O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas. O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.

O concello de Noia está situado no fondo da ría de Muros e Noia, entre a desembocadura do Tambre e a Punta do Cabalo Baixo. Ten unha costa baixa e protexida, onde alternan rochedos con areais e esteiros dunha grande riqueza biolóxica que da lugar a importantes bancos marisqueiros.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Corcubión ocupa unha pequena península na enseada de Fisterra. A súa costa vai desde o fondo da ría de Corcubión/Cee ata enseada de Estorde. O litoral de Corcubión é rochoso, elevado, irregular e recortado, sen máis praias nin espazo chan que onde se asenta a vila, onde tamén estaban os areais que na maior parte foron comestos polas infraestruturas viarias. Fora da vila só hai cantís de ata 50 m de altura nos que se alternan puntas e seos, ocupados por coídos.
O concello de Ribeira Ocupa o extremo suroeste da península do Barbanza, no final das rías de Arousa, e de Muros e Noia e as costas abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra do Barbanza (Os Forcados, con 618 m; San Arberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e variada con numerosas praias, coídos, cantís, illas, illotes, lagoas litorais e pequenos seos. É unha zona de amplas e fermosas paisaxes que acolle hábitats mariños e terrestres dun enorme valor ambiental.

A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
A RÍA DE VIGO ábrese entre o Cabo Home, ao norte e o Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Seo de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. É unha ría intensamente poboada e cunha grande actividade pesqueira, marisqueira, comercial e industrial.
CONCELLOS: Cangas, Moaña, Viaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona.
A comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
A ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
Litoral do concello de Cariño, entre os cantís da serra da Capelada e a ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
A RÍA DE CORCUBIÓN, RÍA DE CEE ou ría de CORCUBIÓN E CEE está considerada a máis septentrional das Rías Baixas. En realidade é un grande seo en forma de arco (SEO DE FISTERRA) que se estende entre o Cabo Fisterra, ao norte, e a punta dos Remedios, ao sur. Inclúe a ría ou seo do Ézaro e a chamada tradicionalmente ría de Corcubión ou Cee. Acolle importantes valores naturais e culturais.
A costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
Espazo que abrangue a costa desde a punta do Penedo do Corvo, ao leste, ata punta Corbeira (no inicio da praia de Lóngara), ao oeste, e un tramo do curso baixo do Regueiro da Barranca que desemboca na praia de Arealonga (concellos de Ribadeo e Barreiros).
É unha área costeira na que alternan cantís, cabos, illotes e praias (Arealonga, Reinante, As Catedrais, O Esteiro, Marbadas, Cabalar e Os Castros) dun grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico
O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares.
Parque Nacional Illas Atlánticas de Galizamonadela
O espazo protexido inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na súa contorna.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. A maior riqueza ecolóxica do parque atópase no espazo marítimo e nas colonias de aves acuáticas.
Téñense identificado 200 especies de algas que serven de soporte a unha rica comunidade de invertebrados. Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e mariscos e visitada habitualmente por por golfiños, baleas e tartarugas mariñas.
CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña).
2. ÍNDICE
• As costas : conceptos
• As costas de Galicia e a actividade pesqueira
• A costa norte : Rías altas e cabo
• A costa sur : Rías Baixas e cabos
• As illas
3. AS COSTAS
Conceptos
Arquipélago : Conxunto de illas
Cabo: Punta de terra que penetra no mar
Cantís: Costa alta e rochosa
Dunas : Formacións de area nas praias
Golfo: Ampla entrada do mar na terra
Litoral: Liña de separación entre a terra e o mar
Península : Extensión de terra rodeada de auga por
todas partes menos por unha
Praia: Costa baixa constituida por area
Ría : Entrada prolongada do mar na terra asolagando a
parte final dun río.
4. As costas de Galicia e a actividade
pesqueira.
Galicia ten 1200 kilometros de costa .
A costa galega é recortada , con continuos entrantes e
saintes , que se manifestan en rías , esteiros , golfos e
cabos. O cabo Fisterra e o límite entre as Rías Altas e as
Rías Baixas. O cabo Estaca de Bares é o que separa a
vertente Atlántica da Cantábrica . O esteiro do Miño é o
límite costeiro entre Galicia e Portugal e a Ría de Ribadeo
entre Galicia e Asturias.
Este tipo de costa foi propicia para unha intensa
actividade humana ao longo do tempo . Desenvolvéronse
portos pesqueiros importantes . Hoxe , a pesca e o marisqueo
teñen nome propio na economía galega.
A actividade pesqueira ten as seguintes clases:
* Pesca de altura, practicada en lugares afastados de
Galicia e que captura maiormente bacallau e atún .
* Pesca de baixura , que se fai preto da costa , da que
obtemos , entre outros , sardiña e xurelo.
Pola súa banda, o marisqueo , sobre todo nas Rías Baixas ,
proporcionanos mexillóns, nécoras , ameixas, percebes....etc.
5. A COSTA NORTE :
RÍAS ALTAS E CABOS
O cabo Estaca de Bares , situado ao límite norte da Península Ibérica , é a referencia
xeográfica que separa as vertentes atlántica e cantábrica
7. AS ILLAS
Diferentes arquipélagos salpican a xeografía costeira
galega destacando o das Sisargas nas Rías Altas e os de
Cortegada, Sálvora , Ons e Cíes nas Rías Baixas.