SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
TEN SENTIDO SER SOLIDARIO?
                          Por Antonio González López (4º ESO)



A. Ten sentido ser solidario?

        Iso reflíctese cada vez que alguén perde a esperanza ó verse nunha complicada
situación. A cuestión de buscar o “sentido” ou a razón de ser da solidariedade é pensar
“que sería do mundo se non houbese o valor da solidariedade?”. A solidariedade é
apoiarse os uns aos outros en momentos difíciles, contribuír a causas xustas, atender
ás persoas cuxa situación sexa adversa, ben por causas da vida, ben por inxustizas,
dificultades económicas ou por desgrazas. Temos que observar cada recuncho do
mundo para ver unha mostra de solidariedade, mais o certo é que está presente en
moitos lugares. Todos os que nos implicamos minimamente en Monferosolidario
durante estes cursos pasados, sobre todo durante o ano académico 2010/2011,
lembramos o terremoto de Haití, ó cal se destinaron os cartos recadados no rastro
2009* e a canción “We are the world” ou “Somos el mundo” que practicamos na clase
de Música e interpretamos no festival de Nadal. Si que ten sentido ser solidarios, pois
TODOS/AS PRECISAMOS DA AXUDA SOLIDARIA DOS NOSOS ACHEGADOS nalgúns
momentos da nosa vida, e podemos apreciar e valorar ese feito, amén de non saber
SE O DÍA DE MAÑÁ NOS VEREMOS NUNHA SITUACIÓN COMPROMETEDORA E DIFÍCIL,
e precisemos desta axuda. Por tal motivo, reflexionemos sobre dous puntos
poñéndonos en situación:
        1. «É o día de mañá e atopámonos nunha situación que denominaremos X
            condicionada por Y factores. Dita situación X presenta serias dificultades
            para a nosa vida, en calquera ámbito (económico, social … ). No momento
            en que vemos que pode suceder algo que poida transcender nas nosas
            vidas, atopamos unha man, amiga ou allea; que nos mostra axuda e
            representa un halo de luz e esperanza para as nosas vidas. É unha
            sociedade solidaria que nos axuda considerablemente a nós e a outras
            persoas, e nós compartimos ese valor e ese sentimento. O mundo segue
            un bo camiño, mellora.»
        2. « No mesmo día, na mesma situación e coas mesmas persoas que
            actuaban na “escena” anterior, atopámonos cunha sociedade que repudia
            e rexeita o valor da solidariedade ata os extremos. Hai unhas moi
            acentuadas diferenzas sociais. »
B. Podemos cambiar o mundo coas nosas pequenas intervencións?

       A resposta é si. De feito vémolo tódolos días. O mundo móvese e as nosas
intervencións xorden, ben de forma particular, ou ben a través do seguimento das
accións que desempeñan organizacións como ONG e/ou asociacións. Vemos ou vimos
(e seguramente veremos) que pequenos movementos que xorden como unha remota
idea, un anhelo, unha inquedanza de alguén; que no momento en que xurdiron
fixérono como utopías ou imposibles, progresaron ata repercutir seriamente con
declaracións, redacción ou modificación de leis e coa inclusión dos valores ou ideas
principais na sociedade a través da difusión e da ensinanza. A globalización contribúe a
estes feitos, pois é a simple unión de persoas de diferentes lugares do mundo, con
moito ou pouco peso social, máis ou menos influentes, que atopan apoio ás súas ideas
e esperanzas, a todos os seus valores propios que se fan comúns para acadar un
obxectivo. Se podemos cambiar o mundo xa o vemos, é máis fácil facelo xuntos que
por separado, e en datos, podemos analizar a consecución de obxectivos das
diferentes ONG que desempeñan a súa acción no noso mundo. Esa consecución de
obxectivos vese repercutida en leis e decretos, tales como leis sobre política
medioambiental, humana, social … E tamén a axudas que dan os gobernos para os
máis necesitados atendendo ós valores que foron inculcados e que aínda están sendo
inculcados nunha sociedade da que formamos parte.



C. Poñemos en práctica as nosas aprendizaxes teóricas sobre a
solidariedade no noso entorno familiar e social?


       Persoalmente, e polo xeral, non poñemos todo o que está na nosa man para a
práctica e exercicio das ensinanzas sobre solidariedade no noso entorno.
Persoalmente, procuro aconsellar segundo as miñas conviccións, e dou a miña opinión
sobre temas diversos, amén de destaca-la importancia das actividades solidarias que
se celebran no entorno (na escola) e apoialas colaborando na medida. Tampouco hai
que esquecer que non formamos parte dunha ONG e non estamos no campo de
acción, traballando voluntariamente atendendo ás necesidades básicas recollidas na
Declaración Universal dos Dereitos Humanos; polo que cadaquén axuda na súa
medida, sen ter isto que ser unha intrusión na vida persoal de cada un e facendo isto
máis viable o proxecto Monferosolidario do que nós formamos parte. Penso que
sempre colaboramos na súa medida coas actividades realizadas e botamos unha man
cando se precisa.
D. Que opinas daquela xente que ante as inxustizas non fai máis que
virar a cara para outro lado?


       A miña posición persoal é fixa e inamovible fronte a estes casos.

Primeiro: comprendo que determinadas persoas padezan unha “enfermidade
psicolóxica” que lles impida concienciarse debidamente. É normal que non actúen nin
lle dean atención e importancia ás inxustizas cometidas. Quedan escusadas as persoas
que debido á idade non acadaran un grao de madurez considerable e suficiente para
reaccionar ante isto.

Segundo: implacablemente, aquelas persoas con maioría de idade e en pleno uso das
súas facultades mentais que amosen a postura mencionada na cuestión, serán obxecto
de menosprezo relativo. Para min, estas persoas, pese a idade, estudos, traballo, etc.
(Sen observar o nivel de estudos, o traballo, outras circunstancias …) non son maduras
mentalmente, e, seguramente baseándose na procura da felicidade, evaden a
realidade e céntranse en doadas actividades de lecer (sen ningún problema nesta
reflexión co lecer tan necesario nas nosas vidas) que lles causen a mínima molestia e
dedícanse a falar sobre as insignificancias do seu mundo de “yupi” (como se di habitual
e coloquialmente). Estas persoas, non terán, polo conseguinte, nin conciencia nin
consciencia, pois cadaquén (ás veces por fortuna e outras por desgraza) vivirá a
realidade que lle toque vivir; e moita xente tentará por tódolos medios cambiar esa
realidade, pode que o consiga, pode que non. Neste momento entra en xogo o factor
da solidariedade, a axuda solidaria pode facer que esta persoa acade o seu obxectivo,
algo que soa non conseguiría. Toda persoa solidaria será, segundo esta reflexión,
aquela que acepte a realidade activamente (pois a asunción da realidade pasivamente
concorrerá na adopción da postura da cuestión) e que actúe para cambiar esa
realidade a mellor, entendendo como mellor o feito de satisfacer as necesidades da
sociedade ou responder ós clamores da mesma sobre calquera ámbito que inflúa na
mesma.

      Esta é, brevemente e sen máis extensión, a miña opinión sobre esta cuestión.
Tamén sobre todas as anteriores



                                                       Monfero, 28 de outubro de 2012

                                            Antonio González López – Monferosolidario
                                                      CPI Virxe da Cela - O Xestal - Monfero - A Coruña

More Related Content

Viewers also liked

Crónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidariasCrónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidariassatelite1
 
Crónica cocina económica de ferrol
Crónica cocina económica de ferrolCrónica cocina económica de ferrol
Crónica cocina económica de ferrolsatelite1
 
Crónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que nonCrónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que nonsatelite1
 
Crónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariadoCrónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariadosatelite1
 
Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela
Diario de abordo_profesorado cpi virxe da celaDiario de abordo_profesorado cpi virxe da cela
Diario de abordo_profesorado cpi virxe da celamackerel100
 
Crónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepalCrónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepalsatelite1
 
Campo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofíaCampo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofíasatelite1
 
Campo refuxiados pablo medín
Campo refuxiados pablo medínCampo refuxiados pablo medín
Campo refuxiados pablo medínsatelite1
 
Prensa antonio
Prensa antonioPrensa antonio
Prensa antoniosatelite1
 
Alba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochilaAlba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochilasatelite1
 
Todo por un fin crónica
Todo por un fin crónicaTodo por un fin crónica
Todo por un fin crónicasatelite1
 
Folleto todo por un fin
Folleto todo por un finFolleto todo por un fin
Folleto todo por un finsatelite1
 
Plataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvementoPlataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvementosatelite1
 
Charla sobre cooperativismo e visita de
Charla sobre cooperativismo e visita deCharla sobre cooperativismo e visita de
Charla sobre cooperativismo e visita desatelite1
 
O soño de pavani
O soño de pavaniO soño de pavani
O soño de pavanisatelite1
 
Carta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da cela
Carta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da celaCarta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da cela
Carta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da celasatelite1
 
Tapóns para unha nova vida
Tapóns para unha nova vidaTapóns para unha nova vida
Tapóns para unha nova vidasatelite1
 

Viewers also liked (17)

Crónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidariasCrónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidarias
 
Crónica cocina económica de ferrol
Crónica cocina económica de ferrolCrónica cocina económica de ferrol
Crónica cocina económica de ferrol
 
Crónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que nonCrónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que non
 
Crónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariadoCrónica celebración día do voluntariado
Crónica celebración día do voluntariado
 
Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela
Diario de abordo_profesorado cpi virxe da celaDiario de abordo_profesorado cpi virxe da cela
Diario de abordo_profesorado cpi virxe da cela
 
Crónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepalCrónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepal
 
Campo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofíaCampo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofía
 
Campo refuxiados pablo medín
Campo refuxiados pablo medínCampo refuxiados pablo medín
Campo refuxiados pablo medín
 
Prensa antonio
Prensa antonioPrensa antonio
Prensa antonio
 
Alba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochilaAlba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochila
 
Todo por un fin crónica
Todo por un fin crónicaTodo por un fin crónica
Todo por un fin crónica
 
Folleto todo por un fin
Folleto todo por un finFolleto todo por un fin
Folleto todo por un fin
 
Plataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvementoPlataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvemento
 
Charla sobre cooperativismo e visita de
Charla sobre cooperativismo e visita deCharla sobre cooperativismo e visita de
Charla sobre cooperativismo e visita de
 
O soño de pavani
O soño de pavaniO soño de pavani
O soño de pavani
 
Carta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da cela
Carta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da celaCarta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da cela
Carta da súa maxestade o rei de españa a un alumno do cpi virxe da cela
 
Tapóns para unha nova vida
Tapóns para unha nova vidaTapóns para unha nova vida
Tapóns para unha nova vida
 

Similar to Ser solidario. antonio gonzález

Voluntariado SMM
Voluntariado SMMVoluntariado SMM
Voluntariado SMMmixiricas
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Invisibles (Santiago de Compostela)
Invisibles (Santiago de Compostela)Invisibles (Santiago de Compostela)
Invisibles (Santiago de Compostela)5palabrascompartidas
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalsatelite1
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...Jurjo Torres Santomé
 
Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016AutismoGalicia
 
Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2satelite1
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Montserrat Pérez Castiñeira
 
Participación política e social 2
Participación política e social 2Participación política e social 2
Participación política e social 2marcendon
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariasatelite1
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalsatelite1
 

Similar to Ser solidario. antonio gonzález (20)

Voluntariado SMM
Voluntariado SMMVoluntariado SMM
Voluntariado SMM
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Invisibles (Santiago de Compostela)
Invisibles (Santiago de Compostela)Invisibles (Santiago de Compostela)
Invisibles (Santiago de Compostela)
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía global
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
 
Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016
 
Guía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallegoGuía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallego
 
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Somos diferentes
Somos diferentesSomos diferentes
Somos diferentes
 
Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2Cme 2018 sesion 1 2
Cme 2018 sesion 1 2
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
 
Que é o traballo social
Que é o traballo socialQue é o traballo social
Que é o traballo social
 
consumo
consumoconsumo
consumo
 
Participación política e social 2
Participación política e social 2Participación política e social 2
Participación política e social 2
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía global
 
Conflitos mediaciónv2
Conflitos mediaciónv2Conflitos mediaciónv2
Conflitos mediaciónv2
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Ser solidario. antonio gonzález

  • 1. TEN SENTIDO SER SOLIDARIO? Por Antonio González López (4º ESO) A. Ten sentido ser solidario? Iso reflíctese cada vez que alguén perde a esperanza ó verse nunha complicada situación. A cuestión de buscar o “sentido” ou a razón de ser da solidariedade é pensar “que sería do mundo se non houbese o valor da solidariedade?”. A solidariedade é apoiarse os uns aos outros en momentos difíciles, contribuír a causas xustas, atender ás persoas cuxa situación sexa adversa, ben por causas da vida, ben por inxustizas, dificultades económicas ou por desgrazas. Temos que observar cada recuncho do mundo para ver unha mostra de solidariedade, mais o certo é que está presente en moitos lugares. Todos os que nos implicamos minimamente en Monferosolidario durante estes cursos pasados, sobre todo durante o ano académico 2010/2011, lembramos o terremoto de Haití, ó cal se destinaron os cartos recadados no rastro 2009* e a canción “We are the world” ou “Somos el mundo” que practicamos na clase de Música e interpretamos no festival de Nadal. Si que ten sentido ser solidarios, pois TODOS/AS PRECISAMOS DA AXUDA SOLIDARIA DOS NOSOS ACHEGADOS nalgúns momentos da nosa vida, e podemos apreciar e valorar ese feito, amén de non saber SE O DÍA DE MAÑÁ NOS VEREMOS NUNHA SITUACIÓN COMPROMETEDORA E DIFÍCIL, e precisemos desta axuda. Por tal motivo, reflexionemos sobre dous puntos poñéndonos en situación: 1. «É o día de mañá e atopámonos nunha situación que denominaremos X condicionada por Y factores. Dita situación X presenta serias dificultades para a nosa vida, en calquera ámbito (económico, social … ). No momento en que vemos que pode suceder algo que poida transcender nas nosas vidas, atopamos unha man, amiga ou allea; que nos mostra axuda e representa un halo de luz e esperanza para as nosas vidas. É unha sociedade solidaria que nos axuda considerablemente a nós e a outras persoas, e nós compartimos ese valor e ese sentimento. O mundo segue un bo camiño, mellora.» 2. « No mesmo día, na mesma situación e coas mesmas persoas que actuaban na “escena” anterior, atopámonos cunha sociedade que repudia e rexeita o valor da solidariedade ata os extremos. Hai unhas moi acentuadas diferenzas sociais. »
  • 2. B. Podemos cambiar o mundo coas nosas pequenas intervencións? A resposta é si. De feito vémolo tódolos días. O mundo móvese e as nosas intervencións xorden, ben de forma particular, ou ben a través do seguimento das accións que desempeñan organizacións como ONG e/ou asociacións. Vemos ou vimos (e seguramente veremos) que pequenos movementos que xorden como unha remota idea, un anhelo, unha inquedanza de alguén; que no momento en que xurdiron fixérono como utopías ou imposibles, progresaron ata repercutir seriamente con declaracións, redacción ou modificación de leis e coa inclusión dos valores ou ideas principais na sociedade a través da difusión e da ensinanza. A globalización contribúe a estes feitos, pois é a simple unión de persoas de diferentes lugares do mundo, con moito ou pouco peso social, máis ou menos influentes, que atopan apoio ás súas ideas e esperanzas, a todos os seus valores propios que se fan comúns para acadar un obxectivo. Se podemos cambiar o mundo xa o vemos, é máis fácil facelo xuntos que por separado, e en datos, podemos analizar a consecución de obxectivos das diferentes ONG que desempeñan a súa acción no noso mundo. Esa consecución de obxectivos vese repercutida en leis e decretos, tales como leis sobre política medioambiental, humana, social … E tamén a axudas que dan os gobernos para os máis necesitados atendendo ós valores que foron inculcados e que aínda están sendo inculcados nunha sociedade da que formamos parte. C. Poñemos en práctica as nosas aprendizaxes teóricas sobre a solidariedade no noso entorno familiar e social? Persoalmente, e polo xeral, non poñemos todo o que está na nosa man para a práctica e exercicio das ensinanzas sobre solidariedade no noso entorno. Persoalmente, procuro aconsellar segundo as miñas conviccións, e dou a miña opinión sobre temas diversos, amén de destaca-la importancia das actividades solidarias que se celebran no entorno (na escola) e apoialas colaborando na medida. Tampouco hai que esquecer que non formamos parte dunha ONG e non estamos no campo de acción, traballando voluntariamente atendendo ás necesidades básicas recollidas na Declaración Universal dos Dereitos Humanos; polo que cadaquén axuda na súa medida, sen ter isto que ser unha intrusión na vida persoal de cada un e facendo isto máis viable o proxecto Monferosolidario do que nós formamos parte. Penso que sempre colaboramos na súa medida coas actividades realizadas e botamos unha man cando se precisa.
  • 3. D. Que opinas daquela xente que ante as inxustizas non fai máis que virar a cara para outro lado? A miña posición persoal é fixa e inamovible fronte a estes casos. Primeiro: comprendo que determinadas persoas padezan unha “enfermidade psicolóxica” que lles impida concienciarse debidamente. É normal que non actúen nin lle dean atención e importancia ás inxustizas cometidas. Quedan escusadas as persoas que debido á idade non acadaran un grao de madurez considerable e suficiente para reaccionar ante isto. Segundo: implacablemente, aquelas persoas con maioría de idade e en pleno uso das súas facultades mentais que amosen a postura mencionada na cuestión, serán obxecto de menosprezo relativo. Para min, estas persoas, pese a idade, estudos, traballo, etc. (Sen observar o nivel de estudos, o traballo, outras circunstancias …) non son maduras mentalmente, e, seguramente baseándose na procura da felicidade, evaden a realidade e céntranse en doadas actividades de lecer (sen ningún problema nesta reflexión co lecer tan necesario nas nosas vidas) que lles causen a mínima molestia e dedícanse a falar sobre as insignificancias do seu mundo de “yupi” (como se di habitual e coloquialmente). Estas persoas, non terán, polo conseguinte, nin conciencia nin consciencia, pois cadaquén (ás veces por fortuna e outras por desgraza) vivirá a realidade que lle toque vivir; e moita xente tentará por tódolos medios cambiar esa realidade, pode que o consiga, pode que non. Neste momento entra en xogo o factor da solidariedade, a axuda solidaria pode facer que esta persoa acade o seu obxectivo, algo que soa non conseguiría. Toda persoa solidaria será, segundo esta reflexión, aquela que acepte a realidade activamente (pois a asunción da realidade pasivamente concorrerá na adopción da postura da cuestión) e que actúe para cambiar esa realidade a mellor, entendendo como mellor o feito de satisfacer as necesidades da sociedade ou responder ós clamores da mesma sobre calquera ámbito que inflúa na mesma. Esta é, brevemente e sen máis extensión, a miña opinión sobre esta cuestión. Tamén sobre todas as anteriores Monfero, 28 de outubro de 2012 Antonio González López – Monferosolidario CPI Virxe da Cela - O Xestal - Monfero - A Coruña