SlideShare a Scribd company logo
1 of 97
Poemas da natureza
Paisaxes do Courel
Uxío Novoneyra
(OS EIDOS 1 e 2)
As verbas diste libro son verdade nas terras
outas e solas do Courel. Nelas pra non mancar
as cousas sólo as nombro ou déixoas ir dun
movimento seu acostumbrado e natural.
OS EIDOS 1
TERRAS outas e solas!
Serras longas e mouras!
Eu son esta coor de soidá.
Ancares soñados co lonxe!
Penas do Marco de Medio Mundo en ringleira do Candedo ás Moás!
Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía - Páxaro
tesos cumes do Courel! Pobos probes
ardidos de tristura mouros de queimados!
Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo!
Fontiñas outas
penedos
carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que sólo vistes
istes tesos i estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco
medindo o tempo quedo que se para no cor e tornándose
contra ún ven cravarse no sitio onde máis se sinte.
O COUREL
COUREL dos tesos cumes
que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben
o pouco que é un home...
GRAN boi deitado
serra do sol
onde eu son
ca uz i o carpanzo!
Ucedo pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!
SERRA DO COUREL: VISTA
OESTE
NEVA no bico do cume
neva xa pola ladeira
neva no teito e na eira.
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
Eu a ollar pro lume
i o lume a ollarme.
O lume sin queimarme
fai de min fume.
BICO DO CUME: punta da parte alta da montaña.
OUTOS vales soutos e bouzas!
Hora en que todo é unha sola cousa!
VAL DE VISUÑA
VAL DA SEARA
PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun cavorco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas de nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
CABORCO: sitio fondo e pecho.
Val estreito con moito desnivel.
VALIÑA: pequeno val dun regueiro.
FOLLA presa das rebolas!
Inverno das bouzas!
/
SOUTO dos corvos!
Pestanas d’argana!
Garolos do mofo!
Tearaña das canas!
/
UCEDO pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!
TESO: monte alto.
TARAS altas campas
onde o sol non pasa
esvece na hora alta!
/
MONTES do Leste
ó sol que esvece!
Mofo que eu ollo
no souto solo
cando ún quere
a cousa máis lene!
TARAS: rochedos, penedías.
VAI polo monte o camiño
outeando como un louco
polos caborcos do val
ia as poxas do taramouco.
Cruza solo a serra toda
sin levar outra compaña
que a gran presencia do ceo
sobre o silencio da braña.
Eu non sei pra onde vai
méntral’o quedo mirando.
Sólo sein que eilí se compre
o soño que estoun soñando....
CARQUEIXAS uces e penas!
Camiños da serra aberta
pra lonxes terras de serras!
TARAMOUCO: monte rochoso.
POXAS: sitios para poñer os pés para subir aos altos.
O ceo
o ucedo
os penedos
co cello do Inverno.
PENEDOS: rochas grandes que emerxen á superficie.
PENAS da Garamela
que eu ollo da cama
nas mañáns caladas
cando a raia do sol chega
ó Penedo Furado
e derrétese o pano
dos cristales xeados!
PENAS: rochas grandes
unidas ao terreo de xeito
natural.
QUE é a coor do ucedo?
(Van os tesos pro Inverno).
É a serra que ó ceo se enleva?
É o ceo que baixa?
É a nebra
ou a brétema da ollada?
...
UCEDO: monte cuberto de uces.
XEA
Fai un frío que queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo....
Roxe a folla nos carreiros
aló no fondo dos cousos.
COUSO: foxa, depresión súpeta de
terra, xanzas pra cazar lobos.
ANDA o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
empreña os castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas...
EIDOS: terreos de labor
ESTÁ o aire enfexo
n’algo que eu non vexo.
Os paxaros os prados
os eidos calados...
PRADOS de Fontenla
qué erbiña vos cobre
máis marela
qué primavera máis pobre!
Zumega que zumega
zumega a fonte do monte
na bouza cega...
PRADOS NA SEARA
DÍAS breves
en que ún está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes
fóronse pondo marelas e roxas
as bouzas roxas pardecen
cas choivas.
O vento solo
no souto do outo outono.
BOUZA: terreo inculto
cuberto de mato
CHOVE nas veigas sin que se oia.
Unha tras outra
cain as follas dando voltas.
Ollando a serra calada
ún agarda
unha cousa queda e lonxana.
VEIGAS: terreos á beira dun
río, fincas de labor.
NACEN as tollemerendas
polos campazos i os chaos
na Cemba da Remesqueda
no Souto de San Romao.
Cai a choiva que dá sono
no quedo serán dos prados
i eu cravo enviso os meus ollos
sin ver o que estoun ollando...
CAMPAZO: lugar do monte onde medra a herba espontaneamente.
VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
SOUTO: plantación de castiñeiros.
PRIMACHORROS brancos
panqueixo e amarguexos!
Argana polos barrancos!
Folla podre nos reprexos!
Alguén está
niste aire da mañá.
Cotolovíos
ouriolos tordos merleaos!
Paxaros e paxariños polos ríos
polo souto e polos chaos
e bandadas e bandadas
de estorniños polas labradas.
REPREXOS: presas nos soutos
encostos para reter as castañas.
CHOVE maina e calada.
Veinse os fíus da auga
contra as bandas das penas...
En soutos e devesas
as pingoadas esbaran e baixan
petando de folla en folla.
Por veces
co vento a ruxidoira
medra i esvece
en ondas que ún alonga...
DEVESA: bosques nas ladeiras sombrizas.
FRAGAS iradas da Paleira!
Taras de cabras e ovellas
de entre o Serro i a Devesa!
Terra costa fraca i érmeda!
FRAGA: bosque mixto atlántico
PACEN as vacas
na nabarega.
Treme a pequena
que vai co’elas.
Febreiro chove
febreiro xea
febreiro neva
neve lixeira...
NABAREGA: nabal. Tempo de pacer os nabos.
MORA o lobo no Fedo
na Lamelalonga nos prados
do Noval su a comba
da pena na Poxa
da Lomba
nos eidos máis pechos e calados
onde ninguén o oxa.
Neva no Chao do Toxedo
e nos Carboeiros.
Andan os lobos xagueiros
polas virtas do xestedo...
COMBA: val que se vai
elevando entre montañas.
VIRTAS: parcelas de monte, searas.
XESTEDO: monte ou terreo con
xestas.
TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos
por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas
escazurrado
ouveando polas penas...
Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!
Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.
Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!
Xeadas brancas e negras!
Castiñeiros do Estreito!
Prados da Veiga do Couso!
Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!
ABESEDA: banda do monte que mira ao norte.
TROUSOS: restos de neve que quedan nos
tesos.
DOBRAN as campás da neve.
A alma de seu gardada
tornouse inda máis calada
e nin pode nin se astreve.
Falopiña a falopiña
vai branquexando a cortiña.
Cada miniña seu sono
cada copo sua flairiña.
CORTIÑA: terreo cultivado e
pechado.
AGROS restrellas bouzas taros das penas
ucedos da serra pecha
cando pasan as nebras i o inverno negrea!
/
EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro
ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
AGROS: terreos cultivados.
RESTRELLAS: monte onde se colleu o centeo.
TRONOU ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oíu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz a auga a goforón.
Regan os prados a cachón.
...
RÍO LOR.
Prados do río!
Pincheiras a cachón i a fío!
Niste pao sentado
cando viña de nino co gado
facía cintos de xunco trenzado.
PINCHEIRAS: fervenzas
BOUZAS do monte!
Carrozas fondas!
Taras iradas!
Pincheiras outas!
PINCHEIRA DO CAROCEIRO
O ruxir do carrozo
o ceo do fondo do pozo.
Todo sabe e deixa ver
que vai chover.
Eu sein o que oio
no souto soio
e non sein
o que sein.
CARROZO: regueiro de moito
desnivel, encaixado.
REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.
Corre o vento na erba de gadañar.
Canta a cousa que non canta
canta a chicharra na erba
canta a erba na gadaña.
/
ABANICA a labrandeira no beirón da presa.
A auga non pasa. Corre brilla espella.
/
CHAMA a sombra.
Xa non se óin os chíos
dos paxariños
tan d’acotío sonan.
LAVANDEIRA NO BEIRÓN DA PRESA
CEMBAS d’arandeiras!
Argana da Pena Branca
baixo das matas d’abraira
entr’as pestanas da pena!
Ven dos castiñeiros
un ventiño pequeno
abalala...
CEMBA: mallón, beira
elevada do camiño con
vexetación.
PESTANAS DA PENA:
saíntes das penas, zonas de
abrigo.
ZOA o vento e relumbra polas uces.
Sai o sol e súmese nas nebras.
Polos montes baixan e ruben
sombras longas esgadas e negras...
/
PASAN as nebras porriba da braña
e polo monte o sol a manchas-
Eu debruzado na presa
enviso nela.
Pasan as nebras por baixo da auga...
BRAÑA: terreo enchoupado
no que pace o gando no verán.
PRADO do Val d’Asnela!
Abrairas da orela!
Bidueiras novas!
Restras d’edra
polos freixos! Covas
dos carambelos de pedra!
COVA DE SANTALLA.
OLLO o ceo mouro cun medo antergo.
Torna a abella ó trobo
a anduriña cingue o voo.
Van a nebras do trono nun son agoreiro.
TERRAS érmedas do Freixeiro!
Montes irados!
Pobos pobres
que se foron quedando nos ósos!
OUTEIRO
BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.
Anda a nebra baixa
polos caborcos do souto
e polas bouzas da braña.
AIRA: eira. Espazo acondicionado para facer labores agrícolas (malla…)
A CASA DE PARADA
A casa de pedra e cal vella.
-solaina e ventanas pra serra-
feita fai cen anos á miña maneira.
HEIN d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro
deitarme na Campa da Lucenza nun claro.
Hein d’ir á Devesa da Rogueira ia a Donís
ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.
Hein d’ir a Lousada i a Pacios do Señor
a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.
Hein d’ir ó Cebreiro pasar por Liñares
rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares
Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío
baixar i andar pola aurela do río.
Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i entón
debrocar pra baixo cara Oéncia e León.
Hein d’ir a Vales i a Pena da Airexa
i a un eido solo onde ninguén me vexa.
VISTA DESDE PÍA PAXARO
FARO
LAGOA DE LUCENZA
DEVESA DE ROGUEIRA E PARADA
SANTALLA
MONTE CIDO
CÉRAMO
Fotos de
Adela Leiro
Poemas de
Uxío Novoneyra
marzo 2010

More Related Content

What's hot

O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais monadela
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel Maríamonadela
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Chamonadela
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
A primavera. Manuel Curros Enríquez
A primavera.  Manuel Curros EnríquezA primavera.  Manuel Curros Enríquez
A primavera. Manuel Curros EnríquezBegoña Codesal
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011marisadc2
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaLoisperez
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 

What's hot (20)

O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
A primavera. Manuel Curros Enríquez
A primavera.  Manuel Curros EnríquezA primavera.  Manuel Curros Enríquez
A primavera. Manuel Curros Enríquez
 
Tempo
TempoTempo
Tempo
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Os ecos da Rosalía
Os ecos da RosalíaOs ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 

Similar to Novoneyra "O Courel", A paisaxe

Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve ciesasorey
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...monadela
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que correiesasorey
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a naturezamariasorey
 
Raúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO BRaúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO BLoli Cid Cid
 
Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaLoli Cid Cid
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
Poesia
PoesiaPoesia
PoesiaFiz
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010guest75e3415
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega candeadosalnes
 

Similar to Novoneyra "O Courel", A paisaxe (20)

Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
O courel de uxío
O courel de uxíoO courel de uxío
O courel de uxío
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que corre
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a natureza
 
Raúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO BRaúl Alvite 1º ESO B
Raúl Alvite 1º ESO B
 
Centons
CentonsCentons
Centons
 
Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e Iria
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Poesia
PoesiaPoesia
Poesia
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Novoneyra "O Courel", A paisaxe

  • 1. Poemas da natureza Paisaxes do Courel Uxío Novoneyra (OS EIDOS 1 e 2)
  • 2. As verbas diste libro son verdade nas terras outas e solas do Courel. Nelas pra non mancar as cousas sólo as nombro ou déixoas ir dun movimento seu acostumbrado e natural. OS EIDOS 1
  • 3. TERRAS outas e solas! Serras longas e mouras! Eu son esta coor de soidá. Ancares soñados co lonxe! Penas do Marco de Medio Mundo en ringleira do Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía - Páxaro tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que sólo vistes istes tesos i estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que se para no cor e tornándose contra ún ven cravarse no sitio onde máis se sinte.
  • 5. COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home...
  • 6.
  • 7. GRAN boi deitado serra do sol onde eu son ca uz i o carpanzo! Ucedo pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
  • 8. SERRA DO COUREL: VISTA OESTE
  • 9. NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na eira. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Eu a ollar pro lume i o lume a ollarme. O lume sin queimarme fai de min fume.
  • 10. BICO DO CUME: punta da parte alta da montaña.
  • 11. OUTOS vales soutos e bouzas! Hora en que todo é unha sola cousa!
  • 14. PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
  • 15. CABORCO: sitio fondo e pecho. Val estreito con moito desnivel.
  • 16. VALIÑA: pequeno val dun regueiro.
  • 17. FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! / UCEDO pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
  • 19. TARAS altas campas onde o sol non pasa esvece na hora alta! / MONTES do Leste ó sol que esvece! Mofo que eu ollo no souto solo cando ún quere a cousa máis lene!
  • 21. VAI polo monte o camiño outeando como un louco polos caborcos do val ia as poxas do taramouco. Cruza solo a serra toda sin levar outra compaña que a gran presencia do ceo sobre o silencio da braña. Eu non sei pra onde vai méntral’o quedo mirando. Sólo sein que eilí se compre o soño que estoun soñando....
  • 22. CARQUEIXAS uces e penas! Camiños da serra aberta pra lonxes terras de serras!
  • 24. POXAS: sitios para poñer os pés para subir aos altos.
  • 25. O ceo o ucedo os penedos co cello do Inverno.
  • 26. PENEDOS: rochas grandes que emerxen á superficie.
  • 27. PENAS da Garamela que eu ollo da cama nas mañáns caladas cando a raia do sol chega ó Penedo Furado e derrétese o pano dos cristales xeados!
  • 28. PENAS: rochas grandes unidas ao terreo de xeito natural.
  • 29. QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra que ó ceo se enleva? É o ceo que baixa? É a nebra ou a brétema da ollada? ...
  • 31. XEA Fai un frío que queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O tourón os trousos os carambelos! Cruza un lobo.... Roxe a folla nos carreiros aló no fondo dos cousos.
  • 32. COUSO: foxa, depresión súpeta de terra, xanzas pra cazar lobos.
  • 33. ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas empreña os castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas...
  • 35. ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados...
  • 36. PRADOS de Fontenla qué erbiña vos cobre máis marela qué primavera máis pobre! Zumega que zumega zumega a fonte do monte na bouza cega...
  • 38. DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas as bouzas roxas pardecen cas choivas. O vento solo no souto do outo outono.
  • 40. CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas. Ollando a serra calada ún agarda unha cousa queda e lonxana.
  • 41. VEIGAS: terreos á beira dun río, fincas de labor.
  • 42. NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto de San Romao. Cai a choiva que dá sono no quedo serán dos prados i eu cravo enviso os meus ollos sin ver o que estoun ollando...
  • 43. CAMPAZO: lugar do monte onde medra a herba espontaneamente.
  • 44. VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo...
  • 45. SOUTO: plantación de castiñeiros.
  • 46. PRIMACHORROS brancos panqueixo e amarguexos! Argana polos barrancos! Folla podre nos reprexos! Alguén está niste aire da mañá. Cotolovíos ouriolos tordos merleaos! Paxaros e paxariños polos ríos polo souto e polos chaos e bandadas e bandadas de estorniños polas labradas.
  • 47. REPREXOS: presas nos soutos encostos para reter as castañas.
  • 48. CHOVE maina e calada. Veinse os fíus da auga contra as bandas das penas... En soutos e devesas as pingoadas esbaran e baixan petando de folla en folla. Por veces co vento a ruxidoira medra i esvece en ondas que ún alonga...
  • 49. DEVESA: bosques nas ladeiras sombrizas.
  • 50. FRAGAS iradas da Paleira! Taras de cabras e ovellas de entre o Serro i a Devesa! Terra costa fraca i érmeda!
  • 51. FRAGA: bosque mixto atlántico
  • 52. PACEN as vacas na nabarega. Treme a pequena que vai co’elas. Febreiro chove febreiro xea febreiro neva neve lixeira...
  • 53. NABAREGA: nabal. Tempo de pacer os nabos.
  • 54. MORA o lobo no Fedo na Lamelalonga nos prados do Noval su a comba da pena na Poxa da Lomba nos eidos máis pechos e calados onde ninguén o oxa. Neva no Chao do Toxedo e nos Carboeiros. Andan os lobos xagueiros polas virtas do xestedo...
  • 55. COMBA: val que se vai elevando entre montañas.
  • 56. VIRTAS: parcelas de monte, searas.
  • 57. XESTEDO: monte ou terreo con xestas.
  • 58. TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas escazurrado ouveando polas penas... Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido! Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos. Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia! Xeadas brancas e negras! Castiñeiros do Estreito! Prados da Veiga do Couso! Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!
  • 59. ABESEDA: banda do monte que mira ao norte.
  • 60. TROUSOS: restos de neve que quedan nos tesos.
  • 61. DOBRAN as campás da neve. A alma de seu gardada tornouse inda máis calada e nin pode nin se astreve. Falopiña a falopiña vai branquexando a cortiña. Cada miniña seu sono cada copo sua flairiña.
  • 63. AGROS restrellas bouzas taros das penas ucedos da serra pecha cando pasan as nebras i o inverno negrea! / EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
  • 64. AGROS: terreos cultivados. RESTRELLAS: monte onde se colleu o centeo.
  • 65. TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu sólo foi pra quen a oíu. Ameteu o río ameteron as fontes i os fontegallos dos montes. Naz a auga a goforón. Regan os prados a cachón. ...
  • 67. Prados do río! Pincheiras a cachón i a fío! Niste pao sentado cando viña de nino co gado facía cintos de xunco trenzado.
  • 69. BOUZAS do monte! Carrozas fondas! Taras iradas! Pincheiras outas!
  • 71. O ruxir do carrozo o ceo do fondo do pozo. Todo sabe e deixa ver que vai chover. Eu sein o que oio no souto soio e non sein o que sein.
  • 72. CARROZO: regueiro de moito desnivel, encaixado.
  • 73. REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que non canta canta a chicharra na erba canta a erba na gadaña. / ABANICA a labrandeira no beirón da presa. A auga non pasa. Corre brilla espella. / CHAMA a sombra. Xa non se óin os chíos dos paxariños tan d’acotío sonan.
  • 75. CEMBAS d’arandeiras! Argana da Pena Branca baixo das matas d’abraira entr’as pestanas da pena! Ven dos castiñeiros un ventiño pequeno abalala...
  • 76. CEMBA: mallón, beira elevada do camiño con vexetación.
  • 77. PESTANAS DA PENA: saíntes das penas, zonas de abrigo.
  • 78. ZOA o vento e relumbra polas uces. Sai o sol e súmese nas nebras. Polos montes baixan e ruben sombras longas esgadas e negras... / PASAN as nebras porriba da braña e polo monte o sol a manchas- Eu debruzado na presa enviso nela. Pasan as nebras por baixo da auga...
  • 79. BRAÑA: terreo enchoupado no que pace o gando no verán.
  • 80. PRADO do Val d’Asnela! Abrairas da orela! Bidueiras novas! Restras d’edra polos freixos! Covas dos carambelos de pedra!
  • 82. OLLO o ceo mouro cun medo antergo. Torna a abella ó trobo a anduriña cingue o voo. Van a nebras do trono nun son agoreiro.
  • 83.
  • 84. TERRAS érmedas do Freixeiro! Montes irados! Pobos pobres que se foron quedando nos ósos!
  • 86. BARBAÑA barbaña... Qué noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda a nebra baixa polos caborcos do souto e polas bouzas da braña.
  • 87. AIRA: eira. Espazo acondicionado para facer labores agrícolas (malla…)
  • 88. A CASA DE PARADA A casa de pedra e cal vella. -solaina e ventanas pra serra- feita fai cen anos á miña maneira.
  • 89. HEIN d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro deitarme na Campa da Lucenza nun claro. Hein d’ir á Devesa da Rogueira ia a Donís ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís. Hein d’ir a Lousada i a Pacios do Señor a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor. Hein d’ir ó Cebreiro pasar por Liñares rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío baixar i andar pola aurela do río. Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i entón debrocar pra baixo cara Oéncia e León. Hein d’ir a Vales i a Pena da Airexa i a un eido solo onde ninguén me vexa.
  • 91. FARO
  • 93. DEVESA DE ROGUEIRA E PARADA
  • 97. Fotos de Adela Leiro Poemas de Uxío Novoneyra marzo 2010