PROPOSTA PROXECTO
FIN DE MASTER
ENXEÑERÍA
INFORMÁTICA: TETRIS
DE DEREITOS HUMANOS
Titorizan:
Emilio Padrón (Universidade d...
1. Antecedentes
Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen
ánimo de lucro baseada no vo...
perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar
actividades cun enfoque de educación para o ...
básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e
institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraes...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

19 views

Published on

Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

Published in: Engineering
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
19
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

  1. 1. PROPOSTA PROXECTO FIN DE MASTER ENXEÑERÍA INFORMÁTICA: TETRIS DE DEREITOS HUMANOS Titorizan: Emilio Padrón (Universidade da Coruña) Miguel Segade (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia) 1
  2. 2. 1. Antecedentes Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un mecanismo para a transformación persoal e social. O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento, realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”, usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de ludificación ou gamificación1 no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos, actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF, pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o que se propón aquí. Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris2 , é xa parte da cultura pop, quérese explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo 1 https://es.wikipedia.org/wiki/Ludificaci%C3%B3n 2 https://es.wikipedia.org/wiki/Tetris 2
  3. 3. perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como posible Proxecto Académico para a programación e o deseño gráfico, co asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación. 2. Obxecto da proposta e produtos esperados Elaborar un videoxogo de “Tetris dos Dereitos Humanos”. En concreto se pretende obter: - O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de Dereitos Humanos a persoas con pouco contacto con estes temas - Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educación para o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posible ferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitais naceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunha facultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén para profesorado) 3. Idea de xogo e desenvolvemento Se parte das premisas: - que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles - que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores como diferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser Dereito Humano) - que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezas a encaixar no proceso de xogo - que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán empregar. A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e cores, teñan asociadas: - a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano (nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga e saneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación) - a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas de encaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo 3
  4. 4. básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as de forma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.). A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno” (país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou menos fácil de encaixar a peza en cuestión). Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel. 4

×