SlideShare a Scribd company logo
1 of 49
Poemas da natureza
O Courel
primaveraprimavera
PRADOS de Fontenla
qué erbiña vos cobre
máis marela
qué primavera máis pobre!
Zumega que zumega
zumega a fonte do monte
na bouza cega...
1
CAI a chuvia soñando
cai o espacio engaiolado.
2
CHOVE
e sólo o quedo se move.
Enviso n’algo que non deixo
teño su beirado
da cabana o xeito calado
do val na follata de freixo
o rebolo i as herbas cargadas
de pingoadas.
ANDA o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
empreña os castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas...
PRIMACHORROS brancos
panqueixo e amarguexos!
Argana polos barrancos!
Folla podre nos reprexos!
.....
ESTRELAMPADA de maio
romaxe d’avelaíñas!
Embarrosada d’orvallo
flaira d’abraira á pinga!
…..
FRORES de maio
nevando dos mazairos
pra que ún quede inda máis quedo
que ollándovos no alto!
…..
verán
REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.
Corre o vento na erba de gadañar.
Canta a cousa que non canta
canta a chicharra na erba
canta a erba na gadaña.
.....
UA o pombo
pro sol longo.
Arrola a rola
canta o pazpallar.
Mapoulas roxas
no ouro do pan!
/
NADA está lonxe,
Os campaíños das uces
cobren os montes
de furruxe.
Prados do río!
Pincheiras a cachón i a fío!
Niste pao sentado
cando viña de nino co gado
facía cintos de xunco trenzado.
OIR pacer as vacas no serán
no silencio da serra
some a un cuase tanto como no val
ver pasar a auga das presas.
ESTÁ o aire enfexo
n’algo que eu non vexo.
Os paxaros os prados
os eidos calados...
O centeo correndo ó vento
i eu quedo n’eso que un non nembra
nin esquece
de tan lene e fondo que chega.
Veo tempo craro do Vrao: as festas i os traballos
Veo a lúa das segas i a gadaña dos prados
os gavilleiros as medas i o truoupelear dos mallos.
outono
SOUTO sin folla!
Faias cerdeiras
roxas
e bidueiras marelas!
VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa...
Todo ten ise xeito:
os tesos
os camiños que se van
no serán do val
os soutos
alumados d’ouro
eu quedo
ollando ó mofo...
CAIN as follas...
Sinto unha cousa
que se apousa en min e no me toca...
SOUTO sin folla! Cerdeiras
roxas e bidueiras marelas!
/
DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas
as bouzas roxas pardecen cas choivas.
O vento solo
no souto do outo outono.
PASA o sol lene
sobor do souto quedo que afonda
na morte longa
como se il non fora
o Pai Sol. Recenden
as derradeiras froitas refeitas.
Calan as aves que quedan.
Na tarde
todo quere ser o aire...
Cain as follas dando voltas
e fican todas ó pe da árbore.
NACEN as tollemerendas
polos campazos i os chaos
na Cemba da Remesqueda
no Souto de San Romao.
.....
CHOVE xunto e miudo...
Como siga unhos días iste tempo
vai dar gusto
ver cubertas de mofo as penas
as paredes vellas
as ourelas dos ríos
i as presas
as estoldas dos muíños
os teitos
os castiñeiros xa sin folla
i as árbores todas.
ISTE mofo das pedras tan vello e tan miudiño
é o silencio baixiño que lles vai saíndo en frebas
e que se queda á pe delas pra que non podan sentilo.
Mofo lento das pedras
polas aurelas das presas e polas beiras do río!
inverno
QUE é a coor do ucedo?
(Van os tesos pro Inverno).
É a serra que ó ceo se enleva?
É o ceo que baixa?
É a nebra
ou a brétema da ollada?
Non sein qué agarda a terra
qué agarda a alma.
.....
PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun cavorco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas de nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
XEA
Fai un frío que queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo....
Roxe a folla nos carreiros
aló no fondo dos cousos.
EI vein os cordeiros fiar os cordallos!
Acabáronse os traballos.
Viñeron as neves. Veo a chuvia i o vento
pra quen non pode estar drento.
Eu no meu
cada un no seu
teña pan teña leña
teña erba pros bois
e despois
veña o que veña:
É o prego
do labrego.
Cebalos cochos matalos
salalos i afumalos.
Ir derretendo na grasa...
Ir achegando na brasa...
Sempre hai que facer na casa
PACEN as vacas
na nabarega.
Treme a pequena
que vai co’elas.
Febreiro chove
febreiro xea
febreiro neva
neve lixeira...
NEVA no bico do cume
neva xa pola ladeira
neva no teito e na eira.
. . . . . . . . . . . . . . . . . .
TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos
por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas
escazurrado
ouveando polas penas...
Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!
Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.
Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!
Xeadas brancas e negras!
.....
FOLLA presa das rebolas!
Inverno das bouzas!
/
SOUTO dos corvos!
Pestanas d’argana!
Garolos do mofo!
Tearaña das canas!
/
UCEDO pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!
PENAS da Garamela
que eu ollo da cama
nas mañáns caladas
cando a raia do sol chega
ó Penedo Furado
e derrétese o pano
dos cristales xeados!
MAÑÁNS de xeada!
Espertar co día á ventan
encollerse na cama
achegar a roupa á cara
i ouvir andar tropeando pola casa.
…..
GRAN boi deitado
serra do sol
onde eu son
ca uz i o carpanzo!
Ucedo pecho!
Sombra dos tesos
ó sol do Inverno!
DOBRAN as campás da neve.
A alma de seu gardada
tornouse inda máis calada
e nin pode nin se astreve.
Falopiña a falopiña
vai branquexando a cortiña.
Cada miniña seu sono
cada copo sua flairiña.
A mañá limpa como o ollo do galo i eu tiña
o ar da anduriña.
O sol que locía
i eu vía
i ouvía
o canto do día.
NEBRAS
LONGAS altas fiañas
nin quedas nin pasan
tirando das cousas non contadas
que así me paran...
O ceo
o ucedo
os penedos
co cello do Inverno.
AGROS restrellas bouzas taros das penas
ucedos da serra pecha
cando pasan as nebras i o inverno negrea!
/
EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro
ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
QUEDO nevaba.
Tra-la fiestra
deixei cair os brazos.
O espacio alumouse
e xa non cai a neve
cai o espacio...
ILDARA de Romeor
fía e canta no Sumedo
á raia do albor.
Ildara de Romeor
olla e cala pro ucedo
á raia do solpor.
PASTORA que pásala vida
no monte soliña!
Pastora que fías e cantas
ca roca á illarga!
Pastora que cantas e fías
lá branca merina!
Pastora que fías e cantas
á tardiña baixa!
Pastora que cantas e fías
á alta seriña!
NOITE e souto!
Souto e chuvia!
Chuvia e noite!
Se berro iste intre
desd’e onde estoun
borro os tres nomes.
BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.
Anda a nebra baixa
polos caborcos do souto
e polas bouzas da braña.
XUSTO no medio do Inverno
canta o seu futuro certo
o florecer dun salgueiro.
Nós dispostos a engañarnos
comparando un tempo alleo.
POEMAS: Uxío Novoneyra
(OS EIDOS, POEMAS DE DOADA CERTEZA)
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
primavera 2010

More Related Content

Similar to Novoneyra A Natureza

Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve ciesasorey
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempomonadela
 
09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyra09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyraPlastilina3
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...monadela
 
Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaLoli Cid Cid
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemascenlf
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Ana
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaIes Numeroun
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfcenlf
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Aluapgomez
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 

Similar to Novoneyra A Natureza (20)

Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
 
O courel de uxío
O courel de uxíoO courel de uxío
O courel de uxío
 
09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyra09 10 fotos-texto novoneyra
09 10 fotos-texto novoneyra
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Tempo
TempoTempo
Tempo
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
 
Ainhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e IriaAinhoa, Ana e Iria
Ainhoa, Ana e Iria
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemas
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Inverno
InvernoInverno
Inverno
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Novoneyra A Natureza

  • 3. PRADOS de Fontenla qué erbiña vos cobre máis marela qué primavera máis pobre! Zumega que zumega zumega a fonte do monte na bouza cega...
  • 4. 1 CAI a chuvia soñando cai o espacio engaiolado. 2 CHOVE e sólo o quedo se move. Enviso n’algo que non deixo teño su beirado da cabana o xeito calado do val na follata de freixo o rebolo i as herbas cargadas de pingoadas.
  • 5. ANDA o vento ceibe polos eidos con tódalas áas soltas empreña os castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas...
  • 6. PRIMACHORROS brancos panqueixo e amarguexos! Argana polos barrancos! Folla podre nos reprexos! .....
  • 7. ESTRELAMPADA de maio romaxe d’avelaíñas! Embarrosada d’orvallo flaira d’abraira á pinga! …..
  • 8. FRORES de maio nevando dos mazairos pra que ún quede inda máis quedo que ollándovos no alto! …..
  • 10. REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial. Corre o vento na erba de gadañar. Canta a cousa que non canta canta a chicharra na erba canta a erba na gadaña. .....
  • 11. UA o pombo pro sol longo. Arrola a rola canta o pazpallar. Mapoulas roxas no ouro do pan! / NADA está lonxe, Os campaíños das uces cobren os montes de furruxe.
  • 12. Prados do río! Pincheiras a cachón i a fío! Niste pao sentado cando viña de nino co gado facía cintos de xunco trenzado.
  • 13. OIR pacer as vacas no serán no silencio da serra some a un cuase tanto como no val ver pasar a auga das presas.
  • 14. ESTÁ o aire enfexo n’algo que eu non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados...
  • 15. O centeo correndo ó vento i eu quedo n’eso que un non nembra nin esquece de tan lene e fondo que chega.
  • 16. Veo tempo craro do Vrao: as festas i os traballos Veo a lúa das segas i a gadaña dos prados os gavilleiros as medas i o truoupelear dos mallos.
  • 18. SOUTO sin folla! Faias cerdeiras roxas e bidueiras marelas!
  • 19. VEO o tempo morno do Outono Os días son tardes longas O aire é unha cousa... Todo ten ise xeito: os tesos os camiños que se van no serán do val os soutos alumados d’ouro eu quedo ollando ó mofo...
  • 20. CAIN as follas... Sinto unha cousa que se apousa en min e no me toca...
  • 21. SOUTO sin folla! Cerdeiras roxas e bidueiras marelas! / DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa! As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas as bouzas roxas pardecen cas choivas. O vento solo no souto do outo outono.
  • 22. PASA o sol lene sobor do souto quedo que afonda na morte longa como se il non fora o Pai Sol. Recenden as derradeiras froitas refeitas. Calan as aves que quedan. Na tarde todo quere ser o aire... Cain as follas dando voltas e fican todas ó pe da árbore.
  • 23. NACEN as tollemerendas polos campazos i os chaos na Cemba da Remesqueda no Souto de San Romao. .....
  • 24. CHOVE xunto e miudo... Como siga unhos días iste tempo vai dar gusto ver cubertas de mofo as penas as paredes vellas as ourelas dos ríos i as presas as estoldas dos muíños os teitos os castiñeiros xa sin folla i as árbores todas.
  • 25. ISTE mofo das pedras tan vello e tan miudiño é o silencio baixiño que lles vai saíndo en frebas e que se queda á pe delas pra que non podan sentilo. Mofo lento das pedras polas aurelas das presas e polas beiras do río!
  • 27. QUE é a coor do ucedo? (Van os tesos pro Inverno). É a serra que ó ceo se enleva? É o ceo que baixa? É a nebra ou a brétema da ollada? Non sein qué agarda a terra qué agarda a alma. .....
  • 28. PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
  • 29. XEA Fai un frío que queima. Pouco a pouco érguese a terra en trempos. O tourón os trousos os carambelos! Cruza un lobo.... Roxe a folla nos carreiros aló no fondo dos cousos.
  • 30. EI vein os cordeiros fiar os cordallos! Acabáronse os traballos. Viñeron as neves. Veo a chuvia i o vento pra quen non pode estar drento. Eu no meu cada un no seu teña pan teña leña teña erba pros bois e despois veña o que veña: É o prego do labrego. Cebalos cochos matalos salalos i afumalos. Ir derretendo na grasa... Ir achegando na brasa... Sempre hai que facer na casa
  • 31. PACEN as vacas na nabarega. Treme a pequena que vai co’elas. Febreiro chove febreiro xea febreiro neva neve lixeira...
  • 32. NEVA no bico do cume neva xa pola ladeira neva no teito e na eira. . . . . . . . . . . . . . . . . . .
  • 33. TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairos por Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elas escazurrado ouveando polas penas... Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido! Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos. Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia! Xeadas brancas e negras! .....
  • 34. FOLLA presa das rebolas! Inverno das bouzas! / SOUTO dos corvos! Pestanas d’argana! Garolos do mofo! Tearaña das canas! / UCEDO pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
  • 35. PENAS da Garamela que eu ollo da cama nas mañáns caladas cando a raia do sol chega ó Penedo Furado e derrétese o pano dos cristales xeados!
  • 36. MAÑÁNS de xeada! Espertar co día á ventan encollerse na cama achegar a roupa á cara i ouvir andar tropeando pola casa. …..
  • 37. GRAN boi deitado serra do sol onde eu son ca uz i o carpanzo! Ucedo pecho! Sombra dos tesos ó sol do Inverno!
  • 38. DOBRAN as campás da neve. A alma de seu gardada tornouse inda máis calada e nin pode nin se astreve. Falopiña a falopiña vai branquexando a cortiña. Cada miniña seu sono cada copo sua flairiña.
  • 39. A mañá limpa como o ollo do galo i eu tiña o ar da anduriña. O sol que locía i eu vía i ouvía o canto do día.
  • 40. NEBRAS LONGAS altas fiañas nin quedas nin pasan tirando das cousas non contadas que así me paran...
  • 41. O ceo o ucedo os penedos co cello do Inverno.
  • 42. AGROS restrellas bouzas taros das penas ucedos da serra pecha cando pasan as nebras i o inverno negrea! / EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubro ouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.
  • 43. QUEDO nevaba. Tra-la fiestra deixei cair os brazos. O espacio alumouse e xa non cai a neve cai o espacio...
  • 44. ILDARA de Romeor fía e canta no Sumedo á raia do albor. Ildara de Romeor olla e cala pro ucedo á raia do solpor.
  • 45. PASTORA que pásala vida no monte soliña! Pastora que fías e cantas ca roca á illarga! Pastora que cantas e fías lá branca merina! Pastora que fías e cantas á tardiña baixa! Pastora que cantas e fías á alta seriña!
  • 46. NOITE e souto! Souto e chuvia! Chuvia e noite! Se berro iste intre desd’e onde estoun borro os tres nomes.
  • 47. BARBAÑA barbaña... Qué noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda a nebra baixa polos caborcos do souto e polas bouzas da braña.
  • 48. XUSTO no medio do Inverno canta o seu futuro certo o florecer dun salgueiro. Nós dispostos a engañarnos comparando un tempo alleo.
  • 49. POEMAS: Uxío Novoneyra (OS EIDOS, POEMAS DE DOADA CERTEZA) FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta primavera 2010