Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18

210 views

Published on

Revista escolar anual do CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ. OURENSE . CURSO 2017-18

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18

  1. 1. O formigueiro 2017-18 Revista Anual do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O noso proxecto anual... MARCOS PANTOJA Celebracións anuais ENCONTROS 4 –XERACIÓNS “FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA” DÍA DO DEPORTE E DOS XOGOS TRADICIONAIS festivais
  2. 2. SUMARIO MAGOSTO SAMAÍN NADAL DÍA DA PAZ ENTROIDO DÍA INT. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DÍA DA MULLER DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA DÍA DO DEPORTE LETRAS GALEGAS POESÍAS O RECUNCHO DOS ESCRITORES O HORTO DO ALBINO BIBLIOTECA DEP. ORIENTACIÓN PATRIMONIO CONCURSO FOTOGRAFÍA MARCOS PANTOJA AFONDANDO EN OURENSE METEOROLOXÍA SECCIÓN INGLÉS OBRADOIRO DE PULSEIRAS ADIVIÑAS DESPEDIDA BENVIDOS Á NOSA ESCOLA!
  3. 3. Presentamos, un ano máis, a revista escolar Esta publicación recolle unha parte do que realizamos ao longo do curso escolar 2017/2018 no noso CEIP. Atoparemos as actividades desenvolvidas, as nosas festas, tradicións e celebracións… Este ano mergullámonos no proxecto anual de centro denominado “Auga, pedra, sabedoría e terra”. A través del fomentamos o coñecemento e coidado do noso patrimonio, tanto material, coma natural e inmaterial, os encontros xeracionais, o coidado e respecto polo medio ambiente… Considerándoo de grande importancia, desexamos plasmar nesta revista algunhas das actividades que emanaron deste proxecto (investigamos e localizamos o patrimonio da nosa zona, colaboramos coas familias e coa Residencia Fogar de San Amaro para xornadas de intercambios xeracionais, afondamos no coñecemento da nosa cidade, coñecemos os oficios tradicionais, reciclamos caixas de cartón, vidro…). Queremos dar as grazas unha vez máis ás persoas que se achegaron ao centro para axudarnos na posta en marcha das actividades e encandearnos coa súa sabedoría. Lembrarvos que na páxina web do colexio (http://www.edu.xunta.gal/centros/ ceipalbinonunez/) atoparedes todas as actividades realizadas, imaxes destas e outras informacións do voso interese. Esperamos que a revista, elaborada con esforzo e ilusión, sexa do voso agrado. Recibide un cordial e agarimoso saúdo. “ O FORMIGUEIRO ”editorial
  4. 4. O 10 de novembro vivimos o MAGOSTO no centro! Acudimos ao patio onde gozamos do típico xantar desta celebración: empanada, bolos preñados…e castañas que previamente asamos nunha fogueira. O MAGOSTO! Q U E RICO ESTABA! Coa borralla de asar as castañas xogamos a pintarnos!
  5. 5. SAMAÍN TERRORÍFICOSAMAÍN TERRORÍFICOSAMAÍN TERRORÍFICO O alumnado inventou ourecompilou contos demedo da contorna! Trememos de medo! Tamén realizamos un obradoiro de adornos de cabazas!
  6. 6. NADAL 2017NADAL 2017 Para celebrar o NADAL no colexio organizamos e levamos a cabo moitas actividades! Puxemos en marcha, un ano máis, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. As postais foron elaboradas polo alumnado do centro Expuxémolas nun dos corredores! Tamén DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS.
  7. 7. DECORAMOS A ÁRBORE DE NADAL! O alumnado, coa colaboración das súas familias, deseñou unhas bólas de Nadal, pegando (en moitos casos) unha foto deles celebrando esta festi- vidade en familia e decorando con diversas técnicas. O alumnado de 5º e 6º de Infantil VISITOU AOS AVÓS E AVOAS dun centro de maiores. Os nenos e nenas cantaron e representaron varias cancións. Ademais, todos xuntos, cantaron panxoliñas tradicionais! Realizamos un TALLER DE RECICLAXE DE ENVASES DE VIDRO. O alumnado transformou os envases en “portacandeas”.
  8. 8. E como non… os días 20 e 21 de decembro, tivo lugar no salón de actos do centro... FESTIVAL DE NADALFESTIVAL DE NADALFESTIVAL DE NADAL Estivo composto polas seguintes actuacións: 4º EI: “Polo Nadal, turrón e mazapán”- panxoliña 5º EI: “Eu son artista” - coreografía PASÁMOLO XENIAL! 6º EI: “A mellor sopa do mundo”- dramatización 1º EP: “Hello Christmas song”- panxoliña
  9. 9. 2º: “Boneco de neve”- canción 3º A: “Marcha dos elfos”- panxoliña “O noso boneco”- interpretación 3º Bº: “Unha vez ocorreu que un neno…”- 5º EP: “Sueño en colores”- coreografía 6º A/B: “A lenda de Ana Manana”- teatro “ Last Christmas”- canción “ Hecho con tus sueños”- canción 4 º A e 4º B: “Música para recordar”- coreografía
  10. 10. 1º de EP
  11. 11. MIRADE QUE GUAPOS FOMOS!!!
  12. 12. 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROCONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O luns 27 de novembro realizamos un pequeño acto no centro para conmemorar este día e, xunto a el o Día Internacional dos Dereitos do Neno (20 de novembro), e das Persoas con Discapacidade (3 de decembro). Cantamos e interpretamos a canción “Chea de vida” de Guadi Galego acompañándoa con lingua de signos. Tres alumnos/as de 6º de EP leron un manifesto, preparado previamente na aula, relativo ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  13. 13. EN MARZO CELEBRAMOS: DÍA DA MULLER: debuxando as nosas mamis!!! DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA: Pintando árbores. Escribindo poesías. DÍA DA AUGA: plasmando coas nosas mans a necesidade de aproveitala e coidala. 4º de E. Infantil
  14. 14. Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER e relacionando o proxecto de centro Auga, pedra, sabedoría e terra co noso proxecto persoal A familia, quixemos afondar no coñecemento dunha das mulleres pintoras máis importantes a nivel mundial, para a cal a familia tiña unha importancia fundamental, ademais de ser unha muller pioneira na súa época, loitadora coma ningunha polo papel da muller na sociedade. Durante un trimestre coñecemos a fondo a figura e obra de Frida. Consultamos libros, miramos vídeos, debuxámola... e rematamos por facernos uns expertos en FRIDA KAHLO. Só nos quedou a mágoa de non poder ir visitar o seu museo en Coyoacán!!! 😉
  15. 15. Rematamos o noso proxecto dándolles unha charla aos compañeir@s de 5º e 6º, para mostrarlles todo o que aprenderamos sobre FRIDA KAHLO As familias colaboraron no noso proxecto, realizando versións de FRIDA KAHLO Decoramos o noso corredor e ata nos disfrazamos 6º de EI
  16. 16. A Educación Física ten como fin último que toda persoa, no noso caso calquera alumno ou alumna, sexa quen de resolver e superar todo problema motriz que se lle presente, tendo sempre presente o nivel de desenvolvemento psicomotor corres- pondente a cada idade ou característica persoal. A competencia motriz é fundamental para o desenvolvemento, en menor ou maior grao, de todas as demais competencias que deben ser ad- quiridas. O xogo, e fundamentalmente o xogo tradicional, polo seu carácter motivador, é un recurso impres- cindible para calquera situación de aprendizaxe. Debemos pois concienciarnos de que no xogo, fundamentalmente ao aire libre, no deporte e na actividade física en xeral, están os alicerces de algo tan desexado por toda persoa como … a saúde, en todo o seu significado. O día 29 de maio a actividade lectiva diaria sufriu unha pequeña variación. A coincidencia de varias actividades programadas para os distintos niveis fixo que, coordi- nadas entre si, desen como resultado a celebración do DÍA DO DEPORTE no noso colexio. Unha convivencia interxeracional, unha charla para ini- ciarse no triatlón (deporte moi de moda hoxe en día) e unha actividade sobre a bicicleta (que combinou educa- ción vial e o deporte do ciclismo no seu aspecto profe- sional) deron como resultado que ao longo de toda a mañá esquecésemos os cadernos, as fichas, os ordena- dores, os libros de texto… para dedicarnos en exclusiva ao xogo. Foi unha mañá divertida na que os/as máis pequeniños/- as puideron gozar co xogo tradicional e os/as demais participamos en diferentes actividades deportivas (carreira a pé, ciclismo e fútbol). En pleno esforzo os/as participantes na carreira a pé dentro da modalidade deportiva de duatlón Un bo grupo de persoas maiores da Resi- dencia Fogar de San Amaro viñeron ao co- lexio para participar nun encontro cos alumnos/-as de infantil (3, 4 e 5 anos) e lembrar algúns xogos tradicionais e popu- lares aos que, cando eran rapaces e rapazas, xogaban nas rúas e prazas, nos camiños e airas das súas vilas e aldeas. Xogando a tirar o carrabouxo cun atento grupo de nenos e nenas.
  17. 17. Os /as alumnos/-as de infantil dedicaron a mañá a gozar cos/coas avós e avoas xogando a “Tira da corda”, “Pase Misí”, “Saltar á corda”, “A ra”, “Tres en raia”, “Pita cega”, “Carreira de sacos” e “Pano”, xogos tradicionais que os maiores ensinaron aos cativos en todas as súas variantes, xa que en cada zona, aínda sendo o mesmo xogo, o desenvolvemento deste era diferente. O tres en raia.. un xogo de estratexia Aprendendo a xogar cos carrabouxos Todos estes xogos practicábanse sempre que había tempo, pero a algúns, coma “A carreira de sacos” ou “Tira da corda” tiñan uns días case fixos, nos que se xogaba moito nos intres de lecer. Cando? Pola recollida das patacas, na que se empregaban os sacos de esparto e pola carrexa da herba, do centeo e do trigo, na que se ataba a carga dos carros con longos sedeños. Pero…, preguntarase alguén, que era a “carrexa”? Era un traballo que se realizaba no medio rural e que consistía en levar a herba seca para gardar na palleira, e o centeo e o trigo dende o lugar no que fora segado ata a aira na que ía ser mallado para separarlle o gran. E... unha curiosidade!, o “tira da corda” non só era practicado polos rapaces e rapazas, tamén os mozos e os homes probaban as súas forzas con este xogo. Carreira de sacos Tira da corda Outros xogos coma “Pase Misí” (“Pase misí, pase misa, por la Puerta de Alcalá, los de adelante corren mucho, los de atrás se quedarán, tris tras”), “A pita cega”, “O pano”, e “Saltar á corda” eran xogos habituais nos patios de recreo das escolas… pero tamén se xogaban en calquera sitio no que se xuntasen os rapaces e as rapazas para gozar dos intres de lecer dos que dispuñan despois de realizar todas as tarefas que eran encomendadas tanto na escola coma na casa. O xogo da ra xa non era tan habitual en todas as casas, porque a mesa e a caixa tiña que ser construída por un carpinteiro e as figuras e as fichas mercadas nunha ferretería (e non eran nada baratas).
  18. 18. Xogando á ra e saltando á corda Os alumnos e alumnas de educación primaria dedicaron a mañá á práctica deportiva baseada fundamentalmente no ciclismo, aínda que tamén houbo tempo para o deporte rei por excelencia, o fútbol. Para comezar houbo dúas charlas informativas, unha de David Abal (ex-ciclista profesional) que falou cos alum- nos/-as de 3º, 4º, 5º e 6º de seguridade vial cando utilizamos a bicicleta e sobre o desenvolvemento dunha etapa de ciclismo profesional e outra de Laura, profesora do centro, que lle explicou aos nenos e nenas nocións básicas sobre o deporte do triatlón. Unha exposición moi amena, e chea de curiosidades, sobre o ciclismo fixo que a atención fose máxima, antes de coller as bicicletas e participar nunha pequena “competición” de duatlón (adaptado)… na que o obxectivo fundamental era go- zar da práctica deportiva. TRIATLÓN: Deporte que engloba tres disciplinas deportivas (natación, ciclismo e carreira a pé). Existen multitude de modalidades de triatlón, aínda que as máis coñecidas son a OLÍMPICA e IRONMAN.
  19. 19. CARACTERÍSTICAS DAS MODALIDADES MÁIS COÑECIDAS DE TRIATLÓN OLÍMPICA : 1500 m de natación + 40 km en bicicleta + 10 km de carreira a pé. IRONMAN: 3,8 km de natación + 180 km en bicicleta + 42,195 km de carreira a pé (distancia dunha maratón) Tamén existe unha modalidade INFANTIL: 200 a 500 m de natación + 5 a 15 km en bicicleta + 1 a 5 km a pé Laura, profesora de Música e Plástica, explicou de xeito moi didáctico os fundamentos bási- cos do triatlón. Foi unha expo- sición que creou unha gran ex- pectación entre todos os pre- sentes ao tratar unha modalida- de deportiva que na actualida- de está moi recoñecida. Como dunha importante xornada deportiva se trataba, incluso tivemos prensa acreditada que fixo un seguimento exhaustivo de todo o que no colexio ocorreu ao longo de toda a mañá. Al- gúns/algunhas alumnos/-as dos máis pequenos deron os seus primeiros pasos dentro do mundo do xornalismo. A última parte da xornada foi dedicada ao fútbol. Comezaron xogando os cursos de 1º e 2º, dispu- tando minipartidos de 20 minutos e participando todos/-as os/as alumnos/-as destes cursos. Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º xogaron os últimos partidos da xornada, moi competidos pero dentro dun agradable ambiente festivo creado polo pú- blico que enchía a grada do pavillón polideporti- vo. Un dos equipos de 2º antes de comezar a súa participación
  20. 20. FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018 O mércores día 16 de maio tivo lugar no salón de actos do centro o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. Entre as actuacións que compuxeron o festival destacamos un recitado de poesías da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas: MARÍA VICTORIA MORENO. Os máis pequenos (4º EI) cantaron e bailaron “A primavera.” O alumnado de 5º EI bailou e cantou “Esto báilase así”, de Uxía Lambona. Os nenos/as de 6º de EI representaron a obra de teatro “Paco Papán.” A cantiga “Pousa, pousa” do grupo musical “A roda” foi bailada polos alumnos de 1º EP. O alumnado de 2º de EP cantou e bailou “Móvete”, de Paco Nogueiras. “Chirlo Merlo na figueira”, de Darío Xohan Cabana foi recitado polos alumnos de 3º A.
  21. 21. Os nenos e nenas de 3º B de EP recitaron “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro. Tamén bailaron o “Rap da lingua”, de Migallas. A obra “¿Un cachiño de bica?”, de Mª Victoria Moreno, foi recitada polo alumnado de 4º EP. Ademais, un grupo de nenos/as representaron a obra “Un ladrón novato.” Os nenos e nenas de 5º de EP cantan e bailan “Veña festa!”, de Ana kiro. Tamén se levou a cabo un recitado de poesías de Manuel María por parte de tres nenas de 6º de EP. Os alumnos/as de 6º A/B de EP, interpreta- ron, mediante lingua de signos (e coa colabo- ración de Patricia, nai de Julia de 5º EI), a canción “Meu o mundo é” de Brinca Vai.
  22. 22. Naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939. Ao seu pai, Vicente Moreno, mobilízano para ir ao fronte cando era estudante na Facultade de Dereito de Madrid. Durante un permiso casa coa mestra malagueña Sara Márquez e el regresa ao fronte. Ela queda a vivir na casa do seu cuñado, en Valencia de Alcántara, onde nace María Victoria. A comenzos de 1943 nomean ao seu pai Administrador da Prisión Provincial de Segovia e alí vivirán case sete anos. Anos máis tarde a nai reingresa como mestra e marcha cos fillos para Sepúlveda (Segovia) quedando o pai na capital. María Victoria, xa desde pequeña, era moi responsábel, tranquila, afastada das travesuras dos irmáns, creando un mundo cheo de historias imaxinarias, soñadora, amante dos libros, observadora…. A chegada do pai a Sepúlveda coincide coa data da súa morte (setembro de 1949) a causa da tuberculose. A situación familiar faise moi dura pola situación económica en que quedan. Este feito impide que María Victoria empece os estudos de bacharelato aos dez anos e por iso falsifica a data de nacemento na matrícula. No curso 1951-52, grazas a unha axuda económica, marcha interna ao colexio Virxe da Inmaculada da Sección Feminina da Falanxe. Era boa estudante, amante das Matemáticas e das Letras, fascináballe o Latín e a Historia Clásica. Aquí descubre O Principiño de Saint- Exupéry e O Quixote de Cervantes, co que se identifica na súa maneira de entender a vida, no seu carácter bondadoso, na loita pola xustiza… En 1958 comeza a estudar Filoloxía Románica na Complutense de Madrid, onde ten como profesor a Dámaso Alonso. Ao mesmo tempo dá clases gratuitas de francés á xente traballadora con situación desfavorecida. Coñece a José Luis Llácer, invidente, pois exerce como lectora e traduce libros franceses para a ONCE. Cando remata a carreira (1963) casa con el. Trasládanse a Galicia, el a un colexio da ONCE e ela ao Intituto Valle Inclán de Pontevedra. Aproba a oposición (1965) e destínana ao Instituto Masculino de Lugo, onde afonda no estudo da lingua e literatura galega coa axuda de Xesús Alonso Montero. En 1967 regresa ao Instituto Feminino de Pontevedra, no que trata de que as alumnas tomen conciencia da realidade lingüística e cultural da Galicia. En 1996 morre o seu marido e ao ano seguinte a ela diagnostícanlle cancro de mama. Nesta época dedícase a escribir e escribrir, anoxada, rebélase contra a enfermidade…ata que empeza a aceptala como parte da vida. Finou o 22 de novembro de 2005. María Victoria trataba de facer rir aos lectores, de mover emocións e sentimentos, pero especialmente de mirar ao mundo con ollos rebeldes, abertos e con desexo de cambiar o inxusto que hai nel.
  23. 23. O SEU LEGADO 6º B de EP “Alcores de Don Alvar” Premio Gijón (1969) Xavier Senín, xunto a María Victoria Moreno, diríxese a Xesús Alonso Montero, á dereita da fotografía, durante a presentación de Leonardo e os fontaneiros. Imaxe cortesía de Xavier Senín “La casa de las Marías”(1971) 1º Premio nos Juegos Florales Minho- Galaicos “Crarisca e Luceiro”(1972) 2º premio Facho “O cataventos” Premio Facho 1975 “Leonardo e os fontaneiros”(1985) 3º premio Barco de Vapor “Anagnórise”(1988) “Diario da luz e a sombra”(1997) autobiografía das emocións “A festa no faiado” (1983) “Guedellas de seda e liño”(1997) “Elexías de luz”(2003), soneto dedicado a Pedro Ferriol con quen casou en 2004 “Nocturno en tres tempos” relato (2004) “Mar adiante”(2004) “Arroás”(2004) “¿E haberá tirón de orellas?” (1997) “Eu conto, ti cantas…” (2005)
  24. 24. O CATAVENTOSde Mª Victoria Moreno Alumnos/as de 3º B
  25. 25. AS NOSAS POESÍAS (3º B) RECICLAR
  26. 26. Hoxe mandáronme de deberes escribir un conto. Custoume moito pensar nunha boa idea. O primeiro que se me ocorreu foi escribir unha historia sobre a obra de teatro que viramos ese día nunha excursión. Empecei a escribir: “Había unha nena chamada...”. Non lembraba como se chamaba o personaxe! Elixín un nome e seguín: “...chamada María, que tiña unha irmá que se chamaba Niki e...”. Arrinquei a folla porque a idea non me gustaba e seguín pensando. A segunda idea que se me ocorreu foi a de que lle podería pasar a un grupo de adolescentes cando se quedaron sos na clase porque os seus pais tiñan unha reunión na biblioteca: “Os nenos xogaban tranquilamente facendo cada un o que quería cando, de súpeto, escoitaron un berro! Todos os rapaces se xuntaron no medio do patio. Estaban moi asustados porque se decataron que faltaba un deles e de repente....apareceu un monstro horripilante que os enguliu a todos!”. Arrinquei outra vez a folla, demasiados “de repentes” e demasiado tétrico! Seguín pensando, pensando e pensando... durante unha hora! Estaba tan cansa que decidín repoñer as forzas cunha merenda, a ver se renovaba as enerxías e aparecían as ideas e... vaia se apareceron! A terceira e, espero que a derradeira, trataba sobre unhas pequenas bacterias saudables que viven nas froitas e que teñen as súas pequenas aventuras: “Ola Platanibacteria -dille a Mancibacteria....”. Arrinquei a folla, a idea era boa, pero demasiado curta! Entón ocorréuseme a mellor idea de todas: facer unha pequena redacción de como conseguín escribir o conto para os deberes (hoxe mandáronme de deberes escribir un conto). Custoume atopar unha boa idea... Lola Pérez Domínguez, 6ºA Nunha vella choza vivía unha vella viúva chamada María. Só tiña unha vaca e unha pereira. Alimentábase co leite que lle daba a vaca e cos cogomelos do bosque, xa que os cativos sempre se lle adiantaban a coller as peras .
  27. 27. Un día un peregrino vello suplicoulle comida e acubillo. A nosa amiga, como xa sabía o que era estar cansada e famenta, convidouno a cear e a durmir. Ao día seguinte díxolle: -Grazas por todo, como recompensa cumprireiche un desexo, pero pénsao ben, só tes un. Cal queres que che cumpra? -En realidade non quero nada para min -respondeulle a vella- . Pero se teño que pedir un sería que, todo o que suba á miña árbore se quede atrapado nela e non poida baixar, a menos que eu o queira. - Ben, se ese é o teu desexo... que así sexa! O home desapareceu. Ao día seguinte os cativos foron para roubar as súas peras. Unha cativa orfa acercóuselles e dixo: - Andade con ollo... un día vaivos pasar algo! Os cativos non lle fixeron caso e subiron á árbore. Pero María deuse de conta e foi cara a eles. Os nenos ao vela saltaron para escapar pero quedaron pegados na árbore. A cativa e María riron a gargalladas. Os pais dos cativos convencérona para que liberaran aos seus fillos. Dende entón a cativa fíxose moi amiga de María. Un día María adoptou á cativa e viviron moi felices ata que a morte chamou á súa porta. María estaba moi asustada, pero a cativa respondeulle: -Que queres?. -Xa lle chegou a hora a María. A cativa estaba moi asustada pero, ademais de intelixente era moi astuta. Urdiu un plan e díxolle: -Está ben, pero antes déixame despedirme dela. -Vale, pero apura! Moitas grazas pola túa amabilidade –díxolle a rapaza- déixoche comer unhas peras mentres esperas. -Moi ben, comerei unha pera. A morte trepou a árbore e comeu a pera máis madura pero... cando quixo baixar non puido! Como ninguén podía matar nada, tiñan moita fame . Así que colleron unha pluma e un papel e firmaron un contrato que dicía: “Eu, a morte, xuro que nunca me levarei a alma de María e a da súa filla.” A morte firmou o contrato e continuou o seu labor. E como era moi honrada cumpriu a súa palabra . Aínda na actualidade, a morte cumpre a súa promesa e mantense lonxe de alí, da casa de María, onde ela e máis a cativa seguen vivindo. Fátima Losada Placer, 6ºA
  28. 28. SEMPRE AMABLES Á unha e media da tarde a xeadería da rúa número oito fai o seu agosto. Xente sedenta, entrando espavorecida pola porta. Anabel, a camareira , remangouse e empezou a servir a xente. Desde unha mesa un neno facíalle acenos . -Que queres? - díxolle Anabel ao neno mentres lle servía un vaso de auga. -Canto custa un xeado con noces? - preguntou o neno . -75 céntimos - dixo a camareira que miraba a inmensa fila que había. O neno contou as súas moedas e dixo: -canto custa un xeado só ? - volveu preguntar. Rabiosa, a camareira berrou : - 50 céntimos, neno! Contando as moedas o neno dixo: - un xeado só, por favor . Anabel foise fungando. Serviulle o xeado ao neno e, á hora de recoller a mesa enchéronselle os ollos de bágoas... de propina había 25 céntimos! As noces, eran para ela! José Daniel Martínez Vázquez, 6ºA A HISTORIA DA NOSA ESCOLA Esta historia comeza así : Unha mañá soleada, na que os paxaros cantaban, escoitouse a voz dun señor, que pola súa vestimenta daba a entender que era un obreiro. -Traede a escavadora, este edificio en ruínas xa non serve – dixo Albino. -Este espazo empregarase para facer unha marabillosa escola para os nenos e nenas do pobo. Non podiamos imaxinar, nese momento, como podería ser o colexio, pero sabiamos que nel deixariamos voar a nosa imaxinación. Os días pasaban, e a escola ía collendo forma, pois os obreiros, segundo o noso director, traballaban sen parar. Un ano máis tarde, acabaron o colexio. Todos os habitantes da vila quedaron abraiados, pois a beleza deste era única, igual que o seu nome: Profesor Albino Núñez. Cada vez máis nenos pisaron o chan desta escola, pois empezou a ter fama, e todos falaban dela. Pasaron os anos, moitos e moitos alumnos ocuparon estas aulas ata que chegamos nós. Uns nenos que non sabiamos nada sobre a vida. De que nos poderemos queixar! Aquí
  29. 29. pasamos os nove mellores anos da nosa vida, pois neste colexio non fixemos amigos, fixemos irmáns! Os nenos e nenas dámosvos as grazas a todos vós, por ensinarnos cada día unha educación con moita paciencia e sacrificio. Tamén queremos agradecerlles aos nosos compañeir@s o sorriso que nos regalaron sempre cando estivemos tristes. Grazas a tod@s, pois sen vós esta historia non seria posible. Elyna Fernández e Rosana Fernández, 6ºA Eu son Arboredo, unha árbore peculiar. Eu vivo nun pobo moi bonito. Non me sei o nome, pero algún terá! Non teño pais agora, pero cando era unha árbore nova, os meus pais que eran xardineiros, leváronme ata un bosque e alí abandonáronme. Un día, mentres miraba a un home cun machado que, eu pensaba que era un leñador, achegouse ata min e empezou a medirme e a mirarme moi fixamente come se fose a tronzarme. Estaba moi preocupado e, de repente... PLAS! O home cortoume e levoume a un almacén moi escuro. Alí encontreime con máis árbores, todas elas cortadas e desanimadas. Non atopaba a maneira de saír, ata que pensei que, coma era unha árbore algo peculiar, podería facer o que quixera. Púxenme de pé e fun dando pequenos brincos ata a porta do almacén. Estaba pechada, tiven que volver ao sitio e, alí ao lado, había unha fiestra que non estaba pechada. O problema era que non lle chegaba. Nese momento ocorréuseme unha idea brillante! Achegueime ata as outras árbores e pedinlles axuda. Dixéronme que me axudarían cunha condición... tiña que levalas comigo! Aceptei e puidemos fuxir do almacén. Cando volviamos á vila achegáronseme dúas persoas. Eran os xardineiros que me deixaran abandonada! Non o podía crer! Eles leváronme a min e ás miñas amigas, as árbores, á vila na que nacera. Dende entón vivo alí con todas elas, moi feliz de poder estar cos meus seres queridos. Ariadne Franco Montero, 6ºA
  30. 30. Este curso, na biblioteca de Librín, inauguramos os nosos clubs de lectura: GUSICROSS e O XARDÍN DOS LIBROS, formados por nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.
  31. 31. Durante este curso… DEGUSTAMOS LEMOS COMPARTIMOS REFLEXIONAMOS
  32. 32. DESCUBRIMOS ILUSTRADORES FORMAMOS EQUIPODIVERTÍMONOS CREAMOS
  33. 33. E descubrimos todas estas obras… SEGUIREMOS LENDO!
  34. 34. A escola ten un importante papel no desenvolvemento persoal e cultural do alumnado. As accións educativas que traballan desde, para e a través do patrimonio son unha eficaz ferramenta para formar personalidades críticas e reflexivas, capaces de comprender e de comprenderse nun mundo globalizado. O espertar da curiosidade a través da indagación, que debería ser propio deste tipo de iniciativas, fai que a educación patrimonial se converta nunha máxica viaxe para o alumnado. A aprendizaxe dos aspectos tanto patrimoniais como culturais contribúe dun modo moi positivo na formación de cidadáns responsables na nosa sociedade; é moi importante que os nenos coñezan a súa contorna, que sexan conscientes da súas peculiaridades e dos potenciais cos que contan. Na actualidade, e fronte aos procesos de globalización cultural cada vez máis insistentes, debemos potenciar o noso patrimonio cultural como un elemento esencial de nosa identidade e conservalo, a favor das futuras xeracións, xa que o patrimonio cultural constitúe unha fonte única de coñecemento sobre a humanidade e a súa diversidade. Descubrirse a través das raíces culturais suponlle ao alumnado case unha revelación; a comprensión do seu presente a través do seu reflexo nun espello capaz de devolverlles unha imaxe deles mesmos chea de luz e de cor, matices nos que antes non reparaban, provoca que un resorte salte no seu interior, incitándoos a indagar e a afondar nos seus coñecementos a través das aprendizaxes centradas no seu patrimonio. O patrimonio é maxia e aventura
  35. 35. A aventura de mergullarse no patrimonio e ir descubrindo como se conforma a nosa propia identidade e a cultura que a envolve, convértese nun fin e nunha potente ferramenta capaz de motivar e calar na personalidade do alumnado. A aventura de descubrir, coñecer e recoñecerse, que empezan a adquirir na escola vainos acompañar, despois, ao longo de toda a súa vida. Este proceso de aprendizaxe significativa e contextualizada acaba formando parte das súas actividades cotiáns, dos seus xogos, das súas experiencias e das súas indagacións. A EDUCACIÓN PATRIMONIAL É FUNDAMENTAL PARA A CONVIVENCIA EN PAZ DOS ESCOLARES A educación ten un papel fundamental para a difusión do Patrimonio dentro das escolas. Na educación o Patrimonio adquire un papel de mediador cultural e de intérprete en referencia aos diferentes países, territorios e cidades. Unha educación centrada no patrimonio, ademais de promover competencias éticas, fomenta a integración e o compromiso coa comunidade, facilita a capacidade de apreciar e valorar a diversidade e a riqueza cultural máis aló da nosa contorna. O concepto de patrimonio está ligado ao do interculturalidade, referido á relación entre culturas, que nos remite á idea da diversidade cultural e ao recoñecemento de que vivimos en sociedades cada vez máis complexas onde é necesario posibilitar o encontro entre culturas. Departamento de Orientación
  36. 36. AUGA PEDRA, SABEDORÍA E TERRA é o título do Proxecto Documental Integrado que realizamos este curso no centro e que tiña marcados como obxectivos básicos os seguintes:  Coñecer e valorar positivamente os bens materiais, culturais e naturais da zona na que se atopa o noso centro (a Costiña de Canedo, as pozas do muíño da Veiga, as burgas de Canedo, o mosteiro de Santa Comba de Naves, as fontes, os cruceiros, os pazos, os petos de ánimas, as igrexas, os contos, as lendas, os refráns, os ditos po- pulares, as festas tradicionais, os oficios populares, as técnicas de cultivo, as témpo- ras, o clima……..).  Descubrir e levar á práctica os costumes tradicionais relacionados cos cultivos, coa agricultura ecolóxica e coas prácticas sostibles no noso agro.  Coñecer, respectar, e valorar as diferentes fontes de sabedoría. Estas son algunhas das actividades que realizamos: Buscamos e localizamos a riqueza monumental e natural da nosa zona
  37. 37. - Con eles favorecemos a convivencia e o intercambio interxeracional entre nenos/as, nais/pais, avós/avoas e bisavós/bisavoas non só para compartir experiencias, habilida- des ou coñecementos, senón para mutuamente enriquecerse persoal e emocionalmente. Destacamos algúns deles: APRENDEMOS A LINGUA DE SIGNOS—Grazas a Patricia, nai de Julia de 5º de Infantil que colaborou connosco en dúas datas sinaladas, aprendemos a cantar cancións acom- pañados coa lingua de signos que empregan as persoas mudas. Con motivo do Día In- ternacional contra a Violencia de Xénero cantamos “Chea de Vida” e con motivo do Día das Letras Galegas “Meu o mundo é”. CANDO FUN NENO/A— con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos, avós/avoas da nosa comunidade educativa e tamén Da Residencia Fogar de San Amaro que se desplazaron ao noso centro, estiveron cos alumnos e alumnas dos distintos cursos, tanto de infantil como de educación primaria para explicarlles e con- tarlles como viviron a súa infancia e os contrastes coa época na que vivimos.
  38. 38. ENCONTRO EN NADAL— Esta vez visitamos nós a Residencia Fogar de San Amaro para compartir unha xornada festiva e solidaria cos avós e avoas que alí viven. Nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil entenderon que o Nadal e darse aos demais entregando o mellor de nós mesmos, cantando, sorrindo e compartindo emocións. ONDE AS MULLERES AÍNDA SOMOS MINORÍA — Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, foron tamén nais, avoas e bisavoas (unha actriz de teatro, unha profesora, unha empregada nunha fábrica, unha filóloga, una monitora de baile… ) as que acudiron ao centro para contar a experiencia vivida por cada una delas nos seus respectivos traballos, con- tando as dificultades e os atrancos que moitas delas sufriron para desenvolvelos e como foron progresando. O NOSO AMIGO MARCOS PANTOJA— Marcos estivo varios días connosco para con- tarnos a súa historia e transmitirnos o seu amor pola natureza e polos animais. Os en- contros culminaron coa celebración dun pequeno acto ao que acudiron membros da nosa comunidade educativa e no que os nenos lle entregaron agasallos que realizaron para el para agrade- cerlle todo o que nos ensi- nou.
  39. 39. TESOUROS DE PAPEL— Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro, esta vez foron os libros os protagonistas destes encontros, pais, nais e avoas dos nenos de Infantil acudiron ao centro para lerlles aos alumnos da clase onde estaba o seu fillo/a ou neto/a un conto, espertando deste xeito o seu interese e a súa motivación cara os libros e a ledicia de compartir xuntos unha nova actividade na escola. DÍA INTERNACIONAL DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL— Con motivo desta data tivo lugar un novo encontro cos maiores da Residencia Fogar de San Amaro. Alí acudiu o alumnado de 2º, 4º e 5º de primaria para levar cancións, actuacións, bailes e cantigas e o seu mellor sorriso para compartir unha nova xornada conxunta na que os maiores tamén tiveron unhas actuacións preparadas para agasallar aos nenos e nenas. XOGOS TRADICIONAIS— no cole celebramos o Día do Deporte e dos Xogos Tradicio- nais, abarcando así co noso proxecto un aspecto máis do noso legado inmaterial. Unha vez máis foron os maiores da Residencia Fogar de San Amaro os que viñeron ao centro para ensinarlles aos pequenos de Infantil os xogos da súa infancia e para xogar todos xuntos.
  40. 40. Ao longo do curso fomos facendo unha recompilación do noso legado inmaterial: canti- gas, ditos, refráns, as receitas das avoas, as medidas de capacidade…. Así Sergio, mem- bro da nosa comunidade educativa, coincidindo co Día Mundial da Meteoroloxía veu ao cole para ensinarnos e explicar refráns relacionados co mes de marzo, co clima e como se guiaban por eles para realizar as tarefas do campo. Nos traballados realizados este curso no noso horto tamén tivemos en conta a sabedoría popular á hora de preparar o terreo, de sementar, de elexir os cultivos máis axeitados segundo a época do ano, de recoller … ata aprendemos como gardar mellor as sementes: en bolsas de tea, para que lles entre o aire e se vaian secando!!. Recompilamos lendas da nosa zona coma a de ANA MANANA, que alumnos e alumnas de 6º de primaria representaron no Festi- val de Nadal que realizamos to- dos os anos ao rematar o primeiro trimestre.
  41. 41. DE FOTOGRAFÍAS DO NOSO PATRIMONIO MATERIAL E NATURAL DE OFICIOS TRADICIONAIS DE LIBROS ANTIGOS
  42. 42. Con motivo da festa de fin de curso do programa VOZ NATURA do que forma- mos parte, realizamos un “photocall” sobre o patrimonio para que todos aqueles que o desexasen puidesen vestirse ao xeito dos oficios tradicio- nais: costureiras, labregos e labregas, gandeiros, leiteiras ou lavandeiras. Nesta montaxe levamos utensilios, roupas... que foron aportados por diferentes membros da nosa comunidade educativa.
  43. 43. I I CONCURSO “FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA” Por segundo ano consecutivo realizamos dentro do proxecto de METEOESCOLAS o concur- so: “FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA”. As fotografías debían amosar diferentes fenómenos meteorolóxicos (chuvia, neve, treboada, néboa…) con un ou varios elementos do patrimonio material da nosa zona xeográfica (enlazando así co proxecto que levamos a cabo este curso sobre o noso patrimonio material e inmaterial). Ao concurso presentáronse 30 fotografías, destacando a calidade de todas elas. Estas son as 3 fotos finalistas e a gañadora: Sol e sombra nos muíños do Folón Antía Conde Pérez—2º EP Agardando a treboada Xián Almeida López—6º EI A promesa de Noé Iria Iglesias González—5º EI PARABÉNS A TODOS OS PREMIADOS!!! GAÑADORA FINALISTA FINALISTA FINALISTA Remembranza invernal Ourense Sofía Serrano González—5º EI
  44. 44. AAAFFFOOONNNDDDAAANNNDDDOOO EEENNN OOOUUURRREEENNNSSSEEE Os nenos e nenas de 4º de primaria convertémonos en investigadores. Dentro do proxecto Voz Natura, “Auga, pedra, sabedoría e terra”, quixemos indagar sobre a nosa cidade.
  45. 45. Que sabemos? Que queremos saber? Como nos organizamos? Onde atopamos a información?
  46. 46. BUSCA DE INFORMACIÓN SELECCIÓN DA INFORMACIÓN ORGANIZACIÓN E EDICIÓN DA INFORMACIÓN
  47. 47. E TODO ISTO, PARA QUE? RUTA TURÍSTICA PARA O ALUMNADO DOUTRO CENTRO ELABORACIÓN DUNHA GUÍA SOBRE A CIDADE
  48. 48. Observamos fenómenos meteorolóxicos
  49. 49. Fonte: Dicionario RAG Alumnado de 3º curso ·
  50. 50. AN INTERVIEW TO AUDREY OUR ENGLISH LANGUAGE ASSISTANT What’s your name? (Como te chamas?) My name is Audrey. Where are you from? (De onde es?) Charlotte North, Carolina, USA. Can you tell us something about your city? (Podes contarnos algo da túa cidade?) My city Charlotte is very famous for its trees, it´s very green. (A miña cidade Charlotte é moi famosa polas súas árbores, é moi verde). Have you got any brothers or sisters? (Tes irmás ou irmáns?) Yes, I ´ve got one sister, Rebecca, who is 22, and one brother, Sam ,who is 17. (Si, teño una irmá chamada Rebecca que ten 22 anos e un irmán, chamado Sam, que ten 17). What’s your father job? (Cal é o traballo do teu pai?) My father is an analyst. (O meu pai é un analista). What’s your mother job? (Cal é o traballo da túa nai?) My mother works in a bank. (A miña nai traballa nun banco). What do you do in your free time? (Que fas no teu tempo libre?) In my free time, I like to exercise, read and see friends. (No meu tempo libre gústame facer exercicio, ler e ver aos amigos). Do you like animals? Have you got any pets? (Gústanche os animais? Tes algunha mascota?) Yes, I love animals. I ´ve got a cat named Flecha. (Si, encántanme os animais. Teño un gato chamado Flecha). Do you like sports? (Gústanche os deportes?) Yes, I do. (Si, gústanme) What’s your favourite? (Cal é o teu favorito?) My favourite sport to watch is basketball. (Gústame ver baloncesto). What’s your favourite food? (Cal é a túa comida favorita?) My favourite food is grilled squid with rice. (A miña comida favorita son os cala- mares con arroz).
  51. 51. When you were a child, were you a good student? (Cando eras nena, eras boa estudante?) Yes, I made very good marks, but I talked a lot. (Si sacaba moi boas notas, pero falaba moito). What was your favourite subject? (Cal era a túa asignatura favorita?) My favourite subject was Spanish Language. (A miña asignatura favorita era español). Do you like travelling? Did you visit other places in Spain? (Gústache viaxar? Visitaches outros lugares de España?) Yes, I love to travel. I have visited many places in Spain and six years ago I lived in Pamplona. (Si, encántame viaxar. Xa visitei moitos lugares en España e hai seis anos vivín en Pamplona). How about this year? Did you enjoy teaching us? (Que nos dis deste ano? Gustouche ensinarnos?) Yes, this has been my favourite year and my favourite school. (Si gustoume moito, este foi o meu ano favorito e esta é a miña escola favorita). Did you like Ourense? (Gustouche Ourense?) Yes, I love Ourense, I hope I will live here a very long time. (Si, encántame Ourense e espero vivir aquí moito tempo). What are your plans for the future? (Que plans de futuro tes?) Next year, I´m getting married and I am trying to become a full-time teacher. (O ano que vén casareime e intentarei conseguir un posto como profesora a tempo completo). ALUMNADO DE 4º A CON AUDREY Entrevista realizada por Antía, Lucía e Aissatou de 6º B
  52. 52. ENGLISH SAYINGS
  53. 53. REFRÁNS E DITOS EN … ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º A E 4º B
  54. 54. Pulseira con nós de macramé Materiais necesarios: • fío encerado • cinta adhesiva • tesoiras • chisqueiro Como facela: 1º.- Cortar unha tira de fío duns 30 cm de longo e fixalo a unha mesa con cinta adhesiva. 2º.- Cortar unha tira de fío de 60 cm e pasar a metade por debaixo da tira fixada á mesa. 3º.- Pasar por enriba da tira fixada á mesa o extremo esquerdo do fío grande. 4º.- Pasar por enriba e logo por debaixo o extremo dereito do fío grande e apertar o nó. 5º.- Pasar por enriba da tira fixada á mesa o extremo dereito do fío grande. 6º.- Pasar por enriba e logo por debaixo o extremo esquerdo do fío grande e apertar o nó. 7º.- Repetir os pasos 3º, 4º, 5º e 6º ata acabar o fío grande . 8º.- Retiramos da mesa a tira de 30 cm e cortamos os extremos dos fíos traballados. 9º.- Queimamos os dous cabos, facemos un remate e xa podemos lucir a pulseira. 2º 3º 4º 1º Por enriba Por debaixo 4º 4º 4º
  55. 55. Se queredes facer o remate con nó de macramé, podedes falar con Noelia, a nai que nos ensinou a elaborar estas pulseiras despois de contarnos a súa experiencia como nai e traballadora nun dos encontros 4X (catro xeracións) que se levan a cabo no colexio. Alumnado de 3ºA 8º 5º 6º Por enriba Por debaixo 6º 7º 9º 8º 9º 9º 9º
  56. 56. Agora chegou o momento de marchar. Todos os meus anos neste colexio remataron...! Vou facer memoria de toda a miña etapa escolar, desde a entrada ata a partida. Comezamos con tres anos ou case tres, como no meu caso. Empecei sen amigos, sen ninguén con quen xogar pero, grazas ao meu esforzo, conseguinos deseguida. As que máis influíron en min foron Ariadne e Lucía Pozo. Despois fun facendo máis amigas como: Lola, Fátima, Rosana, Lucía Paz…Xa de nena me gustaba o colexio porque xogabamos, pintabamos …En infantil a miña mestra era Pilar. Agradézolle moito a súa dedicación. Con ela aprendemos a ler, a sumar, a restar, a escribir … Chegamos a primaria. Custounos adaptarnos polos novos cambios: tiñamos moitas materias, unha nova mestra chamada Noelia … Cando chegamos a segundo separáronnos en dúas clases, e tamén comezou o colexio a miña irmá pequena, Candela. Ese ano tamén comezaron os exames! Os seguintes dous anos estivemos con Ana. Con ela aprendiamos moito dunha forma divertida e apoiábanos en todo! Pasamos a quinto. Ese curso foi un dos máis duros. Traballabamos moitísimo máis e dabamos cousas moito máis difíciles. Todos dirían que o mellor foi infantil, pero o mellor curso, para min, foi sexto. Ao longo del aprendemos a escribir ben, a ler correctamente… Estoume facendo maior pero sempre terei o meu mellor recordo deste colexio. Todo isto dedícollo a Pepe, Pilar, Maite, Xosé, Marisol, Ana, Manoli, Nieves … Eu sei que o meu recordo sempre estará aquí. Isamar Lamelas Iglesias, 6ºA
  57. 57. Lucía Pozo, Lucía Paz, Pepe Rodríguez (Profesor titor), Claudia, Aissatou, Samuel, Sarah, Elyna, Mario Vázquez, Rosana, Víctor, Luis, Ariadne, Antón, José Daniel, Blandina (Profesora titora), Naiara , Noa, Lola, Juan Felipe, Antía, Fátima, Izan, Nadia, Isamar, Miguel, Carlos, Brian e Mario San Juan … AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO CURSO QUE DEIXAN O NOSO COLEXIO PARA COMEZAR UNHA NOVA ETAPA NOUTRO CENTRO

×