1. A PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI.
TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90.
PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS
RELEVANTES.
2. INTRODUCIÓN
Tras a ditadura ábrese un horizonte de
posibilidades para a narrativa e as editoriais
apostan polos narradores galegos.
Os autores comezan a pescudar novos temas e
formas narrativas influídos por outras literaturas.
Empregan a ruptura cronolóxica, o
multiperspectivismo e a ausencia de argumento.
3. TENDENCIAS DA NARRATIVA DENDE 1975
Literatura infantil e xuvenil: nos primeiros anos predomina a figura do escritor-
mestre. A partir dos anos 90 a literatura infantil e xuvenil ten gran éxito debido ás
lecturas escolares que se fan dende que o ensino do galego é obrigatorio nas
aulas.
Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote.
Fina Casalderrey: O misterio dos fillos de Lúa, Mutacións xenéticas.
Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno, Aire negro, O único que queda é o
amor.
Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico, A cabeza de medusa.
Ledicia Costas: Esmeraldina, a cociñeira defunta, Unha estrela no vento, O corazón
de Xúpiter.
Novela policiaca: foi un xénero con gran aceptación.
Carlos Reigosa con Crime en Compostela comezou unha saga na que o seu
protagonista, Nivardo Castro, se ve en situacións propias do xénero.
Aníbal C. Malvar: A man dereita, Un home que xaceu aquí.
Roque Morteiro (=Xelís de Toro): Seis cordas e un corazón.
Novela de ciencia ficción: presenta novos mundos baixo supostos fantástico-
futuristas.
Xosé Fernández Ferreiro: Reportaxe cósmico.
Ramón Caride: Soños eléctricos.
Suso de Toro: A sombra cazadora.
4. Novela de humor: emprega a ironía, a parodia e o esperpento para provocar o sorriso e permitir
unha fina crítica social e de costumes.
Gonzalo Navaza: Erros e tánatos.
Alfonso Álvarez Cáccamo: As baleas de Eduardo Reinoso.
Novela histórica: trata motivos relacionados coa historia de Galicia.
Darío Xohán Cabana: Morte de rei, que narra a historia de Don García, último rei de Galicia.
Xosé Miranda: Morning star, ambientada no século XIX.
Xesús Rábade Paredes: Branca de Loboso, onde a protagonista ten que loitar contra a
Inquisición.
Carlos Reigosa: Pepa a Loba, célebre bandida galega do século XIX.
Narrativa memorialista sobre o 36: tema moi cultivado na etapa anterior e que segue tendo
continuidade.
Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36 e Os últimos fuxidos.
Carlos Casares: Os mortos daquel verán.
Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro.
Novela feminina: interesada polas causas das mulleres
María Xosé Queizán: Amantia e Amor de tango.
Margarita Ledo Andión: Mamá-Fe.
Narrativa urbana e experimental: autores que exploran mundos narrativos infrecuentes, con
tendencias urbanitas.
Suso de Toro.
Xelís de Toro: Non hai misericordia.
Santiago Jaureguízar: Breve crónica universal da clase obreira, O globo de Shakespeare.
Fran Alonso: Trailer, Males de cabeza.
5. A NARRATIVA DOS 80
Hai un continuísmo da novela ruralista, pero tamén se fai
narrativa memorialista, centrada na Guerra Civil, e realismo
sociolóxico.
A estes autores chamóuselles a Promoción dos Premios por
estar presentes nos certames literarios.
Autores destacados:
Alfredo Conde:
Memoria de Noa emprega o monólogo interior para deseñar a personalidade
banal dos personaxes.
Xa vai o griffón no vento entrecruza a historia dun escritor de visita nunha
universidade francesa e a dun clérigo inquisidor que viviu catrocentos anos
atrás.
Romasanta é unha novela histórica que aborda un famoso caso de licantropía
no Ourense do século XIX.
Xavier Alcalá:
A nosa cinza, crónica iniciática dun rapaz da pequena burguesía urbana na
posguerra;
Arxentina e Latitude Austral recrean a emigración.
Víctor Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, O enxoval da
noiva e A cidade dos césares son obras que comparten o barroquismo
estilístico, reinterpretan a historia e presentan a loita entre o Ben e o Mal.
6. A NARRATIVA DOS 90
Nesta década, autores que antes facían poesía ou
relatos optan por escribir novelas. Ex. Manuel Rivas,
Ramiro Fonte e Darío Xohán Cabana.
Autores destacados:
Suso de Toro comeza facendo realismo sucio (Caixón
desastre, Polaroid, Land Rover, Tic-tac) e pouco a pouco
vaise achegando á novela experimentalista (Calzados Lola,
Círculo, Non volvas). Emprega a ironía, a marxinalidade e o
mundo urbano.
Manuel Rivas é o escritor galego que ten na actualidade
maior proxección editorial e mediática. Mestura o rural e o
urbano, o lirismo e o humor. Entre as súas obras destacan
Un millón de vacas, Os comedores de patacas, Que me
queres, amor? e Os libros arden mal.
Darío Xohán Cabana comeza facendo narracións con
referencias á materia de Bretaña e á mitoloxía popular como
ocorre en Galván en Saor.
7. A NARRATIVA DA DÉCADA DO 2000
Seguen escribindo novelistas xa mencionados en
décadas anteriores.
Xorden novas voces:
Rosa Aneiros: Resistencia, Sol de inverno.
Teresa Moure: Herba moura.
María Reimóndez: O club da calceta.
8. ENSAIO
Fin da ditadura = liberdade de expresión = faise
moito ensaio.
Trátanse todos os temas: ensaio filosófico,
relixioso, feminista, político, económico, literario
(De Pondal a Novoneyra, de Xosé Luís Mendez
Ferrín) e sociolingüístico (Lingua e sociedade na
Galiza, de Manuel Portas).