SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Servizo Territorial de Inspección Educativa Pontevedra



PROCEDEMENTO PARA AS RECLAMACIÓNS DAS
   CUALIFICACIÓNS FINÁIS NOS CENTROS

Próximo o final do curso, compre lembrar aspectos básicos dos protocolos que rexen as reclamacións do
alumnado sobre cualificacións fináis.



          I.- SECUNDARIA (ESO E 1° BACHARELATO) e FP e ENSINANZAS ESPECIÁIS



    Normas xerais para a reclamación diante dos Departamentos Didácticos

-    Tras as aclaracións oportunas co Profesor, se procede, o alumno ou os pais, poderán solicitar por
     escrito a revisión da cualificación no prazo de dous días lectivos a partir daquel en que se produciu a
     súa comunicación, baseada nos puntos seguintes que contempla a normativa (1,2 e 3, máis adiante
     especificados). Débese ter en conta que unha reclamación que non se axuste a estes puntos non
     poderá ser atendida.

-    A solicitude de revisión, que contera cantas alegacións xustifiquen a desconformidade coa
     cualificación, consonte aos puntos citados, será tramitada polo Xefe de Estudos, que o trasladará ao
     Xefe de Departamento, que o comunicará ao Profesor titor do alumno.

-    No proceso de revisión da cualificación, os Profesores do departamento contrastarán:

     1.   Adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación, cos recolleitos na correspondente
          programación didáctica.
     2.   Adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación aplicados co sinalado na
          programación didáctica.
     3.   Correcta aplicación dos criterios de cualificación e avaliación establecidos na programación
          didáctica para a superación da área ou materia.

-    No primeiro día lectivo seguinte a aquel en que finalice o período de solicitude de revisión, o
     departamento procederá ao estudo das solicitudes e emitirá un informe, motivado e razoado, que
     recolla:

          o   Descrición de feitos e actuacións previas que teñan lugar.
          o   Análise realizada conforme ao punto anterior.
          o   Decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión.

-    Xefe de Departamento dará traslado ao Xefe de Estudos do informe elaborado, o cal comunicará
     aos pais do alumno.
-     O Xefe de estudos e o Profesor Titor considerarán a procedencia de reunir en sesión extraordinaria á
      Xunta de Avaliación, no caso de rectificación de cualificacións.

-     Para a decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno da ESO pola Xunta de
      Avaliación, celebrarase no prazo máximo de dous días lectivo desde a finalización de solicitude de
      revisión unha reunión extraordinaria. O Profesor titor recollerá en acta as decisións adoptadas. O
      Xefe de Estudos comunicará por escrito ao alumno ou pais a ratificación ou modificación, razoada,
      da decisión de promoción ou titulación.

-     Se, tras o proceso de revisión, procedese a modificación dalgunha cualificación, o Secretario do
      Centro fará as oportuna dilixencia, visada polo Director en:

          o   Actas
          o   Expediente académico




    2.- Proceso de reclamación diante da Xefatura Territorial


-     No caso de persistir o desacordo, o pai/nai/alumno solicitará por escrito ao Director do Centro, no
      prazo de dous días a partir da última comunicación do Centro, que eleve a reclamación á Xefatura
      Territorial.

-     O Director do Centro en prazo non superior a tres días, remitirá o expediente de reclamación á
      Xefatura Territorial. Para evitar demoras, evitando incorrer en responsabilidades administrativas, o
      expediente deberá ser remitido á sede da Inspección educativa correspondente (Pontevedra ou Vigo)
      por mensaxeira urxente ou entrega persoal.
II. Confección do expediente de reclamación



    1.   Cada expediente de reclamación referirase a un só alumno e a unha soa materia.

    2.   Os documentos que conforman cada expediente son os seguintes:

         o   Copia da reclamación razoada presentada polo alumno ou polos seus representantes
             legáis.
         o   Escrito do alumno ou dos seus representantes legáis manifestando o seu desexo de que o
             expediente de reclamación se remita á Xefatura Territorial.
         o   Copia da resolución motivada do departamento da materia da que se solicita a revisión.
         o   Copia da Programación Didáctica do departamento da materia da que se solicita revisión,
             na que consten os obxectivos e os contidos mínimos esixibles e os criterios de avaliación e
             cualificación da materia.
         o   Copia da acta de avaliación final do curso e grupo do reclamante.
         o   Informe do director do centro, no que conste a data de entrega das notas, sobre a
             conveniencia ou non da estimación ou desestimación da reclamación, á vista da
             información adicional de que dispoña.

    3.   No caso da convocatoria ordinaria, ademais dos documentos indicados no apartado 2 anterior,
         incorporarase a cada expediente os seguintes documentos:

             o   Informe documentado do profesor da materia respecto da procedencia ou non           da
                 rectificación da cualificación final outorgada, á vista de todas as avaliacións,    da
                 información adicional de que dispoña e das posibles incidencias habidas ao longo    do
                 curso.
             o   Copia dos exames, traballos e demais material elaborado polo devandito alumno       ao
                 longo do curso na materia obxecto da reclamación.

    4.   No caso da convocatoria extraordinaria, ademais dos documentos indicados no apartado 2
         anterior, incorporarase a cada expediente os seguintes documentos:
             o Informe documentado do profesor da materia respecto da procedencia ou non da
                  rectificación da cualificación final outorgada, á vista da proba extraordinaria.
             o Copia da citada proba extraordinaria.

-   No prazo de quince días para ESO e Bacharelato e de dez días para FP e Ensinanzas Especiais, a
    partir da recepción do expediente, tendo en conta o Informe que elabore o Servizo de Inspección
    Educativa, o Xefe Territorial adoptará a Resolución pertinente, que será motivada en todo caso, e
    que se comunicará ao Director do Centro para o seu traslado ao interesado.

-   A Resolución do Xefe Territorial pon fin á vía administrativa.
Notas


1.   As reclamacións do alumnado de segundo de Bacharelato das materias pendentes de 1o seguirán as
     presentes instrucións, cun carácter de especial premura por incidir, se é o caso, ñas cualificacións do
     2o curso.

2.   Para as reclamacións das materias de 2o de Bacharelato seguirase o procedemento que para cada
     curso académico establece a Consellería de Educación a través da correspondente circular.

3.   A normativa básica atópase na Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedemento
     para garantir o dereito dos alumnos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato a que o
     seu rendemento escolar sexa avahado conforme a criterios obxectivos (BOE 20 de setembro).

El e EP : Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e
funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de
educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de setembro)

ESO e 1º BAC: Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedemento para garantir o dereito
dos alumnos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa
avaliado conforme a criterios obxectivos (BOE 20 de setembro)

FP inicial: Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a ava-liación e a
acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG 15 de xullo).

FP específica réx. Xeral: Orde de 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación
académica do alumnado que cursa ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral en
Galicia (DOG do 13 de setembro)

Artes Plásticas e Deseño; Conservación e Restauración de Bens Culturáis: Orde do 25 de abril de 2007
pola que se regula a avaliación,, acreditación académica e a mobilidade do alumnado que cursa as
ensinanza superiores de ApeD/Cons./ Rest./ de réxime especial en Galicia (DOG 9 maio )

 Ens. Profesional de Danza : Orde de 11 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e
cualificación do alumnado de ensinanzas profesionais de danza que se establecen na LOE. (DOG 25 de
febreiro)

Ens. Profesionais de MÚSICA: Orde de 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e
cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na LOE
(DOG do 26 de febreiro)

Resto de Ensinanzas de réxime especial: Orde de 24 de xullo de 1991 pola que se regula a organización
das actividades docentes nos centros de bacharelato, formación profesional e institutos de educación
secundaria e profesional DOG do 28 de agosto), no punto 10.2°, para o restante alumnado de ensinanzas
de réxime especial.
II.- EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA


A normativa de referencia atópase na Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados
aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación
primaria (DOG 02-09-97) e conten as seguintes instrucións:

1.   Os pais dos alumnos poderán reclamar contra as cualificacións outorgadas ao rematar un ciclo
     educativo, baseándose na inadecuación das probas propostas ao alumno en relación eos obxectivos
     ou na incorrecta aplicación dos criterios de avaliación establecidos.

2.   Os pais que non estean de acordó coa cualificación asignada ao seu filio ao final dun ciclo poderán
     presentar no prazo de cinco días unha reclamación por escrito ante o director na que explique as
     razóns ñas que fundamenta a súa solicitude.

3.   A dirección do centro nomeará una comisión presidida polo xefe de estudios e integrada polo
     coordinador do ciclo e todos os membros do correspondente equipo de avaliación que, no prazo de
     tres días contados desde a presentación da reclamación, deberá adoptar a correspondente decisión,
     que será comunicada (por escrito) de inmediato ao reclamante, e informarao ao mesmo tempo do
     dereito que o asiste de interponer recurso contra ela, no prazo de dez días, ante o delegado
     provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quen, logo de informe do servizo
     de inspección educativa, resolverá, poñendo fin a dita resolución á vía administrativa.

4.   Cando unha reclamación ou recurso sexa estimado, procederase a rectificar a cualificación,
     mediante dilixencia estendida polo secretario co visto e prace do director, facendo referencia da
     resolución adoptada
RESUMO

                                    Trámites e actuacións                                     Prazo
      0 alumno/a ou seus representantes legáis, presentarán a reclamación ante
 1                                                                                            2 días
                                   dirección nun máximo de
 2       0 departamento en cuestión resolverá a reclamación nun prazo máximo de               2 días
      Se persiste o desacordó, poderá reclamarse ante dirección para que a tramite ante
 3                                                                                            3 días
                                      a xefatura territorial
      Tempo máximo para resposta da xefatura territorial ás reclamacións de
4a                                                                                            15 días
                                     ESO e BACHARELATO
       Tempo máximo para resposta da xefatura territorial ás reclamacións
4b                                                                                            10 días
                                de FP e ENSINANZAS ESPECIÁIS


Pégase se He dea información suficiente dos aspectos recollidos nestas instrucions a quen o solicite
dende a comunidade educativa.

                                                                         Pontevedra a 26 abril de 2012

                                         O Inspector Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa

                                                                          Asdo.: Manuel.Torres Vizcaya

More Related Content

Similar to Instrucions reclamacions finais de cualificacións

Triptico información eir 2012 2013
Triptico información eir 2012 2013Triptico información eir 2012 2013
Triptico información eir 2012 2013
Alberto Muñiz
 
Calendario escolar 2011 2012 - copia
Calendario escolar 2011 2012 - copiaCalendario escolar 2011 2012 - copia
Calendario escolar 2011 2012 - copia
Estanislao Fernandez
 
Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais caProtocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
coordinacav
 
Charla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelatoCharla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelato
Mónica Diz Besada
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
fgsanz
 
Selectividade
SelectividadeSelectividade
Selectividade
isagarcri
 

Similar to Instrucions reclamacions finais de cualificacións (20)

Triptico información eir 2012 2013
Triptico información eir 2012 2013Triptico información eir 2012 2013
Triptico información eir 2012 2013
 
Charla orientación 2º bacharelato 2014
Charla orientación 2º bacharelato 2014Charla orientación 2º bacharelato 2014
Charla orientación 2º bacharelato 2014
 
Calendario escolar 2011 2012 - copia
Calendario escolar 2011 2012 - copiaCalendario escolar 2011 2012 - copia
Calendario escolar 2011 2012 - copia
 
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
 
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
 
20170505 proba3primaria
20170505 proba3primaria20170505 proba3primaria
20170505 proba3primaria
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
 
Datas de exames e avaliacións de final de curso
Datas de exames e avaliacións de final de cursoDatas de exames e avaliacións de final de curso
Datas de exames e avaliacións de final de curso
 
Presentación ABAU 2017
Presentación ABAU 2017Presentación ABAU 2017
Presentación ABAU 2017
 
Presentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfPresentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdf
 
Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais caProtocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
 
Criterios avaliación 17 18
Criterios avaliación 17 18Criterios avaliación 17 18
Criterios avaliación 17 18
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.eso
 
Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
 
Orientación 1º bacharelato 2015
Orientación 1º bacharelato 2015Orientación 1º bacharelato 2015
Orientación 1º bacharelato 2015
 
Charla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelatoCharla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelato
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
 
Calendario fin de curso
Calendario fin de cursoCalendario fin de curso
Calendario fin de curso
 
Selectividade
SelectividadeSelectividade
Selectividade
 

More from Plastilina3 (20)

Ramón verea
Ramón vereaRamón verea
Ramón verea
 
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
Calendario de exames extraordinarios de setembro 12 13
 
Calendario exames febreiro 12 13
Calendario exames febreiro 12 13Calendario exames febreiro 12 13
Calendario exames febreiro 12 13
 
Xeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 esoXeometría descritiva para 3 eso
Xeometría descritiva para 3 eso
 
Manual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galManual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas gal
 
Nadal biblio
Nadal biblioNadal biblio
Nadal biblio
 
Blogs de immaa
Blogs de immaaBlogs de immaa
Blogs de immaa
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickr
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotos
 
Leccion 4
Leccion 4Leccion 4
Leccion 4
 
12 13 grupos
12 13 grupos12 13 grupos
12 13 grupos
 
12 13 desdobles
12 13 desdobles12 13 desdobles
12 13 desdobles
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeiras
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google maps
 
Cartel 2012
Cartel 2012Cartel 2012
Cartel 2012
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalas
 
Pratos de polbo
Pratos de polboPratos de polbo
Pratos de polbo
 

Instrucions reclamacions finais de cualificacións

  • 1. Servizo Territorial de Inspección Educativa Pontevedra PROCEDEMENTO PARA AS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINÁIS NOS CENTROS Próximo o final do curso, compre lembrar aspectos básicos dos protocolos que rexen as reclamacións do alumnado sobre cualificacións fináis. I.- SECUNDARIA (ESO E 1° BACHARELATO) e FP e ENSINANZAS ESPECIÁIS Normas xerais para a reclamación diante dos Departamentos Didácticos - Tras as aclaracións oportunas co Profesor, se procede, o alumno ou os pais, poderán solicitar por escrito a revisión da cualificación no prazo de dous días lectivos a partir daquel en que se produciu a súa comunicación, baseada nos puntos seguintes que contempla a normativa (1,2 e 3, máis adiante especificados). Débese ter en conta que unha reclamación que non se axuste a estes puntos non poderá ser atendida. - A solicitude de revisión, que contera cantas alegacións xustifiquen a desconformidade coa cualificación, consonte aos puntos citados, será tramitada polo Xefe de Estudos, que o trasladará ao Xefe de Departamento, que o comunicará ao Profesor titor do alumno. - No proceso de revisión da cualificación, os Profesores do departamento contrastarán: 1. Adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación, cos recolleitos na correspondente programación didáctica. 2. Adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación aplicados co sinalado na programación didáctica. 3. Correcta aplicación dos criterios de cualificación e avaliación establecidos na programación didáctica para a superación da área ou materia. - No primeiro día lectivo seguinte a aquel en que finalice o período de solicitude de revisión, o departamento procederá ao estudo das solicitudes e emitirá un informe, motivado e razoado, que recolla: o Descrición de feitos e actuacións previas que teñan lugar. o Análise realizada conforme ao punto anterior. o Decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. - Xefe de Departamento dará traslado ao Xefe de Estudos do informe elaborado, o cal comunicará aos pais do alumno.
  • 2. - O Xefe de estudos e o Profesor Titor considerarán a procedencia de reunir en sesión extraordinaria á Xunta de Avaliación, no caso de rectificación de cualificacións. - Para a decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno da ESO pola Xunta de Avaliación, celebrarase no prazo máximo de dous días lectivo desde a finalización de solicitude de revisión unha reunión extraordinaria. O Profesor titor recollerá en acta as decisións adoptadas. O Xefe de Estudos comunicará por escrito ao alumno ou pais a ratificación ou modificación, razoada, da decisión de promoción ou titulación. - Se, tras o proceso de revisión, procedese a modificación dalgunha cualificación, o Secretario do Centro fará as oportuna dilixencia, visada polo Director en: o Actas o Expediente académico 2.- Proceso de reclamación diante da Xefatura Territorial - No caso de persistir o desacordo, o pai/nai/alumno solicitará por escrito ao Director do Centro, no prazo de dous días a partir da última comunicación do Centro, que eleve a reclamación á Xefatura Territorial. - O Director do Centro en prazo non superior a tres días, remitirá o expediente de reclamación á Xefatura Territorial. Para evitar demoras, evitando incorrer en responsabilidades administrativas, o expediente deberá ser remitido á sede da Inspección educativa correspondente (Pontevedra ou Vigo) por mensaxeira urxente ou entrega persoal.
  • 3. II. Confección do expediente de reclamación 1. Cada expediente de reclamación referirase a un só alumno e a unha soa materia. 2. Os documentos que conforman cada expediente son os seguintes: o Copia da reclamación razoada presentada polo alumno ou polos seus representantes legáis. o Escrito do alumno ou dos seus representantes legáis manifestando o seu desexo de que o expediente de reclamación se remita á Xefatura Territorial. o Copia da resolución motivada do departamento da materia da que se solicita a revisión. o Copia da Programación Didáctica do departamento da materia da que se solicita revisión, na que consten os obxectivos e os contidos mínimos esixibles e os criterios de avaliación e cualificación da materia. o Copia da acta de avaliación final do curso e grupo do reclamante. o Informe do director do centro, no que conste a data de entrega das notas, sobre a conveniencia ou non da estimación ou desestimación da reclamación, á vista da información adicional de que dispoña. 3. No caso da convocatoria ordinaria, ademais dos documentos indicados no apartado 2 anterior, incorporarase a cada expediente os seguintes documentos: o Informe documentado do profesor da materia respecto da procedencia ou non da rectificación da cualificación final outorgada, á vista de todas as avaliacións, da información adicional de que dispoña e das posibles incidencias habidas ao longo do curso. o Copia dos exames, traballos e demais material elaborado polo devandito alumno ao longo do curso na materia obxecto da reclamación. 4. No caso da convocatoria extraordinaria, ademais dos documentos indicados no apartado 2 anterior, incorporarase a cada expediente os seguintes documentos: o Informe documentado do profesor da materia respecto da procedencia ou non da rectificación da cualificación final outorgada, á vista da proba extraordinaria. o Copia da citada proba extraordinaria. - No prazo de quince días para ESO e Bacharelato e de dez días para FP e Ensinanzas Especiais, a partir da recepción do expediente, tendo en conta o Informe que elabore o Servizo de Inspección Educativa, o Xefe Territorial adoptará a Resolución pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará ao Director do Centro para o seu traslado ao interesado. - A Resolución do Xefe Territorial pon fin á vía administrativa.
  • 4. Notas 1. As reclamacións do alumnado de segundo de Bacharelato das materias pendentes de 1o seguirán as presentes instrucións, cun carácter de especial premura por incidir, se é o caso, ñas cualificacións do 2o curso. 2. Para as reclamacións das materias de 2o de Bacharelato seguirase o procedemento que para cada curso académico establece a Consellería de Educación a través da correspondente circular. 3. A normativa básica atópase na Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedemento para garantir o dereito dos alumnos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avahado conforme a criterios obxectivos (BOE 20 de setembro). El e EP : Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de setembro) ESO e 1º BAC: Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedemento para garantir o dereito dos alumnos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avaliado conforme a criterios obxectivos (BOE 20 de setembro) FP inicial: Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a ava-liación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG 15 de xullo). FP específica réx. Xeral: Orde de 16 de xullo de 2002 pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa ensinanzas da formación profesional específica de réxime xeral en Galicia (DOG do 13 de setembro) Artes Plásticas e Deseño; Conservación e Restauración de Bens Culturáis: Orde do 25 de abril de 2007 pola que se regula a avaliación,, acreditación académica e a mobilidade do alumnado que cursa as ensinanza superiores de ApeD/Cons./ Rest./ de réxime especial en Galicia (DOG 9 maio ) Ens. Profesional de Danza : Orde de 11 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado de ensinanzas profesionais de danza que se establecen na LOE. (DOG 25 de febreiro) Ens. Profesionais de MÚSICA: Orde de 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na LOE (DOG do 26 de febreiro) Resto de Ensinanzas de réxime especial: Orde de 24 de xullo de 1991 pola que se regula a organización das actividades docentes nos centros de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional DOG do 28 de agosto), no punto 10.2°, para o restante alumnado de ensinanzas de réxime especial.
  • 5. II.- EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA A normativa de referencia atópase na Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 02-09-97) e conten as seguintes instrucións: 1. Os pais dos alumnos poderán reclamar contra as cualificacións outorgadas ao rematar un ciclo educativo, baseándose na inadecuación das probas propostas ao alumno en relación eos obxectivos ou na incorrecta aplicación dos criterios de avaliación establecidos. 2. Os pais que non estean de acordó coa cualificación asignada ao seu filio ao final dun ciclo poderán presentar no prazo de cinco días unha reclamación por escrito ante o director na que explique as razóns ñas que fundamenta a súa solicitude. 3. A dirección do centro nomeará una comisión presidida polo xefe de estudios e integrada polo coordinador do ciclo e todos os membros do correspondente equipo de avaliación que, no prazo de tres días contados desde a presentación da reclamación, deberá adoptar a correspondente decisión, que será comunicada (por escrito) de inmediato ao reclamante, e informarao ao mesmo tempo do dereito que o asiste de interponer recurso contra ela, no prazo de dez días, ante o delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quen, logo de informe do servizo de inspección educativa, resolverá, poñendo fin a dita resolución á vía administrativa. 4. Cando unha reclamación ou recurso sexa estimado, procederase a rectificar a cualificación, mediante dilixencia estendida polo secretario co visto e prace do director, facendo referencia da resolución adoptada
  • 6. RESUMO Trámites e actuacións Prazo 0 alumno/a ou seus representantes legáis, presentarán a reclamación ante 1 2 días dirección nun máximo de 2 0 departamento en cuestión resolverá a reclamación nun prazo máximo de 2 días Se persiste o desacordó, poderá reclamarse ante dirección para que a tramite ante 3 3 días a xefatura territorial Tempo máximo para resposta da xefatura territorial ás reclamacións de 4a 15 días ESO e BACHARELATO Tempo máximo para resposta da xefatura territorial ás reclamacións 4b 10 días de FP e ENSINANZAS ESPECIÁIS Pégase se He dea información suficiente dos aspectos recollidos nestas instrucions a quen o solicite dende a comunidade educativa. Pontevedra a 26 abril de 2012 O Inspector Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa Asdo.: Manuel.Torres Vizcaya