1. 31 de agosto de 2014
22º Tempo ordinario(A)
José Antonio Pagola
Rede evanxelizadora BUENAS Mateu 16, 21-27
NOTICIAS
Difunde a mensaxe liberadora de Xesús. Pásalo
Música:Montovani-Orquesta;presentación:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
2. A sentenza está recollida en todos os evanxeos e
repítese ata seis veces:
“Qen queira poñer a salvo a súa vida,
perderaa,
pero quen a perda por min, encontraraa”.
Xesús non está falando dun tema relixioso.
Está formulando aos seus discípulos cal é o
verdadeiro valor da vida.
3. A sseenntteennzzaa eessttáá eexxpprreessaaddoo ccoommoo uunn
ppaarraaddooxxoo ee,, aaddeemmaaiiss,, pprroovvooccaattiivvoo..
HHaaii ddúúaass mmaanneeiirraass mmooii ddiiffeerreenntteess ddee oorriieennttaarr
aa vviiddaa:: uunnhhaa ccoonndduuccee áá ssaallvvaacciióónn,,
aa oouuttrraa áá ppeerrddiicciióónn..
Xesús invita a todos a seguir o camiño que
parece máis duro e menos atractivo, pois
conduce o ser humano á salvación definitiva.
4. O primeiro ccaammiiññoo ccoonnssiissttee eenn aaffeerrrraarrssee áá
vviiddaa vviivviinnddoo eexxcclluussiivvaammeennttee ppaarraa uunn mmeessmmoo::
ffaacceerr ddoo pprrooppiioo ““eeuu”” aa rraazzóónn úúllttiimmaa ee oo
oobbxxeeccttiivvoo ssuupprreemmoo ddaa eexxiisstteenncciiaa..
5. Este modo ddee vviivviirr,, bbuussccaannddoo
sseemmpprree aa pprrooppiiaa ggaannaanncciiaa oouu
vvaannttaaxxee,, ccoonndduuccee aaoo sseerr hhuummaannoo
áá ppeerrddiicciióónn..
8. Que futuro lle espera a unha
Humanidade dividida e
fragmentada, onde os poderes
económicos buscan o seu propio
beneficio;
os países, o seu propio benestar;
os individuos, o seu propio
interese?
9. AA llóóxxiiccaa qquuee ddiirriixxee nneesstteess mmoommeennttooss
aa mmaarrcchhaa ddoo mmuunnddoo éé iirrrraacciioonnaall..
OOss ppoobbooss ee ooss iinnddiivviidduuooss eessttaammooss ccaaeennddoo ppoouuccoo aa
ppoouuccoo nnaa eessccrraavviittuuddee ddoo ““tteerr sseemmpprree mmááiiss””..
10. Todo é pouco para
sentirnos satisfeitos.
Para vivir ben,
necesitamos sempre
máis productividade,
máis consumo, máis
benestar material, máis
poder sobre os demais.
12. Queremos “progresar” cada
vez máis, pero, que progreso é
este que nos leva a abandonar
a millóns de seres humanos na
miseria, a fame e a
desnutrición?
16. APRENDER A PERDER
A sentenza está recollida en todos os evanxeos e repítese ata seis veces: “Quen queira salvar a súa
vida, perderaa, pero quen a perda por min, encontraraa”. Xesús non está falando dun tema relixioso. Está
formulando aos seus discípulos cal é o verdadeiro valor de a vida.
A sentenza está expresada como un paradoxoe, ademais, provocativo. Hai dúas maneiras moi
diferentes de orientar a vida: unha conduce á salvación, a outra á perdición. Xesús invita a todos a seguir o
camiño que parece máis duro e menos atractivo, pois conduce o ser humano á salvación definitiva.
O primeiro camiño consiste en aferrarse á vida vivindo exclusivamente para un mesmo: facer do
propio “eu” a razón última e o obxectivo supremo da existencia. Este modo de vivir, buscando sempre a propia
ganancia ou vantaxe, conduce ao ser humano á perdición.
O segundo camiño consiste en saber perder, vivindo coma Xesús, abertos ao obxectivo último do
proxecto humanizador do Pai: saber renunciar á propia seguridade ou ganancia, buscando non só o propio ben
senón tamén o ben dos demais. Este modo xeneroso de vivir conduce o ser humano á su salvación.
Xesús está falando desde a súa fe nun Deus Salvador, pero as súas palabras son unha grave
advertencia para todos. Que futuro lle espera a unha Humanidade dividida e fragmentada, onde os poderes
económicos buscan o seu propio beneficio; os países, o seu propio benestar; os individuos, o seu propio
interese?
A lóxica que dirixe nestes momentos a marcha do mundo é irracional. Os pobos e os individuos
estamos caendo pouco a pouco na escravitude do “ter sempre máis”. Todo é poco para sentirnos satisfeitos.
Para vivir ben, necesitamos sempre máis productividade, máis consumo, máis benestar material, máis poder
sobre os demais.
Buscamos insaciablemente benestar, pero, non nos estamos deshumanizando sempre un pouco
máis? Queremos “progresar” cada vez máis, pero, que progreso é este que nos leva a abandonar a millóns de
seres humanos na miseria, a fame e a desnutrición? Cantos anos poderemos gozar do noso benestar, pechando
as nosas fronteiras aos famentos?
Se os países privilexiados só buscamos “salvar” o noso nivel de benestar, se non queremos perder o
noso potencial económico, xamais daremos pasos cara a unha solidariedade a nivel mundial. Pero non nos
enganemos. O mundo será cada vez máis inseguro e máis inhabitable para todos, tamén para nós. Para salvar a
vida humana no mundo, temos que aprender a perder.
José Antonio Pagola