SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Día Internacionalda Saúde e a
Seguridade
no Traballo
28 ABRIL
A
medida que se prolonga o período de crise económica global que
arrincou en 2008, vanse oíndo máis voces a diciren que a situación
en que nos atopamos non é unha paréntese tras da cal volverán
recuperarse os ritmos de crecemento e os dereitos sociais e laborais vola-
tilizados polos recortes e as políticas de austeridade. O que ao primeiro se
presentou como un momento de excepcionalidade pasaxeira desvelouse
ao cabo como a imposición dun novo paradigma económico, social e
laboral ao que a clase traballadora e a cidadanía en xeral deberán resig-
narse. As elites mundiais, seguindo un guión previamente redactado po-
los ideólogos do neoliberalismo, aproveitaron as condicións creadas por
unha crise orixinada pola desregulación do sector financeiro para com-
pletar a implantación dun modelo de acumulación por desposuimento,
mercantilizando aqueles servizos públicos básicos que garantían a pro-
tección social e dos dereitos laborais e cidadáns conquistados ao longo
de décadas. En definitiva, un modelo que garante os beneficios ás elites
á custa da calidade democrática das nosas sociedades.
A
s políticas de austeridade impostas pola Comisión Europea e a
troica aos Gobernos europeos e, en especial, aos da periferia do
continente, transformáronse no noso país nunha vaga de recortes
de servizos públicos básicos, de privatizacións e nunha reforma laboral
que deteriora gravemente o dereito á negociación colectiva nas empresas
e está logrando que o modelo precario se configure como hexemónico
na estrutura sociolaboral española, desprazando o emprego estable, con
dereitos e salarios dignos. O que os tecnócratas da troica presentan como
un inevitable paquete de medidas para saír da crise non é máis ca a
aposta ideolóxica do neoliberalismo e a imposición aos países periféricos
de Europa dun modelo produtivo e de relacións laborais que desmonta
o Estado social, democrático e de dereito e nos achega paso a paso a
estándares propios dos países en desenvolvemento.
P
ero esta ofensiva non se limita a deteriorar as condicións de tra-
ballo e privatizar os servizos públicos rendibles. Arestora, a saúde
laboral é un dos obxectivos que está no albo das elites: o dereito á
seguridade e á saúde no traballo, un dos obxectivos centrais das políticas
sociais europeas, é considerado hoxe un atranco que hai que superar
para aumentar a competitividade da economía europea. Esta argumen-
tación non só se materializa nun descenso dos investimentos en políticas
preventivas nas empresas, senón que esixe reformas lexislativas que re-
baixen a protección da saúde e a seguridade dos traballadores.
E
sta deriva desreguladora deu os seus primeiros pasos en Europa
a mediados da pasada década pero acelerou a súa escalada coa
chegada da crise económica. Desde 1978 e cada cinco anos, a
Comisión Europea fixaba metas concretas, precisas e avaliables en pro-
gramas de acción cos que se pretendía harmonizar a situación da saúde
e a seguridade no traballo entre os diferentes países da UE fixando como
obxectivo os estándares máis elevados de protección. Desde 2002, o
instrumento utilizado con este fin pasou a denominarse «estratexia», e
aínda que a xuízo do movemento sindical europeo continúa sendo unha
ferramenta imprescindible para lograr o propósito da harmonización, está
a sufrir devagar un desgaste na súa concepción. Cada nova estratexia
incorpora máis partes descritivas e desiderativas e menos obxectivos con-
cisos e cuantificables.
D
esde 2011, a Comisión Europea está a afondar nesta liña, ex-
poñendo as súas dúbidas sobre a necesidade dunha Estratexia
Europea de Seguridade e Saúde no Traballo nun contexto de crise
económica e afirma que a prioridade debe centrarse en aliviar as empre-
sas da carga administrativa da lexislación vixente. O desemprego utilízase
como elemento de chantaxe para desprazar a saúde dos obxectivos cen-
trais das políticas comunitarias.
P
ero o novo tento que ao cabo axustou todas estas políticas foi a pu-
blicación, o 2 de outubro de 2013 por parte da Comisión Europea,
do programa REFIT (Adecuación e eficacia da normativa: resultados
e próximas etapas), un documento que, baixo o paraugas de conceptos
como «regulación intelixente», «simplificación lexislativa» ou «redución da
carga reguladora», oculta unha das maiores agresións coñecidas contra a
protección social e do ambiente, a saúde e seguridade dos traballadores,
os dereitos de información e consulta e o diálogo social. En materia de
prevención de riscos supuxo, entre outras consecuencias, a decisión de
non impulsar nova lexislación en materia de saúde laboral no que resta
do mandato da Comisión, o que leva consigo paralizar as dúas principais
iniciativas lexislativas comprometidas na vixente Estratexia Europea, como
son a revisión da directiva de canceríxenos e a aprobación da de tras-
tornos musculoesqueléticos, e non trasladar a texto articulado acordos
sectoriais asinados no marco do diálogo social europeo.
A
s políticas do Goberno español, inseridas nesta corrente ideolóxi-
ca e cuxa máxima expresión é a reforma laboral de 2012, teñen
o seu último fito en cuestións de saúde e seguridade no traballo
coa presentación do anteproxecto de reforma da lei de mutuas en decem-
bro do pasado ano. A aposta do Goberno é configurar as mutuas como
únicas entidades capaces de asumir a xestión das novas prestacións da
seguridade social, e faise por unha suposta maior eficacia no aproveita-
mento dos recursos públicos. Esta afirmación está trufada de ideoloxía
neoliberal e desmóntase só con ler os informes do Tribunal de Contas ou
con considerar o tremendo subrexistro de enfermidades relacionadas co
traballo que terminan derivándose aos servizos públicos de saúde como
enfermidades comúns (un descenso acumulado de preto do 28 % das
enfermidades profesionais notificadas desde 2008). A desaparición do
concepto «prevención» do Fondo de Rehabilitación das Mutuas reduce
de maneira significativa a súa competencia preventiva e demostra o afán
mercantilista da reforma.A vinculación dos recursos públicos xerados po-
las continxencias profesionais ás políticas públicas en materia de preven-
ción supuxo importantísimas reducións de sinistralidade que hoxe en día
corre o perigo de rebrotar (xa se veñen apreciando significativas modera-
cións do descenso da sinistralidade, tanto en termos absolutos como en
índices de incidencia, en todos os sectores, cando non significativos incrementos
como no caso do sector dos servizos).
P
ero talvez sexa a xestión da incapacidade temporal por continxencias co-
múns, dando capacidade á mutua para propoñer a alta sen existir o acto
médico e concedendo a consideración de silencio administrativo positivo
ante a ausencia de resolución expresa do médico do sistema de saúde, o ele-
mento que demostre de xeito máis palpable o carácter economicista dunhas
políticas fundamentadas que eliminan o dereito ao restablecemento da saúde a
cambio dos intereses económicos das empresas e que se basean en presupostos
falsos, neste caso unha suposta perda de competitividade debida a uns eleva-
dos niveis de absentismo que a realidade nos indica que son similares aos dos
países do noso contorno.
O
28 de abril, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, é
a xornada que o movemento sindical mundial aproveita para recordar as
vítimas dos accidentes e as enfermidades producidas polo traballo e para
reclamar a mellora das condicións que soportan as traballadoras e os traballa-
dores. A Confederación Europea de Sindicatos e a Confederación Sindical Inter-
nacional lembran cada 28 de abril que coa presenza de sindicatos na empresa o
traballo é máis seguro.Nesta liña,a Unión Xeral deTraballadores e Comisións Obreiras
non podemos deixar de denunciar en 2014 unhas políticas que, de non se co-
rrixir, terán devastadoras consecuencias en termos de saúde laboral e pública,
que están contribuíndo a acentuar as desigualdades e que condenan o noso país
a un modelo produtivo incapacitado para xerar un emprego digno e de calidade.
Por este motivo, CCOO e UGT reclamámoslle ao Goberno de España:
n A retirada daqueles elementos lesivos para os traballadores e a traballadoras
do texto do proxecto de reforma da lei de mutuas, na liña do ditame aproba-
do polo Pleno do Consello Económico e Social.
n Unha mellora na normativa de enfermidades profesionais que, co obxectivo
de reducir o seu subrexistro, facilite os procesos de recoñecemento e actua-
lice a súa listaxe de acordo coas últimas investigacións científicas.
n A aprobación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo
2013-2020, incluíndo obxectivos precisos de redución da sinistralidade,
afloramento de enfermidades producidas polo traballo e de equivalencia da
protección independentemente do tipo de relación laboral.
n Mantemento dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos
laborais.
Somos conscientes de que ningún destes obxectivos enfrontados aos intereses
das elites poderán alcanzarse sen o concurso activo dunha maioría social. Por
este motivo, CCOO e UGT facemos un chamamento á cidadanía a participar en
todas as convocatorias sociais e sindicais que se desenvolverán nos meses vin-
deiros, empezando polo próximo 1.º de Maio.
28 ABRIL Día Internacionalda Saúde e a
Seguridade
no Traballo
2014
CONSINDICATOS
OTRABALLOÉMÁISSEGURO!
A desregulación lexislativa
	 	   condena a
seguridadee a saude
dos traballadores e traballadoras e a
economía do noso país

More Related Content

Similar to 28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza

Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sososcargaliza
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15oscargaliza
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abriloscargaliza
 
5 fundamentos de economía y gestión de la salud
5 fundamentos de economía y gestión de la salud5 fundamentos de economía y gestión de la salud
5 fundamentos de economía y gestión de la saludVeritho Urrutia Silva
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012oscargaliza
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaOscar Feijoo
 
Caderno dixital nº 6 especial rl (2)
Caderno dixital nº 6 especial rl (2)Caderno dixital nº 6 especial rl (2)
Caderno dixital nº 6 especial rl (2)oscargaliza
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09MsArkadina Fontana
 
Diptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_tDiptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_toscargaliza
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010oscargaliza
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesOscar Feijoo
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)plataformasanidadecangas
 
A crise económica
A crise económicaA crise económica
A crise económicaacutareira
 
Xornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosXornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosloaira
 

Similar to 28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza (20)

Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
28 abril
28 abril28 abril
28 abril
 
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abril
 
5 fundamentos de economía y gestión de la salud
5 fundamentos de economía y gestión de la salud5 fundamentos de economía y gestión de la salud
5 fundamentos de economía y gestión de la salud
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Caderno dixital nº 6 especial rl (2)
Caderno dixital nº 6 especial rl (2)Caderno dixital nº 6 especial rl (2)
Caderno dixital nº 6 especial rl (2)
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
 
Diptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_tDiptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_t
 
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedades
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
 
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
 
A crise económica
A crise económicaA crise económica
A crise económica
 
Xornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosXornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegos
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 

More from oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoooscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecohtoscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaoscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrusoscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateoscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecohtoscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014oscargaliza
 
Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense oscargaliza
 
Sentencia impugnacio convenio i (1)
Sentencia impugnacio convenio i (1)Sentencia impugnacio convenio i (1)
Sentencia impugnacio convenio i (1)oscargaliza
 

More from oscargaliza (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 
2merchan
2merchan2merchan
2merchan
 
0merchan
0merchan0merchan
0merchan
 
1merchan
1merchan1merchan
1merchan
 
Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense
 
Sentencia impugnacio convenio i (1)
Sentencia impugnacio convenio i (1)Sentencia impugnacio convenio i (1)
Sentencia impugnacio convenio i (1)
 

28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza

  • 1. Día Internacionalda Saúde e a Seguridade no Traballo 28 ABRIL A medida que se prolonga o período de crise económica global que arrincou en 2008, vanse oíndo máis voces a diciren que a situación en que nos atopamos non é unha paréntese tras da cal volverán recuperarse os ritmos de crecemento e os dereitos sociais e laborais vola- tilizados polos recortes e as políticas de austeridade. O que ao primeiro se presentou como un momento de excepcionalidade pasaxeira desvelouse ao cabo como a imposición dun novo paradigma económico, social e laboral ao que a clase traballadora e a cidadanía en xeral deberán resig- narse. As elites mundiais, seguindo un guión previamente redactado po- los ideólogos do neoliberalismo, aproveitaron as condicións creadas por unha crise orixinada pola desregulación do sector financeiro para com- pletar a implantación dun modelo de acumulación por desposuimento, mercantilizando aqueles servizos públicos básicos que garantían a pro- tección social e dos dereitos laborais e cidadáns conquistados ao longo de décadas. En definitiva, un modelo que garante os beneficios ás elites á custa da calidade democrática das nosas sociedades. A s políticas de austeridade impostas pola Comisión Europea e a troica aos Gobernos europeos e, en especial, aos da periferia do continente, transformáronse no noso país nunha vaga de recortes de servizos públicos básicos, de privatizacións e nunha reforma laboral que deteriora gravemente o dereito á negociación colectiva nas empresas e está logrando que o modelo precario se configure como hexemónico na estrutura sociolaboral española, desprazando o emprego estable, con dereitos e salarios dignos. O que os tecnócratas da troica presentan como un inevitable paquete de medidas para saír da crise non é máis ca a aposta ideolóxica do neoliberalismo e a imposición aos países periféricos de Europa dun modelo produtivo e de relacións laborais que desmonta o Estado social, democrático e de dereito e nos achega paso a paso a estándares propios dos países en desenvolvemento. P ero esta ofensiva non se limita a deteriorar as condicións de tra- ballo e privatizar os servizos públicos rendibles. Arestora, a saúde laboral é un dos obxectivos que está no albo das elites: o dereito á seguridade e á saúde no traballo, un dos obxectivos centrais das políticas sociais europeas, é considerado hoxe un atranco que hai que superar para aumentar a competitividade da economía europea. Esta argumen- tación non só se materializa nun descenso dos investimentos en políticas preventivas nas empresas, senón que esixe reformas lexislativas que re- baixen a protección da saúde e a seguridade dos traballadores. E sta deriva desreguladora deu os seus primeiros pasos en Europa a mediados da pasada década pero acelerou a súa escalada coa chegada da crise económica. Desde 1978 e cada cinco anos, a Comisión Europea fixaba metas concretas, precisas e avaliables en pro- gramas de acción cos que se pretendía harmonizar a situación da saúde e a seguridade no traballo entre os diferentes países da UE fixando como obxectivo os estándares máis elevados de protección. Desde 2002, o instrumento utilizado con este fin pasou a denominarse «estratexia», e aínda que a xuízo do movemento sindical europeo continúa sendo unha ferramenta imprescindible para lograr o propósito da harmonización, está a sufrir devagar un desgaste na súa concepción. Cada nova estratexia incorpora máis partes descritivas e desiderativas e menos obxectivos con- cisos e cuantificables. D esde 2011, a Comisión Europea está a afondar nesta liña, ex- poñendo as súas dúbidas sobre a necesidade dunha Estratexia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo nun contexto de crise económica e afirma que a prioridade debe centrarse en aliviar as empre- sas da carga administrativa da lexislación vixente. O desemprego utilízase como elemento de chantaxe para desprazar a saúde dos obxectivos cen- trais das políticas comunitarias. P ero o novo tento que ao cabo axustou todas estas políticas foi a pu- blicación, o 2 de outubro de 2013 por parte da Comisión Europea, do programa REFIT (Adecuación e eficacia da normativa: resultados e próximas etapas), un documento que, baixo o paraugas de conceptos como «regulación intelixente», «simplificación lexislativa» ou «redución da carga reguladora», oculta unha das maiores agresións coñecidas contra a protección social e do ambiente, a saúde e seguridade dos traballadores, os dereitos de información e consulta e o diálogo social. En materia de prevención de riscos supuxo, entre outras consecuencias, a decisión de non impulsar nova lexislación en materia de saúde laboral no que resta do mandato da Comisión, o que leva consigo paralizar as dúas principais iniciativas lexislativas comprometidas na vixente Estratexia Europea, como son a revisión da directiva de canceríxenos e a aprobación da de tras- tornos musculoesqueléticos, e non trasladar a texto articulado acordos sectoriais asinados no marco do diálogo social europeo. A s políticas do Goberno español, inseridas nesta corrente ideolóxi- ca e cuxa máxima expresión é a reforma laboral de 2012, teñen o seu último fito en cuestións de saúde e seguridade no traballo coa presentación do anteproxecto de reforma da lei de mutuas en decem- bro do pasado ano. A aposta do Goberno é configurar as mutuas como únicas entidades capaces de asumir a xestión das novas prestacións da seguridade social, e faise por unha suposta maior eficacia no aproveita- mento dos recursos públicos. Esta afirmación está trufada de ideoloxía neoliberal e desmóntase só con ler os informes do Tribunal de Contas ou con considerar o tremendo subrexistro de enfermidades relacionadas co traballo que terminan derivándose aos servizos públicos de saúde como enfermidades comúns (un descenso acumulado de preto do 28 % das enfermidades profesionais notificadas desde 2008). A desaparición do concepto «prevención» do Fondo de Rehabilitación das Mutuas reduce de maneira significativa a súa competencia preventiva e demostra o afán mercantilista da reforma.A vinculación dos recursos públicos xerados po- las continxencias profesionais ás políticas públicas en materia de preven- ción supuxo importantísimas reducións de sinistralidade que hoxe en día corre o perigo de rebrotar (xa se veñen apreciando significativas modera- cións do descenso da sinistralidade, tanto en termos absolutos como en
  • 2. índices de incidencia, en todos os sectores, cando non significativos incrementos como no caso do sector dos servizos). P ero talvez sexa a xestión da incapacidade temporal por continxencias co- múns, dando capacidade á mutua para propoñer a alta sen existir o acto médico e concedendo a consideración de silencio administrativo positivo ante a ausencia de resolución expresa do médico do sistema de saúde, o ele- mento que demostre de xeito máis palpable o carácter economicista dunhas políticas fundamentadas que eliminan o dereito ao restablecemento da saúde a cambio dos intereses económicos das empresas e que se basean en presupostos falsos, neste caso unha suposta perda de competitividade debida a uns eleva- dos niveis de absentismo que a realidade nos indica que son similares aos dos países do noso contorno. O 28 de abril, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, é a xornada que o movemento sindical mundial aproveita para recordar as vítimas dos accidentes e as enfermidades producidas polo traballo e para reclamar a mellora das condicións que soportan as traballadoras e os traballa- dores. A Confederación Europea de Sindicatos e a Confederación Sindical Inter- nacional lembran cada 28 de abril que coa presenza de sindicatos na empresa o traballo é máis seguro.Nesta liña,a Unión Xeral deTraballadores e Comisións Obreiras non podemos deixar de denunciar en 2014 unhas políticas que, de non se co- rrixir, terán devastadoras consecuencias en termos de saúde laboral e pública, que están contribuíndo a acentuar as desigualdades e que condenan o noso país a un modelo produtivo incapacitado para xerar un emprego digno e de calidade. Por este motivo, CCOO e UGT reclamámoslle ao Goberno de España: n A retirada daqueles elementos lesivos para os traballadores e a traballadoras do texto do proxecto de reforma da lei de mutuas, na liña do ditame aproba- do polo Pleno do Consello Económico e Social. n Unha mellora na normativa de enfermidades profesionais que, co obxectivo de reducir o seu subrexistro, facilite os procesos de recoñecemento e actua- lice a súa listaxe de acordo coas últimas investigacións científicas. n A aprobación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2013-2020, incluíndo obxectivos precisos de redución da sinistralidade, afloramento de enfermidades producidas polo traballo e de equivalencia da protección independentemente do tipo de relación laboral. n Mantemento dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos laborais. Somos conscientes de que ningún destes obxectivos enfrontados aos intereses das elites poderán alcanzarse sen o concurso activo dunha maioría social. Por este motivo, CCOO e UGT facemos un chamamento á cidadanía a participar en todas as convocatorias sociais e sindicais que se desenvolverán nos meses vin- deiros, empezando polo próximo 1.º de Maio. 28 ABRIL Día Internacionalda Saúde e a Seguridade no Traballo 2014 CONSINDICATOS OTRABALLOÉMÁISSEGURO! A desregulación lexislativa condena a seguridadee a saude dos traballadores e traballadoras e a economía do noso país