SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 64 xaneiro de 2017
EN GALEGO, SEN PREXUÍZOS
As viñetas de Luís Davila que ilustran este boletín for-
man parte dun calendario para 2017 editado pola Universida-
de de Vigo. As tres da contracapa ilustran os meses de xanei-
ro, febreiro e marzo (hai unha por cada mes do ano) e a que
está por riba destas liñas é a portada do almanaque.
O lema que acompaña cada unha destas viñetas é en ga-
lego, sen prexuízos; e abofé que ilustran ben, coa mestría e
irónico humor de Davila, moitos dos prexuízos que acompa-
ñan o noso idioma e que dificultan o seu uso normal no país
que lle é propio. Neste caso a suposta (falsa e absurda) inca-
pacidade para os ámbitos científicos ou tecnolóxicos, a fuxi-
da do mesmo aducindo poucos falantes (xa quixeran os habi-
tantes de moitos estados europeos que as súas linguas tive-
sen as mesmas posibilidades de comunicación que ten o ga-
lego) ou os prexuízos coa sinaléctica na nosa lingua (“é que
os de fóra non entenden”).
E a viñeta da portada? Que podemos dicir? A mestra re-
presenta o papel que historicamente xogou a escola e que
quizais en algúns (ou moitos) casos segue xogando: unha
institución desgaleguizadora.
seguir lendo na contraportada
vén da portada
Nós intentamos que non sexa así e que sexa un elemento po-
sitivo a prol da normalización do idioma. Mais esta tarefa vai moi-
to máis aló dos muros da escola: é responsabilidade de toda a so-
ciedade. E un papel moi importante xógano os pais e nais na
transmisión do idioma aos seus fillos e fillas.
DITOS E FRASES FEITAS (3): ESTAR COMA UN BUXO
Estar (ou ser) coma un buxo indica estar (ou ser) forte, o mesmo que estar coma un carballo. Son
frases feitas, que pola dureza das madeiras das árbores ás que fan referencia, transmiten a idea de fortale-
za respecto da persoa da que se fala. Co mesmo significado é a frase estar (ou ser) forte coma un breu.
Entre a fraseoloxía que gaba a fortaleza dunha persoa hai un espazo para as persoas xa non novas que se
conservan ben como non pasar un día por alguén, estar feito (ou parecer) un abril, estar para gastar
unhas mangas novas.
Hai tamén frases feitas para indicar que unha persoa está moi delgada: estar como un bacallau polo
rabo, estar coma un carabullo,... como un fío,... coma un pau de virar tripas,... coma un fiúncho,... es-
tar feito un cascallo,... un coiro,... un pistraca,... Ou tamén para indicar que está moi gorda: Estar coma
un bocoi,... como un baluro,... coma un bazuncho,... un zoncho,... un rebolo...
E para referírmonos a aparencia física hainas positivas, para indicar que unha persoa é fermosa, ten bo
aspecto, como: estar de bo ano, estar cuca, ir feita unha Berenguela, ter cara de rosa, merecer un
tento,... E en sentido negativo, indicando fealdade: ser un cangallo,... un croio, ou directamente chamar-
lle feo/a con expresións como ser feo ás leguas ou ser feo/a como a morte.
Un está coma un fío e
o outro coma un rebolo.
Carabullo é un pau pequeno e delga-
do, que se usa sobre todo para prender lu-
me; pistraca é unha persoa que come moi
pouco e non de todo; bazuncho como ad-
xectivo significa con moita barriga e como
substantivo persoa grosa e de pouca esta-
tura, zoncho é a castaña cocida coa pela.
Todas estás palabras teñen relación coa
delgadeza ou gordura á que queren aludir
nos ditos, porén baluro é un sinónimo de
bruxo, feiticeiro, mago, meigo; un exemplo
de como unha frase feita muda o significa-
do inicial das palabras que a compoñen.
Para xogar ao rugby hai
que estar forte coma un
breu; e con todo podes re-
matar así de magoado.

More Related Content

Viewers also liked (6)

Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]
 
Aloia
AloiaAloia
Aloia
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
 
Nº 61 xuño 2016 en galego,.
Nº 61 xuño 2016  en galego,.Nº 61 xuño 2016  en galego,.
Nº 61 xuño 2016 en galego,.
 
Non chas quero
Non chas queroNon chas quero
Non chas quero
 

Similar to Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.

A palabra
A palabraA palabra
A palabra
Marlou
 
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellorNº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
ceiprandufe
 

Similar to Nº 64 xaneiro 2017 en galego,. (20)

Diptico infantil
Diptico infantilDiptico infantil
Diptico infantil
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabra
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Nº 52 febreiro 2015 en galego,.
Nº 52 febreiro 2015  en galego,.Nº 52 febreiro 2015  en galego,.
Nº 52 febreiro 2015 en galego,.
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellorNº 15 novembro 2009  en galego,...máis e mellor
Nº 15 novembro 2009 en galego,...máis e mellor
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 

More from ceiprandufe

More from ceiprandufe (20)

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016
 
Nº 60 abril 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 60 abril 2016  en galego,...máis e mellorNº 60 abril 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 60 abril 2016 en galego,...máis e mellor
 
Nº 59 febreiro 2016 en galego,.
Nº 59 febreiro 2016  en galego,.Nº 59 febreiro 2016  en galego,.
Nº 59 febreiro 2016 en galego,.
 
Nº 58 xaneiro 2016 en galego,.
Nº 58 xaneiro 2016  en galego,.Nº 58 xaneiro 2016  en galego,.
Nº 58 xaneiro 2016 en galego,.
 

Recently uploaded

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.

  • 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 64 xaneiro de 2017 EN GALEGO, SEN PREXUÍZOS As viñetas de Luís Davila que ilustran este boletín for- man parte dun calendario para 2017 editado pola Universida- de de Vigo. As tres da contracapa ilustran os meses de xanei- ro, febreiro e marzo (hai unha por cada mes do ano) e a que está por riba destas liñas é a portada do almanaque. O lema que acompaña cada unha destas viñetas é en ga- lego, sen prexuízos; e abofé que ilustran ben, coa mestría e irónico humor de Davila, moitos dos prexuízos que acompa- ñan o noso idioma e que dificultan o seu uso normal no país que lle é propio. Neste caso a suposta (falsa e absurda) inca- pacidade para os ámbitos científicos ou tecnolóxicos, a fuxi- da do mesmo aducindo poucos falantes (xa quixeran os habi- tantes de moitos estados europeos que as súas linguas tive- sen as mesmas posibilidades de comunicación que ten o ga- lego) ou os prexuízos coa sinaléctica na nosa lingua (“é que os de fóra non entenden”). E a viñeta da portada? Que podemos dicir? A mestra re- presenta o papel que historicamente xogou a escola e que quizais en algúns (ou moitos) casos segue xogando: unha institución desgaleguizadora. seguir lendo na contraportada vén da portada Nós intentamos que non sexa así e que sexa un elemento po- sitivo a prol da normalización do idioma. Mais esta tarefa vai moi- to máis aló dos muros da escola: é responsabilidade de toda a so- ciedade. E un papel moi importante xógano os pais e nais na transmisión do idioma aos seus fillos e fillas.
  • 2. DITOS E FRASES FEITAS (3): ESTAR COMA UN BUXO Estar (ou ser) coma un buxo indica estar (ou ser) forte, o mesmo que estar coma un carballo. Son frases feitas, que pola dureza das madeiras das árbores ás que fan referencia, transmiten a idea de fortale- za respecto da persoa da que se fala. Co mesmo significado é a frase estar (ou ser) forte coma un breu. Entre a fraseoloxía que gaba a fortaleza dunha persoa hai un espazo para as persoas xa non novas que se conservan ben como non pasar un día por alguén, estar feito (ou parecer) un abril, estar para gastar unhas mangas novas. Hai tamén frases feitas para indicar que unha persoa está moi delgada: estar como un bacallau polo rabo, estar coma un carabullo,... como un fío,... coma un pau de virar tripas,... coma un fiúncho,... es- tar feito un cascallo,... un coiro,... un pistraca,... Ou tamén para indicar que está moi gorda: Estar coma un bocoi,... como un baluro,... coma un bazuncho,... un zoncho,... un rebolo... E para referírmonos a aparencia física hainas positivas, para indicar que unha persoa é fermosa, ten bo aspecto, como: estar de bo ano, estar cuca, ir feita unha Berenguela, ter cara de rosa, merecer un tento,... E en sentido negativo, indicando fealdade: ser un cangallo,... un croio, ou directamente chamar- lle feo/a con expresións como ser feo ás leguas ou ser feo/a como a morte. Un está coma un fío e o outro coma un rebolo. Carabullo é un pau pequeno e delga- do, que se usa sobre todo para prender lu- me; pistraca é unha persoa que come moi pouco e non de todo; bazuncho como ad- xectivo significa con moita barriga e como substantivo persoa grosa e de pouca esta- tura, zoncho é a castaña cocida coa pela. Todas estás palabras teñen relación coa delgadeza ou gordura á que queren aludir nos ditos, porén baluro é un sinónimo de bruxo, feiticeiro, mago, meigo; un exemplo de como unha frase feita muda o significa- do inicial das palabras que a compoñen. Para xogar ao rugby hai que estar forte coma un breu; e con todo podes re- matar así de magoado.