O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas. O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.

O concello de Pontevedra conta cuns pequenos tramos de costa no fondo das rías de Pontevedra (5,5 km) e Vigo (1,2 km). É un litoral maiormente areoso ou lamacento con pequenos tramos rochosos de pouca altura e algún illote. Son áreas de enorme importancia biolóxica que acollen un grande número de aves acuáticas, sobre todo no inverno. Nos areais hai importantes zonas de marisqueo.
Pontevedra é un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no casco antigo da cidade, un dos mellor conservados de Galiza. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo.
O litoral do concello de Cee ten tres partes diferenciadas e separadas, dúas protexidas na ría de Corcubión e no seo de Fisterra, e outra exposta na costa da Morte. A de maior lonxitude e a da ría de Corcubión da que ocupa o fondo e toda a banda esquerda que se prolonga cara a enseada do Ézaro. No seo de Fisterra hai un pequeno tramo de cantís e a praia de Estorde e na costa exterior (Costa da Morte) unha sucesión de cantís e coídos e a ría de Lires.
É un litoral de enorme valor paisaxístico, xeolóxico e biolóxico que alterna zonas moi humanizadas e intensamente ocupadas con outras totalmente naturais.
O concello de Moaña está situado na banda norte da ría de Vigo. O territorio é de releve moi abrupto; cae dos cumes do Morrazo ao mar en poucos quilómetros. O litoral de Moaña ten interese paisaxístico e xeolóxico, cunha grande diversidade de rochas e formas de releve costeiro no que alternan pequenos cantís con seos e areais. Ten unha intensa ocupación.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Outes está situado na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre facendo linde polo sur. A costa é abrigada e está ocupada por amplas áreas de marismas nos esteiros dos ríos (Tambre, Entíns, Bendimón...), algúns areais, e zonas de cantís de pouca altura. Acolle importantes bancos marisqueiros. As principais actividades son os servizos, a industria (estaleiros, serradoiros...), a pesca, o marisqueo e a agricultura. Conta con áreas de grande interese natural e conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados localmente moas), cruceiros, igrexas...

1. O RELEVO DA COSTA DE GALICIA
Galicia ten unha costa moi ampla,na que destacan as r�as como
forma de relevo m�is caracter�stica.Poden diferenciarse cinco
tramos de costa:
1.Mari�a de Lugo:Vai desde Ribadeo ata O Barqueiro.Destacan
as r�as de:
-Ribadeo,Foz e Viveiro
2.R�as altas: Desde O Barqueiro ata Ferrol.Destacan as r�as de :
-O Barqueiro,Ortigueira e Cedeira.
3.Golfo �rtabro:Desde Ferrol ata Malpica.Destacan as r�as de:
-Ferrol
-Ares e Betanzos
-A Coru�a
4.Costa da Morte:Desde Malpica ata Fisterra.Destacan as r�as:
-Corme,Laxe e Camari�as
5.R�as Baixas:Desde Fisterra ata a Guarda.Destacan as r�as de:
-Corcubi�n,Muros e Noia
-Arousa,Pontevedra e Vigo.