1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 73 abril de 2018
Mentres pesaba unha bolsa de kiwis, díxome a froiteira:
"Gústame moito que lle fales en galego". Como. Pensei en voz
alta. "Si, que lle fales en galego á nena. Agora moi pouca xen-
te o fai".
Non o ten fácil a nosa lingua. Os pais que pensan en galego pero pre-
firen dirixirse en castelán aos seus fillos, sabe Deus por que, toman eles
mesmos a decisión. Un pode estar de acordo con eles ou non, pero a fin de
contas dispoñen sobre a súa propia vida e sobre a educación da súa prole…
A Real Academia Galega (RAG) calificou o decreto do plurilingüismo
nos colexios como un desafiuzamento do galego na súa propia casa. La-
mentablemente, o tempo estalle a dar a razón. O seu último informe non
pode ser máis preocupante en relación co seu futuro. A mensaxe de
"alerta" é clara. Os rapaces están a protagonizar xa neste momento "un
proceso acelerado de monolingüización en castelán" e ademais "a un rit-
mo" que non era previsible nos estudos previos, ata tal punto que a lingua
materna maioritaria comeza a ser a española...
O noso idioma está enfermo. Non está para morrer dun día para ou-
tro, pero padece un mal difícil de curar. Estase a converter nunha lingua
estéril, cada vez máis incapaz de reproducirse e de gañar novos falantes. É
unha doenza perniciosa, porque lle nega futuro. Ten data de caducidade.
Os que deberían protexela e promocionala están fracasando. Poden dicir
misa. Pasa como coas listas de espera. Non serve para nada negalas ou
maquillalas, a realidade é teimuda. Está na rúa…
https://www.elprogreso.es/blog/ramudo/a-
menos/201803032156101298652.html
A menos
2. EU SUBO, TI SOBES, EL SOBE, NÓS SUBIMOS,...
Algúns verbos galegos presentan unha alternancia vocálica no presente de indicativo. Velaí o caso
do verbo durmir, que na súa raíz durm leva un u por vogal e que na 3ª persoa e na 2ª de singular muda ese
u por un o: eu dUrmo, ti dOrmes, ela/el dOrme, nós dUrmimos, vós dUrmides, eles/elas dOrmen.
Esta alternancia entre u e o dáse nunha chea de verbos, todos da terceira conxugación e que teñen
un u como última vogal da súa raíz: acudir, bulir, consumir, cubrir, cuspir, descubrir, deslucir, durmir, encubrir,
engulir, ensumir, entrelucir, fundir, fuxir, lucir, mulir, muxir, pulir, rebulir, recubrir, relucir, ruxir, sacudir, subir,
sufrir, sumir, translucir, tusir, ulir, urdir, xunguir e xurdir.
Mais non todos os verbos da 3ª conxugación que teñen u como última vogal da raíz verbal
teñen esa alternancia vocálica. Algúns como conducir ou discutir manteñen o u en toda a conxugación: eu
conduzo, ti conduces, el/ela conduce,… Nós discutimos, vós discutides, elas/eles discuten.
O león roxe forte e loce coma
o rei da selva.
O ladrón foxe do cárcere.
Coas súas pescudas estes rapaces
descobren achados moi importantes
que xorden cando menos os esperan.