SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
CANTO FALTA PARA CHEGAR?....


Odio as viaxes e os exploradores.

Así comeza o antropólogo Lévi Strauss a súa obra Tristes trópicos, onde relata, entre
outras cousas, as súas expedicións á Amazonía para estudar as tribos indíxenas de
Brasil. Para el, comprensiblemente, cada viaxe supoñía un esforzo por comprender o
que visitaba, a necesidade de integrarse nunha cultura, compartindo a súa forma de
vida, adaptándose ás inclemencias do clima, a escaseza e ás formas culturais que lle
eran alleas, por iso prefería facer antropoloxía comparada desde o salón da súa
casa.

Sen embargo, a viaxe foi fundamental no desenvolvemento do Homo sapiens
sapiens. A nosa saída de África foi a nosa primeira viaxe, unha viaxe que durou
xeracións e que rematou por poboar todos os rincóns do planeta, tamén aqueles
máis inhabitables. Que impulsou ao xénero homo a iniciar estas migracións? A fame,
a busca de novos territorios, o crecemento da poboación. Todos estes factores
estiveron, de certo, na base da viaxe humana, pero tamén a curiosidade, o afán de
exploración e de aventura, tiveron parte nela.

O turismo como fenómeno de masas.

Sen embargo, o afán por viaxar sen un motivo específico, é moi recente e está ligado
á chamada “cultura do ocio”. Ao longo da historia, a viaxe sempre tivo unha
finalidade concreta: a exploración e conquista de novos territorios, a busca de novas
rutas e tratado comerciais, a investigación sobre outras culturas aínda
descoñecidas... Pero durante o Século pasado o fenómeno da viaxe de pracer
xeneralizouse, até o punto de que, hoxe en día, aquelas persoas que non gustan das
viaxes, consideranse rarezas. A pregunta mais común, en canto chega o período
vacacional é Onde vas de viaxe? Case todo o mundo ten plans e, o que non os ten é
porque non pode permitirse ir de viaxe por motivos económicos. Moi poucos son os
que respostan: A min non me gusta viaxar.

Esta proliferación do fenómeno turístico cobrou tanta importancia económica que a
nivel mundial supón o 6% do Produto Nacional Bruto e dá emprego a case 130
millóns de persoas. As inversións que move o sector turístico en case todos os
países supón o 7,1% da inversión total mundial. Manter este sector económico en
auxe e crecemento pasou a ser, nos derradeiros anos unha preocupación política
para a maior parte dos países.

Pero, que ocorre cando xa non queda ningún sitio da terra por descubrir, ningún sitio
novo que poboar, cando é posible explorar a terra enteira sen movernos do noso
sofá? Que ocorre na era do National Geografic e de Internet?

Ocorre que, cando unha actividade se converte nunha mercadoría e xera
rendementos económicos, unha maquinaría ponse en marcha. A máquina do
capitalismo tentará sacar o máximo beneficio desta actividade. Para iso, nada mellor
que magnificar o máis posible o fenómeno. Se as viaxes producen beneficios
económicos, cantos máis consumidores dese servizo haxa, tanto mellor para a


                                                                                   1
inversión. Así, o turismo converteuse nun fenómeno social que tivo que cultivarse,
que tivo que facerse imprescindible na vida das persoas. Como se fai isto posible?
Porque unha forma máis de ocio pode converterse nas nosas sociedades nunha
necesidade case vital?

A resposta debémola buscar na estrutura mesma das sociedades postindustriais.
Nas sociedades tradicionais, consumo e necesidade están intimamente relacionadas
e, as expresións culturais só reflicten esa relación. Di Malinowsky, no prólogo que
redactou para a cuarta edición da súa obra A vida sexual dos salvaxes do noroeste
da Melanesia, que a función da cultura non é a satisfacción directa das necesidades
alimentarias ou sexuais, senón mais ben a satisfacción das necesidades
instrumentais, é dicir, necesidade de útiles, de medios para lograr un obxectivo,
sendo este fin o benestar biolóxico do individuo, a prolongación da especie e tamén
o desenvolvemento espiritual da personalidade e o establecemento dun intercambio
na cooperación social. Desde o punto de vista de Malinowsky, as necesidades que
satisfai unha cultura, poden dicirnos moito acerca das finalidades que busca, sobre
todo en relación á cooperación social e as personalidades dominantes nela.

Como describiremos unha sociedade na que “viaxar” se converteu nun obxecto de
consumo e devén case nunha necesidade vital?. Como somos as persoas que
vivimos nunha sociedade así?

Ben é verdade que no que se refire ao consumo nas nosas sociedades
postindustriais, non se pode aplicar xa o vello concepto de necesidade e utilidade.
Nas nosas sociedades son os departamentos de ventas e publicidade os que crean
necesidades artificiais que antes non existían, constituíndonos nunha sociedade de
consumidores. Os cidadáns das nosas sociedades consomen móbiles, ordenadores,
automóbiles, e tamén paquetes vacacionais, viaxes, escapadas, e este fenómeno
esténdese a todos os estratos sociais, dando lugar a un conspicuous consumption.
O contido deste consumo universalízase a través da xustificación do hedonismo, da
procura eterna da felicidade a través da consecución dos nosos desexos.

Pero, de verdade nos gusta viaxar?


Razóns para viaxar

Por suposto que todos temos razóns, moi persoais, para iniciar unha viaxe, pero iso
non evita que, en certa medida, estas razóns persoais estean condicionadas por
unha forma de entender a vida, o traballo e o ocio vinculadas a unha sociedade
cunha ideoloxía concreta. Moitas das razóns que alegamos para xustificar o noso
gusto polas viaxes non teñen a súa orixe na nosa psicoloxía individual, senón no
que se podería chamar unha psicoloxía social. Botaremos unha ollada ás respostas
mais comúns:

As persoas viaxan para coñecer a outros, para coñecer a eses outros nos lugares
nos que viven, na súa autenticidade. Case poderíamos dicir, que este modo de
coñecer, é imposible a través das novas tecnoloxías das que falabamos ao comezo.
Por suposto é a única forma de entrar en contacto coa cultura orixinal. Pero nun
mundo globalizado, as culturas xa non son tan auténticas, e a nosa capacidade para


                                                                                 2
coñecelas dista moito da do antropólogo que convive con eles e os observa durante
un longo espazo de tempo. No percorrido dunha semana, ou un mes, polo territorio
dunha cultura descoñecida só seremos capaces de ver “as producións materiais”
desa cultura, quizais saborear os seus guisos e comprar a súa artesanía (en moitas
ocasións “made in china”). Pero a mera relación entre nós e os nativos que visitamos
xa distorsiona a verdadeira cultura que nos moveu á nosa viaxe. Atoparemos, sen
embargo, algunha comprensión nos nosos percorridos, sobre todo, se realmente
observamos o que vemos e o que sentimos. Darémonos conta neste caso que non é
fácil observar, e moito máis difícil é comprender. Quizais a isto se refería Miguel de
Cervantes cando dicía: O andar terras e comunicar con diversas xentes fai aos
homes discretos. Iso levaremos gañado.

As persoas viaxan para ter mais cultura. Cando as persoas afirman isto, non queda
nunca claro a que se refiren. En moitas ocasións penso, dirán que son un inculto e
que non podo ter coñecementos se non viaxo. Será que os habitantes dos lugares
que se visitan (e non viaxan) son por esta razón tamén, e en certo sentido, salvaxes.

Dende logo a palabra cultura é unha palabra polisémica, pero o significado máis
aproximado para o seu uso neste contexto podería ser conxunto de coñecementos
que posúe unha persoa. Unha viaxe proporciona coñecementos de xente, obras de
arte, construcións e formas de vida, e eses coñecementos forman parte do conxunto
total de experiencias dunha persoa. Pero podemos estar diante da Catedral de
Santiago de Compostela, despois de moitos kilómetros percorridos e non ver máis ca
un conxunto de pedras, quizais precisemos algunha que outra explicación en
diferido. O coñecemento non se constrúe a través da experiencia directa, senón a
través da reflexión, o estudio sosegado e, por suposto a experiencia que se
comprende e se absorbe. Por moitos souvenirs que nos traiamos das nosas viaxes,
se non comprendemos o obxecto ao que se refiren, a nosa mente botaraos
directamente ao caixón negro que todos temos nela. Dicía Benxamín Disraeli,
famoso estadista inglés que Coma todos os grandes viaxeiros vin máis cousas das
que recordo, e recordo máis cousas das que teño visto.

Sen embargo, esta idea de que só vivimos e nos cultivamos cando temos
experiencias de primeira man, é propia dunha cultura na que o individualismo e o
consumo van xuntos. So se consome o que se pode “usar” o que entra en contacto
directo con nós: comida, vestidos, coche, xente, formas de vida, da igual, e ese
consumo é individual e intransferible. Cada un de nós, individuos dunha sociedade
postcapitalista, somos os xuíces únicos dos nosos desexos e das nosas experiencias
e, xa que logo, do noso consumo. Ben… nós é o mercado.

As persoas viaxan para fuxir da vida cotiá ou para descansar. As viaxes de
descanso, desde logo, son ás mais solicitadas nas axencias de viaxes. O turismo de
aventura, do que falaremos máis tarde, segue sendo minoritario nas nosas
sociedades. O primeiro que se nos ocorrerá ao valorar esta xustificación é que algo
debe andar mal na nosa vida e na nosa sociedade, se precisamos fuxir dela para
descansar. Se pensamos como Unamuno que se viaxa, non para buscar o destino,
senón para fuxir de onde se parte, entón deberemos buscar onde radica o malestar
na nosa cultura, que producións culturais están impedindo a realización da nosa
personalidade biolóxica e cultural. Pero tampouco deberemos perder de vista que as
viaxes son un produto de consumo elaborado por unha sociedade que provoca


                                                                                    3
cansazo nos seus membros, a causa dunha forma de vida baseada
fundamentalmente no consumo e a produción masiva de bens. Un bo paradoxo, que
deu que pensar a non poucos filósofos da postmodernidade.

Desde logo este tipo de “viaxe vacacional” que se consome en “paquetes de todo
incluído”, leva en moitas ocasións a vivir noutra parte como se vive na casa.
Permítenos acadar a seguridade de que, por moi lonxe que esteamos, o noso modo
de vida permanece. A este respecto cabe recordar as palabras de Descartes, un
gran amante das viaxes:

As viaxes serven para coñecer os costumes dos distintos pobos e para liberarse do
prexuízo de que só na propia patria se pode vivir tal e como un está acostumado.

As persoas viaxan para coñecerse a si mesmas. Todos os libros de autoaxuda
parten desta verdade primeira. Tampouco é dicir moito. A vida é a viaxe máis
importante que facemos, dende o útero materno ao cadaleito hai unha viaxe moi
longa e chea de experiencias, estas si “auténticas”. Os que afirman que as viaxes
serven para chegar a coñecerse mellor a un mesmo, dan por suposto que a vida
cotiá non permite indagar moito nos nosos sentimentos, necesidades e desexos. A
cotidianeidade e a rutina anulan a capacidade de asombro e impiden a curiosidade
e, xa que logo a reflexión. Pero isto, que ocorre demasiadas veces, sucede
inevitablemente por preguiza e covardía. Para moitas persoas é mellor deixar pasar
os días, nunha cadencia inexorable, que reflexionar sobre que é o que agardan do
seu percorrido pola vida.

As viaxes obrigan a tomar conciencia de que é o que nos molesta e desagrada, e
mesmo a xustificar eses sentimentos. En moitas ocasións son as compañías as que
nos resultan molestas, mesmo se eran amigos íntimos cos que nos levabamos ben
na vida cotiá. Outras decatámonos de que non podemos vivir sen algunhas cousas,
ou que algunhas que nos parecían imprescindibles non o eran en absoluto. O mero
feito de viaxar, fai que nos poñamos en movemento, tamén na nosa conciencia
interior. Por iso dicía R. Louis Stevenson: Eu non viaxo para ir a algún sitio, senón
por ir. Polo feito de viaxar. A cuestión é moverse.

Tipos de viaxeiros

A dicir de Pessoa as viaxes son os viaxeiros. O que vemos non é o que vemos
senón o que somos. Segundo isto, non se podería falar nin dicir nada das viaxes,
senón que teriamos que falar das persoas que van de viaxe. De certo, sempre
falamos de persoas. A “viaxe”, “ir de viaxe” é, como xa vimos adiantando, unha
construción social, coma moitas outras, que se converte, por obra e graza do
capitalismo en obxecto de consumo e necesidade específica. Falemos logo dos
viaxeiros, pero centrémonos, de momento, nos viaxeiros que se desprazan
fisicamente, de país en país, e de cultura en cultura. Cortázar describiunos moi ben
nun texto da súa obra Cronopios e Famas. Segundo Cortazar os viaxeiros poden
clasificarse en dous tipos:

Os famas, turistas que levan a súa viaxe totalmente organizada e controlada.
Asegúranse de que non vai ter atrancos e que se atoparán “coma na casa” en



                                                                                   4
calquera lugar do mundo. Habitualmente viaxan en grupos. Os famas son a presa
fácil das empresas de turismo organizado.

Cando os famas saen de viaxe, os seus costumes ao pasar a noite nunha cidade
son as seguintes: un fama vai ao hotel e pregunta cautelosamente os prezos, a
calidade das sabas e a cor das alfombras. O segundo trasládase á comisaría e
elabora un acta declarando os mobles e inmobles dos tres, así como o inventario do
contido das súas maletas. O terceiro fama vai ao hospital e copia as listas dos
médicos da guarda e as súas especialidades. Rematadas estas dilixencias, os
viaxeiros reúnense na praza maior da cidade, comunícanse as súas observacións e
entran no café a beber un aperitivo.

Os Cronopios, sen embargo supoñen sempre que viaxar implica incomodidades e
que, canto máis incómodo sexa máis auténtico será. Viaxan sen reservas e pasean
pola cidade sen atreverse a entrar nos locais porque supoñen que non serán
admitidos. Observan a vida desde fóra. Os Cronopios non percorren as cidades
reais, senón aquelas que as súas mentes debuxaron desde hai moito tempo. Viven
alimentando a súa fantasía. Tanto lles dera non saír da casa.

Cando os cronopios van de viaxe, atopan os hoteis cheos, os trens xa marcharon,
chove a mares, e os taxis non queren levalos ou lles cobran prezos altísimos. Os
cronopios non se desaniman porque cren firmemente que estas cousas lles ocorren
a todos, e á hora de durmir dinse uns aos outros: “A fermosa cidade, a fermosísima
cidade”. E soñan toda a noite que na cidade hai grandes festas e que eles están
convidados. Ao outro día érguense contentísimos.

Calquera dos dous viaxeiros, non viaxa realmente máis que por territorios xa
explorados e coñecidos. O primeiro porque leva a súa casa ás costas, aínda que
sexa simbolicamente e nos seus costumes. O segundo porque nunca saíu realmente
da súa casa, que é o país que construíu na súa mente.

Por suposto que esta tipoloxía de turistas só atende ao que ten que ver coa
organización e disfrute da viaxe, pero sexa cal sexa o motivo polo que se viaxa
(viaxe de noivos, viaxe familiar, viaxe de singles ou unha viaxe interior), sempre
levamos a nosa casa ás costas.

Hai quen seguro que esta á pensar que estou a falar de turistas e non de
verdadeiros viaxeiros. Que o turista é o que vai a resorts todo-incluído, a mesa posta,
mentres que o viaxeiro é máis “backpacker” e está centrado no coñecemento e a
relación coas persoas. Quizais o primeiro sexa máis semellante a un fama e o
segundo a un cronopios, pero non se afastan moito un do outro no esencial. Coa
masificación actual do turismo, nas zonas máis inaccesibles do planeta podemos
atopar tanto viaxeiros dun xénero coma doutro, e o turismo de masas ofrece nos
derradeiros anos máis como gancho para as viaxes o coñecemento, a cultura e as
actividades deportivas que o “todo incluído”, mesmo combinando ambas.

No que ambos tipos de viaxeiros coinciden é en que os dous foxen de algo. Non nun
sentido negativo de fuxida, senón mais ben no sentido de “saír da zona de
seguridade”. Montaigne dicía: A quen me pregunta a razón das miñas viaxes
respóstolle que sei ben de que fuxo, pero ignoro o que busco. Os viaxeiros buscan


                                                                                     5
algo, que non atopan no seu lugar de residencia, pero en case todos os casos non é
algo obvio, é algo que está aí fóra: una nova forma de vida, un novo comezo....

Por suposto, e xa o esquecía están os que non viaxan, aquelas persoas que saben
que están nunha viaxe permanente e inevitable e que como parte do mundo se
deixan viaxar. Cortázar chámalles esperanzas.

As esperanzas, sedentarias, déixanse viaxar polas cousas e os homes, e son como
as estatuas que hai que ir a velas porque elas nin se molestan.

O sedentarismo é, por suposto, irreal, pero algunhas persoas saben, xa de antemán,
que viaxar só unha forma de voltar ao punto de partida.

Canto falta para chegar?

Quen mellor sabe que estamos de viaxe permanente e que non precisamos ir a
ningures para atoparnos a nós mesmos, son os que están comezando a súa viaxe
pola vida: os nenos. Tamén por suposto, os que están a piques de rematalo. No
intermedio é onde nos perdemos, pensamos que non imos chegar nunca a ningún
lado, que non atoparemos aquilo que buscamos se non nos movemos.

Os nenos recórdannos esta realidade cada vez que comezamos unha das nosas
viaxes de adultos. Cando chegamos? Canto falta para chegar? Preguntan aínda non
ben temos saído da casa. É unha forma de protesta, unha forma de preguntarnos,
“pero de verdade precisamos ir a algún lado?” Un montón de libros de axuda para
pais viaxeiros xurdiron nos derradeiros anos como sinal de que antes non eran
necesarios. Tradicionalmente os maiores tamén entendían que a viaxe era un “mal”
necesario e inevitable provocado polas necesidades de sustento ou conservación da
vida.

Todos os contos de nenos reflicten esa visión da viaxe. Por suposto que a viaxe é
unha aventura emocionante e sorprendente, pero as verdadeiras viaxes rematan
sempre cunha volta ao fogar, despois de ter superado duras probas. Mellor fora non
ter saído nunca, parecen dicir os contos.

Os vellos, como dixemos, tamén son conscientes do destino final da viaxe. Como
dicía Borges Non me gusta viaxar, gústame ter viaxado. Os recordos, cando son
asimilados e comprendidos, enriquecen a nosa experiencia, como moitos outros
sucesos da nosa vida, pero o proceso da viaxe en si mesma está chea de
inconvintes, de loitas e momentos difíciles.

Viaxar non gusta a ninguén: é caro, cheo de incomodidades, sitúate nunha situación
permanente de inferioridade e, en ocasións é perigoso. É moi dura a vida do turista!.
Quizais unha das razóns pola que se viaxe sexa precisamente esa, que teña algo de
tortura, que te machuque, che mude os horarios, que doa un pouco, que canse. Esa
parte física da viaxe é unha necesidade para algunhas persoas porque ten un efecto
sobre a consciencia. Moitas disciplinas místicas falan diso. As incomodidades e os
sacrificios son un vehículo para saír dunha personalidade construída e da realidade
cotiá, do instrumento que usamos para interactuar co mundo. Por iso, cando



                                                                                   6
chegamos de novo á casa comprobamos, se a viaxe deu os seus froitos, que se
atopa moi cambiada.

Non volvemos como novos dunha viaxe, volvemos desgastados, deconstruidos. De
novo temos que reintegrarnos nunha vida da que fuximos, na busca dun obxectivo
que desexamos. Un non volve mellor a unha vida que non lle gusta e da que foxe. As
viaxes non nos melloran, transfórmanos, no mellor dos casos. Hai que recordar, sen
embargo, que para producir esta transformación non é necesario ir moi lonxe.
Quizais puideramos dedicar unha parte do noso tempo en vez de a “descansar”
dunha vida que non nos gusta, a construír unha vida que nos guste máis.



Catro razóns para non viaxar

En primeiro lugar, expandir a nosa experiencia é importante, pero facelo durante
unha semana ao ano é moi diferente a integrar algo na nosa vida, moi diferente a
producir un cambio real na nosa forma de ser. Viaxar non cambiará a túa forma de
ver o mundo, se non eras quen de mellorar a túa percepción da realidade, de xerar
unha percepción profunda das cousas. Non fai falta ir moi lonxe para facer iso.
Reorganizar a túa axenda semanal para dar un paseo polo parque, ver como medra
e muda e como te relacionas con el, é unha forma máis construtiva de mellorar a
nosa viaxe vital. E, por certo, menos caro.

En segundo lugar, a diversidade non se atopa só en terras afastadas e lugares
inhóspitos. É certo que, na sociedade dos medios de comunicación, cada vez é mais
difícil atopar unha forma de vida descoñecida e sorprendente, pero isto só ocorre,
porque temos a nosa capacidade de percepción durmida. A diversidade está ao
noso arredor e só temos que vela. Unha persoa branca rica e unha persoa branca e
pobre son máis diferentes que unha persoa occidental rica ou un político rico nativo
de Nova Guinea. A raza e a etnia non é un indicador da diversidade nas sociedades
actuais, senón que é o contexto o que proporciona as diferenzas. Nunha sociedade
plural como a nosa, temos tamén pluralidade de contextos. Só hai que saber mirar.

En terceiro lugar, as viaxes non son ocasións para reflexionar, porque para poder
pensar sobre algo precisamos incorporalo á nosa vida diaria. Durante as viaxes as
emocións, os riscos, as présas, as dificultades fan imposible que nos deteñamos a
considerar os procesos nos que estamos inmersos. Só aqueles que teñen ben
instalado ese exercicio de facer espazo para pensar, poden nas ocasións nas que as
anécdotas o provocan, pensar sobre o que está a suceder. Poderíase argumentar
que é á volta da viaxe cando reflexionas, pero a dificultade está en que só aquilo que
nos provocou reflexión é o que recordamos e integramos no noso pensamento. Así
que, en lugar de saír correndo ao que só será un respiro temporal da rutina, semella
máis produtivo atopar un espazo na vida diaria para realizar unha viaxe interior.

En 4º lugar, semella que viaxar é, para moitos, unha forma de encher o tempo libre.
“Tempo libre” é unha curiosa expresión. Quere dicir que o resto do tempo non é
“libre”, que é tempo pechado, engaiolado, doutro. A diferenza do tempo libre, o
tempo “non libre” está ocupado por alguén diferente a nós. É un tempo durante o que
alguén, diferente a nós, nos obriga, nos di o que temos que facer. Así que o tempo


                                                                                    7
libre, pola contra, é un tempo aínda baleiro, un tempo para encher e que temos que
ocupar nós mesmos decidimos que imos facer, sen pedir permiso aos demais. Así
debería ser, en rigor, todo o noso tempo, un tempo humano, un tempo “vivido”. Pero,
se cada vez que temos un pouco dese tempo, que chamamos “libre,” saímos
correndo cara a algún sitio afastado, misterioso e descoñecido, que nos propoñen
as axencias de viaxes, tamén estamos aceptando que outros decidan en que
ocupamos o noso tempo, aínda cando nos dean máis dunha opción, como facemos
cos nenos pequenos.

Efectivamente, neste ir e vir de viaxes constantes non nos aburrimos e o tempo pasa
rapidamente. Pero, cando vivimos efectivamente o tempo, cando nos decatamos do
seu paso, lento é constante, é cando nos aburrimos. Aburrirse é esencial para o ser
humano, porque só entón o tempo está baleiro e o pensamento pode moverse
finalmente e soñar, planificar, proxectar. As persoas que non se toman o seu tempo
dificilmente poden construír a súa viaxe máis importante, a súa vida.

O tempo libre soe darnos medo, porque é o tempo onde todos os seres humanos
nos movemos cara á vellez e á morte. Para esquecer esa verdade esencial
organizamos e ocupamos o tempo até que non queda nin un oco baleiro. As
persoas, a medida que medramos, tendemos a pensar que o tempo baleiro significa
“perder o tempo”, “desperdiciar a vida”. Pero aproveitar a vida quere dicir, en
verdade, encher o tempo?, vivir sen pensar?, vivir á presa?, facer miles de cousas?
De seguro que non.

Un viaxeiro que tenta coñecer a filosofía Zen achégase a un mestre famoso. Cando o
recibe o Mestre ofrécelle unha cunca de té. Serve o té até que enche a cunca e
segue a servir té deixando que se derrame e sen tentar parar. O viaxeiro entón
pregunta ¿Non ve que esta derramando o té? Por máis que sega non poderá entrar
máis té na cunca. O Mestre resposta: “como a cunca, ti vés cheo das túas propias
opinións, especulacións e forma de vida. Cómo poderás aprender nada se non
baleiras antes algo da túa cunca?




As viaxes do Ego


E, con todo, o ser humano é un viaxeiro. Só morrendo podemos apearnos desta
viaxe que comezamos hai tempo. Todos os humanos viaxamos dentro de nós
mesmos, aínda que algúns tenten esquecer esta premisa. Viaxamos polo presente e
tamén pola memoria, e mesmo as viaxes pola memoria mudan continuamente,
porque cada vez que visitamos un recordo o transformamos e o interpretamos. Cada
vez que nos ven á mente un recordo da nenez arrincado a través dunha asociación
de ideas, dun olor, ou un sabor, atopámoslle unha nova interpretación e, cando
volvamos a atopalo xa non será o recordo da nenez, senón ese recordo envolto na
interpretación, na amalgama de asociacións que descubro nel.

A nosa vida interior é a viaxe máis emocionante. Está en perpetuo movemento
porque é vida, senón sería morte interior. Cando o Tao Te King di no aforismo 47


                                                                                 8
que O sabio sabe sen necesidade de viaxar, refírese a aquel que foi quen deter as
súas viaxes físicas e que se decatou de que debe prestar atención á viaxe máis
importante, aquela que o define e determina a súa personalidade e as súas
eleccións. Porque niso consiste a nosa viaxe, nun camiño feito ao andar, a través
das escollas que facemos. Unha metáfora que reflicte ben esa viaxe interior, ese
percorrido pola vida, é a historia de Borges O xardín dos sendeiros que se bifurcan.
A nosa vida viaxa sempre polos recordos e, coma no conto de Borges, cada vez que
volvamos a un podemos refacelo, reconstruílo. Puidera parecer que unha vida así
non puidera vivirse e, sen embargo, aínda que non o saibamos, iso é o que facemos
todos os días na nosa vida ordinaria. Vivir pode ser moi cómodo nun sentido
material, pero nunca o é nun sentido espiritual, sobre todo se enfrontamos a nosa
vida interior cos ollos abertos.

Os antigos exipcios enterraban os seus mortos cos ollos abertos de xeito que ían á
súa viaxe póstuma ollando de fronte, na crenza de que a súa viaxe non remataba
coa morte, senón que comezaba de novo noutro plano. Esta é a crenza de case
todas as culturas humanas. Unha viaxe comeza onde remata outra. Pero todas esas
culturas cren tamén, e esa é a mensaxe das súas relixións e da súa arte, que só
aproveitando ben a viaxe da vida, poderemos proseguir unha viaxe produtiva
despois da morte.




                                                                                  9

More Related Content

Similar to Canto falta para chegar

O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)
O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)
O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)Javier Domínguez Oubiña
 
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das MoasRevista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moasbibliomoas
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOaquintadoslibros
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoPSM
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Ser solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezSer solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezsatelite1
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfEncarna Lago
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 

Similar to Canto falta para chegar (20)

O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)
O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)
O turismo social falanxista da Obra Sindical de Educación y Descanso (1940-1975)
 
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das MoasRevista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
25º domingo toc 2013 bene pagola
25º domingo toc 2013  bene pagola25º domingo toc 2013  bene pagola
25º domingo toc 2013 bene pagola
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.
 
Ser solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezSer solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzález
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdf
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 

More from Eva Brañas

More from Eva Brañas (20)

Presentacionabalar
PresentacionabalarPresentacionabalar
Presentacionabalar
 
Basesfotoconicas
BasesfotoconicasBasesfotoconicas
Basesfotoconicas
 
Basesfotoconicas
BasesfotoconicasBasesfotoconicas
Basesfotoconicas
 
Rebético
RebéticoRebético
Rebético
 
Murena 1
Murena 1Murena 1
Murena 1
 
Epicuro
EpicuroEpicuro
Epicuro
 
Epicuro
EpicuroEpicuro
Epicuro
 
Iliada
IliadaIliada
Iliada
 
El héroe
El héroeEl héroe
El héroe
 
Edipo en corinto
Edipo en corintoEdipo en corinto
Edipo en corinto
 
Doce trabajos
Doce trabajosDoce trabajos
Doce trabajos
 
Asterixobelix
AsterixobelixAsterixobelix
Asterixobelix
 
300
300300
300
 
Tiresias
TiresiasTiresias
Tiresias
 
Plástica
PlásticaPlástica
Plástica
 
Recomendaciones lectura verano
Recomendaciones lectura veranoRecomendaciones lectura verano
Recomendaciones lectura verano
 
Augapintura
AugapinturaAugapintura
Augapintura
 
Club lectura imagenes
Club lectura imagenesClub lectura imagenes
Club lectura imagenes
 
Club lectura imagenes
Club lectura imagenesClub lectura imagenes
Club lectura imagenes
 
My exchange report
My exchange reportMy exchange report
My exchange report
 

Recently uploaded

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Recently uploaded (11)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Canto falta para chegar

  • 1. CANTO FALTA PARA CHEGAR?.... Odio as viaxes e os exploradores. Así comeza o antropólogo Lévi Strauss a súa obra Tristes trópicos, onde relata, entre outras cousas, as súas expedicións á Amazonía para estudar as tribos indíxenas de Brasil. Para el, comprensiblemente, cada viaxe supoñía un esforzo por comprender o que visitaba, a necesidade de integrarse nunha cultura, compartindo a súa forma de vida, adaptándose ás inclemencias do clima, a escaseza e ás formas culturais que lle eran alleas, por iso prefería facer antropoloxía comparada desde o salón da súa casa. Sen embargo, a viaxe foi fundamental no desenvolvemento do Homo sapiens sapiens. A nosa saída de África foi a nosa primeira viaxe, unha viaxe que durou xeracións e que rematou por poboar todos os rincóns do planeta, tamén aqueles máis inhabitables. Que impulsou ao xénero homo a iniciar estas migracións? A fame, a busca de novos territorios, o crecemento da poboación. Todos estes factores estiveron, de certo, na base da viaxe humana, pero tamén a curiosidade, o afán de exploración e de aventura, tiveron parte nela. O turismo como fenómeno de masas. Sen embargo, o afán por viaxar sen un motivo específico, é moi recente e está ligado á chamada “cultura do ocio”. Ao longo da historia, a viaxe sempre tivo unha finalidade concreta: a exploración e conquista de novos territorios, a busca de novas rutas e tratado comerciais, a investigación sobre outras culturas aínda descoñecidas... Pero durante o Século pasado o fenómeno da viaxe de pracer xeneralizouse, até o punto de que, hoxe en día, aquelas persoas que non gustan das viaxes, consideranse rarezas. A pregunta mais común, en canto chega o período vacacional é Onde vas de viaxe? Case todo o mundo ten plans e, o que non os ten é porque non pode permitirse ir de viaxe por motivos económicos. Moi poucos son os que respostan: A min non me gusta viaxar. Esta proliferación do fenómeno turístico cobrou tanta importancia económica que a nivel mundial supón o 6% do Produto Nacional Bruto e dá emprego a case 130 millóns de persoas. As inversións que move o sector turístico en case todos os países supón o 7,1% da inversión total mundial. Manter este sector económico en auxe e crecemento pasou a ser, nos derradeiros anos unha preocupación política para a maior parte dos países. Pero, que ocorre cando xa non queda ningún sitio da terra por descubrir, ningún sitio novo que poboar, cando é posible explorar a terra enteira sen movernos do noso sofá? Que ocorre na era do National Geografic e de Internet? Ocorre que, cando unha actividade se converte nunha mercadoría e xera rendementos económicos, unha maquinaría ponse en marcha. A máquina do capitalismo tentará sacar o máximo beneficio desta actividade. Para iso, nada mellor que magnificar o máis posible o fenómeno. Se as viaxes producen beneficios económicos, cantos máis consumidores dese servizo haxa, tanto mellor para a 1
  • 2. inversión. Así, o turismo converteuse nun fenómeno social que tivo que cultivarse, que tivo que facerse imprescindible na vida das persoas. Como se fai isto posible? Porque unha forma máis de ocio pode converterse nas nosas sociedades nunha necesidade case vital? A resposta debémola buscar na estrutura mesma das sociedades postindustriais. Nas sociedades tradicionais, consumo e necesidade están intimamente relacionadas e, as expresións culturais só reflicten esa relación. Di Malinowsky, no prólogo que redactou para a cuarta edición da súa obra A vida sexual dos salvaxes do noroeste da Melanesia, que a función da cultura non é a satisfacción directa das necesidades alimentarias ou sexuais, senón mais ben a satisfacción das necesidades instrumentais, é dicir, necesidade de útiles, de medios para lograr un obxectivo, sendo este fin o benestar biolóxico do individuo, a prolongación da especie e tamén o desenvolvemento espiritual da personalidade e o establecemento dun intercambio na cooperación social. Desde o punto de vista de Malinowsky, as necesidades que satisfai unha cultura, poden dicirnos moito acerca das finalidades que busca, sobre todo en relación á cooperación social e as personalidades dominantes nela. Como describiremos unha sociedade na que “viaxar” se converteu nun obxecto de consumo e devén case nunha necesidade vital?. Como somos as persoas que vivimos nunha sociedade así? Ben é verdade que no que se refire ao consumo nas nosas sociedades postindustriais, non se pode aplicar xa o vello concepto de necesidade e utilidade. Nas nosas sociedades son os departamentos de ventas e publicidade os que crean necesidades artificiais que antes non existían, constituíndonos nunha sociedade de consumidores. Os cidadáns das nosas sociedades consomen móbiles, ordenadores, automóbiles, e tamén paquetes vacacionais, viaxes, escapadas, e este fenómeno esténdese a todos os estratos sociais, dando lugar a un conspicuous consumption. O contido deste consumo universalízase a través da xustificación do hedonismo, da procura eterna da felicidade a través da consecución dos nosos desexos. Pero, de verdade nos gusta viaxar? Razóns para viaxar Por suposto que todos temos razóns, moi persoais, para iniciar unha viaxe, pero iso non evita que, en certa medida, estas razóns persoais estean condicionadas por unha forma de entender a vida, o traballo e o ocio vinculadas a unha sociedade cunha ideoloxía concreta. Moitas das razóns que alegamos para xustificar o noso gusto polas viaxes non teñen a súa orixe na nosa psicoloxía individual, senón no que se podería chamar unha psicoloxía social. Botaremos unha ollada ás respostas mais comúns: As persoas viaxan para coñecer a outros, para coñecer a eses outros nos lugares nos que viven, na súa autenticidade. Case poderíamos dicir, que este modo de coñecer, é imposible a través das novas tecnoloxías das que falabamos ao comezo. Por suposto é a única forma de entrar en contacto coa cultura orixinal. Pero nun mundo globalizado, as culturas xa non son tan auténticas, e a nosa capacidade para 2
  • 3. coñecelas dista moito da do antropólogo que convive con eles e os observa durante un longo espazo de tempo. No percorrido dunha semana, ou un mes, polo territorio dunha cultura descoñecida só seremos capaces de ver “as producións materiais” desa cultura, quizais saborear os seus guisos e comprar a súa artesanía (en moitas ocasións “made in china”). Pero a mera relación entre nós e os nativos que visitamos xa distorsiona a verdadeira cultura que nos moveu á nosa viaxe. Atoparemos, sen embargo, algunha comprensión nos nosos percorridos, sobre todo, se realmente observamos o que vemos e o que sentimos. Darémonos conta neste caso que non é fácil observar, e moito máis difícil é comprender. Quizais a isto se refería Miguel de Cervantes cando dicía: O andar terras e comunicar con diversas xentes fai aos homes discretos. Iso levaremos gañado. As persoas viaxan para ter mais cultura. Cando as persoas afirman isto, non queda nunca claro a que se refiren. En moitas ocasións penso, dirán que son un inculto e que non podo ter coñecementos se non viaxo. Será que os habitantes dos lugares que se visitan (e non viaxan) son por esta razón tamén, e en certo sentido, salvaxes. Dende logo a palabra cultura é unha palabra polisémica, pero o significado máis aproximado para o seu uso neste contexto podería ser conxunto de coñecementos que posúe unha persoa. Unha viaxe proporciona coñecementos de xente, obras de arte, construcións e formas de vida, e eses coñecementos forman parte do conxunto total de experiencias dunha persoa. Pero podemos estar diante da Catedral de Santiago de Compostela, despois de moitos kilómetros percorridos e non ver máis ca un conxunto de pedras, quizais precisemos algunha que outra explicación en diferido. O coñecemento non se constrúe a través da experiencia directa, senón a través da reflexión, o estudio sosegado e, por suposto a experiencia que se comprende e se absorbe. Por moitos souvenirs que nos traiamos das nosas viaxes, se non comprendemos o obxecto ao que se refiren, a nosa mente botaraos directamente ao caixón negro que todos temos nela. Dicía Benxamín Disraeli, famoso estadista inglés que Coma todos os grandes viaxeiros vin máis cousas das que recordo, e recordo máis cousas das que teño visto. Sen embargo, esta idea de que só vivimos e nos cultivamos cando temos experiencias de primeira man, é propia dunha cultura na que o individualismo e o consumo van xuntos. So se consome o que se pode “usar” o que entra en contacto directo con nós: comida, vestidos, coche, xente, formas de vida, da igual, e ese consumo é individual e intransferible. Cada un de nós, individuos dunha sociedade postcapitalista, somos os xuíces únicos dos nosos desexos e das nosas experiencias e, xa que logo, do noso consumo. Ben… nós é o mercado. As persoas viaxan para fuxir da vida cotiá ou para descansar. As viaxes de descanso, desde logo, son ás mais solicitadas nas axencias de viaxes. O turismo de aventura, do que falaremos máis tarde, segue sendo minoritario nas nosas sociedades. O primeiro que se nos ocorrerá ao valorar esta xustificación é que algo debe andar mal na nosa vida e na nosa sociedade, se precisamos fuxir dela para descansar. Se pensamos como Unamuno que se viaxa, non para buscar o destino, senón para fuxir de onde se parte, entón deberemos buscar onde radica o malestar na nosa cultura, que producións culturais están impedindo a realización da nosa personalidade biolóxica e cultural. Pero tampouco deberemos perder de vista que as viaxes son un produto de consumo elaborado por unha sociedade que provoca 3
  • 4. cansazo nos seus membros, a causa dunha forma de vida baseada fundamentalmente no consumo e a produción masiva de bens. Un bo paradoxo, que deu que pensar a non poucos filósofos da postmodernidade. Desde logo este tipo de “viaxe vacacional” que se consome en “paquetes de todo incluído”, leva en moitas ocasións a vivir noutra parte como se vive na casa. Permítenos acadar a seguridade de que, por moi lonxe que esteamos, o noso modo de vida permanece. A este respecto cabe recordar as palabras de Descartes, un gran amante das viaxes: As viaxes serven para coñecer os costumes dos distintos pobos e para liberarse do prexuízo de que só na propia patria se pode vivir tal e como un está acostumado. As persoas viaxan para coñecerse a si mesmas. Todos os libros de autoaxuda parten desta verdade primeira. Tampouco é dicir moito. A vida é a viaxe máis importante que facemos, dende o útero materno ao cadaleito hai unha viaxe moi longa e chea de experiencias, estas si “auténticas”. Os que afirman que as viaxes serven para chegar a coñecerse mellor a un mesmo, dan por suposto que a vida cotiá non permite indagar moito nos nosos sentimentos, necesidades e desexos. A cotidianeidade e a rutina anulan a capacidade de asombro e impiden a curiosidade e, xa que logo a reflexión. Pero isto, que ocorre demasiadas veces, sucede inevitablemente por preguiza e covardía. Para moitas persoas é mellor deixar pasar os días, nunha cadencia inexorable, que reflexionar sobre que é o que agardan do seu percorrido pola vida. As viaxes obrigan a tomar conciencia de que é o que nos molesta e desagrada, e mesmo a xustificar eses sentimentos. En moitas ocasións son as compañías as que nos resultan molestas, mesmo se eran amigos íntimos cos que nos levabamos ben na vida cotiá. Outras decatámonos de que non podemos vivir sen algunhas cousas, ou que algunhas que nos parecían imprescindibles non o eran en absoluto. O mero feito de viaxar, fai que nos poñamos en movemento, tamén na nosa conciencia interior. Por iso dicía R. Louis Stevenson: Eu non viaxo para ir a algún sitio, senón por ir. Polo feito de viaxar. A cuestión é moverse. Tipos de viaxeiros A dicir de Pessoa as viaxes son os viaxeiros. O que vemos non é o que vemos senón o que somos. Segundo isto, non se podería falar nin dicir nada das viaxes, senón que teriamos que falar das persoas que van de viaxe. De certo, sempre falamos de persoas. A “viaxe”, “ir de viaxe” é, como xa vimos adiantando, unha construción social, coma moitas outras, que se converte, por obra e graza do capitalismo en obxecto de consumo e necesidade específica. Falemos logo dos viaxeiros, pero centrémonos, de momento, nos viaxeiros que se desprazan fisicamente, de país en país, e de cultura en cultura. Cortázar describiunos moi ben nun texto da súa obra Cronopios e Famas. Segundo Cortazar os viaxeiros poden clasificarse en dous tipos: Os famas, turistas que levan a súa viaxe totalmente organizada e controlada. Asegúranse de que non vai ter atrancos e que se atoparán “coma na casa” en 4
  • 5. calquera lugar do mundo. Habitualmente viaxan en grupos. Os famas son a presa fácil das empresas de turismo organizado. Cando os famas saen de viaxe, os seus costumes ao pasar a noite nunha cidade son as seguintes: un fama vai ao hotel e pregunta cautelosamente os prezos, a calidade das sabas e a cor das alfombras. O segundo trasládase á comisaría e elabora un acta declarando os mobles e inmobles dos tres, así como o inventario do contido das súas maletas. O terceiro fama vai ao hospital e copia as listas dos médicos da guarda e as súas especialidades. Rematadas estas dilixencias, os viaxeiros reúnense na praza maior da cidade, comunícanse as súas observacións e entran no café a beber un aperitivo. Os Cronopios, sen embargo supoñen sempre que viaxar implica incomodidades e que, canto máis incómodo sexa máis auténtico será. Viaxan sen reservas e pasean pola cidade sen atreverse a entrar nos locais porque supoñen que non serán admitidos. Observan a vida desde fóra. Os Cronopios non percorren as cidades reais, senón aquelas que as súas mentes debuxaron desde hai moito tempo. Viven alimentando a súa fantasía. Tanto lles dera non saír da casa. Cando os cronopios van de viaxe, atopan os hoteis cheos, os trens xa marcharon, chove a mares, e os taxis non queren levalos ou lles cobran prezos altísimos. Os cronopios non se desaniman porque cren firmemente que estas cousas lles ocorren a todos, e á hora de durmir dinse uns aos outros: “A fermosa cidade, a fermosísima cidade”. E soñan toda a noite que na cidade hai grandes festas e que eles están convidados. Ao outro día érguense contentísimos. Calquera dos dous viaxeiros, non viaxa realmente máis que por territorios xa explorados e coñecidos. O primeiro porque leva a súa casa ás costas, aínda que sexa simbolicamente e nos seus costumes. O segundo porque nunca saíu realmente da súa casa, que é o país que construíu na súa mente. Por suposto que esta tipoloxía de turistas só atende ao que ten que ver coa organización e disfrute da viaxe, pero sexa cal sexa o motivo polo que se viaxa (viaxe de noivos, viaxe familiar, viaxe de singles ou unha viaxe interior), sempre levamos a nosa casa ás costas. Hai quen seguro que esta á pensar que estou a falar de turistas e non de verdadeiros viaxeiros. Que o turista é o que vai a resorts todo-incluído, a mesa posta, mentres que o viaxeiro é máis “backpacker” e está centrado no coñecemento e a relación coas persoas. Quizais o primeiro sexa máis semellante a un fama e o segundo a un cronopios, pero non se afastan moito un do outro no esencial. Coa masificación actual do turismo, nas zonas máis inaccesibles do planeta podemos atopar tanto viaxeiros dun xénero coma doutro, e o turismo de masas ofrece nos derradeiros anos máis como gancho para as viaxes o coñecemento, a cultura e as actividades deportivas que o “todo incluído”, mesmo combinando ambas. No que ambos tipos de viaxeiros coinciden é en que os dous foxen de algo. Non nun sentido negativo de fuxida, senón mais ben no sentido de “saír da zona de seguridade”. Montaigne dicía: A quen me pregunta a razón das miñas viaxes respóstolle que sei ben de que fuxo, pero ignoro o que busco. Os viaxeiros buscan 5
  • 6. algo, que non atopan no seu lugar de residencia, pero en case todos os casos non é algo obvio, é algo que está aí fóra: una nova forma de vida, un novo comezo.... Por suposto, e xa o esquecía están os que non viaxan, aquelas persoas que saben que están nunha viaxe permanente e inevitable e que como parte do mundo se deixan viaxar. Cortázar chámalles esperanzas. As esperanzas, sedentarias, déixanse viaxar polas cousas e os homes, e son como as estatuas que hai que ir a velas porque elas nin se molestan. O sedentarismo é, por suposto, irreal, pero algunhas persoas saben, xa de antemán, que viaxar só unha forma de voltar ao punto de partida. Canto falta para chegar? Quen mellor sabe que estamos de viaxe permanente e que non precisamos ir a ningures para atoparnos a nós mesmos, son os que están comezando a súa viaxe pola vida: os nenos. Tamén por suposto, os que están a piques de rematalo. No intermedio é onde nos perdemos, pensamos que non imos chegar nunca a ningún lado, que non atoparemos aquilo que buscamos se non nos movemos. Os nenos recórdannos esta realidade cada vez que comezamos unha das nosas viaxes de adultos. Cando chegamos? Canto falta para chegar? Preguntan aínda non ben temos saído da casa. É unha forma de protesta, unha forma de preguntarnos, “pero de verdade precisamos ir a algún lado?” Un montón de libros de axuda para pais viaxeiros xurdiron nos derradeiros anos como sinal de que antes non eran necesarios. Tradicionalmente os maiores tamén entendían que a viaxe era un “mal” necesario e inevitable provocado polas necesidades de sustento ou conservación da vida. Todos os contos de nenos reflicten esa visión da viaxe. Por suposto que a viaxe é unha aventura emocionante e sorprendente, pero as verdadeiras viaxes rematan sempre cunha volta ao fogar, despois de ter superado duras probas. Mellor fora non ter saído nunca, parecen dicir os contos. Os vellos, como dixemos, tamén son conscientes do destino final da viaxe. Como dicía Borges Non me gusta viaxar, gústame ter viaxado. Os recordos, cando son asimilados e comprendidos, enriquecen a nosa experiencia, como moitos outros sucesos da nosa vida, pero o proceso da viaxe en si mesma está chea de inconvintes, de loitas e momentos difíciles. Viaxar non gusta a ninguén: é caro, cheo de incomodidades, sitúate nunha situación permanente de inferioridade e, en ocasións é perigoso. É moi dura a vida do turista!. Quizais unha das razóns pola que se viaxe sexa precisamente esa, que teña algo de tortura, que te machuque, che mude os horarios, que doa un pouco, que canse. Esa parte física da viaxe é unha necesidade para algunhas persoas porque ten un efecto sobre a consciencia. Moitas disciplinas místicas falan diso. As incomodidades e os sacrificios son un vehículo para saír dunha personalidade construída e da realidade cotiá, do instrumento que usamos para interactuar co mundo. Por iso, cando 6
  • 7. chegamos de novo á casa comprobamos, se a viaxe deu os seus froitos, que se atopa moi cambiada. Non volvemos como novos dunha viaxe, volvemos desgastados, deconstruidos. De novo temos que reintegrarnos nunha vida da que fuximos, na busca dun obxectivo que desexamos. Un non volve mellor a unha vida que non lle gusta e da que foxe. As viaxes non nos melloran, transfórmanos, no mellor dos casos. Hai que recordar, sen embargo, que para producir esta transformación non é necesario ir moi lonxe. Quizais puideramos dedicar unha parte do noso tempo en vez de a “descansar” dunha vida que non nos gusta, a construír unha vida que nos guste máis. Catro razóns para non viaxar En primeiro lugar, expandir a nosa experiencia é importante, pero facelo durante unha semana ao ano é moi diferente a integrar algo na nosa vida, moi diferente a producir un cambio real na nosa forma de ser. Viaxar non cambiará a túa forma de ver o mundo, se non eras quen de mellorar a túa percepción da realidade, de xerar unha percepción profunda das cousas. Non fai falta ir moi lonxe para facer iso. Reorganizar a túa axenda semanal para dar un paseo polo parque, ver como medra e muda e como te relacionas con el, é unha forma máis construtiva de mellorar a nosa viaxe vital. E, por certo, menos caro. En segundo lugar, a diversidade non se atopa só en terras afastadas e lugares inhóspitos. É certo que, na sociedade dos medios de comunicación, cada vez é mais difícil atopar unha forma de vida descoñecida e sorprendente, pero isto só ocorre, porque temos a nosa capacidade de percepción durmida. A diversidade está ao noso arredor e só temos que vela. Unha persoa branca rica e unha persoa branca e pobre son máis diferentes que unha persoa occidental rica ou un político rico nativo de Nova Guinea. A raza e a etnia non é un indicador da diversidade nas sociedades actuais, senón que é o contexto o que proporciona as diferenzas. Nunha sociedade plural como a nosa, temos tamén pluralidade de contextos. Só hai que saber mirar. En terceiro lugar, as viaxes non son ocasións para reflexionar, porque para poder pensar sobre algo precisamos incorporalo á nosa vida diaria. Durante as viaxes as emocións, os riscos, as présas, as dificultades fan imposible que nos deteñamos a considerar os procesos nos que estamos inmersos. Só aqueles que teñen ben instalado ese exercicio de facer espazo para pensar, poden nas ocasións nas que as anécdotas o provocan, pensar sobre o que está a suceder. Poderíase argumentar que é á volta da viaxe cando reflexionas, pero a dificultade está en que só aquilo que nos provocou reflexión é o que recordamos e integramos no noso pensamento. Así que, en lugar de saír correndo ao que só será un respiro temporal da rutina, semella máis produtivo atopar un espazo na vida diaria para realizar unha viaxe interior. En 4º lugar, semella que viaxar é, para moitos, unha forma de encher o tempo libre. “Tempo libre” é unha curiosa expresión. Quere dicir que o resto do tempo non é “libre”, que é tempo pechado, engaiolado, doutro. A diferenza do tempo libre, o tempo “non libre” está ocupado por alguén diferente a nós. É un tempo durante o que alguén, diferente a nós, nos obriga, nos di o que temos que facer. Así que o tempo 7
  • 8. libre, pola contra, é un tempo aínda baleiro, un tempo para encher e que temos que ocupar nós mesmos decidimos que imos facer, sen pedir permiso aos demais. Así debería ser, en rigor, todo o noso tempo, un tempo humano, un tempo “vivido”. Pero, se cada vez que temos un pouco dese tempo, que chamamos “libre,” saímos correndo cara a algún sitio afastado, misterioso e descoñecido, que nos propoñen as axencias de viaxes, tamén estamos aceptando que outros decidan en que ocupamos o noso tempo, aínda cando nos dean máis dunha opción, como facemos cos nenos pequenos. Efectivamente, neste ir e vir de viaxes constantes non nos aburrimos e o tempo pasa rapidamente. Pero, cando vivimos efectivamente o tempo, cando nos decatamos do seu paso, lento é constante, é cando nos aburrimos. Aburrirse é esencial para o ser humano, porque só entón o tempo está baleiro e o pensamento pode moverse finalmente e soñar, planificar, proxectar. As persoas que non se toman o seu tempo dificilmente poden construír a súa viaxe máis importante, a súa vida. O tempo libre soe darnos medo, porque é o tempo onde todos os seres humanos nos movemos cara á vellez e á morte. Para esquecer esa verdade esencial organizamos e ocupamos o tempo até que non queda nin un oco baleiro. As persoas, a medida que medramos, tendemos a pensar que o tempo baleiro significa “perder o tempo”, “desperdiciar a vida”. Pero aproveitar a vida quere dicir, en verdade, encher o tempo?, vivir sen pensar?, vivir á presa?, facer miles de cousas? De seguro que non. Un viaxeiro que tenta coñecer a filosofía Zen achégase a un mestre famoso. Cando o recibe o Mestre ofrécelle unha cunca de té. Serve o té até que enche a cunca e segue a servir té deixando que se derrame e sen tentar parar. O viaxeiro entón pregunta ¿Non ve que esta derramando o té? Por máis que sega non poderá entrar máis té na cunca. O Mestre resposta: “como a cunca, ti vés cheo das túas propias opinións, especulacións e forma de vida. Cómo poderás aprender nada se non baleiras antes algo da túa cunca? As viaxes do Ego E, con todo, o ser humano é un viaxeiro. Só morrendo podemos apearnos desta viaxe que comezamos hai tempo. Todos os humanos viaxamos dentro de nós mesmos, aínda que algúns tenten esquecer esta premisa. Viaxamos polo presente e tamén pola memoria, e mesmo as viaxes pola memoria mudan continuamente, porque cada vez que visitamos un recordo o transformamos e o interpretamos. Cada vez que nos ven á mente un recordo da nenez arrincado a través dunha asociación de ideas, dun olor, ou un sabor, atopámoslle unha nova interpretación e, cando volvamos a atopalo xa non será o recordo da nenez, senón ese recordo envolto na interpretación, na amalgama de asociacións que descubro nel. A nosa vida interior é a viaxe máis emocionante. Está en perpetuo movemento porque é vida, senón sería morte interior. Cando o Tao Te King di no aforismo 47 8
  • 9. que O sabio sabe sen necesidade de viaxar, refírese a aquel que foi quen deter as súas viaxes físicas e que se decatou de que debe prestar atención á viaxe máis importante, aquela que o define e determina a súa personalidade e as súas eleccións. Porque niso consiste a nosa viaxe, nun camiño feito ao andar, a través das escollas que facemos. Unha metáfora que reflicte ben esa viaxe interior, ese percorrido pola vida, é a historia de Borges O xardín dos sendeiros que se bifurcan. A nosa vida viaxa sempre polos recordos e, coma no conto de Borges, cada vez que volvamos a un podemos refacelo, reconstruílo. Puidera parecer que unha vida así non puidera vivirse e, sen embargo, aínda que non o saibamos, iso é o que facemos todos os días na nosa vida ordinaria. Vivir pode ser moi cómodo nun sentido material, pero nunca o é nun sentido espiritual, sobre todo se enfrontamos a nosa vida interior cos ollos abertos. Os antigos exipcios enterraban os seus mortos cos ollos abertos de xeito que ían á súa viaxe póstuma ollando de fronte, na crenza de que a súa viaxe non remataba coa morte, senón que comezaba de novo noutro plano. Esta é a crenza de case todas as culturas humanas. Unha viaxe comeza onde remata outra. Pero todas esas culturas cren tamén, e esa é a mensaxe das súas relixións e da súa arte, que só aproveitando ben a viaxe da vida, poderemos proseguir unha viaxe produtiva despois da morte. 9