SlideShare a Scribd company logo
1 of 50
Download to read offline
Gianluca Picardo, 4ºC




ene García, 4º B               Paula Pose, 4º C        Sergio, 6ºB




     Samuel Lozano, 6ºB      Ana Díaz, 2º A       Cristina Fuentes, 5º A
•   EDITORIAL……………………………………….……páx 2
• 3 anos …………………………………………….….……páx 3-4
• 4 anos…………………………………………………..…..páx 5-6
• 5 anos………………………………………………....……páx 7-9
• 1º Ciclo…………………………….…………..…….páx 10-17
• 2º ciclo………………………………………………..páx 18-19
• Illas cíes………………………………………….páx 20-21
• Tíralle da lingua……………………….páx 22
•   A pintura galega……………….pax.   centrais

•   Creación literaria…………..pax 23- 25
•   Banda deseñada……………………….…páx 26-33
•   Cartas á directora……………..páx 34-35
•   Chistes do bergantiños…………páx 36
•   Pasatempos…………………………………….páx 37-40
•   Vai de despedidas…………………….páx 41-44
Remata xa o curso 2008-09 e ,coma sempre, este xornal quere ser espello
onde
          se reflicta o acontecido no colexio. Moitas cousiñas fixemos desde aquel
setembro do 2008 que xa nos queda ben atrás!
         Este ano traballamos varios proxectos integradores para toda a Comunidade
Educativa. Un dos máis salientables foi “ A pintura galega “, ao redor do que
xiraron multitude de propostas e actividades ao longo do percorrer dos meses, tamén
as recomendacións de consumo responsable e saudable, coas saborosísimas e
orixinais receitas que preparamos para a exposición. Comíanse cos ollos e que
derroche de creatividade!! , xa lles gustaría a algúns larpeiros que coñecemos...
              A comisión de convivencia axudounos a sermos mellores
compañeiros/as , a saudar cun sorriso amable ou unha mirada agarimosa e a resolver
os nosos conflitos dialogando.
              Seguimos a traballar na nosa lingua, aprendéndoa, puíndoa , mimándoa,
aínda que os tempos que corren parecen nos serlle favorables, sen descoidarmos o
castelán e o inglés no que tamén fixemos moitas actividades novidosas.
         Xa temos ordenadores en todas as aulas e podemos navegar polo universo
sen saír da clase. Este ano a páxina web do cole fica ateigada de contidos, non
deixedes de visitala. Ademais dos blogs que se crearon : o de Normalización
Lingüística , o de lingua inglesa e o da clase de 3ºA, todos eles cun miolo ben
interesante e pedagóxico.
         Comemos castañas asadas no magosto, tallamos cabazas no Samaín,
cantamos panxoliñas polo Nadal e recibimos os Reis Magos cun sorriso de orella a
orella, celebramos con harmonía a paz, gozamos e rimos cos disfraces do Entroido,
soubemos de canto traballou Ramón Piñeiro por dignificar a nosa lingua a carón
da súa mesa camilla, narramos contos tradicionais no “ Tíralle da lingua “ e ata un
compañeiro de 5º levou o primeiro premio na finalísima de Santiago , gozamos
arreo da xanela aberta á imaxinación e ao coñecemento que é sempre un libro,
durante o Proxecto Lector e coas propostas da biblioteca . Saímos de excursión a
convivir e aprender outras realidades, a coñecer o noso territorio cos nosos
compañeiros/-as e mestres /-as.
              Polas tardes, nas actividades extraescolares practicamos deporte,
aprendemos a tocar instrumentos musicais, fixemos teatro...descubrimos cousas
novas na nosa cultura e trouleamos canto quixemos.
         Todo iso ademais das matemáticas, as linguas, coñecemento do medio,
educación física, música...
         Ben merecido temos un relanzo para repoñer folgos e cargar as pilas, pero
antes imos botarlle un repaso ao ano escolar da man do noso alumnado e
profesorado nas páxinas deste voceiro.
         Queremos rematar cunha lembranza moi especial para o alumnado de 6º
que nos deixa para seguir medrando na súa cualificación na educación secundaria.
Deixades un oco no corazón do Bergantiños e no do profesorado que vos acolleu
curso a curso, pero sentímonos ledos/-as por termos colaborado na vosa formación
e desexámosvos a maior das sortes no novo colexio e na vida. Lembrade que á sorte
sempre hai que axudarlle estudando moito.

                        Grazas a todos os membros da comunidade
                educativa pola laboriosa sementeira deste ano escolar, do
                que agardamos grandes froitos no futuro .
Os nosos libros favoritos



               4 anos B
EDUCACIÓN INFANTIL:

TEMPO DE ...
PERO O QUE MÁIS NOS GUSTA FACER AOS
           MÁIS
   NENOS E NENAS DE INFANTIL É:
ADEMAIS           :
      Viaxamos ao país das ras




                    Cociñamos




                                            Lemos contos




                                Plantamos

Coñecemos a obra de Laxeiro
Así debuxaron algúns nenos e
nenas de 2ºA a
     Ramón Piñeiro




                          Borja
Melody                 Rubén




                      Ana
Fernando                       Sara


                              Iago




              Jesús
Os nenos/as de 1º Ciclo fomos ver ao Pazo da
Cultura a obra “Lío en la Granja”.
Piñote e Calabacín
contáronnos a historia.
Visita a   Marcelle
Os nenos/as de 1º, 2º e 3º fixemos unha excursión a
Marcelle.
En 2º debuxamos os animais que máis nos gustaron e
estivemos recordando algunhas das cousas que
aprendimos durante a visita .




Rubén




                                               Chelsea




                                          Daniel
                                          V.R.




               Lucía S.
Eva




         Mario




                                   Héctor




                 Fernando Arijón

Aldara




                                       Borja
Abecedario                          ACIO              Arquipélago

            Arboredo             Asociación

Banco     Banda             BANDADA          Biblioteca

        Bosque         Camada

Cardume      COLONIA

  Constelación                                                     Conxunto          Club           Directiva

Enxame     Equipo                                                         Exército              Familia

  Fato      FLOTA           Grupo                                   Larada          Leitegada

Manchea             Manda                                  MANDO             Matrimonio     Móllo

        Multitude               Niñada         Orquestra     Panada       PARELLA               Plumaxe

Rabaño              Ramo          REUNIÓN          Roga       Rolada            Roupa           Tribo

             TROPEL                      Vaixela           Xente               Xentío
CONTO DE NADAL
Hai moito tempo, non moi lonxe de aquí, o pequeno Pepiño viviu unha aventura que lle cambiou a vida.
Pepiño tiña oito anos e era o máis novo de catro irmáns; era un pouco trastiño e sempre andaba a facer
falcatruadas. Cando non conseguía o que quería ameazaba con fuxir da casa, ata que un día de Nadal
que non lle regalaron os xoguetes que el quería, cumpriu a súa ameaza e fuxiu da casa.
Comezou a vagar polas rúas e despois de moito camiñar atopouse cun grupo de rapaces que lle
preguntaron que facía tan só. El contoulles que escapara da súa casa porque non conseguira os
xoguetes que pedira e os rapaces convidárono a súa casa para que se quentara a carón do lume e ceara
algo, xa que desde o mediodía non probara bocado. Pepiño pasou a tarde con esa familia, que a pesar de
non ter case agasallos, queríanse moito e estaban moi felices por estar todos xuntos en familia.
Entón Pepiño deuse conta que tiña moita sorte de ter unha familia que o quixera tanto e decidiu
regresar a casa pois seus pais estarían moi preocupados e asustados sen saber onde se atopaba o seu
fillo pequeno.
Cando chegou a casa, toda a familia o recibiu moi contenta e perdoáronlle esta última falcatruada,
despois de que Pepiño prometera non volver a fuxir nunca máis. Ao final, reuníronse todos ao redor da
mesa para cear e cantar unhas panxoliñas.
                                                Noa, 3ºA
6ºA   PARELLAS QUE NON SON PARELLAS
          (Recreación do alumnado de 6ºA dunha poesía de David Chericián.)

                               Parellas, parellas,
                              que non son parellas.
                              O banco e a banca,
                               O barro e a barra,
                               O bolso e a bolsa,
                            O bombón e a bombona,
                                O bote e a bota,
                                O cano e a cana,
                                O caro e a cara,
                                O caso e a casa,
                                 O ceo e a cea,
                               O coche e a cocha,
                               O como e a coma,
                        O conto e a conta,
                                O copo e a copa,
                                O dato e a data,
                                O don e a dona,
                                O fallo e a falla,
                                O foco e a foca,
                                 O galo, a gala,
                                O gato e a gata ,
                                O listo e a lista,
                               O maio e a maia,
                               O millo e a milla,
                                 O oco e a oca,
                                 O óso e a osa,
                               O pano e a pana,
                                O paso e a pasa,
                                O pelo e a pela,
                                O pero e a pera,
                                O peso e a pesa,
                               O porto e a porta,
                               O prato e a prata,
                               O preso e a présa,
                                 O raio e a raia,
                                O tello e a tella,
                                O tubo e a tuba,
                              O punto e a punta,
                                O boli e a bóla,
                                O cero e a cera,
                                O cole e a cola.
                               O amor e a amora
                               Parellas, parellas,
                        que non son parellas.
Un neno facendo os deberes:                            -Hadrián , a canto ferve a auga?
-Papá, papá , onde están os Pirineos?                 -A 90 º
-Pregúntalle a túa nai que é a que o garda todo.      Interrompe Manoliño:
                                                      -Que burro! O que ferve a 90º é o ángulo recto.
       mesmo neno:
-Papá, papá , como se escribe campá?                        -Cal é o futuro do verbo bocexar?
-Campá escríbese tal como soa.                        -Durmirei.
-Entón, poño talán, talán?
                                                             Xaimiño, que planeta vai despois de
        Dous nenos discuten:                                 Marte?
-Non se di: non sabo, dise:non sepo.                  -Mércore...
-Non se di: non sepo, dise: non sabo.
Unha señora que pasaba por alí dilles:                       -Papá , que é o eco?
-Non se di de ningunha das dúas maneiras.             -O único que se atreve a contestarlle á túa profe.
-Entón, como se di?
-Eu non sei.                                                  -Xoán, dime unha palabra que teña
-Pois se non sabe para que se mete!                           varias oes.
                                                      -Goloso.
         -Mamá , mamá, a miña redacción               -Ben, agora Pablo.
         conmoveu á mestra.                           -Horroroso.
-De verdade?                                          -Moi ben, tócache Pepiño:
-Si, díxome que daba pena.                            -Goooool !!!!!

        Pepiño, dime dous pronomes.                           Era unha vez unha sabia, tan boa , tan
-Quen eu?                                                     boa, que non só adiviñaba o futuro, senón
-Correcto.                                                    o pretérito de subxuntivo.

        Xaimiño, que é o A?                                   -Señora, vostede non nada nada?
-Unha vogal, profe.                                   -“No, es que no traje, traje”.
-E o k ?
-Unha consoante que se pode repetir, profe.                  -Por que choras, David?
                                                      -Porque me quitaron o pan
        -Presente do verbo nadar?                     -¿Con mala intención?
Manoliño contesta gritando:                           -Non, con nocilla.
-EU NADO, TI NADAS...
-Por favor, Manoliño, máis baixo.                              -O “m” co “a”?
-Eu buceo, ti buceas...                               -Ma
                                                      -E se o repetimos?
        -Andrés, conxuga o verbo andar.               -Ma-ma
-Eu , eu...ando... ti... ti andas...                  -E se lle poñemos tilde?
-Máis á présa!                                        -Matilde.
-El corre, nós corremos, vós corredes, eles corren.
                                                             -Que tal o exame?
        -Teacher, que quere dicir “nothing”?          -Moi, mal , quedeime en branco.
-Nada                                                 Anda! Eu tamén, a ver se van pensar que
-Algo quererá dicir, non ?                            copiamos.

        Teacher, que quere dicir “Why”?                      -O século XXI será o século dos
-Por que?                                                    adiantos- di a mestra.
-Por sabelo.                                          -Entón, por que non se adiantan as vac
Atopa neste barullo de números:
1   6   4   8   0   5   6   2     5   1.- Un número cinco veces
                                      maior que 120.
3   5   4   4   3   1   2   6     7   2.- Doce máis o triple de
                                      100.
2   3   5   1   7   5   9   6     0
                                      3.- 2x6x8
6   6   6   1   8   7   7   0     3   4.- 800-642
                                      5.-Dúas ducias por 11.
4   4   0   5   5   3   2   4     7   6.- 657: 9
                                      7.- O terzo de 894
3   7   0   8   1   2   0   5     1
                                      8.- 1080x6
1   5   6   3   0   4   2   3     7


2   9   8   3   9   4   5   9     5
                                      Encrucillados




                                                 AULA DE 3ºA
A ADIVIÑAR TOCA!-DÁLLE LUME AOS MIOLOS


    6ºA


1.-Teño unha tía e a miña tía unha irmá que non é miña tía. Como é posible?
2.-Un avó conta: Teño seis fillos. Cada fillo ten unha irmá. Cantos fillos teño?
3.-Os pais do meu amigo Xaquín tiveron 5 fillos. Ao maior chamárono Tato, ao
segundo :Teto, ao terceiro:Tito, ao cuarto:Toto. Como lle puxeron ao quinto?
4.- En que tipo de vivendas nunca hai moscas?
5.- Na oración: O home ten amarrado ao can. Cal é o suxeito?
6.- De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?
7.- Que cousa é que canto máis grande é, menos se ve?
8.-Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home. Que é?
9.-Sabes o que nunca se pode tocar coa man esquerda ?
10.-Que é o que non podes manter aberto mentras esbirras?
11.-Cal é animal dá a luz aos seus fillos con máis dolor?
12.- Cal é o can máis barato?
13.-Estudante de letra miúda, que animal voa sen pluma?
14.-Que animal está no medio do purgatorio?
15.-Dúas vacas están pacendo se unha é máis grande cá outra, cal será o macho?
16.-Que dá unha vaca cando está fraca?
17.- Que é o primeiro que fai unha vaca cando sae o sol?
18.-Un parrulo e un neno nacen o mesmo día. Ao cabo dun ano , quen é maior?
19.- Cal é o animal que ten máis dentes?
20.-Cal é o animal que máis salta da terra?
21.-Que animal anda cunha pata?
22.-Que animal utiliza a cabeza para andar?
23.-Cal é o peixe máis falador?
24.-Cal é o animal que despois de morto dá máis voltas?
25.-Un cabalo branco entrou no mar Negro, como saíu?
1   6   4   8   0   5   6   2   5

3   5   4   4   3   1   2   6   7   SOLUCIÓNS
2   3   5   1   7   5   9   6   0
                                             Atopa neste barullo de números:
6   6   6   1   8   7   7   0   3

4   4   0   5   5   3   2   4   7   1.- Un número cinco veces maior que 120 = 600
                                    2.- Doce máis o triple de 100= 312
3   7   0   8   1   2   0   5   1   3.- 2x6x8=96
1   5   6   3   0   4   2   3   7   4.- 800-642=158
                                    5.-Dúas ducias por 11=264
2   9   8   3   9   4   5   9   5   6.- 657: 9=73
                                    7.- O terzo de 894=298
                                    8.- 1080x6=6480




SOLUCIONARIO: A ADIVIÑAR TOCA.DÁLLE LUME AOS MIOLOS

1.-Porque é miña nai.
2.-O avó ten 7 fillos: 6 eran homes e a última, muller.
3.-Xa che dixen que era Xaquín
4.-Nun iglú.
5.-O suxeito é o can, mentras o home non o solte.
6.-De buratos.
7.-A Escuridade.
8.-O allo.
9.-O cóbado esquerdo.
10.-Os ollos.
12.-O candado.
13.-O morcego
14.-O gato.
15.-Ningunha, o macho da vaca é o touro.
16.-Dá pena.
17.-Fai sombra.
18.-O parrulo, porque ten ano e pico.
19.-O ratiño Pérez.
20.-A pulga.
21.-O pato.
22.-O piollo.
23.-O linguado.
24.-O polo asado.
25.-Mollado.
RIMAS DE DESPEDIDA




Non te marches Inés,
Botarei de menos o teu acento inglés.              Adeus, adeus Manuel,
                                                   Marchas feito un pincel.
Érik di: deica logo Bergantiños,
logo veñen máis neniños.                           Se Irene marchara
                                                   A festa no Bergan acaba.
Ata logo -canta Andrea
Bailando a Macarena                                Rosana di: abur
                                                   Comendo un iogur.
Aburiño, abur, Antía
Verémonos outro día.                               Agustín:
                                                   -Despídome dos profesores
Ata sempre-di Manuel Brandón                       Con todos os honores.
Con aire de inspiración.
                                                   Aburiño-exclama Adrián
Adeus, adeus, Javier,                              Que vai con seu irmán.
Volverémonos a ver .
                                                   Deica pronto-opina Tatiana
Jeni vai estudar moito,                            Que sorrí toda a semana.
quere sacar un oito.
                                                   Débora despídese:bye-bye
Chao-di Sofía,                                     E para a ESO cantando vai.
Saboreando unha sandía
                                                   Carlos di:abur, aburiño,
Carla exclama:                                     cara ao insti imos amodiño.
-Ata outro día Bergan
Que para o Parga me levan.                         Carme tamén se quere despedir
                                                   mais sen perder o sorriso,
“Arrivederci”- di Mónica                           por canto,xuntos,vimos de compartir.
Tocando a harmónica.                               -Meus faladores ruliños,
                                                   Deica loguiño!
Chámome Pablo Cotelo                               Saudádeme polo camiño.
E marcho do cole con esmero.                       Sempre no meu corazón
                                                   Vivirá a vosa visión.
Adeus, adeus Adela
E para o insti, mochila leva.

Ángela di :abur, aburiño
Despídome de todos con cariño.                                  6ºA

Daniela ao cole adeus lle di
E ao insti:xa estou aquí!
VAI DE DESPEDIDAS
    As alumnas/os de 6ºC xa estamos a pensar que os nosos días neste colexio están contados. ¿Quen
          o diría?. O tempo non corre,¡VOA!
    Querémosvos deixar as nosas impresións e despedidas como recordo. ¡Velaí vos van!
    Gustoume do colexio o patio, a biblioteca, o gimnasio, as clases, o Magosto , o Nadal, o Día da Paz,
          os festivais, as actividades extraescolares… Pero sobre todo o que nunca esquecerei é a xente
          que tanto me axudou estes anos e aos compañeiros cos que xoguei nos recreos.(Veni
•   que máis vou votar en falta son as profesoras/es deste colexio, e especialmente os compañeiros/as,
          os xogos e ejercicios todos xuntos.(Yéssica)
    Xa falta pouco para que remate o curso. Eu teño ganas de que remate polas vacacións pero o malo
          é que rematamos primaria e temos que marchar. ¡Dame moita mágoa!(Javier B.)
•   que máis vou estrañar son os meus compañeiros e os profesores.
    ¡Unha forte aperta!(Miguel)
    Rapaces de primaria, paseino moi ben aquí pero chega o tempo da despedida, así que
          ¡Adeus!(Cristian R.)
    ¡Adeus! ¡Que desgraza marchar para o instituto!
    ¡Que vos vaia ben!(Sara)
    Vou botar de menos aos meus compañeiros, os berros e o xolgorio do patio. Tamén as
          profesoras/es.
    ¡Un saúdo e un bico grandísimo a todo o alumnado de colexio!(Marcos)
    Gustoume do colexio xogar cos amigos e os bos ratos na clase aínda que non me gustaba tanto
          cando me castigaron.
    ¡Deséxovos a todos/as moita sorte!(Cristian S.)
    Este ano teño que marchar do colexio. Vou estrañar moito aos meus compañeiros e, como non, as
          profesoras/es que me acompañaron nestes cursos. ¡ADEUS!
    (Espero que no instituto me traten tan ben como aquí) (Laura V.)
    Ímonos da escola tristes pero tamén contentos (algúns profes quedan aliviados). Vou ao instituto cun
          sorriso e un recordo xenial do meu colexio. (Jonatan)
    Voume este curso e vou botar moito de menos aos compañeiros.¡Sorte a todos! (Alejandro)
    Adeus de todo corazón. Adeus con todo agarimo. (Juan M.)
    Só estiven este curso no colexio pero levo un bo recordo(Rubén)
    Non Quero marchar nin pensar que non vou ver máis a algúns compañeiros e profesores. (Cristina)
    ¡Por fin remata o curso! Mais botaremos en falta aos profesores e compañeiros. (María)
    Este é o último curso e da un pouco de mágoa deixar o colexio. Sempre recordarei o que aquí vivín.
          (Lidia)
    Vou botar en falta aos compañeiros/as, aos profesores/as e a todo o colexio. (Uxía)
    Botarei de menos aos profes, aos compañeiros e a Nati, a mellor conxerse do mundo (merece un
          premio). ¡Adeus! (Leticia)
    Lembrarei sempre aos profes, aos compañeiros e ao Colexio.(Sheila)
    Remata o curso. Paseino xenial e seguro que vou chorar e nunca esquecerei este colexio. ¡Adeus
          CEIP Bergantiños!(Diego)
    Vou botar de menos a todos: profesores, compañeiros e a Natalia (a mellor conxerse do mundo)
          ¡Adeus, ata sempre! (Laura S.)
    Xa estamos rematando o curso. Xa cun pé no instituto. Eu quería agradecer a todo o centro,
          profesores… o ben que se portaron comigo, e aos meus compañeiros grazas polos bos
          momentos.        Colexio Bergantiños, sempre estarás en min. (Álvaro)


BICOS, BICOS E MÁIS BICOS… (e unha bágoa)          6º C
VAI DE DESPEDIDAS
         Entrei a este colexio moi contenta e sairei con moita tristeza. Chega a hora da despedida dos
alumnos de 6º curso. Aínda que este non é un adeus, senón un hasta ata logo. Cando retrocedemos ao
pasado non podemos crer que medráramos tanto. Crecemos xuntos, superando non só os cursos, senón
os obstáculos que con eles foron aparecendo. Esperamos que esta amizade non desapareza, senón que
continúe fóra do colexio (Mónica).
         Os nenos e nenas de 6º fomos a moitas visitas, a que máis me gustou foi a de Ferrol. As saídas
son moi divertidas e aprendes cousas novas que aínda non sabías que existían (Érik)
         En todos estes anos que levo no Bergantiños non podo decir nada feo do colexio . Sobre todo
na clase, teño compañeiros desde os tres anos, a pesar de que nos peleamos quero que saiban que
tamén os aprecio. Sempre temos días bos e días malos, pero aínda así seguímonos querendo. Espero e
desexo que non nos olvidemos uns dos outros como compañeiros que somos (Andrea)
         Os anos neste colexio non van ser fáciles de olvidar xa que levo moitos recordos e amigos.
Paseino moi ben: os magostos, samaíns, entroidos e festivais neste colexio son inolvidables .
Encantoume sobre todo este Entroido iamos de famosos e pasámolo xenial, iso si as rapazas
fartámonos dos tacóns e andabamos descalzas (Inés).
         Cando eramos máis pequenos en entroido acórdeme de cando Carmiña viña disfrazada “do
home do saco” e eu e Lidia nos metemos debaixo das mesas porque tiñámoslle medo .Douvos unmha
boa despedida con moito agarimo.(Antía).
         Cando entrei no colexio con tres aniños choraba moito e viñan unhas profes a axudarme. En 4
anos Carmiña víñamnos a asustar de bruxa... Eu unha vez metinme no caixón da máquina de
escribir.Unha das cousas máis importantes nestes nove anos foron os compañeiros/-as, pasámolo
super ben nas excursións, nas festas, no recreo...Estes anos no Bergantiños foron uns anos
especialmente marabillosos para a miña vida, espero que no instituto sexan igual de vós que os que
levo neste cole. (Manuel Brandón)
         Aínda me lembro de cando comecei con tres anos e medio e aqueles finais de curso nos que se
xuntaban os pais e nenos para comer no campo do colexio, a festa da escuma... Tamén deste ano gardo
moi bos momentos:o entroido cos compañeiros, as saídas a Coruña, Fragas do Eume, Correlingua...
(Javier Caaamaño).
         Está a acabar o curso e marcharemos do colexio. Moitos chorarán, outros alegraranse porque é
verán, pero ninguén quere quedar, xa que hai que seguir o camiño. Pasámolo moi ben todos xuntos.
Temos uns profesores moi bos, aínda que todos non son iguais, teñen a suficiente paciencia para
aguantarnos. Para o ano que vén daranvos clase a vós con tanto cariño e entrega como nos mostraron
a nós. Botarémosvos de menos a todos ( Sofía).
         Ninguén ten ganas de marchar do cole, pero este ano significa que si aprobamos pasamos para
o insti. Todas as profes son moi boas, tamén a directora anterior, Fina, era moi boa, porque cando
alguén facía algunha trasnada sempre a perdoaba. Algún día volveremos a facerlles unha visita ás
profes e aos compañeiros.(Carla)
         O meu paso polo colexio foi curto, xa que é o segundo ano que estou aquí. Aínda así levome
moitas cousas boas e moitos amigos. O curso pasado foi moi divertido, as cousas que fixemos non se
parecían demasiado ás do meu anterior cole, pero rápido me acostumei. Paseino moi ben, sobre todo
no entroido cos nosos disfraces e os tacóns cos que case morremos...(Ángela)
VAI DE DESPEDIDAS
        Este ano marchamos do colexio, non sei se nos botaredes de menos, pero nós a vós si.
Acordarémosnos de Mª José Cambón que nos deixaba bailar as cancións de moda e foi a nosa
primeira profesora, Lolita que marcou o noso paso de aprender a sumar e restar, de Rosa coa que
fixemos unha obra de teatro que se chamaba : “os dedos da man”, de Carme, que nos ensina moito e
ao mesmo tempo é graciosa, é a nosa última profesora do colexio. E tamén me acordo de Fina Rey,
que nos trataba moi ben, ao entrar en tres ano tiñámoslle medo , pensabamos que era moi dura, pero
pasou e tempo e eramos os seus preferidos. Moitas grazas a todas as profesoras e sobre todo, moitas
grazas colexio Bergantiños.(Adela)
        Os nove anos que levo neste colexio non me van coller neste papel, en infantil xogamos,
cantamos e contamos chistes, pasábamolo moi ben. Despois queriamos pasar a primeiro, pero non
queriamos separarnos de Mª José Cambón. Despois estivemos con Pilar, que xa non está no cole,con
Lolita, que tamén o pasamos moi ben, con Rosa que era moi boa e despois chegaches ti, profe , que
nos gusta moito cando nos fas preguntas capciosas e fostes a única que nos dou dous cursos seguidos
en primaria. Pasámolo moi ben todos xuntos. (Daniela)
        Os mellores anos da miña vida paseinos aquí no Bergan ou fóra , pero cos amigos que fixen
aquí. Todos estes anos tiven uns profesores moi bos, este ano tamén con Bea, a profesora de relixión
que foi marabillosa, e Mónica, a de medio tamén. Aínda que ás veces non me estraña que algúns
profes se enfaden coa clase que somos. No instituto estarei cos amigos do Bergan, o meu irmán e
todos. Botarei de menos o colexio, os profesores e os amigos. ( Manu Fuentes)
        A este colexio non hai ninguén que o olvide: os entroidos vestidas de famosas, a excursión a
Ferrol , que me encantou e aprendemos moitas cousas...Dou grazas ás profes polos esforzos e
traballos.(Rosana)
        Non levo moitos anos en España , o meu primeiro ano só estiven o último mes do curso en 4º,
non sei se era pola novidade para min ou que foi, só podo dicir que foi un mes moi longo e difícil , era
todo moi distinto do que viña acostumada. Agora xa son dous anos e pouco a pouco fun aprendendo
como era a escola aquí. Neste tempo fixen amigos e gústame ser amiga de todos. Tivemos excursións
que me divertín moitísimo. Levo moi bos recordos do colexio Bergantiños, a ver se no instituto teño a
mesma sorte (Débora ).
        Este é o primeiro ano que estou aquí. Ao principio aos compañeiros parecía que non lles caía
ben, agora a algún, pero a min cáenme ben todos porque todos somos amigos, non si? Grazas a eles
estiven contento e feliz na clase.Todos estarán sempre no meu corazón, aínda que nos separemos. As
profes son moi boas e divertidas. No recreo xogamos ao fútbol, eu son dianteiro, non meto moitos
goles, pero inténtoo. Na clase falamos, facemos deberes e tamén xogamos, aínda que digan que 6º A é
a peor clase é mentira, porque nos queremos uns aos outros por formarmos un equipo. Para min este
foi o mellor colexio. Sempre vos levarei no corazón, por favor, nunca me esquezades (Carlos).

               Queremos ter un recordo especial para Nati, a mellor conserxe, por todo o que nos
               coidou e atendeu sempre , e para Fina Rey, que foi a nosa directora todos os anos
               menos este. Moitísimas grazas ás dúas,

                                      ALUMNADO DE 6º A


BOTARÉMOSTE DE MENOS, BERGAN!
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO

More Related Content

What's hot

Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiroPrensasofan
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en wordradiorasca
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015biblionova
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana Sánchez
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 

What's hot (20)

Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 

Viewers also liked

Viewers also liked (6)

Sabela
SabelaSabela
Sabela
 
APM coprporate Profile 2014-new
APM coprporate Profile 2014-newAPM coprporate Profile 2014-new
APM coprporate Profile 2014-new
 
What's New in Rational Software for POWER Systems
What's New in Rational Software for POWER SystemsWhat's New in Rational Software for POWER Systems
What's New in Rational Software for POWER Systems
 
Software Archaeology with RDz and RAA
Software Archaeology with RDz and RAASoftware Archaeology with RDz and RAA
Software Archaeology with RDz and RAA
 
Rational HATS and HIS v8 Overview
Rational HATS and HIS v8 OverviewRational HATS and HIS v8 Overview
Rational HATS and HIS v8 Overview
 
How a tactical HATS solution became a strategic asset - A Customer Story
How a tactical HATS solution became a strategic asset - A Customer StoryHow a tactical HATS solution became a strategic asset - A Customer Story
How a tactical HATS solution became a strategic asset - A Customer Story
 

Similar to REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO

Similar to REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO (20)

Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
GUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALGUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADAL
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
 Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
Cataplasma Nº14 - 2009 - 44 páxinas
 
Xornalcompleto
XornalcompletoXornalcompleto
Xornalcompleto
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
Prensa especial covid 19
Prensa especial covid 19Prensa especial covid 19
Prensa especial covid 19
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 

REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO

  • 1.
  • 2. Gianluca Picardo, 4ºC ene García, 4º B Paula Pose, 4º C Sergio, 6ºB Samuel Lozano, 6ºB Ana Díaz, 2º A Cristina Fuentes, 5º A
  • 3. EDITORIAL……………………………………….……páx 2 • 3 anos …………………………………………….….……páx 3-4 • 4 anos…………………………………………………..…..páx 5-6 • 5 anos………………………………………………....……páx 7-9 • 1º Ciclo…………………………….…………..…….páx 10-17 • 2º ciclo………………………………………………..páx 18-19 • Illas cíes………………………………………….páx 20-21 • Tíralle da lingua……………………….páx 22 • A pintura galega……………….pax. centrais • Creación literaria…………..pax 23- 25 • Banda deseñada……………………….…páx 26-33 • Cartas á directora……………..páx 34-35 • Chistes do bergantiños…………páx 36 • Pasatempos…………………………………….páx 37-40 • Vai de despedidas…………………….páx 41-44
  • 4. Remata xa o curso 2008-09 e ,coma sempre, este xornal quere ser espello onde se reflicta o acontecido no colexio. Moitas cousiñas fixemos desde aquel setembro do 2008 que xa nos queda ben atrás! Este ano traballamos varios proxectos integradores para toda a Comunidade Educativa. Un dos máis salientables foi “ A pintura galega “, ao redor do que xiraron multitude de propostas e actividades ao longo do percorrer dos meses, tamén as recomendacións de consumo responsable e saudable, coas saborosísimas e orixinais receitas que preparamos para a exposición. Comíanse cos ollos e que derroche de creatividade!! , xa lles gustaría a algúns larpeiros que coñecemos... A comisión de convivencia axudounos a sermos mellores compañeiros/as , a saudar cun sorriso amable ou unha mirada agarimosa e a resolver os nosos conflitos dialogando. Seguimos a traballar na nosa lingua, aprendéndoa, puíndoa , mimándoa, aínda que os tempos que corren parecen nos serlle favorables, sen descoidarmos o castelán e o inglés no que tamén fixemos moitas actividades novidosas. Xa temos ordenadores en todas as aulas e podemos navegar polo universo sen saír da clase. Este ano a páxina web do cole fica ateigada de contidos, non deixedes de visitala. Ademais dos blogs que se crearon : o de Normalización Lingüística , o de lingua inglesa e o da clase de 3ºA, todos eles cun miolo ben interesante e pedagóxico. Comemos castañas asadas no magosto, tallamos cabazas no Samaín, cantamos panxoliñas polo Nadal e recibimos os Reis Magos cun sorriso de orella a orella, celebramos con harmonía a paz, gozamos e rimos cos disfraces do Entroido, soubemos de canto traballou Ramón Piñeiro por dignificar a nosa lingua a carón da súa mesa camilla, narramos contos tradicionais no “ Tíralle da lingua “ e ata un compañeiro de 5º levou o primeiro premio na finalísima de Santiago , gozamos arreo da xanela aberta á imaxinación e ao coñecemento que é sempre un libro, durante o Proxecto Lector e coas propostas da biblioteca . Saímos de excursión a convivir e aprender outras realidades, a coñecer o noso territorio cos nosos compañeiros/-as e mestres /-as. Polas tardes, nas actividades extraescolares practicamos deporte, aprendemos a tocar instrumentos musicais, fixemos teatro...descubrimos cousas novas na nosa cultura e trouleamos canto quixemos. Todo iso ademais das matemáticas, as linguas, coñecemento do medio, educación física, música... Ben merecido temos un relanzo para repoñer folgos e cargar as pilas, pero antes imos botarlle un repaso ao ano escolar da man do noso alumnado e profesorado nas páxinas deste voceiro. Queremos rematar cunha lembranza moi especial para o alumnado de 6º que nos deixa para seguir medrando na súa cualificación na educación secundaria. Deixades un oco no corazón do Bergantiños e no do profesorado que vos acolleu curso a curso, pero sentímonos ledos/-as por termos colaborado na vosa formación e desexámosvos a maior das sortes no novo colexio e na vida. Lembrade que á sorte sempre hai que axudarlle estudando moito. Grazas a todos os membros da comunidade educativa pola laboriosa sementeira deste ano escolar, do que agardamos grandes froitos no futuro .
  • 5.
  • 6.
  • 7.
  • 8. Os nosos libros favoritos 4 anos B
  • 10. PERO O QUE MÁIS NOS GUSTA FACER AOS MÁIS NENOS E NENAS DE INFANTIL É:
  • 11. ADEMAIS : Viaxamos ao país das ras Cociñamos Lemos contos Plantamos Coñecemos a obra de Laxeiro
  • 12.
  • 13.
  • 14. Así debuxaron algúns nenos e nenas de 2ºA a Ramón Piñeiro Borja
  • 15. Melody Rubén Ana Fernando Sara Iago Jesús
  • 16. Os nenos/as de 1º Ciclo fomos ver ao Pazo da Cultura a obra “Lío en la Granja”. Piñote e Calabacín contáronnos a historia.
  • 17.
  • 18. Visita a Marcelle Os nenos/as de 1º, 2º e 3º fixemos unha excursión a Marcelle. En 2º debuxamos os animais que máis nos gustaron e estivemos recordando algunhas das cousas que aprendimos durante a visita . Rubén Chelsea Daniel V.R. Lucía S.
  • 19. Eva Mario Héctor Fernando Arijón Aldara Borja
  • 20.
  • 21. Abecedario ACIO Arquipélago Arboredo Asociación Banco Banda BANDADA Biblioteca Bosque Camada Cardume COLONIA Constelación Conxunto Club Directiva Enxame Equipo Exército Familia Fato FLOTA Grupo Larada Leitegada Manchea Manda MANDO Matrimonio Móllo Multitude Niñada Orquestra Panada PARELLA Plumaxe Rabaño Ramo REUNIÓN Roga Rolada Roupa Tribo TROPEL Vaixela Xente Xentío
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
  • 28.
  • 29.
  • 30. CONTO DE NADAL Hai moito tempo, non moi lonxe de aquí, o pequeno Pepiño viviu unha aventura que lle cambiou a vida. Pepiño tiña oito anos e era o máis novo de catro irmáns; era un pouco trastiño e sempre andaba a facer falcatruadas. Cando non conseguía o que quería ameazaba con fuxir da casa, ata que un día de Nadal que non lle regalaron os xoguetes que el quería, cumpriu a súa ameaza e fuxiu da casa. Comezou a vagar polas rúas e despois de moito camiñar atopouse cun grupo de rapaces que lle preguntaron que facía tan só. El contoulles que escapara da súa casa porque non conseguira os xoguetes que pedira e os rapaces convidárono a súa casa para que se quentara a carón do lume e ceara algo, xa que desde o mediodía non probara bocado. Pepiño pasou a tarde con esa familia, que a pesar de non ter case agasallos, queríanse moito e estaban moi felices por estar todos xuntos en familia. Entón Pepiño deuse conta que tiña moita sorte de ter unha familia que o quixera tanto e decidiu regresar a casa pois seus pais estarían moi preocupados e asustados sen saber onde se atopaba o seu fillo pequeno. Cando chegou a casa, toda a familia o recibiu moi contenta e perdoáronlle esta última falcatruada, despois de que Pepiño prometera non volver a fuxir nunca máis. Ao final, reuníronse todos ao redor da mesa para cear e cantar unhas panxoliñas. Noa, 3ºA
  • 31. 6ºA PARELLAS QUE NON SON PARELLAS (Recreación do alumnado de 6ºA dunha poesía de David Chericián.) Parellas, parellas, que non son parellas. O banco e a banca, O barro e a barra, O bolso e a bolsa, O bombón e a bombona, O bote e a bota, O cano e a cana, O caro e a cara, O caso e a casa, O ceo e a cea, O coche e a cocha, O como e a coma, O conto e a conta, O copo e a copa, O dato e a data, O don e a dona, O fallo e a falla, O foco e a foca, O galo, a gala, O gato e a gata , O listo e a lista, O maio e a maia, O millo e a milla, O oco e a oca, O óso e a osa, O pano e a pana, O paso e a pasa, O pelo e a pela, O pero e a pera, O peso e a pesa, O porto e a porta, O prato e a prata, O preso e a présa, O raio e a raia, O tello e a tella, O tubo e a tuba, O punto e a punta, O boli e a bóla, O cero e a cera, O cole e a cola. O amor e a amora Parellas, parellas, que non son parellas.
  • 32.
  • 33.
  • 34.
  • 35.
  • 36.
  • 37.
  • 38.
  • 39.
  • 40.
  • 41.
  • 42. Un neno facendo os deberes: -Hadrián , a canto ferve a auga? -Papá, papá , onde están os Pirineos? -A 90 º -Pregúntalle a túa nai que é a que o garda todo. Interrompe Manoliño: -Que burro! O que ferve a 90º é o ángulo recto. mesmo neno: -Papá, papá , como se escribe campá? -Cal é o futuro do verbo bocexar? -Campá escríbese tal como soa. -Durmirei. -Entón, poño talán, talán? Xaimiño, que planeta vai despois de Dous nenos discuten: Marte? -Non se di: non sabo, dise:non sepo. -Mércore... -Non se di: non sepo, dise: non sabo. Unha señora que pasaba por alí dilles: -Papá , que é o eco? -Non se di de ningunha das dúas maneiras. -O único que se atreve a contestarlle á túa profe. -Entón, como se di? -Eu non sei. -Xoán, dime unha palabra que teña -Pois se non sabe para que se mete! varias oes. -Goloso. -Mamá , mamá, a miña redacción -Ben, agora Pablo. conmoveu á mestra. -Horroroso. -De verdade? -Moi ben, tócache Pepiño: -Si, díxome que daba pena. -Goooool !!!!! Pepiño, dime dous pronomes. Era unha vez unha sabia, tan boa , tan -Quen eu? boa, que non só adiviñaba o futuro, senón -Correcto. o pretérito de subxuntivo. Xaimiño, que é o A? -Señora, vostede non nada nada? -Unha vogal, profe. -“No, es que no traje, traje”. -E o k ? -Unha consoante que se pode repetir, profe. -Por que choras, David? -Porque me quitaron o pan -Presente do verbo nadar? -¿Con mala intención? Manoliño contesta gritando: -Non, con nocilla. -EU NADO, TI NADAS... -Por favor, Manoliño, máis baixo. -O “m” co “a”? -Eu buceo, ti buceas... -Ma -E se o repetimos? -Andrés, conxuga o verbo andar. -Ma-ma -Eu , eu...ando... ti... ti andas... -E se lle poñemos tilde? -Máis á présa! -Matilde. -El corre, nós corremos, vós corredes, eles corren. -Que tal o exame? -Teacher, que quere dicir “nothing”? -Moi, mal , quedeime en branco. -Nada Anda! Eu tamén, a ver se van pensar que -Algo quererá dicir, non ? copiamos. Teacher, que quere dicir “Why”? -O século XXI será o século dos -Por que? adiantos- di a mestra. -Por sabelo. -Entón, por que non se adiantan as vac
  • 43. Atopa neste barullo de números: 1 6 4 8 0 5 6 2 5 1.- Un número cinco veces maior que 120. 3 5 4 4 3 1 2 6 7 2.- Doce máis o triple de 100. 2 3 5 1 7 5 9 6 0 3.- 2x6x8 6 6 6 1 8 7 7 0 3 4.- 800-642 5.-Dúas ducias por 11. 4 4 0 5 5 3 2 4 7 6.- 657: 9 7.- O terzo de 894 3 7 0 8 1 2 0 5 1 8.- 1080x6 1 5 6 3 0 4 2 3 7 2 9 8 3 9 4 5 9 5 Encrucillados AULA DE 3ºA
  • 44. A ADIVIÑAR TOCA!-DÁLLE LUME AOS MIOLOS 6ºA 1.-Teño unha tía e a miña tía unha irmá que non é miña tía. Como é posible? 2.-Un avó conta: Teño seis fillos. Cada fillo ten unha irmá. Cantos fillos teño? 3.-Os pais do meu amigo Xaquín tiveron 5 fillos. Ao maior chamárono Tato, ao segundo :Teto, ao terceiro:Tito, ao cuarto:Toto. Como lle puxeron ao quinto? 4.- En que tipo de vivendas nunca hai moscas? 5.- Na oración: O home ten amarrado ao can. Cal é o suxeito? 6.- De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro? 7.- Que cousa é que canto máis grande é, menos se ve? 8.-Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home. Que é? 9.-Sabes o que nunca se pode tocar coa man esquerda ? 10.-Que é o que non podes manter aberto mentras esbirras? 11.-Cal é animal dá a luz aos seus fillos con máis dolor? 12.- Cal é o can máis barato? 13.-Estudante de letra miúda, que animal voa sen pluma? 14.-Que animal está no medio do purgatorio? 15.-Dúas vacas están pacendo se unha é máis grande cá outra, cal será o macho? 16.-Que dá unha vaca cando está fraca? 17.- Que é o primeiro que fai unha vaca cando sae o sol? 18.-Un parrulo e un neno nacen o mesmo día. Ao cabo dun ano , quen é maior? 19.- Cal é o animal que ten máis dentes? 20.-Cal é o animal que máis salta da terra? 21.-Que animal anda cunha pata? 22.-Que animal utiliza a cabeza para andar? 23.-Cal é o peixe máis falador? 24.-Cal é o animal que despois de morto dá máis voltas? 25.-Un cabalo branco entrou no mar Negro, como saíu?
  • 45. 1 6 4 8 0 5 6 2 5 3 5 4 4 3 1 2 6 7 SOLUCIÓNS 2 3 5 1 7 5 9 6 0 Atopa neste barullo de números: 6 6 6 1 8 7 7 0 3 4 4 0 5 5 3 2 4 7 1.- Un número cinco veces maior que 120 = 600 2.- Doce máis o triple de 100= 312 3 7 0 8 1 2 0 5 1 3.- 2x6x8=96 1 5 6 3 0 4 2 3 7 4.- 800-642=158 5.-Dúas ducias por 11=264 2 9 8 3 9 4 5 9 5 6.- 657: 9=73 7.- O terzo de 894=298 8.- 1080x6=6480 SOLUCIONARIO: A ADIVIÑAR TOCA.DÁLLE LUME AOS MIOLOS 1.-Porque é miña nai. 2.-O avó ten 7 fillos: 6 eran homes e a última, muller. 3.-Xa che dixen que era Xaquín 4.-Nun iglú. 5.-O suxeito é o can, mentras o home non o solte. 6.-De buratos. 7.-A Escuridade. 8.-O allo. 9.-O cóbado esquerdo. 10.-Os ollos. 12.-O candado. 13.-O morcego 14.-O gato. 15.-Ningunha, o macho da vaca é o touro. 16.-Dá pena. 17.-Fai sombra. 18.-O parrulo, porque ten ano e pico. 19.-O ratiño Pérez. 20.-A pulga. 21.-O pato. 22.-O piollo. 23.-O linguado. 24.-O polo asado. 25.-Mollado.
  • 46. RIMAS DE DESPEDIDA Non te marches Inés, Botarei de menos o teu acento inglés. Adeus, adeus Manuel, Marchas feito un pincel. Érik di: deica logo Bergantiños, logo veñen máis neniños. Se Irene marchara A festa no Bergan acaba. Ata logo -canta Andrea Bailando a Macarena Rosana di: abur Comendo un iogur. Aburiño, abur, Antía Verémonos outro día. Agustín: -Despídome dos profesores Ata sempre-di Manuel Brandón Con todos os honores. Con aire de inspiración. Aburiño-exclama Adrián Adeus, adeus, Javier, Que vai con seu irmán. Volverémonos a ver . Deica pronto-opina Tatiana Jeni vai estudar moito, Que sorrí toda a semana. quere sacar un oito. Débora despídese:bye-bye Chao-di Sofía, E para a ESO cantando vai. Saboreando unha sandía Carlos di:abur, aburiño, Carla exclama: cara ao insti imos amodiño. -Ata outro día Bergan Que para o Parga me levan. Carme tamén se quere despedir mais sen perder o sorriso, “Arrivederci”- di Mónica por canto,xuntos,vimos de compartir. Tocando a harmónica. -Meus faladores ruliños, Deica loguiño! Chámome Pablo Cotelo Saudádeme polo camiño. E marcho do cole con esmero. Sempre no meu corazón Vivirá a vosa visión. Adeus, adeus Adela E para o insti, mochila leva. Ángela di :abur, aburiño Despídome de todos con cariño. 6ºA Daniela ao cole adeus lle di E ao insti:xa estou aquí!
  • 47. VAI DE DESPEDIDAS As alumnas/os de 6ºC xa estamos a pensar que os nosos días neste colexio están contados. ¿Quen o diría?. O tempo non corre,¡VOA! Querémosvos deixar as nosas impresións e despedidas como recordo. ¡Velaí vos van! Gustoume do colexio o patio, a biblioteca, o gimnasio, as clases, o Magosto , o Nadal, o Día da Paz, os festivais, as actividades extraescolares… Pero sobre todo o que nunca esquecerei é a xente que tanto me axudou estes anos e aos compañeiros cos que xoguei nos recreos.(Veni • que máis vou votar en falta son as profesoras/es deste colexio, e especialmente os compañeiros/as, os xogos e ejercicios todos xuntos.(Yéssica) Xa falta pouco para que remate o curso. Eu teño ganas de que remate polas vacacións pero o malo é que rematamos primaria e temos que marchar. ¡Dame moita mágoa!(Javier B.) • que máis vou estrañar son os meus compañeiros e os profesores. ¡Unha forte aperta!(Miguel) Rapaces de primaria, paseino moi ben aquí pero chega o tempo da despedida, así que ¡Adeus!(Cristian R.) ¡Adeus! ¡Que desgraza marchar para o instituto! ¡Que vos vaia ben!(Sara) Vou botar de menos aos meus compañeiros, os berros e o xolgorio do patio. Tamén as profesoras/es. ¡Un saúdo e un bico grandísimo a todo o alumnado de colexio!(Marcos) Gustoume do colexio xogar cos amigos e os bos ratos na clase aínda que non me gustaba tanto cando me castigaron. ¡Deséxovos a todos/as moita sorte!(Cristian S.) Este ano teño que marchar do colexio. Vou estrañar moito aos meus compañeiros e, como non, as profesoras/es que me acompañaron nestes cursos. ¡ADEUS! (Espero que no instituto me traten tan ben como aquí) (Laura V.) Ímonos da escola tristes pero tamén contentos (algúns profes quedan aliviados). Vou ao instituto cun sorriso e un recordo xenial do meu colexio. (Jonatan) Voume este curso e vou botar moito de menos aos compañeiros.¡Sorte a todos! (Alejandro) Adeus de todo corazón. Adeus con todo agarimo. (Juan M.) Só estiven este curso no colexio pero levo un bo recordo(Rubén) Non Quero marchar nin pensar que non vou ver máis a algúns compañeiros e profesores. (Cristina) ¡Por fin remata o curso! Mais botaremos en falta aos profesores e compañeiros. (María) Este é o último curso e da un pouco de mágoa deixar o colexio. Sempre recordarei o que aquí vivín. (Lidia) Vou botar en falta aos compañeiros/as, aos profesores/as e a todo o colexio. (Uxía) Botarei de menos aos profes, aos compañeiros e a Nati, a mellor conxerse do mundo (merece un premio). ¡Adeus! (Leticia) Lembrarei sempre aos profes, aos compañeiros e ao Colexio.(Sheila) Remata o curso. Paseino xenial e seguro que vou chorar e nunca esquecerei este colexio. ¡Adeus CEIP Bergantiños!(Diego) Vou botar de menos a todos: profesores, compañeiros e a Natalia (a mellor conxerse do mundo) ¡Adeus, ata sempre! (Laura S.) Xa estamos rematando o curso. Xa cun pé no instituto. Eu quería agradecer a todo o centro, profesores… o ben que se portaron comigo, e aos meus compañeiros grazas polos bos momentos. Colexio Bergantiños, sempre estarás en min. (Álvaro) BICOS, BICOS E MÁIS BICOS… (e unha bágoa) 6º C
  • 48. VAI DE DESPEDIDAS Entrei a este colexio moi contenta e sairei con moita tristeza. Chega a hora da despedida dos alumnos de 6º curso. Aínda que este non é un adeus, senón un hasta ata logo. Cando retrocedemos ao pasado non podemos crer que medráramos tanto. Crecemos xuntos, superando non só os cursos, senón os obstáculos que con eles foron aparecendo. Esperamos que esta amizade non desapareza, senón que continúe fóra do colexio (Mónica). Os nenos e nenas de 6º fomos a moitas visitas, a que máis me gustou foi a de Ferrol. As saídas son moi divertidas e aprendes cousas novas que aínda non sabías que existían (Érik) En todos estes anos que levo no Bergantiños non podo decir nada feo do colexio . Sobre todo na clase, teño compañeiros desde os tres anos, a pesar de que nos peleamos quero que saiban que tamén os aprecio. Sempre temos días bos e días malos, pero aínda así seguímonos querendo. Espero e desexo que non nos olvidemos uns dos outros como compañeiros que somos (Andrea) Os anos neste colexio non van ser fáciles de olvidar xa que levo moitos recordos e amigos. Paseino moi ben: os magostos, samaíns, entroidos e festivais neste colexio son inolvidables . Encantoume sobre todo este Entroido iamos de famosos e pasámolo xenial, iso si as rapazas fartámonos dos tacóns e andabamos descalzas (Inés). Cando eramos máis pequenos en entroido acórdeme de cando Carmiña viña disfrazada “do home do saco” e eu e Lidia nos metemos debaixo das mesas porque tiñámoslle medo .Douvos unmha boa despedida con moito agarimo.(Antía). Cando entrei no colexio con tres aniños choraba moito e viñan unhas profes a axudarme. En 4 anos Carmiña víñamnos a asustar de bruxa... Eu unha vez metinme no caixón da máquina de escribir.Unha das cousas máis importantes nestes nove anos foron os compañeiros/-as, pasámolo super ben nas excursións, nas festas, no recreo...Estes anos no Bergantiños foron uns anos especialmente marabillosos para a miña vida, espero que no instituto sexan igual de vós que os que levo neste cole. (Manuel Brandón) Aínda me lembro de cando comecei con tres anos e medio e aqueles finais de curso nos que se xuntaban os pais e nenos para comer no campo do colexio, a festa da escuma... Tamén deste ano gardo moi bos momentos:o entroido cos compañeiros, as saídas a Coruña, Fragas do Eume, Correlingua... (Javier Caaamaño). Está a acabar o curso e marcharemos do colexio. Moitos chorarán, outros alegraranse porque é verán, pero ninguén quere quedar, xa que hai que seguir o camiño. Pasámolo moi ben todos xuntos. Temos uns profesores moi bos, aínda que todos non son iguais, teñen a suficiente paciencia para aguantarnos. Para o ano que vén daranvos clase a vós con tanto cariño e entrega como nos mostraron a nós. Botarémosvos de menos a todos ( Sofía). Ninguén ten ganas de marchar do cole, pero este ano significa que si aprobamos pasamos para o insti. Todas as profes son moi boas, tamén a directora anterior, Fina, era moi boa, porque cando alguén facía algunha trasnada sempre a perdoaba. Algún día volveremos a facerlles unha visita ás profes e aos compañeiros.(Carla) O meu paso polo colexio foi curto, xa que é o segundo ano que estou aquí. Aínda así levome moitas cousas boas e moitos amigos. O curso pasado foi moi divertido, as cousas que fixemos non se parecían demasiado ás do meu anterior cole, pero rápido me acostumei. Paseino moi ben, sobre todo no entroido cos nosos disfraces e os tacóns cos que case morremos...(Ángela)
  • 49. VAI DE DESPEDIDAS Este ano marchamos do colexio, non sei se nos botaredes de menos, pero nós a vós si. Acordarémosnos de Mª José Cambón que nos deixaba bailar as cancións de moda e foi a nosa primeira profesora, Lolita que marcou o noso paso de aprender a sumar e restar, de Rosa coa que fixemos unha obra de teatro que se chamaba : “os dedos da man”, de Carme, que nos ensina moito e ao mesmo tempo é graciosa, é a nosa última profesora do colexio. E tamén me acordo de Fina Rey, que nos trataba moi ben, ao entrar en tres ano tiñámoslle medo , pensabamos que era moi dura, pero pasou e tempo e eramos os seus preferidos. Moitas grazas a todas as profesoras e sobre todo, moitas grazas colexio Bergantiños.(Adela) Os nove anos que levo neste colexio non me van coller neste papel, en infantil xogamos, cantamos e contamos chistes, pasábamolo moi ben. Despois queriamos pasar a primeiro, pero non queriamos separarnos de Mª José Cambón. Despois estivemos con Pilar, que xa non está no cole,con Lolita, que tamén o pasamos moi ben, con Rosa que era moi boa e despois chegaches ti, profe , que nos gusta moito cando nos fas preguntas capciosas e fostes a única que nos dou dous cursos seguidos en primaria. Pasámolo moi ben todos xuntos. (Daniela) Os mellores anos da miña vida paseinos aquí no Bergan ou fóra , pero cos amigos que fixen aquí. Todos estes anos tiven uns profesores moi bos, este ano tamén con Bea, a profesora de relixión que foi marabillosa, e Mónica, a de medio tamén. Aínda que ás veces non me estraña que algúns profes se enfaden coa clase que somos. No instituto estarei cos amigos do Bergan, o meu irmán e todos. Botarei de menos o colexio, os profesores e os amigos. ( Manu Fuentes) A este colexio non hai ninguén que o olvide: os entroidos vestidas de famosas, a excursión a Ferrol , que me encantou e aprendemos moitas cousas...Dou grazas ás profes polos esforzos e traballos.(Rosana) Non levo moitos anos en España , o meu primeiro ano só estiven o último mes do curso en 4º, non sei se era pola novidade para min ou que foi, só podo dicir que foi un mes moi longo e difícil , era todo moi distinto do que viña acostumada. Agora xa son dous anos e pouco a pouco fun aprendendo como era a escola aquí. Neste tempo fixen amigos e gústame ser amiga de todos. Tivemos excursións que me divertín moitísimo. Levo moi bos recordos do colexio Bergantiños, a ver se no instituto teño a mesma sorte (Débora ). Este é o primeiro ano que estou aquí. Ao principio aos compañeiros parecía que non lles caía ben, agora a algún, pero a min cáenme ben todos porque todos somos amigos, non si? Grazas a eles estiven contento e feliz na clase.Todos estarán sempre no meu corazón, aínda que nos separemos. As profes son moi boas e divertidas. No recreo xogamos ao fútbol, eu son dianteiro, non meto moitos goles, pero inténtoo. Na clase falamos, facemos deberes e tamén xogamos, aínda que digan que 6º A é a peor clase é mentira, porque nos queremos uns aos outros por formarmos un equipo. Para min este foi o mellor colexio. Sempre vos levarei no corazón, por favor, nunca me esquezades (Carlos). Queremos ter un recordo especial para Nati, a mellor conserxe, por todo o que nos coidou e atendeu sempre , e para Fina Rey, que foi a nosa directora todos os anos menos este. Moitísimas grazas ás dúas, ALUMNADO DE 6º A BOTARÉMOSTE DE MENOS, BERGAN!