Carta Pastoral CORESMA 2011

460 views

Published on

Published in: Education, Spiritual, Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
460
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
47
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Carta Pastoral CORESMA 2011

  1. 1. O Arcebispo de Santiago de Compostela CARTA PASTORAL CON MOTIVO DA CUARESMA 2011 “Bautizados en Cristo…” Queridos diocesanos: O cristián peregrina a través do "ano litúrxico", deixando que Deus se fagapresente na súa existencia coa celebración dos santos misterios. O centro do anolitúrxico é a celebración do misterio da paixón, morte e resurrección do Señor. Paraprepararnos a vivir este acontecemento central da vida cristiá, a Igrexa invítanos apercorrer o camiño da Coresma que para os cristiáns comporta a urxenteresponsabilidade de revitalizar a nosa condición de bautizados en Cristo. "O Bautismonon é un rito do pasado senón o encontro con Cristo que conforma toda a existencia dobautizado, lle dá a vida divina e o chama a unha conversión sincera, iniciada e sostidapola Graza, que o leve a alcanzar o talle adulto de Cristo,"1. O drama na vida duncristián é vivir como quen renunciou á santidade bautismal, ignorando que asantificación real do home é sempre un don gratuíto de iniciativa divina. Escoita da Palabra de Deus Na Coresma a Igrexa chámanos a escoitar de xeito especial a Palabra de Deusque nos guía no proceso da conversión, descubrindo a beleza deste camiño, a alegríada humildade, a necesidade da penitencia e o gozo do perdón mutuo. Peregrinar poreste camiño supón cooperar coa graza, romper co pecado que aniña nos nososcorazóns, afastarnos de todo aquilo que nos aparta da vontade de Deus, e porconseguinte, da nosa felicidade e realización persoal, e dispoñer o noso corazón paraacoller a salvación. "Deus creou o home para a resurrección e a vida, e esta verdade dáa dimensión auténtica e definitiva á historia dos homes, á súa existencia persoal e á súavida social, á cultura, á política, á economía. Privado da luz da fe todo o universoremata encerrado dentro dun sepulcro sen futuro, sen esperanza"2. A conversión: encontro con Cristo A auténtica conversión cristiá leva ao encontro con Cristo, despoxándonos dohome vello con todas as súas obras de pecado, e revestíndonos do Home Novo, Cristo"que se entregou por nós como oblación e vítima de suave aroma" (Ef 5,2). "O home talcomo foi querido por Deus, tal como El o elixiu eternamente, chamado, destinado ágraza e á gloria; tal é precisamente cada home, o home máis concreto, o máis real; esteé o home en toda a súa plenitude do misterio", do que "se fixo partícipe en Xesucristo".A dinámica da redención e a misión da Igrexa consisten en lograr o encontro persoal decada home con Cristo e que "tal unión poida actuarse e renovarse continuamente"3. É1 BENEDICTO XVI, Mensaxe para a Coresma 2011, 1.2 Ibid., 2.3 XOÁN PAULO II, Encíclica Redemptor hominis, 13
  2. 2. O Arcebispo de Santiago de Compostelanecesario "dirixir a mirada do home, orientar a conciencia e a experiencia de toda ahumanidade ata o misterio de Cristo, axudar a todos os homes a ter familiaridade coaprofundidade da redención, que se realiza en Cristo Xesús"4. Oración, xaxún, caridade Neste tempo litúrxico preparámonos para celebrar a Pascua do Señor,erradicando o que nos afasta de Deus, de nós mesmos e dos demais. Para a nosarexeneración filial e reconciliación con Deus, necesitamos a oración sincera, o xaxúnpurificador, a apertura á caridade. Mediante estas prácticas tradicionais, "expresións docompromiso de conversión, a Coresma educa a vivir de modo cada vez máis radical oamor de Cristo"5. Ante as posibles tentacións que nos axexan, a oración axúdanossempre a coñecer a vontade de Deus, sendo como o aire espiritual que necesita o crentepara respirar. A práctica do xaxún ensínanos a privarnos do que nos é mesmonecesario por amor a Deus para ser máis libre e tamén poder axudar aos que necesitana nosa solidariedade. A caridade cristiá pídenos responder a unha necesidadeinmediata nunha determinada situación. "Mentres teñamos oportunidade, fagamos oben a todos, maiormente aos nosos irmáns na fe (Gal 6,10)". "A caridade é o don máisgrande que Deus deu aos homes, é a súa promesa e a nosa esperanza". O amor de Deusinvítanos a saír do que é limitado e non definitivo, dános valor para traballar e seguiren busca do ben de todos, aínda cando o que consigamos nós sexa sempre menos doque anhelamos. A nosa conversión non consiste en perfeccionarnos sós e pola nosaconta, senón en ser mellores fillos de Deus, mellores irmáns e amigos, en particular dequen sofren e esperan a nosa axuda. "O período coresmal é o momento favorable para recoñecer a nosa debilidade,acoller, cunha sincera revisión de vida a Graza renovadora do Sacramento daPenitencia e camiñar con decisión cara a Cristo"6. Deixémonos reconciliar con Deus.Non botemos en saco roto a súa graza. No tempo da graza escóitanos; no día dasalvación axúdanos" (Cf 2Cor 5,20). Escoitemos a Deus e deixémoslle un espazo navida diaria, mentres a mentalidade do mundo actual reduce a sensibilidade relixiosa.Dispoñámonos a celebrar a Resurrección do Señor. No camiño cara á Pascua, saúdavoscon todo afecto e bendice no Señor, + Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela4 Ibid., 10.5 BENEDICTO XVI, Mensaxe…, 3.6 Ibid.

×