Narrativa de posguerra

2,597 views

Published on

Published in: Education, Technology, Travel
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,597
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
713
Actions
Shares
0
Downloads
22
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Narrativa de posguerra

  1. 1. AUTORES DE NARRATIVA NA POSGUERRA • EDUARDO BLANCO AMOR • ÁLVARO CUNQUEIRO • ÁNXEL FOLE • XOSÉ NEIRA VILAS • XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN • CARLOS CASARES
  2. 2. EDUARDO BLANCO AMOR • TRAXECTORIA BIOGRÁFICA E IDEOLÓXICA • CARACTERÍSTICAS XERAIS DA SÚA OBRA NARRATIVA • OBRAS NARRATIVAS
  3. 3. TRAXECTORIA BIOGRÁFICA E IDEOLÓXICA (Ourense 1897- Vigo 1979) • Con 22 anos emigra a Arxentina onde comeza a súa actividade xornalística e literaria. • Lidera o movemento nacionalista na emigración • Durante a Guerra Civil defende dende América a causa republicana que o obriga a ficar no exilio. • Nos anos 60 regresa a Galiza, onde publica os seus derradeiros libros e segue a colaborar na prensa.
  4. 4. CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA • Localización espacial en Auria (Ourense). • Localización temporal nas primeiras décadas do século XX • Protagonistas infantís e xuvenís. • Retrato realista das clases traballadoras da cidade de Ourense. • Crítica da sociedade capitalista, da opresión económica das clases privilexiadas cara aos máis desfavorecidos.
  5. 5. OBRAS NARRATIVAS • A ESMORGA – Argumento: narra os sucesos tráxicos acaecidos nunha noite de esmorga de tres amigos dos suburbios de Ourense – Tema: Critica as condicións infrahumanas nas que viven os máis desfavorecidos, a colonización cultural que sofre Galiza – Forma: A novela estrutúrase como un interrogatorio dun xuíz ao protanista, que nos vai contando o que aconteceu nesa noite. – Estilo: Emprega un galego cheo de hiperenxebrismos, vulgarismos e dialectalismos, tentando mostrar a variante popular e coloquial da lingua.
  6. 6. XENTE AO LONXE • A través do protagonista infantil (Suso) e a súa familia, de clase obreira, fai un retrato da clase traballadora ourensá, do sindicalismo e das súas reivindicacións.
  7. 7. OS BIOSBARDOS • Libro de relatos breves protagonizados por nenos e adolescentes situados no Ourense de principios do século XX • Índice de páxinas
  8. 8. ÁLVARO CUNQUEIRO • Coñecido antes da guerra como poeta de vangarda, na posguerra segue cultivando este xénero pero ademais publica as primeiras novelas e obras de teatro.
  9. 9. CARACTERÍSTICAS XERAIS DA SÚA NARRATIVA • Mestura elementos realistas do medio rural tradicional galego con outros fantásticos, extraídos doutras literaturas (a materia de Bretaña ou a literatura árabe).
  10. 10. OBRAS IMPORTANTES • MERLÍN E FAMILIA • Retoma a figura do mago Merlín adaptándoa a un tempo presente e a un escenario galego • O paxe do mago lembra os tempos nos que servía no pazo. • As historias seguen sempre o mesmo esquema: chegada dun visitante ao pazo de Merlín, exposición do problema ante o mago, resolución deste mediante a fantasía e partida do visitante. • OS OUTROS FEIRANTES • Libro de semblanzas que contén retratos de personaxes reais e imaxinarios, que mediante o humor e a fantasía, presenta a psicoloxía dos galegos e a forma de vida do rural tradicional. CTV s.a. | Productora de TV en Galicia | Plató 1
  11. 11. ÁNXEL FOLE • CARACTERÍSTICAS XERAIS: – Foi un mestre do relato curto – Ambienta as súas historias na Galiza rural da alta montaña luguesa, en concreto O Courel. – Reflicte os modos de vida daquel tempo: a paisaxe, a economía, a vivenda, as crenzas populares, as lendas tradicionais. – Os temas están relacionados co MEDO e o MISTERIO – Emprega as técnicas do conto popular de tradición oral e reproduce nas súas obras a lingua falada das zonas luguesas nas que se sitúa.
  12. 12. OBRAS DE A. FOLE • -Á LUS DO CANDIL • -TERRA BRAVA • Decímolo ou non o decimos? - flocos.TV
  13. 13. XOSÉ NEIRA VILAS • CARACTERÍSTICAS XERAIS: – Ambientación espacial na Galicia rural que el viviu de pequeno, antes de emigrar a Cuba, e en América, onde pasou boa parte da súa vida. – A GALIZA RURAL: • Predominio do protagonista infantil/adolescente. • Retrato da Galiza campesiña da posguerra, caracterizada pola miseria, a opresión política e a dominación política e relixiosa. – A GALIZA EMIGRANTE: • Presenta os emigrantes galegos en América, os problemas de adaptación ao mundo urbano, o illamento, a saudade da Terra.
  14. 14. OBRAS DE NEIRA VILAS • MEMORIAS DUN NENO LABREGO • HISTORIAS DE EMIGRANTES • :: FUNDACION XOSE NEIRA VILAS ::
  15. 15. A NOVA NARRATIVA GALEGA • Grupo de escritores/as que plublicaron as súas obras a fins dos 50 e nos 60. • Renovan o xénero narrativo introducindo influencias da novela europea e norteamericana do momento. • Son escritores monolingües moi comprometidos co idioma • Compromiso político co nacionalismo de esquerdas.
  16. 16. CARACTERÍSTICAS XERAIS DESTES AUTORES • TEMÁTICAS – Presenza de personaxes anónimos, marxinais, violentos ou loucos. – Retrato do mundo do subconsciente e os soños. – Expresión do absurdo da existencia. – Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos • TÉCNICAS – Alternancia de planos temporais, avances e retrocesos temporais. – Presenza de varias voces narrativas nun mesmo relato. – Predominio do monólogo interior, que tenta reproducir os pensamentos tal como brotarían na mente do personaxe.
  17. 17. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN • Actual presidente da RAG • Temas fantásticos, recreación de personaxes artúricos (Percival, Artur) • Exploración do absurdo da existencia humana, a angustia, a violencia individual e do Estado Español cara a Galiza. • Crea un mundo mítico no que Tagen Ata é unha metáfora de Galiza, onde viven os “azerratas” (galegos) sometidos a Terra Ancha (Castela). • OBRAS: – O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS – ARNOIA, ARNOIA Río de sombras - flocos.TV • A grande viaxe - flocos.TV
  18. 18. CARLOS CASARES • Importancia dos elementos autobiográfico na súa narrativa. • Tamén interese pola ambientación e épocas históricas pasadas (a Guerra Civil, o comezo do S. XX. • OBRAS: – VENTO FERIDO – XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO

×