Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Pv maio 2012

502 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Pv maio 2012

  1. 1. Palabra de Vida Maio 2012
  2. 2. «Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!» (Lc 12, 49).
  3. 3. No Antigo Testamento o lume simboliza a Palabra de Deus pronunciada polo profeta. Pero, tamén, o xuízo divino que purifica o seu pobo, pasando polo medio del.
  4. 4. Así é a Palabra de Xesús, constrúe,pero simultaneamente destrúe o que non ten consistencia, o que ten que caer, o que é vaidade e deixa en pé só a verdade.
  5. 5. San Xoán Bautista dixera del: «El bautizaravos en Espírito Santo e lume», anunciando o bautismo cristián inaugurado o día de Pentecoste coaefusión do Espírito Santo e a aparición das linguas de lume.
  6. 6. Por tanto esta é a misión de Xesús: esparexer lumesobre a terra, dar o Espírito Santo coa súa forza renovadora e purificadora.
  7. 7. «Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!» (Lc 12,49).
  8. 8. Xesús dános o Espírito.Pero, de que modo actúa o Espírito Santo?
  9. 9. Faino infundindo en nós o amor. Ese amor que nós, por desexo seu,debemos manter acendido nos nosos corazóns.
  10. 10. E como é este amor? Non é terreal, limitado; é amor evanxélico.É universal como o do Pai celestial que manda a chuvia e o sol sobre todos, sobre bos e malos, incluso sobre os inimigos.
  11. 11. É un amor que non espera nada dos demais,senón que toma sempre a iniciativa, é o primeiro en amar.
  12. 12. É un amor que se fai un con cada persoa: sofre con ela, goza con ela, preocúpase con ela, espera con ela. e faino, se é necesario, concretamente, con feitos.Un amor, polo tanto, non meramente sentimental, non só de palabras.
  13. 13. Un amor polo cal se ama a Cristo no irmán e na irmá, recordando aquel: “Comigo fixéstelo”. É un amor, ademais, que tende á reciprocidade, a realizar cos demais o amor recíproco.
  14. 14. Este amor, sendo expresión visible, concreta, da nosa vida evanxélica, subliña e dá valor á palabraque logo poderemos e deberemos ofrecer para evanxelizar.
  15. 15. «Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!» (Lc 12,49).
  16. 16. O amor é como un lume,o importante é que permaneza acendido.
  17. 17. E, para que isto sexa así, é necesario que queime sempre algo. Ante todo, o noso eu egoísta, e faise así porque, amando, estamos completamente envorcados no outro:ou en Deus, cumprindo a súa vontade, ou no próximo, axudándoo.
  18. 18. Un lume acendido, aínda que sexa pequeno, se se alimentapode chegar a ser un gran incendio. Ese incendio de amor, de fraternidade universal que Xesús trouxo á terra.
  19. 19. «Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!» (Lc 12,49). “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1982. Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 linguas e idiomas, incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet. Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española no número correspondente a maio 2012 onde tamén se encontrarán experiencias e outros artígos de interese.
  20. 20. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostelapara o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uniéndose á diocese, é “A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”: “Temos comprendido que nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! Así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). GRAZAS.

×