SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
TEMA 8
A PENÍNSULA IBÉRICA NA IDADE MEDIA
1. OS POBOS XERMÁNICOS NA PENÍNSULA IBÉRICA
1.1. O REINO VISIGODO DE TOLEDO
No ano 409 penetraron en Hispania os suevos, vándalos e alanos. No 416 os visigodos, aliados de
Roma, acudiron á Península e expulsaron os vándalos e alanos e acantoaron aos suevos en
Gallaecia.
A mediados do século V, os visigodos formaron o reino de Tolosa formado polo Sur da Galia e parte
de Hispania. No anos 507, tras ser derrotados polos francos na batalla de Vouillé, os visigodos foron
expulsados da Galia e espalláronse por Hispania, organizando un reino con capital en Toledo.
O rei visigodo Leovixildo expulsou aos suevos (585) e conquistoulles numerosos territorios aos
bizantinos que ocuparan o Sur peninsular (572-624).
No 711 un exército musulmán, procedente do norte de África, invadiu a Península Ibérica e
derrotou ao derradeiro monarca visigodo, don Rodrigo, na batalla de Guadalete.
Os reis visigodos converteron en hereditaria a coroa (deixou de ser electiva) e propuxéronse unir a
todos os seus súbditos, fosen visigodos ou hispanorromanos, baixo unha mesma relixión (tras a
convesión de Recaredo ao catolicismo -589-) e unha mesma lei (o Liber Iudiciorum implantado por
Recesvinto – 654- ).
A economía hispánica en tempos dos visigodos foi agrícola e de subsistencia e a nobreza visigoda
converteuse no grupo social privilexiado.
A cultura empobreceuse e quedou en mans da Igrexa. Destacou San Isidoro de Sevilla
(Etimoloxías, unha obra que resumía todo o saber do seu tempo).
A arte orixinou pequenas igrexas como San Juan de Baños (Palencia) ou San Pedro de la Nave
(Zamora) que utilizaron arcos de ferradura.
1.2. O REINO SUEVO
No ano 409 os suevos penetraron na Península Ibérica debido a un pacto (foedus) cos romanos, e
no ano 411 o emperador Honorio asignou aos suevos a zona occidental da Gallaecia.
Eran un pobo orixinario do mar Báltico e estableceron a súa capital en Bracara Augusta (Braga,
Portugal), formando un reino propio que no 585 pasou a mans dos visigodos dirixidos por
Leovixildo.
Durante o dominio dos suevos consolidouse a cristianización desta zona da Península Ibérica. Co fin
de combater o paganismo, a mediados do século VI chegou a Galicia San Martiño de Dumio. Para
organizar a conversión de todo o reino suevo ao cristianismo, no ano 569 organizouse o Concilio de
Braga.
Os suevos foron os que implantaron unha entidade administrativa que pervive na actualidade: a
parroquia, concibida na súa orixe como unha división eclesiástica do reino.
2. AL-ANDALUS
Os musulmáns deron o nome de al-Andalus ás terras que ocuparon e habitaron na Península
Ibérica entre o 711 e 1492. A medida que os cristiáns ían recuperando territorios (reconquista), esta
denominación serviu para designar a zona do sur peninsular e dela deriva o nome actual de
Andalucía.
2.1. A CONQUISTA E A FORMACIÓN DO EMIRATO DE CÓRDOBA
No ano 711, tropas musulmás procedentes do norte de África atravesaron o estreito de Xibraltar e,
tras derrotar ao exército visigodo dirixido por Don Rodrigo, na batalla de Guadalete, iniciaron a
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 1
conquista da Península Ibérica.
A rapidez desta conquista, con Tariq e Musa ao mando, foi debida á escasa resistencia que ofreceu
a nobreza hispanovisigoda, debilitada por loitas internas e porque os dirixentes locais estableceron
pactos cos conquistadores para conservar as súas terras e o seu poder.
Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da poboación, refuxiáronse
na zona asturiana, que permaneceu á marxe da ocupación.
O territorio peninsular pasou a chamarse al-Andalus e converteuse nun Emirato (provincia)
dependente (718-756) do Califato Omeia de Damasco, con capital en Córdoba: Emirato de
Córdoba.
Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahman I estableceuse en Al-Andalus e
declarouse emir independente de Bagdad (756-929) (independencia política), aínda que se mantivo
baixo a autoridade relixiosa do califa de Bagdad (dependencia relixiosa).
2.2. DO CALIFATO DE CÓRDOBAAO REINO NAZARÍ DE GRANADA
No ano 929, Abd al- Rahman III independizouse da autoridade relixiosa de Bagdad e proclamouse
califa de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de Córdoba.
O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto contribuíron as vitoriosas
expedicións militares contra os reinos cristiáns do Norte que organizou al- Mansur (Almanzor), a
finais do século X.
Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en numerosos reinos chamados taifas. A
fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus e favoreceu a reconquista. Malia a axuda
dos exércitos musulmáns procedentes do Norte de África (almorábides e almohades), no século XIII,
os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios de Al- Andalus.
O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o reino nazarí de
Granada. No 1492 foi conquistado polos Reis Católicos. Remataba a reconquista.
2.3. ECONOMÍA E SOCIEDADE
O centro económico no mundo musulmán era a cidade. Nelas desenvolvíanse:
• A artesanía era unha actividade florecente que poñía á venda os seus produtos nos zocos.
• O comercio xeraba moita riqueza. Al-Andalus comerciaba con Europa, co Norte de África e
con Oriente.
• A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns introduciron novas
técnicas como o regadío e novos cultivos como o arroz e as laranxas.
A sociedade en Al-Andalus estaba formada por:
• Poboación musulmá:
◦ Os árabes: eran a minoría gobernante.
◦ Os bérberes: chegados do Norte de África, un grupo de extracción humilde.
◦ Os muladís (a maioría da poboación), eran os hispanovisigodos convertidos ao Islam.
• A poboación non musulmá:
◦ Os mozárabes: cristiáns que vivían en territorio musulmán.
◦ Xudeus, minoría relixiosa.
• Escravos, capturados nas batallas.
2.4. CULTURA E ARTE
Entre os séculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu esplendor, mentres a Europa
feudal padecía empobrecemento económico e cultural.
Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina, a astronomía ou a filosofía (Averroes).
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 2
A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos homoxéneos, como a
importancia das súas artes decorativas con motivos caligráficos (textos relixiosos con escritura
árabe), xeométricos, arabescos e vexetais., a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas.
En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os palacios. Construíanse en
ladrillo, utilizando arcos (especialmente o de ferradura e os lobulados), cúpulas e moita decoración.
Como edificios principais destacan a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.
3. A EXPANSIÓN CRISTIÁ
3.1. ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES
Os musulmáns controlaron rapidamente a maior parte da Península Ibérica dende a súa chegada no
711, menos as zonas montañosas do norte onde xurdiron núcleos de resistencia cristiáns.
Na zona de Asturias, a poboación indíxena liderada polo nobre visigodo Don Pelayo derrotou aos
musulmáns na batalla de Covadonga (722), feito que se considera como o inicio da Reconquista.
Este triunfo permitiu a formación do Reino de Asturias.A zona dos Pirineos estivo controlada por
Carlomagno durante a segunda metade do século VIII, foi a chamada Marca Hispánica, dividida en
condados.
A medida que a autoridade dos reis francos diminuía, estes territorios foron gobernados por familias
nobres locais que acabaron por formar o reino de Pamplona, os condados de Aragón, Sobrarbe e
Ribagorza e os condados cataláns.
3.2.-A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN
A Reconquista foi un proceso no que os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras
peninsulares dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda. Fases:
• Entre os séculos VIII e X o avance cristián foi moi lento:
◦ O reino de Asturias trasladou a capital de Oviedo a León, orixinándose o reino de León.
No seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia e os condados de
Castela e de Portugal.
◦ Na zona oriental os reinos e condados cristiáns ampliaron cara o sur os seus dominios.
• Entre os séculos XI e XIII a desaparición do califato de Córdoba e a súa fragmentación nos
reinos de taifas favoreu o avance cristián cara ao sur:
◦ No século XI, o condado de Castela transformouse no reino de Castela (Fernando I,
1038), incorporando máis tarde os antigos reinos de Asturias, León e Galicia. No século
XIII naceu a Coroa de Castela coa unión definitiva entre os reinos de León e Castela
(Fernando III, 1230) tras dous séculos de unións e desunións.
◦ O reino de Navarra chegou ao seu apoxeo con Sancho III o Maior. Rei de Navarra entre
os anos 1000-1035, estendeu o seu poder a Aragón e Castela. Foi o monarca máis poderoso
dos reinos cristiáns da Península Ibérica no s. XI.
◦ No século XI, os condados aragoneses deron lugar ao reino de Aragón (Ramiro I, 1035),
que se transformou no século XII na Coroa de Aragón (Alfonso II, 1164) incorporando os
territorios do principado de Cataluña e o reino de Valencia (Jaime I o conquistador, 1238).
◦ No século XII o condado de Portugal consegue a independencia do reino de León,
xurdindo o reino de Portugal (Afonso Henriques, 1143).
• A finais do século XIII só quedaba na Península un reino musulmán: o reino de Granada,
independente ata o 1492, ano no que foi conquistado polos casteláns. Remataba así a presenza
musulmana e a Reconquista.
3.3. A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS
Paralelamente ao proceso de Reconquista tivo lugar o da repoboación cristiá, é dicir, a ocupación das
terras que foran conquistadas e logo abandonadas polos musulmáns.
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 3
• Entre os séculos VIII e X:
◦ Realizouse a repoboación das zonas situadas ao norte do río Douro e dos vales
pirenaicos, terras que pasaban a ser propiedade do rei que as conquistara.
◦ O rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser
propiedade de quen o ocupase e cultivase (Presura). Os máis beneficiados foron os
nobres e os monxes que fundaban mosteiros, pero tamén houbo campesiños libres.
◦ Para atraer poboación, os reis cristiáns concedían cartas de poboamento, documentos que
delimitaban o territorio, liberaban de obrigas feudais aos seus habitantes, regulamentaban
as actividades económicas e establecían os órganos de goberno dos novos asentamentos.
• Nos séculos XI e XIII:
◦ Repoboáronse os vales do Ebro e do Texo mediante un sistema denominado concejil:
▪ Os reis trataron de atraer poboación concedendo liberdades e privilexios aos
poboadores de vilas ou cidades situadas en zona perigosa e de fronteira.
▪ O repoboación baseouse na creación de Concejos (reunión xeral de veciños en
asemblea)) e cidades ás que se dotou de Foros ou Cartas Pueblas. Estes foros
outorgaban liberdades e privilexios aos seus habitantes: exención dalgúns impostos,
redución de penas por certos delitos,...
• A partires do século XIII:
◦ Principalmente na zona estremeña e andaluza, os monarcas estableceron o sistema de
repartimiento, é dicir, repartían entre nobres e ordes militares grandes extensións de
terras para que as poboasen, controlasen e defendesen. Formáronse, deste xeito, grandes
latifundios.
3.4. A EXPANSIÓN DA COROA DE ARAGÓN POLO MEDITERRÁNEO
Ademais da conquista dos reinos musulmáns, os reis de Aragón expandíronse polo Mediterráneo
entre os séculos XIII e XV.
As zonas ocupadas foron: Baleares, Sicilia, Sardeña, Malta, sur da península italiana (reino de
Nápoles), ducados de Atenas e Neopatria (Grecia).
Nesta expansión tiveron un papel destacado as compañías de almogávares, soldados mercenarios.
3. 5. SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL
A sociedade cristiá peninsular foi, como no resto de Europa, unha sociedade estamental e
xerarquizada:
• Os grupos privilexiados eran os nobres e os eclesiásticos. Polo servizos que lles prestaron
aos reis durante a Reconquista obtiveron grandes beneficios.
• A condición dos non privilexiados, é dicir, o resto da poboación, variaba segundo dependesen
dun señor feudal (laico ou eclesiástico) ou directamente do rei.
Os diferentes reinos medievais peninsulares presentan os seguintes trazos comúns:
• O rei era o soberano, tiña o poder supremo que, segundo a Igrexa, era concedido por Deus.
• O reino era patrimonio dos reis, de modo que podía dividilo entre os seus herdeiros. A partires
do século XIII considerouse que o reino debía transmitirse íntegro, sen dividir.
• O poder do rei estaba baseado nas relacións de vasalaxe que establecía cos nobres e cos
eclesiásticos.
• Aparecen as Cortes (León, 1188) nas que estaban representados a nobreza, o clero e os
habitantes das cidades. A función principal era a aprobación de novos impostos. Podían facer
peticións ao rei.
Entre Castela e Aragón había notables diferenzas en canto ao exercicio do poder dos monarcas:
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 4
• Na Coroa de Castela o poder real foi cada vez máis forte, de modo que os reis impuxeron a
súa autoridade recortáronlles privilexios aos señores e unificando os dereitos forais en todo o
territorio, agás no caso dos señoríos vascos. As mulleres podían herdar o reino. O herdeiro real
recibía o título de príncipe de Asturias.
• Na Coroa de Aragón os monarcas seguían unha tradición pactista pola que os reis debían
comprometerse a respectar as leis e institucións (privilexios forais) de cada reino (diferentes en
Aragón, Cataluña e Valencia) . As mulleres non podían reinar.
3.6. DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO
A economía dos reinos cristiáns ata o século XI era rural e fundamentouse na gandaría e a agricultura.
A terra era a base da riqueza e do poder. O desenvolvemento urbano e comercial era moi débil.
A partires do século XII melloraron os rendementos agrarios e tiveron gran importancia os
cultivos destinados ao comercio como o trigo, a vide e a oliveira. Tamén se produciu un forte
desenvolvemento da gandaría, especialmente a ovina en Castela. A la obtida das ovellas abastecía os
mercados peninsulares e era exportada a Europa. O Honrado Concejo de la Mesta (1273), institución
da que formaban parte os grandes propietarios de rabaños, regulaba as actividades gandeiras.
A revitalización das vellas cidades e a fundación doutras novas estivo vinculada, en gran medida,
coa produción téxtil e artesanal, o comercio e a exportación de la:
• No caso de Castela, o comercio da la concentrábase en Burgos, e dende alí transportábase
aos portos do Cantábrico (Laredo, Bilbao, Castro Urdiales) desde onde se embarcaba cara a
Flandres, sobre todo a Bruxes. Para este comercio xurdiron mercados e feiras como a de
Medina del Campo.
• Na Coroa de Aragón destacaron as cidades de Barcelona e Valencia estimuladas polo
comercio marítimo polo Mar Mediterráneo e cara a Flandres. Nelas desenvolvéronse
actividades artesanais e manufacturas (téxtil, metalúrxica, construción naval). Nos portos
principais do Mediterráneo creáronse os Consulados da Mar para defender os intereses dos
comerciantes da Coroa de Aragón, principalmente cataláns. A prosperidade comercial
favoreceu o desenvolvemento dunha poderosa burguesía.
3.7. CONFLITOS SOCIAIS E POLÍTICOS NA BAIXA IDADE MEDIA
A mediados do século XIV a chegada da epidemia de Peste Negra (1348) deu lugar a un período de
crise económica e social nos reinos peninsulares. Producíronse revoltas campesiñas, conflitos nas
cidades e enfrontamentos entre nobreza e monarquía.
En Castela a nobreza enfrontouse diversas veces á monarquía para restaurar os seus privilexios. O
conflito máis importante foi a guerra civil entre Pedro I, apoiado polos burgueses, e Enrique II, co
soporte dos nobres. A vitoria deste último inaugurou unha nova dinastía, a Trastámara (1369), no
trono castelán. No mundo rural formáronse Hermandades para defenderse da violencia dos nobres.
Haberá tamén revoltas urbanas que rematan en ataques contra os xudeus.
Na Coroa de Aragón, a crise económica provocou o colapso do comercio marítimo. O territorio máis
prexudicado foi Cataluña. Ademais, un conflito político levou ao cambio de dinastía, os Trastámara
(Compromiso de Caspe, 1412). En Cataluña desatáronse graves conflitos sociais como as revoltas
remensas (campesiños sometidos aos malos usos) e unha guerra civil (1462-1472) entre o rei,
apoiado pola Busca (pequenos artesáns e comerciantes), e a Biga (oligarquía urbana).
4. A GALICIA MEDIEVAL
4.1. ATAQUES MUSULMÁNS E VIKINGOS
A presenza musulmá en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións de
saqueo e castigo no territorio galego. A máis significativa foi a dirixida por Almanzor no 997 contra a
cidade de Santiago.
Durante os séculos IX e X as costas galegas sufriron ataques e saqueos dos viquingos, que chegaron
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 5
ata o interior (Santiago e Lugo). Para defender a entrada a Santiago pola ría de Arousa os bispos de
Compostela levantaron fortalezas como as Torres do Oeste en Catoira.
4.2. O REINO DE GALICIA
Dende os inicios da Reconquista as terras galaicas quedaron integradas no reino ástur. Tras a morte
de Alfonso III no 910, foi creado o reino de Galicia e outorgado en herdanza a un dos seus fillos,
Ordoño II. Foi reino independente do reino de León en breves períodos (910-914, 926-929, 1065-
1071), sempre como resultado de repartimentos hereditarios. A titulación de reis de Galicia entre os
monarcas medievais casteláns e os seus sucesores no reino de España perviviu ata o século XIX.
O condado de Portugal, que formara parte do reino de Galicia, no século XII estaba gobernado por
Afonso Henriques, vasalo de Alfonso VII de Castela que, en 1143, foi proclamado rei de Portugal
(Afonso I). A separación portuguesa reduciu Galicia aos límites actuais.
4.3. OS SEÑORES DE GALICIA
O establecemento do réxime feudal en Galicia permitiu a concentración do poder e da propiedade da
terra nas mans da nobreza, os bispos e os mosteiros.
• A nobreza:
◦ Entre os séculos VIII e XIII, os nobres máis poderosos foron os condes pertencentes a
poderosas familias: Présaras, Traba. Conseguiron formar grandes patrimonios grazas ás
doazóns reais como pago polos servizos prestados.
◦ Entre os séculos XIV e XV, a vella nobreza condal foi desprazada por novas linaxes
(Osorio, Andrade, Lemos, Altamira, Sarmiento, Soutomaior), a chamada nobreza dos
cabaleiros, favorecida con mercés e patrimonios por Enrique de Trastámara pola axuda
que lle prestaran na loita contra Pedro I.
• Os señores eclesiásticos formaban o grupo máis poderoso da sociedade galega por
propiedades e rendas que percibían:
◦ Destacaron os mosteiros (Sobrado, Oseira, Meira, Oia, Celanova,...) que acumulaban
terras procedentes de doazóns de fieis, compras e concesións dos reis. Realizaban a
explotación mediante granxas.
◦ As sedes episcopais, especialmente a de Santiago, acumularon grandes propiedades e
dominaron extensos territorios.
4.4. A ERA COMPOSTELÁ
O descubrimento, no 813, dunha tumba que, segundo a tradición, conservaba os restos do apóstolo
Santiago permitiulle á cidade de Compostela e aos seus bispos beneficiarse do seu culto. O máis
destacado dos seus bispos foi Diego Gelmírez quen se dedicou a potenciar a cidade e o seu señorío,
organizando as peregrinacións, dándolle un importante empuxe construtivo a catedral e conseguindo
do Papa, en 1122, o privilexio do Ano Santo (todos os anos nos que o 25 de xullo coincida en
domingo). O labor de Gelmírez permite falar da era compostelá como a época de florecemento de
Santiago de Compostela e o seu señorío no século XII.
4.5. LABREGOS E BURGUESES
A poboación galega sometida aos señores (non privilexiados) vivía no campo, nas vilas e nas cidades:
• A maioría dos labregos galegos traballaban terras arrendadas en foro. Os foros eran contratos
de longa duración nos que unha persoa (señor) ou institución (mosteiro, igrexa) propietaria lle
cedía a outra o uso dunha terra a cambio dunha renda, case sempre en especie.
• Os burgueses cobraron importancia a partires do século XIII pola reactivación da vida urbana.
As vilas e cidades que máis se desenvolveron foron as sedes episcopais (Mondoñedo, Tui,
Ourense, Lugo e Santiago), as que estaban situadas no camiño de peregrinación a Santiago
(Portomarín, Melide, Arzúa) e as costeiras, relacionadas co comercio marítimo e a pesca
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 6
(Pontevedra, A Coruña, Ribadeo, Noia, Betanzos,...).
4.6. A CRISE BAIXOMEDIEVAL EN GALICIA
Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península
e a de Europa, viviu tempos difíciles.
• Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles a entrada da
Peste Negra polo porto de Baiona en 1348, que provocou miles de vítimas.
• Na segunda metade do século XIV, Galicia foi escenario das guerras fernandinas entre
Enrique de Trastámara, rei de Castela, e Fernando I de Portugal que reclamaba o trono
castelán.
• As xentes das vilas e das cidades protagonizaron revoltas contra os abusos dos señores,
sobre todo contra os bispos: Lugo (Martiño Cego e María Castaña, 1380), Santiago (1418) e
Ourense (1419).
• A revolta máis significativa foi a dos irmandiños. A orixe do conflito está na violencia con
que actuaron os señores feudais á hora de esixir o pago das rendas e impoñer novos tributos,
ademais de saquear as propiedades dos labregos. Ante esta situación, labregos e habitantes de
vilas e cidades formaron irmandades, asociacións de axuda mutua para enfrontarse aos
señores:
◦ No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios dos
Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos con
extrema dureza, estivo dirixida por Roi Xordo e rematou con derrota dos irmandiños.
◦ Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Gran Guerra Irmandiña que reuniu a gran
parte da poboación galega nunha irmandade contra os abusos da nobreza (Andrade,
Moscoso, Lemos, Ulloa,...). Os líderes máis salientables foron Alonso de Lanzós, Pedro
de Osorio e Diego de Lemos. A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas
dos nobres. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron
destruídas. Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección
de Pedro Madruga, conde de Caminha, e co apoio das forzas do arcebispo de Compostela,
derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago.
Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 7

More Related Content

What's hot

GóTico Elementos Arquitectonicos
GóTico   Elementos ArquitectonicosGóTico   Elementos Arquitectonicos
GóTico Elementos ArquitectonicosIsidro Santos
 
Tema 2 La Europa feudal
Tema 2 La Europa feudalTema 2 La Europa feudal
Tema 2 La Europa feudalalforni
 
02 arquitetura gótica
02 arquitetura gótica02 arquitetura gótica
02 arquitetura góticaVítor Santos
 
Arte romanica
Arte romanicaArte romanica
Arte romanica10B
 
Aula 03 arquitetura e arte bizantina
Aula 03 arquitetura e arte bizantinaAula 03 arquitetura e arte bizantina
Aula 03 arquitetura e arte bizantinaLila Donato
 
Dança renascentista
Dança renascentista  Dança renascentista
Dança renascentista Maria Gomes
 
O Antigo Regime E O Mercantilismo
O Antigo Regime E O MercantilismoO Antigo Regime E O Mercantilismo
O Antigo Regime E O Mercantilismocrie_historia8
 
Romanos na Península Ibérica
Romanos na Península IbéricaRomanos na Península Ibérica
Romanos na Península IbéricaIsabel Mendinhos
 
O desevolvimento cmoercial parte 2
O desevolvimento cmoercial parte 2O desevolvimento cmoercial parte 2
O desevolvimento cmoercial parte 2Carla Teixeira
 
A europa sob o signo de alá
A europa sob o signo de aláA europa sob o signo de alá
A europa sob o signo de alácattonia
 
Portugal no contexto europeu do Século XII a XIV
Portugal no contexto europeu do Século XII a XIVPortugal no contexto europeu do Século XII a XIV
Portugal no contexto europeu do Século XII a XIVCarlos Vieira
 
Império Inglês
Império InglêsImpério Inglês
Império Inglêsbolotamv
 
Leandro fernandez de moratin el viejo y la nina
Leandro fernandez de moratin   el viejo y la ninaLeandro fernandez de moratin   el viejo y la nina
Leandro fernandez de moratin el viejo y la ninaWILLIAMRAMOSAPAZA1
 
Pueblos prerromanos. Hispania romana y visigoda
Pueblos prerromanos. Hispania romana y visigodaPueblos prerromanos. Hispania romana y visigoda
Pueblos prerromanos. Hispania romana y visigodaConchagon
 
Poder na idade média
Poder na idade médiaPoder na idade média
Poder na idade médiaMaria Gomes
 

What's hot (20)

GóTico Elementos Arquitectonicos
GóTico   Elementos ArquitectonicosGóTico   Elementos Arquitectonicos
GóTico Elementos Arquitectonicos
 
Tema 2 La Europa feudal
Tema 2 La Europa feudalTema 2 La Europa feudal
Tema 2 La Europa feudal
 
Estilo românico e gótico
Estilo românico e góticoEstilo românico e gótico
Estilo românico e gótico
 
02 arquitetura gótica
02 arquitetura gótica02 arquitetura gótica
02 arquitetura gótica
 
Arte romanica
Arte romanicaArte romanica
Arte romanica
 
Aula 03 arquitetura e arte bizantina
Aula 03 arquitetura e arte bizantinaAula 03 arquitetura e arte bizantina
Aula 03 arquitetura e arte bizantina
 
Dança renascentista
Dança renascentista  Dança renascentista
Dança renascentista
 
O Antigo Regime E O Mercantilismo
O Antigo Regime E O MercantilismoO Antigo Regime E O Mercantilismo
O Antigo Regime E O Mercantilismo
 
Romanos na Península Ibérica
Romanos na Península IbéricaRomanos na Península Ibérica
Romanos na Península Ibérica
 
O desevolvimento cmoercial parte 2
O desevolvimento cmoercial parte 2O desevolvimento cmoercial parte 2
O desevolvimento cmoercial parte 2
 
Arte romanica gotica
Arte romanica goticaArte romanica gotica
Arte romanica gotica
 
Românico
RomânicoRomânico
Românico
 
A europa sob o signo de alá
A europa sob o signo de aláA europa sob o signo de alá
A europa sob o signo de alá
 
Portugal no contexto europeu do Século XII a XIV
Portugal no contexto europeu do Século XII a XIVPortugal no contexto europeu do Século XII a XIV
Portugal no contexto europeu do Século XII a XIV
 
Império Inglês
Império InglêsImpério Inglês
Império Inglês
 
Leandro fernandez de moratin el viejo y la nina
Leandro fernandez de moratin   el viejo y la ninaLeandro fernandez de moratin   el viejo y la nina
Leandro fernandez de moratin el viejo y la nina
 
Al Andalus
Al AndalusAl Andalus
Al Andalus
 
Idade média
Idade médiaIdade média
Idade média
 
Pueblos prerromanos. Hispania romana y visigoda
Pueblos prerromanos. Hispania romana y visigodaPueblos prerromanos. Hispania romana y visigoda
Pueblos prerromanos. Hispania romana y visigoda
 
Poder na idade média
Poder na idade médiaPoder na idade média
Poder na idade média
 

Viewers also liked

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial rubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalusrubempaul
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 

Viewers also liked (20)

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 

Similar to Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigorubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galiciarubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIA Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIDudas-Historia
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicosroberto
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicosroberto
 
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesDaniel Verea Vázquez
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesrubempaul
 
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsularesFormación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsularesmercedesdans
 
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristiansTema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristiansSanti Pazos
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 
Península Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade MediaPenínsula Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade Mediapedriculas
 
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)Agrela Elvixeo
 
Portada guay
Portada guayPortada guay
Portada guaymttq
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 

Similar to Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia (20)

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIA Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
 
06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos06 os reinos cristiáns hispánicos
06 os reinos cristiáns hispánicos
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos
 
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4. formación e expansión dos reinos peninsulares
 
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsularesTema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
Tema 4 Formación e expansión dos reinos peninsulares
 
Idade Media
Idade MediaIdade Media
Idade Media
 
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsularesFormación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
Formación e expansión dos reinos cristiáns peninsulares
 
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristiansTema 4 Os primeiros reinos cristians
Tema 4 Os primeiros reinos cristians
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Presentación cc sociais
Presentación cc sociaisPresentación cc sociais
Presentación cc sociais
 
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
UNIDADE 4 - 2º E.S.O.
 
Península Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade MediaPenínsula Ibérica na Idade Media
Península Ibérica na Idade Media
 
LA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODALA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODA
 
LA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODALA HISPANIA VISIGODA
LA HISPANIA VISIGODA
 
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
A orixe dos primeiros reinos peninsulares (s. VIII-XIII)
 
Portada guay
Portada guayPortada guay
Portada guay
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 

Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia

  • 1. TEMA 8 A PENÍNSULA IBÉRICA NA IDADE MEDIA 1. OS POBOS XERMÁNICOS NA PENÍNSULA IBÉRICA 1.1. O REINO VISIGODO DE TOLEDO No ano 409 penetraron en Hispania os suevos, vándalos e alanos. No 416 os visigodos, aliados de Roma, acudiron á Península e expulsaron os vándalos e alanos e acantoaron aos suevos en Gallaecia. A mediados do século V, os visigodos formaron o reino de Tolosa formado polo Sur da Galia e parte de Hispania. No anos 507, tras ser derrotados polos francos na batalla de Vouillé, os visigodos foron expulsados da Galia e espalláronse por Hispania, organizando un reino con capital en Toledo. O rei visigodo Leovixildo expulsou aos suevos (585) e conquistoulles numerosos territorios aos bizantinos que ocuparan o Sur peninsular (572-624). No 711 un exército musulmán, procedente do norte de África, invadiu a Península Ibérica e derrotou ao derradeiro monarca visigodo, don Rodrigo, na batalla de Guadalete. Os reis visigodos converteron en hereditaria a coroa (deixou de ser electiva) e propuxéronse unir a todos os seus súbditos, fosen visigodos ou hispanorromanos, baixo unha mesma relixión (tras a convesión de Recaredo ao catolicismo -589-) e unha mesma lei (o Liber Iudiciorum implantado por Recesvinto – 654- ). A economía hispánica en tempos dos visigodos foi agrícola e de subsistencia e a nobreza visigoda converteuse no grupo social privilexiado. A cultura empobreceuse e quedou en mans da Igrexa. Destacou San Isidoro de Sevilla (Etimoloxías, unha obra que resumía todo o saber do seu tempo). A arte orixinou pequenas igrexas como San Juan de Baños (Palencia) ou San Pedro de la Nave (Zamora) que utilizaron arcos de ferradura. 1.2. O REINO SUEVO No ano 409 os suevos penetraron na Península Ibérica debido a un pacto (foedus) cos romanos, e no ano 411 o emperador Honorio asignou aos suevos a zona occidental da Gallaecia. Eran un pobo orixinario do mar Báltico e estableceron a súa capital en Bracara Augusta (Braga, Portugal), formando un reino propio que no 585 pasou a mans dos visigodos dirixidos por Leovixildo. Durante o dominio dos suevos consolidouse a cristianización desta zona da Península Ibérica. Co fin de combater o paganismo, a mediados do século VI chegou a Galicia San Martiño de Dumio. Para organizar a conversión de todo o reino suevo ao cristianismo, no ano 569 organizouse o Concilio de Braga. Os suevos foron os que implantaron unha entidade administrativa que pervive na actualidade: a parroquia, concibida na súa orixe como unha división eclesiástica do reino. 2. AL-ANDALUS Os musulmáns deron o nome de al-Andalus ás terras que ocuparon e habitaron na Península Ibérica entre o 711 e 1492. A medida que os cristiáns ían recuperando territorios (reconquista), esta denominación serviu para designar a zona do sur peninsular e dela deriva o nome actual de Andalucía. 2.1. A CONQUISTA E A FORMACIÓN DO EMIRATO DE CÓRDOBA No ano 711, tropas musulmás procedentes do norte de África atravesaron o estreito de Xibraltar e, tras derrotar ao exército visigodo dirixido por Don Rodrigo, na batalla de Guadalete, iniciaron a Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 1
  • 2. conquista da Península Ibérica. A rapidez desta conquista, con Tariq e Musa ao mando, foi debida á escasa resistencia que ofreceu a nobreza hispanovisigoda, debilitada por loitas internas e porque os dirixentes locais estableceron pactos cos conquistadores para conservar as súas terras e o seu poder. Algúns nobres e cregos hispanovisigodos, xunto cunha pequena parte da poboación, refuxiáronse na zona asturiana, que permaneceu á marxe da ocupación. O territorio peninsular pasou a chamarse al-Andalus e converteuse nun Emirato (provincia) dependente (718-756) do Califato Omeia de Damasco, con capital en Córdoba: Emirato de Córdoba. Tras a caída dos Omeias de Damasco, o omeia Abd al- Rahman I estableceuse en Al-Andalus e declarouse emir independente de Bagdad (756-929) (independencia política), aínda que se mantivo baixo a autoridade relixiosa do califa de Bagdad (dependencia relixiosa). 2.2. DO CALIFATO DE CÓRDOBAAO REINO NAZARÍ DE GRANADA No ano 929, Abd al- Rahman III independizouse da autoridade relixiosa de Bagdad e proclamouse califa de Al-Andalus. Nacía deste xeito o Califato de Córdoba. O Califato foi a época de máximo esplendor de Al-Andalus. A isto contribuíron as vitoriosas expedicións militares contra os reinos cristiáns do Norte que organizou al- Mansur (Almanzor), a finais do século X. Entre o 1031 e o 1238 Al-Andalus fragmentouse en numerosos reinos chamados taifas. A fragmentación política debilitou militarmente Al-Andalus e favoreceu a reconquista. Malia a axuda dos exércitos musulmáns procedentes do Norte de África (almorábides e almohades), no século XIII, os reis cristiáns ocuparon case todos os territorios de Al- Andalus. O único territorio andalusí que sobreviviu ao avance dos reinos cristiáns foi o reino nazarí de Granada. No 1492 foi conquistado polos Reis Católicos. Remataba a reconquista. 2.3. ECONOMÍA E SOCIEDADE O centro económico no mundo musulmán era a cidade. Nelas desenvolvíanse: • A artesanía era unha actividade florecente que poñía á venda os seus produtos nos zocos. • O comercio xeraba moita riqueza. Al-Andalus comerciaba con Europa, co Norte de África e con Oriente. • A agricultura ocupaba a maior parte da poboación. Os musulmáns introduciron novas técnicas como o regadío e novos cultivos como o arroz e as laranxas. A sociedade en Al-Andalus estaba formada por: • Poboación musulmá: ◦ Os árabes: eran a minoría gobernante. ◦ Os bérberes: chegados do Norte de África, un grupo de extracción humilde. ◦ Os muladís (a maioría da poboación), eran os hispanovisigodos convertidos ao Islam. • A poboación non musulmá: ◦ Os mozárabes: cristiáns que vivían en territorio musulmán. ◦ Xudeus, minoría relixiosa. • Escravos, capturados nas batallas. 2.4. CULTURA E ARTE Entre os séculos VIII e XII, a civilización islámica destacaba polo seu esplendor, mentres a Europa feudal padecía empobrecemento económico e cultural. Desenvolveron os estudos matemáticos, a medicina, a astronomía ou a filosofía (Averroes). Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 2
  • 3. A arte islámica reúne moitas influencias pero tamén mantén uns trazos homoxéneos, como a importancia das súas artes decorativas con motivos caligráficos (textos relixiosos con escritura árabe), xeométricos, arabescos e vexetais., a raíz da prohibición de representar imaxes sagradas. En arquitectura destacan edificios como a mesquita, a alcazaba ou os palacios. Construíanse en ladrillo, utilizando arcos (especialmente o de ferradura e os lobulados), cúpulas e moita decoración. Como edificios principais destacan a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada. 3. A EXPANSIÓN CRISTIÁ 3.1. ORIXE E FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS PENINSULARES Os musulmáns controlaron rapidamente a maior parte da Península Ibérica dende a súa chegada no 711, menos as zonas montañosas do norte onde xurdiron núcleos de resistencia cristiáns. Na zona de Asturias, a poboación indíxena liderada polo nobre visigodo Don Pelayo derrotou aos musulmáns na batalla de Covadonga (722), feito que se considera como o inicio da Reconquista. Este triunfo permitiu a formación do Reino de Asturias.A zona dos Pirineos estivo controlada por Carlomagno durante a segunda metade do século VIII, foi a chamada Marca Hispánica, dividida en condados. A medida que a autoridade dos reis francos diminuía, estes territorios foron gobernados por familias nobres locais que acabaron por formar o reino de Pamplona, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e os condados cataláns. 3.2.-A RECONQUISTA. O AVANCE CRISTIÁN A Reconquista foi un proceso no que os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras peninsulares dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda. Fases: • Entre os séculos VIII e X o avance cristián foi moi lento: ◦ O reino de Asturias trasladou a capital de Oviedo a León, orixinándose o reino de León. No seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia e os condados de Castela e de Portugal. ◦ Na zona oriental os reinos e condados cristiáns ampliaron cara o sur os seus dominios. • Entre os séculos XI e XIII a desaparición do califato de Córdoba e a súa fragmentación nos reinos de taifas favoreu o avance cristián cara ao sur: ◦ No século XI, o condado de Castela transformouse no reino de Castela (Fernando I, 1038), incorporando máis tarde os antigos reinos de Asturias, León e Galicia. No século XIII naceu a Coroa de Castela coa unión definitiva entre os reinos de León e Castela (Fernando III, 1230) tras dous séculos de unións e desunións. ◦ O reino de Navarra chegou ao seu apoxeo con Sancho III o Maior. Rei de Navarra entre os anos 1000-1035, estendeu o seu poder a Aragón e Castela. Foi o monarca máis poderoso dos reinos cristiáns da Península Ibérica no s. XI. ◦ No século XI, os condados aragoneses deron lugar ao reino de Aragón (Ramiro I, 1035), que se transformou no século XII na Coroa de Aragón (Alfonso II, 1164) incorporando os territorios do principado de Cataluña e o reino de Valencia (Jaime I o conquistador, 1238). ◦ No século XII o condado de Portugal consegue a independencia do reino de León, xurdindo o reino de Portugal (Afonso Henriques, 1143). • A finais do século XIII só quedaba na Península un reino musulmán: o reino de Granada, independente ata o 1492, ano no que foi conquistado polos casteláns. Remataba así a presenza musulmana e a Reconquista. 3.3. A REPOBOACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS Paralelamente ao proceso de Reconquista tivo lugar o da repoboación cristiá, é dicir, a ocupación das terras que foran conquistadas e logo abandonadas polos musulmáns. Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 3
  • 4. • Entre os séculos VIII e X: ◦ Realizouse a repoboación das zonas situadas ao norte do río Douro e dos vales pirenaicos, terras que pasaban a ser propiedade do rei que as conquistara. ◦ O rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen o ocupase e cultivase (Presura). Os máis beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros, pero tamén houbo campesiños libres. ◦ Para atraer poboación, os reis cristiáns concedían cartas de poboamento, documentos que delimitaban o territorio, liberaban de obrigas feudais aos seus habitantes, regulamentaban as actividades económicas e establecían os órganos de goberno dos novos asentamentos. • Nos séculos XI e XIII: ◦ Repoboáronse os vales do Ebro e do Texo mediante un sistema denominado concejil: ▪ Os reis trataron de atraer poboación concedendo liberdades e privilexios aos poboadores de vilas ou cidades situadas en zona perigosa e de fronteira. ▪ O repoboación baseouse na creación de Concejos (reunión xeral de veciños en asemblea)) e cidades ás que se dotou de Foros ou Cartas Pueblas. Estes foros outorgaban liberdades e privilexios aos seus habitantes: exención dalgúns impostos, redución de penas por certos delitos,... • A partires do século XIII: ◦ Principalmente na zona estremeña e andaluza, os monarcas estableceron o sistema de repartimiento, é dicir, repartían entre nobres e ordes militares grandes extensións de terras para que as poboasen, controlasen e defendesen. Formáronse, deste xeito, grandes latifundios. 3.4. A EXPANSIÓN DA COROA DE ARAGÓN POLO MEDITERRÁNEO Ademais da conquista dos reinos musulmáns, os reis de Aragón expandíronse polo Mediterráneo entre os séculos XIII e XV. As zonas ocupadas foron: Baleares, Sicilia, Sardeña, Malta, sur da península italiana (reino de Nápoles), ducados de Atenas e Neopatria (Grecia). Nesta expansión tiveron un papel destacado as compañías de almogávares, soldados mercenarios. 3. 5. SOCIEDADE E MONARQUÍA FEUDAL A sociedade cristiá peninsular foi, como no resto de Europa, unha sociedade estamental e xerarquizada: • Os grupos privilexiados eran os nobres e os eclesiásticos. Polo servizos que lles prestaron aos reis durante a Reconquista obtiveron grandes beneficios. • A condición dos non privilexiados, é dicir, o resto da poboación, variaba segundo dependesen dun señor feudal (laico ou eclesiástico) ou directamente do rei. Os diferentes reinos medievais peninsulares presentan os seguintes trazos comúns: • O rei era o soberano, tiña o poder supremo que, segundo a Igrexa, era concedido por Deus. • O reino era patrimonio dos reis, de modo que podía dividilo entre os seus herdeiros. A partires do século XIII considerouse que o reino debía transmitirse íntegro, sen dividir. • O poder do rei estaba baseado nas relacións de vasalaxe que establecía cos nobres e cos eclesiásticos. • Aparecen as Cortes (León, 1188) nas que estaban representados a nobreza, o clero e os habitantes das cidades. A función principal era a aprobación de novos impostos. Podían facer peticións ao rei. Entre Castela e Aragón había notables diferenzas en canto ao exercicio do poder dos monarcas: Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 4
  • 5. • Na Coroa de Castela o poder real foi cada vez máis forte, de modo que os reis impuxeron a súa autoridade recortáronlles privilexios aos señores e unificando os dereitos forais en todo o territorio, agás no caso dos señoríos vascos. As mulleres podían herdar o reino. O herdeiro real recibía o título de príncipe de Asturias. • Na Coroa de Aragón os monarcas seguían unha tradición pactista pola que os reis debían comprometerse a respectar as leis e institucións (privilexios forais) de cada reino (diferentes en Aragón, Cataluña e Valencia) . As mulleres non podían reinar. 3.6. DESENVOLVEMENTO RURAL E URBANO A economía dos reinos cristiáns ata o século XI era rural e fundamentouse na gandaría e a agricultura. A terra era a base da riqueza e do poder. O desenvolvemento urbano e comercial era moi débil. A partires do século XII melloraron os rendementos agrarios e tiveron gran importancia os cultivos destinados ao comercio como o trigo, a vide e a oliveira. Tamén se produciu un forte desenvolvemento da gandaría, especialmente a ovina en Castela. A la obtida das ovellas abastecía os mercados peninsulares e era exportada a Europa. O Honrado Concejo de la Mesta (1273), institución da que formaban parte os grandes propietarios de rabaños, regulaba as actividades gandeiras. A revitalización das vellas cidades e a fundación doutras novas estivo vinculada, en gran medida, coa produción téxtil e artesanal, o comercio e a exportación de la: • No caso de Castela, o comercio da la concentrábase en Burgos, e dende alí transportábase aos portos do Cantábrico (Laredo, Bilbao, Castro Urdiales) desde onde se embarcaba cara a Flandres, sobre todo a Bruxes. Para este comercio xurdiron mercados e feiras como a de Medina del Campo. • Na Coroa de Aragón destacaron as cidades de Barcelona e Valencia estimuladas polo comercio marítimo polo Mar Mediterráneo e cara a Flandres. Nelas desenvolvéronse actividades artesanais e manufacturas (téxtil, metalúrxica, construción naval). Nos portos principais do Mediterráneo creáronse os Consulados da Mar para defender os intereses dos comerciantes da Coroa de Aragón, principalmente cataláns. A prosperidade comercial favoreceu o desenvolvemento dunha poderosa burguesía. 3.7. CONFLITOS SOCIAIS E POLÍTICOS NA BAIXA IDADE MEDIA A mediados do século XIV a chegada da epidemia de Peste Negra (1348) deu lugar a un período de crise económica e social nos reinos peninsulares. Producíronse revoltas campesiñas, conflitos nas cidades e enfrontamentos entre nobreza e monarquía. En Castela a nobreza enfrontouse diversas veces á monarquía para restaurar os seus privilexios. O conflito máis importante foi a guerra civil entre Pedro I, apoiado polos burgueses, e Enrique II, co soporte dos nobres. A vitoria deste último inaugurou unha nova dinastía, a Trastámara (1369), no trono castelán. No mundo rural formáronse Hermandades para defenderse da violencia dos nobres. Haberá tamén revoltas urbanas que rematan en ataques contra os xudeus. Na Coroa de Aragón, a crise económica provocou o colapso do comercio marítimo. O territorio máis prexudicado foi Cataluña. Ademais, un conflito político levou ao cambio de dinastía, os Trastámara (Compromiso de Caspe, 1412). En Cataluña desatáronse graves conflitos sociais como as revoltas remensas (campesiños sometidos aos malos usos) e unha guerra civil (1462-1472) entre o rei, apoiado pola Busca (pequenos artesáns e comerciantes), e a Biga (oligarquía urbana). 4. A GALICIA MEDIEVAL 4.1. ATAQUES MUSULMÁNS E VIKINGOS A presenza musulmá en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións de saqueo e castigo no territorio galego. A máis significativa foi a dirixida por Almanzor no 997 contra a cidade de Santiago. Durante os séculos IX e X as costas galegas sufriron ataques e saqueos dos viquingos, que chegaron Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 5
  • 6. ata o interior (Santiago e Lugo). Para defender a entrada a Santiago pola ría de Arousa os bispos de Compostela levantaron fortalezas como as Torres do Oeste en Catoira. 4.2. O REINO DE GALICIA Dende os inicios da Reconquista as terras galaicas quedaron integradas no reino ástur. Tras a morte de Alfonso III no 910, foi creado o reino de Galicia e outorgado en herdanza a un dos seus fillos, Ordoño II. Foi reino independente do reino de León en breves períodos (910-914, 926-929, 1065- 1071), sempre como resultado de repartimentos hereditarios. A titulación de reis de Galicia entre os monarcas medievais casteláns e os seus sucesores no reino de España perviviu ata o século XIX. O condado de Portugal, que formara parte do reino de Galicia, no século XII estaba gobernado por Afonso Henriques, vasalo de Alfonso VII de Castela que, en 1143, foi proclamado rei de Portugal (Afonso I). A separación portuguesa reduciu Galicia aos límites actuais. 4.3. OS SEÑORES DE GALICIA O establecemento do réxime feudal en Galicia permitiu a concentración do poder e da propiedade da terra nas mans da nobreza, os bispos e os mosteiros. • A nobreza: ◦ Entre os séculos VIII e XIII, os nobres máis poderosos foron os condes pertencentes a poderosas familias: Présaras, Traba. Conseguiron formar grandes patrimonios grazas ás doazóns reais como pago polos servizos prestados. ◦ Entre os séculos XIV e XV, a vella nobreza condal foi desprazada por novas linaxes (Osorio, Andrade, Lemos, Altamira, Sarmiento, Soutomaior), a chamada nobreza dos cabaleiros, favorecida con mercés e patrimonios por Enrique de Trastámara pola axuda que lle prestaran na loita contra Pedro I. • Os señores eclesiásticos formaban o grupo máis poderoso da sociedade galega por propiedades e rendas que percibían: ◦ Destacaron os mosteiros (Sobrado, Oseira, Meira, Oia, Celanova,...) que acumulaban terras procedentes de doazóns de fieis, compras e concesións dos reis. Realizaban a explotación mediante granxas. ◦ As sedes episcopais, especialmente a de Santiago, acumularon grandes propiedades e dominaron extensos territorios. 4.4. A ERA COMPOSTELÁ O descubrimento, no 813, dunha tumba que, segundo a tradición, conservaba os restos do apóstolo Santiago permitiulle á cidade de Compostela e aos seus bispos beneficiarse do seu culto. O máis destacado dos seus bispos foi Diego Gelmírez quen se dedicou a potenciar a cidade e o seu señorío, organizando as peregrinacións, dándolle un importante empuxe construtivo a catedral e conseguindo do Papa, en 1122, o privilexio do Ano Santo (todos os anos nos que o 25 de xullo coincida en domingo). O labor de Gelmírez permite falar da era compostelá como a época de florecemento de Santiago de Compostela e o seu señorío no século XII. 4.5. LABREGOS E BURGUESES A poboación galega sometida aos señores (non privilexiados) vivía no campo, nas vilas e nas cidades: • A maioría dos labregos galegos traballaban terras arrendadas en foro. Os foros eran contratos de longa duración nos que unha persoa (señor) ou institución (mosteiro, igrexa) propietaria lle cedía a outra o uso dunha terra a cambio dunha renda, case sempre en especie. • Os burgueses cobraron importancia a partires do século XIII pola reactivación da vida urbana. As vilas e cidades que máis se desenvolveron foron as sedes episcopais (Mondoñedo, Tui, Ourense, Lugo e Santiago), as que estaban situadas no camiño de peregrinación a Santiago (Portomarín, Melide, Arzúa) e as costeiras, relacionadas co comercio marítimo e a pesca Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 6
  • 7. (Pontevedra, A Coruña, Ribadeo, Noia, Betanzos,...). 4.6. A CRISE BAIXOMEDIEVAL EN GALICIA Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e a de Europa, viviu tempos difíciles. • Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles a entrada da Peste Negra polo porto de Baiona en 1348, que provocou miles de vítimas. • Na segunda metade do século XIV, Galicia foi escenario das guerras fernandinas entre Enrique de Trastámara, rei de Castela, e Fernando I de Portugal que reclamaba o trono castelán. • As xentes das vilas e das cidades protagonizaron revoltas contra os abusos dos señores, sobre todo contra os bispos: Lugo (Martiño Cego e María Castaña, 1380), Santiago (1418) e Ourense (1419). • A revolta máis significativa foi a dos irmandiños. A orixe do conflito está na violencia con que actuaron os señores feudais á hora de esixir o pago das rendas e impoñer novos tributos, ademais de saquear as propiedades dos labregos. Ante esta situación, labregos e habitantes de vilas e cidades formaron irmandades, asociacións de axuda mutua para enfrontarse aos señores: ◦ No ano 1431 iniciouse a Primeira Guerra Irmandiña. O conflito afectou aos dominios dos Andrade (Pontedeume, Betanzos, Ferrol e Vilalba) que trataban os seus vasalos con extrema dureza, estivo dirixida por Roi Xordo e rematou con derrota dos irmandiños. ◦ Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Gran Guerra Irmandiña que reuniu a gran parte da poboación galega nunha irmandade contra os abusos da nobreza (Andrade, Moscoso, Lemos, Ulloa,...). Os líderes máis salientables foron Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos. A ira dos irmandiños dirixiuse contra as torres e fortalezas dos nobres. A meirande parte dos nobres fuxiron de Galicia e máis de 130 fortalezas foron destruídas. Contando co apoio do rei, os nobres feudais reaccionaron e, baixo a dirección de Pedro Madruga, conde de Caminha, e co apoio das forzas do arcebispo de Compostela, derrotaron as tropas irmandiñas nas proximidades de Santiago. Xeografía e Historia – 2º ESO © RPV 7