Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
Esquema da literatura galega contemporánea incluído no libro "LIngua Galega e Literatura 4º ESO" de Edicións Xerais de Galicia. Edición de 2012. Autoría: Agustín fernández Paz e outros.
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
Esquema da literatura galega contemporánea incluído no libro "LIngua Galega e Literatura 4º ESO" de Edicións Xerais de Galicia. Edición de 2012. Autoría: Agustín fernández Paz e outros.
Foi neste primeiro terzo do s.XX, especialmente entre 1916 e 1936, cando se consolidou a narrativa galega contemporánea, grazas á aparición dun espazo político e cultural de carácter galeguista, impulsado polas Irmandades da Fala, e á creación de pequenas editoriais( Céltiga, Lar...) que favoreceron a publicacion de obras en galego.
Os narradores das Irmandades son coetáneos dos compoñentes do Grupo Nós e comparten con eles os mesmos ideais galeguistas pero, en xeral, adicáronse máis á poesía e ao teatro. Entre os autores máis representativos podemos citar a Xosé Lesta Meis (1887-1930), autor de tres obras narrativas: Manecho o da rúa (1926), Estebo (1927) e Abellas de ouro (1928)..Leandro Carré Alvarellos (1885-1967); Xaime Quintanilla (1898-1936) e Armando Cotarelo Valledor (1879-1950).
O documento é um resumo de uma canção portuguesa que descreve uma carta enviada de uma zona urbana para uma zona rural. A carta fala sobre as atividades diárias dos destinatários, como o emprego da mulher e os estudos do filho, e pede notícias sobre a aldeia, enquanto expressa saudades e a intenção de visitar no Natal.
O documento descreve a Revolução dos Cravos em Portugal em 25 de Abril de 1974, quando as Forças Armadas derrubaram o regime autoritário de Marcelo Caetano. O povo português vivia sob um governo opressivo desde 1933 e sofria censura, tortura e guerra colonial. Na revolução, os soldados distribuíram cravos vermelhos em vez de balas, simbolizando o novo período de liberdade que se iniciou.
Este documento describe brevemente (1) el uso del euskera en las escuelas del País Vasco, donde la mayoría de los niños lo aprenden, aunque a los inmigrantes mayores les cuesta más; (2) que el nieto del remitente habla euskera en la escuela pero castellano en casa; y (3) que el euskera y el castellano conviven armoniosamente en la región y nadie hace distinciones por el idioma hablado, a excepción de los requisitos para ser funcionario.
2. Nace o 5 de marzo de 1888 en Ourense, na Rúa da Paz, na mesma casa que Risco. Fillo de dona Eladia Pedrayo e do doutor D. Enrique Otero (que defendera en dúas significativas ocasións ó poeta Curros Enríquez), o neno Ramón Otero criouse no seo dunha familia liberal e culta . A súa infancia transcorreu na casa petrucial de Trasalba onde entrará en contacto coa paisaxe, coa vida aldeá e cos ritos señoriais do pazo. Alí xurdiu o xeógrafo da paisaxe.
3. Fixo os estudios de Bacharelato en Ourense. Posteriormente trasladouse a Santiago e a Madrid onde cursou Filosofía e Letras e Dereito. De novo en Ourense relacionouse con Cuevillas e Risco, amigos da infancia que constitúen o grupo dos "inadaptados" e como tal participa, aínda que brevemente, en La Centuria .
4. Influído, coma os seus compañeiros, por Losada Diéguez, ingresará nas Irmandades da Fala no ano 1918. Desenvolve unha intensa actividade na sección de Xeografía e Historia do Seminario de Estudos Galegos e principia o seu labor como escritor. en A Nosa Terra , Nós e no Seminario de Estudios Galegos, do que foi o derradeiro presidente. Foi tamén membro da Real Academia Galega.
5. En 1919, gañou as oposicións a cátedras de ensino medio e axiña foi destinado ao Instituto de Ourense. A partir de agora vai dedicarse ao cultivo das nosas letras nos ámbitos máis diversos, distinguíndose como un dos máis insignes polígrafos galegos.
6. Participa na fundación do Partido Galeguista e sae elixido, en 1931, deputado das Cortes Constituíntes. No seo do Partido, Otero situábase ideoloxicamente no bando conservador , mais acatou a decisión da maioría cando esta optou pola integración na Frente Popular. Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante conservador e relixioso, foi expedientado, cesado como catedrático de instituto e retirouse á casa familiar de Trasalba. Desde alí colaborou puntualmente na prensa americana, en publicacións madrileñas e catalanas e, xa a mediados da década de corenta, con maior asiduidade en diferentes xornais galegos.
7. En 1949 foi restituído na súa cátedra de Instituto e no ano seguinte gañou a cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Participou tamén na fundación da Editorial Galaxia e numerosos traballos foron publicados na revista Grial.
8. Na capital galega vai morar ata 1958, etapa na que servirá de guía á mocidade galeguista que está a xurdir nos ambientes universitarios e contribuirá á súa vertebración. Os seus últimos anos pasounos en Trasalba xa convertido en símbolo do galeguismo. A súa casa (o pazo de Trasalba) era o lugar de peregrinación para cantos sentían algunha inquietude a prol da Terra. Morreu en 1976. No momento do seu falecemento era considerado unanimemente o patriarca das letras galegas.
9.
10. tema Galiza Desde o punto de vista do seu pasado histórico . Nel é de crucial impor tancia a ldade Media , e así o demostra en A romería de XeImírez (1934) centrada no século XII arredor do arcebispo Diego Xelmírez. Desde o punto de vista da clase social fidalga , que debería ser a encargada de rexenerar económica e ideoloxicamente Gali cia. Ante a imposibilidade de se chegar a isto, Otero Pedrayo fai unha, descrición crítica e saudosa sobre a fidalguía galega e sobre a súa decadencia, moral e económica. Melancolicamente describe o ascenso dunha nova clase social foránea, a burguesía que castelaniza o país.
11. evolución ideolóxica Axíña chegarás a Madrid. Xa non ouvirás noxentas falas. Terás que disimular o acento. Tivo noxo do acento galego. Gostaba da chuvia e dos asfaltos brillantes. 1 Cando pisou a terra do camiño labrego, as rodeiras dos carros déronlle unha seguridade que non atopaba nos asfaltos brillantes de europa (...) Adrián lera os poetas novos. Non lle producía a impresión do pequeno libro esquecido na alcoba da casa vella, perdida na campía galega. Xurdía unha afirmación de raza e lingua. Ö corerr do inverno Adrián falaba sempre galego cos labregos (...) 2 A partir de 1937 Otero Pedrayo sofre a ditadura franquista, apártano durante once anos da súa cátedra e a súa obra vese afectada, xa que comeza unha escrita en castelán e a que fai en galego está limitada desde o punto de vista temático.
12.
13. Hai dúas novelas célebres de Otero, dentro da súa extensa e valiosa producción narrativa: Os camiños da vida , Arredor de si .
14. Os camiños da vida (1928) é a primeira e a máis ambiciosa novela de Otero Pedrayo. Construída como un grande mural, está divida en tres partes: " Os señores da terra ", " A maorazga " e " O estudiante ", e amósanos a sociedade galega rural no trance da súa transformación durante o século XIX.
15. Arredor de si publicouse en 1930. A novela é un retrato do mozo Adrián Solovio , personaxe que está a sufrir un forte conflito existencial e se mantén nunha posición individualista e antigalega; considérese un inadaptado e fará unha longa viaxe na procura da súa identidade que o levará a terras e culturas alleas. A odisea particular do personaxe acábao devolvendo a Galiza cunha nova perspectiva vital de compromiso esperanzador coa terra.
16. Arredor de si é unha novela xeneracional que narra o descubrimento da identidade nacional e colectiva. Na evolución ideolóxica do protagonista obsérvanse paralelismos coa da maioría dos integrantes do Grupo Nós. O propio título da obra alude tanto á viaxe espacial como existencial do protagonista que despois de viaxar por diversos países europeos buscando a súa identidade chega á conclusión de que o lugar que sempre estivera a buscar é a propia Galiza. Desde este momento asume a necesidade da rexeneración política do país como xustificación ontolóxica.
23. A a tradición , que é a sabedoría acumulada por sucesivas xeracións ó longo dos séculos, conformando deste xeito a cultura espiritual do pobo galego. De aí, a xenreira de Otero contra os tendeiros‑comerciantes de orixe foránea que irrompen na vida galega, traendo uns ideais materialistas (enriquecemento burgués) destructores dos modos de vida tradicionais. Xeran ademais nas cidades un desprezo polos labregos (clase sustentadora do ser de Galicia) e fomentan unha cultura mimética e antigalega. Outra potencia nova ía medrando na aldea: o tendeiro.Inda non estaba rematada a carreira, un día tódolos cotos e solainasse encheron de xente ós montóns. Entraba o comercio na aldea. Xente de tralla que xuraba, gastaba, traía novos falares, non respectaba as festas nin os costumes antergos (...) Outros da mesma caste ían espallando ó correr de tódalas novas carreteiras os fundamentos dunha burguesía que mainamente sustituía a fidalguía anterga dos pazos.
24. A fidalguía . Esta clase social nacida ó abeiro dos mosteiros, simboliza para Otero a vida tradicional e sosegada da aldea, sometida ós ciclos naturais. Mais pese á lei que lle ten, Otero ataca esta caste pola súa deserción da aldea e o éxodo cara á cidade, onde rematará alienada cultural e politicamente, renegando da súa condición galega, mentres os comerciantes foráneos se fan coa dirección da sociedade. Con todo, a identificación de Otero cos valores tradicionais que representa a fidalguía, lévao a crear literariamente unha fidalguía ideal , "nacionalista", consciente da súa función na rexeneración da caste e na redención de Galicia. O herdeiro, con todo de gastar a vida cabalgando por chairas e camiños, sempre foi de ruín retrato. Esbrancuxado, faciana sen sombras, ollos raposeiros, maneiras curtas diante dos iguais, mandonas e crueis cos paisanos. Os seus grandes amigos - ou, mellor, compañeiros - eran Fuco de Penoutás e o sobriño do abade, rapazotes maiores ca el e mantidos coas regalías do pazo. Non se fartaban de comer e beber e lucían moita fachenda a conta allea. Levaban o herdeiro ás mozas e ás xoguetas dos pobos da ribeira, onde ás veces se demoraba a compaña por semanas enteiras, ata que esmoían os cartos. Nin comprendía o sufrimento de Misia Xacinta. Que non quedaba no herdeiro, pois xa sospeitaba que os pequenos lle ían saír tortos. O segundo, don Farruco, inda que cativo de corpo figuraba gracioso e de linda cariña: só lle pracía estar deitado preto das criadas no lavadeiro e na cociña facendo todo o mal que podía e disimulando cun riso agarimoso... Don Caetano, cada ano máis pallaso, foi esquencendo a administración do patrimonio.
25.
26. O ensaio é, coa novela, o núcleo fundamental da produción literaria de Otero
27. Podemos sinalar as seguintes vertentes temáticas da súa obra ensaística en galego: a) o ensaio xeográfico , que desenvolve en varios manuais de xeografía e guías de Galiza, sendo a súa obra magna o tomo dedicado á Xeografía física da Historia de Galiza (1962) que el mesmo coordenou.
28. b) os libros de viaxes , como Pelerinaxes (1929), onde reseña a romaxe emprendida con Risco e outros galeguistas desde Ourense até o santuario de Santo André de Teixido, ou Por os vieiros da saudade (1952), que recolle a experiencia da súa primeira viaxe á Arxentina e o encontro coa diáspora galega en 1947. c) a semblanza biográfica , no Libro dos amigos (1953), en que con emoción e dor apaixonada vai recordando a trinta e nove personaxes xa falecidos que deixaron fonda pegada na súa vida, sen que falten as lembranzas de compañeiros galeguistas asasinados no 36 (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Roberto Blanco Torres), ou. condenados ao exilio (Castelao).
29. A pesar de non estar orixinariamente escrita en galego, é de singular interese para comprender a visión de Galiza que latexa en Otero unha síntese histórica, o Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933), pensado inicialmente para ser publicado en Madrid e dirixido a un público español. Ten unha segunda edición na emigración (1939), unha tradución portuguesa (1954) e outra ao galego aparecida en 1982, á que o autor foi alleo. Asúmese a visión de Galiza conformada na historiografía do XIX: un forte substrato céltico, unha vocación europeísta, o atlantismo.... fronte ao Mediterráneo, ás xentes do Sul, etc.
31. A lagarada (1928), unha traxedia rural de fondo dionisíaco , na que se evoca o poder demoníaco do viño. As forzas dominantes son todas primitivas e elementais; os personaxes son populares, xentes campesiñas, vendimadores, cregos... retratados cun enfoque naturalista. Como contrapunto poético, imitando os cantos corais da dramaturxia grega, introduce escenas líricas de carácter fantástico, onde os personaxes son as pipas da adega, a sombra dun arrieiro morto ou as fadas dos montes.
32. Teatro de máscaras (escritas no 1934 e publicado no 1975). Son 16 textos ou ideas para posibles escenificacións, a xeito de guións ou bocexos para pezas teatrais.
33. O desengano do prioiro (1952) ofrece unha visión humorística do mundo do viño tomando como asunto a implantación na capital do Ribeiro da industria da feretrería, de cadaleitos.
34. Consideraba a súa POESÍA como un divertimento marxinal. Redúcese a un mangado de poemas dispersos e un único libro: Bocarribeira. Poemas pra leer e queimar (1958). Son 65 pequenos poemas sobre os elementos que rodean a paisaxe natural e doméstica de Trasalba: camiños, regueiros, ventos, xeada, muíños...
40. Os camiños da vida , unha novela longa, vén significar no panorama literario galego, a novela longa que se precisaba para demostrar que a lingua galega era capaz de acadar a madurez prosista e saír do relato breve, que era o que se facía, fundamentalmente, en prosa.
41. Unha das maiores aportacións que fixo Otero, e con el a Xeración Nós, é a de elevar o galego ó rango de lingua de cultura . E na procura deste obxectivo obsérvase a vontade de facer do galego unha lingua non diglósica. Por unha banda, son creadores da moderna prosa galega, e pola outra, como membros do Seminario de Estudos Galegos, fan do galego unha lingua apta para a investigación e para a ciencia, continuando deste xeito, o labor normalizador comezado polas Irmandades da Fala, organización á que tamén pertenceron.
42. O primeiro e grande atranco co que se atoparon os escritores de Nós, era a a falta de criterios para escribiren nun idioma que era eminentemente oral. A Otero e á Xeración Nós, tamén se lles ve un intento de crearen un modelo lingüístico. Achamos como factores máis salientables no modelo lingüístico ofrecido por Otero o seu gran afán de diferencialismo e a súa capacidade creadora. Así e todo, Otero foxe, conscientemente, no seu galego, de todo o que sexa común ó español: daquela ha empregar dialectalismos, hiperenxebrismos, etc.
43. Fundamentalmente emprega unha lingua popular pero tamén outras fontes enriquecen o seu caudal lingüístico: arcaísmos, o portugués... Da súa capacidade lingüística creadora abonda con sinalar os seguintes rasgos: ‑ Creación de palabras novas sobre a existencia doutras: fado fadalidade ... ‑ Creación de neoloxismos: pranouto , o mundo de alem‑cova ... ‑ Substitución do sufixo ‑dor por ‑doiro : lembradoiro , vibradoiro .
44. O estilo oteriano é un estilo épico, onde predomina a frase curta e abundan as elipses e asíndetons , procedementos que favorecen o dinamismo discursivo; pero á súa beira, sobre todo nas evocacións da paisaxe, aflúe un estilo lírico e barroco, ateigado de suxerentes imaxes. En canto ó seu estilo hai que falar da capacidade de improvisación do Otero escritor, do grande fluír metafórico , a abundancia de epítetos, etc.