SlideShare a Scribd company logo
1 of 50
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
- 2 -
PORTADA
SUMARIO
UN NENO NON É UN VASO QUE ENCHER…
ACTIVIDADES DE INFANTIL
AS PAISAXES
CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL
POEMAS 4º E.P.
PANIFICADORA ALDÁN
OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA
ESCRITURA CREATIVA
POEMAS 6º E.P.
UN DÍA COMPLETO
DÍA DO LIBRO
CONTAMOS CONTOS
UN ANIVERSARIO MOI ESPECIAL
QUERIDA BRANCANEVES…
PROXECTO DO MAR
MALAS PALABRAS
UN DÍA DE CONVIVENCIA
UNHA CANTIGA DE ESCARNIO MODERNA
AS VALENCIAS
IST MEETING POINT
ADIVIÑAS
LETRAS GALEGAS 2013
RELATOS PREMIADOS - LETRAS GALEGAS
FINALISTAS DO II CERTAME LETRAS GALEGAS
POEMAS GAÑADORES – LETRAS GALEGAS
GÚSTAME A BIBLIOTECA DO MEU COLE
A VIDA EN GRÁFICAS
INVESTIGAMOS SOBRE A PREHISTORIA
A FALA
MUSEO DO MAR
VISITAS DE 5º E 6º E.P.
CHARLA EN GERIATROS
FIN DE ETAPA
CABÁRCENO
OFRENDA FLORAL
FORESA- CASA MUSEO DE ROSALÍA
CURSO 2000-2001
TORNEOS DA ESO
IIIOLIMPIADA ESCOLAR
PASATEMPOS
Dirección:
COLEXIO SAGRADA FAMILIA
Redacción:
ALUMNOS E ALUMNAS
PORTADA:
Mª José e Carmen, 4º ESO
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Gústanme as frases célebres porque soen ser profundas; non un burato
sen fondo,non, senón algo que nos fai pensar, reflexionar e nos serve
para aplicar nalgún momento da nosa vida cotiá.
Esta frase é especialmente fermosa porque todo, todo o aplicado ós
cativos é marabilloso.
Dinos que non debemos preocuparnos tanto da parte material dos nosos
fillos, os nosos alumnos. É importante que coman, que non pasen frío, que
disfruten cos amigos, cos xogos; que os coidemos cando están “maliños”.
Tamén é importante que adquiran coñecementos ou conceptos, pero non
debemos de producirlle unha enchenta, nin atiborralos de algo que non
entenden. Cómpre ensinalos a diferencia-lo principal do secundario, as
ideas esenciais das que non o son tanto, para que sexan quen de priorizar
e desbota-lo inservible das súas acutacións e actitudes vitais.
Todo isto é necesario, pero máis aínda o é que medre en grandeza de
espírito e que sinta interese, apetencia, desexo vehemente por se algo e,
sobre todo, alguén na vida.
Hoxe, que nos preocupa tanto o “ter”, e, moi pouco o “ser”, podería posuír
máis forza esta frase. Debemos preocuparnos moito e ben de que os
nosos nenos cheguen a ser algún día esa chama acesa e ardente que
iluminen a tódolos que están a rentes deles, incluídos nós, que puxémo-lo
primeiro pau do lume para conseguilo.
Mª Carmen González, mestra
“UN NENO NON É UN VASO QUE ENCHER,
SENÓN UN FOGO QUE ACENDER”
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Neste curso, os nen@s de
Educación Infantil levamos a
cabo o proxecto “Os barcos” no
que traballamos distintos tipos:
de pesca, mercantes, de pasa-
xeiros e elaboramos un periódico.
Celebramos o DÍA DA PRENSA coa ela-
boración dun mural sobre o proxecto
dos barcos no que os nen@s o pintaron
usando distintos materiais.
Tamén comenzamos a traballar estimula-
ción temperá mediante o gateo, arras-
tre e a escaleira de braquiación.
Xunto cun novo método de
intelixencias múltiples
(facendo e comendo unha
ensalada, elaborando zume,
e tamén auga de colonia….)
- 4 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Polo Nadal representamos dúas obras de Teatro, e á volta das vacacións visitamos un
BELÉN
En febreiro fomos o centro cultural
Caixanova para ver a obra: ”TRISTÁN
CARA DE CAN”, e tivemos a visita
dun contacontos que nos amosou
mediante sombras a obra…
“O DERRADEIRO DRAGÓN”
En marzo visitamos a Panadería Iglesias
onde nos ensinaron as instalación e como
elaboraban o pan, pasteis, e os ovos de
Pascua.
Participamos no día do deporte
facendo distintos xogos
O 30 de maio visitamos a granxa escola
Serantellos en Cambados onde elaboramos
pan e traballamos na horta….
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Os nenos e nenas de 1º Educación
Primaria traballamos as paisaxes.
Dentro das actividades
desenvolvidas, buscamos fotos en
diferentes xornais e
posteriormente elaboramos unha
paisaxe de costa en plastilina.
Cada grupo foi construíndo a súa
paisaxe elixindo as cores
apropiadas para cada elemento
da paisaxe.
Foi unha actividade
moi motivadora
para os nenos feita
con moito gusto e
detalle.
- 6 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Dentro das actividades levadas a cabo nas festas do Nadal, tivemos a sorte de ter no noso
cole ao grupo de música tradicional "ABALADOIRO" de Coiro que nos ofreceu un
interesante e divertido concerto, onde nos amosaron os instrumentos propios da música
tradicional galega.
Non só puidemos ver os instrumentos máis
usuais, senón tamén outros que se tocan con menos frecuencia pero que son moi chamativos
e teñen un son moi fermoso. Estamos a falar da zanfona, ocarina, tarrañolas, culleres,
legón, culleres, charrasco,cunchas,…
Os instrumentos que máis lle gustaron aos
alumnos foron a pandeira, a ocarina a zanfoña o charrasco e o acordeón. Na actuación
participaron dous alumnos que ensaian con este grupo,Mauro e Samuel Pardavila.
Tamén participaron nalgunhas pezas alumnas do centro que tocan a pandeireta.
- 7 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Algúns alumnos resumiron o concerto como
unha actividade moi divertida e entretida, xa que os músicos tocaban moitos instrumentos
diferentes e tiñan moito ritmo. Para outros foi un concerto que lles sorprendeu, porque non
coñecían moitos dos instrumentos que tocaban os músicos e amosaban sorpresa cando os
interpretaban.
Puideron ver en directo instrumentos da tradición galega que nunca viran e como era o seu
son!!
Ao final
prepara mos
unha cantiga de Nadal
que acompañamos con
pandeietas e cunchas
e onde participaron
alumnos e alumnas de
diferentes idades
xunto co GRUPO
ABALADOIRO.
FOI XENIAL ¡!!
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
-
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
-
- 10 -
Don Choco vive nun oco.
Doña Faneca, baixo a area.
O santiaguiño no seu niño
E a agulla dorme, dorme coa marea chea.
A dorada é moi delgada
E don Choco segue no seu oco,
O peixe Lúa, parece unha duna
e o tiburón branco segue vivindo nun barco.
Pablo e Jose
O MAR
O león grandón
é moi comilón
e cando canta unha canción
sáelle do corazón.
O león salvaxe
ten marrón a pelaxe
e cando caza animais
é feroz de máis.
O león dormilón
cando ten tempo
dorme a sesta
un montón.
Á aguia
non lle gusta o león
porque sempre lle colle
o seu sillón.
Eduardo e Sofía
Non hai area amarela no fondo do mar,
e as cunchas non teñen donde apoiar,
as cunchas choran e choran porque non teñen lar,
e a algunhas dálle igual porque teñen o poder de voar.
A banda “Plash”mola como una estrela fugaz,
o cabaliño de mar é un “DJ” con antifaz,
a súa amiga Pili canta coma Bisbal
e as cunchas bailan e bailan sen parar.
Que pasa no fondo do mar?
Que a area volveu dunha viaxe ao seu fogar.
Que pasa agora no fondo do mar?
Que as cunchas xa teñen onde se apoiar.
Silvia e Susana
Xa non hai ras nas lagoas
que pasará?
xa non croan
onde irán?
Xa non quedan
sabes onde irán?
As lagoas están vacías
que pasará?
Que lles ocorre ás ras?
Que lles pasará?
Non sei, non sei,
xa voltarán.
As ras están enfermas
pobriñas elas!
Xa no nos despertarán
Nunca máis pola mañá.
Carlota e Nerea
Que lle pasa ó león?
Está enfadado.
non pode durmir
nin xogar ós dados.
Está no seu cuarto
triste e fatigado.
Se vén o seu irmán
dille que está canso.
Se ven o seu amigo
a xogar aos dados
el dille que non,
que está triste e fatigado.
Breixo e Pedro
O mar ten moitos animais
a onde irán?
vanse sin máis.
Vaise o bonito
por moi chulito,
vaise o tiburón
por ser moi bombón.
Vaise a sardiña
por ser pequeniña,
vaise a balea
por estar moi chea.
Vanse todos,
a onde irán?
vanse á escola
no fondo do mar.
Candela e Aitana
A LAGOA O LEÓNO MAR
O LEÓN
O FONDO DO MAR
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
El martes 16 de octubre salimos con
nuestros compañeros de 3º de E.P., a
una actividad complementaria a la
"PANIFICADORA IGLESIAS"
Nos guió el Sr. Rogelio. Nos llamó la
atención que hicieran su propia
levadura.
El pan tarda en hacerse, todo el
proceso, 4 horas. Había máquinas
para hacer empanadillas, cocer
magdalenas y para hacer distintos
tipos de pan.
Le hicimos algunas preguntas.
Nos comentó que había 62
trabajadores, los más mayores
tienen 60 años y los más jóvenes
entre 22 y 26. Trabajan en 2 o 3
turnos.
También nos dijo que una
barra de pan cuesta 80 cént.,
pesa 250g y hacen unas 14000
barras al día, que reparten en
14 furgonetas.
En el año en que nacimos
(2003) una barra de pan
costaba casi como ahora.
Al terminar la visita nos pusieron
una deliciosa merienda con: bollos
de leche, pizza, refrescos, galletas
y magdalenas recién salidas del
horno. Nos dijeron que están muy
contentos porque reparten sus
productos también fuera de Galicia.
Pedro, Nerea, Jose y Carlota ( 4º E.P.)
- 11 -
¡La visita nos gustó
mucho!
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
SOMERXÉMONOS na época da Prehistoria
para comprender mellor o obradoiro que
iamos facer.
RECIBIMOS unha explicación dos distintos
métodos empregados polos arqueólogos e as
distintas tarefas do seu traballo.
CONVERTÉMONOS en arqueólogos buscando distintas pezas pertencentes aos nosos
antepasados.
INTERPRETAMOS os obxectos atopados podendo así coñecer moitos aspectos da vida
nesta época.
- 12 -
Os alumn@s de 5º e 6º de
Educación Primaria,
visitamos o castro situado no
Museo do Mar de Vigo
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
- 13 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
A paz é bonita,
a paz é fermosa,
a paz soe ser linda
e tamén amorosa.
A paz é necesaria
para sobrevivir,
tamén é sagrada
e ás veces fai rir.
Vivo nunha aldea
na que sempre reina a
paz
non é tan fea
nin tampouco
defraudará.
Sempre que haxa paz
todo será bonito,
aínda que nalgún lugar
non pasa sempre iso.
O meu poema acaba
e a todos desexo paz.
Onte cando xogaba,
déronme todos a man
Laura Coya , 6º E. P.
A PAZ
A miña aldea non é moi elegante,
pero na nosa ría, tópase un bo bogabante.
A praia está ó lado do río,
e aínda que non sempre, pero vai frío.
Hai un camiño longo e estreito,
e del non se saca moito proveito.
Rematando o camiño hai unha alameda,
e inda que hai crise, topas algunha moeda.
Cara ó final hai un muelle para pescar,
e tamén hai nenos que se botan a nadar.
E aquí remata a miña pequena aldea,
na que vou pasear ó meu can cunha correa.
A xente deste grande e fermoso pobo,
non é que ande moi amodo.
Cando molla os pés o vello de enfrente,
vai tan despacio que o leva a corrente.
Logo está a miña veciña que é modelo,
que non pode nin co seu longo cabelo.
Sempre miro a Xoán o que non fai fogueira,
e inda que soe raro ten a maior das
maceiras.
E aquí remata a miña poesía,
que de verdade, fixen con moita alegría.
Borja Rodríguez
5º E.P.
A MIÑA ALDEA
A paz que pouco dura.
A paz que pouco
aguanta.
A paz que se disfruta.
A paz que te relaxa.
Isto non é broma.
Dígocho en serio.
O símbolo é a pomba
e a rama da oliveira.
Para a xente que sofre.
Para os nenos que
morren
O malo que ocorre,
neste día, que se borre.
O día de festa
que celebramos aquí
O día sen violencia
para eles e para min
Exemplos de paz:
Os días de clase:
atención prestar
e non facer chantaxe
Hoxe lendo un libro,
vexo o significado
A paz é un nome lindo.
Está demostrado
María Rodríguez
6º E.P.
A PAZ
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
No acuario puidemos ver
especies que habitan as nosas
costas e os nosos ríos. Tamén
reforzamos conceptos que xa tiñamos adquiridos e aprendemos moitas cousas novas. Chamounos
moito a atención un tanque que ten lampreas, que é un peixe moi pouco evolucionado que carece de
mandíbulas. Visitamos o Nautilus, no que se atopa o tiburón Gastón, que está un pouco triste xa
que hai poucos días que morreu a femia que vivía con el no acuario. Tamén gustounos moito ver
como alimentaban as focas!!!!!
En SOGAMA
explicáronnos o traballo
que alí realizan e a
importancia dos tres
erres: REDUCIR,
REUTILIZAR e
RECICLAR.
No edificio de
clasificación de envases
lixeiros observamos
como separaban o
plástico PET (botellas de
auga), o plástico PEAD
(botellas mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a
planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos) para a
obtención de enerxía eléctrica.de suavizante da roupa), as latas de aluminio (refrescos), os bricks
(leite) e as latas que non son de aluminio (conservas). No edificio destinado á recepción da "bolsa
negra" (colector verde) comprobamos que non separamos ben os refugallos, xa que coa materia
orgánica tamén hai mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!), plásticos e cartón. Por
último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos )
para a obtención de enerxía eléctrica.
- 15 -
O día 5 de abril os
alumnos e alumnas
de 1º e 2º da ESO
visitamos as
instalacións do
acuario de A Coruña
e as da Sociedade
Galega do Medio
Ambiente,
SOGAMA, en
Cerceda (A Coruña).
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
- 16 -
Os alumnos/as de 4º de E.P. celebraron un acto na biblioteca do Centro
Para esta ocasión cada alumno debería traer da súa casa o libro que máis lle
gustara ou que lle parecera máis interesante para presentarllo aos seus
compañeiros, facer un pequeno resumo e expoñer as razóns polas que elixiu este
libro e non outro, por que lle gustou e que foi o que máis lle chamou a atención.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
“O raposo verde”
Era un raposo que se chamaba Manolo. Manolo era a mascota dunha familia. A familia tiña
dous xemelgos e dúas xemelgas e parecíanse moito.
Ós catro nenos gustáballe moito Manolo. Sempre estaban xogando con el. Un día estaban
xogando ó balón con Manolo,ó lado das escaleiras que levaban ó sotano e... Manolo caeu¡ cando chegou abaixo
caeulle un bote de pintura verde enriba. Os nenos non sabían que pasara. Pensaron que fora maxia. Despois foron de
paseo ao monte e Manolo como se camuflaba tan ben,perdeuse. Os nenos volveron moi tristes á casa e contáronlle
ós pais que se lles perdera. Os pais quedaron bocabertos ao oír iso. Porque sabían que tardarían moito en encontralo.
Puxeron carteis,pero non serviu de nada. Foron polo bosque,pero tampouco o atoparon. Buscárono durante un
mes,pero tampouco o atoparon. Un día acordáronse de que tiña un chip. Foron ó veterinario para que lles dixera
onde estaba. Estaba ao norte do monte e foron buscalo. Cando chegaron onde estaba Manolo viron que estaba
atrapado pero case non se vía porque era verde. Levárono outra vez ó veterinario para que o curara e ó chegar.
lavárono e volveu a súa cor marrón.
Corina C. N. - 5º E.P.
“Xureliño actor”
Xureliño é un pequeno peixe que soña con chegar a ser actor e saír na tele. Carme, a
súa mellor amiga, sempre xogaba con el a ser actores dunha canle de debuxos
animados. Un día o director desa canle, viunos xogar e actuar e díxolles que eran moi bos actores e se
querían unha película para esa canle tan famosa. Os dous peixiños emocionáronse e aceptaron.
E así é como o pequeno xureliño converteuse en ``Xureliño actor´´.
Ainoa F.V. - 6º E.P.
“O reloxo larpeiro”
Había unha vez,un reloxo que estaba no medio da praza,pero non era un reloxo normal,era un
reloxo larpeiro! Comía as horas,os minutos os segundos...
A xente xa dubidaba,e non sabían que facer. Chamaron a un mecánico especialista e moita xente
máis... pero ningún puido facer nada!
Ó día seguinte veu un cociñeiro,a xente pensaba:“Como vai arranxar o reloxo,un cociñeiro?”
Cando o estaban amañando o reloxo... estaba reparado!
E en vez de comer os minutos,as horas e os segundos comíase a noite,pero á xente non lle importaba,porque ó final
acostumáronse e dixeron:
-Como quero ó noso reloxo,paréceme único!!
E, ó cabo do tempo,o reloxo sentiuse moi querido e estaba tan contento que xa non comía
nin sequera a noite.
Carmen C. N. - 5º E.P
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Geriatros 2013
4º aniversario
UN
ANIVERSARIO
MOI
ESPECIAL
O 23 de abril os alumnos de 2º da
ESO visitaron a residencia para
persoas maiores Geriatros. O
motivo foi a celebración do seu
terceiro aniversario. Despois de
ter realizado varias actividades
conxuntas co centro para nós era
moi especial que nos invitaran nun
día coma este. A animadora do
centro tiña preparada unha
gynkana na que realizamos varias
actividades cos maiores. Foi moi
divertido e enriquecedor.
Agardamos volver
pronto!!!!
2º ESO
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Ola! O meu nome é Lucía, vivo en Darbo e teño 12 anos.
Seguramente ti vivas moi lonxe de aquí. Escríboche esta
carta para dicirche que eres moi especial; gústalles a case
tódalas nenas pequenas. Eu coñezo unha que lle encantan as
princesas e sobre todo ti. O seu soño sería poderte ver algún
día. Pero creo que iso non podería ser, non si?
Espero que contestes a esta carta porque así cando ela
aprenda a ler podería ensinarlla. Poríase moi feliz e tamén
querería escribirche. Xa non teño nada máis que dicir. Chao!
Moitos bicos e apertas!
Lucía Domínguez 6º EP
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Este curso fixemos o proxecto “o mar.
Fixemos traballos con cartolinas de: moluscos, cefalópodos, equinodermos, peixes e outros
peixes.
Viñeron avós de algúns nenos da clase a contar cousas do mar como as redes e a pesca de
baixura e de altura. Veu Lucho para ensinarnos sobre as embarcacións e a pesca de baixura,
Suso veu contar sobre a pesca de altura e Josefa a contar sobre as redeiras.
Eu penso que foi divertido e aprendín moito sobre o mar.
Diego Nores García 2º E.P.
Primeiro día de clase, curso
2012-2013
Os alumno@s de 3º e 4º de Primaria fomos
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Pontevedra para ver a obra teatral
“MALAS PALABRAS”.
Contaba a historia dunha nena que descubría
que era adoptada. Nun principio enfadouse
moito cos seus pais, pero despois comprendeu a sorte que
tivera ao ser a elexida entre tantos nenos.
- -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O pasado xoves 11 de outubro, os alumnos de 3º de ESO do colexio Sagrada Familia saímos de
convivencia. Ao pouco tempo de chegar, xa nos puxemos en marcha cara ao noso destino: o monte do
Facho. Acompañáronnos Ana, a nosa titora, e Chari. Primero paramos no parque a facer o que lle
chamamos “foto oficial”, xa que todos os anos se repite. Fomos ata Vilariño atravesando pola Vereda e
chegamos ao Cruceiro do Hío. Alí gozamos un pouco das vistas e refrescamos a gorxa. Continuamos o
camiño subindo pola Castiñeira e a pola calzada romana ata o outeiro Batente. Xiramos á dereita e,
nada máis comezar o camiño de Donón, descubrimos algunhas pedras que semellaban indios das
Américas. Desde os outeiros podiamos observar as fermosísimas vistas coas illas Cíes ao fondo. Despois
da camiñada chegamos ao Facho e alí comemos con fantásticas vistas e aínda mellor compañía. Entre
nós e as profesoras fixemos comentarios sobre o que observabamos no castro do Facho e por que
estaba situado alí. Acabamos facendo algunhas actividades xuntos e voltamos para a casa. Este día fixo
que nos xuntásemos máis e fósemos mellores compañeiros.
Laura García Bastón, 3º ESO
- 22 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O moi porcallán de Efron
a High School Musical foi cantar
e no medio da entrevista
as orellas lle mandaron limpar.
O Justin Bieber encántame
cos aturuxos que pega.
As vacas foxen correndo
cando o ven pola veiga.
E eses de One Direction,
nas fotos con cara de anxiños,
fixo que a eses “tesouros”
lles ensinou a cantar Paris Hilton.
No verán mira que eran
pesados cos raios de sol,
ó final á de Rico e Méndez
deulle unha insolación.
Estes son algúns dos artistas
que me teñen chea de dúbidas.
Neste mundo fanse famosas
ata as festeiras vellas rusas.
Teño dúbidas sobre os artistas
que triunfan neste momento,
pero cóntovolas á présa
porque se me vai o tempo.
Melendi sempre está “sangrando”,
sempre sufrindo labazadas,
non di nada positivo
nas súas cancións desfasadas.
O “Baile do cabaliño”,
que agora anda moi de moda,
da miña tía Paula
vai ser o baile de voda.
Aquí vos presento agora
a marabillosa Hanna Montana
que, de tanto estar no estrelato,
a pobre quedou estrelada.
E esa tal Niki Minas,
co seu pelo multicolor,
vai tal para o Antroido
e de seguro que causa furor.
Alexandra
García Domínguez
3º ESO
- -
-
- 23 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
AS VALENCIAS
O estudo das valencias aplicando a Teoría das Intelixencias Múltiples.
Neste caso, desenvolvendo a intelixencia viso-espacial.
3º ESO
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
-
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Os días 25, 26, 27 e 28 de xaneiro
tivo lugar en Aldán o primeiro
Meeting Point dos colexios
xestionados polo Instituto
Secular Cruzadas de Santa María,
fundado polo padre Tomás Morales SJ. Había unhas 130 persoas entre alumnos e profesores dos
colexios Sagrada Familia (Aldán), Sagrados Corazones (Ciudad Los Ángeles, Madrid), Safa – Grial
(Valladolid) e Nuestra Señora de las Delicias (Madrid). Participaron alumnos de 5º e 6º de Educación
Primaria e de 1º e 2º de ESO.
O motivo desta xuntanza non era
outro que CONVIVIR cos
alumnos e profesores doutros
colexios, e desde o colexio de
Aldán queriamos aproveitar a
ocasión para que coñeceran e
gozaran do noso privilexiado
entorno e do noso centro.
A experiencia foi moi positiva en
todos os sentidos. Ademais de
coñecer xente, compartimos
risas, experiencias, comidas,
saídas e momentos de
oración e reflexión.
O programa da
xuntanza foi moi
variado, houbo
actividades
deportivas, andainas
pola zona, talleres,
xynkana, e as veladas
nocturnas, nas que
cada colexio realizou
actuacións.
Agardamos que todos
os alumnos e
profesores se
sentiran a gusto, e
desexamos volvernos
reencontrar no
segundo Meeting
Point.
- 25 -
Ata pronto!!!
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
- 26 -
Sonmamífero
hervíboro.
VivoenAustralia.
Sondecor marrón
eteñounhabulsiña
nabarrigaparale-
var osfilloscando
sonpequenos.
Éunser quevivenaselva.Éde
cor castañooularanxa.Ten
pelaxeemelena;egústanlle
moitoosanimais.
Écarnívoro.
Sumérxesebaixoa
augaparapescar.
Vivenacosta.É
moirápido.Ten
ás,colaconmoitas
plumaseun
peteiromoilongo.
Icíar
Sofía
Eduardo
Sonunanimalomnívoro.A
miñaparellavaiteespertar.
Tódalasmañáscantakikirikí.
Poñoovos;dalgúnssaen
poliños,doutrosnon.Vivono
galiñeiroepodoter cor
marrón.
SilviaOtero
Vivecercadas
lagoas.Épequeno
elevaasúacasiña
enriba.Podeser
verdeoumarrón.
Élentonoseu
camiñar.
Aitana
Teñocolapeluda,moito
pelonacabezaepatas,
quenonteesqueza.Son
undepredador,quenon
memateocazador.Vivo
nasabana,ecomo
animaistodaasemana.
Javier
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en
1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do
denominado Grupo Abrente que, a partir da década dos 70,
renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións
dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre arredor do teatro: desde a creación do
Grupo Antroido, en 1975, ata a súa compañía actual Teatro do aquí, pasando pola breve
experiencia da cooperativa Teatro do Estaribel. En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes
do teatro galego a se transformaren en profesoinais, superando de vez a pantasma de “amador” que
pairara sempre sobre a historia do noso teatro.
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e
o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que
Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a
atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus
textos dramáticos.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ( “Abrente”, “ O
Facho”, “ Ciudad de Valladolid”), como aconteceu con outros integrantes do Grupo Abrente, o
recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu ata os anos 90, cando a obtención de
premios institucionais, galegos e portugueses (“Rafael Dieste”, “Álvaro Cunqueiro”, “Xacobeo 92”,
“Eixo atlántico”, “María Casares”…), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu
coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público.
A súa forte personalidade
deixou unha profunda
pegada nos dramaturgos
máis novos, cuxas
consecuencias se verán co
transcorrer do tempo.
Son súas obras como
La ud a m uco, señor d e
ningures, Ba ila d ela d a
m orte d itosa , Día s sen
gloria , Toup orroutou d a
Lúa e d o sol…
A figura e a obra de
Roberto Vidal Bolaño foron
fundamentais na
construcción dun teatro
nacional galego.
Ana Estévez 3º ESO
- 27 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Relato premiado no certame das
LETRAS GALEGAS
Maralevantousepolamañáámesmahoraqueodíaanterior. Comeuosmesmoscereaisqueodíaanterior efixoasmesmas
cousasnocolexioqueodíaanterior. Logocomeu, bebeu, xogou, recolleu, camiñouedurmiu. Todoigual queodíaanterior…E
aodíaseguintefaríaomesmo. Eaooutro, tamén. Maracomezabaadarsecontadequea súavidaeraunharutinaeopeor de
todoeraqueaelanonllegustaba.Estabadispostaacambialo.
Aodíaseguintenonseergueuámesmahora. Colleuamochilaebotouacamiñar. Camiñouhorasehorasatachegar aunha
vilachamadaAladeiro.Polovisto,acababadesucederunterribleaccidentequeacabaracoavidadunnenochamadoIsaac.Había
moitospolicías.Onenocaeraaunrío.Maraqueríasaírdealíaxiña.Dábanllecalafríos.
Colleu un tren que levaba á fronteira de Galicia con Castela e León. Estivo horas naquel tren. Ata se fixo amiga dun
estranxeiroquellecontouquenoseupaíshouberaunhaguerraequetiveraquefuxir.Osseuspaismorreran.Istopuxomoi triste
aMara…
Máistarde,candochegouaCastelaeLeón,nonsabíaquefacer.Seircaraaonorteoucaraaosur,seirentaxi ouenautobús,
sedurmirnaestradaoununhapousada.Cartostiña.Obodasituaciónéquexasaíradasúarutina.Naestacióndotrenhabíaxente
pedindocartosconcarteisanunciandoquetiñancincofillos,queestabansentraballo…Marapensou: “Amaioríadoqueponnos
carteiséfalso.” Axentenonllesfacíamoitocaso.Perosi queeraverdadequeesaxentesufríamoito.
A Maracustáballeabrir osollos. Aíndaestabamediodurmida, perodeusecontadequeuncanlleestabalambendoacara.
Levantousedobanco. Oestómago muxíalle. Buscouunhatendadecomidaemercouun bocadillo. A dependentacomezoua
falarlle:
- Ti nonesdeaquí,non?
- Eu,non.SondeGalicia.
- Ai, Galicia! A miñanai eragalega. Comomegustabadepequenair aló, ver omar,
salpicadodebateasedebarcos.
- Íasmoito?
- Non, nena, non. Meupai erafeirante. Levábamesempredunladoparaoutro. Undía
estabaenChinacomendofideoseóseguinteenBrasil vendoocarnaval.
- Quesorte! Amiñavidaésempreigual enonmegusta.
- Ai, nena! Debesaprezar oquetes. Deseguroqueatúavidaémoi bonitaenonébodar tantasvoltas. Seinopor experiencia
propia!
- Eunonopinoasí.- DixoMara, trabandonoúltimoanacodebocadillo.- E, atúanai, quefoi dela?.- A muller ficoumudae
díxo:
- Amiñanai noncheguei acoñecela.-Dixoamullermirandocaraaochan.
- Síntoo.Eu…
- Nonpasanada,nena.Dixoamullerconcaradetristura.-Émellorquemarches.
Maraquedou pensando naquelamuller. Quellepasaríaásúanai?Pensou quedebíaseguir camiñando. Quedistinto era
Castela-León…! Xalevabauntemponocamiño,candosedeucontadequeestabadesorientada;nonsabíaquefacerninaonde
ir.Ergueuacabezaemirouaoceo.Tiñaunhacoralaranxadaquellerecordabaasúanai. Dáballeigual queaatopasenounon.
Anai andaríanunhaviaxedetraballo…
Seguiucamiñandoetropezoucunharapazaquelevabamoitaprésa.Pediulleperdón, perononllecontestou. Semellabacansae
tiñaacaraavermellada.SaíucorrendoeMaraseguiuna.Meteusenunhacalella,baixouunhasescaleirasesentoununhacadeira.
Maraagochouseeviucomoamozafacíaacenosdedesesperación.
Volveusubirasescaleirasedixo:-Nonfai fallaqueteagoches.
Marasaíudoseuescondedoiro.
- 28 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Como te chamas?.- preguntoulle.
- Anandi.—Respondeulle a rapaza.- Por que me
seguías?
- Non sei…Quizás polo teu aspecto….- Dixo
Mara en voz baixa.
- Eu son dun lugar chamado Aladeiro. Debo ir
aló. Morreu o meu curmán.
- O teu curmán caeu ao río?.- Preguntou Mara,
curiosa.
- Si, pero… como o sabes?
- Seino. Anandi botou a correr e Mara
seguiu camiñando. Outra vez non sabía a onde ir… De súpeto, parouse. Botaba de menos a
súa vida rutineira. Verdadeiramente, tiña morriña da súa casa! Entón, viñéronlle á cabeza
todas as persoas que coñecera na viaxe: Anandi e o seu curmán Isaac, o estranxeiro que
coñecera no tren, os pobres con carteis e a dependenta.
Deuse conta de que eles tiñan unha vida desgrazada e
chea de incertidume. A súa, aínda que un pouco aburrida,
era
seg
ura
e
che
a de
cariño. Tiña uns pais que a querían, un fogar e comida enriba da mesa. Que máis se podía
pedir? Alicia Piñeiro García 1º ESO
( Relato premiado no certame literario das Letras Galegas )
A potente luz dun lóstrego fixo que Evelyn espertara sobresaltada en plena noite. Sentouse nun
extremo da cama, fregou os ollos á vez que suspiraba ruidosamente. Os pesadelos que
levaban semanas atormentándoa volvéranse repetir. Dirixiuse lentamente ao baño, lavou a
cara con auga fría e observouse fíxamente no espello: aínda tiña os ollos vidrosos polo sono e
o pelo revolto caíalle a ámbolos lados da cara.
- Ridícula, coma sempre.- Cuspiu o seu reflexo.
Cando se dispuña a durmir de novo, un lucecú voador atraeu a súa atención; algo
sinxelo na absoluta escuridade que reinaba. Unha vez o insecto se decatou de que a rapaza o
miraba, guiouna ata a saída da casa. Evelyn seguíao obediente, pero asustada. Non sabía por
que lle interesaba tanto o destino do lucecú, pero tampouco era quen de ignorar a súa
chamada. Adentrouse no bosque detrás daquela luz tan tenue. Viuse obrigada a correr para
non perdela. O longo camisón branco enganchábase na ramaxe dos arbustos máis baixos,
quedando máis e máis destrozado a cada paso.
De súpeto, a luz do lucecú desapareceu e Evelyn parouse expectante. Uns pasos máis e
caería. Un acantilado. Afogou un grito e asomouse, cautelosa. O mar rompía estrepitosamente
contra as rochas. Un aire fresco acariñoulle a cara, remexendo a súa fermosa melena castaña
e provocándolle unhas agradables cóxegas nas costas.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Abofé que o sentimento de liberdade que aquel lugar transmitía era inigualable, ó igual que
o temor que infundía.
-Eve….- Era coma un murmurio, apenas audible nun principio.
- Eve…- Repetiuse esta vez máis alto. O vento chamábaa, necesitábaa.
- Eve…!- Soou por terceira vez, máis forte, máis desesperado.
O vento sopraba con máis forza, obrigándoa a dar un paso máis. Máis preto do abismo. As
ganas irrefreables de saltar comezaron a invadila.
Pensou no amor que sentía por Hugo, o fácil que lle resultaba sorrir cando aqueles ollos
azuis a observaban… A ledicia que sentiu naquel momento fixo que un sorriso se abrise paso
entre as bágoas.
-Ata aquí cheguei.- Murmurou.- Fun feliz, vou saltar.
O vento soprou con máis forza, insistente, impaciente. As ondas bateron contra o acantilado.
Chamábana. Reclamábana. O vento sopraba. Un paso. Outro. Saltou. Chorou. Berrou.
Caía… -É outro pesadelo. Caía…
Cando chegue abaixo, espertarei.
Caeu. Ana Piñeiro Gómez 4º ESO
Relación de finalistas do II Certame
literario
das LETRAS GALEGAS 2013
Na categoría de 3º e 4º de ESO :
Alexandra Dominguez de 3º de ESO en relato curto coa obra “Muller galega”.
Irene Dacosta de 3º de ESO en poesía co poema “Miña pequerrecha”.
Na categoría de 1º e 2º de ESO
Pablo Pousa de 1º de ESO en relato curto coa obra “O chaval dos lóstregos”.
Yasmina Zaki de 1º de ESO en poesía co poema “ A muller maltratada”.
Na categoría de 5º e 6º de E.P. :
Laura Piñeiro de 5º de primaria na modalidade de poesía.
Xavi Dacuña de 6º de primaria na modalidade de pasatempos.
Na categoría de 3º e 4º de E.P. :
Icíar Nores de 4º de primaria na modalidade de poesía.
Jennifer Novas de 3º de primaria na modalidade de pasatempos.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Os meus soños
Quero volver a vista atrás
e nunca lembrarme de ti.
Deixáchesme magoada
cos teus falsos aloumiños,
coas túas miradas encantadoras,
cos teus “quéroche”
que seguro eran para outra.
Quero poder brillar
coma un lóstrego na noite escura;
poder tocar o ceo coas mans.
Voar e ser libre coma unha gaivota,
poder ensinar o meu sorriso sen
Gañadores do II
Certame Literario
das
Letras Galegas
NORABOA
!!!
Infancia nosa
Hai moito que cavilo no pasado
na ledicia deses tempos,
naqueles bos momentos,
que para outros nin foron lembrados.
Non poderei esquecela
esa fermosa liberdad
que, aínda que cun sorriso,
perdeuse coa idade.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
OS INSULTOS DOS ANIMAIS
Vai a gaivota
paseando polo ceo,
e veu un trasno e…
chamoulle feo.
Tanto se enfadou
que quedou vermello
coma un amorodo
colorado e vello.
A xoaniña,
co seu traxe elegante,
chega o lucecú
e chámalle elefante!
A nai da galiña,
sempre pola Coviña
e a alondra búrlase dela,
por chamarse Marcela.
ESTA MAÑÁ AO ESPERTAR
Esta mañá ao espertar,
vin unha gaivota na miña ventá.
E púxenme a cavilar
que agarimo lle podería dar.
De súpeto veu ao meu pensar
que un amorodo lle podería proporcionar.
Despois de almorzar,
a gaivota pousouse no meu regazo
e comezoume a falar.
Contoume que o día anterior,
co seu amigo can,
fixeran unha falcatruada sen igual.
Foron ao monte un toxo buscar
para o seu amigo, o lucecú, molestar.
Na súa cadeira deixárono pousar
para cando el sentara Nela
un grande salto tivera que dar.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
E o parrulo di:
en vez de insultarse, os animais
podían levar paz e felicidade
a toda a humanidade.
Silvia Otero 4º E.P.
Pero ese día pola mañá,
Nin lucecú nin ninguén
Na cadeira se quixo sentar.
Diego Rouco 6º E.P.
Posta en escena da
obra titulada:
“ AS NOSAS
LETRAS”
Actores:
1º ESO
Directora:
ANA GARCÍA
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Me gusta mucho leer los libros y
también me gusta llevar los libros a
casa. Olalla Bernárdez 1º EP
Me gusta cuando me siento en la
alfombra y practico la lectura.
Ainhoa 1º EP
Lo que más me gusta de la biblioteca
son las colecciones de libros. Escoger
los libros que más me gusten y
leerlos en la alfombra.
Inés Dacunha 2º E.P.
Lo que más me gusta de la biblioteca
son los libros de investigación sobre
el planeta porque nos enseñan cosas
sobre el planeta gracias a los
estudios científicos.
Nerea Valladares 2º EP
La biblioteca es mi parte favorita del
colegio. Mi libro favorito es el de
chistes y me encanta leerlo.
Bruno Estévez 3º EP
Lo que más me gusta de la biblioteca
es elegir libro, porque hay tantos
para escoger que no sé cuál llevarme.
Antía Lemos 3º EP
Para mí la biblioteca es como una
casa llena de libros. Lo que menos
me gustas es ver páginas pintadas o
rotas en mis libros favoritos.
Eduardo Pérez 4º EP
Lo que más me gusta de la biblioteca
es elegir libros de las grandes
estanterías y apuntarlos. Siempre
nos preguntan la referencia del libro
y a mí me gusta contestarlo porque
es muy raro.
Silvia Otero 4º EP
A nosa biblioteca é un sitio pequeno
pero moi acolledor para ler,
estudar…A miña clase, cando vai
coller libros vólvese tola; pero creo
que ás demais clases tamén lles pasa.
Todos pensan: “ o meu turno…”.
Hai libros tan bonitos…!
Claudia Gómez 5º EP
Lo que más me gustó de la biblioteca
fue leer el “Misterio de la Mona Lisa”,
porque es de misterio y aventura, y a
mí me encantan ese tipo de libros.
Eva Canosa 5º EP
La biblioteca es un mundo de
fantasía lleno de diferentes libros.
Nuestra biblioteca es el corazón de la
lectura.
Irene Antúnez 6º EP
O que máis me gusta da biblioteca é
poder coller infinidade de libros e
contos adaptados á túa idade ou ós
teus gustos. Tamén o momento de ler
na alfombra é moi acolledor.
Xabier Dacunha 6º EP
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
- 34 -
Relación talla de pie y altura 1º ESO
30
32
34
36
38
40
42
44
1,35
1,4
1,45
1,5
1,55
1,6
1,65
1,7
1,75
1,8
Talla de pie
Altura (m)
Relación talla de pie y altura 2º ESO
0
5
10
15
20
25
30
35
40
45
50
0
0,2
0,4
0,6
0,8
1
1,2
1,4
1,6
1,8
2
Talla de pie
Altura (m)
Relación talla de pie y altura 3º ESO
0
10
20
30
40
50
0
0,5
1
1,5
2
Talla de pie
Altura (m)
TALLA DO PÉ - ALTURA
Comidas preferidas en 3º ESO
Filete con
patatas
Cigalas
Almejas
Ensalada
Lasaña
Arroz con
pechuga de
pollo
Pechuga
empanada
Arroz
SpaghettisTortilla
COMIDAS PREFERIDAS
Relación talla de pie y altura 6ºE. P.
30
32
34
36
38
40
42
1,2
1,25
1,3
1,35
1,4
1,45
1,5
1,55
1,6
1,65
Talla de pie
Altura (m)
OFICIOS DOS NOSOS AVÓS
OFICIOS DE NUESTROS PADRES
Organismos
públicos
3%
Marítimo
pesqueros
45%
Empresas
16%
Transporte
3% Enseñanza
10%
Industria
23%
OFICIOS DOS NOSOS PAIS
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Organizamos
un pequeno
museo.
Fixemos unha chuvia
de ideas e, en grupos
de expertos, buscamos
respostas aos interro-
gantes que xurdiron.
Experimentamos
coas técnicas de
pintura da arte
rupestre
Reunimos pezas
arqueolóxicas desta
época
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
A lingua,
a nosa lingua.
É doce, e cariñosa,
pero o mellor, sen dubidalo
é que é nosa.
A lingua, con cariño penso nela,
na miña lingua, a galega.
No meu linguaxe estou pensando,
e nunca me canso de de falalo.
Penso eu, que o galego,
todos a podemos falar,
e que os meus descendentes a falen igual.
Na miña lingua estou pensando,
e nunca me canso de ila usando.
Lingua interesante,lingua galega,
nin lingua sobrante, namorado estou dela.
Todo do que vos falei non é mentira,
pois a min me encanta;é a miña.
Adrián Budiño Martínez.
Nun pobo galego había unha vez
un velliño xordo xogando ó xadrez.
Nun bosque olvidado,nunha casa encantada
vivía ela soíña; unha fermosa fada.
Tiña as letriñas gardadas nun gran bote
e un día marchou a comprar un saiote.
O velliño xordo non tiña nada que facer,
marchou ó bosque para algo comer.
Encontrou a casiña da fada,e el nin cabía.
Un bote ben grande de letras aí había.
Meteu un dediño e o frasco colleu
aínda cá letra K pronto morreu.
Abriu alegre o bote e as letras marcharon
pero a letra Y quedou atrás, e as demais a
aplastaron.
Xuntáronse todas A,B,C,D... e soíñas crearon o
abecedario.
O vello sorprendido, volveu á súa casa, e colleu o
diario.
Despois duns anos,uns homes chegaron
e despois de moito escavar, o abecedario galego
atoparon.
`Mirade señoras,esta é a nosa fala´
dixo o home contento, e ensinou a súa pala.
Dende ese momento esa comunidade olvidada
chamouse Galicia,e foi moi admirada.
Agora nestes tempos, o mundo cambiou.
Aínda que xa non é como antes, a nosa orixe non se
olvidou.
Gaitas e sons,
sentimentos en cancións.
Gritade ó mundo que a nosa fala
nunca debe de estar calada.
Laura Piñeiro Gómez
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O martes 24
de abril os
alumnos de
3º e 4º de E. P.
fomos visitar o
Museo do Mar
de Vigo.
Os de 4º vimos un acuario onde había moitos peixes
diferentes das nosas rías e dous tipos de tiburóns.
Tamén había unha gaiola con ovos de tiburóns e unha
sala con traxes de bucear antigos.
O que máis me gustou foron as probas para ser buzo
que lles fixeron a algúns compañeiros de clase. A unha
nena puxéronlle un casco de buzo e mandáronlle
agacharse, pero como pesaba tanto, non podía! A outro compañeiro déronlle a respirar helio, un
gas pouco pesado que levan as botellas de bucear, e ao falar tiña voz de pitufo.
Os alumn@s de terceiro convertímonos en arqueólog@s. Con pinceis e pas tivemos que buscar
restos nun caixón de area. Atopamos ósos, espiñas de peixe, restos de ánforas,cunchas, etc. A
monitora explicounos a información que se pode obter de cada resto que atoparam os e como
poden saber os anos que teñen. Analizou unha espiña de peixe e o ordenador dixo que tiña máis
de 2.600 anos.
Tamén vimos un cranio e ósos humanos. Vendo os restos soubemos que era home, como
morrera e algunha
enfermidade que
tivera.
Despois a Sofía
puxéronlle un
traxe de guerreira
castrexa e a
Bruno de guerreiro
romano. Outros
fixeron tiro con
arco para cazar un
xabaril.
Por último vimos
os restos dun
castro ao aire
libre.
Foi moi interesante e pasámolo moi ben .
- 38 -
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O día 22 de maio , como excursión de fin de curso, quinto e
sexto de primaria visitamos Ourense e fixemos unha ruta
termal ás Burgas, termas de Outariz e a Chavasqueira.
Ó chegar, dirixímonos ó centro da cidade, co fin de visitar a catedral e as burgas.
Máis tarde, pasamos polos mercadiños e paramos nalgunhas tendas . Tódolos nenos acabaron con
pulseiras e lentes de sol ou con fogazas de pan, churros ou croasanes Trala excursión á cidade,
fomos rapidamente ás termas nas que todos queriamos mergullarnos. De camiño, sentamos a
merendar baixo a gran sombra dunha árbore á beira do río na Chavasqueira. Para chegar, tivemos
que pasar por unha ponte onde había moitos candados, pois moitas parellas colgaban un candado e
xurábanse amor eterno.
Despois do baño, sentámonos na herba a comer, cadaquén a súa comida. Satisfeitos, ás catro,
regresamos ó autobús para a volta ó colexio.
Ainoa Figueroa
Neste curso, os alumnos de 5º e de 6º de Primaria fomos ó cocedeiro do mexillón coa intención de
coñecer un poco máis a coción, a separación por tamaños e a enlatación dun produto moi típico de
aquí: o mexilón. Ó chegar alí, despois dunha pequena caminata dende o colexio, ensináronnos unha
máquina, que era a encargada de abrir a cuncha do mexilón. A seguinte que nos ensinaron,
encargábase de quitarlle os peliños e despois xa seguían un proceso que consistía en cocelos,
separalos por tamaños e enlatalos. Non todo era mecanizado, senón que había unhas mulleres que
tamén traballaban alí e levaban tapóns porque hai moito ruído. Tamén nos levaron a unha sala na
que metían os mexilóns nas latas e nuns recipientes de distintos tamaños. Para acabar de envasalas,
dixéronnos que había un artiluxio que se encargaba de facelo. Xa acabara a nosa visita, pero, antes
de irnos, déronnos a cada alumno unha latiña de mexilóns en escabeche.
Tania Lorenzo
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Os alumnos de 5º e 6º de
primaria fomos ó monte do
Facho para visitar unhas
excavacións arquelóxicas duns castros celtas da Prehistoria coñecidos a nivel nacional e incluso
internacional.
O monte estaba situado en Donón, Hío. Os castros estaban protexidos cun plástico especial para
non danalos se alguén pasaba por riba. Non había unha estrada directa ó Facho, asi que tivemos
que ir caminando dende a caracola ata o monte, por un camiño moi escarpado e cheo de pedras.
Cando estabamos subindo polo camiño, vimos unhas vías que se usaban para baixar as pedras das
excavacións.Despois paramos para merendar e puidemos ver as vistas que había dende arriba,
que eran incribles.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Charla en Geriatros
No mes de xaneiro fomos ó Geriátrico de Aldán.
Desprazámonos nos coches dalgúns pais da clase, porque
iamos ir andando pero facía mal tempo. Ó chegar,
atendeunos unha moza moi agradable. Máis tarde,
entramos ó bar e merendamos e falamos con algúns
“velliños”. Despois fomos a unha sala moi grande onde se
reuniron case tódolos residentes do Geriatros. Alí, Juan
Abalo e o seu fillo, tamén Juan; faláronnos das
conserveiras axudados dun ordenador e a televisión. Mentres nos facían a presentación, algunhas persoas
maiores intentaban escoitar, pero outras falaban, rían e algunhas, a ratos, durmían.
Ó saír, vimos unha perruquería. É como a túa casa, pero convivindo con outras persoas.
ENTREVISTA A JUAN ABALO
1. A fábrica era da súa propiedade ou traballaba para outra persoa? - Si, era da miña familia.
2. Cal era o nome da marca dos seus produtos? - “Conservas Abalo”.
3. Cando era pequeno pensou algunha vez traballar nunha fábrica? - Non. A medida que fun medrando
vin a necesidade de traballar nela.
4. Cantos anos estivo traballando? - 50 anos. Tamén estiven 7 anos en Venezuela.
5. Gustáballe o seu traballo? - Naqueles tempos tiñamos que conformarnos co que había, aínda que non
gustara; pero a min gustábame o que facía.
6. Cantas persoas traballaban na súa fábrica? - Entre 30 e 50.
7. E traballaban sobre todo os homes ou as mulleres? - Traballaban máis mulleres. As mulleres facían o
salazón e enlatado e os homes os traballos pesados e os traballos administrativos.
8. Como se traballaba antes, coas máquinas, ou manualmente? - Traballabamos manualmente, poñendo
as sardiñas nas latas, unha á carón da outra
en forma de círculo.
9. Faciades a man os barrís para gardar a
salazón? - Si, faciamos nós as pandeiretas
para salgar o peixe.
10. O peixe desalábase para comer ou se
comía así? - Na maioría dos casos se
desalaba, asábase e tomábase con aceite.
11. Os pilóns do salazón estaban dentro da
fábrica ou ó aire libre? - Ó aire libre.
12. Aproximadamente, cantas latas de conserva se facían ó día? - 3.000 latas aproximadamente.
13. Vendiades os produtos ó por maior, ós supermercados ou directamente a particulares? - Ós
supermercados. Non se vendía nada na fábrica.
14-Tiñan moita venda? - Si. Algúns pedidos tiñan que esperar.
15. Por que antes había tantas fábricas e agora non? - Sobre todo pola chegada de frigoríficos e
conxeladores. Lucía Domínguez - 6º E. P.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013

- 42 -
Covadonga
Palacio de La Magdalena
León Picos de Europa
Santillana del Mar
CovadongaOviedo SantanderCangas de Onís
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Hoxe por hoxe, penso que o mellor recordo que teño dende a miña chegada ao colexio con
tres aniños, foi a viaxe que realizamos a Cantabria todos xuntos o pasado mes de abril.
Acompañounos a nosa titora, a nai dun compañeiro e un dos mellores, por non dicir o mellor
condutor do mundo. Ademais de disfrutar, esta viaxe fixo máis fortes as nosas relacións e
amizades.
Estou moi orgulloso de todos e cada un dos meus compañeiros e compañeiras; e non só
por eses cinco días, que foron os mellores para mín, senón por habelos coñecido e tido a gran
sorte de compartir con eles
estes trece anos da miña
vida. Nunca olvidarei esta
etapa no colexio e espero
que eles tampouco.
Botareivos moito de
menos a todos e cada un de
vós, porque sodes
marabillosos e irremprazables
para min. Valedes moito e
deséxovos a maior sorte do
mundo.
- 43 -
Os amigos son como
as estrelas; non
sempre as ves, pero
sabes que están aí!
Mauro Coya, 4º ESO
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O colexio remata este mes de maio coa ofrenda de
flores á Virxe que tanto nos gusta facerlle. Pola mañá
cedo levámola a cabo os alumnos de Infantil e Primaria
con entrega de flores e lectura de poemas que os
nenos e nenas lle compuxemos con agarimo a María. Ás
12 h lemos os nosos poemas e ofrecemos as flores os
alumnos de ESO. Deste xeito, amosamos o amor que lle
profesamos á Virxe e o orgullo que supón para nós tela
nas nosas vidas como exemplo de virtude.
31
MAIO
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O pasado 9 de maio os alumnos de 3º e 4º de ESO realizamos unha interesante saída a
Caldas e Padrón. Primeiramente visitamos en Caldas a empresa uímica FORESA, onde
amablemente nos ensinaron as instalacións e o seu funcionamento. Loxicamente, fixemos a
visita pertrechados cos chalecos reflectantes e as gafas de seguridade. Algún parecía xa
un científico...! Aprendemos moito, sobre todo que a química non queda só no papel, que ten
a súa aplicación práctica na vida cotiá; concretamente, aquí prodúcense todo tipo de colas.
A seguinte visita fixémola á casa da Matanza en Padrón, onde viviu Rosalía de Castro. Foi
moi emocionante
ver a súa cama,
sempre adornada
cunha flor collida
do xardín; a
cociña típica,
onde supoñemos
que faría a
comida, e sobre
todo o vello
escritorio onde
ela producía os
seus
sentidos versos.
Aprendemos moito ese día!
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
Uxía Mª José
Iago Luis Mauro Rodrigo Manuel
Ángel Óscar Eva Sergio Raúl
Carmen Laura Pablo Ana Goretti
Samuel Marta Carolina María Saúl
María Sandra
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
No PRIMEIRO TRIMESTRE deste curso realizamos, nos
recreos dos luns e mércores, un torneo de HOCKEY. Nel
competiron oito equipos; destes clasificáronse catro, que
logo disputarían a final. Esta sería gañada polo equipo
formado por: Iago C., Mauro C., Samuel P., María V., Rodrigo
D., Mauro I.,Elena L., Moisés O. e Cristina G.
Foi una competición moi disputada, na que os rapaces e
rapazas da ESO, disfrutaron demostrando as súas
habilidades co “STICK”.
No SEGUNDO TRIMESTRE , os alumn@s competiron
simultaneamente en dous torneos: SALTO Á COMBA,
( no que gañou Andrea Dacosta, 2º ESO), e FÚTBOL
SALA ( gañado polo equipo formado por: Samuel, Mauro,
Luis, Raúl, Miguel, Nerea, e Mauro P. ).
No TERCEIRO TRIMESTRE xogamos un torneo de
BRILÉ. Nel, ao igual que nos anteriores, participou
toda a ESO.
Dado o enorme número de participantes, este
campeonato resultou moi variado e bastante difícil de
gañar.
ORGANIZADO POR 4º
ESO
A pesares de ser xogos pouco coñecidos
( hockey, brilé…), houbo unha gran
participación por parte do alumnado.
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
O día 10 de Maio, celebrouse no colexio
Sagrada Familia de Aldán a III
Olimpiada Escolar. Nela participaron
tódolos alumn@s do colexio, dende
Educación Infantil ata a ESO.
Deixado atrás o cross escolar, no
que a participación era baixa, dende a
Anpa, intentouse promover o deporte e o
xogo como saúde e benestar para os
alumn@s do noso colexio. De aí naceu
esta nova iniciativa, na que todos os
rapaces e rapazas do centro participan
de maneira activa e divertida, tanto na
organización coma na participación nos
xogos.
Os alumun@s de Educación Infantil
aproveitaron o porche do centro para levar a
cabo as súas actividades: dende salto de
altura e lonxitude ata lanzamentos de
diversos materiais, son as probas que estes
cativos tiveron que levar a cabo
3º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
2º E.P.
4º E.P. 1º EP
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
En Educación Primaria, as dúas
pistas polideportivas foron o escenario das
actividades que, por grupos e por ciclos,
tiveron que ir superando: tiro a corda,
probas de axilidade e as propias de
atletismo (salto de lonxitude, altura, etc)
Os alumn@s da ESO, coma noutros
anos, desprazáronse á marabillosa praia
que temos enfronte ó colexio para
realizar tres disciplinas deportivas nas
que todos os rapaces e rapazas tiveron
que participar: balonmán praia, fútbol
praia e volei prai
Para finalizar a xornada, fíxose entrega dun
trofeo a cada un dos cursos participantes, en
agradecemento ao seu esforzo e entrega.
Tódolos participantes: alumn@s , profesor@s e membros do ANPA; recibiron como agasallo
unha camiseta co logotipo do colexio.
1º ESO
4º ESO
3º ESO
2º ESO
COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
50
Atopa as once palabras máis fermosas nesta sopa de letras:
Busca na sopa de letras estas palabras:
Amor, amorodo,amizade,agarimo, Xoaniña e nai.
Premiados no certame das
LETRAS GALEGAS
MAIO 2013
María Diz, 3º E.P.
1. Muller que pariu fillos.
2. Mascotam habitual que
podes atopar nunha casa.
3. Sinónimo de travesura.
4. Diminutivo de rato.
5. Ave mariña típica de
Galicia.
6. Luz producida pola
electricidade os días de
tormenta..
7. Animal que produce luz
polas noites.
8. Parte da cara que pecha
a boca.
9. Xoguete que utilizan
sobre todo as rapazas cando
son pequeñas.
10. Herba que nace en zona rochosa con flor amárela e picos.
11. En castelá “cosquillas”.
Tomás Iglesias, 6º E.P.
A M I Z A D E
A G A R I M O
B M N C U Z W
A M O R O D O
R I R R O S E
X T V Ñ H G A
A Ñ I N A O X
N B O N Q A L T O X O L P E E W I
C A R U W R S D X L G F E I T O B
S B I F L U H P E I F C A S A F O
R A U L C A N A D O G Z X R A H N
I D W M X D Ñ R T S O Z I E B W E
O U X Z T B F A D A R U L Z P S C
G R F A L C A T R U A D A C A X A
E L M S P N X I D F X T P M G S W
R X O Ñ F A I Ñ A X Ñ W O N H T P
T N D S Ñ M U O L G L T P V P A Ñ
S A L U C E C U S Ñ D C F A I S P
O S B V A R U L A L H Ñ Z X W A D
L A M X C O X E G A S C L E P T G

More Related Content

What's hot

Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14albinonunez
 
O conto do apalpador
O conto do apalpadorO conto do apalpador
O conto do apalpadormarichoni
 
Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012satelite1
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador udReme Rbm
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andradeaurelio
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andradeaurelio
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosYolanda Castro
 

What's hot (20)

Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
O Apalpador
O ApalpadorO Apalpador
O Apalpador
 
Unidade didactica nadal
Unidade didactica nadalUnidade didactica nadal
Unidade didactica nadal
 
O conto do apalpador
O conto do apalpadorO conto do apalpador
O conto do apalpador
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012Festival de nadal 2012
Festival de nadal 2012
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Nadal no mundo
Nadal no mundo Nadal no mundo
Nadal no mundo
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andrade
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andrade
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 

Viewers also liked

Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)
Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)
Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)Agostinho.Gouveia
 
Usability (and some thoughts on mobile)
Usability (and some thoughts on mobile)Usability (and some thoughts on mobile)
Usability (and some thoughts on mobile)Thiago Colares
 
Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014
Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014
Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014Laura Gallucci
 
Salud dieta anticancerígena
Salud  dieta anticancerígenaSalud  dieta anticancerígena
Salud dieta anticancerígenaaguamarina70
 
Son personas arranjo
Son personas arranjoSon personas arranjo
Son personas arranjocarlos2627
 
Vidros UBV - Parte técnica
Vidros UBV - Parte técnicaVidros UBV - Parte técnica
Vidros UBV - Parte técnicaVidros UBV
 
Práticas e saberes docentes
Práticas e saberes docentesPráticas e saberes docentes
Práticas e saberes docenteseducagil
 
Studie: Wie Google Unternehmensumsätze steigert
Studie: Wie Google Unternehmensumsätze steigertStudie: Wie Google Unternehmensumsätze steigert
Studie: Wie Google Unternehmensumsätze steigertTWT
 
Arte & decoupage ano 6 n 24
Arte & decoupage ano 6 n 24Arte & decoupage ano 6 n 24
Arte & decoupage ano 6 n 24Autonoma
 
William bouguereau am c.f. simmm
William bouguereau  am c.f. simmmWilliam bouguereau  am c.f. simmm
William bouguereau am c.f. simmmcarlos2627
 
Artes matematica 2011
Artes matematica 2011Artes matematica 2011
Artes matematica 2011Luciana Lima
 

Viewers also liked (20)

Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)
Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)
Cordoba sus-patios-sus-flores-15 (1)
 
Musica 2
Musica 2Musica 2
Musica 2
 
Usability (and some thoughts on mobile)
Usability (and some thoughts on mobile)Usability (and some thoughts on mobile)
Usability (and some thoughts on mobile)
 
Margarete geografia
Margarete  geografiaMargarete  geografia
Margarete geografia
 
Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014
Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014
Nova Apresentação Pedra do Sol 13032014
 
PI
PIPI
PI
 
Praias zue
Praias zuePraias zue
Praias zue
 
revista
revistarevista
revista
 
Salud dieta anticancerígena
Salud  dieta anticancerígenaSalud  dieta anticancerígena
Salud dieta anticancerígena
 
Son personas arranjo
Son personas arranjoSon personas arranjo
Son personas arranjo
 
Vidros UBV - Parte técnica
Vidros UBV - Parte técnicaVidros UBV - Parte técnica
Vidros UBV - Parte técnica
 
Práticas e saberes docentes
Práticas e saberes docentesPráticas e saberes docentes
Práticas e saberes docentes
 
Trump Towers - Miami
Trump Towers - MiamiTrump Towers - Miami
Trump Towers - Miami
 
Studie: Wie Google Unternehmensumsätze steigert
Studie: Wie Google Unternehmensumsätze steigertStudie: Wie Google Unternehmensumsätze steigert
Studie: Wie Google Unternehmensumsätze steigert
 
¿Qué fruta es?
¿Qué fruta es?¿Qué fruta es?
¿Qué fruta es?
 
Abobrinha
AbobrinhaAbobrinha
Abobrinha
 
Arte & decoupage ano 6 n 24
Arte & decoupage ano 6 n 24Arte & decoupage ano 6 n 24
Arte & decoupage ano 6 n 24
 
William bouguereau am c.f. simmm
William bouguereau  am c.f. simmmWilliam bouguereau  am c.f. simmm
William bouguereau am c.f. simmm
 
Artes matematica 2011
Artes matematica 2011Artes matematica 2011
Artes matematica 2011
 
Unit 3
Unit 3Unit 3
Unit 3
 

Similar to Andoriña para blog

Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña Iaavvmagdalena
 
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSO entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSBegoña Codesal
 
Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.
Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.
Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.Chema Laranxeira
 
Xornalcompleto
XornalcompletoXornalcompleto
Xornalcompletoceipogrupo
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑOME PP
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019bibliotecadocole
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019bibliotecadocole
 
Programa magosto uncas radio escolar
Programa  magosto uncas radio escolarPrograma  magosto uncas radio escolar
Programa magosto uncas radio escolarCep Pedro Caselles
 
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraMemoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraSeixebra
 

Similar to Andoriña para blog (20)

Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
 
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSO entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
 
O entroido en galicia
O entroido en galicia O entroido en galicia
O entroido en galicia
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.
Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.
Revista Escolar "A Ribeira". CEP Sabarís, 2014.
 
Xornalcompleto
XornalcompletoXornalcompleto
Xornalcompleto
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Programa magosto uncas radio escolar
Programa  magosto uncas radio escolarPrograma  magosto uncas radio escolar
Programa magosto uncas radio escolar
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraMemoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
 

Andoriña para blog

  • 1. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013
  • 2. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - 2 - PORTADA SUMARIO UN NENO NON É UN VASO QUE ENCHER… ACTIVIDADES DE INFANTIL AS PAISAXES CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL POEMAS 4º E.P. PANIFICADORA ALDÁN OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA ESCRITURA CREATIVA POEMAS 6º E.P. UN DÍA COMPLETO DÍA DO LIBRO CONTAMOS CONTOS UN ANIVERSARIO MOI ESPECIAL QUERIDA BRANCANEVES… PROXECTO DO MAR MALAS PALABRAS UN DÍA DE CONVIVENCIA UNHA CANTIGA DE ESCARNIO MODERNA AS VALENCIAS IST MEETING POINT ADIVIÑAS LETRAS GALEGAS 2013 RELATOS PREMIADOS - LETRAS GALEGAS FINALISTAS DO II CERTAME LETRAS GALEGAS POEMAS GAÑADORES – LETRAS GALEGAS GÚSTAME A BIBLIOTECA DO MEU COLE A VIDA EN GRÁFICAS INVESTIGAMOS SOBRE A PREHISTORIA A FALA MUSEO DO MAR VISITAS DE 5º E 6º E.P. CHARLA EN GERIATROS FIN DE ETAPA CABÁRCENO OFRENDA FLORAL FORESA- CASA MUSEO DE ROSALÍA CURSO 2000-2001 TORNEOS DA ESO IIIOLIMPIADA ESCOLAR PASATEMPOS Dirección: COLEXIO SAGRADA FAMILIA Redacción: ALUMNOS E ALUMNAS PORTADA: Mª José e Carmen, 4º ESO
  • 3. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Gústanme as frases célebres porque soen ser profundas; non un burato sen fondo,non, senón algo que nos fai pensar, reflexionar e nos serve para aplicar nalgún momento da nosa vida cotiá. Esta frase é especialmente fermosa porque todo, todo o aplicado ós cativos é marabilloso. Dinos que non debemos preocuparnos tanto da parte material dos nosos fillos, os nosos alumnos. É importante que coman, que non pasen frío, que disfruten cos amigos, cos xogos; que os coidemos cando están “maliños”. Tamén é importante que adquiran coñecementos ou conceptos, pero non debemos de producirlle unha enchenta, nin atiborralos de algo que non entenden. Cómpre ensinalos a diferencia-lo principal do secundario, as ideas esenciais das que non o son tanto, para que sexan quen de priorizar e desbota-lo inservible das súas acutacións e actitudes vitais. Todo isto é necesario, pero máis aínda o é que medre en grandeza de espírito e que sinta interese, apetencia, desexo vehemente por se algo e, sobre todo, alguén na vida. Hoxe, que nos preocupa tanto o “ter”, e, moi pouco o “ser”, podería posuír máis forza esta frase. Debemos preocuparnos moito e ben de que os nosos nenos cheguen a ser algún día esa chama acesa e ardente que iluminen a tódolos que están a rentes deles, incluídos nós, que puxémo-lo primeiro pau do lume para conseguilo. Mª Carmen González, mestra “UN NENO NON É UN VASO QUE ENCHER, SENÓN UN FOGO QUE ACENDER”
  • 4. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Neste curso, os nen@s de Educación Infantil levamos a cabo o proxecto “Os barcos” no que traballamos distintos tipos: de pesca, mercantes, de pasa- xeiros e elaboramos un periódico. Celebramos o DÍA DA PRENSA coa ela- boración dun mural sobre o proxecto dos barcos no que os nen@s o pintaron usando distintos materiais. Tamén comenzamos a traballar estimula- ción temperá mediante o gateo, arras- tre e a escaleira de braquiación. Xunto cun novo método de intelixencias múltiples (facendo e comendo unha ensalada, elaborando zume, e tamén auga de colonia….) - 4 -
  • 5. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Polo Nadal representamos dúas obras de Teatro, e á volta das vacacións visitamos un BELÉN En febreiro fomos o centro cultural Caixanova para ver a obra: ”TRISTÁN CARA DE CAN”, e tivemos a visita dun contacontos que nos amosou mediante sombras a obra… “O DERRADEIRO DRAGÓN” En marzo visitamos a Panadería Iglesias onde nos ensinaron as instalación e como elaboraban o pan, pasteis, e os ovos de Pascua. Participamos no día do deporte facendo distintos xogos O 30 de maio visitamos a granxa escola Serantellos en Cambados onde elaboramos pan e traballamos na horta….
  • 6. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Os nenos e nenas de 1º Educación Primaria traballamos as paisaxes. Dentro das actividades desenvolvidas, buscamos fotos en diferentes xornais e posteriormente elaboramos unha paisaxe de costa en plastilina. Cada grupo foi construíndo a súa paisaxe elixindo as cores apropiadas para cada elemento da paisaxe. Foi unha actividade moi motivadora para os nenos feita con moito gusto e detalle. - 6 -
  • 7. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Dentro das actividades levadas a cabo nas festas do Nadal, tivemos a sorte de ter no noso cole ao grupo de música tradicional "ABALADOIRO" de Coiro que nos ofreceu un interesante e divertido concerto, onde nos amosaron os instrumentos propios da música tradicional galega. Non só puidemos ver os instrumentos máis usuais, senón tamén outros que se tocan con menos frecuencia pero que son moi chamativos e teñen un son moi fermoso. Estamos a falar da zanfona, ocarina, tarrañolas, culleres, legón, culleres, charrasco,cunchas,… Os instrumentos que máis lle gustaron aos alumnos foron a pandeira, a ocarina a zanfoña o charrasco e o acordeón. Na actuación participaron dous alumnos que ensaian con este grupo,Mauro e Samuel Pardavila. Tamén participaron nalgunhas pezas alumnas do centro que tocan a pandeireta. - 7 -
  • 8. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Algúns alumnos resumiron o concerto como unha actividade moi divertida e entretida, xa que os músicos tocaban moitos instrumentos diferentes e tiñan moito ritmo. Para outros foi un concerto que lles sorprendeu, porque non coñecían moitos dos instrumentos que tocaban os músicos e amosaban sorpresa cando os interpretaban. Puideron ver en directo instrumentos da tradición galega que nunca viran e como era o seu son!! Ao final prepara mos unha cantiga de Nadal que acompañamos con pandeietas e cunchas e onde participaron alumnos e alumnas de diferentes idades xunto co GRUPO ABALADOIRO. FOI XENIAL ¡!!
  • 9. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 -
  • 10. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - - 10 - Don Choco vive nun oco. Doña Faneca, baixo a area. O santiaguiño no seu niño E a agulla dorme, dorme coa marea chea. A dorada é moi delgada E don Choco segue no seu oco, O peixe Lúa, parece unha duna e o tiburón branco segue vivindo nun barco. Pablo e Jose O MAR O león grandón é moi comilón e cando canta unha canción sáelle do corazón. O león salvaxe ten marrón a pelaxe e cando caza animais é feroz de máis. O león dormilón cando ten tempo dorme a sesta un montón. Á aguia non lle gusta o león porque sempre lle colle o seu sillón. Eduardo e Sofía Non hai area amarela no fondo do mar, e as cunchas non teñen donde apoiar, as cunchas choran e choran porque non teñen lar, e a algunhas dálle igual porque teñen o poder de voar. A banda “Plash”mola como una estrela fugaz, o cabaliño de mar é un “DJ” con antifaz, a súa amiga Pili canta coma Bisbal e as cunchas bailan e bailan sen parar. Que pasa no fondo do mar? Que a area volveu dunha viaxe ao seu fogar. Que pasa agora no fondo do mar? Que as cunchas xa teñen onde se apoiar. Silvia e Susana Xa non hai ras nas lagoas que pasará? xa non croan onde irán? Xa non quedan sabes onde irán? As lagoas están vacías que pasará? Que lles ocorre ás ras? Que lles pasará? Non sei, non sei, xa voltarán. As ras están enfermas pobriñas elas! Xa no nos despertarán Nunca máis pola mañá. Carlota e Nerea Que lle pasa ó león? Está enfadado. non pode durmir nin xogar ós dados. Está no seu cuarto triste e fatigado. Se vén o seu irmán dille que está canso. Se ven o seu amigo a xogar aos dados el dille que non, que está triste e fatigado. Breixo e Pedro O mar ten moitos animais a onde irán? vanse sin máis. Vaise o bonito por moi chulito, vaise o tiburón por ser moi bombón. Vaise a sardiña por ser pequeniña, vaise a balea por estar moi chea. Vanse todos, a onde irán? vanse á escola no fondo do mar. Candela e Aitana A LAGOA O LEÓNO MAR O LEÓN O FONDO DO MAR
  • 11. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 El martes 16 de octubre salimos con nuestros compañeros de 3º de E.P., a una actividad complementaria a la "PANIFICADORA IGLESIAS" Nos guió el Sr. Rogelio. Nos llamó la atención que hicieran su propia levadura. El pan tarda en hacerse, todo el proceso, 4 horas. Había máquinas para hacer empanadillas, cocer magdalenas y para hacer distintos tipos de pan. Le hicimos algunas preguntas. Nos comentó que había 62 trabajadores, los más mayores tienen 60 años y los más jóvenes entre 22 y 26. Trabajan en 2 o 3 turnos. También nos dijo que una barra de pan cuesta 80 cént., pesa 250g y hacen unas 14000 barras al día, que reparten en 14 furgonetas. En el año en que nacimos (2003) una barra de pan costaba casi como ahora. Al terminar la visita nos pusieron una deliciosa merienda con: bollos de leche, pizza, refrescos, galletas y magdalenas recién salidas del horno. Nos dijeron que están muy contentos porque reparten sus productos también fuera de Galicia. Pedro, Nerea, Jose y Carlota ( 4º E.P.) - 11 - ¡La visita nos gustó mucho!
  • 12. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 SOMERXÉMONOS na época da Prehistoria para comprender mellor o obradoiro que iamos facer. RECIBIMOS unha explicación dos distintos métodos empregados polos arqueólogos e as distintas tarefas do seu traballo. CONVERTÉMONOS en arqueólogos buscando distintas pezas pertencentes aos nosos antepasados. INTERPRETAMOS os obxectos atopados podendo así coñecer moitos aspectos da vida nesta época. - 12 - Os alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria, visitamos o castro situado no Museo do Mar de Vigo
  • 13. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - 13 -
  • 14. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 A paz é bonita, a paz é fermosa, a paz soe ser linda e tamén amorosa. A paz é necesaria para sobrevivir, tamén é sagrada e ás veces fai rir. Vivo nunha aldea na que sempre reina a paz non é tan fea nin tampouco defraudará. Sempre que haxa paz todo será bonito, aínda que nalgún lugar non pasa sempre iso. O meu poema acaba e a todos desexo paz. Onte cando xogaba, déronme todos a man Laura Coya , 6º E. P. A PAZ A miña aldea non é moi elegante, pero na nosa ría, tópase un bo bogabante. A praia está ó lado do río, e aínda que non sempre, pero vai frío. Hai un camiño longo e estreito, e del non se saca moito proveito. Rematando o camiño hai unha alameda, e inda que hai crise, topas algunha moeda. Cara ó final hai un muelle para pescar, e tamén hai nenos que se botan a nadar. E aquí remata a miña pequena aldea, na que vou pasear ó meu can cunha correa. A xente deste grande e fermoso pobo, non é que ande moi amodo. Cando molla os pés o vello de enfrente, vai tan despacio que o leva a corrente. Logo está a miña veciña que é modelo, que non pode nin co seu longo cabelo. Sempre miro a Xoán o que non fai fogueira, e inda que soe raro ten a maior das maceiras. E aquí remata a miña poesía, que de verdade, fixen con moita alegría. Borja Rodríguez 5º E.P. A MIÑA ALDEA A paz que pouco dura. A paz que pouco aguanta. A paz que se disfruta. A paz que te relaxa. Isto non é broma. Dígocho en serio. O símbolo é a pomba e a rama da oliveira. Para a xente que sofre. Para os nenos que morren O malo que ocorre, neste día, que se borre. O día de festa que celebramos aquí O día sen violencia para eles e para min Exemplos de paz: Os días de clase: atención prestar e non facer chantaxe Hoxe lendo un libro, vexo o significado A paz é un nome lindo. Está demostrado María Rodríguez 6º E.P. A PAZ
  • 15. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 No acuario puidemos ver especies que habitan as nosas costas e os nosos ríos. Tamén reforzamos conceptos que xa tiñamos adquiridos e aprendemos moitas cousas novas. Chamounos moito a atención un tanque que ten lampreas, que é un peixe moi pouco evolucionado que carece de mandíbulas. Visitamos o Nautilus, no que se atopa o tiburón Gastón, que está un pouco triste xa que hai poucos días que morreu a femia que vivía con el no acuario. Tamén gustounos moito ver como alimentaban as focas!!!!! En SOGAMA explicáronnos o traballo que alí realizan e a importancia dos tres erres: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. No edificio de clasificación de envases lixeiros observamos como separaban o plástico PET (botellas de auga), o plástico PEAD (botellas mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos) para a obtención de enerxía eléctrica.de suavizante da roupa), as latas de aluminio (refrescos), os bricks (leite) e as latas que non son de aluminio (conservas). No edificio destinado á recepción da "bolsa negra" (colector verde) comprobamos que non separamos ben os refugallos, xa que coa materia orgánica tamén hai mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos ) para a obtención de enerxía eléctrica. - 15 - O día 5 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos as instalacións do acuario de A Coruña e as da Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, en Cerceda (A Coruña).
  • 16. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - 16 - Os alumnos/as de 4º de E.P. celebraron un acto na biblioteca do Centro Para esta ocasión cada alumno debería traer da súa casa o libro que máis lle gustara ou que lle parecera máis interesante para presentarllo aos seus compañeiros, facer un pequeno resumo e expoñer as razóns polas que elixiu este libro e non outro, por que lle gustou e que foi o que máis lle chamou a atención.
  • 17. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 “O raposo verde” Era un raposo que se chamaba Manolo. Manolo era a mascota dunha familia. A familia tiña dous xemelgos e dúas xemelgas e parecíanse moito. Ós catro nenos gustáballe moito Manolo. Sempre estaban xogando con el. Un día estaban xogando ó balón con Manolo,ó lado das escaleiras que levaban ó sotano e... Manolo caeu¡ cando chegou abaixo caeulle un bote de pintura verde enriba. Os nenos non sabían que pasara. Pensaron que fora maxia. Despois foron de paseo ao monte e Manolo como se camuflaba tan ben,perdeuse. Os nenos volveron moi tristes á casa e contáronlle ós pais que se lles perdera. Os pais quedaron bocabertos ao oír iso. Porque sabían que tardarían moito en encontralo. Puxeron carteis,pero non serviu de nada. Foron polo bosque,pero tampouco o atoparon. Buscárono durante un mes,pero tampouco o atoparon. Un día acordáronse de que tiña un chip. Foron ó veterinario para que lles dixera onde estaba. Estaba ao norte do monte e foron buscalo. Cando chegaron onde estaba Manolo viron que estaba atrapado pero case non se vía porque era verde. Levárono outra vez ó veterinario para que o curara e ó chegar. lavárono e volveu a súa cor marrón. Corina C. N. - 5º E.P. “Xureliño actor” Xureliño é un pequeno peixe que soña con chegar a ser actor e saír na tele. Carme, a súa mellor amiga, sempre xogaba con el a ser actores dunha canle de debuxos animados. Un día o director desa canle, viunos xogar e actuar e díxolles que eran moi bos actores e se querían unha película para esa canle tan famosa. Os dous peixiños emocionáronse e aceptaron. E así é como o pequeno xureliño converteuse en ``Xureliño actor´´. Ainoa F.V. - 6º E.P. “O reloxo larpeiro” Había unha vez,un reloxo que estaba no medio da praza,pero non era un reloxo normal,era un reloxo larpeiro! Comía as horas,os minutos os segundos... A xente xa dubidaba,e non sabían que facer. Chamaron a un mecánico especialista e moita xente máis... pero ningún puido facer nada! Ó día seguinte veu un cociñeiro,a xente pensaba:“Como vai arranxar o reloxo,un cociñeiro?” Cando o estaban amañando o reloxo... estaba reparado! E en vez de comer os minutos,as horas e os segundos comíase a noite,pero á xente non lle importaba,porque ó final acostumáronse e dixeron: -Como quero ó noso reloxo,paréceme único!! E, ó cabo do tempo,o reloxo sentiuse moi querido e estaba tan contento que xa non comía nin sequera a noite. Carmen C. N. - 5º E.P
  • 18. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Geriatros 2013 4º aniversario UN ANIVERSARIO MOI ESPECIAL O 23 de abril os alumnos de 2º da ESO visitaron a residencia para persoas maiores Geriatros. O motivo foi a celebración do seu terceiro aniversario. Despois de ter realizado varias actividades conxuntas co centro para nós era moi especial que nos invitaran nun día coma este. A animadora do centro tiña preparada unha gynkana na que realizamos varias actividades cos maiores. Foi moi divertido e enriquecedor. Agardamos volver pronto!!!! 2º ESO
  • 19. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Ola! O meu nome é Lucía, vivo en Darbo e teño 12 anos. Seguramente ti vivas moi lonxe de aquí. Escríboche esta carta para dicirche que eres moi especial; gústalles a case tódalas nenas pequenas. Eu coñezo unha que lle encantan as princesas e sobre todo ti. O seu soño sería poderte ver algún día. Pero creo que iso non podería ser, non si? Espero que contestes a esta carta porque así cando ela aprenda a ler podería ensinarlla. Poríase moi feliz e tamén querería escribirche. Xa non teño nada máis que dicir. Chao! Moitos bicos e apertas! Lucía Domínguez 6º EP
  • 20. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Este curso fixemos o proxecto “o mar. Fixemos traballos con cartolinas de: moluscos, cefalópodos, equinodermos, peixes e outros peixes. Viñeron avós de algúns nenos da clase a contar cousas do mar como as redes e a pesca de baixura e de altura. Veu Lucho para ensinarnos sobre as embarcacións e a pesca de baixura, Suso veu contar sobre a pesca de altura e Josefa a contar sobre as redeiras. Eu penso que foi divertido e aprendín moito sobre o mar. Diego Nores García 2º E.P. Primeiro día de clase, curso 2012-2013 Os alumno@s de 3º e 4º de Primaria fomos
  • 21. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Pontevedra para ver a obra teatral “MALAS PALABRAS”. Contaba a historia dunha nena que descubría que era adoptada. Nun principio enfadouse moito cos seus pais, pero despois comprendeu a sorte que tivera ao ser a elexida entre tantos nenos. - -
  • 22. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O pasado xoves 11 de outubro, os alumnos de 3º de ESO do colexio Sagrada Familia saímos de convivencia. Ao pouco tempo de chegar, xa nos puxemos en marcha cara ao noso destino: o monte do Facho. Acompañáronnos Ana, a nosa titora, e Chari. Primero paramos no parque a facer o que lle chamamos “foto oficial”, xa que todos os anos se repite. Fomos ata Vilariño atravesando pola Vereda e chegamos ao Cruceiro do Hío. Alí gozamos un pouco das vistas e refrescamos a gorxa. Continuamos o camiño subindo pola Castiñeira e a pola calzada romana ata o outeiro Batente. Xiramos á dereita e, nada máis comezar o camiño de Donón, descubrimos algunhas pedras que semellaban indios das Américas. Desde os outeiros podiamos observar as fermosísimas vistas coas illas Cíes ao fondo. Despois da camiñada chegamos ao Facho e alí comemos con fantásticas vistas e aínda mellor compañía. Entre nós e as profesoras fixemos comentarios sobre o que observabamos no castro do Facho e por que estaba situado alí. Acabamos facendo algunhas actividades xuntos e voltamos para a casa. Este día fixo que nos xuntásemos máis e fósemos mellores compañeiros. Laura García Bastón, 3º ESO - 22 -
  • 23. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O moi porcallán de Efron a High School Musical foi cantar e no medio da entrevista as orellas lle mandaron limpar. O Justin Bieber encántame cos aturuxos que pega. As vacas foxen correndo cando o ven pola veiga. E eses de One Direction, nas fotos con cara de anxiños, fixo que a eses “tesouros” lles ensinou a cantar Paris Hilton. No verán mira que eran pesados cos raios de sol, ó final á de Rico e Méndez deulle unha insolación. Estes son algúns dos artistas que me teñen chea de dúbidas. Neste mundo fanse famosas ata as festeiras vellas rusas. Teño dúbidas sobre os artistas que triunfan neste momento, pero cóntovolas á présa porque se me vai o tempo. Melendi sempre está “sangrando”, sempre sufrindo labazadas, non di nada positivo nas súas cancións desfasadas. O “Baile do cabaliño”, que agora anda moi de moda, da miña tía Paula vai ser o baile de voda. Aquí vos presento agora a marabillosa Hanna Montana que, de tanto estar no estrelato, a pobre quedou estrelada. E esa tal Niki Minas, co seu pelo multicolor, vai tal para o Antroido e de seguro que causa furor. Alexandra García Domínguez 3º ESO - - - - 23 -
  • 24. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 AS VALENCIAS O estudo das valencias aplicando a Teoría das Intelixencias Múltiples. Neste caso, desenvolvendo a intelixencia viso-espacial. 3º ESO
  • 25. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Os días 25, 26, 27 e 28 de xaneiro tivo lugar en Aldán o primeiro Meeting Point dos colexios xestionados polo Instituto Secular Cruzadas de Santa María, fundado polo padre Tomás Morales SJ. Había unhas 130 persoas entre alumnos e profesores dos colexios Sagrada Familia (Aldán), Sagrados Corazones (Ciudad Los Ángeles, Madrid), Safa – Grial (Valladolid) e Nuestra Señora de las Delicias (Madrid). Participaron alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º de ESO. O motivo desta xuntanza non era outro que CONVIVIR cos alumnos e profesores doutros colexios, e desde o colexio de Aldán queriamos aproveitar a ocasión para que coñeceran e gozaran do noso privilexiado entorno e do noso centro. A experiencia foi moi positiva en todos os sentidos. Ademais de coñecer xente, compartimos risas, experiencias, comidas, saídas e momentos de oración e reflexión. O programa da xuntanza foi moi variado, houbo actividades deportivas, andainas pola zona, talleres, xynkana, e as veladas nocturnas, nas que cada colexio realizou actuacións. Agardamos que todos os alumnos e profesores se sentiran a gusto, e desexamos volvernos reencontrar no segundo Meeting Point. - 25 - Ata pronto!!!
  • 26. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - 26 - Sonmamífero hervíboro. VivoenAustralia. Sondecor marrón eteñounhabulsiña nabarrigaparale- var osfilloscando sonpequenos. Éunser quevivenaselva.Éde cor castañooularanxa.Ten pelaxeemelena;egústanlle moitoosanimais. Écarnívoro. Sumérxesebaixoa augaparapescar. Vivenacosta.É moirápido.Ten ás,colaconmoitas plumaseun peteiromoilongo. Icíar Sofía Eduardo Sonunanimalomnívoro.A miñaparellavaiteespertar. Tódalasmañáscantakikirikí. Poñoovos;dalgúnssaen poliños,doutrosnon.Vivono galiñeiroepodoter cor marrón. SilviaOtero Vivecercadas lagoas.Épequeno elevaasúacasiña enriba.Podeser verdeoumarrón. Élentonoseu camiñar. Aitana Teñocolapeluda,moito pelonacabezaepatas, quenonteesqueza.Son undepredador,quenon memateocazador.Vivo nasabana,ecomo animaistodaasemana. Javier
  • 27. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado Grupo Abrente que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre arredor do teatro: desde a creación do Grupo Antroido, en 1975, ata a súa compañía actual Teatro do aquí, pasando pola breve experiencia da cooperativa Teatro do Estaribel. En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesoinais, superando de vez a pantasma de “amador” que pairara sempre sobre a historia do noso teatro. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ( “Abrente”, “ O Facho”, “ Ciudad de Valladolid”), como aconteceu con outros integrantes do Grupo Abrente, o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu ata os anos 90, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses (“Rafael Dieste”, “Álvaro Cunqueiro”, “Xacobeo 92”, “Eixo atlántico”, “María Casares”…), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo. Son súas obras como La ud a m uco, señor d e ningures, Ba ila d ela d a m orte d itosa , Día s sen gloria , Toup orroutou d a Lúa e d o sol… A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construcción dun teatro nacional galego. Ana Estévez 3º ESO - 27 -
  • 28. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Relato premiado no certame das LETRAS GALEGAS Maralevantousepolamañáámesmahoraqueodíaanterior. Comeuosmesmoscereaisqueodíaanterior efixoasmesmas cousasnocolexioqueodíaanterior. Logocomeu, bebeu, xogou, recolleu, camiñouedurmiu. Todoigual queodíaanterior…E aodíaseguintefaríaomesmo. Eaooutro, tamén. Maracomezabaadarsecontadequea súavidaeraunharutinaeopeor de todoeraqueaelanonllegustaba.Estabadispostaacambialo. Aodíaseguintenonseergueuámesmahora. Colleuamochilaebotouacamiñar. Camiñouhorasehorasatachegar aunha vilachamadaAladeiro.Polovisto,acababadesucederunterribleaccidentequeacabaracoavidadunnenochamadoIsaac.Había moitospolicías.Onenocaeraaunrío.Maraqueríasaírdealíaxiña.Dábanllecalafríos. Colleu un tren que levaba á fronteira de Galicia con Castela e León. Estivo horas naquel tren. Ata se fixo amiga dun estranxeiroquellecontouquenoseupaíshouberaunhaguerraequetiveraquefuxir.Osseuspaismorreran.Istopuxomoi triste aMara… Máistarde,candochegouaCastelaeLeón,nonsabíaquefacer.Seircaraaonorteoucaraaosur,seirentaxi ouenautobús, sedurmirnaestradaoununhapousada.Cartostiña.Obodasituaciónéquexasaíradasúarutina.Naestacióndotrenhabíaxente pedindocartosconcarteisanunciandoquetiñancincofillos,queestabansentraballo…Marapensou: “Amaioríadoqueponnos carteiséfalso.” Axentenonllesfacíamoitocaso.Perosi queeraverdadequeesaxentesufríamoito. A Maracustáballeabrir osollos. Aíndaestabamediodurmida, perodeusecontadequeuncanlleestabalambendoacara. Levantousedobanco. Oestómago muxíalle. Buscouunhatendadecomidaemercouun bocadillo. A dependentacomezoua falarlle: - Ti nonesdeaquí,non? - Eu,non.SondeGalicia. - Ai, Galicia! A miñanai eragalega. Comomegustabadepequenair aló, ver omar, salpicadodebateasedebarcos. - Íasmoito? - Non, nena, non. Meupai erafeirante. Levábamesempredunladoparaoutro. Undía estabaenChinacomendofideoseóseguinteenBrasil vendoocarnaval. - Quesorte! Amiñavidaésempreigual enonmegusta. - Ai, nena! Debesaprezar oquetes. Deseguroqueatúavidaémoi bonitaenonébodar tantasvoltas. Seinopor experiencia propia! - Eunonopinoasí.- DixoMara, trabandonoúltimoanacodebocadillo.- E, atúanai, quefoi dela?.- A muller ficoumudae díxo: - Amiñanai noncheguei acoñecela.-Dixoamullermirandocaraaochan. - Síntoo.Eu… - Nonpasanada,nena.Dixoamullerconcaradetristura.-Émellorquemarches. Maraquedou pensando naquelamuller. Quellepasaríaásúanai?Pensou quedebíaseguir camiñando. Quedistinto era Castela-León…! Xalevabauntemponocamiño,candosedeucontadequeestabadesorientada;nonsabíaquefacerninaonde ir.Ergueuacabezaemirouaoceo.Tiñaunhacoralaranxadaquellerecordabaasúanai. Dáballeigual queaatopasenounon. Anai andaríanunhaviaxedetraballo… Seguiucamiñandoetropezoucunharapazaquelevabamoitaprésa.Pediulleperdón, perononllecontestou. Semellabacansae tiñaacaraavermellada.SaíucorrendoeMaraseguiuna.Meteusenunhacalella,baixouunhasescaleirasesentoununhacadeira. Maraagochouseeviucomoamozafacíaacenosdedesesperación. Volveusubirasescaleirasedixo:-Nonfai fallaqueteagoches. Marasaíudoseuescondedoiro. - 28 -
  • 29. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Como te chamas?.- preguntoulle. - Anandi.—Respondeulle a rapaza.- Por que me seguías? - Non sei…Quizás polo teu aspecto….- Dixo Mara en voz baixa. - Eu son dun lugar chamado Aladeiro. Debo ir aló. Morreu o meu curmán. - O teu curmán caeu ao río?.- Preguntou Mara, curiosa. - Si, pero… como o sabes? - Seino. Anandi botou a correr e Mara seguiu camiñando. Outra vez non sabía a onde ir… De súpeto, parouse. Botaba de menos a súa vida rutineira. Verdadeiramente, tiña morriña da súa casa! Entón, viñéronlle á cabeza todas as persoas que coñecera na viaxe: Anandi e o seu curmán Isaac, o estranxeiro que coñecera no tren, os pobres con carteis e a dependenta. Deuse conta de que eles tiñan unha vida desgrazada e chea de incertidume. A súa, aínda que un pouco aburrida, era seg ura e che a de cariño. Tiña uns pais que a querían, un fogar e comida enriba da mesa. Que máis se podía pedir? Alicia Piñeiro García 1º ESO ( Relato premiado no certame literario das Letras Galegas ) A potente luz dun lóstrego fixo que Evelyn espertara sobresaltada en plena noite. Sentouse nun extremo da cama, fregou os ollos á vez que suspiraba ruidosamente. Os pesadelos que levaban semanas atormentándoa volvéranse repetir. Dirixiuse lentamente ao baño, lavou a cara con auga fría e observouse fíxamente no espello: aínda tiña os ollos vidrosos polo sono e o pelo revolto caíalle a ámbolos lados da cara. - Ridícula, coma sempre.- Cuspiu o seu reflexo. Cando se dispuña a durmir de novo, un lucecú voador atraeu a súa atención; algo sinxelo na absoluta escuridade que reinaba. Unha vez o insecto se decatou de que a rapaza o miraba, guiouna ata a saída da casa. Evelyn seguíao obediente, pero asustada. Non sabía por que lle interesaba tanto o destino do lucecú, pero tampouco era quen de ignorar a súa chamada. Adentrouse no bosque detrás daquela luz tan tenue. Viuse obrigada a correr para non perdela. O longo camisón branco enganchábase na ramaxe dos arbustos máis baixos, quedando máis e máis destrozado a cada paso. De súpeto, a luz do lucecú desapareceu e Evelyn parouse expectante. Uns pasos máis e caería. Un acantilado. Afogou un grito e asomouse, cautelosa. O mar rompía estrepitosamente contra as rochas. Un aire fresco acariñoulle a cara, remexendo a súa fermosa melena castaña e provocándolle unhas agradables cóxegas nas costas.
  • 30. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Abofé que o sentimento de liberdade que aquel lugar transmitía era inigualable, ó igual que o temor que infundía. -Eve….- Era coma un murmurio, apenas audible nun principio. - Eve…- Repetiuse esta vez máis alto. O vento chamábaa, necesitábaa. - Eve…!- Soou por terceira vez, máis forte, máis desesperado. O vento sopraba con máis forza, obrigándoa a dar un paso máis. Máis preto do abismo. As ganas irrefreables de saltar comezaron a invadila. Pensou no amor que sentía por Hugo, o fácil que lle resultaba sorrir cando aqueles ollos azuis a observaban… A ledicia que sentiu naquel momento fixo que un sorriso se abrise paso entre as bágoas. -Ata aquí cheguei.- Murmurou.- Fun feliz, vou saltar. O vento soprou con máis forza, insistente, impaciente. As ondas bateron contra o acantilado. Chamábana. Reclamábana. O vento sopraba. Un paso. Outro. Saltou. Chorou. Berrou. Caía… -É outro pesadelo. Caía… Cando chegue abaixo, espertarei. Caeu. Ana Piñeiro Gómez 4º ESO Relación de finalistas do II Certame literario das LETRAS GALEGAS 2013 Na categoría de 3º e 4º de ESO : Alexandra Dominguez de 3º de ESO en relato curto coa obra “Muller galega”. Irene Dacosta de 3º de ESO en poesía co poema “Miña pequerrecha”. Na categoría de 1º e 2º de ESO Pablo Pousa de 1º de ESO en relato curto coa obra “O chaval dos lóstregos”. Yasmina Zaki de 1º de ESO en poesía co poema “ A muller maltratada”. Na categoría de 5º e 6º de E.P. : Laura Piñeiro de 5º de primaria na modalidade de poesía. Xavi Dacuña de 6º de primaria na modalidade de pasatempos. Na categoría de 3º e 4º de E.P. : Icíar Nores de 4º de primaria na modalidade de poesía. Jennifer Novas de 3º de primaria na modalidade de pasatempos.
  • 31. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Os meus soños Quero volver a vista atrás e nunca lembrarme de ti. Deixáchesme magoada cos teus falsos aloumiños, coas túas miradas encantadoras, cos teus “quéroche” que seguro eran para outra. Quero poder brillar coma un lóstrego na noite escura; poder tocar o ceo coas mans. Voar e ser libre coma unha gaivota, poder ensinar o meu sorriso sen Gañadores do II Certame Literario das Letras Galegas NORABOA !!! Infancia nosa Hai moito que cavilo no pasado na ledicia deses tempos, naqueles bos momentos, que para outros nin foron lembrados. Non poderei esquecela esa fermosa liberdad que, aínda que cun sorriso, perdeuse coa idade.
  • 32. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 OS INSULTOS DOS ANIMAIS Vai a gaivota paseando polo ceo, e veu un trasno e… chamoulle feo. Tanto se enfadou que quedou vermello coma un amorodo colorado e vello. A xoaniña, co seu traxe elegante, chega o lucecú e chámalle elefante! A nai da galiña, sempre pola Coviña e a alondra búrlase dela, por chamarse Marcela. ESTA MAÑÁ AO ESPERTAR Esta mañá ao espertar, vin unha gaivota na miña ventá. E púxenme a cavilar que agarimo lle podería dar. De súpeto veu ao meu pensar que un amorodo lle podería proporcionar. Despois de almorzar, a gaivota pousouse no meu regazo e comezoume a falar. Contoume que o día anterior, co seu amigo can, fixeran unha falcatruada sen igual. Foron ao monte un toxo buscar para o seu amigo, o lucecú, molestar. Na súa cadeira deixárono pousar para cando el sentara Nela un grande salto tivera que dar.
  • 33. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 E o parrulo di: en vez de insultarse, os animais podían levar paz e felicidade a toda a humanidade. Silvia Otero 4º E.P. Pero ese día pola mañá, Nin lucecú nin ninguén Na cadeira se quixo sentar. Diego Rouco 6º E.P. Posta en escena da obra titulada: “ AS NOSAS LETRAS” Actores: 1º ESO Directora: ANA GARCÍA
  • 34. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Me gusta mucho leer los libros y también me gusta llevar los libros a casa. Olalla Bernárdez 1º EP Me gusta cuando me siento en la alfombra y practico la lectura. Ainhoa 1º EP Lo que más me gusta de la biblioteca son las colecciones de libros. Escoger los libros que más me gusten y leerlos en la alfombra. Inés Dacunha 2º E.P. Lo que más me gusta de la biblioteca son los libros de investigación sobre el planeta porque nos enseñan cosas sobre el planeta gracias a los estudios científicos. Nerea Valladares 2º EP La biblioteca es mi parte favorita del colegio. Mi libro favorito es el de chistes y me encanta leerlo. Bruno Estévez 3º EP Lo que más me gusta de la biblioteca es elegir libro, porque hay tantos para escoger que no sé cuál llevarme. Antía Lemos 3º EP Para mí la biblioteca es como una casa llena de libros. Lo que menos me gustas es ver páginas pintadas o rotas en mis libros favoritos. Eduardo Pérez 4º EP Lo que más me gusta de la biblioteca es elegir libros de las grandes estanterías y apuntarlos. Siempre nos preguntan la referencia del libro y a mí me gusta contestarlo porque es muy raro. Silvia Otero 4º EP A nosa biblioteca é un sitio pequeno pero moi acolledor para ler, estudar…A miña clase, cando vai coller libros vólvese tola; pero creo que ás demais clases tamén lles pasa. Todos pensan: “ o meu turno…”. Hai libros tan bonitos…! Claudia Gómez 5º EP Lo que más me gustó de la biblioteca fue leer el “Misterio de la Mona Lisa”, porque es de misterio y aventura, y a mí me encantan ese tipo de libros. Eva Canosa 5º EP La biblioteca es un mundo de fantasía lleno de diferentes libros. Nuestra biblioteca es el corazón de la lectura. Irene Antúnez 6º EP O que máis me gusta da biblioteca é poder coller infinidade de libros e contos adaptados á túa idade ou ós teus gustos. Tamén o momento de ler na alfombra é moi acolledor. Xabier Dacunha 6º EP
  • 35. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 - 34 - Relación talla de pie y altura 1º ESO 30 32 34 36 38 40 42 44 1,35 1,4 1,45 1,5 1,55 1,6 1,65 1,7 1,75 1,8 Talla de pie Altura (m) Relación talla de pie y altura 2º ESO 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 0 0,2 0,4 0,6 0,8 1 1,2 1,4 1,6 1,8 2 Talla de pie Altura (m) Relación talla de pie y altura 3º ESO 0 10 20 30 40 50 0 0,5 1 1,5 2 Talla de pie Altura (m) TALLA DO PÉ - ALTURA Comidas preferidas en 3º ESO Filete con patatas Cigalas Almejas Ensalada Lasaña Arroz con pechuga de pollo Pechuga empanada Arroz SpaghettisTortilla COMIDAS PREFERIDAS Relación talla de pie y altura 6ºE. P. 30 32 34 36 38 40 42 1,2 1,25 1,3 1,35 1,4 1,45 1,5 1,55 1,6 1,65 Talla de pie Altura (m) OFICIOS DOS NOSOS AVÓS OFICIOS DE NUESTROS PADRES Organismos públicos 3% Marítimo pesqueros 45% Empresas 16% Transporte 3% Enseñanza 10% Industria 23% OFICIOS DOS NOSOS PAIS
  • 36. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Organizamos un pequeno museo. Fixemos unha chuvia de ideas e, en grupos de expertos, buscamos respostas aos interro- gantes que xurdiron. Experimentamos coas técnicas de pintura da arte rupestre Reunimos pezas arqueolóxicas desta época
  • 37. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 A lingua, a nosa lingua. É doce, e cariñosa, pero o mellor, sen dubidalo é que é nosa. A lingua, con cariño penso nela, na miña lingua, a galega. No meu linguaxe estou pensando, e nunca me canso de de falalo. Penso eu, que o galego, todos a podemos falar, e que os meus descendentes a falen igual. Na miña lingua estou pensando, e nunca me canso de ila usando. Lingua interesante,lingua galega, nin lingua sobrante, namorado estou dela. Todo do que vos falei non é mentira, pois a min me encanta;é a miña. Adrián Budiño Martínez. Nun pobo galego había unha vez un velliño xordo xogando ó xadrez. Nun bosque olvidado,nunha casa encantada vivía ela soíña; unha fermosa fada. Tiña as letriñas gardadas nun gran bote e un día marchou a comprar un saiote. O velliño xordo non tiña nada que facer, marchou ó bosque para algo comer. Encontrou a casiña da fada,e el nin cabía. Un bote ben grande de letras aí había. Meteu un dediño e o frasco colleu aínda cá letra K pronto morreu. Abriu alegre o bote e as letras marcharon pero a letra Y quedou atrás, e as demais a aplastaron. Xuntáronse todas A,B,C,D... e soíñas crearon o abecedario. O vello sorprendido, volveu á súa casa, e colleu o diario. Despois duns anos,uns homes chegaron e despois de moito escavar, o abecedario galego atoparon. `Mirade señoras,esta é a nosa fala´ dixo o home contento, e ensinou a súa pala. Dende ese momento esa comunidade olvidada chamouse Galicia,e foi moi admirada. Agora nestes tempos, o mundo cambiou. Aínda que xa non é como antes, a nosa orixe non se olvidou. Gaitas e sons, sentimentos en cancións. Gritade ó mundo que a nosa fala nunca debe de estar calada. Laura Piñeiro Gómez
  • 38. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O martes 24 de abril os alumnos de 3º e 4º de E. P. fomos visitar o Museo do Mar de Vigo. Os de 4º vimos un acuario onde había moitos peixes diferentes das nosas rías e dous tipos de tiburóns. Tamén había unha gaiola con ovos de tiburóns e unha sala con traxes de bucear antigos. O que máis me gustou foron as probas para ser buzo que lles fixeron a algúns compañeiros de clase. A unha nena puxéronlle un casco de buzo e mandáronlle agacharse, pero como pesaba tanto, non podía! A outro compañeiro déronlle a respirar helio, un gas pouco pesado que levan as botellas de bucear, e ao falar tiña voz de pitufo. Os alumn@s de terceiro convertímonos en arqueólog@s. Con pinceis e pas tivemos que buscar restos nun caixón de area. Atopamos ósos, espiñas de peixe, restos de ánforas,cunchas, etc. A monitora explicounos a información que se pode obter de cada resto que atoparam os e como poden saber os anos que teñen. Analizou unha espiña de peixe e o ordenador dixo que tiña máis de 2.600 anos. Tamén vimos un cranio e ósos humanos. Vendo os restos soubemos que era home, como morrera e algunha enfermidade que tivera. Despois a Sofía puxéronlle un traxe de guerreira castrexa e a Bruno de guerreiro romano. Outros fixeron tiro con arco para cazar un xabaril. Por último vimos os restos dun castro ao aire libre. Foi moi interesante e pasámolo moi ben . - 38 -
  • 39. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O día 22 de maio , como excursión de fin de curso, quinto e sexto de primaria visitamos Ourense e fixemos unha ruta termal ás Burgas, termas de Outariz e a Chavasqueira. Ó chegar, dirixímonos ó centro da cidade, co fin de visitar a catedral e as burgas. Máis tarde, pasamos polos mercadiños e paramos nalgunhas tendas . Tódolos nenos acabaron con pulseiras e lentes de sol ou con fogazas de pan, churros ou croasanes Trala excursión á cidade, fomos rapidamente ás termas nas que todos queriamos mergullarnos. De camiño, sentamos a merendar baixo a gran sombra dunha árbore á beira do río na Chavasqueira. Para chegar, tivemos que pasar por unha ponte onde había moitos candados, pois moitas parellas colgaban un candado e xurábanse amor eterno. Despois do baño, sentámonos na herba a comer, cadaquén a súa comida. Satisfeitos, ás catro, regresamos ó autobús para a volta ó colexio. Ainoa Figueroa Neste curso, os alumnos de 5º e de 6º de Primaria fomos ó cocedeiro do mexillón coa intención de coñecer un poco máis a coción, a separación por tamaños e a enlatación dun produto moi típico de aquí: o mexilón. Ó chegar alí, despois dunha pequena caminata dende o colexio, ensináronnos unha máquina, que era a encargada de abrir a cuncha do mexilón. A seguinte que nos ensinaron, encargábase de quitarlle os peliños e despois xa seguían un proceso que consistía en cocelos, separalos por tamaños e enlatalos. Non todo era mecanizado, senón que había unhas mulleres que tamén traballaban alí e levaban tapóns porque hai moito ruído. Tamén nos levaron a unha sala na que metían os mexilóns nas latas e nuns recipientes de distintos tamaños. Para acabar de envasalas, dixéronnos que había un artiluxio que se encargaba de facelo. Xa acabara a nosa visita, pero, antes de irnos, déronnos a cada alumno unha latiña de mexilóns en escabeche. Tania Lorenzo
  • 40. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Os alumnos de 5º e 6º de primaria fomos ó monte do Facho para visitar unhas excavacións arquelóxicas duns castros celtas da Prehistoria coñecidos a nivel nacional e incluso internacional. O monte estaba situado en Donón, Hío. Os castros estaban protexidos cun plástico especial para non danalos se alguén pasaba por riba. Non había unha estrada directa ó Facho, asi que tivemos que ir caminando dende a caracola ata o monte, por un camiño moi escarpado e cheo de pedras. Cando estabamos subindo polo camiño, vimos unhas vías que se usaban para baixar as pedras das excavacións.Despois paramos para merendar e puidemos ver as vistas que había dende arriba, que eran incribles.
  • 41. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Charla en Geriatros No mes de xaneiro fomos ó Geriátrico de Aldán. Desprazámonos nos coches dalgúns pais da clase, porque iamos ir andando pero facía mal tempo. Ó chegar, atendeunos unha moza moi agradable. Máis tarde, entramos ó bar e merendamos e falamos con algúns “velliños”. Despois fomos a unha sala moi grande onde se reuniron case tódolos residentes do Geriatros. Alí, Juan Abalo e o seu fillo, tamén Juan; faláronnos das conserveiras axudados dun ordenador e a televisión. Mentres nos facían a presentación, algunhas persoas maiores intentaban escoitar, pero outras falaban, rían e algunhas, a ratos, durmían. Ó saír, vimos unha perruquería. É como a túa casa, pero convivindo con outras persoas. ENTREVISTA A JUAN ABALO 1. A fábrica era da súa propiedade ou traballaba para outra persoa? - Si, era da miña familia. 2. Cal era o nome da marca dos seus produtos? - “Conservas Abalo”. 3. Cando era pequeno pensou algunha vez traballar nunha fábrica? - Non. A medida que fun medrando vin a necesidade de traballar nela. 4. Cantos anos estivo traballando? - 50 anos. Tamén estiven 7 anos en Venezuela. 5. Gustáballe o seu traballo? - Naqueles tempos tiñamos que conformarnos co que había, aínda que non gustara; pero a min gustábame o que facía. 6. Cantas persoas traballaban na súa fábrica? - Entre 30 e 50. 7. E traballaban sobre todo os homes ou as mulleres? - Traballaban máis mulleres. As mulleres facían o salazón e enlatado e os homes os traballos pesados e os traballos administrativos. 8. Como se traballaba antes, coas máquinas, ou manualmente? - Traballabamos manualmente, poñendo as sardiñas nas latas, unha á carón da outra en forma de círculo. 9. Faciades a man os barrís para gardar a salazón? - Si, faciamos nós as pandeiretas para salgar o peixe. 10. O peixe desalábase para comer ou se comía así? - Na maioría dos casos se desalaba, asábase e tomábase con aceite. 11. Os pilóns do salazón estaban dentro da fábrica ou ó aire libre? - Ó aire libre. 12. Aproximadamente, cantas latas de conserva se facían ó día? - 3.000 latas aproximadamente. 13. Vendiades os produtos ó por maior, ós supermercados ou directamente a particulares? - Ós supermercados. Non se vendía nada na fábrica. 14-Tiñan moita venda? - Si. Algúns pedidos tiñan que esperar. 15. Por que antes había tantas fábricas e agora non? - Sobre todo pola chegada de frigoríficos e conxeladores. Lucía Domínguez - 6º E. P.
  • 42. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013  - 42 - Covadonga Palacio de La Magdalena León Picos de Europa Santillana del Mar CovadongaOviedo SantanderCangas de Onís
  • 43. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Hoxe por hoxe, penso que o mellor recordo que teño dende a miña chegada ao colexio con tres aniños, foi a viaxe que realizamos a Cantabria todos xuntos o pasado mes de abril. Acompañounos a nosa titora, a nai dun compañeiro e un dos mellores, por non dicir o mellor condutor do mundo. Ademais de disfrutar, esta viaxe fixo máis fortes as nosas relacións e amizades. Estou moi orgulloso de todos e cada un dos meus compañeiros e compañeiras; e non só por eses cinco días, que foron os mellores para mín, senón por habelos coñecido e tido a gran sorte de compartir con eles estes trece anos da miña vida. Nunca olvidarei esta etapa no colexio e espero que eles tampouco. Botareivos moito de menos a todos e cada un de vós, porque sodes marabillosos e irremprazables para min. Valedes moito e deséxovos a maior sorte do mundo. - 43 - Os amigos son como as estrelas; non sempre as ves, pero sabes que están aí! Mauro Coya, 4º ESO
  • 44. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O colexio remata este mes de maio coa ofrenda de flores á Virxe que tanto nos gusta facerlle. Pola mañá cedo levámola a cabo os alumnos de Infantil e Primaria con entrega de flores e lectura de poemas que os nenos e nenas lle compuxemos con agarimo a María. Ás 12 h lemos os nosos poemas e ofrecemos as flores os alumnos de ESO. Deste xeito, amosamos o amor que lle profesamos á Virxe e o orgullo que supón para nós tela nas nosas vidas como exemplo de virtude. 31 MAIO
  • 45. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O pasado 9 de maio os alumnos de 3º e 4º de ESO realizamos unha interesante saída a Caldas e Padrón. Primeiramente visitamos en Caldas a empresa uímica FORESA, onde amablemente nos ensinaron as instalacións e o seu funcionamento. Loxicamente, fixemos a visita pertrechados cos chalecos reflectantes e as gafas de seguridade. Algún parecía xa un científico...! Aprendemos moito, sobre todo que a química non queda só no papel, que ten a súa aplicación práctica na vida cotiá; concretamente, aquí prodúcense todo tipo de colas. A seguinte visita fixémola á casa da Matanza en Padrón, onde viviu Rosalía de Castro. Foi moi emocionante ver a súa cama, sempre adornada cunha flor collida do xardín; a cociña típica, onde supoñemos que faría a comida, e sobre todo o vello escritorio onde ela producía os seus sentidos versos. Aprendemos moito ese día!
  • 46. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 Uxía Mª José Iago Luis Mauro Rodrigo Manuel Ángel Óscar Eva Sergio Raúl Carmen Laura Pablo Ana Goretti Samuel Marta Carolina María Saúl María Sandra
  • 47. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 No PRIMEIRO TRIMESTRE deste curso realizamos, nos recreos dos luns e mércores, un torneo de HOCKEY. Nel competiron oito equipos; destes clasificáronse catro, que logo disputarían a final. Esta sería gañada polo equipo formado por: Iago C., Mauro C., Samuel P., María V., Rodrigo D., Mauro I.,Elena L., Moisés O. e Cristina G. Foi una competición moi disputada, na que os rapaces e rapazas da ESO, disfrutaron demostrando as súas habilidades co “STICK”. No SEGUNDO TRIMESTRE , os alumn@s competiron simultaneamente en dous torneos: SALTO Á COMBA, ( no que gañou Andrea Dacosta, 2º ESO), e FÚTBOL SALA ( gañado polo equipo formado por: Samuel, Mauro, Luis, Raúl, Miguel, Nerea, e Mauro P. ). No TERCEIRO TRIMESTRE xogamos un torneo de BRILÉ. Nel, ao igual que nos anteriores, participou toda a ESO. Dado o enorme número de participantes, este campeonato resultou moi variado e bastante difícil de gañar. ORGANIZADO POR 4º ESO A pesares de ser xogos pouco coñecidos ( hockey, brilé…), houbo unha gran participación por parte do alumnado.
  • 48. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 O día 10 de Maio, celebrouse no colexio Sagrada Familia de Aldán a III Olimpiada Escolar. Nela participaron tódolos alumn@s do colexio, dende Educación Infantil ata a ESO. Deixado atrás o cross escolar, no que a participación era baixa, dende a Anpa, intentouse promover o deporte e o xogo como saúde e benestar para os alumn@s do noso colexio. De aí naceu esta nova iniciativa, na que todos os rapaces e rapazas do centro participan de maneira activa e divertida, tanto na organización coma na participación nos xogos. Os alumun@s de Educación Infantil aproveitaron o porche do centro para levar a cabo as súas actividades: dende salto de altura e lonxitude ata lanzamentos de diversos materiais, son as probas que estes cativos tiveron que levar a cabo 3º E.P. 5º E.P. 6º E.P. 2º E.P. 4º E.P. 1º EP
  • 49. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 En Educación Primaria, as dúas pistas polideportivas foron o escenario das actividades que, por grupos e por ciclos, tiveron que ir superando: tiro a corda, probas de axilidade e as propias de atletismo (salto de lonxitude, altura, etc) Os alumn@s da ESO, coma noutros anos, desprazáronse á marabillosa praia que temos enfronte ó colexio para realizar tres disciplinas deportivas nas que todos os rapaces e rapazas tiveron que participar: balonmán praia, fútbol praia e volei prai Para finalizar a xornada, fíxose entrega dun trofeo a cada un dos cursos participantes, en agradecemento ao seu esforzo e entrega. Tódolos participantes: alumn@s , profesor@s e membros do ANPA; recibiron como agasallo unha camiseta co logotipo do colexio. 1º ESO 4º ESO 3º ESO 2º ESO
  • 50. COLEXIO SAGRADA FAMILIA ANDORIÑA ANO 2013 50 Atopa as once palabras máis fermosas nesta sopa de letras: Busca na sopa de letras estas palabras: Amor, amorodo,amizade,agarimo, Xoaniña e nai. Premiados no certame das LETRAS GALEGAS MAIO 2013 María Diz, 3º E.P. 1. Muller que pariu fillos. 2. Mascotam habitual que podes atopar nunha casa. 3. Sinónimo de travesura. 4. Diminutivo de rato. 5. Ave mariña típica de Galicia. 6. Luz producida pola electricidade os días de tormenta.. 7. Animal que produce luz polas noites. 8. Parte da cara que pecha a boca. 9. Xoguete que utilizan sobre todo as rapazas cando son pequeñas. 10. Herba que nace en zona rochosa con flor amárela e picos. 11. En castelá “cosquillas”. Tomás Iglesias, 6º E.P. A M I Z A D E A G A R I M O B M N C U Z W A M O R O D O R I R R O S E X T V Ñ H G A A Ñ I N A O X N B O N Q A L T O X O L P E E W I C A R U W R S D X L G F E I T O B S B I F L U H P E I F C A S A F O R A U L C A N A D O G Z X R A H N I D W M X D Ñ R T S O Z I E B W E O U X Z T B F A D A R U L Z P S C G R F A L C A T R U A D A C A X A E L M S P N X I D F X T P M G S W R X O Ñ F A I Ñ A X Ñ W O N H T P T N D S Ñ M U O L G L T P V P A Ñ S A L U C E C U S Ñ D C F A I S P O S B V A R U L A L H Ñ Z X W A D L A M X C O X E G A S C L E P T G