Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
1º ESO. I.E.S. FRANCISCO SOREY-CAMBADOS
MENTRAS CAI A NEVE 
Tristeiro, mudo, o paisaxe. 
Hirta, doente friaxe 
no aire reve. 
En falerpas, silenzosa, 
como folliñ...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-aire: mestura de gases que forman a atmosfera. 
-falerpas (folerpa, folepa)...
Vista de Lobeira desde O Castrove 
...O Castrove xigante, 
montaña-nai da terra ben querida 
que se alonga soave, verdecid...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-brétema: néboa, condensación de vapor de auga na atmosfera. 
-choiva: preci...
...No salgueiral os merlos asubían 
nun nouturnio doente. 
No aleiro do tellado 
os caseiros pardales rechouchían 
queda, ...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-vento: aire en movemento, corrente de aire, neste caso “vento de bicos”, un...
Mencer no Salnés, co Castrove ao fondo. 
Do ceo borrallento, 
na saudosa paz da atardecida, 
cai o choiva sin vento, 
fío ...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: auga 
-atardecida: tardiña, solpor, últimas horas do día. 
-choiva: c...
¡O Sol! ¡O Sol! ¡Qué ledo! ¡Que doirado! 
¡Está a rir e a bailar! 
Vou espelir as azas de contado 
e ireino saudar: 
¡Ei! ...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: auga 
-bo día: saúdo, que teñan un bo día! 
-sol: estrela que proporc...
A Pastora na época de Cabanillas. 
Do vran nas tardes longas, coa merenda 
nun cestiño de bimbias, 
de vagar, paso a paso,...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoas: augas 
-sombra: zona detrás dun obxecto que non recibe a luz directa...
Sol de vran. O mar de Arousa, 
de praia a praia tendido, 
canso de loitar, repousa. 
Ceo azuado e senlleiro. 
Limpou de né...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ceo: espazo que aparece sobre a Terra, limitado, á vista, polo horizonte. 
...
...Recenden as mazáns sobor da mesa 
e na brancura do mantel de liño 
as xarras de cristal mostran, ridentes, 
os nosos vi...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-media noite: ás 00 horas ou ás 12. 
-ondas: movementos xiratorios da auga d...
Salnés antergo e saudoso, terra sagra e petrucial 
farta de séculos, chea de amor e dolor de nai. 
Unha ermida cada castro...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoas: augas 
-caída do serán: a caída da tarde, as últimas horas do día, a...
Sol d-outono no mar calmo fungue o lume; 
alá, lonxe, chirra un carro no camiño; 
canta a ágoa no rodicio do muíño; 
e arr...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: auga 
-mar calmo: mar tranquilo, sen ondas. 
-outono: estación do ano...
Son os días de outono. 
Son os días 
en que caien desfeitas, sin arume, 
as derradeiras rosas. 
... 
O chan escuro; brétem...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-agoas: augas 
-apromadas nubes: nubes grises, escuras. 
-brétemas: néboas, ...
Agoa homilde, ágoa irmán, 
ágoa chea de gracia, de dozura e beleza 
Agoa maina, ágoa san, 
que eres toda limpeza, 
crarida...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: agua 
-barbullada: ruído que forman as augas correntes. 
-choiva: pre...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Cabanillas e a natureza-os meses

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Cabanillas e a natureza-os meses

  1. 1. 1º ESO. I.E.S. FRANCISCO SOREY-CAMBADOS
  2. 2. MENTRAS CAI A NEVE Tristeiro, mudo, o paisaxe. Hirta, doente friaxe no aire reve. En falerpas, silenzosa, como folliñas de rosa cai a neve... (...) Todo de branco se viste. Todo dorme, frío, triste, sin latexo. No ceo calmo, tranquilo, ni-un maino rumor, ni-un brilo, ni-un refrexo. Vive na alma o firente choro íntimo, doente, do salouco. E as falerpas, revoando, como en ondas, van baixando pouco a pouco! Ramón Cabanillas VENTO MAREIRO
  3. 3. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -aire: mestura de gases que forman a atmosfera. -falerpas (folerpa, folepa): anacos de neve que caen. -friaxe: sensación que produce un frío moi grande. -frío: temperatura inferior á ordinaria -hirta, doente friaxe: áspera, dura, sensación de frío moi forte, que fire e produce dor. -neve: auga conxelada en pequenos cristais. -reve: rezuma, zumega humidade. PLANTAS: -folliñas de rosa: pétalos de roseira PAISAXE: -mudo: sen son, silenzoso. -todo dorme, sin latexo: quedo, sen actividade. -tristeiro: triste, sen alegría, sen cor... COMENTARIO góstame moito, expresa moi ben a sensación que se sente ao mirar a paisaxe nevada e sentir a friaxe no corpo. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... Foto ou debuxo de paisaxe nevada ou caendo a neve. Miguel Pérez Ramundo
  4. 4. Vista de Lobeira desde O Castrove ...O Castrove xigante, montaña-nai da terra ben querida que se alonga soave, verdecida, até as praias de Atlante, -ou, meu berce de neno! ou, branco fume do meu fogar deitado na ribeira!- está diante de min, cinguido o cume de brétema esgasada, ollando a cruz de ferro de Lobeira e axexando o mar outo da Lanzada. VEIRAMAR, “Poesías ventureiras” ... Firentes invernías tardes de vento e choiva ... É noite pechada e chove miudiño Nas lousas de pedra, ó longo da rúa escura e deserta estoupan as pingas que deitan as tellas... CHOVE...
  5. 5. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -brétema: néboa, condensación de vapor de auga na atmosfera. -choiva: precipitación de auga líquida. -invernía: inverno prolondado e rigoroso, tempo chuvioso e frio -pingas: pequenas cantidades de auga de form esférica. -vento: aire en movemento, corrente de aire PAISAXE: -A Lanzada: costa situada entre os concellos de O Grove e Sanxenxo, orientada ao mar aberto. -Castrove: monte situado no leste do val do Salnés. -Lobeira: pequeno monte situado entre os concellos de Vilanova e Vilagarcía de Arousa, no que houbo un castelo. -mar outo: ondas de gran tamaño. -montaña: elevación natural do terreo. -praias: despósitos de area na liña de costa. -ribeira (riveira): marxe ou beira do mar ou dun río. COMENTARIO O primeiro poema describe o monte Castrove e o que se olla desde o seu cume: Lobeira e A Lanzada. O segundo fai referencia ás tardes e noites de inverno con chuvia e vento. Os dous expresan moi ben dous aspectos do inverno, na paisaxe e nas rúas da vila. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... 1º: paisaxe e ceo anubrado con brétema. 2º: pingas de chuvia Marta e Irea
  6. 6. ...No salgueiral os merlos asubían nun nouturnio doente. No aleiro do tellado os caseiros pardales rechouchían queda, quediñamente... O CASAL DE CATICOVAS ... Reza un merlo no souto frorido de cereixos relixioso ofertorio d-uns místicos amores. Pasa un vento de bicos que vai buscando beixos, como enxame de abellas que vai buscando frores CAMPANA CHOCA, No Desterro
  7. 7. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -vento: aire en movemento, corrente de aire, neste caso “vento de bicos”, un vento frouxo e suave, que acariña. ANIMAIS: -enxame de abellas: grupo numeroso de abellas, insectos que viven en colonias que constrúen con cera e nas que alimentan ás crías con mel. -merlo: (Turdus merula) paxaro que mide arredor de 25 cm, de plumaxe negra e peteiro amarelo. Aliméntase de froitas e sementes, pequenos animais... -pardal: (Passer domesticus) paxaro de pequeno tamaño coa plumaxe parda con pintas negras e rubias. Aliméntase de froitos, sementes e gomos. -rechouchían: chío continuado dos paxaros. PLANTAS: -frores: órganos reprodutores das plantas, xeralmente de cores vistosas. -frorido: con flores -cereixos: cerdeira (Prunus avium), árbore froiteira que produce unhas drupas esféricas comestibles, moi común nas hortas do Salnés. -salgueiral: bosque da salgueiros. -souto: lugar poboado de árbores, en especial castiñeiros ou carballos. COMENTARIO O poema gustounos moito. É moi bonito e explica moi ben, con palabras fermosas, a situación da natureza. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... 1º poema: Foto dun salgueiral, merlos, pardais nun tellado... 2º poema: Cerdeiras en flor, merlo, enxame de abellas. Abella en flores de cerdeira Lidia Martínez, Yasmina Sáchez
  8. 8. Mencer no Salnés, co Castrove ao fondo. Do ceo borrallento, na saudosa paz da atardecida, cai o choiva sin vento, fío a fío, esvaída nos erbeiros mimosos, nos verdecraros, ledos milleirales, nos solenes pinales vagorosos, nos fiunchos miudiños dos veirales de este val do Salnés, vella campía onde a céltiga raza achou asento, (...) Pola mañán a luz e limpa e crara. O pinal que se alonga na seara verdelouro á raiolas de levante abanea fungando unha lelía. ¡Non hai pinga de ágoa que non brile e cante nin folla que non ría! O CASAL DE CATICOVAS “Camiños no tempo”
  9. 9. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: auga -atardecida: tardiña, solpor, últimas horas do día. -choiva: chuvia, precipitación líquida. -ceo borrallento: ceo gris, escuro, con pouca luz. -levante: leste. -raiolas: tempo breve de sol que aparece de cando en vez en días anubrados, raios finos de Sol. PLANTAS: -erbeiros: campos de herbas. -fiúnchos: (Foeniculum vulgare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. -folla: parte das plantas, xeralmente plana polas que respiran e realizan a nutrición. -milleirales: campos de millo. -pinal/pinales: piñeiral, bosque de piñeiros PAISAXE: -campía: -Val do Salnés: comarca situada no curso baixo do río Umia, á beira da Ría de Arousa. -veirales: beirales, lindeiros de fincas e camiños onde abondan as plantas silvestres. COMENTARIO Góstanos porque fala da natureza. Describe moi ben o Val do Salnés nunha mañán de abril, cando chove pouco a poucoe todo está cheo de humidade e luces suaves. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Paisaxe do Salnés pola mañan ou pola tardiña. -Follas con pingas de auga. -Piñeirais, herbeiros, milleirais... Alba, Eva
  10. 10. ¡O Sol! ¡O Sol! ¡Qué ledo! ¡Que doirado! ¡Está a rir e a bailar! Vou espelir as azas de contado e ireino saudar: ¡Ei! ¡Bo día, meu amo! ¡Seica ardemos...! ¡Di que non... que está ben...! ¡No... pois a cara non llo dá! ¡C-os demos! ¡Ben accesa que a ten! ¡Ai que fresquiña a ágoa do regueiro!! ¡Cómo bule a brilar! ¡Dá ledicia meter n-ela o peteiro e beber a fartar! (...) ¡E toda esta alegría e esta fartura... ¡Todo! ¡Todo pra nós! ¡O centeo! ¡A ágoa dóce! ¡O sol locente! ¡Esto si que é vivir! ¡E todo para as labercas tan somente; pra comer e pra rir! FALA UNHA LABERCA... (Da Terra Asoballada)
  11. 11. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: auga -bo día: saúdo, que teñan un bo día! -sol: estrela que proporciona luz e calor á Terra ANIMAIS: -laberca: laverca, (Alauda arvensis). Paxaro da familia das alaudidas que vive nos campos abertos e nas zonas de cereais. De cor castaña con pencas craras e unha pequena crista. Aliméntase de grans, herbas, pequenos animais... PLANTAS: -centeo: (Secale cereale) cereal común nas zonas altas de Galicia. PAISAXE: -regueiro: río de pouco caudal COMENTARIO Personifica nunha laverca a ledicia de erguerse pola mañán e gozar dos bens da natureza. É moi divertida, aínda que ten algunhas palabras difíciles. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Sol nun campo, coa vexetación -Campo de centeo -Laberca Campo de centeo Ana Prado e Ana Vieites
  12. 12. A Pastora na época de Cabanillas. Do vran nas tardes longas, coa merenda nun cestiño de bimbias, de vagar, paso a paso, baixo a sombra do roxo parasol de miña tía., rubía á fresca, umbriza carballeira que coroa un outeiro a par da vila, onde se ergue, feituca como un ovo, da Virxe da Pastora a branca ermida. Follas que beilan, ágoas que rexouban, fiunchos que en recendos se desfían, sendeiros de antre millos e parrales, ventiño latexante de cantigas, valos vellos, silveiras con amorias, auriolos e merlos que asubían, edras de ouro nas pedras seculares de altares en ruiñas, colunas en derrumbo, arcos ó aire e maltreitas oxivas do noso saudoso camposanto un día eirexa nai: ¡Santa Mariña! AS TARDES NA PASTORA “Poesías ventureiras”
  13. 13. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoas: augas -sombra: zona detrás dun obxecto que non recibe a luz directamente -umbriza: umbría, área que está sempre á sombra. -ventiño: vento suave. -vran: estación do ano que se caracteriza por ter máis horas de luz e temperaturas máis altas. ANIMAIS: -auriolos: (Oriolus oriolus). Ouripenlas. Paxaro do tamaño dun merlo. Os machos son amarelos e as femias verdosas co peito branco. Aliméntanse de froitas e insectos. Fan os niños pendurados dunha galla. -merlos: (Turdus merula) paxaro que mide arredor de 25 cm, de plumaxe negra e peteiro amarelo. Aliméntase de froitas e sementes, pequenos animais... PLANTAS: -amorias: agrupación de froitos da silva. -carballeiras: bosques de carballos. -edras: (Hedera hibernica) planta trepadora de follas palmeadas e perennes. -fiuncho: (Foeniculum vulvare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. -follas: partes das planats xeralmente planas e verdes. -millos: (Zea mays). Planta gramínea que pode acadar os 5 m de altura, coas follas lanceoladas, grandes e as flores dispostas en espigas unisexuais. -parrales: parras, formación de viñas sobre postes e trabes. -silveiras: (Rubus ulmifolius) agrupación de silvas formando sebes. Planta da familia das rosáceas, coas follas compostas e os froitos en forma esférica agrupados en acios de polidrupas. Os talos teñen espiñas. PAISAXE: -outeiro: pequena elevación, monte. -sendeiros: carreiros, camiños estreitos. COMENTARIO O poema describe un costume moi típico en Cambados: pasar as tardes no monte da Pastora. Noutros tempos houbo alí unha boa carballeira que foi cortada. Recentemente pasou a ser propiedade municipal e está plantada de plátanos, piñeiros, olmos e robinias. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Monte da Pastora -Campos de millo, parras -Silveiras... Elena e Vanessa
  14. 14. Sol de vran. O mar de Arousa, de praia a praia tendido, canso de loitar, repousa. Ceo azuado e senlleiro. Limpou de néboa a Curota o maino vento mareiro. Alá na boca da ría, dende a solana da costa o Con de Noro vixía... A CALZADA DE CAMBADOS “Da Terra Asoballada”
  15. 15. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ceo: espazo que aparece sobre a Terra, limitado, á vista, polo horizonte. -maino vento mareiro: vento suave do oeste, da banda do mar. -néboa: brétema. Condensación de vapor de auga na atmosfera. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. -vran: estación do ano que se caracteriza por ter máis horas de luz e temperaturas máis altas. PAISAXE: -mar de Arousa: mar da ría de Arousa. -praia: acumulación de area ao longo da costa. -boca da ría: espazo entre as puntas que delimitan a ría. -solana da costa: zona da costa exposta ao sol. -Con de Noro: illote rochoso situado na boca da ría de Arousa, a carón de Sálvora. Vese desde Cambados cando está o día craro. -Curota: cume da serra de Barbanza que se divisa desde Cambados ao mirar cara ao noroeste. Para os mariñeiros é un dos indicadores do estado do tempo. COMENTARIO Describe un solpor na ría con todos os elementos. Personifica o Sol (déitase canso de loitar) e o Con de Nor que vixía a boca da ría. ideas para ilustralo: FOTOS DEBUXOS... -Solpor no mar -Curota -Con de Nor... Carla Serén e Sara Marño
  16. 16. ...Recenden as mazáns sobor da mesa e na brancura do mantel de liño as xarras de cristal mostran, ridentes, os nosos viños sagros, recendentes a erbaboa, a reseda e a tomiño; ¡o esvaído verde do Loureiro, os acesos rubís do agre Caíño, o sangre roxo e mouro do Espadeiro dóce e levián como unha canturía, e os rebrilos doirados do Albariño, saltarín e algareiro, que borracho de luz e de alegría todo o ouro do sol ten prisioneiro! “O CASAL DE CATICOVAS” CAMIÑOS NO TEMPO Para ceibarme de morrer, chuchada d-un amor que me éncheu de penas fondas, no mar costeiro e bravo da Lanzada tomei â media noite, as nove ondas. (...) Limpa estou de feitizo e de meigallo. Quedei rexa e varil como un carballo, san como un buxo, dura como un seixo. (...) VIAXE PERDIDO “Da Terra Asoballada”
  17. 17. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -media noite: ás 00 horas ou ás 12. -ondas: movementos xiratorios da auga do mar que producen ondulacións na superficie. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. PLANTAS: -mazáns: froitas da maceira (Prunus domestica). -liño: (Linum usitatissimum) planta herbácea da familia das lináceas. O seu talo emprégase para facer tecidos (neste caso o mantel) e a súa semente (liñaza) para extraer fariña e aceite (aceite de liñaza). En Galicia foi moi cultivada noutros tempos e serviu de base a unha importante industria téxtil. -erbaboa: Menta verde (Mentha spicata), herba perenne nativa de Europa, empregada en gastronomía e perfumería polo seu arume intenso e fresco. As follas son moi aromáticas. -reseda: (Reseda sp.) planta herbácea anual coas follas basais en mouta e talos rastreiros. As flores son pequenas e os froitos en cápsulas con moitas sementes. Atópase nos beirais e matogueiras. -tomiño: tomelo (Tymus caespititius). Planta perenne, leñosa, rastreira, toda ela moi aromática. Atópase en zonas de monte. -carballo: (Quercus robur): árbore de copa globosa que pode acadar os 50 m de altura e os 1.000 anos de idade. As follas son simples, alternas, ovais e lobuladas, de 10-12 cm de lonxitude e 8 cm de anchura. Os froitos son as landras. -buxo (Buxus sempervirens): arbusto ou árbore que pode acadar os 5 m de altura, coa copa baixa e densa, con follas persistentes, simples, opostas, de forma elíptica ou ovada, É habitual atopalo formando sebes artísticas. -VIÑOS: variedades autóctonas apreciadas pola súa calidade que se poden atopar no Salnés: Loureiro, Caíño, Espadeiro, Albariño. PAISAXE: -mar: masa de auga salgada que cobre unha grande parte da superficie terrestre. OUTRAS: -seixo: cuarzo, mineral da familia dos silicatos que adoita formar parte da pedra de gran. COMENTARIO O primeiro poema fai unha descrpción moi atinada das variedades de viño do Salnés, algunhas que case non se usan na actualidade. O segundo fai referencia á lenda das nove ondas como rito que se practicaba para a fertilidade na praia da Lanzada. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS, DEBUXOS... -Distintos tipos de viños -Mesa con mazáns e xerras de viño. -Praia da Lanzada: ondas, ermida, torre... Sonia Porto, Lorena Soto
  18. 18. Salnés antergo e saudoso, terra sagra e petrucial farta de séculos, chea de amor e dolor de nai. Unha ermida cada castro, cada valgada un pinal, cada camiño un cruceiro, cada recuncho un fogar. Erbeiros e milleirales e viñas na terra chá; o sol ó cair nas ágoas deixou o ceo a sangrar. O Umia, canso, deitouse nas xunqueiras de Sisán; o pai Castrove, na estrema, pon os ollos alén mar. ... Terra de Salnés. Outono. A caída do serán. Os carros na corredoira, chirra que te chirrarás. VENDIMA EN SALNÉS “Poesías Ventureiras”
  19. 19. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoas: augas -caída do serán: a caída da tarde, as últimas horas do día, antes de se ir o sol. -ceo: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. -outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. PLANTAS: -erbeiros: campos de herbas. -milleirales: campos de millo. -viñas: terreos plantados de vides. -xunqueiras: terreos cubertos de xuncos, no esteiro do río. PAISAXE: -alén mar: máis alá do mar, en lugares lonxanos. -camiño: espazo de terreo para transitar. -Castrove: monte situado ao leste do val do Salnés. -corredoira: camiño estreito, para carros ou pés. -recuncho: recanto, curruncho, lugar agochado. -Salnés: comarca situada no curso baixo do río Umia, na ría de Arousa. -Sisán: parroquia do concello de Ribadumia, situada na beira esquerda do esteiro do Umia. -terra cha: terreo achairado, con poucas elevacións. -Terra de Salnés: comarca do Salnés. -Umia: río que forma o val do Salnés e desemboca na ría de Arousa, entre Cambados e Ribadumia. -valgada: parte baixa dun val. OUTRAS: -castro: aldea ou recinto fortificado da antigüidade. Tamén se chaman así aos montes onde houbo castros. COMENTARIO Describe o Salnés no outono, en tempo de vendima, pola caída da tarde, nos tempos en que as uvas se carrexaban nos carros. Expresa moi ben a diversidade de elementos da paisaxe, tanto naturais como humanos. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... Paisaxe do Salnés Solpor no Salnés Vendima Río Umia... Zaira Vázquez
  20. 20. Sol d-outono no mar calmo fungue o lume; alá, lonxe, chirra un carro no camiño; canta a ágoa no rodicio do muíño; e arrecende dos fiunchos o cheirume. Por enriba dos tellados rube o fume; esbardallan as labercas antre o liño; roxa lúa, con fasulas de meniño, aparesce da montaña sobre o cume. Zoa a mística campana. Nos lameiros unha flauta, a dos sapos agoireiros, anda o trasno gargallando nos pinares. Van e veñen luces roxas polo monte. As rapazas van con medo cara a fonte. Bravo, céltigo aturuxo fende os ares. “Tarde baixa”, NO DESTERRO
  21. 21. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: auga -mar calmo: mar tranquilo, sen ondas. -outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. ANIMAIS: -laberca: laverca, (Alauda arvensis). Paxaro da familia das alaudidas que vive nos campos abertos e nas zonas de cereais. De cor castaña con pencas craras e unha pequen crista. Aliméntase de grans, herbas, pequenos animais... -sapos: (Bufo bufo), anfibio de vida terrestre que adoita vivir en zonas húmidas. Aliméntase de pequenos invertebrados. Emite un son característico. PLANTAS: -fiunchos: (Foeniculum vulgare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. -liño: (Linum usitatissimum) planta herbácea da familia das lináceas. En Galicia foi moi cultivada noutros tempos e serviu de base a unha importante industria e artesanía téxtil. -pinares: piñeirais, plantacións de piñeiros. PAISAXE: -camiño: espazo de terreo para transitar. -cume: parte alta das montañas. -fonte: manancial de auga ou construción para dar saída á auga. -lameiros: terreos con moita humidade ou lama. -lúa: satélite da terra que se observa especialmente pola noite. -montaña: elevación do terreo. OUTRAS: -trasno: nome co que se coñecen certos espíritos nocturnos imaxinarios que se supón que aparecen nas casas facendo ruídos e amolandos ás persoas (facendo trasnadas). COMENTARIO O poema describe unha tarde de outono empregando elementos característicos da zona (plantas, animais) e da época (muíño, carro...). IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Muíño -Carro -Prado con sapos -lúa nas montañas... Andrea, Mariña
  22. 22. Son os días de outono. Son os días en que caien desfeitas, sin arume, as derradeiras rosas. ... O chan escuro; brétemas nos vales. De curuto en curuto, a tombos, rodan as apromadas nubes da tromenta, ... Ou tristeza dos arbres sin paxaros nin follaxe! ... ...Ou impiedá do vento polo outono! Chega o refacho e o carballo envolve; tronza e esgasa as ponlas; as folliñas que se queixan mimosas arincando, xoga con elas un istante; lévaas ó longo do camiño; contra un valo váinas xuntando, pouco a pouco en feixes; destrénzase de pronto en remuíños, ergue o montón, encarrexado brúa e, baténdoas con rabia tola, guíndaas nas rodeiras dos carros, antre a lama, nas cunetas de fondos enlixados ou nas revoltas ágoas dunha aberta... ... Como as follas no outono! Como as follas que do vento o bruante remuíño guinda nas ágoas podres dunha aberta ou enterra na lama dun camiño! A traxedia das follas, VENTO MAREIRO
  23. 23. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -agoas: augas -apromadas nubes: nubes grises, escuras. -brétemas: néboas, condensación do vapor de auga na atmosfera. -bruante remuíño: ruído continuado producido polo vento ao dar voltas. -outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. -refacho: golpe de vento. -remuíño: movemento rápido do aire en espiral. -tromenta: tormenta. Tempestade violenta, treboada forte, mal tempo con vento e chuvia. -vento: aire en movemento. ANIMAIS: -paxaros: aves de pequeno tamaño PLANTAS: -arbres: árbores. Plantas cun toro principal leñoso que se ramifica a certa altura. -carballo: (Quercus robur): árbore de copa globosa que pode acadar os 50 m de altura coas follas simples, alternas, ovais e lobuladas. -follaxe: conxunto das follas dunha planta. -folliñas: follas pequenas, diminutivo agarimoso. -ponlas: ramificacións dos talos das plantas. -rosas: flores da roseira. PAISAXE: -aberta: canle artificial para conducir a auga. -camiño: espazo de terreo para transitar. -chan escuro: terra, solo, escuro. -cunetas: gabia. Rego algo fondo á beira de camiños e estradas para que corra a auga. -curuto: cume das montañas. -lama: terra enchoupada de auga. -rodeiras dos carros: regos deixados polo paso dos carros. -vales: depresión entre montañas. COMENTARIO Describe con moito detalle a caída das follas no outono facendo moitas referencias ao tempo: “bruante remuíño”, “tromenta”, “apromadas nubes”... IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... Follas de carballo, árbores sen paxaros, lama, rodeiras de carros, follas voando, nubes de tormenta... Laura, Yessica
  24. 24. Agoa homilde, ágoa irmán, ágoa chea de gracia, de dozura e beleza Agoa maina, ágoa san, que eres toda limpeza, craridade e saúde e fartura de pan, que eres toda virtude contra o aire de sapo, o ferrón do alacrán, a pezoña da cobra e a dentada do can! (...) Nas adoas do orballo de locente feitizo, nos pelouros saltóns do pedrizo, nos cristás da xiada, no milagre da choiva, na folerpa da neve, bordada como encaixe de noiva, na folerpa da neve, tecida como velo de freira, barbullada nas fontes da vida, lanzal mensaxeira das outras rexións, a ágoa homilde, mainiña, rideira, chega sempre mandada de Dios! “Agoiña milagreira”, NO DESTERRO
  25. 25. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: agua -barbullada: ruído que forman as augas correntes. -choiva: precipitación de auga líquida. -folerpa de neve: anaco de neve que cae do ceo. -fontes: mananciais de auga. -orballo: pequenas pingas de auga que se depositan pola noite sobre as superficies. -pedrizo: pedrisco, pingas de auga conxeladas. -xiada: xeada, vapor de auga que se conxela nas noites frías e se deposita sobre as superficies. ANIMAIS: -alacrán: artrópodo de oito patas con quelíceros e un aguillón con veleno (ferrón) no extremo da cola. -can: mamífero carnívoro que vive co ser humano. -cobra: réptil sen patas. -dentada: mordedura. -pezoña: veleno das serpes. -sapo: (Bufo bufo), anfibio de vida terrestre que adoita vivir en zonas húmidas. Aliméntase de pequenos invertebrados. Emite un son característico. PLANTAS: -pan: en xeral fai referencia aos cereais, en especial ao centeo. COMENTARIO Describe moi ben as diferentes manifestación da auga na natureza e fálanos da súa importancia. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Auga -xeada -orballo -fontes -chuvia -neve -auga de San Xoán -nubes... Auga de San Xoán Xandre, Cristian

×