Os ecos da Rosalía

668 views

Published on

Pequeno opúsculo orientado ao alumnado de oito e nove anos da escola de Sofán, co gallo da nosa participación no Premio Rosalía de Castro de Experiencias Pedagóxicas 2010. A obra contén varios fragmentos e poemas da obra da célebre poetisa galega.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
668
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Os ecos da Rosalía

  1. 1. Os ecos da Rosalía Lois Pérez Díaz
  2. 2. PERSONAXES Bardo 1 Bardo 2 Rosalía Cunqueiro Castelao Marqués do Silencio Músico da orquesta O Raio Vermello Neno 1 Neno 2 Neno 3 Neno 4 Neno 5 Neno 6 O silencio e a voz. A forza da palabra e o valor da imaxinación. O diálogo cos que xa non están a través da literatura. O Marqués do Silencio, porque cambian os tempos pero non cambian as persoas. As ganas de pasalo ben, as ganas de celebrar, e a poesía. Cunqueiro, Castelao e Rosalía, sobre todo, Rosalía. E tantos outros que co seu esforzo lle deron pulos á nosa lingua: bonita, divertida, culta, atemporal. Disfrutádea. Falando, escribindo, recitando, querendo.
  3. 3. Escea 1 Chega o solpor. Algunhas luces, óense ouveos ao lonxe, algúns cantos dos paxaros, zoa o vento, os nenos e nenas xogan na rúa antes de ir cearen. Entra o bardo en escea pola esquerda da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando un arpa Bardo 1: Nin ás escuras! -Todo está negro, as sombras envolven a vereda, e nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua. ¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen mideu as fonduras? ¡Alma non habrá que sepa...! ¡Ven...! A noite está escura. -¿Escura...?; mais relumbra non sei qué luz traidora... - É unha estrela que brila nas augas bulidoras. -¿E non oes que remuxe algo onde aquel herbal? -É o vento que anda tolo correndo entre a follaxe. -Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto... -¡Si é un vivo, matarémolo; non fala si é difunto! Mais aquí onde este cómaro, hai unha cova fonda: Ven, e santos ou demos, que nos atopen agora. Entra o segundo bardo pola dereita da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando outro arpa. Bardo 2: ¿Adonde iréi conmigo? ¿Dónde me esconderei, que xa ninguén me vexa e eu non vexa a ninguén? A luz do día asómbrame, pásmame a das estrelas, e as olladas dos homes na alma me penetran. É que o que dentro levo de min, penso que ao rostro Me sae, cal sae o mare ao cabo un corpo morto. ¡Houbera, e que saíra...!, máis non: dentro te levo, ¡fantasma pavoroso dos meus remordementos!
  4. 4. Só sentiche da febre o mortal frío Que helou ata os teus osos. As cousas no seu tempo, E as feras no seu tobo. Nena 1: Eu non xogo máis! Facedes trampa! Non vale! Neno 2: Non sexas chorimicas! Nena 1: Non tal! Neno 3: Si tal! Nena 1: Non tal! Nena 4: Si tal! Nena 1: Non tal! Neno 5: Si tal! A nena 1 vírase anoxada. Neno 6: Si tal, imos cear, deixádeo, non paga a pena. Neno 2(tocando a fronte, reparando nel mesmo): Estou suando, estou roxo coma un tomate. Nena 3: Si, igual ca hoxe na clase cando che preguntou a mestra se sabías algo de Rosalía de Castro. Neno 4: E que vou saber eu desa muller? Se morreu hai moitos anos! Neno 5: Pois terías que saber que... Nena 3: Bueno, xa comeza este outra vez! Pesado, xa sabemos que es un chapón! Nena1: Pero poderá falar, tampouco sexades malos. Neno 2: Iso! A min interésame. O saber non ocupa lugar. Neno 4: E eu que teño que saber dela? Non quero saber nada. Pero se queres, dígoche a alineación do Sofán contra o Muros, no choque do dous mil oito! Nena 6: Esa si que é boa! Ti que vas saber!
  5. 5. Nena 4: Escoita: Lupi, Manu Dosil, Gabi , Teo, Mayuyo, Aaron , Maxi, Gelo , Jaro , Bibi e Brais. Xogaron tamén Iván, Adán, Álvaro, Quico e Piti. Nena 1: Árbitro? Neno 4: Señor Vázquez Expósito, do colexio da Coruña, houbo protestas por alineación indebida. Nena 2(ollando cara o público, acenando): Mimá! Neno 5: Manda truco! Nena 3: Róncalle os... Nena 1: Nin se che ocorra! Non xures. Nena 3: Non se xura porque o dixo o cura. Nena 5: Iso rima! Nena 3: Eu non son túa prima. Todos a un tempo: Iso rima tamén. Neno 4: Dixo a parroquia amén! Todos a un tempo: Amén!! Neno 2: É verdade! Dixo así, dixo así: Parroquia, direivos dúas cousas! Neno 1,3,4,6: Cales? Neno 2(moi solemne, sinalando co dedo cara arriba): A primeira...! Somos a segunda parroquia que máis xura. E a segunda...! Que comamodemo se temos que ser a primeira. Todos comezan a rir a gargalladas. Neno 1: Agora estabamos a rimar, e non se che vía nada aburrido. Neno 4: Xa, pero isto é divertido, e a Rosalía de Castro, iso, iso...Iso é un aburrimento. Nena3: Algo de razón ten, porque agora que chega o Día das Letras Galegas, vailles dar aos mestres co rollo de sempre: veña chapar datas de nacemento, Todos: Vaia tormento! Nena 3: E onde tiñan a súa casa!
  6. 6. Todos: Que lles pasa?! Nena 3: E milagres da súa vida. Todos: Que movida! Cruza a escena un descoñecido correndo e berrando: Cambia agora o ton do teu móbil! Envía tono ao 678milnovecentoscorentamillonsoitentaecatrooo!!! Nena 6: E ese quen era? Neno 3: Iso é cousa dos americanos. Están en todas partes. Díxoo o mestre de música. Neno 2: Os músicos non saben o que din, cala a boca. Neno 1: De que estabamos a falar? Todos: Das letras galegas. Neno 4: Pois eu sigo sen saber quen é Rosalía de Castro. Neno 5: A ver, Ángel, ilústrao. Neno 6: Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837. Neno 1: Naceu( e dirixíndose ao público) Na-...?! Neno 2: Xogou(dirixíndose ao público) Xo-...? Neno 3: Creceu(dirixíndose ao público) Cre-...? Neno 4: Estudou(dirixíndose ao público)Estu-...? Neno 5: Loitou. Loi-tou? Foi á guerra? Neno 1: Hai moitos xeitos de loitar, ho! Unha palabra ben dita pode ser máis poderosas cás balas. Neno 2: Dígocho eu! Cando se quenta o meu avó, chimpámonos todos da lámpada da cociña! Neno 3: E logo o teu avó é poeta? Neno 4(adiantándose cara ao público): Poeta son eu, mira: patada no cú, non sexas lambón! Tururú, tururú! Non me chamo Ramón! Neno 1: Xa, pero iso non lles tivo graza. Todos: A quen lle falas ti? Estás tolo.
  7. 7. Neno: Pois a quen lle vou falar! Ao público! Estades aí? Non vos escoito! Estades aí? Neno 2: Este está tolo. Neno 3: Ves, non hai ninguén. Nin ti es poeta, nin hai público ningún. Neno 4(anoxado): Ahh! O que eu dicía, ata dubido de que todos eses, incluída a Rosalía existiran, son todo lerias. Neno 1(ollando cara ningures): Disparar palabras, (moi devagar) ratatatatatatá...Disparar palabras... Neno 4: Pero por moitas palabras que disparara, debían ser moi aburridos todos daquela, ou non reparaches ti en todas esas fotos en branco e negro? Neno 1: Iso! Na consola é todo luces,(acenando) chas,chas! é moi divertido, e a tele está moi ben tamén, os debuxos, e non toda esa xente vestida de negro. Neno 2: Home, en cor non podían ser pero por iso non serían aburridos, ou? Neno 3: Iso é certo. Serían coma nós todos eses? A Rosalía, o Cunqueiro, o Castelao, o Novoneyra... Neno 4(abaneando as mans e acenando cara o público): Ti levas esta avaliación notablemente notable. Como controla! Neno 1: Pois serían nenos coma nós, ou que vos pensades! Neno 2: Non sei eu... Neno 3: Non sei que che diga... Neno 4: Non sei que che diga, Rodriga. Todos(acenando ao mesmo tempo): Iso rima! Neno 2: Faise tarde, e o meu bandullo está que arde! Neno 3: A fame veu coa noite, e queren que as escoite! Neno 4: Teño sono e sopra o vento, e aquí só pasa o tempo! Neno 1: Si, será mellor que nos vaiamos.(todos se van agás o neno 1 que se detén e acena que dispara ao aire, polo miúdo) Ratatataata, disparando palabras: eco, noite, frío, lume, lúa, lúa, lúa... Todo escurece. Soa a música.
  8. 8. Escea segunda De fondo, a natureza. Óese o vento, a auga, os paxaros, os cabalos, as polas das árbores. Misteriosamente, unha cama no medio de todo isto. Na cama, o neno revírase unha e outra vez, está a soñar. Desfilan na súa cabeza as imaxes deses descoñecidos dos que a mestra lle falou na escola: Rosalía, Castelao, Cunqueiro...E alguén Bardo 1(aparece na marxe esquerda do proscenio, empurrado por dous nenos que marchan): Baixaron os ánxeles Onda ela estaba, Fixéronlle un leito Coas prácidas alas, E lonxe lévano Na noite calada. Bardo 2(aparece na marxe dereita da escena, empurrado por outros dous nenos que marchan): Cando á alba do día Tocou a campana, E no alto da torre Cantou a calandria,
  9. 9. Os ánxeles mesmos, Pregadas as alas, “¿por qué –marmúrano-, por qué despertala...?” Volta a música. Sobre a cama da nena durmindo comezan a desfilar as imaxes do seu soño. De súpeto, a música cesa e as personaxes oníricas semellan reais. A cama desaparece da escea. Aparece a pequena Rosalía, camiñando perdida polo medio do monte. Rosalía: Camiño do meu contento; I en tanto o sol non se esconde Nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando Cómo a lúa vai saíndo, Cómo o sol se vai deitando... Entra na escea Álvaro Cunqueiro, que se achega á Rosalía, fitándoa de esguello. Cunqueiro(ollándoa): Se me fago árbore vella á outra beira do río, E tócame ser a árbore que lembra e soña, Podes estar ben segura de que soñarei contigo, Cos teus ollos grises coma o mencer, E co teu sorriso,
  10. 10. Co que se vestiron os beizos dos rosais, Nos días máis felices. Rosalía(erguendo e camiñando): E ti quen es? Cunqueiro: Eu chámome Álvaro, pero todos me coñecerán coma Cunqueiro(achegándose ao público) Cunqueiro! (mudando o ton, levando as mans ao estómago) Ai, teño algo de fame, os libros baleiran o bandullo. Rosalía: Que son eses ruídos? Cunqueiro: Seguro que é un corvo que fala, ou un sombreiro que quere ser home, ou un camiño que non ten fin, ou o mago Merlín! O mundo está cheo de cousas moi estranas. Entra na escea Castelao correndo, deténse no medio de Rosalía e Cunqueiro. Castelao(abrindo os brazos, esaxerando): As cousas estranas poderémolas cambiar, pero lembrade: que a fogueira do espírito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares. Cunqueiro: Ti tes futuro, rapaz, ti tes futuro! Dígocho eu! Coma que son de Mondoñedo! Rosalía(ollando para Cunqueiro): Que ben fala este rapaz, e non serás de Rianxo? Castelao: Son. Cunqueiro: En Rianxo voan sós os sombreiros? Rosalía: Xa o sabía eu. Gústame a calma da natureza. Castelao: Podíamos xogar a algo. Porque todo isto de falar e escribir está moi ben, pero eu quero xogar. Quero xogar!
  11. 11. Cunqueiro: Que vos parece se... De súpeto, escurece a escea e chega a treboada, aparece na escea o Marqués do Silencio. Todos reparan nel cunha mestura de curiosidade e medo. O Marqués do Silencio camiña arredor dos tres nenos. Cunqueiro: Comeuche a lingua o gato, mangallón? Castelao: E logo non falas? Rosalía: Nin fala nin oe,(achegándose ao Marqués) Oes? Marqués do Silencio(erguendo os brazos, e levando a man á boca, pedindo silencio): Tsss!! Silencio! Silencio! Silencio! Cunqueiro: Toleaches, rapaz? Castelao: E porque teríamos que estar calados? Marqués do Silencio: Quero silencio! Quero silencio! E vós?(achegándose ao público) Queredes silencio? Abonda!! Rosalía: Vós, que vos quentades á llama de vivos lumiares, E só vivir vos compre baixo un ardente sol, Calade, se non entendedes encantos destos lares, E non entendendo os vosos, tamén calamos nós. Cunqueiro: Ti sabías que un elefante voador vale máis cá mil silencios, paspallán? Marqués do Silencio(achegándose ao centro da escea): Un silencio perfecto! Algún día falarase só de min, do Marqués do Silencio! Que ergueu grandes murallas, e construcións magníficas, e en silencio apañou e apañou grandes riquezas. Dentro de cen anos só se falará de min. Do Marqués do silencio. Castelao: Estás tolo, e non tés cabeza, roubároncha e prantáronche un bolo. O neno do soño érguese da cama. Repara neles estranado.
  12. 12. Neno: Que facedes no meu soño? Rosalía: Soñar. Castelao: Pensar. Cunqueiro: Imaxinar. Marqués do Silencio: Calar! Silencio! Caládevos! Neno: Pois eu non me penso calar se non quero, e vós, nenos? Rosalía: Soño ou realidade, hai cen anos ou na eternidade, sempre quere mandar calar alguén, que non se oian as verdades, que non fale ninguén!! Neno: Teño unha idea!! Cunqueiro: Iso non é nada. Eu teño dúas mil. Castelao: Déixalle falar, deixa que o rapaz se explique, non é malo dialogar. Neno: Se isto é un soño, viaxa ao futuro entón, pídello ao demo, viaxa cen anos e descubrirás si se fala de ti, abondará con que vaias a unha biblioteca. Se eres famoso, nos libros sairás moi fermoso. Marqués do Silencio(pensativo, cos brazos cruzados, ollando cara arriba): Uuhmm! Non é mala idea. O futuro...O futuro!! Viaxarei ao futuro, irei a unha biblioteca, abrirei un libro, e saírei alí: fermoso, famoso, silencioso. Inmortal!! (comeza a rir a gargalladas) E ninguén se acordará de vós, calareivos para sempre, malditos!! O Marqués do Silencio marcha. Rosalía: ¡Señor, daille descanso na terra que o crióu! ¡Que o polvo torne ó polvo, i o espírito ó ceo, bon Dios! Cunqueiro: E recitas ben, tes madeira de poetisa, non é cousa de risa, pero agora perdo o tren!! Adeus, nenos!
  13. 13. Castelao: Que será do Marqués? Aínda non aprendeu que o tempo silandeiro, ás veces déixalle aos últimos seren os primeiros. Eu marcho tamén, imaxina, oio murmurios da Arxentina. Rosalía: ¡Por Dios..., non vos vaiás! ¡Qué doce, mais qué triste tamén é a soledad! Rosalía marcha atrás deles. Neno: Que soño máis raro! Que lle acontecerá ao Marqués do Silencio, meu coitado? Falarán os libros del no futuro? Iso sería bastante duro, cecais o saiba deitado. O neno déitase na cama e a escea queda ás escuras. Escea terceira Óese música, e óense estoupidos de festa, e barafunda de fondo. Os nenos entran correndo, e axiña sentan para falar. Neno 1: Podíamos ir desconectarlles os cables aos da orquesta, que vos parece? Neno 2: Pois eu era máis partidario de ir roubar uns refrescos á barra. Neno 3: Vaia ambientazo! Imos ás lanchas? Músico da orquesta: Uff! Estou canso! Deixádesme sentar con vós? Neno 4: Senta oh, senta! Deixade as falcatruadas, que alí está o alcalde(polo baixo) Moito traxe, pero traía os zapatos cheos de lama. Neno 1: Onte tiven un soño. Neno 2: Eu tamén. Soñei que era o rei do mundo. Neno 3: Pois eu soñei que ti soñabas que eras o rei do mundo. Neno 4: Pois eu soñei que ti soñabas que el soñaba que era o rei do mundo.
  14. 14. Neno 1: Pois eu soñei coa Rosalía de Castro, co Cunqueiro e co Castelao e co Marqués do Silencio, parecía o demo e... Todos: Oooohhh!! Músico da orquesta: Pois eu non soñei nada. Durmín debaixo do palco. Neno 1: E porqué? Músico da orquesta: Porque se escoita mellor o ruído da terra. Neno 2: E para soñar con tantos escritores, cearías sopa de letras ou? Neno 3(virándose de costas e cantando): A,e, i, o,u, dinlle ao demo sete patadas no seu cú! Neno 2: Toleaches? Neno 1: Non, non, en serio. Estaban alí, e eran moi moi reais. Pero o Marqués do Silencio quería que calaran todos, e logo foi ao futuro ver se aparecía nos libros e era inmortal... Neno 4(achegándose ao neno 1): Está ben, doutor, mirarémoslle a febre! Neno 3(ao tempo que o suxeitan os dous): Non presenta síntomas. A temperatura é normal. Neno 2: E ti pensas que o Marqués do Silencio existe? Neno 1: Existe ho! El é o culpable de moitas inxustizas que pasan no mundo, e... Neno 3: Nada, non hai que facerlle, toleou(achegándose ao público) Verdade que toleou, nenos? Neno 1: Que si, que si! E a Rosalía, e o Cunqueiro, e o Castelao, claro que existen! (dirixíndose aos nenos) Verdade que existe a Rosalía? E o Cunqueiro, existe? E o Castelao, existe? Neno 2: Pero se están mortos. Neno 3: É verdade.
  15. 15. Neno 4: Que crueldade. Músico da orquesta(sinalando para o palco): Ei, están subindo ao palco os da comisión de festas. Todos: Recoiro!! Os nenos e o músico quedan escoitando aos da comisión, logo volta escoitarse a música. De súpeto, óense tronos e vento, cesa a música. Entra en escea o Marqués do Silencio. Neno 1: É el! É el! O Marqués do Silencio! Vedes, é real. Neno 2: Mimá! Neno 3: Mimá! Neno 4: Mimá! Músico da orquesta: Mami! Marqués do Silencio: Silencio! Silencio! Silencio! Neno 2: E porque íamos calar, mangallón? Neno 3: É certo. Ti non nos calarás. Neno 4: E a que ven tanto berro, ti que pides silencio? Músico da orquesta: E haberá que comer, digo eu, que de tanto falar entroume a fame. Neno 1: E que, viaxaches ao futuro? Marqués do Silencio(abafado, sen folgos, derrotado, ollando cara o chan): Viaxei. Neno 1: E fuches á biblioteca? Marqués do Silencio: Fun. Neno 1: E que aconteceu? Falábase moito de ti? Marqués do Silencio: Nada, non se falaba nada de min. Nada. Moito peor. Neno 2: E logo?
  16. 16. Marqués do Silencio: Os libros falan da Rosalía, do Cunqueiro, do Castelao. Falan daqueles nenos que non me obedecían e falaban, e falaban... Neno 3: Coitado do Marqués, quería ser inmortal, non sabía que o silencio é un grande mal. O Marqués do Silencio marcha. Músico da orquesta: Que peor tristura que estar calado, Que non darlle voz ao sentimento, Ao príncipe que vive afogado, na grandeza que portamos dentro. Neno 4: Mimá! Ti para ser músico aínda lle dás ben á rima. Entra a Rosalía na escea. Os nenos e o músico quedan abraiados. Neno 1: Rosalía. Pero ti estabas no meu soño! Rosalía: Estaba. Neno 2: Pero vives? Rosalía: Algo así. Neno 3: Non o entendo. Neno 4: Eu tampouco. Como é posible? Rosalía: Vivo sempre que me falades, vivimos sempre que nos ledes. Músico da orquesta: E como é iso? Rosalía: Os libros son grandes porque levan vida. Neno 1: Como? Rosalía: Porque nos poñen en contacto coas persoas que viviron antes ca nós. Neno 2: Entón nós lemos... Rosalía: E nós vivimos. Neno 3: E se seguimos lendo...
  17. 17. Rosalía: Nós seguimos vivindo. Neno 4: E nós podemos darlle a nosa voz aos que veñan? Rosalía: Podedes. Tan só tedes que querelo. Sempre estaremos aí, se nos buscades. Rosalía marcha. Os nenos quedan estranados, pero sorrintes. Comeza a soar de novo o ruído da orquesta e da festa. Saen todos os nenos e nenas á escea. Todos: Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. FIN

×