SlideShare a Scribd company logo
1 of 26
Download to read offline
[CEIP Plurilingüe Nº1]
[Versión 1.0_ xuño 2022]
PLA
N D
I X
I TA
L
Pax 1 de 26
Índice do Plan Dixital
1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
1.2. Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao
Proxecto Educativo do Centro
1.3. Breve xustificación do mesmo
1.4. Proceso de elaboración
2. Situación de partida
2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO
2.3. Análise DAFO
3. Plan de Acción
3.1. Obxectivos, indicadores e accións
3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas
4. Avaliación do PD
4.1. Seguimento do Plan de Acción
4.2. Propostas de mellora (revisión)
5. Difusión do PD
Pax 2 de 26
1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
DENOMINACIÓN: CEIP PLURILINGÜE Nº1 de TUI
CÓDIGO ADMINISTRATIVO: 36009846
CÓDIGO FISCA: Q-8655133J
ENDEREZO: R/Coengo Valiño s/n Tui
TELÉFONO E FAX: 886.110.812/813 Móbil: 658.227.318
ENDEREZO ELECTRÓNICO: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es
PÁXINA WEB: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/
NIVEIS EDUCATIVOS: Educación Infantil e Educación Primaria
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao
Proxecto Educativo do Centro
Neste apartado comezaremos por contextualizar, local e socioecnomicamente, a
nosa comunidade educativa, para despois facer referencia á cultura de centro
e a contextualización dixital da nosa escola.
O noso centro está situado nunha vila ao sur da provincia de Pontevedra
chamada Tui, a cal forma unha eurocidade co municipio portugués de Valença do
Minho, co cal limita. Tui conta cunha poboación de dezasete mil habitantes
aproximadamente e unha densidade de poboación de 246 habitantes/km2
repartida
polas súas 12 parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas,
Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns e Tui. O alumnado que
acude ao centro procede, na súa meirande parte, destas parroquias, mais tamén
dos concellos limítrofes como Tomiño ou Porriño principalmente.
As familias do noso alumnado enmárcanse, maioritariamente, no sector
servizos, sector da industria moi presente na vila xa que Tui é considera a
capital administrativa da comarca do Baixo Miño.
Pax 3 de 26
Na sociedade actual, caracterizada polos grandes cambios e o acceso inmediato
á información, perde sentido o concepto de ensino como transmisión de
coñecementos e do profesorado como transmisor de información. A sociedade do
coñecemento demanda accións innovadoras que dean resposta aos retos
educativos da actualidade. Por iso, desde o noso centro, estamos na procura
de conseguir unha educación á vangarda, activa e participativa e, sobre todo,
significativa. Trátase de aprender a convivir coa diversidade, desenvolver
valores tales como a tolerancia, a responsabilidade compartida ou o respecto,
así como de aprender a traballar en equipo, con iniciativa, autonomía e
tomando decisións.
Un dos nosos piares para conseguir a
educación que queremos é o fomento da
creatividade e do uso das tecnoloxías para
o empoderamento e a participación (TEP). A
infusión das tecnoloxías no noso centro é
evidente e consolídase cada curso escolar
cun dos nosos obxectivos prioritarios: a
creación dun Ecosistema Dixital no que a innovación sexa a peza fundamental
para producir o cambio metodolóxico no que cremos.
O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui é un centro que aposta por unha educación
baseada na creatividade, a tecnoloxía e o pensamento crítico. Exemplo disto é
a nosa participación en diferentes proxectos e programas promovidos pola
Consellería como o proxecto Abalar, E-Dixgal, a semana STEAM, a creación dos
Espazos Maker, o programa de introdución á robótica, o Club de ciencias,
Digicraft, etc.
Ademais, vimos de solicitar a nosa participación no programa da Consellería
“Polos Creativos” para continuar no noso camiño cara a inclusión e cara o
cambio metodolóxico que necesita a sociedade actual, fomentando unha
educación de calidade coa construción de novos espazos diáfanos, con recursos
actuais e innovadores que nos permitan desenvolver unha aprendizaxe para a
vida e para o futuro do noso alumnado.
Pax 4 de 26
Consideramos que a recollida de todo isto nun documento de centro, de forma
oficial, é a mellor forma de por en valor todas as iniciativas levadas a cabo
no ámbito da tecnoloxía, así como unha forma de divulgar a filosofía e a
cultura de centro no que a este eido se refire.
1.3. Breve xustificación do mesmo
O noso Plan Dixital de centro está enmarcado de igual forma nun ámbito
psicopedagóxico e didáctico, tal e como se recolle no apartado anterior, como
nun marco lexislativo, principalmente na ordes e decretos que se concretan a
continuación:
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, pola que se regulan
diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación
educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro
recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo
co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións
educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das
tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio
didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e
aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que
orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o
desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. Así mesmo, o
artigo 132 establece como competencias dos directores e directoras, entre
outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e
impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e
fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a
investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da
Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola
que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación
infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato
no curso académico 2021-2022.
Pax 5 de 26
Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e
Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021, que recolle como
un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da
excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as
brechas sociais e territoriais, que incentiva a formación continua e cre no
talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas
capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.
Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Cultura,
Educación e Universidade, no cal se fai referencia a unha clara aposta por
espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á
transformación dixital, que sexan xeradores de igualdade e de inclusión.
Estratexia Galicia Dixital 2030 e a Estratexia Educación Dixital 2030 de
Galicia, nas que se recollen as pautas a seguir para a consecución dunha
cidadanía dixital plena.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e
Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño,
elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos
con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a Atención á
Diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de
Galicia e a orde que o desenvolve, Orde do 8 de setembro de 2021.
Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións
entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación
primaria, e onde se recollen as liñas metodolóxicas a seguir na educación
actual.
Pax 6 de 26
1.4. Proceso de elaboración
Para a elaboración do Plan Dixital centro os pasos a seguir foron os
seguinte:
Nomeamento dunha persoa ADIX como mentora e asesora do Plan Dixital do
centro.
Creación dun equipo de dinamización do Plan Dixital e elección da persoa
coordinadora.
Rexistro na aula virtual por parte da persoa coordinadora do plan.
Elaboración da enquisa SELFIE por parte do equipo directivo, do
profesorado con dous anos de antigüidade no centro e do alumnado de 5º e 6º
(que contan coa ferramenta E-dixgal).
Elaboración do test de Competnencia Dixital Docente (test CDD) por parte
do profesorado a através da aplicación FProfe.
Analise dos resultados da enquisa SELFIE e do test CDD por parte de todo o
equipo docente, e posterior reflexión.
Elaboración dunha matriz DAFO para contextualizar o centro a partir dos
resultados analizados previamente e das conclusións obtidas por todo o
profesorado.
Análise da matriz DAFO e concreción do plan de acción do centro:
obxectivos, punto de partida, indicadores de logro, temporalización, etc.
Elaboración do Plan Dixital de centro.
2. Situación de partida
2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
INFRAESTRUTURA
DATOS: Rede Abalar, Rede @edu.xunta e Escolas conectadas
VOZ (telefonía): Sala de profesorado, orientación, secretaría, dirección
e ANPA
FAX: secretaría
CONEXIÓNS:
Cableadas: impresoras sala de profes, secretaría.
Sen fíos: WIFI en todas as aulas e departamentos
Electrónica de rede: RACK en dirección, RACK pequeno en 6ºA e aula TIC.
Pax 7 de 26
EQUIPAMENTO
PROXECTO E-DIXGAL: 3 ECIs, 3 proxectores, 57 portátiles de alumnado, 9
equipos de profesorado.
XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN: 3 ordenadores e 3 monitores ABALAR, impresora
de centro e 1 trituradora de centro.
SALA DE PROFESORADO: 4 ordenadores (2 de centro) e 5 monitores (3 de
centro), 2 impresoras (1 de centro) e proxector EPSON.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: Ordenador de centro, teléfono e monitor
ABALAR.
AULA DE INFORMÁTICA: 2 ordenadores de centro, 2 ordenadores da
consellería, proxector ACER, 3 ordenadores obsoletos red.es, 4
ordenadores portátiles obsoletos red.es, 1 impresora EPSON, 1 impresora
BROTHER, 5 monitores de centro, 4 monitores da consellería (3 red.es).
DOTACIÓNS PARA PROXECTOS ESPECÍFICOS:
DIGICRAFT: 12 tabletas, 2 caixas con material variado (robots -ozobot,
Zowi, placa makey-makey..., tableiros de xogo, controladores...)
BIBLIOTECAS CREATIVAS: 3 escornabots
INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA: 12 MBOTS e 6 caixas LEGO.
DOTACIÓN MÓBIL DE CENTRO: 18 tabletas, micrófonos, 3 gafas de RA.
PROXECTO ABALAR: 40 NETBOOKs + equipamento aulas e dirección.
BIBLIOTECA: 1 ordenador DELL, proxector EPSON, Altofalantes, 1 ordenador
HP de centro, 1 monitor DELL, 1 portátil LENOVO de centro, 1 mesa de
mezclas de centro e 1 pantalla interactiva Panasonic de centro.
AULAS DIXITALIZADAS 10 ordenadores (9 de centro), 9 monitores (5 de
centro), 7 ECIs (6 de centro), 11 proxectores (9 de centro) e 11 altofalantes de centro.
Todas as ECIs das aulas ás que se fixo referencia son anteriores ao ano 2010.
SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS:
CORPORATIVOS: Páxina web, correo EDU.XUNTA, AV, E-DIXGAL, AGUEIRO.
NON CORPORATIVOS: Instagram, Blogger, Youtube, Issue, Whatsapp, Facebook
e Twitter.
XESTIÓN DO MANTEMENTO DO EQUIPAMENTO DO CENTRO
UAC, UAC PREMIUM (E-DIXGAL), Servizo externo de reparación e mantemento.
Pax 8 de 26
ENLACES A PROTOCOLOS DO CENTRO RELACIONADOS COAS TIC
PROXECTO DIXITAL DE CENTRO:
https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/proxecto_dixital_19-20_1_
PROXECTO PARA USO DO EQUIPAMENTO ABALAR:
https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/proxecto_para_uso_do_equipamento_ab
PROGRAMA DE ROBÓTICA:
https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/solicitude_de_ampliaci_n_proxecto_r
2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO
Autoavaliación SELFIE:
Areas Grupos
Ensinanzas
Primaria ESO Bacharelato FP Ed. Post sec.
A -Liderado
Equipo Direct. 4,1
Profesorado 3,6
Alumnado
B- Colaboración e redes
Equipo Direct. 3,8
Profesorado 3,3
Alumnado 4,3
C- Infraestruturas e
Equipos
Equipo Direct. 4
Profesorado 3,6
Alumnado 4,5
D- Desenvolvemento
profesional continuo
Equipo Direct. 4,3
Profesorado 4,1
Alumnado
E- Pedagoxía:
Apoio e Recursos
Equipo Direct. 4,5
Profesorado 4,2
Alumnado
F- Pedagoxía:
Implementación na aula
Equipo Direct. 4,6
Profesorado 3,9
Alumnado 4,1
G- Prácticas de
avaliación
Equipo Direct. 4
Profesorado 3,1
Alumnado
H- Competencias
dixitais do alumnado
Equipo Direct. 4,3
Profesorado 3,7
Alumnado 4,4
Pax 9 de 26
Test CDD:
1.3. Participación segundo perfil do profesorado
N.º profesorado que
participa
N.º profesorado total % participación
DEFINITIVO 8 10 80%
PROVISIONAL 6 7 85,7%
INTERINO 2 4 50%
SUBSTITUTO 3 5 60%
DESPRAZADO 0 3 0%
2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro
Puntuación media do test
(sobre 192)
Nivel de competencia Puntuación media do test
en Galicia (sobre 192)
Nivel de competencia en
Galicia
90 Integrador/a (B1) 76,5 Integrador/a (B1)
2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas
Puntuación media do test
(sobre 192)
Nivel de competencia Puntuación media do test
en Galicia (sobre 192)
Nivel de competencia en
Galicia
INF 77,6 Integrador (B1) 68,2 Integrador (B1)
PRI 89,1 Integrador (B1) 77 Integrador (B1)
2.3. Distribución do profesorado por niveis
Total profesorado no nivel de
competencia
% de profesorado participante neste
nivel
A1 0 0%
A2 3 15,8%
B1 10 52,6%
B2 4 21,1%
C1 2 10,5%
C2 0 0%
TOTAL 19 100,00%
Outras fontes:
A fonte principal para a elaboración do Plan Dixital foi o debate que xurde a
partir das probas anteriormente mencionadas
2.3. Análise DAFO
A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise
DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e
facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de
obxectivos e accións a desenvolver.
Pax 10 de 26
INTERNOS FORTALEZAS DEBILIDADES
CATEGORÍAS
INFRAESTRUTURAS-
EQUIPAMENTO
1. Dispositivos dixitais para o proceso E-A
2. Equipamento mercado polo centro
3. Espazos maker nos corredores.
1. Equipo dixital insuficiente cando se
desenvolven os “Ámbitos”
2. Aula TIC e aula sensorial sen preparar.
3. Asistencia técnica (coordinación TIC)
4. Tecnoloxías asistenciais insuficientes
(mercadas por centro e familias)
PERSOAL DOCENTE
1. Uso de metodoloxías activas e proxectos
interdisciplinares
2. Compromiso profesional docente coas
novas tecnoloxías.
3. Creación de recursos dixitais
4. Experiencia en entornos virtuais de
aprendizaxe
5. Comunicación coas familias
1. Pouca retroalimentación ao alumnado.
2. Descoñecemento de parte do profesorado
sobre normas de autor e licenzas de uso.
3. Tempo adicado a verificar a calidade da
información (6º)
4. Coñecemento e uso da lei de protección
de datos.
5. Descoñecemento das posibilidades das
TIC como elemento facilitador na
avaliación.
PERSOAL NON
DOCENTE
1. Colaboración 1. Uso de ferramentas non corporativas para
a comunicación
ALUMNADO
1. Formación do alumnado en competencia
dixital (comportamento responsable,
creación de contidos dixitais,
programación…)
2. Motivación do alumnado cara as novas
tecnoloxías.
1. Falta de espazo para debatir sobre o uso
da tecnoloxía.
FAMILIAS
1. Implicación das familias na vida escolar
2. Comunicación coas familias
1. Baixa competencia dixital das familias.
OFERTA
1. Escola de pais e nais
2. Web de centro completa con contidos
accesibles e intuitivos
3. Ensino mixto
4. Participación en EDIXGAL, Digicraft.
1. Ausencia de biblioteca/ repositorios en
liña.
ORGANIZACIÓN
DO CENTRO
1. Equipo directivo comprometido que
involucra ao profesorado no eido dixital.
2. Comunicación regular e organizada.
3. Participación en redes profesionais e
formación interna.
4. O centro identifica necesidades do
alumnado para reducir a brecha dixital.
5. Fomento do debate sobre o uso da
tecnoloxía
1. Difusión do Plan Dixital
2. Faltan espazos de debate sobre as
necesidades formativas docentes.
3. Sobrecarga de traballo
4. Inexistencia de normas a nivel de centro
sobre traer o dispositivo á clase.
5. Falta de coñecemento e uso da ferramenta
Abalar.
Pax 11 de 26
EXTERNOS OPORTUNIDADES AMEAZAS
CATEGORÍAS
ADMINISTRACIÓN
EDUCATIVA
1. Recursos en liña a disposición do
profesorado
2. Oferta formativa
3. Programas da consellería no eido dixital
(EDIXGAL, Digicraft)
4. Profesorado con grandes coñecementos
sobre novas tecnoloxías (mentores)
1. Equipamento obsoleto na sala de
profesorado.
2. Conexión a Internet pouco fiable ou
lenta.
3. Equipo dixital insuficiente.
4. Sobrecarga de traballo do profesorado >
Falta de tempo > Falta de recursos
humanos.
5. Falta de fondos
LEXISLACIÓN
1. Lexislación acorde ao modelo de
“Ámbitos”
CONTORNA
1. Familias formadoras 1. Uso maioritario das TIC para fins non
educativos por parte do alumnado e
comportamento pouco responsable.
2. Sentimento de incapacidade das familias
para axudar aos seus fillxs
3. Medo das familias aos riscos de Internet.
4. Baixa competencia dixital das familias.
5. Brecha dixital
ANPA 1. Colaboración do ANPA.
OUTRAS ENTIDADES
1. Colaboracións con asociacións,
empresas, concello...
Pax 12 de 26
3. Plan de Acción
3.1. Obxectivos, indicadores e accións
Unha vez elaborado o DAFO, establecemos un debate mediante a dinámica grupo
nominal para seleccionar aquelas debilidades e ameazas prioritarias sobre as
cales vamos a incidir no vindeiro curso.
Propúxose como base do debate a matriz CAME: Corrixir debilidades, Afrontar
ameazas, Manter fortalezas e Explotar oportunidades.
Establecemos os seguintes obxectivos SMART:
Divulgar entre o equipo docente os recursos dixitais dos que dispoñemos
no centro.
Mellorar o acceso do profesorado aos recursos de creación dixital e
impresión.
Coñecer e respectar os dereitos de autor e as licenzas de uso no emprego
das tecnoloxías dixitais.
Desenvolver un instrumento de avaliación dixital por ciclo.
Enriquecer os corredores con espazos maker con distintos materiais, como
fonte de información, experimentación e socialización acorde a nosa
metodoloxía.
Promover o bo uso das tabletas e o seu mantemento (limpeza, almacenamento
e coidado).
Realizar formacións sobre o bo uso das tecnoloxías e crear un banco
recursos libres
Os obxectivos atópanse enmarcados dentro das áreas de mellora do marco
DigCompOrg.
Traballaremos sobre a área de Competencias Dixitais do Alumnado (H), por
considerar ao alumnado como maior protagonista da transformación dixital.
Tamén sobre as dúas transversais das que depende a consecución de calquera
obxectivo: Infraestrutura e equipos (C) e Desenvolvemento Profesional
Continuo (DPC)
Por último, non podemos esquecer ás familias, como parte imprescindible de
calquera plan de acción.
Pax 13 de 26
Pax 14 de 26
Área/s de mellora: C. INFRAESTRUTURA E EQUIPOS
OBXECTIVO 1: (1) Divulgar entre o equipo docente os recursos dixitais dos que dispoñemos no centro (C2*). Acadado
Responsable: Profesorado definitivo no centro que coñece todos os recursos. Non acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO:
(2)
Número de rexistros de recursos do centro.
Número das formacións levadas a cabo.
(observación)
Valor de partida: (3)
0 Rexistros unificados de todos os recursos do centro.
0 Formación específica ó profesorado.
Valor previsto e data: (4)
1 Rexistro de todos os recursos dixitais (robots, tabletas, TAD…).
1 Formación ó profesorado. 3º TRIMESTRE
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5)
RESPONSABLES
(6)
DATA PREVISTA
FIN (7)
RECURSOS
NECESARIOS (8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10)
AO1.1: Formar ao profesorado
dos recursos dispoñibles no
centro e os seus usos.
Profesorado
definitivo
Setembro
Recursos dos que dispón o
centro.
Realizada
Aprazada
Pendente
AO1.2: Crear un rexistro dos
recursos do centro.
Claustro Setembro Ordenador e acceso a rede.
Realizada
Aprazada
Pendente
AO1.3: Divulgar o rexistro entre
a comunidade educativa e novo
profesorado (substitutos).
Equipo TIC Todo o curso
Web do centro, redes sociais
e internet.
Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 16 de 26
Área/s de mellora: C: INFRAESTRUTURA E EQUIPOS; D: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO
OBXECTIVO 2: (1) Mellorar o acceso do profesorado aos recursos de creación dixital e impresión (C1*) Acadado
Responsable: Equipo TIC Non acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO:(2) Profesorado que pode acceder autonomamente aos recursos de creación dixital e impresión (enquisa)
Valor de partida: (3) Non ponderado
Valor previsto e data: (4)
75% do profesorado que pode acceder autonomamente aos recursos de
creación dixital e impresión
1º TRIMESTRE
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5)
RESPONSABL
ES (6)
DATA PREVISTA
FIN (7)
RECURSOS NECESARIOS
(8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10)
AO2.1: Actualizar equipos. Equipo directivo Primeiro trimestre Portátiles
Realizada
Aprazada
Pendente
AO2.2: Crear infografías das apps
máis empregadas no centro
(edición de vídeo, edición de
audio, creación de carteis...)
Equipo TIC Primeiro trimestre
Apps
Ordenador
Tablet
Realizada
Aprazada
Pendente
AO2.3: Aproveitar a mentorización
entre parellas pedagóxicas
Profesorado con
máis de 1 ano de
antigüidade no
centro
Primeiro trimestre Recursos humanos
Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 17 de 26
Área/s de mellora: A: LIDERAZGO, D. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO
OBXECTIVO 3: (1)
Coñecer e respectar os dereitos de autor e as licenzas de uso no emprego das tecnoloxías
dixitais (A5* D2*)
Acadado
Responsable: Todo profesorado. Non acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO:
(2)
Profesorado que coñece e aplica os dereitos de autor e licenzas de uso. (enquisa)
Valor de partida: (3) 4% do profesorado coñece e aplica os dereitos de autor e licenzas de uso.
Valor previsto e data: (4) 70% do profesorado coñece e aplica os dereitos de autor e licenzas de uso. 3º TRIMESTRE
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5)
RESPONSABLES
(6)
DATA PREVISTA
FIN (7)
RECURSOS NECESARIOS
(8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN
(9)
ESTADO (10)
A03.1: Organizar unha
formación inicial sobre licenzas
de uso (que son, como se
utilizan, por que son
importantes...) e dereitos de
autor.
Equipo directivo e
CFR
2º Trimestre
Convocatoria e espazo onde
desenvolvela
Realizada
Aprazada
Pendente
A03.2: Empregar as licenzas de
uso nas tarefas de ámbitos e
respectar os dereitos de autor
nas demais tarefas.
Profesorado 2º-3º Trimestre Dispositivos electrónicos
Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 18 de 26
Área/s de mellora: G: PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN; D: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO
OBXECTIVO 4: (1) Desenvolver un instrumento de avaliación dixital. (G1*, D2*) Acadado
Responsable: Equipos de ciclos. Non acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO:(2) Ciclos que desenvolven un instrumento de avaliación dixital. (enquisa)
Valor de partida: (3) 5º e 6º contan con instrumentos de avaliación dixitais.
Valor previsto e data: (4) Todos os ciclos teñen un instrumento de avaliación dixital. 1º TRIMESTRE
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6)
DATA PREVISTA
FIN (7)
RECURSOS NECESARIOS (8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10)
A04.1: Realizar unha formación sobre os
instrumentos de avaliación dixital.
Equipo directivo /
Javi Leyenda
1º T
Dispositivos electrónicos para
a solicitude e busca de
formación
Realizada
Aprazada
Pendente
A04.2: Levar a cabo unha reunión inicial
de ciclo para establecer liñas de
actuación para crear o instrumento de
avaliación.
Profesorado de
ciclo
1ºT
Espazo onde reunirse,
dispositivos electrónicos.
Realizada
Aprazada
Pendente
A04.3: Aplicar na aula o instrumento da
avaliación.
Profesorado titor 2º-3er T
Instrumento de avaliación
dixitalizado, dispositivos para
alumnado e profesorado.
Realizada
Aprazada
Pendente
A04.4: Realizar unha revisión e
seguimento do uso do instrumento da
avaliación na aula.
Profesorado titor 2º-3er T Instrumento de avaliación
Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 19 de 26
“Área/s de mellora”: H: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO E C: INFRAESTRUTURA E EQUIPOS
OBXECTIVO 5: (1)
Enriquecer os corredores con espazos maker con distintos materiais, como fonte de información, experimentación e
socialización acorde a nosa metodoloxía (H12*. C14*).
Acadado
RESPONSABLE: Comunidade educativa Non acadado
INDICADOR/ES DO
OBXECTIVO (2)
Profesorado:
Achega de distintos materiais tecnolóxicos e responsabilizarse do seu bo uso.
Creación dun rexisto dos diferentes materiais que conforman o espazo.
Familias e alumnado:
Achega de diferentes materiais de refugallo para a experimentación e creación: tapas, botellas, envases…
Familias:
Colaboración na montaxe do mobiliario dos espazos.
Alumnado:
Establecemento dun reglamento para o bo uso dos materiais e do espazo con liberdade, responsabilidade e respecto.
(lista de cotexo)
Valor de partida (3)
25% de materiais tecnolóxicos.
0 rexistros de materiais.
25% de materiais de refugallo.
30% de participación na montaxe dos espazos.
0 reglamento para un bo uso dos espazos.
Valor previsto e data (4)
100% de materiais tecnolóxicos.
1 rexistro de materiais.
75% de materiais de refugallo.
50% de participación na montaxe dos espazos.
1 reglamento para un bo uso dos espazos.
1º TRIMESTRE
Pax 20 de 26
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5)
RESPONSABLES
(6)
DATA PREVISTA FIN
(7)
RECURSOS NECESARIOS
(8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA
ACCIÓN (9)
ESTADO (10)
AO5.1: Achegar distintos
materiais tecnolóxicos e
responsabilizarse do seu
bo uso.
Profesorado Primer trimestre
Tablets, chroma, legos,
micrófonos…
Realizada
Aprazada
Pendente
AO5.2: Crear un rexistro
dos diferentes materiais
que conforman o espazo.
Profesorado Primer trimestre Rexistro
Realizada
Aprazada
Pendente
AO5.3: Achegar diferentes
materiais de refugallo
para a experimentación e
creación: tapas, botellas,
envases…
Familias e alumnado Primer trimestre
Tapas, botellas, envases de
iogures, bricks de leite.
Realizada
Aprazada
Pendente
AO5.4: Colaborar na
montaxe do mobiliario
dos espazos.
Familias Primer trimestre Mobles, paneis, caxoneiras,
Realizada
Aprazada
Pendente
AO5.5: Establecer un
regulamento para o bo
uso dos materiais e do
espazo con liberdade,
responsabilidade e
respecto.
Alumnado Primer trimestre Reglamento Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 21 de 26
“Área/s de mellora”: C: INFRAESTRUTURA E EQUIPOS
OBXECTIVO 6: Promover o bo uso das tabletas e o seu mantemento (limpeza, almacenamento e coidado) (C1*). Acadado
RESPONSABLE: Profesorado. Non acadado
INDICADOR/ES DO
OBXECTIVO (2)
Contidos audiovisuais e aplicacións obsoletas eliminadas.
Tabletas gardadas e custodiadas no carro de carga.
Tabletas cargadas.
(lista de cotexo)
Valor de partida (3)
0 contidos audiovisuais e aplicacións eliminadas.
25% de tabletas gardadas.
25% de tabletas cargadas
Valor previsto e data (4)
75% contidos audiovisuais e aplicacións eliminadas.
100% de tabletas gardadas.
75% de tabletas cargadas.
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5)
RESPONSABLES
(6)
DATA PREVISTA FIN
(7)
RECURSOS NECESARIOS
(8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA
ACCIÓN (9)
ESTADO (10)
AO6.1: Contidos
audiovisuais e aplicacións
obsoletas eliminadas.
Profesorado
Todo o curso
(Trimestralmente)
Tablets
Realizada
Aprazada
Pendente
AO6.2: Centralización das
descargas no coordinador
TIC
Coordinador TIC 1º Trimestre Tablets
Realizada
Aprazada
Pendente
AO6.3: Mercar cargadores Equipo directivo 1º Trimestre Dispositivo.
Realizada
Aprazada
Pax 22 de 26
Pendente
AO6.4: Tabletas gardadas
e custodiadas no carro de
carga.
Profesorado
Todo o curso
(Diariamente)
Tablets e carro de carga
Realizada
Aprazada
Pendente
A06.5:Tabletas cargadas. Profesorado
Todo o curso
(Diariamente)
Tablets e cargadores
Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 23 de 26
“Área/s de mellora”: E: PEDAGOXÍA: APOIO E RECURSOS ; H: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO
OBXECTIVO 7: Realizar formacións sobre o bo uso das tecnoloxías e crear un banco recursos libres Acadado
RESPONSABLE: EQUIPO TIC Non acadado
INDICADOR/ES DO
OBXECTIVO (2)
Formacións realizadas
Bancos creados
(observación)
Valor de partida (3)
0 formacións realizadas
0 bancos creados
Valor previsto e data (4)
1 formación para cada grupo (familias e alumnado)
1 banco creado
2T
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN (5)
RESPONSABLES
(6)
DATA PREVISTA FIN
(7)
RECURSOS NECESARIOS
(8)
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA
ACCIÓN (9)
ESTADO (10)
AO7.1: Solicitar formación
para familias e alumnado
Equipo directivo 1º T Dispositivos electrónicos
Realizada
Aprazada
Pendente
AO7.2: Creación de banco
de recursos libres
Equipo TIC 2ºT
Dispositivos electrónicos,
ferramenta de deseño
Realizada
Aprazada
Pendente
AO7.3:
Difusión/Promoción do
banco de recursos libres
Equipo TIC 2ºT
Dispositivos electrónicos e
banco de recursos.
Realizada
Aprazada
Pendente
Pax 24 de 26
330.1. Necesidades de equipamento e de infraestruturas
tecnolóxicas
xxxxxxx
[Recomendacións para este apartado] Indicar:
Necesidades de mellora de infraestruturas tecnolóxicas, equipamento e
servizos dixitais educativos, sendo preciso establecer en cada caso a
finalidade para a que se precisan ditas melloras.
Ter presente na redacción deste apartado as indicacións establecidas no
documento proporcionado por AMTEGA para a elaboración do Plan Dixital.
4. Avaliación do plan
Avaliación procesual
O equipo dinamizador da tecnoloxía no centro (do cal forma parte a
coordinadora do Plan dixital) realizará unha reunión trimestral para
valorar a posta en práctica do Plan Dixital, recoller as necesidades do
centro e do profesorado e introducir melloras no plan de acción que se
recolle neste documento.
De igual forma, aproveitaranse as reunións de coordinación pedagóxica para
rexistrar as incidencias, valorar as inquedanzas do profesorado e elaborar
propostas de melloras do plan, e así poder ir axustando o mesmo ás
necesidades que vaian xurdindo.
Avaliación final
Unha vez remato o curso escolar, o equipo dinamizador volverase a reunir
con carácter avaliativo para valorar a consecución dos obxectivos e
elaborar unha lista de accións para levar a cabo durante o seguinte curso
escolar. Tamén se concretarán as propostas de mellora, que deberán ser
alcanzables e reais, para levalas á práctica durante o primeiro trimestre
do vindeiro curso.
Instrumentos de avaliación
Valoraranse os obxectivos recollidos no plan de acción utilizando os
seguintes procedementos e instrumentos de avaliación:
• Observación directa
• Enquisa SELFIE, na cal se incluirá unha nova pregunta para o profesorado: Podes
realizar impresións sinxelas e crear contido dixital de maneira autónoma?
• Enquisa SELFIE. Pregunta A5
Pax 25 de 26
• Enquisa SELFIE. Pregunta G1
• Listas de cotexo
ESPAZOS MAKER SI NON
Profesorado
100% de materiais tecnolóxicos
1 rexistro de materiais
Familias e
alumnado
75% de materiais de refugallo
Familias 50% de participación na montaxe dos espazos
Alumnado 1 regulamento para un bo uso dos espazos
TABLETAS SI NON
75% contidos audiovisuais e aplicacións eliminadas
100% de tabletas gardadas
75% de tabletas cargadas
5. Difusión do plan
O Plan Dixital, e as súas concrecións anuais, poderán verse publicados na páxina web do
centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/, máis concretamente no apartado
de “Plans e Documentos” ao que se pode acceder dende a barra de menú da parte
esquerda. Ademais, calquera persoa que o solicite, poderá acceder ao Plan Dixital en
formato impreso sempre que o desexe acudindo á secretaría do centro.
Pax 26 de 26

More Related Content

Similar to PLAN DIXITAL.pdf (20)

Proxecto abalar jesus orizales
Proxecto abalar jesus orizalesProxecto abalar jesus orizales
Proxecto abalar jesus orizales
 
Tarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALARTarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALAR
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
Proxecto Abalar
Proxecto AbalarProxecto Abalar
Proxecto Abalar
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Presentación espazo abalar
Presentación espazo abalarPresentación espazo abalar
Presentación espazo abalar
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Abalar no eei. vagalume
Abalar no eei. vagalumeAbalar no eei. vagalume
Abalar no eei. vagalume
 
O proxecto abalar
O proxecto abalarO proxecto abalar
O proxecto abalar
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Presentación ABALAR
Presentación ABALARPresentación ABALAR
Presentación ABALAR
 
Vagalume tics
Vagalume ticsVagalume tics
Vagalume tics
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
 
Pxa 2019 20
Pxa 2019 20Pxa 2019 20
Pxa 2019 20
 
Pxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 webPxa 2019 20 web
Pxa 2019 20 web
 
Proxectotic
ProxectoticProxectotic
Proxectotic
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 

More from CEIPN1TUI

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024CEIPN1TUI
 
Proxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdfProxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdfCEIPN1TUI
 
PROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdfPROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdfCEIPN1TUI
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
PXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdfPXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdfCEIPN1TUI
 
SETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdfSETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdfCEIPN1TUI
 
Menu Abril.pdf
Menu Abril.pdfMenu Abril.pdf
Menu Abril.pdfCEIPN1TUI
 
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdfPROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdfCEIPN1TUI
 
MENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZOMENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZOCEIPN1TUI
 
MENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIROMENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIROCEIPN1TUI
 
MENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIROMENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIROCEIPN1TUI
 
MENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBROMENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBROCEIPN1TUI
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021CEIPN1TUI
 
MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021CEIPN1TUI
 

More from CEIPN1TUI (15)

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Proxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdfProxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdf
 
PROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdfPROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdf
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
PXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdfPXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdf
 
SETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdfSETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdf
 
Menu Abril.pdf
Menu Abril.pdfMenu Abril.pdf
Menu Abril.pdf
 
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdfPROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
 
MENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZOMENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZO
 
MENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIROMENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIRO
 
MENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIROMENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIRO
 
MENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBROMENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBRO
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021
 
MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021
 

PLAN DIXITAL.pdf

  • 1. [CEIP Plurilingüe Nº1] [Versión 1.0_ xuño 2022] PLA N D I X I TA L
  • 2. Pax 1 de 26
  • 3. Índice do Plan Dixital 1. Introdución 1.1. Datos básicos do centro 1.2. Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro 1.3. Breve xustificación do mesmo 1.4. Proceso de elaboración 2. Situación de partida 2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais 2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO 2.3. Análise DAFO 3. Plan de Acción 3.1. Obxectivos, indicadores e accións 3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas 4. Avaliación do PD 4.1. Seguimento do Plan de Acción 4.2. Propostas de mellora (revisión) 5. Difusión do PD Pax 2 de 26
  • 4. 1. Introdución 1.1. Datos básicos do centro DENOMINACIÓN: CEIP PLURILINGÜE Nº1 de TUI CÓDIGO ADMINISTRATIVO: 36009846 CÓDIGO FISCA: Q-8655133J ENDEREZO: R/Coengo Valiño s/n Tui TELÉFONO E FAX: 886.110.812/813 Móbil: 658.227.318 ENDEREZO ELECTRÓNICO: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es PÁXINA WEB: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/ NIVEIS EDUCATIVOS: Educación Infantil e Educación Primaria 1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro Neste apartado comezaremos por contextualizar, local e socioecnomicamente, a nosa comunidade educativa, para despois facer referencia á cultura de centro e a contextualización dixital da nosa escola. O noso centro está situado nunha vila ao sur da provincia de Pontevedra chamada Tui, a cal forma unha eurocidade co municipio portugués de Valença do Minho, co cal limita. Tui conta cunha poboación de dezasete mil habitantes aproximadamente e unha densidade de poboación de 246 habitantes/km2 repartida polas súas 12 parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns e Tui. O alumnado que acude ao centro procede, na súa meirande parte, destas parroquias, mais tamén dos concellos limítrofes como Tomiño ou Porriño principalmente. As familias do noso alumnado enmárcanse, maioritariamente, no sector servizos, sector da industria moi presente na vila xa que Tui é considera a capital administrativa da comarca do Baixo Miño. Pax 3 de 26
  • 5. Na sociedade actual, caracterizada polos grandes cambios e o acceso inmediato á información, perde sentido o concepto de ensino como transmisión de coñecementos e do profesorado como transmisor de información. A sociedade do coñecemento demanda accións innovadoras que dean resposta aos retos educativos da actualidade. Por iso, desde o noso centro, estamos na procura de conseguir unha educación á vangarda, activa e participativa e, sobre todo, significativa. Trátase de aprender a convivir coa diversidade, desenvolver valores tales como a tolerancia, a responsabilidade compartida ou o respecto, así como de aprender a traballar en equipo, con iniciativa, autonomía e tomando decisións. Un dos nosos piares para conseguir a educación que queremos é o fomento da creatividade e do uso das tecnoloxías para o empoderamento e a participación (TEP). A infusión das tecnoloxías no noso centro é evidente e consolídase cada curso escolar cun dos nosos obxectivos prioritarios: a creación dun Ecosistema Dixital no que a innovación sexa a peza fundamental para producir o cambio metodolóxico no que cremos. O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui é un centro que aposta por unha educación baseada na creatividade, a tecnoloxía e o pensamento crítico. Exemplo disto é a nosa participación en diferentes proxectos e programas promovidos pola Consellería como o proxecto Abalar, E-Dixgal, a semana STEAM, a creación dos Espazos Maker, o programa de introdución á robótica, o Club de ciencias, Digicraft, etc. Ademais, vimos de solicitar a nosa participación no programa da Consellería “Polos Creativos” para continuar no noso camiño cara a inclusión e cara o cambio metodolóxico que necesita a sociedade actual, fomentando unha educación de calidade coa construción de novos espazos diáfanos, con recursos actuais e innovadores que nos permitan desenvolver unha aprendizaxe para a vida e para o futuro do noso alumnado. Pax 4 de 26
  • 6. Consideramos que a recollida de todo isto nun documento de centro, de forma oficial, é a mellor forma de por en valor todas as iniciativas levadas a cabo no ámbito da tecnoloxía, así como unha forma de divulgar a filosofía e a cultura de centro no que a este eido se refire. 1.3. Breve xustificación do mesmo O noso Plan Dixital de centro está enmarcado de igual forma nun ámbito psicopedagóxico e didáctico, tal e como se recolle no apartado anterior, como nun marco lexislativo, principalmente na ordes e decretos que se concretan a continuación: Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, pola que se regulan diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. Así mesmo, o artigo 132 establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022. Pax 5 de 26
  • 7. Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021, que recolle como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais, que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia. Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no cal se fai referencia a unha clara aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital, que sexan xeradores de igualdade e de inclusión. Estratexia Galicia Dixital 2030 e a Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia, nas que se recollen as pautas a seguir para a consecución dunha cidadanía dixital plena. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a Atención á Diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e a orde que o desenvolve, Orde do 8 de setembro de 2021. Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, e onde se recollen as liñas metodolóxicas a seguir na educación actual. Pax 6 de 26
  • 8. 1.4. Proceso de elaboración Para a elaboración do Plan Dixital centro os pasos a seguir foron os seguinte: Nomeamento dunha persoa ADIX como mentora e asesora do Plan Dixital do centro. Creación dun equipo de dinamización do Plan Dixital e elección da persoa coordinadora. Rexistro na aula virtual por parte da persoa coordinadora do plan. Elaboración da enquisa SELFIE por parte do equipo directivo, do profesorado con dous anos de antigüidade no centro e do alumnado de 5º e 6º (que contan coa ferramenta E-dixgal). Elaboración do test de Competnencia Dixital Docente (test CDD) por parte do profesorado a através da aplicación FProfe. Analise dos resultados da enquisa SELFIE e do test CDD por parte de todo o equipo docente, e posterior reflexión. Elaboración dunha matriz DAFO para contextualizar o centro a partir dos resultados analizados previamente e das conclusións obtidas por todo o profesorado. Análise da matriz DAFO e concreción do plan de acción do centro: obxectivos, punto de partida, indicadores de logro, temporalización, etc. Elaboración do Plan Dixital de centro. 2. Situación de partida 2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais INFRAESTRUTURA DATOS: Rede Abalar, Rede @edu.xunta e Escolas conectadas VOZ (telefonía): Sala de profesorado, orientación, secretaría, dirección e ANPA FAX: secretaría CONEXIÓNS: Cableadas: impresoras sala de profes, secretaría. Sen fíos: WIFI en todas as aulas e departamentos Electrónica de rede: RACK en dirección, RACK pequeno en 6ºA e aula TIC. Pax 7 de 26
  • 9. EQUIPAMENTO PROXECTO E-DIXGAL: 3 ECIs, 3 proxectores, 57 portátiles de alumnado, 9 equipos de profesorado. XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN: 3 ordenadores e 3 monitores ABALAR, impresora de centro e 1 trituradora de centro. SALA DE PROFESORADO: 4 ordenadores (2 de centro) e 5 monitores (3 de centro), 2 impresoras (1 de centro) e proxector EPSON. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: Ordenador de centro, teléfono e monitor ABALAR. AULA DE INFORMÁTICA: 2 ordenadores de centro, 2 ordenadores da consellería, proxector ACER, 3 ordenadores obsoletos red.es, 4 ordenadores portátiles obsoletos red.es, 1 impresora EPSON, 1 impresora BROTHER, 5 monitores de centro, 4 monitores da consellería (3 red.es). DOTACIÓNS PARA PROXECTOS ESPECÍFICOS: DIGICRAFT: 12 tabletas, 2 caixas con material variado (robots -ozobot, Zowi, placa makey-makey..., tableiros de xogo, controladores...) BIBLIOTECAS CREATIVAS: 3 escornabots INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA: 12 MBOTS e 6 caixas LEGO. DOTACIÓN MÓBIL DE CENTRO: 18 tabletas, micrófonos, 3 gafas de RA. PROXECTO ABALAR: 40 NETBOOKs + equipamento aulas e dirección. BIBLIOTECA: 1 ordenador DELL, proxector EPSON, Altofalantes, 1 ordenador HP de centro, 1 monitor DELL, 1 portátil LENOVO de centro, 1 mesa de mezclas de centro e 1 pantalla interactiva Panasonic de centro. AULAS DIXITALIZADAS 10 ordenadores (9 de centro), 9 monitores (5 de centro), 7 ECIs (6 de centro), 11 proxectores (9 de centro) e 11 altofalantes de centro. Todas as ECIs das aulas ás que se fixo referencia son anteriores ao ano 2010. SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS: CORPORATIVOS: Páxina web, correo EDU.XUNTA, AV, E-DIXGAL, AGUEIRO. NON CORPORATIVOS: Instagram, Blogger, Youtube, Issue, Whatsapp, Facebook e Twitter. XESTIÓN DO MANTEMENTO DO EQUIPAMENTO DO CENTRO UAC, UAC PREMIUM (E-DIXGAL), Servizo externo de reparación e mantemento. Pax 8 de 26
  • 10. ENLACES A PROTOCOLOS DO CENTRO RELACIONADOS COAS TIC PROXECTO DIXITAL DE CENTRO: https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/proxecto_dixital_19-20_1_ PROXECTO PARA USO DO EQUIPAMENTO ABALAR: https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/proxecto_para_uso_do_equipamento_ab PROGRAMA DE ROBÓTICA: https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/solicitude_de_ampliaci_n_proxecto_r 2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO Autoavaliación SELFIE: Areas Grupos Ensinanzas Primaria ESO Bacharelato FP Ed. Post sec. A -Liderado Equipo Direct. 4,1 Profesorado 3,6 Alumnado B- Colaboración e redes Equipo Direct. 3,8 Profesorado 3,3 Alumnado 4,3 C- Infraestruturas e Equipos Equipo Direct. 4 Profesorado 3,6 Alumnado 4,5 D- Desenvolvemento profesional continuo Equipo Direct. 4,3 Profesorado 4,1 Alumnado E- Pedagoxía: Apoio e Recursos Equipo Direct. 4,5 Profesorado 4,2 Alumnado F- Pedagoxía: Implementación na aula Equipo Direct. 4,6 Profesorado 3,9 Alumnado 4,1 G- Prácticas de avaliación Equipo Direct. 4 Profesorado 3,1 Alumnado H- Competencias dixitais do alumnado Equipo Direct. 4,3 Profesorado 3,7 Alumnado 4,4 Pax 9 de 26
  • 11. Test CDD: 1.3. Participación segundo perfil do profesorado N.º profesorado que participa N.º profesorado total % participación DEFINITIVO 8 10 80% PROVISIONAL 6 7 85,7% INTERINO 2 4 50% SUBSTITUTO 3 5 60% DESPRAZADO 0 3 0% 2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) Nivel de competencia en Galicia 90 Integrador/a (B1) 76,5 Integrador/a (B1) 2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) Nivel de competencia en Galicia INF 77,6 Integrador (B1) 68,2 Integrador (B1) PRI 89,1 Integrador (B1) 77 Integrador (B1) 2.3. Distribución do profesorado por niveis Total profesorado no nivel de competencia % de profesorado participante neste nivel A1 0 0% A2 3 15,8% B1 10 52,6% B2 4 21,1% C1 2 10,5% C2 0 0% TOTAL 19 100,00% Outras fontes: A fonte principal para a elaboración do Plan Dixital foi o debate que xurde a partir das probas anteriormente mencionadas 2.3. Análise DAFO A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Pax 10 de 26
  • 12. INTERNOS FORTALEZAS DEBILIDADES CATEGORÍAS INFRAESTRUTURAS- EQUIPAMENTO 1. Dispositivos dixitais para o proceso E-A 2. Equipamento mercado polo centro 3. Espazos maker nos corredores. 1. Equipo dixital insuficiente cando se desenvolven os “Ámbitos” 2. Aula TIC e aula sensorial sen preparar. 3. Asistencia técnica (coordinación TIC) 4. Tecnoloxías asistenciais insuficientes (mercadas por centro e familias) PERSOAL DOCENTE 1. Uso de metodoloxías activas e proxectos interdisciplinares 2. Compromiso profesional docente coas novas tecnoloxías. 3. Creación de recursos dixitais 4. Experiencia en entornos virtuais de aprendizaxe 5. Comunicación coas familias 1. Pouca retroalimentación ao alumnado. 2. Descoñecemento de parte do profesorado sobre normas de autor e licenzas de uso. 3. Tempo adicado a verificar a calidade da información (6º) 4. Coñecemento e uso da lei de protección de datos. 5. Descoñecemento das posibilidades das TIC como elemento facilitador na avaliación. PERSOAL NON DOCENTE 1. Colaboración 1. Uso de ferramentas non corporativas para a comunicación ALUMNADO 1. Formación do alumnado en competencia dixital (comportamento responsable, creación de contidos dixitais, programación…) 2. Motivación do alumnado cara as novas tecnoloxías. 1. Falta de espazo para debatir sobre o uso da tecnoloxía. FAMILIAS 1. Implicación das familias na vida escolar 2. Comunicación coas familias 1. Baixa competencia dixital das familias. OFERTA 1. Escola de pais e nais 2. Web de centro completa con contidos accesibles e intuitivos 3. Ensino mixto 4. Participación en EDIXGAL, Digicraft. 1. Ausencia de biblioteca/ repositorios en liña. ORGANIZACIÓN DO CENTRO 1. Equipo directivo comprometido que involucra ao profesorado no eido dixital. 2. Comunicación regular e organizada. 3. Participación en redes profesionais e formación interna. 4. O centro identifica necesidades do alumnado para reducir a brecha dixital. 5. Fomento do debate sobre o uso da tecnoloxía 1. Difusión do Plan Dixital 2. Faltan espazos de debate sobre as necesidades formativas docentes. 3. Sobrecarga de traballo 4. Inexistencia de normas a nivel de centro sobre traer o dispositivo á clase. 5. Falta de coñecemento e uso da ferramenta Abalar. Pax 11 de 26
  • 13. EXTERNOS OPORTUNIDADES AMEAZAS CATEGORÍAS ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA 1. Recursos en liña a disposición do profesorado 2. Oferta formativa 3. Programas da consellería no eido dixital (EDIXGAL, Digicraft) 4. Profesorado con grandes coñecementos sobre novas tecnoloxías (mentores) 1. Equipamento obsoleto na sala de profesorado. 2. Conexión a Internet pouco fiable ou lenta. 3. Equipo dixital insuficiente. 4. Sobrecarga de traballo do profesorado > Falta de tempo > Falta de recursos humanos. 5. Falta de fondos LEXISLACIÓN 1. Lexislación acorde ao modelo de “Ámbitos” CONTORNA 1. Familias formadoras 1. Uso maioritario das TIC para fins non educativos por parte do alumnado e comportamento pouco responsable. 2. Sentimento de incapacidade das familias para axudar aos seus fillxs 3. Medo das familias aos riscos de Internet. 4. Baixa competencia dixital das familias. 5. Brecha dixital ANPA 1. Colaboración do ANPA. OUTRAS ENTIDADES 1. Colaboracións con asociacións, empresas, concello... Pax 12 de 26
  • 14. 3. Plan de Acción 3.1. Obxectivos, indicadores e accións Unha vez elaborado o DAFO, establecemos un debate mediante a dinámica grupo nominal para seleccionar aquelas debilidades e ameazas prioritarias sobre as cales vamos a incidir no vindeiro curso. Propúxose como base do debate a matriz CAME: Corrixir debilidades, Afrontar ameazas, Manter fortalezas e Explotar oportunidades. Establecemos os seguintes obxectivos SMART: Divulgar entre o equipo docente os recursos dixitais dos que dispoñemos no centro. Mellorar o acceso do profesorado aos recursos de creación dixital e impresión. Coñecer e respectar os dereitos de autor e as licenzas de uso no emprego das tecnoloxías dixitais. Desenvolver un instrumento de avaliación dixital por ciclo. Enriquecer os corredores con espazos maker con distintos materiais, como fonte de información, experimentación e socialización acorde a nosa metodoloxía. Promover o bo uso das tabletas e o seu mantemento (limpeza, almacenamento e coidado). Realizar formacións sobre o bo uso das tecnoloxías e crear un banco recursos libres Os obxectivos atópanse enmarcados dentro das áreas de mellora do marco DigCompOrg. Traballaremos sobre a área de Competencias Dixitais do Alumnado (H), por considerar ao alumnado como maior protagonista da transformación dixital. Tamén sobre as dúas transversais das que depende a consecución de calquera obxectivo: Infraestrutura e equipos (C) e Desenvolvemento Profesional Continuo (DPC) Por último, non podemos esquecer ás familias, como parte imprescindible de calquera plan de acción. Pax 13 de 26
  • 15. Pax 14 de 26
  • 16. Área/s de mellora: C. INFRAESTRUTURA E EQUIPOS OBXECTIVO 1: (1) Divulgar entre o equipo docente os recursos dixitais dos que dispoñemos no centro (C2*). Acadado Responsable: Profesorado definitivo no centro que coñece todos os recursos. Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: (2) Número de rexistros de recursos do centro. Número das formacións levadas a cabo. (observación) Valor de partida: (3) 0 Rexistros unificados de todos os recursos do centro. 0 Formación específica ó profesorado. Valor previsto e data: (4) 1 Rexistro de todos os recursos dixitais (robots, tabletas, TAD…). 1 Formación ó profesorado. 3º TRIMESTRE ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) AO1.1: Formar ao profesorado dos recursos dispoñibles no centro e os seus usos. Profesorado definitivo Setembro Recursos dos que dispón o centro. Realizada Aprazada Pendente AO1.2: Crear un rexistro dos recursos do centro. Claustro Setembro Ordenador e acceso a rede. Realizada Aprazada Pendente AO1.3: Divulgar o rexistro entre a comunidade educativa e novo profesorado (substitutos). Equipo TIC Todo o curso Web do centro, redes sociais e internet. Realizada Aprazada Pendente Pax 16 de 26
  • 17. Área/s de mellora: C: INFRAESTRUTURA E EQUIPOS; D: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO OBXECTIVO 2: (1) Mellorar o acceso do profesorado aos recursos de creación dixital e impresión (C1*) Acadado Responsable: Equipo TIC Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO:(2) Profesorado que pode acceder autonomamente aos recursos de creación dixital e impresión (enquisa) Valor de partida: (3) Non ponderado Valor previsto e data: (4) 75% do profesorado que pode acceder autonomamente aos recursos de creación dixital e impresión 1º TRIMESTRE ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABL ES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) AO2.1: Actualizar equipos. Equipo directivo Primeiro trimestre Portátiles Realizada Aprazada Pendente AO2.2: Crear infografías das apps máis empregadas no centro (edición de vídeo, edición de audio, creación de carteis...) Equipo TIC Primeiro trimestre Apps Ordenador Tablet Realizada Aprazada Pendente AO2.3: Aproveitar a mentorización entre parellas pedagóxicas Profesorado con máis de 1 ano de antigüidade no centro Primeiro trimestre Recursos humanos Realizada Aprazada Pendente Pax 17 de 26
  • 18. Área/s de mellora: A: LIDERAZGO, D. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO OBXECTIVO 3: (1) Coñecer e respectar os dereitos de autor e as licenzas de uso no emprego das tecnoloxías dixitais (A5* D2*) Acadado Responsable: Todo profesorado. Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: (2) Profesorado que coñece e aplica os dereitos de autor e licenzas de uso. (enquisa) Valor de partida: (3) 4% do profesorado coñece e aplica os dereitos de autor e licenzas de uso. Valor previsto e data: (4) 70% do profesorado coñece e aplica os dereitos de autor e licenzas de uso. 3º TRIMESTRE ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) A03.1: Organizar unha formación inicial sobre licenzas de uso (que son, como se utilizan, por que son importantes...) e dereitos de autor. Equipo directivo e CFR 2º Trimestre Convocatoria e espazo onde desenvolvela Realizada Aprazada Pendente A03.2: Empregar as licenzas de uso nas tarefas de ámbitos e respectar os dereitos de autor nas demais tarefas. Profesorado 2º-3º Trimestre Dispositivos electrónicos Realizada Aprazada Pendente Pax 18 de 26
  • 19. Área/s de mellora: G: PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN; D: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO OBXECTIVO 4: (1) Desenvolver un instrumento de avaliación dixital. (G1*, D2*) Acadado Responsable: Equipos de ciclos. Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO:(2) Ciclos que desenvolven un instrumento de avaliación dixital. (enquisa) Valor de partida: (3) 5º e 6º contan con instrumentos de avaliación dixitais. Valor previsto e data: (4) Todos os ciclos teñen un instrumento de avaliación dixital. 1º TRIMESTRE ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) A04.1: Realizar unha formación sobre os instrumentos de avaliación dixital. Equipo directivo / Javi Leyenda 1º T Dispositivos electrónicos para a solicitude e busca de formación Realizada Aprazada Pendente A04.2: Levar a cabo unha reunión inicial de ciclo para establecer liñas de actuación para crear o instrumento de avaliación. Profesorado de ciclo 1ºT Espazo onde reunirse, dispositivos electrónicos. Realizada Aprazada Pendente A04.3: Aplicar na aula o instrumento da avaliación. Profesorado titor 2º-3er T Instrumento de avaliación dixitalizado, dispositivos para alumnado e profesorado. Realizada Aprazada Pendente A04.4: Realizar unha revisión e seguimento do uso do instrumento da avaliación na aula. Profesorado titor 2º-3er T Instrumento de avaliación Realizada Aprazada Pendente Pax 19 de 26
  • 20. “Área/s de mellora”: H: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO E C: INFRAESTRUTURA E EQUIPOS OBXECTIVO 5: (1) Enriquecer os corredores con espazos maker con distintos materiais, como fonte de información, experimentación e socialización acorde a nosa metodoloxía (H12*. C14*). Acadado RESPONSABLE: Comunidade educativa Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO (2) Profesorado: Achega de distintos materiais tecnolóxicos e responsabilizarse do seu bo uso. Creación dun rexisto dos diferentes materiais que conforman o espazo. Familias e alumnado: Achega de diferentes materiais de refugallo para a experimentación e creación: tapas, botellas, envases… Familias: Colaboración na montaxe do mobiliario dos espazos. Alumnado: Establecemento dun reglamento para o bo uso dos materiais e do espazo con liberdade, responsabilidade e respecto. (lista de cotexo) Valor de partida (3) 25% de materiais tecnolóxicos. 0 rexistros de materiais. 25% de materiais de refugallo. 30% de participación na montaxe dos espazos. 0 reglamento para un bo uso dos espazos. Valor previsto e data (4) 100% de materiais tecnolóxicos. 1 rexistro de materiais. 75% de materiais de refugallo. 50% de participación na montaxe dos espazos. 1 reglamento para un bo uso dos espazos. 1º TRIMESTRE Pax 20 de 26
  • 21. ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) AO5.1: Achegar distintos materiais tecnolóxicos e responsabilizarse do seu bo uso. Profesorado Primer trimestre Tablets, chroma, legos, micrófonos… Realizada Aprazada Pendente AO5.2: Crear un rexistro dos diferentes materiais que conforman o espazo. Profesorado Primer trimestre Rexistro Realizada Aprazada Pendente AO5.3: Achegar diferentes materiais de refugallo para a experimentación e creación: tapas, botellas, envases… Familias e alumnado Primer trimestre Tapas, botellas, envases de iogures, bricks de leite. Realizada Aprazada Pendente AO5.4: Colaborar na montaxe do mobiliario dos espazos. Familias Primer trimestre Mobles, paneis, caxoneiras, Realizada Aprazada Pendente AO5.5: Establecer un regulamento para o bo uso dos materiais e do espazo con liberdade, responsabilidade e respecto. Alumnado Primer trimestre Reglamento Realizada Aprazada Pendente Pax 21 de 26
  • 22. “Área/s de mellora”: C: INFRAESTRUTURA E EQUIPOS OBXECTIVO 6: Promover o bo uso das tabletas e o seu mantemento (limpeza, almacenamento e coidado) (C1*). Acadado RESPONSABLE: Profesorado. Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO (2) Contidos audiovisuais e aplicacións obsoletas eliminadas. Tabletas gardadas e custodiadas no carro de carga. Tabletas cargadas. (lista de cotexo) Valor de partida (3) 0 contidos audiovisuais e aplicacións eliminadas. 25% de tabletas gardadas. 25% de tabletas cargadas Valor previsto e data (4) 75% contidos audiovisuais e aplicacións eliminadas. 100% de tabletas gardadas. 75% de tabletas cargadas. ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) AO6.1: Contidos audiovisuais e aplicacións obsoletas eliminadas. Profesorado Todo o curso (Trimestralmente) Tablets Realizada Aprazada Pendente AO6.2: Centralización das descargas no coordinador TIC Coordinador TIC 1º Trimestre Tablets Realizada Aprazada Pendente AO6.3: Mercar cargadores Equipo directivo 1º Trimestre Dispositivo. Realizada Aprazada Pax 22 de 26
  • 23. Pendente AO6.4: Tabletas gardadas e custodiadas no carro de carga. Profesorado Todo o curso (Diariamente) Tablets e carro de carga Realizada Aprazada Pendente A06.5:Tabletas cargadas. Profesorado Todo o curso (Diariamente) Tablets e cargadores Realizada Aprazada Pendente Pax 23 de 26
  • 24. “Área/s de mellora”: E: PEDAGOXÍA: APOIO E RECURSOS ; H: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO OBXECTIVO 7: Realizar formacións sobre o bo uso das tecnoloxías e crear un banco recursos libres Acadado RESPONSABLE: EQUIPO TIC Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO (2) Formacións realizadas Bancos creados (observación) Valor de partida (3) 0 formacións realizadas 0 bancos creados Valor previsto e data (4) 1 formación para cada grupo (familias e alumnado) 1 banco creado 2T ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN (5) RESPONSABLES (6) DATA PREVISTA FIN (7) RECURSOS NECESARIOS (8) SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN (9) ESTADO (10) AO7.1: Solicitar formación para familias e alumnado Equipo directivo 1º T Dispositivos electrónicos Realizada Aprazada Pendente AO7.2: Creación de banco de recursos libres Equipo TIC 2ºT Dispositivos electrónicos, ferramenta de deseño Realizada Aprazada Pendente AO7.3: Difusión/Promoción do banco de recursos libres Equipo TIC 2ºT Dispositivos electrónicos e banco de recursos. Realizada Aprazada Pendente Pax 24 de 26
  • 25. 330.1. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas xxxxxxx [Recomendacións para este apartado] Indicar: Necesidades de mellora de infraestruturas tecnolóxicas, equipamento e servizos dixitais educativos, sendo preciso establecer en cada caso a finalidade para a que se precisan ditas melloras. Ter presente na redacción deste apartado as indicacións establecidas no documento proporcionado por AMTEGA para a elaboración do Plan Dixital. 4. Avaliación do plan Avaliación procesual O equipo dinamizador da tecnoloxía no centro (do cal forma parte a coordinadora do Plan dixital) realizará unha reunión trimestral para valorar a posta en práctica do Plan Dixital, recoller as necesidades do centro e do profesorado e introducir melloras no plan de acción que se recolle neste documento. De igual forma, aproveitaranse as reunións de coordinación pedagóxica para rexistrar as incidencias, valorar as inquedanzas do profesorado e elaborar propostas de melloras do plan, e así poder ir axustando o mesmo ás necesidades que vaian xurdindo. Avaliación final Unha vez remato o curso escolar, o equipo dinamizador volverase a reunir con carácter avaliativo para valorar a consecución dos obxectivos e elaborar unha lista de accións para levar a cabo durante o seguinte curso escolar. Tamén se concretarán as propostas de mellora, que deberán ser alcanzables e reais, para levalas á práctica durante o primeiro trimestre do vindeiro curso. Instrumentos de avaliación Valoraranse os obxectivos recollidos no plan de acción utilizando os seguintes procedementos e instrumentos de avaliación: • Observación directa • Enquisa SELFIE, na cal se incluirá unha nova pregunta para o profesorado: Podes realizar impresións sinxelas e crear contido dixital de maneira autónoma? • Enquisa SELFIE. Pregunta A5 Pax 25 de 26
  • 26. • Enquisa SELFIE. Pregunta G1 • Listas de cotexo ESPAZOS MAKER SI NON Profesorado 100% de materiais tecnolóxicos 1 rexistro de materiais Familias e alumnado 75% de materiais de refugallo Familias 50% de participación na montaxe dos espazos Alumnado 1 regulamento para un bo uso dos espazos TABLETAS SI NON 75% contidos audiovisuais e aplicacións eliminadas 100% de tabletas gardadas 75% de tabletas cargadas 5. Difusión do plan O Plan Dixital, e as súas concrecións anuais, poderán verse publicados na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/, máis concretamente no apartado de “Plans e Documentos” ao que se pode acceder dende a barra de menú da parte esquerda. Ademais, calquera persoa que o solicite, poderá acceder ao Plan Dixital en formato impreso sempre que o desexe acudindo á secretaría do centro. Pax 26 de 26