SlideShare a Scribd company logo
1 of 24
Download to read offline
AndoriñaREVISTA ESCOLAR DO CEIP DE RANDUFE
Nº 50 DECEMBRO DE 2009
SUMARIO
Palabras alegres, doces
e agarimosas ...2
Xogamos ...3
Poemas de 3º ...4
Cartas ...5
Educación viaria ...6 e 7
Tradicións de
Nadal ...8 e 9
Artistas de 6º ...10
Necrolóxica ...11
Campo a través ...12 e 13
Os personaxes
dan xogo ...14 e 15
Queremos
Galego ! ...16 a 19
Mellorando
a escola ...20 e 21
Os máis cativos ...22
Os Chiscoeuros ...23
Chegaron
este curso ...24
Andoriña nº 50 decembro 2009
2
Andoriña nº 50 decembro 2009
3
Os nenos e nenas de segundo estamos a aprender a xogar xadrez nos nosos momen-
tos libres, e… gústanos un montón!!!
Primeiro buscamos na internet de onde ven este xogo e atopamos que non está moi
claro aínda. Algúns pensan que o inventaron na India, outros que os babilonios e os chine-
ses. O certo é que é moi antigo.
SABEMOS QUE...
O tabolei-
ro ten 64
cadros
32
brancos
As brancas
comezan a
batalla
8 PEÓNS
loitan co-
ma solda-
dos
1 RAIÑA
que vai
onde quere
Todos
queren
coller o
rei
Enroque
32
negros
2
CABALOS
que cabal-
gan
2 ALFILES
a carón do
rei e a raíña
Xaque
2 TORRES
que son os
gardiáns
Xaque
mate
1 REI que
non pode
morrer
SE QUERES PRACTICAR NA CASA...
Cuento de ajedrez. FIlguth, Rubens. Ed. Paidotribo.
Cuento de ajedrez práctico. Filguth, Rubens. Ed. Paidotribo.
Iniciación ajedrez para niños. Castro Girona, Pablo.
E NO ORDENADOR...
El pequeño Fritz.
Ajedrez. Versión para niños.
Chessmaster 3000.
Virtual chess 2
O xadrez é un medio ideal para desenvolver habilidades mentais coma a atención, imaxi-
nación, pensamento abstracto, memoria, toma de decisións, percepción, análise sistemática, a
aprendizaxe a partir do erro… e valores coma o respecto polo opoñente, responsabilidade,
cortesía, autocontrol…
Andoriña nº 50 decembro 2009
4
O ESQUÍOO ESQUÍOO ESQUÍOO ESQUÍO
O esquío é un animal moi pequeniño,
come e salta un pouquiño.
O esquío é un mamífero roedor,
e anda sempre arredor.
A súa cor é castañiña,
e tamén un pouco branquiña.
Ten un rabo longo e peludo,
e tamén moi forzudo.
Come con moito afán,
e na despensa garda o pan.
Como é tan pequeniño,
durme só un pouquiño.
E tan peludiño por iso non ten friíño,
por iso sempre, está quentiño.
PAPÁ NOELPAPÁ NOELPAPÁ NOELPAPÁ NOEL
Papa Noel xa é moi listo,
xa usa zorra para non ser visto.
Papa Noel vai de casa en casa,
deixando xoguetes a toda brasa.
Pola noite Papa Noel vai andando e cantando
nas súas casas os nenos están agardando.
Todos os nenos están desexando
que chegue Papa Noel
para recibir as larpeiradas
que saben a mel.
A CABAZAA CABAZAA CABAZAA CABAZA
Onte co meu pai fun de caza,
e atopei unha boa cabaza.
Cando cheguei a miña casa
partina para a vaca.
Logo fun a praza e merquei outra,
para comela, grande e loura.
Na miña casa teño moitos tipos de cabazas
Pero non son iguais que as da praza.
Elaborado polo alumnado de 3º
Andoriña nº 50 decembro 2009
5
Eran as seis en punto. Sentada no banco debaixo do
Carballo estaba Lisi, triste, calada, esperando.
Entón chegou Ian triste, calado, camiñando. Sentouse
a carón dela, no banco, debaixo do Carballo.
Lisi abriu o bolso e sacou as cartas, atadas cunha
cinta de seda, e devolveullas a Ian, como acordaran.
Ian colleu as cartas, levantouse, deulle as grazas e foise
camiñando, sen despedida. FRANCISCO
Érase unha vez un home que se chamaba Ian e unha muller que se cha-
maba Lisi. Coñecéranse de pequenos no C.E.I.P. de Randufe; as nais de Ian
e Lisi eran amigas do colexio.
Ian levaba unhas cartas para xogaren no colexio e un día, cando ían en
primeiro curso deixoulle as carta a Lisi. Cando tiñan dezaseis anos, e ían
en cuarto da E.S.O., xa eran noivos, e sempre tiña Lisi as cartas no bolso.
Aos trinta e dous anos xa ían casar na igrexa de Malvas, en canto
chegase da viaxe a avoa de Ian.
Pero a avoa espichouna nunca caída do avión no océano Pacífico, onde
había tiburóns esperando a que caíra o avión. A voda suspendeuse, e en lu-
gar da voda fíxose o funeral.
Aos corenta e cinco anos cada un foi pola súa parte e só tiñan ganas de
non verse.
Unha vez organizouse unha excursión da terceira idade ás illas Balea-
res. Un foi por un lado da illa e outro foi co grupo. Cando se decataron de
que Lisi estaba afogando no río Anllóns, ás cinco e media Ian salvouna.
No Burato de chisco hai un
libro con 16 historias de car-
tas… Cartas de amor, de ami-
zade, cartas de baralla, de na-
vegación, cartas secretas que
explican a historia da humanida-
de…
Todas estas historias inventá-
ronas os alumn@s de 6º curso.
Podes inventar ti outras, sempre
co mesmo final.
Andoriña nº 50 decembro 2009
6
EDUCACIÓN
VÍAL
O pasado mércores 26 de novembro os rapaces do
terceiro e cuarto do CEIP de Randufe asistimos á
representación dunha obra de teatro na Área
Panorámica en Tui.
Tiña que ver cos sinais de tráfico.
Andoriña nº 50 decembro 2009
7
Este rapaz tiña unha obsesión,“Os sinais de tráfico”.
Incluso a súa cama era un coche. Unha noite tivo un
soño. Pero non vos vou contar máis por si algún día ides
vela.
Na obra, tivemos a sorte
de gozar duns actores e
dunhas actrices que
cantaban e bailaban. E as
cancións gustáronnos
moito. A ver se os nosos
mestres nos poñen ese
CD tan chulo que nos
regalaron.
Andoriña nº 50 decembro 2009
8
Andoriña nº 50 decembro 2009
9
Nenos/-as de 5º
Andoriña nº 50 decembro 2009
10
Andoriña nº 50 decembro 2009
11
O señor
BICHO GRILLÍN CIGARRA
Finou en estrañas circunstancias no patio do colexio o día 13 de outubro.
Despois de permanecer no tanatorio do arquivo de sexto e realizada
a autopsia, foi soterrado o día 16 de outubro.
O seu corpo foi depositado nunha tumbiña biodegradable construída por
Uxía, Lucas e Elena. No canto dunha cruz, inscribiuse a palabra “perdón”.
Ao enterro asistiron todos os alumn@s de sexto e Laura F.
Foi soterrado debaixo da palmeira por Gerardo. Claudia e Uxía pronuncia-
ron un breve discurso na súa memoria.
Tod@s vestidos de riguroso loito, colocaron flores e tarxetas no seu lugar de
eterno descanso.
A morte de Grillín serviu para que os alumnos de sexto aprenderan
o valor da vida.
SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,
PÉNSAO BEN,PÉNSAO BEN,PÉNSAO BEN,PÉNSAO BEN,
XA QUE NON PODES ABANDONALA CANDOXA QUE NON PODES ABANDONALA CANDOXA QUE NON PODES ABANDONALA CANDOXA QUE NON PODES ABANDONALA CANDO
QUEIRASQUEIRASQUEIRASQUEIRAS....
NON SE DEBEN MANDAR ANIMAIS DUN PAÍS A
OUTRO PORQUE PODEN CREAR PROBLEMAS ALÍ
E LOGO HAI QUE MATALOS
AOS ANIMAIS HAI QUE REPECTALOS, COIDALOS, PROTEXELOS
DARLLES DE COMER E DARLLES AMOR
OS ANIMAIS
NON SE DEBEN ESPACHURRAR NIN APLASTAR
BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA
XA QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS
Andoriña nº 50 decembro 2009
12
O sábado 28 de novembro
participamos no campionato zo-
nal de campo a través que se ce-
lebrou no camping de Salcidos
na Guarda.
Despois de cada carreira os
participantes tomaron os bocadi-
llos e un chocolate quente.
Algúns tomaron 4 !!!
Lorena acadou ó 3º
posto na súa carreira.
O equipo Benxamín
Feminino tamén conse-
guiu o mesmo posto.
Están clasificadas pa-
ra o campionato provin-
cial !!!
Os nosos atletas ao chegar
Lorena no podio
Xoel en pleno esforzo
Andoriña nº 50 decembro 2009
13
Alex e Noé moi relaxados na saída...
Aquí van algúns dos máis de 450 participantes
Foi unha xornada moi boa.
Estamos desexando que che-
gue a próxima carreira!
...Sergio García un chisco menos
Xefe! Que
facemos? Cala e
corre!!!
Andoriña nº 50 decembro 2009
14
Os nenos e nenas de 4 e
5anos son uns grandes afeccio-
nados aos contos, e gostan moi-
to de xogar cos personaxes dos
mesmos.
Aquí os vemos procurando
os nomes de Piolín e Silvestre,
Pinocho, Os Picapedra, Asterix
e Obelix, Brancaneves e a Cin-
centa ou os irmáns Bolechas.
Andoriña nº 50 decembro 2009
15
Estes últimos días están moi
entretidos cos libros dos Pelelli-
ños: Uns personaxes da autoría
de Anxo Fariña que naceron nos
libros de Antón e Pompón.
Asemade de pasalo ben co-
as historias divertidas destes se-
res fantásticos, teñen unha letra
moi doada de ler.
O cociñeiro, o pirata, o mé-
dico, o montañeiro, o pallaso, o
gato, o pantasma e o bailón son
os pelelliños que teñen cadan-
seu libriño.
16
Andoriña nº 50 decembro 2009
O clamor a prol do galego estendese por todo o País. O último pronuncia-
mento foi o do Consello da Cultura Galega, que nunha Proposta institucional so-
bre a Lingua Galega, enviada ao Parlamento de Galicia o pasado 17 de novem-
bro, lembra que segundo o conxun-
to da nosa lexislación lingüística
básica, e en particular a Lei de
Normalización Lingüística, o galego
é a lingua propia de Galicia, e lém-
bralle tamén ao Parlamento os arti-
gos que constitúen o espiñazo des-
ta Lei:
Art. 1.- “O galego é a lingua pro-
pia de Galicia.”
Art. 4.- “O galego, como lingua
propia de Galicia, é lingua oficial
das institucións da Comunidade
autónoma, da súa Administra-
ción, da Administración Local e
das Entidades Públicas depen-
dentes da Comunidade Autóno-
ma.”
Art. 10.- “Os topónimos de Galicia
terán como única forma oficial a
galega.”
Art. 12.- “O galego, como lingua
propia de Galicia, é tamén lingua
oficial en todos os niveis educa-
tivos.”
Art. 18.- “O ga-
lego será a lin-
gua usual das
emisoras de ra-
dio e televisión
e nos demais
medios de co-
municación so-
cial sometidos
a xestión ou
competencia
das institu-
cións da Co-
munidade Au-
tónoma.”
Ramón Villares.
Presidente do
Consello da Cultura
Galega
O Consello da Cultura Galega é un organismo
oficial independente con personalidade xurídica propia
destinado a dinamizar a lingua e cultura de Galiza na
sociedade e asesorar aos poderes públicos do noso pa-
ís.
Foi creado en 1983 e tivo como primeiro presiden-
te a Ramón Piñeiro. O actual presidente é Ramón Villa-
res e componse de representantes de entidades e perso-
nalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura
galega.
Na Proposta institucional propón en positivo medi-
das a prol do noso idioma que supoñen na práctica un
rexeitamento dos ataques ao galego que está levando o
actual goberno galego. Nesa proposta traslada as se-
guintes consideracións:
A) As liñas mestras da política lingüística en Gali-
za, e calquera modificación substantiva da normativa
legal vixente, deben ser arroupadas por un amplo con-
senso político, social e institucional.
B) En ningún caso se deben tomar medidas que
supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do ga-
lego.
C) Os responsables políticos en xeral e o goberno
galego en particular deben impulsar un discurso público
en que o idioma galego deixe de formularse en termos
de problema e pase a comprenderse en termos de recur-
so ou activo social.
D) Estas actuacións non deben reducirse ao ámbi-
to educativo (a pesar da súa importancia capital), senón
que deben ir dirixidas ao conxunto da sociedade, procu-
rando concitar a colaboración activa dos axentes civís. O
funcionariado e o conxunto das institucións e servizos
públicos deben estar suxeitos a especiais obrigas de
capacitación e de uso do galego.
Andoriña nº 50 decembro 2009
17
Art. 20.- “Serán obrigas da Xunta de Ga-
licia:
1. Fomentar a produción, dobraxe, a subti-
tulación e exhibición de películas e outros
medios audiovisuais en lingua galega.
2. Estimular as manifestacións culturais, re-
presentacións teatrais e os espectáculos
feitos en lingua galega.
3. Contribuír ao fomento do libro en galego,
con medidas que potencien a produción
editorial e a súa difusión.”
Non está de máis lembrar estes artigos
porque todas as políticas desenvolvidas pola
actual Xunta de Galicia van en sentido contra-
rio. Os ataques ao noso idioma son unha cons-
tante por parte do goberno galego, tanto polo
seu presidente como polos distintos departa-
mentos e consellarías; sendo a Consellaría de
Educación un dos departamentos onde as me-
didas contra o galego levan camiño de ser
máis profundas. Por primeira vez na historia o
goberno galego traballa en contra do noso idio-
ma malia ter como obriga defendelo e pular por
el.
A Real Academia Galega (RAG) é outra
institución que tamén ten manifestado a súa
preocupación e oposición ás medidas contra
do noso idioma tomadas pola Xunta.
Así, o pasado mes de setembro, o seu
presidente Xosé Ramón Barreiro, que viña de
recoller de mans do titular da Xunta, Alberto
Núñez Feijóo, o premio ‘Casa dos Poetas’ que
a Fundación Curros Enríquez concede a per-
soas e institucións destacadas na promoción
da cultura, cargou na súa alocución contra a
política lingüística do goberno galego.
QUEREMOS GALEGO é unha pla-
taforma cidadá, creada a partir dunha ini-
ciativa da Mesa pola Normalización Lingü-
ística e conformada por centos de entida-
des de diferentes ámbitos, entre elas o
Equipo de Normalización e Dinamización
lingüística do CEIP de Randufe, e por mi-
lleiros de persoas a título individual, que
naceu da vontade de articular unha ampla
resposta colectiva a prol da lingua propia
do noso pobo, o galego; de defensa e afir-
mación dos usos públicos e dereitos lingü-
ísticos xa garantidos pola actual lexisla-
ción; de progresiva normalización naque-
les espazos onde o idioma de noso non
goza aínda da presenza desexada.
QUEREMOS GALEGO naceu dun
activo proceso de debate e reflexión colec-
tiva arredor da difícil situación que está a
vivir a lingua neste momento concreto. A
un estado de saúde de por si preocupante,
como reflicten todos os estudos elabora-
dos até o momento, únese un elemento
non menos grave: as medidas regresivas
que no ámbito da lingua ou da cultura está
a aplicar o actual goberno da Xunta xa
desde os primeiros días da lexislatura.
Ten como aspiración recoller e
transformar en enerxía a prol da defensa
do noso idioma, elemento central da nosa
existencia colectiva, a gran preocupación
que a actual política lingüística do goberno
galego ten creado en amplos sectores da
sociedade, independentemente das súas
afiliacións ou simpatías. A plataforma está
a favor de aquilo que nos une e identifica,
que nos sitúa as galegas e os galegos no
mundo no mesmo nivel que as outras cul-
turas do planeta, aquilo que nos fai univer-
sais: a nosa lingua.
O presidente da Real Acade-
m i a G a l e g a c r i t i c a a
“crispación” creada pola Xunta,
e di que a institución “non pode
gardar silencio nin mirar para
outra parte”
Andoriña nº 50 decembro 2009
18
ProLingua é unha plataforma creada
por persoas de moi diversa ideoloxía e pro-
fesión que ten como obxectivos exclusivos
a promoción do galego como lingua propia
de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a
consecución da súa oficialidade real, que
pasa por unha presenza normal en ámbitos
dos que se mantén practicamente excluída,
como a empresa, a xustiza e outros servi-
zos públicos e privados, especialmente os
medios de comunicación.
En función disto, declaran como ob-
xectivos irrenunciables de ProLingua a tota-
lidade dos contidos da actual Lei de Norma-
lización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral
de Normalización da Lingua Galega de
2004, que contaron, en ambos casos, coa
aprobación por unanimidade do Parlamento
de Galicia.
Estamos nun Estado de derei-
to e como cidadás e cidadáns esi-
xen que se cumpra de xeito pleno a
lexislación existente en materia lin-
güística.
Asemade esixen que non se
leve a cabo ningunha medida lexis-
lativa que supoña perda de dereitos
por parte das galegas e dos galegos
a usaren e coñeceren a lingua gale-
ga e a facer dela o seu sinal de
identidade galega.
Xosé Ramón Barreiro. Presidente da RAG
Diante dun auditorio ateigado de repre-
sentantes da cultura e da política, entre eles o
Conselleiro de Educación Jesús Vázquez, cri-
ticou a “crispación” creada pola Xunta, e afir-
mou tamén que a institución que preside “non
pode gardar silencio nin mirar para outra par-
te” cando dende a Xunta “se toman decisións
e se fan decretos” que afectan ao futuro do
galego “de costas” á propia RAG que, lembra
“é, por norma, responsábel do coidado da lin-
gua galega”.
Mais foi a manifestación celebrada en
Compostela o pasado 18 de outubro a mostra
máis evidente da resposta da sociedade gale-
ga aos ataques que sofre a nosa lingua. Con-
vocada pola Plataforma “Queremos Galego !”
reuniu unha das maiores concentracións de
persoas que se viron nunca no país cun nú-
mero de asistentes non inferior a 50.000, ha-
bendo algúns cálculos que estiman en
100.000 as persoas asistentes.
Queremos Galego ! Non é a única iniciati-
va que agromou na sociedade a prol do noso
idioma. Dentro das numerosas iniciativas en
marcha, son de salientar a Plataforma
“ProLingua” , ou a denominada “Galego, Patri-
monio da Humanidade”, que se constituíu o
pasado 14 de novembro en Compostela. Ne-
se día o Teatro Principal de Santiago quedou-
se pequeno para o acto “Galego, Lingua de
liberdade” , no que sindicalistas, escritores,
actores, mestres, políticos, estudantes de di-
versas ideoloxías xuntáronse para reclamarlle
a Xunta que volva ao consenso a prol da nor-
malización do idioma.
Se queres saber máis:
Proposta institucional do Consello
da Cultura Galega sobre a Lingua
ao Parlamento de Galicia:
http://consellodacultura.org/?
p=1358
ProLingua:
http://prolinguagalega.org/
Plataforma Queremos Galego !:
http://www.queremosgalego.org/
Axencia Europea para as Linguas
Minorizadas, EBLUL:
http://www.eblul.org/
Galego, Patrimonio da Humanidade:
http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/
Mais no só no país hai reaccións en prol do galego e críticas coas medidas
contrarias ao noso idioma. O pasado 26 de novembro foi a Axencia Europea para
as Linguas Minorizadas, EBLUL nas súas siglas en inglés (European Bureau for
Lesser-Ussed Lenguages).
EBLUL é unha axencia promovida polo Parlamento Europeo, e ten o rango
de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU.
Na resolución aprobada por unanimidade solicítase da Xunta de Galicia que
“desenvolva unha política
lingüística de promoción
e extensión social da lin-
gua propia de Galiza, pon-
do fin ás iniciativas que
tomou nos últimos meses
en contra do idioma gale-
go nos diferentes ámbi-
tos.”
,
Andoriña nº 50 decembro 2009
19
Galego, Patrimonio da Humanidade xurde a partir dun
manifesto do mesmo nome que publicado a pasada primavera nun
blogue de internet consegue en poucos días máis dun milleiro de
adhesións que levan aos seus promotores a seguir adiarte coa
iniciativa e a convertela nunha plataforma a prol do galego co no-
me do manifesto inicial.
Nese manifesto acúsase ao PP de saírse do consenso man-
tido arredor da lingua e de procurar un “intento de liquidación do
idioma galego e de supremacía do castelán”. Tamén acusa a ese
partido de “destruír o que é unha das bases da convivencia na no-
sa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país”.
Os obxectivos desta plataforma son apelar á sociedade ga-
lega, da que di que “sente aprecio cara a súa lingua independente-
mente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente” para
que reclame “unha volta do PP a un terreo común”. Asemade mos-
trar o seu “acordo coas políticas de afirmación positiva para o idio-
ma galego”, que o propio PP impulsara desde a Xunta no seu día.
Remata o manifesto dicindo: “O idioma de Galicia é un patri-
monio da humanidade que debemos custodiar e garantir como me-
dio de comunicación e información”.
Andoriña nº 50 decembro 2009
20
Este ano témosvos que contar diferentes novidades
que de seguro serán do voso interese. Estamos
mellorando os nosos espazos para que o proceso de
ensinanza-aprendizaxe se adapte as novas tecnoloxías e
teñamos espazos novos para gozar do tempo de lecer.
CEIP DE
RANDUFE.
MELLORANDO O
NOSO CENTRO
Departamento de Orientación. Lugar
onde traballa o noso equipo de
orientación.
Andoriña nº 50 decembro 2009
21
Nestas imaxes podedes ollar
aulas con pantallas e
proxectores, melloras na sala de
usos múltiples, o novo chan nas
aulas de educación infantil e uns
brinquedos no patio que dan
moito xogo non só ao alumnado
de infantil, senón tamén a algúns
e algunhas máis maiores.
Andoriña nº 50 decembro 2009
22
Andoriña nº 50 decembro 2009
23
O noso colexio iniciou este curso unha campaña de animación á lectura.
Os CHISCOEUROS son as moedas e billetes que cobramos polas horas de lectura na casa.
Por cada hora de lectura os profes de galego e castelán págannos 1 chiscoeuro.
Cando xuntamos 10 chiscoeuros, cambiámolos por un billete de 10 chiscoeuros.
SE AFORRAMOS 100 CHISCOEUROS
TEMOS UN DIPLOMA PERSONALIZA-
DO CO NOSO NOME E AS FIRMAS
DOS PROFES.
Os CHISCOEUROSOs CHISCOEUROSOs CHISCOEUROSOs CHISCOEUROS
gárdanse nasgárdanse nasgárdanse nasgárdanse nas
CHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRAS
que son de distinta corque son de distinta corque son de distinta corque son de distinta cor
segundo o curso:segundo o curso:segundo o curso:segundo o curso:
3º vermellas3º vermellas3º vermellas3º vermellas
4º verdes4º verdes4º verdes4º verdes
5º amarelas5º amarelas5º amarelas5º amarelas
6º azuis6º azuis6º azuis6º azuis
Chegaron este curso á nosa escola; son Abel, Ismael,
Iria,Lucía, Marina, Laura, Fabián, Daniel e Raquel sentados na
primeira fila; César, Kike, Sabela, Óscar, Brais, Iria, Carla, Lau-
ra, Aitana, Eva e Mariña de pé no medio; e na parte alta
Eduardo, Nerea e David, coa profesora Nuria e o profesor Jo-
sé J.
Non nos esquecemos de Xabier, Rayane, Alejandro, Joel,
Sara, Alba, Sonia, Petra, Perla e a profesora Vanessa que non
estaban o día que fotografamos o grupo de recén chegados.
Benvidos e benvidas!

More Related Content

What's hot

What's hot (16)

Programacion Infantil 2015
Programacion Infantil 2015Programacion Infantil 2015
Programacion Infantil 2015
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
O conto do apalpador
O conto do apalpadorO conto do apalpador
O conto do apalpador
 
9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Unidade didactica nadal
Unidade didactica nadalUnidade didactica nadal
Unidade didactica nadal
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 

Viewers also liked

Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016ceiprandufe
 
Cd student help-final
Cd student help-finalCd student help-final
Cd student help-finalsaaheh
 
Cd student help-final
Cd student help-finalCd student help-final
Cd student help-finalsaaheh
 
O berce de papel nº 77
O berce de papel nº 77O berce de papel nº 77
O berce de papel nº 77ceiprandufe
 
Photography project sulaiman alg 2
Photography project sulaiman alg 2Photography project sulaiman alg 2
Photography project sulaiman alg 2suli567
 
Моделирование физических задач (на укр.яз)
Моделирование физических задач (на укр.яз)Моделирование физических задач (на укр.яз)
Моделирование физических задач (на укр.яз)Svetlana Kaplun
 
Photography project sulaiman alg and trig
Photography project sulaiman alg and trigPhotography project sulaiman alg and trig
Photography project sulaiman alg and trigsuli567
 
D2 information processing
D2 information processingD2 information processing
D2 information processingweetheng
 

Viewers also liked (9)

Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016
 
Cd student help-final
Cd student help-finalCd student help-final
Cd student help-final
 
Cd student help-final
Cd student help-finalCd student help-final
Cd student help-final
 
Masters Class.
Masters Class.Masters Class.
Masters Class.
 
O berce de papel nº 77
O berce de papel nº 77O berce de papel nº 77
O berce de papel nº 77
 
Photography project sulaiman alg 2
Photography project sulaiman alg 2Photography project sulaiman alg 2
Photography project sulaiman alg 2
 
Моделирование физических задач (на укр.яз)
Моделирование физических задач (на укр.яз)Моделирование физических задач (на укр.яз)
Моделирование физических задач (на укр.яз)
 
Photography project sulaiman alg and trig
Photography project sulaiman alg and trigPhotography project sulaiman alg and trig
Photography project sulaiman alg and trig
 
D2 information processing
D2 information processingD2 information processing
D2 information processing
 

Similar to Andoriña nº 50

Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41xurxobou
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta Corujo
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)
3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)
3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)Espinheira Aldan
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blancocortinhas
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blogmafebesada
 
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 PontevedraPrograma Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 PontevedraStf
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Letras galegas 2015
Letras galegas 2015Letras galegas 2015
Letras galegas 2015Encarna
 

Similar to Andoriña nº 50 (20)

Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Revista 2013
Revista 2013Revista 2013
Revista 2013
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)
3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)
3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blanco
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 PontevedraPrograma Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
 
A NOSA CLASE DE TRES ANOS
A NOSA CLASE DE TRES ANOSA NOSA CLASE DE TRES ANOS
A NOSA CLASE DE TRES ANOS
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Letras galegas 2015
Letras galegas 2015Letras galegas 2015
Letras galegas 2015
 

More from ceiprandufe

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellorceiprandufe
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellorceiprandufe
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellorceiprandufe
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellorceiprandufe
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaceiprandufe
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesíaceiprandufe
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017ceiprandufe
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 

More from ceiprandufe (20)

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
 

Andoriña nº 50

  • 1. AndoriñaREVISTA ESCOLAR DO CEIP DE RANDUFE Nº 50 DECEMBRO DE 2009 SUMARIO Palabras alegres, doces e agarimosas ...2 Xogamos ...3 Poemas de 3º ...4 Cartas ...5 Educación viaria ...6 e 7 Tradicións de Nadal ...8 e 9 Artistas de 6º ...10 Necrolóxica ...11 Campo a través ...12 e 13 Os personaxes dan xogo ...14 e 15 Queremos Galego ! ...16 a 19 Mellorando a escola ...20 e 21 Os máis cativos ...22 Os Chiscoeuros ...23 Chegaron este curso ...24
  • 2. Andoriña nº 50 decembro 2009 2
  • 3. Andoriña nº 50 decembro 2009 3 Os nenos e nenas de segundo estamos a aprender a xogar xadrez nos nosos momen- tos libres, e… gústanos un montón!!! Primeiro buscamos na internet de onde ven este xogo e atopamos que non está moi claro aínda. Algúns pensan que o inventaron na India, outros que os babilonios e os chine- ses. O certo é que é moi antigo. SABEMOS QUE... O tabolei- ro ten 64 cadros 32 brancos As brancas comezan a batalla 8 PEÓNS loitan co- ma solda- dos 1 RAIÑA que vai onde quere Todos queren coller o rei Enroque 32 negros 2 CABALOS que cabal- gan 2 ALFILES a carón do rei e a raíña Xaque 2 TORRES que son os gardiáns Xaque mate 1 REI que non pode morrer SE QUERES PRACTICAR NA CASA... Cuento de ajedrez. FIlguth, Rubens. Ed. Paidotribo. Cuento de ajedrez práctico. Filguth, Rubens. Ed. Paidotribo. Iniciación ajedrez para niños. Castro Girona, Pablo. E NO ORDENADOR... El pequeño Fritz. Ajedrez. Versión para niños. Chessmaster 3000. Virtual chess 2 O xadrez é un medio ideal para desenvolver habilidades mentais coma a atención, imaxi- nación, pensamento abstracto, memoria, toma de decisións, percepción, análise sistemática, a aprendizaxe a partir do erro… e valores coma o respecto polo opoñente, responsabilidade, cortesía, autocontrol…
  • 4. Andoriña nº 50 decembro 2009 4 O ESQUÍOO ESQUÍOO ESQUÍOO ESQUÍO O esquío é un animal moi pequeniño, come e salta un pouquiño. O esquío é un mamífero roedor, e anda sempre arredor. A súa cor é castañiña, e tamén un pouco branquiña. Ten un rabo longo e peludo, e tamén moi forzudo. Come con moito afán, e na despensa garda o pan. Como é tan pequeniño, durme só un pouquiño. E tan peludiño por iso non ten friíño, por iso sempre, está quentiño. PAPÁ NOELPAPÁ NOELPAPÁ NOELPAPÁ NOEL Papa Noel xa é moi listo, xa usa zorra para non ser visto. Papa Noel vai de casa en casa, deixando xoguetes a toda brasa. Pola noite Papa Noel vai andando e cantando nas súas casas os nenos están agardando. Todos os nenos están desexando que chegue Papa Noel para recibir as larpeiradas que saben a mel. A CABAZAA CABAZAA CABAZAA CABAZA Onte co meu pai fun de caza, e atopei unha boa cabaza. Cando cheguei a miña casa partina para a vaca. Logo fun a praza e merquei outra, para comela, grande e loura. Na miña casa teño moitos tipos de cabazas Pero non son iguais que as da praza. Elaborado polo alumnado de 3º
  • 5. Andoriña nº 50 decembro 2009 5 Eran as seis en punto. Sentada no banco debaixo do Carballo estaba Lisi, triste, calada, esperando. Entón chegou Ian triste, calado, camiñando. Sentouse a carón dela, no banco, debaixo do Carballo. Lisi abriu o bolso e sacou as cartas, atadas cunha cinta de seda, e devolveullas a Ian, como acordaran. Ian colleu as cartas, levantouse, deulle as grazas e foise camiñando, sen despedida. FRANCISCO Érase unha vez un home que se chamaba Ian e unha muller que se cha- maba Lisi. Coñecéranse de pequenos no C.E.I.P. de Randufe; as nais de Ian e Lisi eran amigas do colexio. Ian levaba unhas cartas para xogaren no colexio e un día, cando ían en primeiro curso deixoulle as carta a Lisi. Cando tiñan dezaseis anos, e ían en cuarto da E.S.O., xa eran noivos, e sempre tiña Lisi as cartas no bolso. Aos trinta e dous anos xa ían casar na igrexa de Malvas, en canto chegase da viaxe a avoa de Ian. Pero a avoa espichouna nunca caída do avión no océano Pacífico, onde había tiburóns esperando a que caíra o avión. A voda suspendeuse, e en lu- gar da voda fíxose o funeral. Aos corenta e cinco anos cada un foi pola súa parte e só tiñan ganas de non verse. Unha vez organizouse unha excursión da terceira idade ás illas Balea- res. Un foi por un lado da illa e outro foi co grupo. Cando se decataron de que Lisi estaba afogando no río Anllóns, ás cinco e media Ian salvouna. No Burato de chisco hai un libro con 16 historias de car- tas… Cartas de amor, de ami- zade, cartas de baralla, de na- vegación, cartas secretas que explican a historia da humanida- de… Todas estas historias inventá- ronas os alumn@s de 6º curso. Podes inventar ti outras, sempre co mesmo final.
  • 6. Andoriña nº 50 decembro 2009 6 EDUCACIÓN VÍAL O pasado mércores 26 de novembro os rapaces do terceiro e cuarto do CEIP de Randufe asistimos á representación dunha obra de teatro na Área Panorámica en Tui. Tiña que ver cos sinais de tráfico.
  • 7. Andoriña nº 50 decembro 2009 7 Este rapaz tiña unha obsesión,“Os sinais de tráfico”. Incluso a súa cama era un coche. Unha noite tivo un soño. Pero non vos vou contar máis por si algún día ides vela. Na obra, tivemos a sorte de gozar duns actores e dunhas actrices que cantaban e bailaban. E as cancións gustáronnos moito. A ver se os nosos mestres nos poñen ese CD tan chulo que nos regalaron.
  • 8. Andoriña nº 50 decembro 2009 8
  • 9. Andoriña nº 50 decembro 2009 9 Nenos/-as de 5º
  • 10. Andoriña nº 50 decembro 2009 10
  • 11. Andoriña nº 50 decembro 2009 11 O señor BICHO GRILLÍN CIGARRA Finou en estrañas circunstancias no patio do colexio o día 13 de outubro. Despois de permanecer no tanatorio do arquivo de sexto e realizada a autopsia, foi soterrado o día 16 de outubro. O seu corpo foi depositado nunha tumbiña biodegradable construída por Uxía, Lucas e Elena. No canto dunha cruz, inscribiuse a palabra “perdón”. Ao enterro asistiron todos os alumn@s de sexto e Laura F. Foi soterrado debaixo da palmeira por Gerardo. Claudia e Uxía pronuncia- ron un breve discurso na súa memoria. Tod@s vestidos de riguroso loito, colocaron flores e tarxetas no seu lugar de eterno descanso. A morte de Grillín serviu para que os alumnos de sexto aprenderan o valor da vida. SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA,SE QUERES TER UNHA MASCOTA NA CASA, PÉNSAO BEN,PÉNSAO BEN,PÉNSAO BEN,PÉNSAO BEN, XA QUE NON PODES ABANDONALA CANDOXA QUE NON PODES ABANDONALA CANDOXA QUE NON PODES ABANDONALA CANDOXA QUE NON PODES ABANDONALA CANDO QUEIRASQUEIRASQUEIRASQUEIRAS.... NON SE DEBEN MANDAR ANIMAIS DUN PAÍS A OUTRO PORQUE PODEN CREAR PROBLEMAS ALÍ E LOGO HAI QUE MATALOS AOS ANIMAIS HAI QUE REPECTALOS, COIDALOS, PROTEXELOS DARLLES DE COMER E DARLLES AMOR OS ANIMAIS NON SE DEBEN ESPACHURRAR NIN APLASTAR BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA XA QUE SON SERES VIVOS COMA NÓS
  • 12. Andoriña nº 50 decembro 2009 12 O sábado 28 de novembro participamos no campionato zo- nal de campo a través que se ce- lebrou no camping de Salcidos na Guarda. Despois de cada carreira os participantes tomaron os bocadi- llos e un chocolate quente. Algúns tomaron 4 !!! Lorena acadou ó 3º posto na súa carreira. O equipo Benxamín Feminino tamén conse- guiu o mesmo posto. Están clasificadas pa- ra o campionato provin- cial !!! Os nosos atletas ao chegar Lorena no podio Xoel en pleno esforzo
  • 13. Andoriña nº 50 decembro 2009 13 Alex e Noé moi relaxados na saída... Aquí van algúns dos máis de 450 participantes Foi unha xornada moi boa. Estamos desexando que che- gue a próxima carreira! ...Sergio García un chisco menos Xefe! Que facemos? Cala e corre!!!
  • 14. Andoriña nº 50 decembro 2009 14 Os nenos e nenas de 4 e 5anos son uns grandes afeccio- nados aos contos, e gostan moi- to de xogar cos personaxes dos mesmos. Aquí os vemos procurando os nomes de Piolín e Silvestre, Pinocho, Os Picapedra, Asterix e Obelix, Brancaneves e a Cin- centa ou os irmáns Bolechas.
  • 15. Andoriña nº 50 decembro 2009 15 Estes últimos días están moi entretidos cos libros dos Pelelli- ños: Uns personaxes da autoría de Anxo Fariña que naceron nos libros de Antón e Pompón. Asemade de pasalo ben co- as historias divertidas destes se- res fantásticos, teñen unha letra moi doada de ler. O cociñeiro, o pirata, o mé- dico, o montañeiro, o pallaso, o gato, o pantasma e o bailón son os pelelliños que teñen cadan- seu libriño.
  • 16. 16 Andoriña nº 50 decembro 2009 O clamor a prol do galego estendese por todo o País. O último pronuncia- mento foi o do Consello da Cultura Galega, que nunha Proposta institucional so- bre a Lingua Galega, enviada ao Parlamento de Galicia o pasado 17 de novem- bro, lembra que segundo o conxun- to da nosa lexislación lingüística básica, e en particular a Lei de Normalización Lingüística, o galego é a lingua propia de Galicia, e lém- bralle tamén ao Parlamento os arti- gos que constitúen o espiñazo des- ta Lei: Art. 1.- “O galego é a lingua pro- pia de Galicia.” Art. 4.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade autónoma, da súa Administra- ción, da Administración Local e das Entidades Públicas depen- dentes da Comunidade Autóno- ma.” Art. 10.- “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.” Art. 12.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial en todos os niveis educa- tivos.” Art. 18.- “O ga- lego será a lin- gua usual das emisoras de ra- dio e televisión e nos demais medios de co- municación so- cial sometidos a xestión ou competencia das institu- cións da Co- munidade Au- tónoma.” Ramón Villares. Presidente do Consello da Cultura Galega O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e cultura de Galiza na sociedade e asesorar aos poderes públicos do noso pa- ís. Foi creado en 1983 e tivo como primeiro presiden- te a Ramón Piñeiro. O actual presidente é Ramón Villa- res e componse de representantes de entidades e perso- nalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Na Proposta institucional propón en positivo medi- das a prol do noso idioma que supoñen na práctica un rexeitamento dos ataques ao galego que está levando o actual goberno galego. Nesa proposta traslada as se- guintes consideracións: A) As liñas mestras da política lingüística en Gali- za, e calquera modificación substantiva da normativa legal vixente, deben ser arroupadas por un amplo con- senso político, social e institucional. B) En ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do ga- lego. C) Os responsables políticos en xeral e o goberno galego en particular deben impulsar un discurso público en que o idioma galego deixe de formularse en termos de problema e pase a comprenderse en termos de recur- so ou activo social. D) Estas actuacións non deben reducirse ao ámbi- to educativo (a pesar da súa importancia capital), senón que deben ir dirixidas ao conxunto da sociedade, procu- rando concitar a colaboración activa dos axentes civís. O funcionariado e o conxunto das institucións e servizos públicos deben estar suxeitos a especiais obrigas de capacitación e de uso do galego.
  • 17. Andoriña nº 50 decembro 2009 17 Art. 20.- “Serán obrigas da Xunta de Ga- licia: 1. Fomentar a produción, dobraxe, a subti- tulación e exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega. 2. Estimular as manifestacións culturais, re- presentacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega. 3. Contribuír ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión.” Non está de máis lembrar estes artigos porque todas as políticas desenvolvidas pola actual Xunta de Galicia van en sentido contra- rio. Os ataques ao noso idioma son unha cons- tante por parte do goberno galego, tanto polo seu presidente como polos distintos departa- mentos e consellarías; sendo a Consellaría de Educación un dos departamentos onde as me- didas contra o galego levan camiño de ser máis profundas. Por primeira vez na historia o goberno galego traballa en contra do noso idio- ma malia ter como obriga defendelo e pular por el. A Real Academia Galega (RAG) é outra institución que tamén ten manifestado a súa preocupación e oposición ás medidas contra do noso idioma tomadas pola Xunta. Así, o pasado mes de setembro, o seu presidente Xosé Ramón Barreiro, que viña de recoller de mans do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o premio ‘Casa dos Poetas’ que a Fundación Curros Enríquez concede a per- soas e institucións destacadas na promoción da cultura, cargou na súa alocución contra a política lingüística do goberno galego. QUEREMOS GALEGO é unha pla- taforma cidadá, creada a partir dunha ini- ciativa da Mesa pola Normalización Lingü- ística e conformada por centos de entida- des de diferentes ámbitos, entre elas o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística do CEIP de Randufe, e por mi- lleiros de persoas a título individual, que naceu da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afir- mación dos usos públicos e dereitos lingü- ísticos xa garantidos pola actual lexisla- ción; de progresiva normalización naque- les espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada. QUEREMOS GALEGO naceu dun activo proceso de debate e reflexión colec- tiva arredor da difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elabora- dos até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura. Ten como aspiración recoller e transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade, independentemente das súas afiliacións ou simpatías. A plataforma está a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras cul- turas do planeta, aquilo que nos fai univer- sais: a nosa lingua. O presidente da Real Acade- m i a G a l e g a c r i t i c a a “crispación” creada pola Xunta, e di que a institución “non pode gardar silencio nin mirar para outra parte”
  • 18. Andoriña nº 50 decembro 2009 18 ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e pro- fesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servi- zos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación. En función disto, declaran como ob- xectivos irrenunciables de ProLingua a tota- lidade dos contidos da actual Lei de Norma- lización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia. Estamos nun Estado de derei- to e como cidadás e cidadáns esi- xen que se cumpra de xeito pleno a lexislación existente en materia lin- güística. Asemade esixen que non se leve a cabo ningunha medida lexis- lativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua gale- ga e a facer dela o seu sinal de identidade galega. Xosé Ramón Barreiro. Presidente da RAG Diante dun auditorio ateigado de repre- sentantes da cultura e da política, entre eles o Conselleiro de Educación Jesús Vázquez, cri- ticou a “crispación” creada pola Xunta, e afir- mou tamén que a institución que preside “non pode gardar silencio nin mirar para outra par- te” cando dende a Xunta “se toman decisións e se fan decretos” que afectan ao futuro do galego “de costas” á propia RAG que, lembra “é, por norma, responsábel do coidado da lin- gua galega”. Mais foi a manifestación celebrada en Compostela o pasado 18 de outubro a mostra máis evidente da resposta da sociedade gale- ga aos ataques que sofre a nosa lingua. Con- vocada pola Plataforma “Queremos Galego !” reuniu unha das maiores concentracións de persoas que se viron nunca no país cun nú- mero de asistentes non inferior a 50.000, ha- bendo algúns cálculos que estiman en 100.000 as persoas asistentes. Queremos Galego ! Non é a única iniciati- va que agromou na sociedade a prol do noso idioma. Dentro das numerosas iniciativas en marcha, son de salientar a Plataforma “ProLingua” , ou a denominada “Galego, Patri- monio da Humanidade”, que se constituíu o pasado 14 de novembro en Compostela. Ne- se día o Teatro Principal de Santiago quedou- se pequeno para o acto “Galego, Lingua de liberdade” , no que sindicalistas, escritores, actores, mestres, políticos, estudantes de di- versas ideoloxías xuntáronse para reclamarlle a Xunta que volva ao consenso a prol da nor- malización do idioma.
  • 19. Se queres saber máis: Proposta institucional do Consello da Cultura Galega sobre a Lingua ao Parlamento de Galicia: http://consellodacultura.org/? p=1358 ProLingua: http://prolinguagalega.org/ Plataforma Queremos Galego !: http://www.queremosgalego.org/ Axencia Europea para as Linguas Minorizadas, EBLUL: http://www.eblul.org/ Galego, Patrimonio da Humanidade: http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/ Mais no só no país hai reaccións en prol do galego e críticas coas medidas contrarias ao noso idioma. O pasado 26 de novembro foi a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas, EBLUL nas súas siglas en inglés (European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages). EBLUL é unha axencia promovida polo Parlamento Europeo, e ten o rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU. Na resolución aprobada por unanimidade solicítase da Xunta de Galicia que “desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lin- gua propia de Galiza, pon- do fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma gale- go nos diferentes ámbi- tos.” , Andoriña nº 50 decembro 2009 19 Galego, Patrimonio da Humanidade xurde a partir dun manifesto do mesmo nome que publicado a pasada primavera nun blogue de internet consegue en poucos días máis dun milleiro de adhesións que levan aos seus promotores a seguir adiarte coa iniciativa e a convertela nunha plataforma a prol do galego co no- me do manifesto inicial. Nese manifesto acúsase ao PP de saírse do consenso man- tido arredor da lingua e de procurar un “intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán”. Tamén acusa a ese partido de “destruír o que é unha das bases da convivencia na no- sa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país”. Os obxectivos desta plataforma son apelar á sociedade ga- lega, da que di que “sente aprecio cara a súa lingua independente- mente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente” para que reclame “unha volta do PP a un terreo común”. Asemade mos- trar o seu “acordo coas políticas de afirmación positiva para o idio- ma galego”, que o propio PP impulsara desde a Xunta no seu día. Remata o manifesto dicindo: “O idioma de Galicia é un patri- monio da humanidade que debemos custodiar e garantir como me- dio de comunicación e información”.
  • 20. Andoriña nº 50 decembro 2009 20 Este ano témosvos que contar diferentes novidades que de seguro serán do voso interese. Estamos mellorando os nosos espazos para que o proceso de ensinanza-aprendizaxe se adapte as novas tecnoloxías e teñamos espazos novos para gozar do tempo de lecer. CEIP DE RANDUFE. MELLORANDO O NOSO CENTRO Departamento de Orientación. Lugar onde traballa o noso equipo de orientación.
  • 21. Andoriña nº 50 decembro 2009 21 Nestas imaxes podedes ollar aulas con pantallas e proxectores, melloras na sala de usos múltiples, o novo chan nas aulas de educación infantil e uns brinquedos no patio que dan moito xogo non só ao alumnado de infantil, senón tamén a algúns e algunhas máis maiores.
  • 22. Andoriña nº 50 decembro 2009 22
  • 23. Andoriña nº 50 decembro 2009 23 O noso colexio iniciou este curso unha campaña de animación á lectura. Os CHISCOEUROS son as moedas e billetes que cobramos polas horas de lectura na casa. Por cada hora de lectura os profes de galego e castelán págannos 1 chiscoeuro. Cando xuntamos 10 chiscoeuros, cambiámolos por un billete de 10 chiscoeuros. SE AFORRAMOS 100 CHISCOEUROS TEMOS UN DIPLOMA PERSONALIZA- DO CO NOSO NOME E AS FIRMAS DOS PROFES. Os CHISCOEUROSOs CHISCOEUROSOs CHISCOEUROSOs CHISCOEUROS gárdanse nasgárdanse nasgárdanse nasgárdanse nas CHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRASCHISCOCARTEIRAS que son de distinta corque son de distinta corque son de distinta corque son de distinta cor segundo o curso:segundo o curso:segundo o curso:segundo o curso: 3º vermellas3º vermellas3º vermellas3º vermellas 4º verdes4º verdes4º verdes4º verdes 5º amarelas5º amarelas5º amarelas5º amarelas 6º azuis6º azuis6º azuis6º azuis
  • 24. Chegaron este curso á nosa escola; son Abel, Ismael, Iria,Lucía, Marina, Laura, Fabián, Daniel e Raquel sentados na primeira fila; César, Kike, Sabela, Óscar, Brais, Iria, Carla, Lau- ra, Aitana, Eva e Mariña de pé no medio; e na parte alta Eduardo, Nerea e David, coa profesora Nuria e o profesor Jo- sé J. Non nos esquecemos de Xabier, Rayane, Alejandro, Joel, Sara, Alba, Sonia, Petra, Perla e a profesora Vanessa que non estaban o día que fotografamos o grupo de recén chegados. Benvidos e benvidas!