Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 75 outubro de 2018
PAGAMENTO, ESQUECEMENTO, INVESTIMENTO,...
O sufixo mento permítenos construír unha chea de substantivos engadíndoo a un verbo:
(abater) abatemento (abotoar) abotoamento (acender) acendemento
(acontecer) acontecemento (acorar) acoramento (adiar) adiamento
(adozar) adozamento (agrupar) agrupamento (allear) alleamento
(apresar) apresamento (arrefriar) arrefriamento (cerrar) cerramento
(cobrar) cobramento (cruzar) cruzamento (derreter) derretemento
(esparexer) esparexemento (esquecer) esquecemento (esvaer) esvaemento/esvaecemento
(investir) investimento (manter) mantemento (pagar) pagamento
(pedir) pedimento (quecer) quecemento (render) rendemento
(requirir) requirimento (rexer) rexemento (seguir) seguimento
(sufrir) sufrimento (vencer) vencemento (xurdir) xurdimento
...
A rotonda facilita a circu-
lación no cruzamento das es-
tradas.
En Vigo barallan a idea de
facer un trasvasamento de
auga do Miño para garantir o
abastecemento en épocas de
seca.
Os substantivos rematados en mente sempre manteñen a vogal temática do verbo do que proce-
den. Se proceden dun verbo da 1ª conxugación a vogal temática é a: regulamento (regular). Os da 2ª te-
ñen e como vogal temática: crecemento (crecer). E os da 3ª teñen i: revestimento (revestir).
Xa que logo, son incorrectas formas como atrevimento (atrevemento), movimiento (movemento) ou
padecimento (padecemento).

N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor

  • 1.
    Boletín do Equipode Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 75 outubro de 2018
  • 2.
    PAGAMENTO, ESQUECEMENTO, INVESTIMENTO,... Osufixo mento permítenos construír unha chea de substantivos engadíndoo a un verbo: (abater) abatemento (abotoar) abotoamento (acender) acendemento (acontecer) acontecemento (acorar) acoramento (adiar) adiamento (adozar) adozamento (agrupar) agrupamento (allear) alleamento (apresar) apresamento (arrefriar) arrefriamento (cerrar) cerramento (cobrar) cobramento (cruzar) cruzamento (derreter) derretemento (esparexer) esparexemento (esquecer) esquecemento (esvaer) esvaemento/esvaecemento (investir) investimento (manter) mantemento (pagar) pagamento (pedir) pedimento (quecer) quecemento (render) rendemento (requirir) requirimento (rexer) rexemento (seguir) seguimento (sufrir) sufrimento (vencer) vencemento (xurdir) xurdimento ... A rotonda facilita a circu- lación no cruzamento das es- tradas. En Vigo barallan a idea de facer un trasvasamento de auga do Miño para garantir o abastecemento en épocas de seca. Os substantivos rematados en mente sempre manteñen a vogal temática do verbo do que proce- den. Se proceden dun verbo da 1ª conxugación a vogal temática é a: regulamento (regular). Os da 2ª te- ñen e como vogal temática: crecemento (crecer). E os da 3ª teñen i: revestimento (revestir). Xa que logo, son incorrectas formas como atrevimento (atrevemento), movimiento (movemento) ou padecimento (padecemento).