SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
ESCOLMA DE POEMAS
DE UXÍO NOVONEYRA
   Concurso de Poesía Visual
     Uxío Novoneyra 2010




 Sonia Ces García e Román Cerqueiro Landín
 Dpto. de Lingua Galega / ENDL / Biblioteca
      Abril 2010 - IES de Porto do Son
Poema nº 1

ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz



Poema nº 2

LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES

LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo bruído sin nome é un agoiro.



Poema nº 3

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home...
Poema nº 4

FIANDEIRA namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fora
riba dos teitos calada
mentras ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana...



Poema nº 5

SE O PASADO É PASADO

SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.


Poema nº 6

No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
Poema nº 7

PORTA XORDA 1966

      PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe!
Dente puño teso a premer valeiro!
Cando volva o vento
Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?

Rota a corda que tempera a forza do sino
Un pobo enteiro rébrese no tempo
Folga Xeral contra da Historia.

Compría agouxarse en calquer ichó
Mais seguín fora a xistra
Velando norde estrela longa brillo atuido.
Alguén chama. Alguén agarda
Corazón tente
Sostén a gran nembranza.



Poema nº 8

Panos brancos
                       esfiañados
                                            da nebra
ouveando polos vales
                          polos soutos
                                     i as devesas marelas
en busca dun caborco
                        ou dunha valiña outa
                                                       que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
                     rubindo
                               e baixando
                                             á gaiola do aire
polas serras érmedas
                               e polos soutos espidos
                                                            do Nadal!
Poema nº 9

CAI a neve cai cai
falopiña a falopiña
nin o vento a arremuíña
nin a auga a desfai.

....................

Cido Castro de Brío nevados!
baixa a neve ate os prados …


Poema nº 10
Esta tarde o aire é meu amigo.
Voume sumindo sumindo.
Si o aire quer
chegarein a non ser niguén.


Poema nº 11

CAIN as follas...
Sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca...

Son eu ou é ela?


Poema nº 12

COUSOS do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde niguén foi nin ha d'ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis medosa...
Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.
Poema nº 13

CONVOSCO falo con vós el Rei Alfonso Esguío
                                     e Torneol
Pero Meogo e Mendiño que levades a frol
con vós el Rei don Denís de Portugal Per Amigo
Roi Fernández de Santiago Martín Códax de Vigo
con vós galegos de voz xorda galegos de cristal
Xoán Airas Airas Nunnes Bernal de Bonaval
Martín de Padrocelos perto donde eu nacín
Esteban Coello – a flemosa fía e canta manselín-
Xohán Zorro o da bailada i as barcas en Lisboa
Cerceo Bolseiro o de Armea o de Guillade o
                                    de Ambroa
i o da Ponte Lourenzo Martín Moxa Eanes
                                                       do Cotón
Roi Paes Soares Lopes Lopo Lías e tantos máis
                                          que son
i entre tódalas soldadeiras sóla ti María a Balteira
belida dos dados donda da danza primeira.

Son eu trovadores do pensar
que non se debe ter por trovador
trovador que trova por trovar
sin ser da tal coita sofridor
que non pudera nin rebrer calar.

E non é menester que vos diga
pra quen vai derrita esta cantiga.


Poema nº 14

VENDO i ouvindo o río
Vaise o tempo sin sentilo.

Naz´a auga su as abrairas
Entr´as penas sombrizas
roxe e baixa
de pincheira en pincheira
e corre entretecida …
      /
ESTA auga da presa
Poema nº 15

BRANCA, Uxío i Arturo
quedaranse no Futuro
quedaredes no Futuro
pra que siga o Pasado
e ti Galicia a durar
anque se funda o lousado
e caia neve no lar.
Anque se funda o lousado
e se descubra o faiado.
No coarto en que fun nado
e no mesmo leito ha nevar.


Poema nº 16

CHOVE pra que eu soñe...


Poema nº 17


LOAIRAS de sol
Ventaladas d´aire
E razadas d´auga!

                  /

DENDE nino pequeño
Voun ver sempre o ríu que amenteu
Que me fai ise aceno
Que sein eu.


Poema nº 18

RIBA da auga tecida
flaira d´abraira florida.

Riba da auga trenzada
flaigra d´abraira granada.
Poema nº 19

Ficando na anta
- a fiestra aberta á alba-
vía voar as anduriñas.

Levein os ollos prá serra
i esquecinme da alba de min e delas
que anque iban e viñan
i anque oía non oía …

                   Poema nº 20

                    HEIN d'ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro
                   deitarme na Campa da Lucenza nun claro.
                   Hein d'ir á Devesa da Rogueira i a Donís
                   ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.
                   Hein d'ir a Lousada i a Pacios do Señor
                   a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.
                   Hein d'ir ó Cebreiro pasar por Liñares
                   rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares
                   Hein d'ir a Cido i a Castro de Brío
                   baixar i andar pola aurela do río.
                   Hein d'ir a Céramo cruzal'o Faro i entón
                   debrocar pra baixo cara Oéncia e León.
                   Hein d'ir a Vales i a Pena da Airexa
                   i a un eido solo onde ninguén me vexa.

Poema nº 21

Terras érmedas do Freixeiro!
Montes irados!
Pobos pobres
que se foron quedando nos ósos!

                                      Poema nº 22

                                      PAXAROS voando
                                      o ámeto do canto.

                                      Cada sitio
                                      ten un camiño
                                      que non vai
                                      máis alá.
Poema nº 23

OUTOS vales soutos e bouzas!
Hora en que todo é unha sola cousa!


Poema nº 24                               Poema nº 25

INGRAVE de ensoño                         A CASA DE PARADA*
tenme a tarde no colo
e só pouso os ollos…                       A casa de pedra e cal vella
                                          -solaina de ventanas prá serra-
Verdega o mofo                            feita fa icen anos á miña maneira!
que fía o pouso do tempo longo.
                                          Casa natal de Uxío Novoneyra en
                                          Parada.


Poema nº 26

 A MARÍA MARIÑO

CÁNTOS outonos e longos invernos
pasando a ollada –espello a espello-
da coor dos teus ollos á coor do Ucedo!


            Poema nº 27

            Á NOVA MOCEDADE

            AGALLOPA agallota cabalo novo
            atrouxa a sebe do pobo
            agallota cabalo alto
            ralva todo dun salto
            guinda cancelos
            torre-penedos
            ichós ó estreito
            cun home solo pecho no meio do muro vello e dil mesmo
                   feito
            pincha no val
            agallota dobra abre ancho camiño real.
Poema nº 28

O MOUCHO DA ALAMEDA / LUGO

MOUCHO que cantas pra noite queda
na sombra das flairas tecidas,
ti fais distas arbres de cidade
un bosque antigo no que eu estuven sempre.

Oíndote, esquezo as casas apezadas d´orredor
que o teu canto iñora.

Moucho,
nós non somos para vivir esquí.
Os dous viñemos de lonxe
e tornaremos outra vez para aló,
onde o noso misterio se acai.

Ti iraste, despois que eu me vaia,
unha noite que ninguén vele
nesta cidade de nebras e campás vagariñas.



      Poema nº 29

      POLO Real de Parada
      por Savane e por Piñeira
      Pontalor e Fondestela
      cara Pacios de Lousada
      o solar da miña mai.
      Polas rotas do meu pai
      i a miña irmá cabaleira.
      Coma se fora candi-el
      coma se fora candi-ela
      a Pedrafita á feira.
      Por Grandalonga e Liñares
      deixando a do Courel
      pola vista dos Ancares.
Poema nº 30

LETANÍA DE GALICIA
GALICIA digo eu ún di                       GALICIA
GALICIA decimos todos                       GALICIA
hastr’aos que calan din                       GALICIA
e saben                                          sabemos

GALICIA       da door                   chora á forza
GALICIA       da tristura               triste á forza
GALICIA       do silencio             calada á forza
GALICIA       da fame               emigrante á forza
GALICIA       vendada                    cega á forza
GALICIA       tapeada                    xorda á forza
GALICIA       atrelada                  queda á forza

libre   pra   servir                      libre pra servir
libre   pra   non ser                   libre pra non ser
libre   pra   morrer                    libre pra morrer
libre   pra   fuxir                         libre pra fuxir

GALICIA       labrega                  GALICIA nosa
GALICIA       mariñeira                GALICIA nosa
GALICIA       obreira                  GALICIA nosa
GALICIA       irmandiña
GALICIA       viva inda

recóllote da TERRA                      estás mui fonda
recóllote do PUEBLO                     estás n’il toda
recóllote da HISTORIA                   estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

         sabemos que ti podes ser outra cousa
         sabemos que o home pode ser outra cousa
Poema nº 31

    ONDE só queda alguén pra aguantar dos nomes
poño eu a ampla fronda
a redroma dun castiñeiro
e sentada á súa sombra xunta a longa estirpe do último labrego.

Non coma as estirpes dos reis
ciscadas en múltiples pazos e alcázares
e países diversos
senón as estirpes campesiñas
xeraciós e xeraciós
xuntas á porta das casas pechadas
na escaleira de pedra
ou nas raigañas fóra dunha árbore coma esta.

Estirpes da gleba
amosados mortos que nin oxa o sol de Xullo
cando se erguían pra gadañar co orvallo!

Gadañarei outro ano
gadañarei en homenaxe
non por que a herba volva tenra e igual
e defender os prados gañados á bouza.
Gadañarei coma nas grandes rogadas do Vrao
tralos gadañeiros sucesivos
lambendo con brío os calcaños de diante.
Ir e vir da gadaña canta a ritmo binario
sobre un fondo de roxe ou río contino.


Poema nº 32

NEVA no bico do cume
neva xa pola ladeira
neva no teito e na eira.

..................
..................
..................

Eu a ollar pro lume
i o lume a ollarme.
O lume sin queimarme
fai de min fume…

More Related Content

What's hot

Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011marisadc2
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais monadela
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel Maríamonadela
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianosnoagaliza
 

What's hot (20)

Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Poemas de paz sen data
Poemas de paz sen dataPoemas de paz sen data
Poemas de paz sen data
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
 

Viewers also liked

Careers in Engineering, IT, TLM & Other Fields
Careers in Engineering, IT, TLM & Other FieldsCareers in Engineering, IT, TLM & Other Fields
Careers in Engineering, IT, TLM & Other FieldsAfrar Malakooth
 
NMC2016 Preparing Students for Their Careers
NMC2016 Preparing Students for Their CareersNMC2016 Preparing Students for Their Careers
NMC2016 Preparing Students for Their CareersFrankie Yonekura
 
Math Degree Careers
Math Degree CareersMath Degree Careers
Math Degree Careerscccstb
 
Career project
Career projectCareer project
Career projectalexisegan
 
Awareness about engineering fields
Awareness about engineering fieldsAwareness about engineering fields
Awareness about engineering fieldsrixthegreat
 
Careers in Science, Math, and Engineering
Careers in Science, Math, and EngineeringCareers in Science, Math, and Engineering
Careers in Science, Math, and EngineeringMeagan Pollock
 
Career project
Career projectCareer project
Career projectangelet92
 
Careers project
Careers projectCareers project
Careers projects152440
 

Viewers also liked (11)

Careers in Engineering, IT, TLM & Other Fields
Careers in Engineering, IT, TLM & Other FieldsCareers in Engineering, IT, TLM & Other Fields
Careers in Engineering, IT, TLM & Other Fields
 
Intro to STEM Careers for Middle Schoolers
Intro to STEM Careers for Middle SchoolersIntro to STEM Careers for Middle Schoolers
Intro to STEM Careers for Middle Schoolers
 
NMC2016 Preparing Students for Their Careers
NMC2016 Preparing Students for Their CareersNMC2016 Preparing Students for Their Careers
NMC2016 Preparing Students for Their Careers
 
STEM
STEMSTEM
STEM
 
Math Degree Careers
Math Degree CareersMath Degree Careers
Math Degree Careers
 
Career project
Career projectCareer project
Career project
 
Awareness about engineering fields
Awareness about engineering fieldsAwareness about engineering fields
Awareness about engineering fields
 
MLCS NADE 2014
MLCS NADE 2014MLCS NADE 2014
MLCS NADE 2014
 
Careers in Science, Math, and Engineering
Careers in Science, Math, and EngineeringCareers in Science, Math, and Engineering
Careers in Science, Math, and Engineering
 
Career project
Career projectCareer project
Career project
 
Careers project
Careers projectCareers project
Careers project
 

Similar to Novoneyra3

Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaLoli Cid Cid
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxemonadela
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyra09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyraPlastilina3
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010guest75e3415
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que correiesasorey
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Ana
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 

Similar to Novoneyra3 (20)

Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e Iria
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyra09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyra
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Centons
CentonsCentons
Centons
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que corre
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 

More from Plastilina3

Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14Plastilina3
 
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13Plastilina3
 
Calendario exames febreiro 12 13
Calendario exames febreiro 12 13Calendario exames febreiro 12 13
Calendario exames febreiro 12 13Plastilina3
 
Xeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoXeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoPlastilina3
 
Manual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galManual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galPlastilina3
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrPlastilina3
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotosPlastilina3
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Plastilina3
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsPlastilina3
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasPlastilina3
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Plastilina3
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google mapsPlastilina3
 

More from Plastilina3 (20)

Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14Calendario exames febreiro_13_14
Calendario exames febreiro_13_14
 
Ramón verea
Ramón vereaRamón verea
Ramón verea
 
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
 
Calendario exames febreiro 12 13
Calendario exames febreiro 12 13Calendario exames febreiro 12 13
Calendario exames febreiro 12 13
 
Xeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoXeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 eso
 
Manual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galManual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas gal
 
Nadal biblio
Nadal biblioNadal biblio
Nadal biblio
 
Blogs de immaa
Blogs de immaaBlogs de immaa
Blogs de immaa
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickr
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotos
 
Leccion 4
Leccion 4Leccion 4
Leccion 4
 
12 13 grupos
12 13 grupos12 13 grupos
12 13 grupos
 
12 13 desdobles
12 13 desdobles12 13 desdobles
12 13 desdobles
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeiras
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google maps
 
Cartel 2012
Cartel 2012Cartel 2012
Cartel 2012
 

Novoneyra3

  • 1. ESCOLMA DE POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA Concurso de Poesía Visual Uxío Novoneyra 2010 Sonia Ces García e Román Cerqueiro Landín Dpto. de Lingua Galega / ENDL / Biblioteca Abril 2010 - IES de Porto do Son
  • 2. Poema nº 1 ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira en todo o ano. Por iles soupen que é certo. É certo! é certo! é certo! é certo! é certo! Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa- xariños mortos de tódalas anduriñas que cairon ó irse. Como os homiños morren os éroes non se funden Os Andes nin nada. A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto baixiño. E nin inda agora nin pra ti teño outra voz Poema nº 2 LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando. Vélante os xóvenes i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo. Cando vexo un neno penso en ti e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre. Todo bruído sin nome é un agoiro. Poema nº 3 Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home...
  • 3. Poema nº 4 FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandieriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve branca fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana... Poema nº 5 SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente por qué inda busca a xente aquil soño clausurado? Vido visto ben Santiago i esa cuestión non resolta fago camiño de volta camiño de volta fago. Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra sólo en ti me fundo: é a certeza que trago. Poema nº 6 No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo.
  • 4. Poema nº 7 PORTA XORDA 1966 PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe! Dente puño teso a premer valeiro! Cando volva o vento Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores? Rota a corda que tempera a forza do sino Un pobo enteiro rébrese no tempo Folga Xeral contra da Historia. Compría agouxarse en calquer ichó Mais seguín fora a xistra Velando norde estrela longa brillo atuido. Alguén chama. Alguén agarda Corazón tente Sostén a gran nembranza. Poema nº 8 Panos brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos espidos do Nadal!
  • 5. Poema nº 9 CAI a neve cai cai falopiña a falopiña nin o vento a arremuíña nin a auga a desfai. .................... Cido Castro de Brío nevados! baixa a neve ate os prados … Poema nº 10 Esta tarde o aire é meu amigo. Voume sumindo sumindo. Si o aire quer chegarein a non ser niguén. Poema nº 11 CAIN as follas... Sinto unha cousa que se apousa en min e non me toca... Son eu ou é ela? Poema nº 12 COUSOS do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde niguén foi nin ha d'ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa... Rastrexa párase e venta finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo con toda a sombra da noite na boca.
  • 6. Poema nº 13 CONVOSCO falo con vós el Rei Alfonso Esguío e Torneol Pero Meogo e Mendiño que levades a frol con vós el Rei don Denís de Portugal Per Amigo Roi Fernández de Santiago Martín Códax de Vigo con vós galegos de voz xorda galegos de cristal Xoán Airas Airas Nunnes Bernal de Bonaval Martín de Padrocelos perto donde eu nacín Esteban Coello – a flemosa fía e canta manselín- Xohán Zorro o da bailada i as barcas en Lisboa Cerceo Bolseiro o de Armea o de Guillade o de Ambroa i o da Ponte Lourenzo Martín Moxa Eanes do Cotón Roi Paes Soares Lopes Lopo Lías e tantos máis que son i entre tódalas soldadeiras sóla ti María a Balteira belida dos dados donda da danza primeira. Son eu trovadores do pensar que non se debe ter por trovador trovador que trova por trovar sin ser da tal coita sofridor que non pudera nin rebrer calar. E non é menester que vos diga pra quen vai derrita esta cantiga. Poema nº 14 VENDO i ouvindo o río Vaise o tempo sin sentilo. Naz´a auga su as abrairas Entr´as penas sombrizas roxe e baixa de pincheira en pincheira e corre entretecida … / ESTA auga da presa
  • 7. Poema nº 15 BRANCA, Uxío i Arturo quedaranse no Futuro quedaredes no Futuro pra que siga o Pasado e ti Galicia a durar anque se funda o lousado e caia neve no lar. Anque se funda o lousado e se descubra o faiado. No coarto en que fun nado e no mesmo leito ha nevar. Poema nº 16 CHOVE pra que eu soñe... Poema nº 17 LOAIRAS de sol Ventaladas d´aire E razadas d´auga! / DENDE nino pequeño Voun ver sempre o ríu que amenteu Que me fai ise aceno Que sein eu. Poema nº 18 RIBA da auga tecida flaira d´abraira florida. Riba da auga trenzada flaigra d´abraira granada.
  • 8. Poema nº 19 Ficando na anta - a fiestra aberta á alba- vía voar as anduriñas. Levein os ollos prá serra i esquecinme da alba de min e delas que anque iban e viñan i anque oía non oía … Poema nº 20 HEIN d'ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro deitarme na Campa da Lucenza nun claro. Hein d'ir á Devesa da Rogueira i a Donís ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís. Hein d'ir a Lousada i a Pacios do Señor a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor. Hein d'ir ó Cebreiro pasar por Liñares rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares Hein d'ir a Cido i a Castro de Brío baixar i andar pola aurela do río. Hein d'ir a Céramo cruzal'o Faro i entón debrocar pra baixo cara Oéncia e León. Hein d'ir a Vales i a Pena da Airexa i a un eido solo onde ninguén me vexa. Poema nº 21 Terras érmedas do Freixeiro! Montes irados! Pobos pobres que se foron quedando nos ósos! Poema nº 22 PAXAROS voando o ámeto do canto. Cada sitio ten un camiño que non vai máis alá.
  • 9. Poema nº 23 OUTOS vales soutos e bouzas! Hora en que todo é unha sola cousa! Poema nº 24 Poema nº 25 INGRAVE de ensoño A CASA DE PARADA* tenme a tarde no colo e só pouso os ollos… A casa de pedra e cal vella -solaina de ventanas prá serra- Verdega o mofo feita fa icen anos á miña maneira! que fía o pouso do tempo longo. Casa natal de Uxío Novoneyra en Parada. Poema nº 26 A MARÍA MARIÑO CÁNTOS outonos e longos invernos pasando a ollada –espello a espello- da coor dos teus ollos á coor do Ucedo! Poema nº 27 Á NOVA MOCEDADE AGALLOPA agallota cabalo novo atrouxa a sebe do pobo agallota cabalo alto ralva todo dun salto guinda cancelos torre-penedos ichós ó estreito cun home solo pecho no meio do muro vello e dil mesmo feito pincha no val agallota dobra abre ancho camiño real.
  • 10. Poema nº 28 O MOUCHO DA ALAMEDA / LUGO MOUCHO que cantas pra noite queda na sombra das flairas tecidas, ti fais distas arbres de cidade un bosque antigo no que eu estuven sempre. Oíndote, esquezo as casas apezadas d´orredor que o teu canto iñora. Moucho, nós non somos para vivir esquí. Os dous viñemos de lonxe e tornaremos outra vez para aló, onde o noso misterio se acai. Ti iraste, despois que eu me vaia, unha noite que ninguén vele nesta cidade de nebras e campás vagariñas. Poema nº 29 POLO Real de Parada por Savane e por Piñeira Pontalor e Fondestela cara Pacios de Lousada o solar da miña mai. Polas rotas do meu pai i a miña irmá cabaleira. Coma se fora candi-el coma se fora candi-ela a Pedrafita á feira. Por Grandalonga e Liñares deixando a do Courel pola vista dos Ancares.
  • 11. Poema nº 30 LETANÍA DE GALICIA GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’aos que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa
  • 12. Poema nº 31 ONDE só queda alguén pra aguantar dos nomes poño eu a ampla fronda a redroma dun castiñeiro e sentada á súa sombra xunta a longa estirpe do último labrego. Non coma as estirpes dos reis ciscadas en múltiples pazos e alcázares e países diversos senón as estirpes campesiñas xeraciós e xeraciós xuntas á porta das casas pechadas na escaleira de pedra ou nas raigañas fóra dunha árbore coma esta. Estirpes da gleba amosados mortos que nin oxa o sol de Xullo cando se erguían pra gadañar co orvallo! Gadañarei outro ano gadañarei en homenaxe non por que a herba volva tenra e igual e defender os prados gañados á bouza. Gadañarei coma nas grandes rogadas do Vrao tralos gadañeiros sucesivos lambendo con brío os calcaños de diante. Ir e vir da gadaña canta a ritmo binario sobre un fondo de roxe ou río contino. Poema nº 32 NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na eira. .................. .................. .................. Eu a ollar pro lume i o lume a ollarme. O lume sin queimarme fai de min fume…