CEP MARCOS DA PORTELACEP MARCOS DA PORTELACEP MARCOS DA PORTELACEP MARCOS DA PORTELA
CURSO 2019CURSO 2019CURSO 2019CURSO 2019----2020202020202020
Nº 14Nº 14Nº 14Nº 14
AGARDÁNDOVOS!AGARDÁNDOVOS!AGARDÁNDOVOS!AGARDÁNDOVOS!
EDITORIAL
Despedimos un curso que se iniciou con toda a normalidade, pero que no mes de marzo
veu mudar, por sorpresa, as nosas rutinas escolares, encamiñándonos a un desenlace non
esperado. Familias, alumnado e profesorado tivemos que enfrontarnos a un reto sen prece-
dentes. O noso CHORIMAS non é outra cousa que o reflexo dos éxitos acadados a pesares
dos numerosos obstáculos do camiño.
As novas tecnoloxías botáronnos unha man, como ferramenta de transmisión de contidos e
facilitándonos o achegamento ao alumnado.
Sabemos que o labor das familias foi difícil, non só seguiron educando, como a cotío, tive-
ron tamén que exercer de intermediarios entre a escola e os seus fillos e fillas, superando
dificultades de toda índole.
Ao alumnado supúxolle momentos duros de reclusión e diferentes maneiras de abordar
aprendizaxes, superando con nota un longo confinamento cheo de incertezas e falta da an-
siada liberdade.
Parabéns a todas e todos por saíren vitoriosos. Seguramente, medramos loitando contra o
Covid-19; aínda que, como en toda batalla, houbo momentos de crispación e desacougo.
Grazas por non desfalecer!
Deixámosvos aquí unha escolma de traballos realizados ao longo deste curso, algún deles
dende o confinamento. Agardamos que gocedes coa súa lectura!
Despedimos con moito agarimo aos mestres Paco e Luisa, que comezan agora unha nova
andadura xubilosa. GRAZAS polo seu traballo constante, o seu tempo xeneroso e a súa
proximidade.
Tamén nos deixan Rosa Louro e as súas mans que falan e nos teñen deleitado con fermosas
historias e cancións ao longo destes anos.
Botarémosvos da menos. Lembrade que as portas do Marcos da Portela estarán sempre
abertas para vós, así como para o alumnado de 6º, a quen desexamos moitos éxitos nesta
nova etapa que están a piques de iniciar.
Toda a comunidade escolar ten gañado con creces un bo descanso, toca desconectar e ir
collendo novos folgos para a volta en setembro.
Feliz verán!
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
UN MAGOSTO DIFERENTEUN MAGOSTO DIFERENTEUN MAGOSTO DIFERENTEUN MAGOSTO DIFERENTE
O alumnado de 6º do Cep Marcos da Portela festexa a
festa
do magosto no colexio.
O alumnado de 6º celebrou a festa
do magosto cunha mestura de risas,
xogos e tamén cun chisco de mágoa,
por ser o seu último ano no cole-
xio.
Empezou a xornada festiva con
choiva, pero isto non ía deslucir as
nosas gañas de brindar por unha
festa moi agardada tanto po-
lo noso alumnado e mestres
como polas familias.
As familias xa desde a mañá,
quentaban motores co asado
das apreciadas castañas que
máis tarde degustariamos.
Que saborosas! Dimos boa
conta delas, pois non quedou
nadiña.
Despois de comer tan
rico manxar, pasamos
gozar de distintos xo-
gos no patio cuberto do
colexio. Que ben o pa-
samos; un día cheo de
moitas risas, bailes e
gran diversión. Ata algunha
alumna quedoulle tinguida a
súa cara pola borralla da casta-
ña.
Ao final da xornada quedamos
cans@s pero cheos de felicida-
de por compartir xunt@s esta
festa lúdica.
Celebración do Magosto no Cep Marcos da Portela
3
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
4
Como sempre, un fermoso festival!
Aínda que este ano tivemos unha actuación moi especial: O Apalpador! Manuel, pai de un
alumno e unha alumna do noso centro, contounos este conto tan tenro desta mítica figura do Na-
dal galego; despois do conto puidemos ver un baile moi divertido duns Apalpadores moi orixi-
nais!! O noso alumnado xa non vai esquecer ao noso benquerido Apalpador, Manuel!
Juan, alumno de 2º A, contounos o relato que narrou en Santiago no concurso "Tíralle da Lin-
gua"; fíxoo de marabilla e recibiu un merecido premio que lle foi entregado pola titora.
Foi elixido entre todo o alumnado que se presentou á primeira fase do concurso de relato oral,
que se realizou no centro.
Ademais, as voces dos nosos alumnos e alumnas resoaron como se fosen nenos e nenas cantores/
as!! E tampouco faltou o humor, pois o proxecto do cole deste deste ano é: "En clave de humor".
Foi presentado por dúas alumnas e un alumno de 6° (Sofía, Sara e Antonio) , que o fixeron mag-
níficamente!!
Tampouco nos esquecemos de darllelas grazas ás mamás e a Mª Jesús, nai de ex alumnos, polo
ben que adornaron o noso centro!!
FESTIVAL DE INVERNOFESTIVAL DE INVERNOFESTIVAL DE INVERNOFESTIVAL DE INVERNO
Parabéns a todos/as os/as participantes!!
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
5
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
6
Este ano celebramos un ENTROIDO moi cómico:
o alumnado de 1º e 2º foron disfrazados de pallasos/as; o de 3º, de Mucha e Nu-
cha; o de 4º, de Chaplin; o de 5º, de mimos; e o de
6º de Tricicle!
Despois da degustación de doces típicos destas datas:
orellas, filloas, flores,… aportados polas familias, so-
bre as doce da mañá, saíu o desfile encabezado pola
charanga do barrio.
Moi boa
acollida
por parte
da veciñan-
za que nos
acompaña
durante to-
do o per-
corrido.
ENTROIDO
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
7
Para finalizar a festiva e tradicional xornada, e xa
no patio do colexio, nenos e nenas de 6º fixéronlle
o xuízo ao Meco, lendo as coplas que escribiu o
alumnado do 3º ciclo. E a continuación o marabi-
lloso testamento que escribiu o alumnado de 4º.
Declarado culpable procédese á queima. Para co-
ñecer o legado aínda podes atopalo no blog “A Pa-
labra Saborosa”.
Espléndida e simpática a repre-
sentación dunha viaxe en avión
feita, ao remate do desfile, polo
alumnado de sexto.
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
Recordamos a nosa infancia,
dende o Fina Casalderrey.
Cada quen co seu estilo,
despedíndonos del.
Este ano no entroido,
reflexamos a alegría.
Fixemos moito ruído,
para tocar a melodía.
Despois duns mesiños,
facémonos velliños.
Por último os de sexto,
fixemos unha representación,
o chan era o asento,
coma se estivésemos nun avión.
Este ano o alumnado de sexto, fixe-
mos unha parodia de Tricicle!! Para
facerlles pasar a todos un bo día.
Aproveitamos o desfile,
para dar os nosos consellos
aos asistentes: Non Fumedes!!
De camiño ao colexio,
estabamos moi asadiños.
Para ver o entroido ,
moi queimadiño.
8
FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS
9
Maios especiais para tempos de confinamento.
Toda a comunidade educativa participou coas súas achegas para facer un espléndido ví-
deo, xa que non podiamos gozar da xornada que cada ano nos reúne para realizar un fer-
moso traballo colectivo tantas veces premiado.
MaioMaioMaioMaio 2020202020202020
CONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNS
10
Un ano máis celebramos o Día da Paz cun
fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións,
que mellor combinación!!
En primeiro lugar, tivemos unha interesan-
te charla, a cargo da nosa directora, Alicia,
sobre o que significa este día e a figura de Isa-
bel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos
cun emocionante poema recreado a
partir dun texto de Antonio García Tei-
jeiro! Parabéns a estes nenos e nenas,
as titoras e a profe Isa que nos trouxe-
ron palabras tinguidas de paz!
A continuación, todo o alum-
nado do centro, cantou a can-
ción "Un veleiro verde" de Ma-
ría Fumaça; e así, embarcá-
monos nese mundo de paz e
harmonía, co que todos e to-
das soñamos, con voz e a lin-
gua de signos da man da nosa intérprete, Rosa,
coa que temos a sorte de contar un ano máis!
DÍA DA PAZ
E non esquezamos o mural no que
participaron todos os niveis! O alum-
nado escribiu, en pingas de cores, todo
o negativo do mundo que faría des-
aparecer coas súas vacinas especiais!
CONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNS
11
Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de
1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta
galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis
altas da poesía española do século XIX.
En 1999, en París, por iniciativa da UNESCO, proclámase Día Mundial da Poe-
sía o 21 de marzo, para impulsar e preservar o xénero lírico.
O principal obxectivo desta xornada é apoiar a diversidade lingüística a través da
expresión poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de
comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
24 de FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
183 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO
21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA
PROCLAMACIÓN da UNESCO PARÍS 1999
Con motivo destas celebra-
cións o EDLG animou, a
todos os membros da nosa comunidade educativa que o
desexasen, para agasallarnos cun poema para compartir.
Habilitouse un espazo no vestíbulo para expoñer e inter-
cambiar.
O alumnado xa estaba estaba a participar. Mágoa que
co confinamento non se levaran a cabo os intercambios,
nin se completase a participación.
Aquí unha pequena mostra de poéticos agasallos.
Tamén quedou interrompido o certame de poesía do que daremos conta o vindeiro curso.
DÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍA
24 de febreiro
DÍA DA POESÍADÍA DA POESÍADÍA DA POESÍADÍA DA POESÍA
21 de marzo
RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIO
12
EuEuEuEu vexo o ceo,vexo o ceo,vexo o ceo,vexo o ceo,
Eu vexo o mar.Eu vexo o mar.Eu vexo o mar.Eu vexo o mar.
Sinto que a luzSinto que a luzSinto que a luzSinto que a luz
está a medrar.está a medrar.está a medrar.está a medrar.
Vexo amenceres.Vexo amenceres.Vexo amenceres.Vexo amenceres.
Oio cantigas.Oio cantigas.Oio cantigas.Oio cantigas.
Vexo meniñosVexo meniñosVexo meniñosVexo meniños
en compañía.en compañía.en compañía.en compañía.
Vexo nos rostrosVexo nos rostrosVexo nos rostrosVexo nos rostros
moita alegría.moita alegría.moita alegría.moita alegría.
Cadro de cores!Cadro de cores!Cadro de cores!Cadro de cores!
Un canto á vida!Un canto á vida!Un canto á vida!Un canto á vida!
Nenas inquedas.Nenas inquedas.Nenas inquedas.Nenas inquedas.
Nenos creativos.Nenos creativos.Nenos creativos.Nenos creativos.
Nenas valentes.Nenas valentes.Nenas valentes.Nenas valentes.
Xuntas, xuntiños.Xuntas, xuntiños.Xuntas, xuntiños.Xuntas, xuntiños.
Fillas que escoitan.Fillas que escoitan.Fillas que escoitan.Fillas que escoitan.
Nais que agariman.Nais que agariman.Nais que agariman.Nais que agariman.
Fillos que axudan.Fillos que axudan.Fillos que axudan.Fillos que axudan.
Pais que acubillan.Pais que acubillan.Pais que acubillan.Pais que acubillan.
Non ao maltrato!Non ao maltrato!Non ao maltrato!Non ao maltrato!
Fóra a pobreza!Fóra a pobreza!Fóra a pobreza!Fóra a pobreza!
Non á maldade!Non á maldade!Non á maldade!Non á maldade!
Remate a guerra!Remate a guerra!Remate a guerra!Remate a guerra!
dun poema de
García Teijeiro
PIDO A PAZ E A PALABRAPIDO A PAZ E A PALABRAPIDO A PAZ E A PALABRAPIDO A PAZ E A PALABRA
VERSIÓNVERSIÓNVERSIÓNVERSIÓN
dededede
4ºC4ºC4ºC4ºC
Diego Prado
Anxo García
Inés Meijueiro
Eduardo GonzálezAtoub Aboufaras
Sarah Ovalles
RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIO
13
4ºA, 4ºB, 4ºC4ºA, 4ºB, 4ºC4ºA, 4ºB, 4ºC4ºA, 4ºB, 4ºC
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
quente,quente,quente,quente,
o pano pano pano pan
e o leite.e o leite.e o leite.e o leite.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
frío,frío,frío,frío,
a dora dora dora dor
e o castigo.e o castigo.e o castigo.e o castigo.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
claro,claro,claro,claro,
a herbaa herbaa herbaa herba
e o lago.e o lago.e o lago.e o lago.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
escuro,escuro,escuro,escuro,
a rabiaa rabiaa rabiaa rabia
e o muro.e o muro.e o muro.e o muro.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
belo,belo,belo,belo,
a rosaa rosaa rosaa rosa
e o ceoe o ceoe o ceoe o ceo
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
gris,gris,gris,gris,
un cativoun cativoun cativoun cativo
infeliz.infeliz.infeliz.infeliz.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
novo,novo,novo,novo,
o parqueo parqueo parqueo parque
do pobo.do pobo.do pobo.do pobo.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
vello,vello,vello,vello,
a mentiraa mentiraa mentiraa mentira
e o berro.e o berro.e o berro.e o berro.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
limpo,limpo,limpo,limpo,
o aireo aireo aireo aire
e o río.e o río.e o río.e o río.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
sucio,sucio,sucio,sucio,
o odio,o odio,o odio,o odio,
o insulto…o insulto…o insulto…o insulto…
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
longo,longo,longo,longo,
a apertaa apertaa apertaa aperta
e osono.e osono.e osono.e osono.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
curto,curto,curto,curto,
o tiroo tiroo tiroo tiro
e o susto.e o susto.e o susto.e o susto.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
enteiro,enteiro,enteiro,enteiro,
Un meniñoUn meniñoUn meniñoUn meniño
sen medo.sen medo.sen medo.sen medo.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
roto,roto,roto,roto,
a paza paza paza paz
eo acordo.eo acordo.eo acordo.eo acordo.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
ledo,ledo,ledo,ledo,
a voza voza voza voz
e o eco.e o eco.e o eco.e o eco.
Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo
triste,triste,triste,triste,
un mundoun mundoun mundoun mundo
sen chistes .sen chistes .sen chistes .sen chistes .
Ayoub Aboufaras
Dennis Wiabo
Xoel
Rey
Jorge
Suárez
Aroa Mora
Alex Pires
Inés Meijueiro
Saleta
Suárez
Ainhoa Díaz
Melany Hernández
Carlota Vázquez Candela Nores
Aroa López
Lucas Rodríguez
Sara Ovalles
Aroa
Campelo
Sandro Conles
RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIO
14
ADIVIÑA QUE ADIVIÑAADIVIÑA QUE ADIVIÑAADIVIÑA QUE ADIVIÑAADIVIÑA QUE ADIVIÑA
Adiviña que adiviña,Adiviña que adiviña,Adiviña que adiviña,Adiviña que adiviña,
podes ir adiviñando,podes ir adiviñando,podes ir adiviñando,podes ir adiviñando,
ten escamas o golfiño
e longa trompa o lagarto?
Escriben as bolboretas?
Pescan muxes os cangrexos? Yago Acha
Conducen taxis as serpes?
Van á escola os coellos?
Saleta Suárez
Corta figos a machada?
Fai filloas o legón?
O sacho pasea en coche?
Debuxa aneis o tractor?
Respiran os parafusos? Nerea Martínez Jorge Suárez
As tesoiras brincan ledas?
Os toxos fan agarimos?
Atopan ouro as sereas?
As patacas listas pensan?
Os allos medran na praia?
Son as cenorias azuis? J orge Suárez
Fan deberes as papaias? Óscar López
4ºB
RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTO LITERARIO
15
Adiviña que adiviña,
podes ir adiviñando,
ten a gaivota vestidos
e leva calzado o pato?
Lava os dentes o raposo?
Vai o gato traballar?
Di as táboas o miñato?
Sabe o paspallás contar?
Cociña polo a cadela?
Frite patacas o can?
Asa troitas o gorila?
Xanta a tartaruga pan?
Toma o sol a torradora?
Vai á praia a neveira?
Esquía a culler na sopa?
Debuxa o prato na area?
Peitean canas os ollos?
Nadan xuntas as orellas?
As pernas xogan ás cartas?
Teñen brazos as cabezas?
4ºA
Antonio Blanco
Aroa Campelo
Marcos Meijueiro
Adrián Castellano
Aroa López
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE
16
Os nenos e as nenas de 3º de primaria visuali-
zamos o vídeo “O Monstro”, baseado no libro
do mesmo nome de Daniel Martín (2008), coa
intención de reflexionar sobre a violencia que
se vive en algún fogares.
Unha actividade motivada pola celebración, o día 25
de novembro, do día internacional contra a violencia
de xénero.
Despois de poñer en común o visto no vídeo e as
diferentes opinións do alumnado, chegamos a con-
clusión que o máis importante é unha boa educa-
ción.
Queda un longo camiño que percorrer!
DÍA INTERNACIONAL PARA ADÍA INTERNACIONAL PARA ADÍA INTERNACIONAL PARA ADÍA INTERNACIONAL PARA A
ELIMINACIÓN DA VIOLENCIAELIMINACIÓN DA VIOLENCIAELIMINACIÓN DA VIOLENCIAELIMINACIÓN DA VIOLENCIA
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE
17
O día 25 de novembro converteuse nun día de reflexión e sensibilización
para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo
de violencia contra as mulleres.
Despois da posta en común das nosas ideas, cada ne-
no e cada nena escribiu nun papel a solución para es-
pantar o monstro da violencia .
Fomos apegando todas as propostas nun mural situado
no corredor.
Eliminar
este mons-
tro é o ob-
xectivo pa-
ra a con-
quista real
da igualda-
de.
3º EP
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE
18
Novembro, mes da igualdade
En novembro, tivemos un gran programa para traballar a Igualdade no noso centro
con actividades moi interesantes para todos os niveis!
O Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, Pablo
Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM
(grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º
premio do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría
de Educación Secundaria, no ano 2018), fixo reflexionar ao
alumnado de 5º e 6º sobre: a desigualdade entre homes e
mulleres, a violen-
cia de xénero e
diferentes cuestións como a publicidade sexis-
ta.
Foi unha charla dinámica na que participou
gran parte do alumnado asistente.
Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar
contigo nese día tan especial!
O alumnado de 1º e 2º puido escoitar uns
contos moi especiais sobre "Príncipas e
princesos" dos Contos de Pablísimo! Que
divertido e necesario cambiar os contos!!
E, por último, o alumnado de 3º e 4º pui-
do gozar dunha grande actuación do gru-
po teatral "Migallas"!! A obra representa-
da era “Elas pintan moito”.
Foi unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pinto-
ras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xu-
lia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama,
abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en to-
dos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación
artística.
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE
19
Estupenda charla espectáculo de maxia
"A igualdade non ten truco", que procura
promover a igualdade de xénero a través da
arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, explicando
diversos conceptos do feminismo e actitudes sexistas de xeito ameno,
interactivo e sorprendente!
Co gallo do Día da Muller Traballadora tive-
mos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o
día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º
a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos To-
mico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia
e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades
do alumnado ás que ían dirixidas.
Ademais de rir a esgalla, aprenderon a impor-
tancia de vivir nunha sociedade igualitaria!
Maxia na manga
A IGUALDADE NON TEN TRUCO
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE
20
Os nenos e as nenas de 3º de primaria participamos na campaña “BaixoBaixoBaixoBaixo
o mesmo paraugaso mesmo paraugaso mesmo paraugaso mesmo paraugas”, con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL
DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, que tivo lugar o día 3 de decembro.
Previamente tivemos una sesión de sensibilización, dirixida pola asocia-
ción Juan XXIII, na que nos falaron do motivo da celebración, obxectivos
da campaña, e actividades a realizar.
Logo, nas nosas aulas, organizámonos por grupos para decorar os pa-
raugas. Quedaron preciosos!
BAIXOBAIXOBAIXOBAIXO
O MESMOO MESMOO MESMOO MESMO
PARAUGASPARAUGASPARAUGASPARAUGAS
Mirade que
chulo!
Pintámolo nós!
Gústavos?
O noso
está re-
matado!
Poñerei-
llo por
aquí?
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE
21
O 3 de decembro, cos nosos paraugas coloridos, fomos ata a praza da Ferraría, no
centro da cidade.
Neste vistoso acto, para celebrar o Día Internacional da Discapacidade, había repre-
sentación de numerosos colexios da cidade e de moitas asociacións, como Xoan XXII,
Amencer, Aspace, Down Pontevedra, …
Actos como este tamén se convocaron noutras cidades galegas.
3ºB
Os paraugas, que nos acubillaron
en prol da diversidade, lucían todas
as súas cores nun soleado día de
inverno.
BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA
O 24 de outubro celébrase o “Día da biblioteca” e nós contamos cun marabi-
lloso equipo de contadores de historias. Son un grupo de voluntarios e vo-
luntarias de sexto nivel que levaron a maxia dos contos ao resto do colexio.
Escolleron os seus libros favoritos para compartilos coas diferentes aulas.
GRAZAS POR ACHEGARNOS A MAXIA DOS CONTOS!
E aínda que estabamos en outono, estamos seguros de que estas sementes
xermolaron e agromaron, se dúbida, en forma de emocionantes historias,
contos, relatos, poemas…
Ademais o alumnado de 4º puido gozar dos froitos que, a longo destes
anos, se obtiveron no noso Centro! Libros elaborados a partir de moitos tex-
tos realizados polo noso alumnado. Parabéns a todos e todas!!
Así escoitamos nas súas
voces títulos como “A Horta
de Simón “, “O soño do
osiño rosa “ ,“O tigre que
veu tomar o té”, “A mellor
sopa do mundo”, “Eduardo,
nariz de ouro”, “A princesa
que bocexaba a todas
horas” e outras historias
que nos emocionaron e
nos fixeron pensar.
22
BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA
23
RAPUNZEL CON PIOLLOSRAPUNZEL CON PIOLLOSRAPUNZEL CON PIOLLOSRAPUNZEL CON PIOLLOS
Os cursos de 1º e 2º tiveron unha sesión de anima-
ción á lectura baseada no libro "Rapunzel con pio-"Rapunzel con pio-"Rapunzel con pio-"Rapunzel con pio-
llos".llos".llos".llos". A charla foi moi entretida, con moita participa-
ción das nenas e nenos do 1º ciclo.
Estiveron moi atentos porque o ani-
mador pediulles que o axudasen a
contar a historia, facendo xestos e
movéndose cando el o requiría. A
mensaxe foi moi positiva, transmi-
tindo unha nova versión do conto,
máis igualitaria.
Ademais tivemos a sorte de contar con
NAIS contadorasNAIS contadorasNAIS contadorasNAIS contadoras de historias!
BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA
24
RETO LECTOR DE OUTONO
Desde a biblioteca plantexamos dous retos dirixidos a todos e todas os
que teñen afección pola lectura.
Reto Lector de outono: a proposta foi ler dous libros, un libro de poesía e
outro escrito en galego.Podían escoller os títulos. Estes son algúns dos bos
lectores e lectoras que completaron es-
te desafío!
No mes de marzo o reto era ler un
libro con protagonista feminina. Co-
mo non puidemos completalo, este
será un desafío a para o vindeiro cur-
so.
LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGAS
25
Letras Galegas 2020
Este atípico curso non permitiu o desenvolvemento de todas as actividades
previstas, pero na web do Centro había información e actividades para co-
ñecer ao autor homenaxeado, como:
• Vídeo coa participación de alumnado e profesorado con lectura de textos
de D. Ricardo. “As pitas baixo a choiva ”. Realizado pola nosa ANPA.
• Enlaces interesantes para consulta e actividades en liña.
• Tres PASAPALABRA adaptados ás diferentes idades ( realizados polo
EDLG do noso centro ). Xogo creativo e interesante co que achegamos
a figura de D. Ricardo Carvalho Calero ao alumnado. Os/as nenos/as de
1º e 2º tiñan que descubrir o nome coa axuda da definición e a imaxe. Os
rapaces e rapazas de 3º e 4º, as palabras extraídas dun texto de Carval-
ho C., E o alumnado maior, 5º e 6º, debían deducir datos da vida e obra
do autor homenaxeado.
• Que mellor que compartir o traballo entre os centros educativos!! O noso
centro enviou ao colexio Fingoi, sito en Lugo e onde traballou Riacardo
Carvalho Calero, os PASAPALABRAS e eles compartiron con nós o seu
fermoso vídeo.
• O vídeo signado realizado por Rosa, a intérprete de lingua de signos do
noso centro, sobre unha obra do autor homenaxeado: "As pitas baixo a
choiva".
LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGAS
1939
Fin da Guerra Civil.
Condenado en Consello de Guerra a do-
ce anos e un día de cárcere.
LETRAS GALEGAS 2020LETRAS GALEGAS 2020LETRAS GALEGAS 2020LETRAS GALEGAS 2020
HOMENAXEANDO A
RICARDO CARBALLO CALERO
RICARDO CARVALHO CALERO
CRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍA
.
.
1926
Matricúlase na facultade
de Dereito da Universida-
de de Santiago de Com-
postela.
1919
Morre a
súa nai.
1910
Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo
Calero nace o 30 de outubro na rúa de San Francis-
co de Ferrol. E o maior de seis irmáns, fillo de Ga-
briel Ricardo e M.ª Dolores.
1927
Ingresa no Seminario de
Estudos Galegos coa lec-
tura duns poemas titula-
dos A dor da cantareira.
1923
Golpe de Estado do xeneral
Miguel Primo de Rivera.
Creación do Seminario de
Estudos Galegos.
1936
Finaliza, por libre, os estudos de Filosofía e Letras.
O 28 de xuño vótase e aprobase o Estatuto de Autonomía
para Galiza. Comezo da Guerra Civil. Alístase como mili-
ciano e participa na defensa de Madrid.
1920
O seu pai casa con Elvira, irmá da súa muller e madriña de Ricardo.
Aproba, por libre, os exames de ingreso do 1.º curso no Instituto Ge-
neral y Técnico Eusebio da Guarda, da Coruña.
1933
Entra como funcio-
nario no concello
de Ferrol.
Casa con M.ª Igna-
cia Ramos.
1931
Instauración da II República.
Colabora na redacción do Antepro-
xecto de Estatuto Galego.Fundación
do Partido Galeguista. Ricardo pasa
a formar parte do Consello Asesor.
1932
O semanario A Nosa Te-
rra pasa a ser o órgano do
Partido Galeguista.
Intégrase na Executiva do
Partido Galeguista.
1928
Publica, en castelán, o
poemario Trinitarias
1930
Le o discurso inaugural do curso da Universidade.
1935
Colabora coa revista SER
baixo o pseudónimo
«Eduardo Colmeiro»
1941
Volta a Ferrol con liberdade provisional.
Traballa como profesor no ensino privado.
26
LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRAS GALEGAS
27
1950
Traballa en Lugo no Colexio Fingoi como Conselleiro Delegado do Padroado. Gaña
o Premio Bibliófilos Gallegos con A xente da Barreira.
Participa no 1º Consello da Editorial Galaxia.
1982
Aprobación pola RAG e o Instituto da
Lingua Galega dunha normativa contra-
ria ás teses de Ricardo Carvalho Calero.
1954
Doutoramento en Madrid cunha tese sobre a
literatura galega contemporánea.
1966
Entra a traballar como profesor oficial no Instituto
Rosalía de Castro de Santiago.Publica Gramática
elemental del gallego común.
1963
Publicación de Histoira da
literatura galega contempo-
ránea, na que levaba traba-
llando case dez anos.
1981
Fúndase a Associaçom Galega da Lingua,
AGAL, co obxectivo da incorporar o gale-
go o ámbito lusobrasileiro.
1980
Xubílase e deixa a docencia. A Xunta noméao presidente da comisión encargada de
elaborar normas ortográficas administrativas para o idioma galego.
1975
Falece o ditador Francisco Franco.
1972
Gaña a cátedra de Lingua e
Literatura Galega na Universi-
dade compostelá.
1951
Publicación de A xente da Barreira.
1964
Deixa o cargo
de Conselleiro
Delegado do Patronato do Colexio Fingoi, despois de
15 anos, e incorpórase á Universidadde compostelá
como profesor interino de Lingua e Literatura Galega.
1958
Ingresa na Real Academia Galega co
discurso Contribución ao estudo das
fontes de Rosalía.
1983
O Parlamento Galego aproba a Lei de Normalización Lingüística.
1984
Recibe a medalla Castelao
polo seu labor literario.
1987
Publica a novela Scórpio, que describe a vida dos venci-
dos na Guerra Civil .
1990
Falece na cidade de
Santiago, o 25 de
marzo. Entérrase no
cemiterio composte-
lán de Boisaca.
2020202020202020
No 30 aniversario da súa defunción é
homenaxeado pola Real Academia
Galega, no Día das Letras, para reco-
ñecer os seu traballo en defensa da
nosa lingua.
INVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓN
28
No século XVIII a varíola converteuse na pandemia máis mortífera.
Só en Europa acabou coa vida de sesenta millóns de persoas. Era unha en-
fermidade infecciosa que provocaba febre e a aparición de pústulas con
bostelas, que ao caeren deixaban marcas na pel.
O doutor inglés Edward Jenner descubriu a vacina antivariólica en
1796, observando que as persoas que muxían as vacas non se contaxia-
ban. A vacina chegou a España no ano 1800.
A expedición foi unha viaxe, na corveta María Pita, para levar a va-
cina a América; pois Colombia, Venezuela, Ecuador e Panamá estaban pa-
decendo no ano 1802 unha epidemia de varíola. Como eran colonias espa-
ñolas, o rei Carlos IV organizou esa “Real Expedición Filantrópica” que
non remataría en América.
Para que a vacina non se estragase na travesía, o doutor Francisco Xavier
Balmis (1753-1819) ideou levala en seres vivos: vinte e dous menos orfos,
acompañados e atendidos por Isabel Zendal e una ducia de profesionais
sanitarios. Elixiu menos para ter a certeza de que non estaban inmuniza-
dos e que se contaxiarían.
A EXPEDICIÓN BALMIS
INVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓN
29
Partiron o 30 de novembro de 1803 do porto da Coruña con rumbo ao Novo
Mundo. Cada semana contaxiaría a dous menos coas pústulas dos vacina-
dos a semana anterior; o procedemento era eticamente cuestionable: enviaba
a uns menos a facer unha viaxe á que moitos adultos non sobrevivían, e
contaxiándoos cunha enfermidade mortal.
A expedición chegou a Puerto Rico en febreiro de 1804, logo a Venezuela
no mes seguinte e vacinaron á poboación. A partir de aí o grupo dividiuse
en dous: o do cirurxián José Salvany foi cara América do Sur e o dirixido
por Balmis, que estendeu a vacinación polo Caribe, Centroamérica, Filipi-
nas…; volvendo a España en setembro de 1806.
A varíola foi erradicada no mundo en 1980.
Podedes investigar que relación existe entre esta expedición e a
“Operación Balmis” que se puxo en práctica o 15 de marzo de 2020 en Es-
paña.
Alumnado de 5º A.
UNESCOUNESCOUNESCOUNESCO
30
A VISITA DE PLASTIQUINAA VISITA DE PLASTIQUINAA VISITA DE PLASTIQUINAA VISITA DE PLASTIQUINA
No primeiro trimestre, visitounos PlastiquinaPlastiquinaPlastiquinaPlastiquina, a imaxe
do proxecto “DESPLASTIFÍCATE ”, proposto pola rede
de escolas Unesco, no que participa o noso colexio.
PlastiquinaPlastiquinaPlastiquinaPlastiquina é unha linda boneca que saíu de Tenerife
( Illas Canarias ) coa misión de percorrer España expli-
cando a todos e todas os nenos e nenas a importancia
de non contaminar o noso planeta, e facernos ver os da-
nos que o plástico causa no medio ambiente.
Ela quere que os rapaces e as rapazas aprenda-
mos a reducir o uso dos materiais plásticos e que
reciclemos os que poidamos empregar.
Tan importante nos parece, a misión de Plastiqui-
na que, cando chegou ao noso colexio recibímola
como a unha verdadeira heroína, cunha pancarta e cun fermoso poema que
a nosa mascota Traslí lle dedicou con todo o seu cariño.
Tamén lle quixemos facer un agasallo que lle lembrase o paso polo noso
centro, e o alumnado de cuarto foi o encargado de facer algo típico dos pe-
regrinos, unha fermosa
cuncha coa cruz de
Santiago.
Esperamos que o pe-
regrinar desta boneca
polos colexios sirva pa-
ra espertar conciencias
e que cada un de nós
SAÍDAS CULTURAISSAÍDAS CULTURAISSAÍDAS CULTURAISSAÍDAS CULTURAIS
31
+
Aínda que tivemos un curso especial polo coronavirus fomos ao teatro dúas veces.
En decembro no auditorio de A Fundación vimos “A nena e o grilo máis aló”. Os protagonistas
esmagan sen querer a súa amiga Xertrude. Para devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulan-
tes que a través da
maxia e da música
os levan ao País dos
Mortos. Nesta obra
de Magín Blanco
trabállase a coopera-
ción, a amizade, a
tolerancia e a supe-
ración dos medos.
Que sorte tivemos! No mes de febreiro volvemos ao teatro e esta vez fomos de “Safari”, unha
fábula que trata o tema do acoso escolar. Piñote e Calabacín, dous investigadores profesionais,
adentránse na sabana africana para resolver a misteriosa desaparición do león. Para averiguar que
lle pasou ao león para estar triste e atemorizado atópanse coa xirafa, o mono, o elefante e o croco-
dilo.
O nunca visto! Por primeira vez o alumnado do 1º ciclo (non sei se alguén máis!) do CEP Mar-
cos da Portela asistiu á ópera e a ver nada máis e nada menos ca GUILLERMO TELL.
Saídas culturaisSaídas culturaisSaídas culturaisSaídas culturais
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
32
Amosamos aquí una bela escolma dos traba-
llos plásticos feitos polo alumnado de primei-
Atopas a
túa obra?
GRANDES
ARTISTAS
DE
1ºA1ºA1ºA1ºA
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
33
GRANDES
ARTISTAS
DEDEDEDE 1ºB1ºB1ºB1ºB
Atopas
o teu
traballo?
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
34
+
O alumnado de segundoO alumnado de segundoO alumnado de segundoO alumnado de segundo
COMBATEREMOS O CORONAVIRUSCOMBATEREMOS O CORONAVIRUSCOMBATEREMOS O CORONAVIRUSCOMBATEREMOS O CORONAVIRUS
Durante os tres últimos meses un VIRUS perigoso confinounos na casa e
complicoulle a vida a moita xente. Os científicos e as científicas traballan para
atopar unha vacina que o combata. Nós botámoslle unha man cunhas poucas
ideas:
AMORAVIRUSAMORAVIRUSAMORAVIRUSAMORAVIRUS
Combate a falta de amor pro-
vocada pola COVID-19.
DenísDenísDenísDenís
Carla T.
En moitos
países es-
tán investi-
gando so-
bre este
virus, co-
mo se comporta, vías de transmisión, ...
e os tratamentos para as persoas que se
contaxian.
En Oxford parece que os estudos sobre a
vacina están moi avanzados.
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
35
+
PabloPabloPabloPablo
LíaLíaLíaLía
Antía R.Antía R.Antía R.Antía R.
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
36
AGRADECEMENTOS
Durante esta tempada houbo moita xente que traballou e coidou de todos nós ex-
poñéndose a enfermar. Merecen que lles dea-
mos as grazas.
Carla T.
Carla M.
Grazas a ti houbo xente enferma que se curou.
Carmen
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
37
Antía R.
Quero darlle as grazas a persoas que, como miña nai, son limpadoras.
Elas manteñen os espazos limpos e seguros.
Grazas a ti os
hospitais, e ou-
tros lugares co-
mo supermerca-
dos, mantéñense
limpos.
Juan
Carmen
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
O alumnado de 6º C, queremos amosar as creacións artísticas que fixemos durante
esta corentena nas nosas casas.
38
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
Durante esta corentena non todo foiDurante esta corentena non todo foiDurante esta corentena non todo foiDurante esta corentena non todo foi
estudar, tamén aproveitamos paraestudar, tamén aproveitamos paraestudar, tamén aproveitamos paraestudar, tamén aproveitamos para
XOGAR, e que mellor que crear os nososXOGAR, e que mellor que crear os nososXOGAR, e que mellor que crear os nososXOGAR, e que mellor que crear os nosos
propios xogos con material de refugallo.propios xogos con material de refugallo.propios xogos con material de refugallo.propios xogos con material de refugallo.
39
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
Gústanche as nosas
interpretacións?
Ti tamén podes facelo!
É doado e divertido!
41
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
Nos intres máis duros do confinamento aproveitamos a nosa imaxinación e creativi-
dade para realizar en familia xogos con material de refugallo. Aí vai unha pequena
mostra do noso traballo.
42
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
43
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
Flores de papiroflexia
E como nos gustan tanto os traballos manuais … pois puxémo-
nos a facer flores! Quedaron preciosas!
44
Inés 4ºC Brais 4ºC
Justin 4ºC
Cristóbal 4ºC
Alex 4ºB Óscar López 4ºB
Yago Vieites 4ºB
Sergio 4ºB
Eduardo 4ºA
José 4ºAMarcos 4ºA
Iker 4ºA
Mirian 4ºA
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
45
Durante este confinamento, os de cuarto non paramos nin un momento. Fixemos
moitísimas actividades! Aquí van algunhas fotos!
MENÚ Dos/as “CHEFS”
Fixemos uns OVOS RECHEOS para chuparse os dedos!
ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO
Hora de lavar a roupa
46
HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO
47
No século XIV, dentro dunha cova escura e fría atopába-
se, coa súa familia, un dragón ao que lle faltaba unha per-
na. Chamábase Filipino.
O dragón ía a unha academia onde se adestraba para sal-
var e protexer ás persoas.
Os compañeiros burlábanse del porque lle faltaba unha
perna e non podería rescatar a ninguén.
Ao saír do colexio escoitaron os berros dunha nena que
estaba atrapada e pedía auxilio. Todos os dragóns tenta-
ron salvala pero ninguén puido. Cando quixo tentalo Filipi-
no, todos se burlaron del, pero quedaron coa boca aberta
ao ver que podía sacar a nena atrapada. Grazas a que
non tiña unha per-
na cabía mellor
polo burato onde
se atopaba a ne-
na.
A familia da nena
deulle as grazas e
todos os compa-
ñeiros comprende-
ron que aínda que
era distinto a eles,
podía facer cou-
sas incribles.
URIEL VALENTÍN PÉRTICA FREIRE
5ºC
FILIPINOFILIPINOFILIPINOFILIPINO
HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO
49
É difícil non poder saír, nin
estar coa familia e amigos,
pero logo poderémonos ver.
Eu estou facendo moitas
cousas pero aínda así abú-
rrome igual.
Cando me levanto almorzo
e xa rapidamente chega a
hora de facer a videocon-
ferencia coa miña “profe” e
os meus compañeiros dende
as 11:00 ata a 13:00
As 14:00 chega meu pai de
traballar e comemos.
Pola tarde xogo, bailo, … coa miña irmá, sobre as 18:00 merendamos, lo-
go fago máis tarefas e tamén vemos a tele. Estou vendo as películas de
Harry Potter. Ás veces facemos videochamadas cos primos ou xogamos
ao parchís.
A min gústame moito cociñar e, aproveitando que estes días miña nai es-
tá na casa, facemos sobremesas: biscoito de ananás, torta de queixo
etc. Ás 20:00 saímos á ventá a aplaudir aos sanitarios e a todas esas
persoas que realizan os traballos esenciais para que non nos falte de na-
da nos nosos fogares.
PAULA TORRES SOLLA
5ºC
DÍAS DE CONFINAMENTO
HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO
49
Este confinamento foi provo-
cado polo COVID-19 e tive-
mos que quedar nas casas
para evitar os contaxios.
A primeira semana leveina
moi ben; estiven vendo a tele-
visión, lin libros, debuxei …
Na segunda semana empecei
a aburrirme un pouco; entrei
nunha rutina na cal non sabía
que facer.
A medida que pasaban os dí-
as botaba de menos aos me-
us seres queridos: avós, tíos, curmáns, amigos … Os días máis difíciles
son os domingos, porque eran os días nos que ía a aldea cos meus avós;
o resto dos días lévoos mellor, sigo xogando, leo, vexo a televisión, e, a
maiores fago deberes. Nunca pensei que os botaría de menos.
Así imos pasando os días, uns mellor e outros peor; os mellores días son
cando fago videochamadas cos familiares e os amigos. A que máis me
gusta facer é coa miña curmá que está en Londres. Pásame o tempo voan-
do!. E así día tras día.
O primeiro día das clases en liña estaba moi nerviosa, de feito cando me
conectei e vin aos meus compañeiros e a miña mestra emocioneime moito
(aínda que as veces non nos escoitaramos).
Os días fóronse levando mellor porque tiña máis cousas que facer. Hoxe
estou máis feliz, porque a televisión di que as cousas van mellor, por iso,
agora podemos saír a rúa.
Oxalá isto remate pronto!
Queda na casa!
ADRIANA HERMIDA MOREDA
5ºC
CONFINAMENTOCONFINAMENTOCONFINAMENTOCONFINAMENTO
HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO
50
HISTORIAS DO CONFINAMENTO 5º B
Presentámosvos nove extractos de diferentes reflexións, do alumnado de
5º B, sobre o confinamento.
“Todo comezou cando nos dixeron que iamos ter que estar na casa polo COVID-19. Eu
acababa de curarme da gorxa e levaba unha semana na ca-
sa; así que púxenme un pouco triste. Despois pensei que
era un bo momento para facer cousas que antes non podía
realizar, por exemplo: sobre- mesas, acampadas no salón,
busca do tesouro en familia, ver series e películas…
Aínda que non todo foi como pensaba, xa que había debe-
res, tarefas da casa, meus pais traballando...e o tempo pasaba.”
“Pero polo que me alegraba era polo planeta; grazas a esta situación desaparecera moi-
ta contaminación. Xa non cortaban tantas árbores, tampou-
co se producían incendios e, deste xeito, podíanse escoitar
aos pequenos animaliños, como os paxaros ou os grilos,
cantando sen ningunha preocupación ao non interactuar
cos humanos. Porque tamén temos que pensar neles, preo-
cupados todo o día pola presenza das persoas, xa que nós
destruímos os seus fogares para construír os nosos edificios, comercios… E é que, sen
eles, non poderiamos vivir!”
“...Xa levo moitos días de confinamento. Ás veces faise un poco aburrido, pero teño que
ser positiva; só hai que buscar algo para entreterse.
Dentro de pouco van deixar saír aos nenos/as á rúa; eu estou
eufórica e penso que os meus amigos estarán igual.
Esta situación supón unha nova esperanza para min; grazas a
ela estou a aprender moitas cousas que utilizo no meu día a
día. Aínda que boto de menos aos meus amigos, á miña fami-
lia e á xente que me quere.
Temos que ter positividade e, así, pronto rematará todo!
HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO
51
“Almorzamos todos os días xuntos. Os sábados e domingos, como temos
máis tempo, facemos torradas.
Ao longo da mañá, mentres meus pais teletraballan, fago os deberes ou te-
ño clases por videoconferencia.
Ás veces, miña irmá e eu axudamos nas tarefas da ca-
sa, como tender a roupa ou limpar o po. A cama facémo-
la todos os días e poñemos a mesa, por suposto!
O que máis me gusta da corentena é que pasamos máis
tempo coa familia. O que menos me gusta é non poder
xogar cos amigos/as nin ir ao “cole”. ”
“ Para evitar contaxiarse do COVID-19 non debemos
achegarnos moito ás persoas, hai que lavarse moito as
mans e non tocar boca, nariz e ollos.
Eu síntome triste por todos os que están a morrer e po-
las súas familias, que non poden despedirse deles.
Oxalá pase pronto para poder ver aos meus amigos/as e familiares; aínda
que non o creades, quero volver ao cole; boto de menos aos “profes” e aos
meus compañeiros/as.
“...Por outro lado, estou feliz de poder estar cos meus pais
e a miña irmá todos os días, xa que antes acostumaba es-
tar na casa dos meus avós.
O positivo é que aprendín a bailar zumba, a xogar coa fami-
lia ao “Uno” (un xogo de cartas) e tamén a pasalo moi ben
cos meus amigos por videochamada.
O máis difícil de levar é non ter a nosa propia LIBERDADELIBERDADELIBERDADELIBERDADE !.”
HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO
52
“ A finais do 2019, na China, apareceu un virus chamado COVID-19 ou co-
ronavirus; ao cabo dun mes espallouse por todo o mundo e...todos en pan-
demia!
Todo empezou con normalidade, no sofá, comendo moito e vendo “pelis”
como “Só na casa”, “Harry Potter”…
Despois comezaron as clases, pero só había deberes; pasado un tempo,
coas videoconferencias, as clases foron xeniais.”
“ Aburríame moito sen ir ao “cole” e sen estar cos
meus compañeiros/as. Non nos podiamos ver ca-
ra a cara…
Estábame estresando por saír á rúa, cando dixe-
ron pola televisión que o estado de alarma íase prolongar quince días máis,
e así dúas ou tres veces máis.
Mentres tanto, algúns días teño clase virtual, pola tarde ou pola mañá, e vé-
monos a través das pantallas.”
“Esta enfermidade está declarada como pandemia, xa
que afecta a todos os países do mundo. De momento,
non hai vacina.
Os hospitais atópanse colapsados e os sanitarios están
a dar todo o que poden para salvar vidas.
Estes días, na casa, están facéndome ver o importante
que é saír á rúa ou ver aos familiares e amigos/as, é
dicir, todo o cotián...
No meu caso, e no de moita xente, non puiden celebrar o meu aniversario
cos meus seres queridos.
PASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOS
53
PASATEMPOS do CONFINAMENTO
Busca sete diferenzas neste debuxo de coronavirus.
Resolve os XEROGLÍFICOS
+
Concello próximo a
Pontevedra.
__ __ __ __ __
Debemos levala para evi-
tar contaxios.
__ __ __ __ __ __ __
Galicia está na fase 3 deste
proceso.
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
-i
Atopa a saída deste LABIRINTO
O HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOS
54
SOÑAMOS E INSPIRÁMONOS PARA “O HUMOR NO MARCOS”
CÁMBIALLE A CARAAO MUNDO COS MONÓLOGOS,
CHISTES, CINE MUDO, DICIONARIOS DO HUMOR...
PINCELAMOS CON HUMOR
O MURAL DO MARCOS IMOS
PINTANDO RINDO E
XOGANDO .
PARA HUMORISTAS XE-
NIAIS ESCENARIOS
EXCEPCIONAIS!!!
PARA PODER FACER HUMOR O NO-
SO MURAL TEN QUE TER COR
MONOLOGUISTAS NO MARCOS E RISAS NOS PALCOS
MOITA CREATIVIDADE E MANEXO DA SITUACIÓN TIVEMOS NOS MONÓLOGOS.
CUSTOUNOS INSPIRARNOS PERO LOGO COLLEMOS SOLTURA, PERDEMOS EN VERGO-
ÑA E GAÑAMOS EN EXPRESIÓN CORPORAL, QUE NOS AXUDOU A SER AUTÉNTICOS
MONOLOGUISTAS PROFESIONAIS.
CO NOSO CINE MUDO DEIXAMOS O HUMOR AO “DESNUDO”.
MENUDO SKETCH SOBRE AS DIFERENTES FORMAS DE COPIAR!
O HUMOR NO mARCOSO HUMOR NO mARCOSO HUMOR NO mARCOSO HUMOR NO mARCOS
55
TODO ARTISTA TEN A
SÚA RECOMPENSA.
NÓS TIVÉMOLA COA
VISITA DE ORBIL QUE
SE INTERESOU POLO
NOSOS MONÓLOGOS
E DICIONARIOS DE HUMOR. O HUMOR ESTÁ EN TODOS NÓS, ATA NOS ANIMAIS. O
HUMOR É COMO UN VIRUS VAISE CONTAXIANDO ATA NO SALÓN DO LIBRO. EN
DEFINITIVA O HUMOR NON SE RINDE NIN POLO CORONAVIRUS, PORQUE SEGUI-
MOS RINDO E FACENDO RIR.
ORBIL, ACOMPA-
ÑOU ÓS NENOS/
AS DE 6º E AMO-
SOULLES O SEU
FOGAR.
DÉMOSLLE AS
GRAZAS A KIKO
DASILVA POR
CREAR A “ALMA”
DO SALÓN DO LI-
BRO.
NO SALÓN DO LIBRO NON TODO FOI PASEAR. FIXEMOS UN OBRADOIRO PARA TRA-
BALLAR A POESÍA CUN TOQUE DE HUMOR. TIVEMOS UN INTRE PARA PENSAR E FI-
XEMOS RIMAS SEN PARAR.
AO FINAL ELABORAMOS UN KIT DE SU-
PERVIVENCIA, POR SE A TERRA SE
QUEDA SEN POESÍA. REMATAMOS FA-
CENDO UN PEQUENO ITIINERARIO CO-
ÑECENDO DIFERENTES ASPECTOS RE-
LACIONADOS CO HUMOR E CO PAIS IN-
VITADO “ITALIA”.
O HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOS
56
PARA “VIVIR” DE RISA!PARA “VIVIR” DE RISA!PARA “VIVIR” DE RISA!PARA “VIVIR” DE RISA!
O sentido do humor non vén de serie nin se vende en botica, hai que atra-
palo ao voo e alimentalo para mantelo vivo, evoluciona e mellora co uso. Se non
se exercita, atrófiase como calquera dos outros sentidos: sentido do deber, da
xustiza, do ridículo, sentido común…
Neste curso investigamos en clase algúns clásicos do humor, precursores e
inspiración dos humoristas actuais. Como o humor é algo moi serio e non xurde de
persoas irreflexivas, aí vos deixamos estupendos pensamentos deses grandes mes-
tres, por se vos dá por buscar máis.
Marcel Marceau. (1923-2007)Mimo, actor e pallaso.
“Non é un silencio, son os gritos do silencio”.
“Hai unha musicalidade mesmo no silencio”.
“ A poesía do xesto crea unha musicalidade na alma do
público”.
Mimos en 5ºMimos en 5ºMimos en 5ºMimos en 5º
O HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOS
57
Buster Keaton.
(1895-1966) Actor, escritor e director de cine mudo.
“Un cómico fai cousas raras. Un bo comediante fai cousas
Divertidas”.
Mario Moreno.
(1911-1993) Actor..
“O humor é unha cousa seria e a seriedade é unha cousa que
hai que tomar con humor”.
“A primeira obriga de todo ser humano é ser feliz, a segunda
facer felices aos demais”.
“Eu amo, ti amas, el ama….., eles aman. Oxalá non fose unha
conxugación senón unha realidade”.
Charlie Rivel.
(1896-1983) Pallaso de circo.
“Non pidas permiso ao teu corazón, sorrí por favor”.
“Todo ser humano é un pallaso, pero só uns poucos teñen a
coraxe de demostralo”.
“O tesouro máis apreciado son os sorrisos dos menos do mun-
do”.
Miguel Gila.
(1919-2001) Humorista.
“Está o inimigo?... Que se poña”.
“As miñas guerras son absurdas, porque o é a guerra en
si”.
Charles Chaplin.
(1889-1977) Actor, compositor, produtor, director e escritor de
cine.
“A risa é un tónico, un alivio, un respiro que permite calmar a
dor”.
“Nunca esquezas sorrir, porque o día que non o fagas, será un
día perdido”.
ENGLISH PAGEENGLISH PAGEENGLISH PAGEENGLISH PAGE
58
Aroa MoraAroa MoraAroa MoraAroa MoraDiego PradoDiego PradoDiego PradoDiego Prado
CandelaCandelaCandelaCandela
NoresNoresNoresNores
ENGLISH PAGEENGLISH PAGEENGLISH PAGEENGLISH PAGE
59
Ariadne AndrésAriadne AndrésAriadne AndrésAriadne Andrés
Anxo GarcíaAnxo GarcíaAnxo GarcíaAnxo García
Eduardo GalmánEduardo GalmánEduardo GalmánEduardo Galmán
Yago AchaYago AchaYago AchaYago Acha
DINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIO
60
O NOSO PATIO
Parte do profesorado do centro está desenvolvendo, dende hai dous cursos, un intere-
sante traballo para dinamizar o patiodinamizar o patiodinamizar o patiodinamizar o patio, na procura de convertelo nun espazo de entre-
temento alegre e inclusivo.
Pero isto non tería sido posible sen o labor admirable de moitas nais do noso alumna-
do. Sentímonos moi agradecidos/as polo tempo, o esforzo e o traballo desenvolvido gra-
tuítamente.
GRAZAS a elas, temos un patio cheo de cores que vos agarda a vós, nenos e nenas, o
vindeiro curso! Haberá xogos organizados e supervisados polo propio alumnado. Xa ve-
redes que ben o imos pasar!
Este foi o proceso, queredes ver o magnífico patio que temos agora?
Mirade a páxina seguinte.
DINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIO
61
Grazas!
LECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADAS
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS EN LINGUA GALEGA
62
PRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORES
O camiño das mazásO camiño das mazásO camiño das mazásO camiño das mazás
Estrella Ortiz (autora)
Mar Azabal (ilustradora)
OQO editora
Unha nena vai recoller mazás ao bosque. A natureza, os ani-
mais e unha veciña agarimosa acompáñana na súa viaxe.
Mariña e o balónMariña e o balónMariña e o balónMariña e o balón
Pere Tobaruela (Autor )
Pablo Rosendo (ilustrador)
Ed. Xerais
A Mariña gústalle o fútbol e a poesía. Escribe poemas a co-
tío, pero non se atreve co fútbol;ten medo a que se burlen
por ser nena. Mariña e as súas amigas buscarán unha solu-
ción a este problema.
As señoras cousasAs señoras cousasAs señoras cousasAs señoras cousas
Helena Villar Janeiro (autora)
Ed. Galaxia
Poesía que establece diálogos con todo o que nos rodea: as
zapatillas, a cama, o sol, o vento…
Leva cestos de palabras
para soñar noite e día.
Fina Casalderrey
LECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADAS
63
LECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOS
Lingua Guapa, cantos que contanLingua Guapa, cantos que contanLingua Guapa, cantos que contanLingua Guapa, cantos que contan
Fina Casalfderrey (autora)
Néstor Blanco (composicións musicais)
(Ilustradora)
Ed. Galaxia
Libro con CD de coidada edición. Poemas musicados que nos
traen fermosas palabras da nosa lingua.
A formiga destemidaA formiga destemidaA formiga destemidaA formiga destemida
María Reimóndez (autora)
Iván Sende (ilustrador)
Ed. Xerais
Unha formiga valente que quere coñecer mundo. Unha fábula
sobre a importancia de ter unha mente aberta e sen prexuízos.
LECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOS
Era dúas veces o Barón LambertoEra dúas veces o Barón LambertoEra dúas veces o Barón LambertoEra dúas veces o Barón Lamberto
Gianni Rodari (Autor)
Javier Zabala (Ilustrador)
Ed. Kalandraka
O Barón é un home vello, moi vello , moi enfermo e moi ri-
co… Un relato disparatado e sorprendente.
Vampira de bibliotecaºVampira de bibliotecaºVampira de bibliotecaºVampira de bibliotecaº
Ledicia Costas (Autora)
Víctor Rivas (Ilustrador)
Ed. Xerais
Eleonora é unha nena vampira, que habita na biblioteca da
Universidade de Coímbra. Alí pasa os seus días lendo e co-
mendo bechos dos libros.
Se queres ver máis traballos, fotos, vídeos, … só tes que entrar na web
do CEP MARCOS DA PORTELA ou no blog A PALABRA SABOROSA:
• https://www.edu.xunta.gal/centros/cepmarcosportela/
• http://endlmarcosdaportela.blogspot.com/
Ata sempre!
Alumnado de 6º EP
Curso 2019-2020

Chorimas nº 14- 2020

  • 1.
    CEP MARCOS DAPORTELACEP MARCOS DA PORTELACEP MARCOS DA PORTELACEP MARCOS DA PORTELA CURSO 2019CURSO 2019CURSO 2019CURSO 2019----2020202020202020 Nº 14Nº 14Nº 14Nº 14 AGARDÁNDOVOS!AGARDÁNDOVOS!AGARDÁNDOVOS!AGARDÁNDOVOS!
  • 2.
    EDITORIAL Despedimos un cursoque se iniciou con toda a normalidade, pero que no mes de marzo veu mudar, por sorpresa, as nosas rutinas escolares, encamiñándonos a un desenlace non esperado. Familias, alumnado e profesorado tivemos que enfrontarnos a un reto sen prece- dentes. O noso CHORIMAS non é outra cousa que o reflexo dos éxitos acadados a pesares dos numerosos obstáculos do camiño. As novas tecnoloxías botáronnos unha man, como ferramenta de transmisión de contidos e facilitándonos o achegamento ao alumnado. Sabemos que o labor das familias foi difícil, non só seguiron educando, como a cotío, tive- ron tamén que exercer de intermediarios entre a escola e os seus fillos e fillas, superando dificultades de toda índole. Ao alumnado supúxolle momentos duros de reclusión e diferentes maneiras de abordar aprendizaxes, superando con nota un longo confinamento cheo de incertezas e falta da an- siada liberdade. Parabéns a todas e todos por saíren vitoriosos. Seguramente, medramos loitando contra o Covid-19; aínda que, como en toda batalla, houbo momentos de crispación e desacougo. Grazas por non desfalecer! Deixámosvos aquí unha escolma de traballos realizados ao longo deste curso, algún deles dende o confinamento. Agardamos que gocedes coa súa lectura! Despedimos con moito agarimo aos mestres Paco e Luisa, que comezan agora unha nova andadura xubilosa. GRAZAS polo seu traballo constante, o seu tempo xeneroso e a súa proximidade. Tamén nos deixan Rosa Louro e as súas mans que falan e nos teñen deleitado con fermosas historias e cancións ao longo destes anos. Botarémosvos da menos. Lembrade que as portas do Marcos da Portela estarán sempre abertas para vós, así como para o alumnado de 6º, a quen desexamos moitos éxitos nesta nova etapa que están a piques de iniciar. Toda a comunidade escolar ten gañado con creces un bo descanso, toca desconectar e ir collendo novos folgos para a volta en setembro. Feliz verán!
  • 3.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS UN MAGOSTO DIFERENTEUN MAGOSTO DIFERENTEUN MAGOSTO DIFERENTEUN MAGOSTO DIFERENTE O alumnado de 6º do Cep Marcos da Portela festexa a festa do magosto no colexio. O alumnado de 6º celebrou a festa do magosto cunha mestura de risas, xogos e tamén cun chisco de mágoa, por ser o seu último ano no cole- xio. Empezou a xornada festiva con choiva, pero isto non ía deslucir as nosas gañas de brindar por unha festa moi agardada tanto po- lo noso alumnado e mestres como polas familias. As familias xa desde a mañá, quentaban motores co asado das apreciadas castañas que máis tarde degustariamos. Que saborosas! Dimos boa conta delas, pois non quedou nadiña. Despois de comer tan rico manxar, pasamos gozar de distintos xo- gos no patio cuberto do colexio. Que ben o pa- samos; un día cheo de moitas risas, bailes e gran diversión. Ata algunha alumna quedoulle tinguida a súa cara pola borralla da casta- ña. Ao final da xornada quedamos cans@s pero cheos de felicida- de por compartir xunt@s esta festa lúdica. Celebración do Magosto no Cep Marcos da Portela 3
  • 4.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS 4 Como sempre, un fermoso festival! Aínda que este ano tivemos unha actuación moi especial: O Apalpador! Manuel, pai de un alumno e unha alumna do noso centro, contounos este conto tan tenro desta mítica figura do Na- dal galego; despois do conto puidemos ver un baile moi divertido duns Apalpadores moi orixi- nais!! O noso alumnado xa non vai esquecer ao noso benquerido Apalpador, Manuel! Juan, alumno de 2º A, contounos o relato que narrou en Santiago no concurso "Tíralle da Lin- gua"; fíxoo de marabilla e recibiu un merecido premio que lle foi entregado pola titora. Foi elixido entre todo o alumnado que se presentou á primeira fase do concurso de relato oral, que se realizou no centro. Ademais, as voces dos nosos alumnos e alumnas resoaron como se fosen nenos e nenas cantores/ as!! E tampouco faltou o humor, pois o proxecto do cole deste deste ano é: "En clave de humor". Foi presentado por dúas alumnas e un alumno de 6° (Sofía, Sara e Antonio) , que o fixeron mag- níficamente!! Tampouco nos esquecemos de darllelas grazas ás mamás e a Mª Jesús, nai de ex alumnos, polo ben que adornaron o noso centro!! FESTIVAL DE INVERNOFESTIVAL DE INVERNOFESTIVAL DE INVERNOFESTIVAL DE INVERNO Parabéns a todos/as os/as participantes!!
  • 5.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS 5
  • 6.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS 6 Este ano celebramos un ENTROIDO moi cómico: o alumnado de 1º e 2º foron disfrazados de pallasos/as; o de 3º, de Mucha e Nu- cha; o de 4º, de Chaplin; o de 5º, de mimos; e o de 6º de Tricicle! Despois da degustación de doces típicos destas datas: orellas, filloas, flores,… aportados polas familias, so- bre as doce da mañá, saíu o desfile encabezado pola charanga do barrio. Moi boa acollida por parte da veciñan- za que nos acompaña durante to- do o per- corrido. ENTROIDO
  • 7.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS 7 Para finalizar a festiva e tradicional xornada, e xa no patio do colexio, nenos e nenas de 6º fixéronlle o xuízo ao Meco, lendo as coplas que escribiu o alumnado do 3º ciclo. E a continuación o marabi- lloso testamento que escribiu o alumnado de 4º. Declarado culpable procédese á queima. Para co- ñecer o legado aínda podes atopalo no blog “A Pa- labra Saborosa”. Espléndida e simpática a repre- sentación dunha viaxe en avión feita, ao remate do desfile, polo alumnado de sexto.
  • 8.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS Recordamos a nosa infancia, dende o Fina Casalderrey. Cada quen co seu estilo, despedíndonos del. Este ano no entroido, reflexamos a alegría. Fixemos moito ruído, para tocar a melodía. Despois duns mesiños, facémonos velliños. Por último os de sexto, fixemos unha representación, o chan era o asento, coma se estivésemos nun avión. Este ano o alumnado de sexto, fixe- mos unha parodia de Tricicle!! Para facerlles pasar a todos un bo día. Aproveitamos o desfile, para dar os nosos consellos aos asistentes: Non Fumedes!! De camiño ao colexio, estabamos moi asadiños. Para ver o entroido , moi queimadiño. 8
  • 9.
    FESTAS TRADICIONAISFESTAS TRADICIONAISFESTASTRADICIONAISFESTAS TRADICIONAIS 9 Maios especiais para tempos de confinamento. Toda a comunidade educativa participou coas súas achegas para facer un espléndido ví- deo, xa que non podiamos gozar da xornada que cada ano nos reúne para realizar un fer- moso traballo colectivo tantas veces premiado. MaioMaioMaioMaio 2020202020202020
  • 10.
    CONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNS 10 Un ano máiscelebramos o Día da Paz cun fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións, que mellor combinación!! En primeiro lugar, tivemos unha interesan- te charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isa- bel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada. Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema recreado a partir dun texto de Antonio García Tei- jeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxe- ron palabras tinguidas de paz! A continuación, todo o alum- nado do centro, cantou a can- ción "Un veleiro verde" de Ma- ría Fumaça; e así, embarcá- monos nese mundo de paz e harmonía, co que todos e to- das soñamos, con voz e a lin- gua de signos da man da nosa intérprete, Rosa, coa que temos a sorte de contar un ano máis! DÍA DA PAZ E non esquezamos o mural no que participaron todos os niveis! O alum- nado escribiu, en pingas de cores, todo o negativo do mundo que faría des- aparecer coas súas vacinas especiais!
  • 11.
    CONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNSCONMEMORACIÓNS 11 Rosalía de Castro,nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX. En 1999, en París, por iniciativa da UNESCO, proclámase Día Mundial da Poe- sía o 21 de marzo, para impulsar e preservar o xénero lírico. O principal obxectivo desta xornada é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas. 24 de FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA 183 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO 21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA PROCLAMACIÓN da UNESCO PARÍS 1999 Con motivo destas celebra- cións o EDLG animou, a todos os membros da nosa comunidade educativa que o desexasen, para agasallarnos cun poema para compartir. Habilitouse un espazo no vestíbulo para expoñer e inter- cambiar. O alumnado xa estaba estaba a participar. Mágoa que co confinamento non se levaran a cabo os intercambios, nin se completase a participación. Aquí unha pequena mostra de poéticos agasallos. Tamén quedou interrompido o certame de poesía do que daremos conta o vindeiro curso. DÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍA 24 de febreiro DÍA DA POESÍADÍA DA POESÍADÍA DA POESÍADÍA DA POESÍA 21 de marzo
  • 12.
    RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTOLITERARIORECANTO LITERARIO 12 EuEuEuEu vexo o ceo,vexo o ceo,vexo o ceo,vexo o ceo, Eu vexo o mar.Eu vexo o mar.Eu vexo o mar.Eu vexo o mar. Sinto que a luzSinto que a luzSinto que a luzSinto que a luz está a medrar.está a medrar.está a medrar.está a medrar. Vexo amenceres.Vexo amenceres.Vexo amenceres.Vexo amenceres. Oio cantigas.Oio cantigas.Oio cantigas.Oio cantigas. Vexo meniñosVexo meniñosVexo meniñosVexo meniños en compañía.en compañía.en compañía.en compañía. Vexo nos rostrosVexo nos rostrosVexo nos rostrosVexo nos rostros moita alegría.moita alegría.moita alegría.moita alegría. Cadro de cores!Cadro de cores!Cadro de cores!Cadro de cores! Un canto á vida!Un canto á vida!Un canto á vida!Un canto á vida! Nenas inquedas.Nenas inquedas.Nenas inquedas.Nenas inquedas. Nenos creativos.Nenos creativos.Nenos creativos.Nenos creativos. Nenas valentes.Nenas valentes.Nenas valentes.Nenas valentes. Xuntas, xuntiños.Xuntas, xuntiños.Xuntas, xuntiños.Xuntas, xuntiños. Fillas que escoitan.Fillas que escoitan.Fillas que escoitan.Fillas que escoitan. Nais que agariman.Nais que agariman.Nais que agariman.Nais que agariman. Fillos que axudan.Fillos que axudan.Fillos que axudan.Fillos que axudan. Pais que acubillan.Pais que acubillan.Pais que acubillan.Pais que acubillan. Non ao maltrato!Non ao maltrato!Non ao maltrato!Non ao maltrato! Fóra a pobreza!Fóra a pobreza!Fóra a pobreza!Fóra a pobreza! Non á maldade!Non á maldade!Non á maldade!Non á maldade! Remate a guerra!Remate a guerra!Remate a guerra!Remate a guerra! dun poema de García Teijeiro PIDO A PAZ E A PALABRAPIDO A PAZ E A PALABRAPIDO A PAZ E A PALABRAPIDO A PAZ E A PALABRA VERSIÓNVERSIÓNVERSIÓNVERSIÓN dededede 4ºC4ºC4ºC4ºC Diego Prado Anxo García Inés Meijueiro Eduardo GonzálezAtoub Aboufaras Sarah Ovalles
  • 13.
    RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTOLITERARIORECANTO LITERARIO 13 4ºA, 4ºB, 4ºC4ºA, 4ºB, 4ºC4ºA, 4ºB, 4ºC4ºA, 4ºB, 4ºC Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo quente,quente,quente,quente, o pano pano pano pan e o leite.e o leite.e o leite.e o leite. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo frío,frío,frío,frío, a dora dora dora dor e o castigo.e o castigo.e o castigo.e o castigo. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo claro,claro,claro,claro, a herbaa herbaa herbaa herba e o lago.e o lago.e o lago.e o lago. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo escuro,escuro,escuro,escuro, a rabiaa rabiaa rabiaa rabia e o muro.e o muro.e o muro.e o muro. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo belo,belo,belo,belo, a rosaa rosaa rosaa rosa e o ceoe o ceoe o ceoe o ceo Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo gris,gris,gris,gris, un cativoun cativoun cativoun cativo infeliz.infeliz.infeliz.infeliz. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo novo,novo,novo,novo, o parqueo parqueo parqueo parque do pobo.do pobo.do pobo.do pobo. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo vello,vello,vello,vello, a mentiraa mentiraa mentiraa mentira e o berro.e o berro.e o berro.e o berro. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo limpo,limpo,limpo,limpo, o aireo aireo aireo aire e o río.e o río.e o río.e o río. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo sucio,sucio,sucio,sucio, o odio,o odio,o odio,o odio, o insulto…o insulto…o insulto…o insulto… Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo longo,longo,longo,longo, a apertaa apertaa apertaa aperta e osono.e osono.e osono.e osono. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo curto,curto,curto,curto, o tiroo tiroo tiroo tiro e o susto.e o susto.e o susto.e o susto. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo enteiro,enteiro,enteiro,enteiro, Un meniñoUn meniñoUn meniñoUn meniño sen medo.sen medo.sen medo.sen medo. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo roto,roto,roto,roto, a paza paza paza paz eo acordo.eo acordo.eo acordo.eo acordo. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo ledo,ledo,ledo,ledo, a voza voza voza voz e o eco.e o eco.e o eco.e o eco. Todo todoTodo todoTodo todoTodo todo triste,triste,triste,triste, un mundoun mundoun mundoun mundo sen chistes .sen chistes .sen chistes .sen chistes . Ayoub Aboufaras Dennis Wiabo Xoel Rey Jorge Suárez Aroa Mora Alex Pires Inés Meijueiro Saleta Suárez Ainhoa Díaz Melany Hernández Carlota Vázquez Candela Nores Aroa López Lucas Rodríguez Sara Ovalles Aroa Campelo Sandro Conles
  • 14.
    RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTOLITERARIORECANTO LITERARIO 14 ADIVIÑA QUE ADIVIÑAADIVIÑA QUE ADIVIÑAADIVIÑA QUE ADIVIÑAADIVIÑA QUE ADIVIÑA Adiviña que adiviña,Adiviña que adiviña,Adiviña que adiviña,Adiviña que adiviña, podes ir adiviñando,podes ir adiviñando,podes ir adiviñando,podes ir adiviñando, ten escamas o golfiño e longa trompa o lagarto? Escriben as bolboretas? Pescan muxes os cangrexos? Yago Acha Conducen taxis as serpes? Van á escola os coellos? Saleta Suárez Corta figos a machada? Fai filloas o legón? O sacho pasea en coche? Debuxa aneis o tractor? Respiran os parafusos? Nerea Martínez Jorge Suárez As tesoiras brincan ledas? Os toxos fan agarimos? Atopan ouro as sereas? As patacas listas pensan? Os allos medran na praia? Son as cenorias azuis? J orge Suárez Fan deberes as papaias? Óscar López 4ºB
  • 15.
    RECANTO LITERARIORECANTO LITERARIORECANTOLITERARIORECANTO LITERARIO 15 Adiviña que adiviña, podes ir adiviñando, ten a gaivota vestidos e leva calzado o pato? Lava os dentes o raposo? Vai o gato traballar? Di as táboas o miñato? Sabe o paspallás contar? Cociña polo a cadela? Frite patacas o can? Asa troitas o gorila? Xanta a tartaruga pan? Toma o sol a torradora? Vai á praia a neveira? Esquía a culler na sopa? Debuxa o prato na area? Peitean canas os ollos? Nadan xuntas as orellas? As pernas xogan ás cartas? Teñen brazos as cabezas? 4ºA Antonio Blanco Aroa Campelo Marcos Meijueiro Adrián Castellano Aroa López
  • 16.
    IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE 16 Os nenos eas nenas de 3º de primaria visuali- zamos o vídeo “O Monstro”, baseado no libro do mesmo nome de Daniel Martín (2008), coa intención de reflexionar sobre a violencia que se vive en algún fogares. Unha actividade motivada pola celebración, o día 25 de novembro, do día internacional contra a violencia de xénero. Despois de poñer en común o visto no vídeo e as diferentes opinións do alumnado, chegamos a con- clusión que o máis importante é unha boa educa- ción. Queda un longo camiño que percorrer! DÍA INTERNACIONAL PARA ADÍA INTERNACIONAL PARA ADÍA INTERNACIONAL PARA ADÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIAELIMINACIÓN DA VIOLENCIAELIMINACIÓN DA VIOLENCIAELIMINACIÓN DA VIOLENCIA
  • 17.
    IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE 17 O día 25de novembro converteuse nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres. Despois da posta en común das nosas ideas, cada ne- no e cada nena escribiu nun papel a solución para es- pantar o monstro da violencia . Fomos apegando todas as propostas nun mural situado no corredor. Eliminar este mons- tro é o ob- xectivo pa- ra a con- quista real da igualda- de. 3º EP
  • 18.
    IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE 18 Novembro, mes daigualdade En novembro, tivemos un gran programa para traballar a Igualdade no noso centro con actividades moi interesantes para todos os niveis! O Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, Pablo Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM (grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º premio do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría de Educación Secundaria, no ano 2018), fixo reflexionar ao alumnado de 5º e 6º sobre: a desigualdade entre homes e mulleres, a violen- cia de xénero e diferentes cuestións como a publicidade sexis- ta. Foi unha charla dinámica na que participou gran parte do alumnado asistente. Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar contigo nese día tan especial! O alumnado de 1º e 2º puido escoitar uns contos moi especiais sobre "Príncipas e princesos" dos Contos de Pablísimo! Que divertido e necesario cambiar os contos!! E, por último, o alumnado de 3º e 4º pui- do gozar dunha grande actuación do gru- po teatral "Migallas"!! A obra representa- da era “Elas pintan moito”. Foi unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pinto- ras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xu- lia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en to- dos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
  • 19.
    IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE 19 Estupenda charla espectáculode maxia "A igualdade non ten truco", que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, explicando diversos conceptos do feminismo e actitudes sexistas de xeito ameno, interactivo e sorprendente! Co gallo do Día da Muller Traballadora tive- mos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos To- mico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades do alumnado ás que ían dirixidas. Ademais de rir a esgalla, aprenderon a impor- tancia de vivir nunha sociedade igualitaria! Maxia na manga A IGUALDADE NON TEN TRUCO
  • 20.
    IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE 20 Os nenos eas nenas de 3º de primaria participamos na campaña “BaixoBaixoBaixoBaixo o mesmo paraugaso mesmo paraugaso mesmo paraugaso mesmo paraugas”, con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, que tivo lugar o día 3 de decembro. Previamente tivemos una sesión de sensibilización, dirixida pola asocia- ción Juan XXIII, na que nos falaron do motivo da celebración, obxectivos da campaña, e actividades a realizar. Logo, nas nosas aulas, organizámonos por grupos para decorar os pa- raugas. Quedaron preciosos! BAIXOBAIXOBAIXOBAIXO O MESMOO MESMOO MESMOO MESMO PARAUGASPARAUGASPARAUGASPARAUGAS Mirade que chulo! Pintámolo nós! Gústavos? O noso está re- matado! Poñerei- llo por aquí?
  • 21.
    IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE 21 O 3 dedecembro, cos nosos paraugas coloridos, fomos ata a praza da Ferraría, no centro da cidade. Neste vistoso acto, para celebrar o Día Internacional da Discapacidade, había repre- sentación de numerosos colexios da cidade e de moitas asociacións, como Xoan XXII, Amencer, Aspace, Down Pontevedra, … Actos como este tamén se convocaron noutras cidades galegas. 3ºB Os paraugas, que nos acubillaron en prol da diversidade, lucían todas as súas cores nun soleado día de inverno.
  • 22.
    BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA O 24 deoutubro celébrase o “Día da biblioteca” e nós contamos cun marabi- lloso equipo de contadores de historias. Son un grupo de voluntarios e vo- luntarias de sexto nivel que levaron a maxia dos contos ao resto do colexio. Escolleron os seus libros favoritos para compartilos coas diferentes aulas. GRAZAS POR ACHEGARNOS A MAXIA DOS CONTOS! E aínda que estabamos en outono, estamos seguros de que estas sementes xermolaron e agromaron, se dúbida, en forma de emocionantes historias, contos, relatos, poemas… Ademais o alumnado de 4º puido gozar dos froitos que, a longo destes anos, se obtiveron no noso Centro! Libros elaborados a partir de moitos tex- tos realizados polo noso alumnado. Parabéns a todos e todas!! Así escoitamos nas súas voces títulos como “A Horta de Simón “, “O soño do osiño rosa “ ,“O tigre que veu tomar o té”, “A mellor sopa do mundo”, “Eduardo, nariz de ouro”, “A princesa que bocexaba a todas horas” e outras historias que nos emocionaron e nos fixeron pensar. 22
  • 23.
    BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA 23 RAPUNZEL CON PIOLLOSRAPUNZELCON PIOLLOSRAPUNZEL CON PIOLLOSRAPUNZEL CON PIOLLOS Os cursos de 1º e 2º tiveron unha sesión de anima- ción á lectura baseada no libro "Rapunzel con pio-"Rapunzel con pio-"Rapunzel con pio-"Rapunzel con pio- llos".llos".llos".llos". A charla foi moi entretida, con moita participa- ción das nenas e nenos do 1º ciclo. Estiveron moi atentos porque o ani- mador pediulles que o axudasen a contar a historia, facendo xestos e movéndose cando el o requiría. A mensaxe foi moi positiva, transmi- tindo unha nova versión do conto, máis igualitaria. Ademais tivemos a sorte de contar con NAIS contadorasNAIS contadorasNAIS contadorasNAIS contadoras de historias!
  • 24.
    BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA 24 RETO LECTOR DEOUTONO Desde a biblioteca plantexamos dous retos dirixidos a todos e todas os que teñen afección pola lectura. Reto Lector de outono: a proposta foi ler dous libros, un libro de poesía e outro escrito en galego.Podían escoller os títulos. Estes son algúns dos bos lectores e lectoras que completaron es- te desafío! No mes de marzo o reto era ler un libro con protagonista feminina. Co- mo non puidemos completalo, este será un desafío a para o vindeiro cur- so.
  • 25.
    LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRASGALEGASLETRAS GALEGAS 25 Letras Galegas 2020 Este atípico curso non permitiu o desenvolvemento de todas as actividades previstas, pero na web do Centro había información e actividades para co- ñecer ao autor homenaxeado, como: • Vídeo coa participación de alumnado e profesorado con lectura de textos de D. Ricardo. “As pitas baixo a choiva ”. Realizado pola nosa ANPA. • Enlaces interesantes para consulta e actividades en liña. • Tres PASAPALABRA adaptados ás diferentes idades ( realizados polo EDLG do noso centro ). Xogo creativo e interesante co que achegamos a figura de D. Ricardo Carvalho Calero ao alumnado. Os/as nenos/as de 1º e 2º tiñan que descubrir o nome coa axuda da definición e a imaxe. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º, as palabras extraídas dun texto de Carval- ho C., E o alumnado maior, 5º e 6º, debían deducir datos da vida e obra do autor homenaxeado. • Que mellor que compartir o traballo entre os centros educativos!! O noso centro enviou ao colexio Fingoi, sito en Lugo e onde traballou Riacardo Carvalho Calero, os PASAPALABRAS e eles compartiron con nós o seu fermoso vídeo. • O vídeo signado realizado por Rosa, a intérprete de lingua de signos do noso centro, sobre unha obra do autor homenaxeado: "As pitas baixo a choiva".
  • 26.
    LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRASGALEGASLETRAS GALEGAS 1939 Fin da Guerra Civil. Condenado en Consello de Guerra a do- ce anos e un día de cárcere. LETRAS GALEGAS 2020LETRAS GALEGAS 2020LETRAS GALEGAS 2020LETRAS GALEGAS 2020 HOMENAXEANDO A RICARDO CARBALLO CALERO RICARDO CARVALHO CALERO CRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍA . . 1926 Matricúlase na facultade de Dereito da Universida- de de Santiago de Com- postela. 1919 Morre a súa nai. 1910 Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero nace o 30 de outubro na rúa de San Francis- co de Ferrol. E o maior de seis irmáns, fillo de Ga- briel Ricardo e M.ª Dolores. 1927 Ingresa no Seminario de Estudos Galegos coa lec- tura duns poemas titula- dos A dor da cantareira. 1923 Golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera. Creación do Seminario de Estudos Galegos. 1936 Finaliza, por libre, os estudos de Filosofía e Letras. O 28 de xuño vótase e aprobase o Estatuto de Autonomía para Galiza. Comezo da Guerra Civil. Alístase como mili- ciano e participa na defensa de Madrid. 1920 O seu pai casa con Elvira, irmá da súa muller e madriña de Ricardo. Aproba, por libre, os exames de ingreso do 1.º curso no Instituto Ge- neral y Técnico Eusebio da Guarda, da Coruña. 1933 Entra como funcio- nario no concello de Ferrol. Casa con M.ª Igna- cia Ramos. 1931 Instauración da II República. Colabora na redacción do Antepro- xecto de Estatuto Galego.Fundación do Partido Galeguista. Ricardo pasa a formar parte do Consello Asesor. 1932 O semanario A Nosa Te- rra pasa a ser o órgano do Partido Galeguista. Intégrase na Executiva do Partido Galeguista. 1928 Publica, en castelán, o poemario Trinitarias 1930 Le o discurso inaugural do curso da Universidade. 1935 Colabora coa revista SER baixo o pseudónimo «Eduardo Colmeiro» 1941 Volta a Ferrol con liberdade provisional. Traballa como profesor no ensino privado. 26
  • 27.
    LETRAS GALEGASLETRAS GALEGASLETRASGALEGASLETRAS GALEGAS 27 1950 Traballa en Lugo no Colexio Fingoi como Conselleiro Delegado do Padroado. Gaña o Premio Bibliófilos Gallegos con A xente da Barreira. Participa no 1º Consello da Editorial Galaxia. 1982 Aprobación pola RAG e o Instituto da Lingua Galega dunha normativa contra- ria ás teses de Ricardo Carvalho Calero. 1954 Doutoramento en Madrid cunha tese sobre a literatura galega contemporánea. 1966 Entra a traballar como profesor oficial no Instituto Rosalía de Castro de Santiago.Publica Gramática elemental del gallego común. 1963 Publicación de Histoira da literatura galega contempo- ránea, na que levaba traba- llando case dez anos. 1981 Fúndase a Associaçom Galega da Lingua, AGAL, co obxectivo da incorporar o gale- go o ámbito lusobrasileiro. 1980 Xubílase e deixa a docencia. A Xunta noméao presidente da comisión encargada de elaborar normas ortográficas administrativas para o idioma galego. 1975 Falece o ditador Francisco Franco. 1972 Gaña a cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universi- dade compostelá. 1951 Publicación de A xente da Barreira. 1964 Deixa o cargo de Conselleiro Delegado do Patronato do Colexio Fingoi, despois de 15 anos, e incorpórase á Universidadde compostelá como profesor interino de Lingua e Literatura Galega. 1958 Ingresa na Real Academia Galega co discurso Contribución ao estudo das fontes de Rosalía. 1983 O Parlamento Galego aproba a Lei de Normalización Lingüística. 1984 Recibe a medalla Castelao polo seu labor literario. 1987 Publica a novela Scórpio, que describe a vida dos venci- dos na Guerra Civil . 1990 Falece na cidade de Santiago, o 25 de marzo. Entérrase no cemiterio composte- lán de Boisaca. 2020202020202020 No 30 aniversario da súa defunción é homenaxeado pola Real Academia Galega, no Día das Letras, para reco- ñecer os seu traballo en defensa da nosa lingua.
  • 28.
    INVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓN 28 No século XVIIIa varíola converteuse na pandemia máis mortífera. Só en Europa acabou coa vida de sesenta millóns de persoas. Era unha en- fermidade infecciosa que provocaba febre e a aparición de pústulas con bostelas, que ao caeren deixaban marcas na pel. O doutor inglés Edward Jenner descubriu a vacina antivariólica en 1796, observando que as persoas que muxían as vacas non se contaxia- ban. A vacina chegou a España no ano 1800. A expedición foi unha viaxe, na corveta María Pita, para levar a va- cina a América; pois Colombia, Venezuela, Ecuador e Panamá estaban pa- decendo no ano 1802 unha epidemia de varíola. Como eran colonias espa- ñolas, o rei Carlos IV organizou esa “Real Expedición Filantrópica” que non remataría en América. Para que a vacina non se estragase na travesía, o doutor Francisco Xavier Balmis (1753-1819) ideou levala en seres vivos: vinte e dous menos orfos, acompañados e atendidos por Isabel Zendal e una ducia de profesionais sanitarios. Elixiu menos para ter a certeza de que non estaban inmuniza- dos e que se contaxiarían. A EXPEDICIÓN BALMIS
  • 29.
    INVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓNINVESTIGACIÓN 29 Partiron o 30de novembro de 1803 do porto da Coruña con rumbo ao Novo Mundo. Cada semana contaxiaría a dous menos coas pústulas dos vacina- dos a semana anterior; o procedemento era eticamente cuestionable: enviaba a uns menos a facer unha viaxe á que moitos adultos non sobrevivían, e contaxiándoos cunha enfermidade mortal. A expedición chegou a Puerto Rico en febreiro de 1804, logo a Venezuela no mes seguinte e vacinaron á poboación. A partir de aí o grupo dividiuse en dous: o do cirurxián José Salvany foi cara América do Sur e o dirixido por Balmis, que estendeu a vacinación polo Caribe, Centroamérica, Filipi- nas…; volvendo a España en setembro de 1806. A varíola foi erradicada no mundo en 1980. Podedes investigar que relación existe entre esta expedición e a “Operación Balmis” que se puxo en práctica o 15 de marzo de 2020 en Es- paña. Alumnado de 5º A.
  • 30.
    UNESCOUNESCOUNESCOUNESCO 30 A VISITA DEPLASTIQUINAA VISITA DE PLASTIQUINAA VISITA DE PLASTIQUINAA VISITA DE PLASTIQUINA No primeiro trimestre, visitounos PlastiquinaPlastiquinaPlastiquinaPlastiquina, a imaxe do proxecto “DESPLASTIFÍCATE ”, proposto pola rede de escolas Unesco, no que participa o noso colexio. PlastiquinaPlastiquinaPlastiquinaPlastiquina é unha linda boneca que saíu de Tenerife ( Illas Canarias ) coa misión de percorrer España expli- cando a todos e todas os nenos e nenas a importancia de non contaminar o noso planeta, e facernos ver os da- nos que o plástico causa no medio ambiente. Ela quere que os rapaces e as rapazas aprenda- mos a reducir o uso dos materiais plásticos e que reciclemos os que poidamos empregar. Tan importante nos parece, a misión de Plastiqui- na que, cando chegou ao noso colexio recibímola como a unha verdadeira heroína, cunha pancarta e cun fermoso poema que a nosa mascota Traslí lle dedicou con todo o seu cariño. Tamén lle quixemos facer un agasallo que lle lembrase o paso polo noso centro, e o alumnado de cuarto foi o encargado de facer algo típico dos pe- regrinos, unha fermosa cuncha coa cruz de Santiago. Esperamos que o pe- regrinar desta boneca polos colexios sirva pa- ra espertar conciencias e que cada un de nós
  • 31.
    SAÍDAS CULTURAISSAÍDAS CULTURAISSAÍDASCULTURAISSAÍDAS CULTURAIS 31 + Aínda que tivemos un curso especial polo coronavirus fomos ao teatro dúas veces. En decembro no auditorio de A Fundación vimos “A nena e o grilo máis aló”. Os protagonistas esmagan sen querer a súa amiga Xertrude. Para devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulan- tes que a través da maxia e da música os levan ao País dos Mortos. Nesta obra de Magín Blanco trabállase a coopera- ción, a amizade, a tolerancia e a supe- ración dos medos. Que sorte tivemos! No mes de febreiro volvemos ao teatro e esta vez fomos de “Safari”, unha fábula que trata o tema do acoso escolar. Piñote e Calabacín, dous investigadores profesionais, adentránse na sabana africana para resolver a misteriosa desaparición do león. Para averiguar que lle pasou ao león para estar triste e atemorizado atópanse coa xirafa, o mono, o elefante e o croco- dilo. O nunca visto! Por primeira vez o alumnado do 1º ciclo (non sei se alguén máis!) do CEP Mar- cos da Portela asistiu á ópera e a ver nada máis e nada menos ca GUILLERMO TELL. Saídas culturaisSaídas culturaisSaídas culturaisSaídas culturais
  • 32.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 32 Amosamos aquí una bela escolma dos traba- llos plásticos feitos polo alumnado de primei- Atopas a túa obra? GRANDES ARTISTAS DE 1ºA1ºA1ºA1ºA
  • 33.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 33 GRANDES ARTISTAS DEDEDEDE 1ºB1ºB1ºB1ºB Atopas o teu traballo?
  • 34.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 34 + O alumnado de segundoO alumnado de segundoO alumnado de segundoO alumnado de segundo COMBATEREMOS O CORONAVIRUSCOMBATEREMOS O CORONAVIRUSCOMBATEREMOS O CORONAVIRUSCOMBATEREMOS O CORONAVIRUS Durante os tres últimos meses un VIRUS perigoso confinounos na casa e complicoulle a vida a moita xente. Os científicos e as científicas traballan para atopar unha vacina que o combata. Nós botámoslle unha man cunhas poucas ideas: AMORAVIRUSAMORAVIRUSAMORAVIRUSAMORAVIRUS Combate a falta de amor pro- vocada pola COVID-19. DenísDenísDenísDenís Carla T. En moitos países es- tán investi- gando so- bre este virus, co- mo se comporta, vías de transmisión, ... e os tratamentos para as persoas que se contaxian. En Oxford parece que os estudos sobre a vacina están moi avanzados.
  • 35.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 35 + PabloPabloPabloPablo LíaLíaLíaLía Antía R.Antía R.Antía R.Antía R.
  • 36.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 36 AGRADECEMENTOS Durante esta tempada houbo moita xente que traballou e coidou de todos nós ex- poñéndose a enfermar. Merecen que lles dea- mos as grazas. Carla T. Carla M. Grazas a ti houbo xente enferma que se curou. Carmen
  • 37.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 37 Antía R. Quero darlle as grazas a persoas que, como miña nai, son limpadoras. Elas manteñen os espazos limpos e seguros. Grazas a ti os hospitais, e ou- tros lugares co- mo supermerca- dos, mantéñense limpos. Juan Carmen
  • 38.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO O alumnado de 6º C, queremos amosar as creacións artísticas que fixemos durante esta corentena nas nosas casas. 38
  • 39.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO Durante esta corentena non todo foiDurante esta corentena non todo foiDurante esta corentena non todo foiDurante esta corentena non todo foi estudar, tamén aproveitamos paraestudar, tamén aproveitamos paraestudar, tamén aproveitamos paraestudar, tamén aproveitamos para XOGAR, e que mellor que crear os nososXOGAR, e que mellor que crear os nososXOGAR, e que mellor que crear os nososXOGAR, e que mellor que crear os nosos propios xogos con material de refugallo.propios xogos con material de refugallo.propios xogos con material de refugallo.propios xogos con material de refugallo. 39
  • 41.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO Gústanche as nosas interpretacións? Ti tamén podes facelo! É doado e divertido! 41
  • 42.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO Nos intres máis duros do confinamento aproveitamos a nosa imaxinación e creativi- dade para realizar en familia xogos con material de refugallo. Aí vai unha pequena mostra do noso traballo. 42
  • 43.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 43
  • 44.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO Flores de papiroflexia E como nos gustan tanto os traballos manuais … pois puxémo- nos a facer flores! Quedaron preciosas! 44 Inés 4ºC Brais 4ºC Justin 4ºC Cristóbal 4ºC Alex 4ºB Óscar López 4ºB Yago Vieites 4ºB Sergio 4ºB Eduardo 4ºA José 4ºAMarcos 4ºA Iker 4ºA Mirian 4ºA
  • 45.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO 45 Durante este confinamento, os de cuarto non paramos nin un momento. Fixemos moitísimas actividades! Aquí van algunhas fotos! MENÚ Dos/as “CHEFS” Fixemos uns OVOS RECHEOS para chuparse os dedos!
  • 46.
    ACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADESDO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTOACTIVIDADES DO CONFINAMENTO Hora de lavar a roupa 46
  • 47.
    HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIASDO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO 47 No século XIV, dentro dunha cova escura e fría atopába- se, coa súa familia, un dragón ao que lle faltaba unha per- na. Chamábase Filipino. O dragón ía a unha academia onde se adestraba para sal- var e protexer ás persoas. Os compañeiros burlábanse del porque lle faltaba unha perna e non podería rescatar a ninguén. Ao saír do colexio escoitaron os berros dunha nena que estaba atrapada e pedía auxilio. Todos os dragóns tenta- ron salvala pero ninguén puido. Cando quixo tentalo Filipi- no, todos se burlaron del, pero quedaron coa boca aberta ao ver que podía sacar a nena atrapada. Grazas a que non tiña unha per- na cabía mellor polo burato onde se atopaba a ne- na. A familia da nena deulle as grazas e todos os compa- ñeiros comprende- ron que aínda que era distinto a eles, podía facer cou- sas incribles. URIEL VALENTÍN PÉRTICA FREIRE 5ºC FILIPINOFILIPINOFILIPINOFILIPINO
  • 48.
    HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIASDO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO 49 É difícil non poder saír, nin estar coa familia e amigos, pero logo poderémonos ver. Eu estou facendo moitas cousas pero aínda así abú- rrome igual. Cando me levanto almorzo e xa rapidamente chega a hora de facer a videocon- ferencia coa miña “profe” e os meus compañeiros dende as 11:00 ata a 13:00 As 14:00 chega meu pai de traballar e comemos. Pola tarde xogo, bailo, … coa miña irmá, sobre as 18:00 merendamos, lo- go fago máis tarefas e tamén vemos a tele. Estou vendo as películas de Harry Potter. Ás veces facemos videochamadas cos primos ou xogamos ao parchís. A min gústame moito cociñar e, aproveitando que estes días miña nai es- tá na casa, facemos sobremesas: biscoito de ananás, torta de queixo etc. Ás 20:00 saímos á ventá a aplaudir aos sanitarios e a todas esas persoas que realizan os traballos esenciais para que non nos falte de na- da nos nosos fogares. PAULA TORRES SOLLA 5ºC DÍAS DE CONFINAMENTO
  • 49.
    HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIASDO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO 49 Este confinamento foi provo- cado polo COVID-19 e tive- mos que quedar nas casas para evitar os contaxios. A primeira semana leveina moi ben; estiven vendo a tele- visión, lin libros, debuxei … Na segunda semana empecei a aburrirme un pouco; entrei nunha rutina na cal non sabía que facer. A medida que pasaban os dí- as botaba de menos aos me- us seres queridos: avós, tíos, curmáns, amigos … Os días máis difíciles son os domingos, porque eran os días nos que ía a aldea cos meus avós; o resto dos días lévoos mellor, sigo xogando, leo, vexo a televisión, e, a maiores fago deberes. Nunca pensei que os botaría de menos. Así imos pasando os días, uns mellor e outros peor; os mellores días son cando fago videochamadas cos familiares e os amigos. A que máis me gusta facer é coa miña curmá que está en Londres. Pásame o tempo voan- do!. E así día tras día. O primeiro día das clases en liña estaba moi nerviosa, de feito cando me conectei e vin aos meus compañeiros e a miña mestra emocioneime moito (aínda que as veces non nos escoitaramos). Os días fóronse levando mellor porque tiña máis cousas que facer. Hoxe estou máis feliz, porque a televisión di que as cousas van mellor, por iso, agora podemos saír a rúa. Oxalá isto remate pronto! Queda na casa! ADRIANA HERMIDA MOREDA 5ºC CONFINAMENTOCONFINAMENTOCONFINAMENTOCONFINAMENTO
  • 50.
    HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIASDO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO 50 HISTORIAS DO CONFINAMENTO 5º B Presentámosvos nove extractos de diferentes reflexións, do alumnado de 5º B, sobre o confinamento. “Todo comezou cando nos dixeron que iamos ter que estar na casa polo COVID-19. Eu acababa de curarme da gorxa e levaba unha semana na ca- sa; así que púxenme un pouco triste. Despois pensei que era un bo momento para facer cousas que antes non podía realizar, por exemplo: sobre- mesas, acampadas no salón, busca do tesouro en familia, ver series e películas… Aínda que non todo foi como pensaba, xa que había debe- res, tarefas da casa, meus pais traballando...e o tempo pasaba.” “Pero polo que me alegraba era polo planeta; grazas a esta situación desaparecera moi- ta contaminación. Xa non cortaban tantas árbores, tampou- co se producían incendios e, deste xeito, podíanse escoitar aos pequenos animaliños, como os paxaros ou os grilos, cantando sen ningunha preocupación ao non interactuar cos humanos. Porque tamén temos que pensar neles, preo- cupados todo o día pola presenza das persoas, xa que nós destruímos os seus fogares para construír os nosos edificios, comercios… E é que, sen eles, non poderiamos vivir!” “...Xa levo moitos días de confinamento. Ás veces faise un poco aburrido, pero teño que ser positiva; só hai que buscar algo para entreterse. Dentro de pouco van deixar saír aos nenos/as á rúa; eu estou eufórica e penso que os meus amigos estarán igual. Esta situación supón unha nova esperanza para min; grazas a ela estou a aprender moitas cousas que utilizo no meu día a día. Aínda que boto de menos aos meus amigos, á miña fami- lia e á xente que me quere. Temos que ter positividade e, así, pronto rematará todo!
  • 51.
    HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIASDO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO 51 “Almorzamos todos os días xuntos. Os sábados e domingos, como temos máis tempo, facemos torradas. Ao longo da mañá, mentres meus pais teletraballan, fago os deberes ou te- ño clases por videoconferencia. Ás veces, miña irmá e eu axudamos nas tarefas da ca- sa, como tender a roupa ou limpar o po. A cama facémo- la todos os días e poñemos a mesa, por suposto! O que máis me gusta da corentena é que pasamos máis tempo coa familia. O que menos me gusta é non poder xogar cos amigos/as nin ir ao “cole”. ” “ Para evitar contaxiarse do COVID-19 non debemos achegarnos moito ás persoas, hai que lavarse moito as mans e non tocar boca, nariz e ollos. Eu síntome triste por todos os que están a morrer e po- las súas familias, que non poden despedirse deles. Oxalá pase pronto para poder ver aos meus amigos/as e familiares; aínda que non o creades, quero volver ao cole; boto de menos aos “profes” e aos meus compañeiros/as. “...Por outro lado, estou feliz de poder estar cos meus pais e a miña irmá todos os días, xa que antes acostumaba es- tar na casa dos meus avós. O positivo é que aprendín a bailar zumba, a xogar coa fami- lia ao “Uno” (un xogo de cartas) e tamén a pasalo moi ben cos meus amigos por videochamada. O máis difícil de levar é non ter a nosa propia LIBERDADELIBERDADELIBERDADELIBERDADE !.”
  • 52.
    HISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIASDO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTOHISTORIAS DO CONFINAMENTO 52 “ A finais do 2019, na China, apareceu un virus chamado COVID-19 ou co- ronavirus; ao cabo dun mes espallouse por todo o mundo e...todos en pan- demia! Todo empezou con normalidade, no sofá, comendo moito e vendo “pelis” como “Só na casa”, “Harry Potter”… Despois comezaron as clases, pero só había deberes; pasado un tempo, coas videoconferencias, as clases foron xeniais.” “ Aburríame moito sen ir ao “cole” e sen estar cos meus compañeiros/as. Non nos podiamos ver ca- ra a cara… Estábame estresando por saír á rúa, cando dixe- ron pola televisión que o estado de alarma íase prolongar quince días máis, e así dúas ou tres veces máis. Mentres tanto, algúns días teño clase virtual, pola tarde ou pola mañá, e vé- monos a través das pantallas.” “Esta enfermidade está declarada como pandemia, xa que afecta a todos os países do mundo. De momento, non hai vacina. Os hospitais atópanse colapsados e os sanitarios están a dar todo o que poden para salvar vidas. Estes días, na casa, están facéndome ver o importante que é saír á rúa ou ver aos familiares e amigos/as, é dicir, todo o cotián... No meu caso, e no de moita xente, non puiden celebrar o meu aniversario cos meus seres queridos.
  • 53.
    PASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOSPASATEMPOS 53 PASATEMPOS do CONFINAMENTO Buscasete diferenzas neste debuxo de coronavirus. Resolve os XEROGLÍFICOS + Concello próximo a Pontevedra. __ __ __ __ __ Debemos levala para evi- tar contaxios. __ __ __ __ __ __ __ Galicia está na fase 3 deste proceso. _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ -i Atopa a saída deste LABIRINTO
  • 54.
    O HUMOR NOMARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOS 54 SOÑAMOS E INSPIRÁMONOS PARA “O HUMOR NO MARCOS” CÁMBIALLE A CARAAO MUNDO COS MONÓLOGOS, CHISTES, CINE MUDO, DICIONARIOS DO HUMOR... PINCELAMOS CON HUMOR O MURAL DO MARCOS IMOS PINTANDO RINDO E XOGANDO . PARA HUMORISTAS XE- NIAIS ESCENARIOS EXCEPCIONAIS!!! PARA PODER FACER HUMOR O NO- SO MURAL TEN QUE TER COR MONOLOGUISTAS NO MARCOS E RISAS NOS PALCOS MOITA CREATIVIDADE E MANEXO DA SITUACIÓN TIVEMOS NOS MONÓLOGOS. CUSTOUNOS INSPIRARNOS PERO LOGO COLLEMOS SOLTURA, PERDEMOS EN VERGO- ÑA E GAÑAMOS EN EXPRESIÓN CORPORAL, QUE NOS AXUDOU A SER AUTÉNTICOS MONOLOGUISTAS PROFESIONAIS. CO NOSO CINE MUDO DEIXAMOS O HUMOR AO “DESNUDO”. MENUDO SKETCH SOBRE AS DIFERENTES FORMAS DE COPIAR!
  • 55.
    O HUMOR NOmARCOSO HUMOR NO mARCOSO HUMOR NO mARCOSO HUMOR NO mARCOS 55 TODO ARTISTA TEN A SÚA RECOMPENSA. NÓS TIVÉMOLA COA VISITA DE ORBIL QUE SE INTERESOU POLO NOSOS MONÓLOGOS E DICIONARIOS DE HUMOR. O HUMOR ESTÁ EN TODOS NÓS, ATA NOS ANIMAIS. O HUMOR É COMO UN VIRUS VAISE CONTAXIANDO ATA NO SALÓN DO LIBRO. EN DEFINITIVA O HUMOR NON SE RINDE NIN POLO CORONAVIRUS, PORQUE SEGUI- MOS RINDO E FACENDO RIR. ORBIL, ACOMPA- ÑOU ÓS NENOS/ AS DE 6º E AMO- SOULLES O SEU FOGAR. DÉMOSLLE AS GRAZAS A KIKO DASILVA POR CREAR A “ALMA” DO SALÓN DO LI- BRO. NO SALÓN DO LIBRO NON TODO FOI PASEAR. FIXEMOS UN OBRADOIRO PARA TRA- BALLAR A POESÍA CUN TOQUE DE HUMOR. TIVEMOS UN INTRE PARA PENSAR E FI- XEMOS RIMAS SEN PARAR. AO FINAL ELABORAMOS UN KIT DE SU- PERVIVENCIA, POR SE A TERRA SE QUEDA SEN POESÍA. REMATAMOS FA- CENDO UN PEQUENO ITIINERARIO CO- ÑECENDO DIFERENTES ASPECTOS RE- LACIONADOS CO HUMOR E CO PAIS IN- VITADO “ITALIA”.
  • 56.
    O HUMOR NOMARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOS 56 PARA “VIVIR” DE RISA!PARA “VIVIR” DE RISA!PARA “VIVIR” DE RISA!PARA “VIVIR” DE RISA! O sentido do humor non vén de serie nin se vende en botica, hai que atra- palo ao voo e alimentalo para mantelo vivo, evoluciona e mellora co uso. Se non se exercita, atrófiase como calquera dos outros sentidos: sentido do deber, da xustiza, do ridículo, sentido común… Neste curso investigamos en clase algúns clásicos do humor, precursores e inspiración dos humoristas actuais. Como o humor é algo moi serio e non xurde de persoas irreflexivas, aí vos deixamos estupendos pensamentos deses grandes mes- tres, por se vos dá por buscar máis. Marcel Marceau. (1923-2007)Mimo, actor e pallaso. “Non é un silencio, son os gritos do silencio”. “Hai unha musicalidade mesmo no silencio”. “ A poesía do xesto crea unha musicalidade na alma do público”. Mimos en 5ºMimos en 5ºMimos en 5ºMimos en 5º
  • 57.
    O HUMOR NOMARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOSO HUMOR NO MARCOS 57 Buster Keaton. (1895-1966) Actor, escritor e director de cine mudo. “Un cómico fai cousas raras. Un bo comediante fai cousas Divertidas”. Mario Moreno. (1911-1993) Actor.. “O humor é unha cousa seria e a seriedade é unha cousa que hai que tomar con humor”. “A primeira obriga de todo ser humano é ser feliz, a segunda facer felices aos demais”. “Eu amo, ti amas, el ama….., eles aman. Oxalá non fose unha conxugación senón unha realidade”. Charlie Rivel. (1896-1983) Pallaso de circo. “Non pidas permiso ao teu corazón, sorrí por favor”. “Todo ser humano é un pallaso, pero só uns poucos teñen a coraxe de demostralo”. “O tesouro máis apreciado son os sorrisos dos menos do mun- do”. Miguel Gila. (1919-2001) Humorista. “Está o inimigo?... Que se poña”. “As miñas guerras son absurdas, porque o é a guerra en si”. Charles Chaplin. (1889-1977) Actor, compositor, produtor, director e escritor de cine. “A risa é un tónico, un alivio, un respiro que permite calmar a dor”. “Nunca esquezas sorrir, porque o día que non o fagas, será un día perdido”.
  • 58.
    ENGLISH PAGEENGLISH PAGEENGLISHPAGEENGLISH PAGE 58 Aroa MoraAroa MoraAroa MoraAroa MoraDiego PradoDiego PradoDiego PradoDiego Prado CandelaCandelaCandelaCandela NoresNoresNoresNores
  • 59.
    ENGLISH PAGEENGLISH PAGEENGLISHPAGEENGLISH PAGE 59 Ariadne AndrésAriadne AndrésAriadne AndrésAriadne Andrés Anxo GarcíaAnxo GarcíaAnxo GarcíaAnxo García Eduardo GalmánEduardo GalmánEduardo GalmánEduardo Galmán Yago AchaYago AchaYago AchaYago Acha
  • 60.
    DINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓNDO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIO 60 O NOSO PATIO Parte do profesorado do centro está desenvolvendo, dende hai dous cursos, un intere- sante traballo para dinamizar o patiodinamizar o patiodinamizar o patiodinamizar o patio, na procura de convertelo nun espazo de entre- temento alegre e inclusivo. Pero isto non tería sido posible sen o labor admirable de moitas nais do noso alumna- do. Sentímonos moi agradecidos/as polo tempo, o esforzo e o traballo desenvolvido gra- tuítamente. GRAZAS a elas, temos un patio cheo de cores que vos agarda a vós, nenos e nenas, o vindeiro curso! Haberá xogos organizados e supervisados polo propio alumnado. Xa ve- redes que ben o imos pasar! Este foi o proceso, queredes ver o magnífico patio que temos agora? Mirade a páxina seguinte.
  • 61.
    DINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓNDO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIODINAMIZACIÓN DO PATIO 61 Grazas!
  • 62.
    LECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADASLECTURASRECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS EN LINGUA GALEGA 62 PRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORESPRIMEIROS LECTORES O camiño das mazásO camiño das mazásO camiño das mazásO camiño das mazás Estrella Ortiz (autora) Mar Azabal (ilustradora) OQO editora Unha nena vai recoller mazás ao bosque. A natureza, os ani- mais e unha veciña agarimosa acompáñana na súa viaxe. Mariña e o balónMariña e o balónMariña e o balónMariña e o balón Pere Tobaruela (Autor ) Pablo Rosendo (ilustrador) Ed. Xerais A Mariña gústalle o fútbol e a poesía. Escribe poemas a co- tío, pero non se atreve co fútbol;ten medo a que se burlen por ser nena. Mariña e as súas amigas buscarán unha solu- ción a este problema. As señoras cousasAs señoras cousasAs señoras cousasAs señoras cousas Helena Villar Janeiro (autora) Ed. Galaxia Poesía que establece diálogos con todo o que nos rodea: as zapatillas, a cama, o sol, o vento… Leva cestos de palabras para soñar noite e día. Fina Casalderrey
  • 63.
    LECTURAS RECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADASLECTURASRECOMENDADASLECTURAS RECOMENDADAS 63 LECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOSLECTORES AUTÓNOMOS Lingua Guapa, cantos que contanLingua Guapa, cantos que contanLingua Guapa, cantos que contanLingua Guapa, cantos que contan Fina Casalfderrey (autora) Néstor Blanco (composicións musicais) (Ilustradora) Ed. Galaxia Libro con CD de coidada edición. Poemas musicados que nos traen fermosas palabras da nosa lingua. A formiga destemidaA formiga destemidaA formiga destemidaA formiga destemida María Reimóndez (autora) Iván Sende (ilustrador) Ed. Xerais Unha formiga valente que quere coñecer mundo. Unha fábula sobre a importancia de ter unha mente aberta e sen prexuízos. LECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOSLECTORES EXPERTOS Era dúas veces o Barón LambertoEra dúas veces o Barón LambertoEra dúas veces o Barón LambertoEra dúas veces o Barón Lamberto Gianni Rodari (Autor) Javier Zabala (Ilustrador) Ed. Kalandraka O Barón é un home vello, moi vello , moi enfermo e moi ri- co… Un relato disparatado e sorprendente. Vampira de bibliotecaºVampira de bibliotecaºVampira de bibliotecaºVampira de bibliotecaº Ledicia Costas (Autora) Víctor Rivas (Ilustrador) Ed. Xerais Eleonora é unha nena vampira, que habita na biblioteca da Universidade de Coímbra. Alí pasa os seus días lendo e co- mendo bechos dos libros. Se queres ver máis traballos, fotos, vídeos, … só tes que entrar na web do CEP MARCOS DA PORTELA ou no blog A PALABRA SABOROSA: • https://www.edu.xunta.gal/centros/cepmarcosportela/ • http://endlmarcosdaportela.blogspot.com/
  • 64.
    Ata sempre! Alumnado de6º EP Curso 2019-2020