SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
0
TEMA 1
Introdución
Na historia de Cuarto imos ver a historia máis recente de Europa, España e Galicia, a que nos
permite entender a actualidade: a Historia Contemporánea. A historia divídese en períodos que inventaron
historiadores e historiadoras para facilitar o estudo:
Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea
A idade contemporánea é a que estamos vivindo aínda neste momento, e que abarca basicamente
os séculos XIX,XX e o que levamos do XXI. Concretamente a data que os historiadores e historiadoras
consideran o comezo da idade contemporánea é 1789, por ser ese ano cando comezou a Revolución
Francesa que marca o comezo dun cambio no sistema político, económico e social do mundo occidental.
Pero iso forma parte doutro capítulo.
Esa é a idade que imos estudar neste curso. Imos ver porqué o mundo de hoxe é como é. Cómo se
chegou a organizar así a economía, a política e a sociedade.
A Europa do Antigo Réxime
Pero para entender qué ten de diferente a idade Contemporánea da Idade Moderna, temos que ver
cómo era a Sociedade a Economía e a Política na etapa anterior á que imos ver. A esa etapa, os
revolucionarios da Revolución Francesa lle chamaron “Antigo Réxime” sabedores de que estaban
comezando algo novo e importante.
A Sociedade do Antigo Réxime
Nos temos o costume de vivir nunha sociedade que está dividida en clases sociais e a pertenza a
unha clase ou a outra ven determinada polo nivel económico. Hoxe en día todos somos iguais ante a lei,
malia que esa igualdade sexa legal, máis que real. É certo, como apuntaron algún alumnos e alumnas na
clase que a capacidade económica determina grandes diferenzas na práctica nunha sociedade capitalista.
Do mesmo xeito, incluso nos países democráticos occidentais, pertencer a un xénero ou a outro, a unha
minoría racial ou de orientación sexual, tamén pode marcar diferenzas de oportunidade. Pero legalmente
todos e todas nacemos iguais. No Antigo Réxime a principal diferenza coa nosa sociedade é que non eran
iguais ante a lei. Había unha división fundamental entre privilexiados e non privilexiados. Existían tres
estamentos: nobreza, clero e terceiro estado. Os dous primeiros tiñan privilexios, mentres que o último
non.
1
Os privilexiados gozaban de vantaxes como non ter obriga de pagar impostos ou prerrogativas
como poder cobralos (o dezmo da igrexa, taxas e corveas1
que cobraban os nobres), ser xulgados por
determinados tribunais con leis específicas, ocupar determinados cargos ou postos na administración ou o
exército, etc.
A Nobreza era un grupo social pouco numeroso cunha forte xerarquización interna. Distinguían
entre nobreza de sangue e nobreza de privilexio. Ou sexa, entre os que eran nobres de sempre porque
naceran en familia nobre, e os nobres que o eran porque o rei os nomeara en agradecemento a algún
servizo. E logo estaba a división entre os nobres cos máis altos títulos (en España os chamados grandes
de España) (con títulos nobiliarios como duque/duquesa, marqués/marquesa, conde/condesa, etc.) que
vivía nos grandes palacios das cidades e ocupaban os principais cargos na corte. E por último os simples
cabaleiros ou fidalgos. En Galicia a fidalguía fixo unha morea de pazos que aínda hoxe podemos ver por
todo o territorio.
Entre os uns e os outros e outras podía haber grandes diferenzas económicas. Pero todos eran
privilexiados.
Pola súa parte o clero era o grupo social que pertencía á Igrexa. Dividíase tamén entre o alto clero
e o baixo clero. O alto clero estaba composto polos fillos menores das familias nobres e concentraba os
señoríos eclesiásticos. O baixo clero estaba formado polas persoas procedentes da xente do común e
moitas veces vivían nun estado de miseria próximo ao do campesiñado. Pero todos gozaban de privilexios
xurídicos e económicos.
O Terceiro Estado ou xente do común abranguía a todas as ademais persoas, fundamentalmente
campesiñado e burguesía. Arredor do 85% da poboación eran campesiños. Deses campesiños só un 10%
eran donos das terras que traballaban. O resto do campesiñado estaba sometido ao Réxime señorial, é
dicir, un sistema polo que os campesiños traballaban as terras dos señores, (os señoríos), que pertencían
á nobreza e ao clero, a cambio dunhas rendas. Os señores ademais podían exercer a súa xurisdición no
territorio (xustiza, impostos, etc.).
Os burgueses, en cambio, ao non vivir no campo estaban libres do réxime señorial. Vivían nas
cidades e eran artesáns e comerciantes. Algúns burgueses tiñan un gran poder económico e vivían
imitando os modos de vida da nobreza. Pero non tiñan privilexios, non podían participar do mesmo xeito
que os nobres na política, tiñan que pagar impostos, non podían ocupar determinados cargos públicos,
etc. A burguesía comezou a opoñerse á sociedade estamental e a reclamar maior poder político a medida
que o seu peso económico aumentaba. Pero os privilexiados esforzáronse por manter a sociedade
tradicional. O resultado do conflito entre os burgueses e os privilexiados foi o que chamamos revolucións
burguesas, que estudaremos máis adiante.
A política do Antigo Réxime
1 Corveas: obriga de traballar determinados días ao ano as terras do señor.
2
A principios do século XVIII, no antigo réxime, a meirande parte de Europa tivo como forma de
goberno o absolutismo monárquico. O monarca absoluto concentraba todos os poderes do Estado: tiña a
soberanía. El facía as leis (poder lexislativo), facía o que houbera que facer para que se cumpriran (poder
executivo) e xulgaba aos que non as cumprían (poder xudicial). Non o facía el persoalmente, claro, pero
elixía aos que o facían.
Así por exemplo os nobres e clérigos podían exercer xurisdición sobre un territorio no que podían
cobrar impostos ou impartir xustiza; os chamados señoríos. Estes eran unha herdanza dos feudos
medievais pois daquela os monarcas decidirán doar vasalos e terras aos clérigos ou nobres que prestaran
importantes servizos á Coroa. Esas recompensas eran hereditarias e nunca se dividían debido ao
Morgado, dereito que tiña o primoxénito de cada familia a herdar todos os bens sen dividilos.
O señorío foi o sostén económico da nobreza ata o século XIX, cando a esta institución foi abolida
a través da Costitución de Cádiz.
O absolutismo chegou como consecuencia do aumento constante do poder dos monarcas, que
crearon exércitos permanentes (na idade media e moderna eran exércitos creados para determinadas
guerras, ben xuntando aos cabaleiros que tiña cada señor, ou ben contratando mercenarios), aumentaron
impostos para poder manter eses exércitos, e unha burocracia cada vez máis grande para poder organizar
todo isto. O absolutismo apoiábase en teorías de pensadores como Bossuet, que defendían a orixe divina
da monarquía, polo que nada, ningunha lei nin institución podían estar por enriba do rei.
Houbo excepcións, como o parlamentarismo inglés, pero en xeral estas eran as características da
política no Antigo Réxime.
En España, por exemplo, Filipe V aproveitou a derrota da coroa de Aragón na Guerra de Sucesión
(Carlos II morrera sen fillos e loitaron polo poder dous candidatos apoiados por distintas potencias; e a
coroa de Aragón apoiara ao seu rival) para suprimir os seus foros (leis particulares) e institucións propias
(Cortes, Deputacións, generalitat, etc.). Isto levouno a cabo a través dunha serie de decretos, os Decretos
de Nova Planta, mediante os cales España pasaba a ser un reino centralizado.
A economía do Antigo Réxime
A maior parte da poboación dedicábase á agricultura e gandería. Era unha produción de
subsistencia, non para o comercio, era pouco produtiva e sobre todo de cereais. Algúns produtos
cultivábanse para comerciar con eles como a vide ou a Oliveira nas zonas mediterráneas.
A agricultura dependía moito do clima e non había medios de transportes modernos cos que levar
alimentos en grandes cantidades cando había malas colleitas, polo que periodicamente había crises de
subsistencia, períodos de fame nos que crecían as tensións sociais.
3
A meirande parte das terras eran da nobreza e o clero ou do propio monarca. Os campesiños que
non tiñan terras (case todos) estaban sometidos ao réxime señorial, é dicir, eran servos dun señor . O
señor permitíalles traballar unha parte das súas terras para o seu sustento, e , a cambio, os campesiños
debían traballar gratuitamente as terras do señor certos días da semana e pagarlle unha renda.
Ademais os campesiños debían pagar outros moitos impostos á Igrexa e á monarquía.
A industria era principalmente artesanal. Nas cidades os distintos oficios agrupábanse en gremios.
Os gremios eran asociacións de artesáns do mesmo oficio (o gremio dos oleiros, dos curtidores, dos
ourives, etc.) ás que había que pertencer de forma obrigatoria. Controlaban toda a actividade artesanal
evitando a competencia, asegurándose de que os artesáns gañaran un prezo axeitado polas súas
artesanías: facilitaban a compra de materias primas ao mesmo prezo, fixaban o tipo e a cantidade de
produtos, horario de traballo, festivos, etc. Establecían a escala laboral e a forma de ascender
(aprendices, oficiais, mestres), así por exemplo organizaban probas para determinar qué oficiais podían
acadar o grado de artesán e polo tanto podían establecer o seu propio taller.
Os gremios tiñan unha pega importante para a burguesía, xa que eran un freo para as novidades
que empezaban a xurdir e que se desenvolverían no século XIX traendo consigo a revolución industrial.
Foi na época da Ilustración cando se foron xestando inventos que serán fundamentais no século XIX,
como a máquina de vapor (por exemplo a famosa máquina de vapor patentada por James Watt en 1774).
A actividade comercial estaba limitada por moitas trabas: non había medios de transporte
realmente rápidos e de grande capacidade, sendo o máis axeitado o transporte por barco; había
alfándegas entre as distintas rexións dun mesmo país, existían diferentes pesos e medidas rexionais, etc.
Aínda así foi o aumento progresivo desta actividade comercial o que permitiu á burguesía
enriquecerse e gañar influenza social.
A monarquía intentou renovar o sistema produtivo, para o que creou reais fábricas. Pero estas
instalacións eran máis ben grandes obradoiros artesanais que non empregaban maquinarias nin formas
modernas de produción
O antigo réxime caracterízase, pois por unha sociedade estamental, unha política baseada no
absolutismo monárquico e unha economía fundamentalmente agraria.
A Ilustración:
Nese contexto social, político e económico do Antigo Réxime, xurdiu unha corrente cultual e
intelectual por Europa que se foi desenvolvendo ao longo do século XVIII ata a Revolución Francesa e que
derivará no século XIX no chamado liberalismo. Chamárono ilustración porque tiñan a intención de ilustrar
á humanidade mediante as luces da razón, polo que ao século XVIII se lle chamou “o Século das Luces”.
Os pensadores e pensadorasi
da Ilustración analizaban a sociedade, a política e a economía
facéndoas pasar polo filtro da razón, independentemente do que se fixera por tradición ou polos textos
4
históricos de pensadores de renome. Aplicar a razón levaríaos ao progreso da humanidade. El
desenvolvemento das ideas e das ciencias debería levar ao progreso da sociedade e á felicidade das
persoas. Defendían que as persoas teñen uns dereitos naturais que o poder non pode suprimir, por
exemplo a liberdade individual e a propiedade (dúas ideas moi propias do pensamento burgués).Tamén
afirmaban que a tolerancia debía ser a base da convivencia humana.
Foi unha corrente transformadora da sociedade do seu tempo. Opuxéronse a sociedade
estamental. Pensaban que era un sistema baseado na tradición, pero carente de lóxica, no que o máis
importante era o berce no que nacías, en lugar da túa intelixencia. Defendían, xa que logo, un sistema de
igualdade social e legal, en que o progreso social estivese aberto a todos os individuos e respondese ás
capacidades das persoas, non aos privilexios económicos ou familiares.
Estaban en contra dos privilexios da nobreza e do clero, pois segundo eles supuñan un obstáculo
para o progreso. Tamén criticaban aos gremios por obstaculizar as novidades e polo tanto o progreso
económico.
As ideas ilustradas espalláronse por Europa grazas a publicacións como A Enciclopedia dirixida por
Diderot e D´Alambert. Era unha obra que intentaba abarcar todo o saber do seu tempo, pero baixo a luz da
razón. Moitos artigos da enciclopedia criticaban tradicións e crenzas que a razón demostraba que eran
falsas ou inxustas. Os privilexiados opuxéronse á Ilustración porque as súas ideas prexudicaban os seus
intereses.
O Despotismo ilustrado
As ideas da Ilustración foron adoptadas por algúns reis absolutos que se converteron en déspotas
ilustrados, como María Teresa I de Austria ou Carlos III en España. Aplicaron as reformas recomendadas
polos ilustrados para mellorar a vida dos seus súbditos, aínda que sen soltar no máis mínimo as rendas do
poder. Estenderon a educación, reformaron o trazado das cidades, melloraron o abastecemento de auga e
alimentos, renovaron a rede de camiños e de portos... A frase que mellor reflicte a súa actitude é a de
“Todo para o pobo... pero sen o pobo”. Os reis desexaban eliminar os últimos restos de feudalismo que
lles impedían concentrar verdadeiramente todo o poder, como o feito de que a nobreza e o clero non
tiveran que pagar impostos, a independencia da Igrexa ou o control de todos os aspectos das
manufacturas que facían os gremios. A crítica que facían os ilustrados dos privilexios víñalle moi ben á
monarquía.
O despotismo ilustrado baseábase nas ideas da Ilustración e no tocante aos aspectos económicos,
na fisiocracia. A fisiocracia era unha unha teoría económica iniciada por Quesnay, quen chegou á
conclusión de que a riqueza dunha nación dependía da agricultura, pois a industria e o comercio non
“creaban” riqueza, só a transformaban ou intercambiaban sen aumentar a produción. Para que unha
nación fose poderosa había que mellorar a produción agrícola. Unha das formas era acabar coas terras
que non se explotaban, como as chamadas mans mortas da Igrexa (terras que non podían ser vendidas
legalmente) ou os morgados da nobreza. Para liberar estas terras e que se puidesen vender a quen
estivera interesado en cultivalas, era necesario desamortizalas. Era algo moi revolucionario pois atentaba
5
contra o poder económico do clero e a nobreza. O liberalismo herdaría esta idea da desamortización como
algo positivo para o progreso.
Carlos III
Carlos III (1759-1788) representa o despotismo ilustrado español. Tratou de modernizar o país con
ministros ilustrados como Esquilache, Campomanes, Floridablanca ou Jovellanos:
- Trataron de levar á practica as ideas da fisiocracia reformando a agricultura e
mellorando outros sectores da economía.
- Reformaron a educación intentando xeneralizala (estaba en mans do clero e
centrada nos sectores privilexiados) en todos os sectores da sociedade, así como combater á
Inquisición, que para eles era unha traba para o progreso.
- Difundiron as ideas da Ilstración, para o que se impulsou a creación das Sociedades
Económicas de Amigos do País. Estas sociedades promovían o progreso científico e social. En
Galicia temos o exemplo das Sociedades Económicas de Amigos do País de Lugo e Santiago. En
Galicia tamén houbo ilustrados destacados como Bieito Xerome Feixoo, Martín Sarmiento e Xosé
Cornide.
- Declaráronse honradas todas as profesións, co fin de converter o traballo nunha
virtude social, pois ata daquela o traballo era mal visto, como algo que tiña que facer o Terceiro
Estado, pero do que estaban libres os estamentos privilexiados.
O reinado de Carlos III rematou só un ano antes da Revolución Francesa. O seu sucesor,
Carlos IV (1788 – 1808) freou as reformas porque se relacionou á Ilustración coa revolución.
Ademais só as elites culturais apoiaban as ideas ilustradas mentres que os privilexiados se
opoñían frontalmente.
A Arte no Antigo Réxime
A arte antes da Ilustración:
O absolutismo e a sociedade estamental tiñan no Barroco o seu reflexo. O barroco expresa o
estado da sociedade do seu tempo: reflicte á perfección o poder dos grandes monarcas absolutos da
Igrexa católica e dos nobres. É unha arte impresionante e ostentosa, ideal para levantar grandes catedrais,
mosteiros e palacios ou pazos. A escultura e a pintura representaban co seu movemento e realismo o
sentimento relixioso (como os grandes pasos de Semana Santa españois2
) e o poder dos mecenas. A arte
era un medio de propaganda perfecto. En Holanda, en cambio, onde a burguesía se enriqueceu máis que
noutros sitios de Europa, comezou a verse algo distinto: en lugar de que os pintores fixeran as obras por
encargo de grandes mecenas, as facían para vender en tendas, sen saber quen ía ser o/a cliente.
En Galicia a arquitectura barroca ten especial importancia grazas ao noso granito. No resto de
España os edificios Barrocos levantáronse con materiais de peor calidade como ladrillo, barro e xeso. As
2 Os pasos de Semana Santa facíanseen madeira pintada (policromada) conseguindo un efecto tan realista queás veces parece
que as figuras teñen vida.A busca do realismo levou á aplicación depostizos ás esculturas:cabelo,pestanas euñas naturais;
ollos ebágoas de pasta ou cristal;coroas deespiño ou metálicas que poden quitarse;espadas de prata en torno ao corazón da
Virxe, etc.
6
bóvedas de xeso, compensaban a súa pobreza construtiva coa brillantez da decoración. En cambio en
Galicia o granito permite construír impresionantes edificios, e os canteiros conseguiron salvar a dificultade
de traballar esa dura pedra coa famosa técnica do Barroco de placas. É un Barroco de formas xeométricas
e recortadas, como a fachada da Catedral de Santiago de Compostela. Unha arte que trata de
impresionar aos espectadores, avanzando cara eles (escorzos) e enchendo a cidade de fachadas
impresionantes que ás veces eran só iso: fachadas. Fachadas a modo de escenarios de teatro, que non se
correspondían co edificio ao que antecedían. A cuestión era aparentar e demostrar o poder do estamento
privilexiado, igual que a vestimenta, o maquillaxe ou a decoración rococó dos interiores. Tamén en Galicia
son famosos os pazos construídos por todo o rural polos fidalgos. Normalmente tiñan unha monumental
fachada, con grandes balcóns, dende os que contemplar a paisaxe ou os espectáculos que organizaban. A
torre con almenas, era símbolo da distinción señorial que lembraba á xente a orixe militar da nobreza. Os
pazos tiñan igrexas ou grandes capelas onde oían misa todas as persoas do señorío. As igrexas podían
ter unha tribuna comunicada co pazo por un pasadizo.
A arte coa ilustración:
A Ilustración trouxo consigo un sistema de valores distinto ao que viña sendo habitual entre os
intelectuais e pensadores occidentais dos séculos anteriores. Por exemplo a tolerancia coas ideas distintas
ás propias, a valoración da crítica e a análise dos costumes e tradicións, o gusto por aplicar a razón a todo
o que lles rodeaba, por investigar, por comprobar empiricamente as súas hipóteses... Todo isto fixo que a
ciencia avanzara moito durante esta época, que se sentaran as bases para o gran avance científico que se
producirá na idade contemporánea. Ciencia e democracia comparten, pois, unha orixe común, atopando
na Ilustración os seus alicerces. A arte non ía ser menos.
A mediados do século XVIII os arqueólogos descobren dúas cidades gregas que estiveran ocultas
ao ser sepultadas por un volcán na antigüidade. Publicáronse os resultados dos estudos arqueolóxicos e
outros investigadores foron a Grecia e ao Oriente Medio, explorando e publicando tamén os resultados dos
seus estudos. Co Neoclasicismo entramos nos tempos actuais. Orixínanse agora as primeiras polémicas
artísticas, na que os periódicos (que empezaban a xurdir agora) e as revistas científicas desempeñaron o
principal medio de información e difusión das inquietudes e problemas intelectuais. Discútese con paixón
sobre política, ciencia e arte. O Neoclasicismo xurde como oposición ao Barroco, como oposición dos
intelectuais ilustrados contra a aristocracia de empoadas perrucas, que vivía entre os luxos propios da
decoración rococó.
O Neoclasicismo ten unha actitude de alto coñecemento, de intelectualidade, de erudición. Créanse
edificios públicos tales como museos de arte e ciencias naturais, bibliotecas, teatros, observatorios
astronómicos, etc. Nas cidades ábrense grandes espazos verdes para pasear e charlar intercambiando
ideas e pensamentos. E fanse modificacións pensando no progreso e a racionalización nas cidades como
o traslado dos cemiterios á periferia, por razóns hixiénicas.
O Neoclasicismo será un arte tamén moi empregado polos burgueses liberais do século XIX,
herdeiros da ilustración. É unha arte que busca a estabilidade, a racionalidade, a imitación do clásico.
Buscábase o equilibrio e a simetría, a través do uso de liñas rectas, e intentábase transmitir unha
7
sensación de solidez, similar ao clasicismo grego. Todo o contrario a inestabilidade e o desequilibrio
barroco.
Ao mesmo tempo, cada vez hai máis pintores que pintan para vender as súas obras a clientes que
xa non son grandes mecenas, senón burgueses, homes e mulleres, que se achegan ás tendas a mercar
obras do seu gusto. Asi que paralelamente á arte Neoclásica, xurde un arte chamado prerromántico, de
escenas costumistas, paisaxes, bodegóns, etc. Obras máis axeitadas para decorar os fogares burgueses.
Goya
Francisco de Goya sirve mellor que ningún outro artista para exemplificar moitos dos elementos
propios de esta época. Xurde paralelamente ao Neoclasicismo, nunha época na que a Academia de
Pintura daba as directrices de como tiña que ser unha obra para poder ser considerada ben feita de
verdade. A creación artística estaba moi atada por unha normativa que viña dada por unha serie de
entendidos en pintura que dicían “isto ten calidade, isto non a ten”.
Goya empezou facendo debuxos (cartóns) que servían de guía para facer tapices na Real Fábrica
de Tapices madrileña. Primeiro daba forma aos bocexos de outros artistas pero pouco a pouco a súa arte
vai abríndose paso demostrando a súa valía. Conseguiu a simpatía dos reis. A Academia de san
Fernando, que antes non valorara a súa arte, lle cede un posto académico. Sendo xa un pintor recoñecido,
foi contratado para facer retratos do máis alto da sociedade española daquel tempo. Pero Goya, nunha
época na que o habitual era darlle moitísima importancia a todos os obxectos que rodeaban aos
retratados, destaca por dar relevo á expresión psicolóxica dos retratados e retratadas. Como pintor de
cámara de Carlos IV fixo moitísimos retratos de excelente calidade. Pero para moitos o mellor da súa obra
está na crítica social que fixo a través dos seus gravados. No mellor momento da súa actividade artística,
Goya vese sorprendido pola invasión francesa de 1808 (que veremos no próximo tema). Os horrores da
guerra, coas violacións, fusilamentos, roubos, sacrilexios, o impresionaron moito e se reflectiron no seu
pincel. A guerra fora representada ata aquel momento como un espectáculo patriótico, case fermoso;
Goya pinta unha guerra distinta, analizándoa case coma un filósofo. Rematada a guerra Goya volve a ser
pintor de cámara, agora de Fernando VII, cuxa escasa intelixencia se transparente nos retratos con
implacable realismo. A antipatía polo absolutismo que sinte Goya queda recollida na mirada do monarca.
Pero quizais o máis salientable de Goya, sexa a súa forma de pintar, a súa factura desfeita,
realizada con decisión, a brochazos de enorme efecto.
Moitas escolas e tendencias dos séculos XIX e XX teñen no pintor aragonés unha fonte de
inspiración: romanticismo, impresionismo, surrealismo, expresionismo... Goya é antecedente da pintura
contemporánea
i A historiografía soeocultar o papel da muller nos distintos momentos históricosemoitas veces pensamos que non existiron
mulleres en moitos campos.Un exemplo é o da Ilustración.Malia queos Ilustradosdemáis sona foran homes (Rousseau,
Voltairee Montesquieu en Francia,Jovellanosen España,etcétera) houbo tamén mulleres ilustradasquetiveron importancia.
Un exemplo é Josefa Amar y Borbón que en 1782 foi nomeada socia demérito da Real Sociedade Económica Aragonesa de
Amigos do País.Esta era unha sociedadeque, entre outras cousas,debatía temas sociais.Un destes temas era a moi discutida
cuestión sobre a necesidadeou non de instruír ás mulleres.Josefa Amar defendeu a postura a favor da educación feminina laica
como unha vía necesaria para acadar unha sociedadeverdadeiramente i lustrada.Amar argumentou ás súas ideas traducindo
obras europeas que defendían a súa mesma causa eescribindo ela mesma varios libros.As í por exemplo en 1786 publicou o
seu”Discurso en defensa do talento das mulleres e da súa aptitude para o goberno e outros cargos nos que se
empregan os homes”
8

More Related Content

What's hot

O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCORosacidgalante
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaAgrela Elvixeo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónrubempaul
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónEvaPaula
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 
Tema 1, 4º ESO: Pablo Potel
Tema 1, 4º ESO: Pablo PotelTema 1, 4º ESO: Pablo Potel
Tema 1, 4º ESO: Pablo Potelpablopotel
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenDudas-Historia
 
UD 1 Absolutismo e Ilustración
UD 1 Absolutismo e IlustraciónUD 1 Absolutismo e Ilustración
UD 1 Absolutismo e IlustraciónEvaPaula
 
Tema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e IlustraciónTema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e IlustraciónLuus Quiroga
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 

What's hot (18)

UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e Ilustración
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
Tema 1, 4º ESO: Pablo Potel
Tema 1, 4º ESO: Pablo PotelTema 1, 4º ESO: Pablo Potel
Tema 1, 4º ESO: Pablo Potel
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
UD 1 Absolutismo e Ilustración
UD 1 Absolutismo e IlustraciónUD 1 Absolutismo e Ilustración
UD 1 Absolutismo e Ilustración
 
Tema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e IlustraciónTema 1: Absolutismo e Ilustración
Tema 1: Absolutismo e Ilustración
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 

Similar to 4º historia tema 1. o antigo réxime

Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeA monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeTere Nécega Rodriguez
 
Antigo Réxime. Tamara e Natalia
Antigo Réxime. Tamara e Natalia Antigo Réxime. Tamara e Natalia
Antigo Réxime. Tamara e Natalia Ana Ledo Villaverde
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnieves
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxalbatrigo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoAgrela Elvixeo
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiapablokatt
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaDudas-Historia
 

Similar to 4º historia tema 1. o antigo réxime (20)

Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeA monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
 
Antigo Réxime. Tamara e Natalia
Antigo Réxime. Tamara e Natalia Antigo Réxime. Tamara e Natalia
Antigo Réxime. Tamara e Natalia
 
Antigo Réxime Diego e Miguel
Antigo Réxime Diego e MiguelAntigo Réxime Diego e Miguel
Antigo Réxime Diego e Miguel
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
O Século da Razón
O Século da RazónO Século da Razón
O Século da Razón
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 1 historia
Tema 1 historiaTema 1 historia
Tema 1 historia
 
Ciencias sociais
Ciencias sociaisCiencias sociais
Ciencias sociais
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 

More from Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez Méndez
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...Fernanda Suárez Méndez
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaFernanda Suárez Méndez
 

More from Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 

4º historia tema 1. o antigo réxime

  • 1. 0 TEMA 1 Introdución Na historia de Cuarto imos ver a historia máis recente de Europa, España e Galicia, a que nos permite entender a actualidade: a Historia Contemporánea. A historia divídese en períodos que inventaron historiadores e historiadoras para facilitar o estudo: Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea A idade contemporánea é a que estamos vivindo aínda neste momento, e que abarca basicamente os séculos XIX,XX e o que levamos do XXI. Concretamente a data que os historiadores e historiadoras consideran o comezo da idade contemporánea é 1789, por ser ese ano cando comezou a Revolución Francesa que marca o comezo dun cambio no sistema político, económico e social do mundo occidental. Pero iso forma parte doutro capítulo. Esa é a idade que imos estudar neste curso. Imos ver porqué o mundo de hoxe é como é. Cómo se chegou a organizar así a economía, a política e a sociedade. A Europa do Antigo Réxime Pero para entender qué ten de diferente a idade Contemporánea da Idade Moderna, temos que ver cómo era a Sociedade a Economía e a Política na etapa anterior á que imos ver. A esa etapa, os revolucionarios da Revolución Francesa lle chamaron “Antigo Réxime” sabedores de que estaban comezando algo novo e importante. A Sociedade do Antigo Réxime Nos temos o costume de vivir nunha sociedade que está dividida en clases sociais e a pertenza a unha clase ou a outra ven determinada polo nivel económico. Hoxe en día todos somos iguais ante a lei, malia que esa igualdade sexa legal, máis que real. É certo, como apuntaron algún alumnos e alumnas na clase que a capacidade económica determina grandes diferenzas na práctica nunha sociedade capitalista. Do mesmo xeito, incluso nos países democráticos occidentais, pertencer a un xénero ou a outro, a unha minoría racial ou de orientación sexual, tamén pode marcar diferenzas de oportunidade. Pero legalmente todos e todas nacemos iguais. No Antigo Réxime a principal diferenza coa nosa sociedade é que non eran iguais ante a lei. Había unha división fundamental entre privilexiados e non privilexiados. Existían tres estamentos: nobreza, clero e terceiro estado. Os dous primeiros tiñan privilexios, mentres que o último non.
  • 2. 1 Os privilexiados gozaban de vantaxes como non ter obriga de pagar impostos ou prerrogativas como poder cobralos (o dezmo da igrexa, taxas e corveas1 que cobraban os nobres), ser xulgados por determinados tribunais con leis específicas, ocupar determinados cargos ou postos na administración ou o exército, etc. A Nobreza era un grupo social pouco numeroso cunha forte xerarquización interna. Distinguían entre nobreza de sangue e nobreza de privilexio. Ou sexa, entre os que eran nobres de sempre porque naceran en familia nobre, e os nobres que o eran porque o rei os nomeara en agradecemento a algún servizo. E logo estaba a división entre os nobres cos máis altos títulos (en España os chamados grandes de España) (con títulos nobiliarios como duque/duquesa, marqués/marquesa, conde/condesa, etc.) que vivía nos grandes palacios das cidades e ocupaban os principais cargos na corte. E por último os simples cabaleiros ou fidalgos. En Galicia a fidalguía fixo unha morea de pazos que aínda hoxe podemos ver por todo o territorio. Entre os uns e os outros e outras podía haber grandes diferenzas económicas. Pero todos eran privilexiados. Pola súa parte o clero era o grupo social que pertencía á Igrexa. Dividíase tamén entre o alto clero e o baixo clero. O alto clero estaba composto polos fillos menores das familias nobres e concentraba os señoríos eclesiásticos. O baixo clero estaba formado polas persoas procedentes da xente do común e moitas veces vivían nun estado de miseria próximo ao do campesiñado. Pero todos gozaban de privilexios xurídicos e económicos. O Terceiro Estado ou xente do común abranguía a todas as ademais persoas, fundamentalmente campesiñado e burguesía. Arredor do 85% da poboación eran campesiños. Deses campesiños só un 10% eran donos das terras que traballaban. O resto do campesiñado estaba sometido ao Réxime señorial, é dicir, un sistema polo que os campesiños traballaban as terras dos señores, (os señoríos), que pertencían á nobreza e ao clero, a cambio dunhas rendas. Os señores ademais podían exercer a súa xurisdición no territorio (xustiza, impostos, etc.). Os burgueses, en cambio, ao non vivir no campo estaban libres do réxime señorial. Vivían nas cidades e eran artesáns e comerciantes. Algúns burgueses tiñan un gran poder económico e vivían imitando os modos de vida da nobreza. Pero non tiñan privilexios, non podían participar do mesmo xeito que os nobres na política, tiñan que pagar impostos, non podían ocupar determinados cargos públicos, etc. A burguesía comezou a opoñerse á sociedade estamental e a reclamar maior poder político a medida que o seu peso económico aumentaba. Pero os privilexiados esforzáronse por manter a sociedade tradicional. O resultado do conflito entre os burgueses e os privilexiados foi o que chamamos revolucións burguesas, que estudaremos máis adiante. A política do Antigo Réxime 1 Corveas: obriga de traballar determinados días ao ano as terras do señor.
  • 3. 2 A principios do século XVIII, no antigo réxime, a meirande parte de Europa tivo como forma de goberno o absolutismo monárquico. O monarca absoluto concentraba todos os poderes do Estado: tiña a soberanía. El facía as leis (poder lexislativo), facía o que houbera que facer para que se cumpriran (poder executivo) e xulgaba aos que non as cumprían (poder xudicial). Non o facía el persoalmente, claro, pero elixía aos que o facían. Así por exemplo os nobres e clérigos podían exercer xurisdición sobre un territorio no que podían cobrar impostos ou impartir xustiza; os chamados señoríos. Estes eran unha herdanza dos feudos medievais pois daquela os monarcas decidirán doar vasalos e terras aos clérigos ou nobres que prestaran importantes servizos á Coroa. Esas recompensas eran hereditarias e nunca se dividían debido ao Morgado, dereito que tiña o primoxénito de cada familia a herdar todos os bens sen dividilos. O señorío foi o sostén económico da nobreza ata o século XIX, cando a esta institución foi abolida a través da Costitución de Cádiz. O absolutismo chegou como consecuencia do aumento constante do poder dos monarcas, que crearon exércitos permanentes (na idade media e moderna eran exércitos creados para determinadas guerras, ben xuntando aos cabaleiros que tiña cada señor, ou ben contratando mercenarios), aumentaron impostos para poder manter eses exércitos, e unha burocracia cada vez máis grande para poder organizar todo isto. O absolutismo apoiábase en teorías de pensadores como Bossuet, que defendían a orixe divina da monarquía, polo que nada, ningunha lei nin institución podían estar por enriba do rei. Houbo excepcións, como o parlamentarismo inglés, pero en xeral estas eran as características da política no Antigo Réxime. En España, por exemplo, Filipe V aproveitou a derrota da coroa de Aragón na Guerra de Sucesión (Carlos II morrera sen fillos e loitaron polo poder dous candidatos apoiados por distintas potencias; e a coroa de Aragón apoiara ao seu rival) para suprimir os seus foros (leis particulares) e institucións propias (Cortes, Deputacións, generalitat, etc.). Isto levouno a cabo a través dunha serie de decretos, os Decretos de Nova Planta, mediante os cales España pasaba a ser un reino centralizado. A economía do Antigo Réxime A maior parte da poboación dedicábase á agricultura e gandería. Era unha produción de subsistencia, non para o comercio, era pouco produtiva e sobre todo de cereais. Algúns produtos cultivábanse para comerciar con eles como a vide ou a Oliveira nas zonas mediterráneas. A agricultura dependía moito do clima e non había medios de transportes modernos cos que levar alimentos en grandes cantidades cando había malas colleitas, polo que periodicamente había crises de subsistencia, períodos de fame nos que crecían as tensións sociais.
  • 4. 3 A meirande parte das terras eran da nobreza e o clero ou do propio monarca. Os campesiños que non tiñan terras (case todos) estaban sometidos ao réxime señorial, é dicir, eran servos dun señor . O señor permitíalles traballar unha parte das súas terras para o seu sustento, e , a cambio, os campesiños debían traballar gratuitamente as terras do señor certos días da semana e pagarlle unha renda. Ademais os campesiños debían pagar outros moitos impostos á Igrexa e á monarquía. A industria era principalmente artesanal. Nas cidades os distintos oficios agrupábanse en gremios. Os gremios eran asociacións de artesáns do mesmo oficio (o gremio dos oleiros, dos curtidores, dos ourives, etc.) ás que había que pertencer de forma obrigatoria. Controlaban toda a actividade artesanal evitando a competencia, asegurándose de que os artesáns gañaran un prezo axeitado polas súas artesanías: facilitaban a compra de materias primas ao mesmo prezo, fixaban o tipo e a cantidade de produtos, horario de traballo, festivos, etc. Establecían a escala laboral e a forma de ascender (aprendices, oficiais, mestres), así por exemplo organizaban probas para determinar qué oficiais podían acadar o grado de artesán e polo tanto podían establecer o seu propio taller. Os gremios tiñan unha pega importante para a burguesía, xa que eran un freo para as novidades que empezaban a xurdir e que se desenvolverían no século XIX traendo consigo a revolución industrial. Foi na época da Ilustración cando se foron xestando inventos que serán fundamentais no século XIX, como a máquina de vapor (por exemplo a famosa máquina de vapor patentada por James Watt en 1774). A actividade comercial estaba limitada por moitas trabas: non había medios de transporte realmente rápidos e de grande capacidade, sendo o máis axeitado o transporte por barco; había alfándegas entre as distintas rexións dun mesmo país, existían diferentes pesos e medidas rexionais, etc. Aínda así foi o aumento progresivo desta actividade comercial o que permitiu á burguesía enriquecerse e gañar influenza social. A monarquía intentou renovar o sistema produtivo, para o que creou reais fábricas. Pero estas instalacións eran máis ben grandes obradoiros artesanais que non empregaban maquinarias nin formas modernas de produción O antigo réxime caracterízase, pois por unha sociedade estamental, unha política baseada no absolutismo monárquico e unha economía fundamentalmente agraria. A Ilustración: Nese contexto social, político e económico do Antigo Réxime, xurdiu unha corrente cultual e intelectual por Europa que se foi desenvolvendo ao longo do século XVIII ata a Revolución Francesa e que derivará no século XIX no chamado liberalismo. Chamárono ilustración porque tiñan a intención de ilustrar á humanidade mediante as luces da razón, polo que ao século XVIII se lle chamou “o Século das Luces”. Os pensadores e pensadorasi da Ilustración analizaban a sociedade, a política e a economía facéndoas pasar polo filtro da razón, independentemente do que se fixera por tradición ou polos textos
  • 5. 4 históricos de pensadores de renome. Aplicar a razón levaríaos ao progreso da humanidade. El desenvolvemento das ideas e das ciencias debería levar ao progreso da sociedade e á felicidade das persoas. Defendían que as persoas teñen uns dereitos naturais que o poder non pode suprimir, por exemplo a liberdade individual e a propiedade (dúas ideas moi propias do pensamento burgués).Tamén afirmaban que a tolerancia debía ser a base da convivencia humana. Foi unha corrente transformadora da sociedade do seu tempo. Opuxéronse a sociedade estamental. Pensaban que era un sistema baseado na tradición, pero carente de lóxica, no que o máis importante era o berce no que nacías, en lugar da túa intelixencia. Defendían, xa que logo, un sistema de igualdade social e legal, en que o progreso social estivese aberto a todos os individuos e respondese ás capacidades das persoas, non aos privilexios económicos ou familiares. Estaban en contra dos privilexios da nobreza e do clero, pois segundo eles supuñan un obstáculo para o progreso. Tamén criticaban aos gremios por obstaculizar as novidades e polo tanto o progreso económico. As ideas ilustradas espalláronse por Europa grazas a publicacións como A Enciclopedia dirixida por Diderot e D´Alambert. Era unha obra que intentaba abarcar todo o saber do seu tempo, pero baixo a luz da razón. Moitos artigos da enciclopedia criticaban tradicións e crenzas que a razón demostraba que eran falsas ou inxustas. Os privilexiados opuxéronse á Ilustración porque as súas ideas prexudicaban os seus intereses. O Despotismo ilustrado As ideas da Ilustración foron adoptadas por algúns reis absolutos que se converteron en déspotas ilustrados, como María Teresa I de Austria ou Carlos III en España. Aplicaron as reformas recomendadas polos ilustrados para mellorar a vida dos seus súbditos, aínda que sen soltar no máis mínimo as rendas do poder. Estenderon a educación, reformaron o trazado das cidades, melloraron o abastecemento de auga e alimentos, renovaron a rede de camiños e de portos... A frase que mellor reflicte a súa actitude é a de “Todo para o pobo... pero sen o pobo”. Os reis desexaban eliminar os últimos restos de feudalismo que lles impedían concentrar verdadeiramente todo o poder, como o feito de que a nobreza e o clero non tiveran que pagar impostos, a independencia da Igrexa ou o control de todos os aspectos das manufacturas que facían os gremios. A crítica que facían os ilustrados dos privilexios víñalle moi ben á monarquía. O despotismo ilustrado baseábase nas ideas da Ilustración e no tocante aos aspectos económicos, na fisiocracia. A fisiocracia era unha unha teoría económica iniciada por Quesnay, quen chegou á conclusión de que a riqueza dunha nación dependía da agricultura, pois a industria e o comercio non “creaban” riqueza, só a transformaban ou intercambiaban sen aumentar a produción. Para que unha nación fose poderosa había que mellorar a produción agrícola. Unha das formas era acabar coas terras que non se explotaban, como as chamadas mans mortas da Igrexa (terras que non podían ser vendidas legalmente) ou os morgados da nobreza. Para liberar estas terras e que se puidesen vender a quen estivera interesado en cultivalas, era necesario desamortizalas. Era algo moi revolucionario pois atentaba
  • 6. 5 contra o poder económico do clero e a nobreza. O liberalismo herdaría esta idea da desamortización como algo positivo para o progreso. Carlos III Carlos III (1759-1788) representa o despotismo ilustrado español. Tratou de modernizar o país con ministros ilustrados como Esquilache, Campomanes, Floridablanca ou Jovellanos: - Trataron de levar á practica as ideas da fisiocracia reformando a agricultura e mellorando outros sectores da economía. - Reformaron a educación intentando xeneralizala (estaba en mans do clero e centrada nos sectores privilexiados) en todos os sectores da sociedade, así como combater á Inquisición, que para eles era unha traba para o progreso. - Difundiron as ideas da Ilstración, para o que se impulsou a creación das Sociedades Económicas de Amigos do País. Estas sociedades promovían o progreso científico e social. En Galicia temos o exemplo das Sociedades Económicas de Amigos do País de Lugo e Santiago. En Galicia tamén houbo ilustrados destacados como Bieito Xerome Feixoo, Martín Sarmiento e Xosé Cornide. - Declaráronse honradas todas as profesións, co fin de converter o traballo nunha virtude social, pois ata daquela o traballo era mal visto, como algo que tiña que facer o Terceiro Estado, pero do que estaban libres os estamentos privilexiados. O reinado de Carlos III rematou só un ano antes da Revolución Francesa. O seu sucesor, Carlos IV (1788 – 1808) freou as reformas porque se relacionou á Ilustración coa revolución. Ademais só as elites culturais apoiaban as ideas ilustradas mentres que os privilexiados se opoñían frontalmente. A Arte no Antigo Réxime A arte antes da Ilustración: O absolutismo e a sociedade estamental tiñan no Barroco o seu reflexo. O barroco expresa o estado da sociedade do seu tempo: reflicte á perfección o poder dos grandes monarcas absolutos da Igrexa católica e dos nobres. É unha arte impresionante e ostentosa, ideal para levantar grandes catedrais, mosteiros e palacios ou pazos. A escultura e a pintura representaban co seu movemento e realismo o sentimento relixioso (como os grandes pasos de Semana Santa españois2 ) e o poder dos mecenas. A arte era un medio de propaganda perfecto. En Holanda, en cambio, onde a burguesía se enriqueceu máis que noutros sitios de Europa, comezou a verse algo distinto: en lugar de que os pintores fixeran as obras por encargo de grandes mecenas, as facían para vender en tendas, sen saber quen ía ser o/a cliente. En Galicia a arquitectura barroca ten especial importancia grazas ao noso granito. No resto de España os edificios Barrocos levantáronse con materiais de peor calidade como ladrillo, barro e xeso. As 2 Os pasos de Semana Santa facíanseen madeira pintada (policromada) conseguindo un efecto tan realista queás veces parece que as figuras teñen vida.A busca do realismo levou á aplicación depostizos ás esculturas:cabelo,pestanas euñas naturais; ollos ebágoas de pasta ou cristal;coroas deespiño ou metálicas que poden quitarse;espadas de prata en torno ao corazón da Virxe, etc.
  • 7. 6 bóvedas de xeso, compensaban a súa pobreza construtiva coa brillantez da decoración. En cambio en Galicia o granito permite construír impresionantes edificios, e os canteiros conseguiron salvar a dificultade de traballar esa dura pedra coa famosa técnica do Barroco de placas. É un Barroco de formas xeométricas e recortadas, como a fachada da Catedral de Santiago de Compostela. Unha arte que trata de impresionar aos espectadores, avanzando cara eles (escorzos) e enchendo a cidade de fachadas impresionantes que ás veces eran só iso: fachadas. Fachadas a modo de escenarios de teatro, que non se correspondían co edificio ao que antecedían. A cuestión era aparentar e demostrar o poder do estamento privilexiado, igual que a vestimenta, o maquillaxe ou a decoración rococó dos interiores. Tamén en Galicia son famosos os pazos construídos por todo o rural polos fidalgos. Normalmente tiñan unha monumental fachada, con grandes balcóns, dende os que contemplar a paisaxe ou os espectáculos que organizaban. A torre con almenas, era símbolo da distinción señorial que lembraba á xente a orixe militar da nobreza. Os pazos tiñan igrexas ou grandes capelas onde oían misa todas as persoas do señorío. As igrexas podían ter unha tribuna comunicada co pazo por un pasadizo. A arte coa ilustración: A Ilustración trouxo consigo un sistema de valores distinto ao que viña sendo habitual entre os intelectuais e pensadores occidentais dos séculos anteriores. Por exemplo a tolerancia coas ideas distintas ás propias, a valoración da crítica e a análise dos costumes e tradicións, o gusto por aplicar a razón a todo o que lles rodeaba, por investigar, por comprobar empiricamente as súas hipóteses... Todo isto fixo que a ciencia avanzara moito durante esta época, que se sentaran as bases para o gran avance científico que se producirá na idade contemporánea. Ciencia e democracia comparten, pois, unha orixe común, atopando na Ilustración os seus alicerces. A arte non ía ser menos. A mediados do século XVIII os arqueólogos descobren dúas cidades gregas que estiveran ocultas ao ser sepultadas por un volcán na antigüidade. Publicáronse os resultados dos estudos arqueolóxicos e outros investigadores foron a Grecia e ao Oriente Medio, explorando e publicando tamén os resultados dos seus estudos. Co Neoclasicismo entramos nos tempos actuais. Orixínanse agora as primeiras polémicas artísticas, na que os periódicos (que empezaban a xurdir agora) e as revistas científicas desempeñaron o principal medio de información e difusión das inquietudes e problemas intelectuais. Discútese con paixón sobre política, ciencia e arte. O Neoclasicismo xurde como oposición ao Barroco, como oposición dos intelectuais ilustrados contra a aristocracia de empoadas perrucas, que vivía entre os luxos propios da decoración rococó. O Neoclasicismo ten unha actitude de alto coñecemento, de intelectualidade, de erudición. Créanse edificios públicos tales como museos de arte e ciencias naturais, bibliotecas, teatros, observatorios astronómicos, etc. Nas cidades ábrense grandes espazos verdes para pasear e charlar intercambiando ideas e pensamentos. E fanse modificacións pensando no progreso e a racionalización nas cidades como o traslado dos cemiterios á periferia, por razóns hixiénicas. O Neoclasicismo será un arte tamén moi empregado polos burgueses liberais do século XIX, herdeiros da ilustración. É unha arte que busca a estabilidade, a racionalidade, a imitación do clásico. Buscábase o equilibrio e a simetría, a través do uso de liñas rectas, e intentábase transmitir unha
  • 8. 7 sensación de solidez, similar ao clasicismo grego. Todo o contrario a inestabilidade e o desequilibrio barroco. Ao mesmo tempo, cada vez hai máis pintores que pintan para vender as súas obras a clientes que xa non son grandes mecenas, senón burgueses, homes e mulleres, que se achegan ás tendas a mercar obras do seu gusto. Asi que paralelamente á arte Neoclásica, xurde un arte chamado prerromántico, de escenas costumistas, paisaxes, bodegóns, etc. Obras máis axeitadas para decorar os fogares burgueses. Goya Francisco de Goya sirve mellor que ningún outro artista para exemplificar moitos dos elementos propios de esta época. Xurde paralelamente ao Neoclasicismo, nunha época na que a Academia de Pintura daba as directrices de como tiña que ser unha obra para poder ser considerada ben feita de verdade. A creación artística estaba moi atada por unha normativa que viña dada por unha serie de entendidos en pintura que dicían “isto ten calidade, isto non a ten”. Goya empezou facendo debuxos (cartóns) que servían de guía para facer tapices na Real Fábrica de Tapices madrileña. Primeiro daba forma aos bocexos de outros artistas pero pouco a pouco a súa arte vai abríndose paso demostrando a súa valía. Conseguiu a simpatía dos reis. A Academia de san Fernando, que antes non valorara a súa arte, lle cede un posto académico. Sendo xa un pintor recoñecido, foi contratado para facer retratos do máis alto da sociedade española daquel tempo. Pero Goya, nunha época na que o habitual era darlle moitísima importancia a todos os obxectos que rodeaban aos retratados, destaca por dar relevo á expresión psicolóxica dos retratados e retratadas. Como pintor de cámara de Carlos IV fixo moitísimos retratos de excelente calidade. Pero para moitos o mellor da súa obra está na crítica social que fixo a través dos seus gravados. No mellor momento da súa actividade artística, Goya vese sorprendido pola invasión francesa de 1808 (que veremos no próximo tema). Os horrores da guerra, coas violacións, fusilamentos, roubos, sacrilexios, o impresionaron moito e se reflectiron no seu pincel. A guerra fora representada ata aquel momento como un espectáculo patriótico, case fermoso; Goya pinta unha guerra distinta, analizándoa case coma un filósofo. Rematada a guerra Goya volve a ser pintor de cámara, agora de Fernando VII, cuxa escasa intelixencia se transparente nos retratos con implacable realismo. A antipatía polo absolutismo que sinte Goya queda recollida na mirada do monarca. Pero quizais o máis salientable de Goya, sexa a súa forma de pintar, a súa factura desfeita, realizada con decisión, a brochazos de enorme efecto. Moitas escolas e tendencias dos séculos XIX e XX teñen no pintor aragonés unha fonte de inspiración: romanticismo, impresionismo, surrealismo, expresionismo... Goya é antecedente da pintura contemporánea i A historiografía soeocultar o papel da muller nos distintos momentos históricosemoitas veces pensamos que non existiron mulleres en moitos campos.Un exemplo é o da Ilustración.Malia queos Ilustradosdemáis sona foran homes (Rousseau, Voltairee Montesquieu en Francia,Jovellanosen España,etcétera) houbo tamén mulleres ilustradasquetiveron importancia. Un exemplo é Josefa Amar y Borbón que en 1782 foi nomeada socia demérito da Real Sociedade Económica Aragonesa de Amigos do País.Esta era unha sociedadeque, entre outras cousas,debatía temas sociais.Un destes temas era a moi discutida cuestión sobre a necesidadeou non de instruír ás mulleres.Josefa Amar defendeu a postura a favor da educación feminina laica como unha vía necesaria para acadar unha sociedadeverdadeiramente i lustrada.Amar argumentou ás súas ideas traducindo obras europeas que defendían a súa mesma causa eescribindo ela mesma varios libros.As í por exemplo en 1786 publicou o seu”Discurso en defensa do talento das mulleres e da súa aptitude para o goberno e outros cargos nos que se empregan os homes”
  • 9. 8