorizar ou reforzar a miña aprendizaxe en terreo 3,64 4,38 3,91 O grupo de ESF motivou a miña participación posterior nas actividades organizadas 3,79 4,13 3,91 O compromiso de permanencia e participación activa como persoa voluntaria en ESF polo menos durante un ano é adecuado 4,14 4,00 4,09 Participei de xeito proactivo na relación coas organizacións que coñecín na miña estancia 4,07 3,13 3,73 A estadía en terreo sen a parte de participación no voluntariado previa e posterior non é recomendable. 4,00 3,88 3,95 Percibín diferentes vías de participación social nas que implicarme (máis aló de ESF) 4,14 3,88 4,05 Fonte: Elaboración propia. Táboa 5. Influenza do PCR no desenvolvemento persoal segundo sexo, porcentaxes. MOI POUCA POUCA BASTANTE MOITA H M T H M T H M T H M T Mellorou a miña formación académica 0,0 7,1 4,6 12,5 7,1 9,1 50,0 14,9 27,3 37,5 71,4 59,1 Ampliou as miñas posibilidades profesionais 0,0 0,0 0,0 25,0 7,1 13,6 50,0 14,9 27,3 25,0 78,6 59,1 Conseguín un maior desenvolvemento persoal 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 12,5 21,4 18,2 87,5 78,6 81,8 Aumentei o meu compromiso social 0,0 0,0 0,0 25,0 7,1 13,6 37,5 35,7 36,4 37,5 57,1 50,0 Aumentei o meu coñecemento das realidades sociais do mundo 0,0 0,0 0,0 12,5 0,0 4,6 12,5 0,0 4,6 75,0 100,0 90,9 Aumentei a miña participación activa en asociacións ou movemento sociais 0,0 0,0 0,0 37,5 14,9 22,7 50,0 35,7 40,9 12,5 50,0 36,4 Son unha persoa máis solidaria 12,5 0,0 4,6 25,0 28,6 27,3 37,5 35,7 36,4 25,0 35,7 31,8 Cambiei os meus hábitos de consumo 0,0 0,0 0,0 25,0 28,6 27,3 75,0 35,7 50,0 0,0 35,7 22,7 Manteño o interese por coñecer as diferentes realidades do mundo 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 50,0 0,0 18,2 50,0 100,0 81,8 Tomei algunha decisión trascendental nalgunha esfera da miña vida (a nivel laboral, formativo, de modo de vida, de actitude ante a vida…) 0,0 0,0 0,0 37,5 21,4 27,3 25,0 21,4 22,7 37,5 57,1 50,0 Espertaron novas inquedanzas en relación á xustiza social a nivel local 0,0 0,0 0,0 12,5 28,6 22,7 62,5 28,6 40,9 25,0 42,9 36,4 Espertaron nova inquedanzas en relación á xustiza social a nivel global 0,0 7,1 4,6 0,0 21,4 13,6 75,0 7,1 31,8 25,0 64,3 50,0 Fonte: Elaboración propia.
  • 16. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 15 ANEXO 2. RESULTADOS TOTAIS DAS ENQUISAS ÁS COPARTES LOCAIS DOS PCR. Táboa 6. Valoración das copartes locais dos PCR segundo ítem, media. Escala do 1 ao 5. MEDIA A persoa PCR beneficia o desenvolvemento dos proxectos 4,14 A maior vantaxe do programa PCR é posibilitar que o equipo técnico dos proxectos sexa maior 3,43 A maior vantaxe do programa PCR é axudar a sensibilizar e concienciar á sociedade española a favor da transformación social 4,43 Que existan PCR fai máis doada a comunicación e o traballo con ESF 4,43 Cando regresan a España, a comunicación coas persoas PCR continúa 2,86 A formación das persoas PCR que chegan é adecuada 4,43 A adaptación das persoas PCR cando chegan aquí é boa 4,29 As persoas PCR que chegan amosan interese por coñecer a realidade local (costumes, problemáticas,…) 4,29 En xeral obsérvase unha transformación persoal das persoas PCR durante a súa estadía 4,29 A duración das estadías en terreo dos PCR é adecuada 3,00 A adaptación do persoal da súa organización para traballar coas persoas PCR é boa 4,00 A aprendizaxe da nosa organización (a nivel persoal, social, intercultural) enriquécese coas estadías das persoas PCR 4,43 A aprendizaxe da nosa organización no ámbito técnico enriquécese coas estadías das persoas PCR 4,43 En xeral, a presenza das persoas PCR en accións coa poboación local é favorable 4,43 Satisfacción global cos PCR en terreo 4,00 Fonte: Elaboración propia.
  • 17. Avaliación Externa ESF Elaborada por Wayna Consultora SL 16 ANEXO 3. RECOMENDACIÓNS NA DEFINICIÓN DE INDICADORES. INDICADORES RESULTADO 1 RECOMENDACIÓNS IOV1.1. Aumento do 40% do grao de coñecemento da realidade da zona de estadía de PCR. Elaborar un test xeral de coñecemento por rexión (aspectos políticos, económicos, culturais,…) para ser realizado inicialmente e ao finalizar. IOV1.2. Polo menos o 80% das persoas PCR valoran que esta experiencia supuxo un peso importante nas decisións que tomaron na súa vida, e consideran que foi enriquecedor e construtivo, e están satisfeitas da liña que seguiron. Este indicador pode ser desagrado en dous: 1) influenza nas decisións posteriores (analizado máis a medio-longo prazo) e 2) valoración como enriquecedor, construtivo (analizado a curto prazo) IOV1.3. Polo menos o 80% das persoas PCR manifestan que seguiron informándose ou formándose sobre as desigualdades entre países, as causas das mesmas, as tecnoloxías apropiadas, a cooperación e a xustiza social. IOV1.4. Polo menos o 80% das persoas PCR manifestan unha actitude crítica cara a modelos herdados ou impostos, solicitan xustiza social e entenden o concepto de dereito humano e cidadanía global. INDICADORES RESULTADO 2 RECOMENDACIÓNS IOV2.1. Ex-PCRs tiveron cargos de responsabilidade nos grupos de voluntariado en ESF tras a súa estancia (coordinación de grupos, etc), ou ben na estrutura orgánica da asociación (directiva, etc). Medible en dous sensos: porcentaxe de persoas e período de tempo (durante canto tempo?). No caso de obrigarse nas bases da convocatoria, non sería un indicador válido. Poderíase ampliar ao mellor o tempo (por exemplo, "durante os 5 anos posteriores") IOV2.2. Ex-PCRs que continúan sendo socias de ESF, ou noutra organización de fins sociais. Medible (porcentaxe de PCR). Ampliar o xeito de medir máis aló de "ser socia": voluntaria, asistente a reunións, manifestacións, participación en campañas, consumo de produtos de CX-de proximidade-Kmcero…