ADEUS QUINTO DE
PRIMARIA!
Resumo das últimas actividades
ceip Barouta, 2016-17
Vanesa, Abel, Guillermo,Owen, Martina, Julia,
Eugeny, Pablo, Iria, Manuel G, Christian,
Marta, Norah, Jaime, Gloria, Antía, Lucas,
Miguel, Esther, Ana, Fofo, Gisela, Nerea,
Manuel V, Brais, Rubén e Tere
DE BAROUTA A
PONTEVEDRA
Este curso, o alumnado de 5º e 6º de
Barouta, fixemos unha saída econaturista,
grazas ao departamento de Medio
Ambiente do Concello de Ames.
A idea era visitar Lourizán e o Parque de
Cotorredondo, ámbalas dúas guiadas para
un mellor aproveitamento.
Polo mediodía aproveitamos tamén a
visita á Escola de Enxeñaría Forestal en
Pontevedra, grazas a Juan Picos, profesor
nesa escola e pai do noso compañeiro
Miguel.
Resultou unha xornada estupenda.
En Lourizán recibíronnos dous
guías que nos ían contando a
historia do pazo pero, sobre
todo, a do xardín.
Un cedro
impresionante!!!
Vaia mesa! Toda unha peza de granito
traída desde a illa de Tambo.
Ao parecer, estaba asentada á altura do
seu dono para forzar as negociacións.
Unha
secuoia
xigante
Vista da fraga desde
dentro da gruta, cunha
cortina de auga.
Pé de
elefante
Observando un esquío no bosque.
Un teixo
Estes meandros representan as Rías de Galicia
Vista do pazo, no medio da vexetación.
O hórreo maila eira.
No invernadoiro...
Que calor!
Unha ra,
peixes..!
Despois do longo paseo, vén moi ben repoñer forzas.
O pombal e o xardín das Comunidades Autónomas.
Juan, o papá de Miguel, recolleunos na entrada
para amosarnos algún dos seus laboratorios.
Escola de Enxeñaría Forestal
Este tronco veu de
Sobrada, Tomiño.
Miña nai, cantas
madeiras
diferentes!
Unha caixa
niño para o
noso patio.
Grazas!
Xantamos na “Illa das esculturas”, á beira do río Lérez.
Esta árbore ten unha
curiosidade: as súas
follas non rematan en
punta senón que teñen
a punta cadrada.
Cotorredondo e Lago Castiñeiras
En Cotorredondo fixemos unha ruta a pé para chegar
a unha das mámoas e rematamos bordeando a lagoa
artificial de Castiñeiras.
No paseo, vimos varias mámoas pero esta é a que está reconstruída.
Trátase dun dolmen con corredor de entrada.
Depuradora natural. Esta poza filtra a
auga antes de chegar á lagoa.
Lagoa de Castiñeiras
VISITA Á CIDADE DA CULTURA
DA ÁRBORE Á CADEIRA
Nesta visita, ademais de asistir á
exposición, paseamos polo edificio
do museo e polo exterior para
coñecer, entre outras cousas, o
“xardín literario”, obra da paisaxista
Isabel Aguirre.
Foi unha excursión ben interesante!
O xardín literario e abaixo , no
oco dun edificio fixeron un
lago coa auga da chuvia.
Ao fondo, a
catedral, e aquí, a
réplica moderna
das tres torres.
Velas?
Na exposición vimos cadeiras ben curiosas e aprendemos a
diferenza entre un bosque e unha plantación de árbores.
Á saída apetecía correr un pouco. Non
houbo moito tempo pero... Outra vez será!
APRENDENDO SOBRE NAVES NON TRIPULADAS
OS DRONS EN BAROUTA
DA MAN DE PABLO GARALOCES
Foi unha revolución!
O alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria
estaba encantado na Biblioteca
vendo, escoitando e facendo
preguntas sobre estas naves tan de
moda. Pero o mellor foi velo
manexar.
Grazas a Pablo e á súa empresa,
Garacopter.
As aulas de
5º e 6º, na
charla con
Pablo.
Pablo trouxo 3 drons: o pequeno, para adestrar; o mediano, co que traballa e o grande, que está montando.
Aquí, o alumnado de 4º, 5º e 6º na
Biblioteca do Centro, para achegarnos un
pouco a este mundo tecnolóxico dos
“drons” da man de Pablo Garaloces.
Logo, un
cachiño na
nosa aula con
Pablo. Que
interesante!
E despois chegou a demostración de verdade! Uau!, este Pablo é un fenómeno!
E chegou a hora da despedida.
Ooooh!
Pero foi xenial telo vivido.
Grazas, Pablo!
Esta é unha das fotos que nos fixo, e da que estamos moi orgullosos e
orgullosas. Ata se ve o horto!
COCIÑANDO NA ESCOLA
UNHA RICA MINESTRA
PROBAMOS OS CHÍCHAROS, A CEBOLA E O CABACIÑO
DO NOSO HORTO
Primeiro, cortar as verduras
e despois, pór a pota ao lume
co aceite, a cebola e o xamón.
A aula convertida nun obradoiro de cociña.
Canta precisión e coidado! Parabéns!
Parecía moito
pero... Culleriña a
culleriña foise
acabando.
Estaba riquísima!
O refugallo
ao contedor
orgánico.
Cenoria,
pataca,
cabaciño e
chícharos á
pota.
E agora calma e
a esperar.
Primeiros auxilios
UNHA PRÁCTICA IMPRESCINDIBLE
ALICIA , PABLO E MARÍA, MÉDICOS EN URXENCIAS NO CHUS
Este ano tivemos moita sorte
pois contamos cun grupiño de
familias que nos viñeron falar da
súa experiencia profesional.
Nesta ocasión foi María, nai de
Jorge, a que nos trouxo esta
charla-práctica sobre primeiros
auxilios.
Foi ben interesante e seguro que
non esquecemos a idea principal:
sempre pedir axuda.
Como colocar as
mans para
masaxear no
peito.
A postura que axuda a respirar mellor.
Como axudar
a alguén que
se atragoou.
Unha práctica.
COÑECENDO A CONTORNA
PAZO DE LENS
ou de Ardeleiros
Fermoso pazo, na aldea de Lens,
amurallado con zona de horta e
xardín. Moito espazo pensado
para descansar e gozar da
natureza. Ten hórreo, pombal,
tulla, unha mina de auga á que se
pode acceder por un túnel...
En fin, unha xoia do noso
patrimonio que nos amosou con
moita dedicación o seu dono
Xabier.
Lens > palabra sueva que significa
“lugar feraz”. Fértil, preto dun río.
A entrada ao pazo.
Na fachada norte fixeron esta galería
para estar frescos no verán.
A zona da horta. Grandes xardíns delimitados con
buxo, ao estilo francés.
A entrada á mina, da
que sae a auga para a
fonte e o lavadoiro.
Paseo pola horta, camiño da igrexa.
Desde aí viamos a entrada da mina.
Zona de descanso no xardín. Hai moita camelia.
Por estas escaleiras accédese
directamente ao adro.
Este hórreo está catalogado.
Mantense tal e como se fixo
no seu momento: a
estrutura, a cuberta, a
madeira, as ménsulas, a
pechadura... Só se cambiou a
madeira da cara norte.
Xabier, o seu dono, díxonos
que cada 2 anos reparan a
madeira con aceite de liñaza
e trementina, para
conservala.
O interior
Madeira inicial,
labrada á man.
Madeira renovada.
Está labrada con
serra.
O HÓRREO
Unha vista da horta. Ao fondo, a camelia senlleira
pois é a de maior tamaño que se coñece.
Cabiamos todos debaixo dela.
A tulla, para
almacenar o
cereal.
O pombal, unha parte importante da casa, para a cría de
pichóns. Ollade a cuberta e os niños mailo comedeiro.
O pombal
E aquí rematou a visita a este espazo marabilloso que hai en Lens, moi pretiño do noso colexio.
Grazas, Xabier, pola túa amabilidade e paciencia e por tantas historias que nos contaches.
E xa na despedida, unha
maceta con caraveis indios
do noso horto.
Un bonito recordo para o
xardín das nosas casas.
Que medren ben!
Moita xente pequena,
en moitos lugares pequenos,
cultivarán pequenos hortos...
que alimentarán ao mundo.
Proverbio africano

"Adeus quinto de primaria"

  • 1.
    ADEUS QUINTO DE PRIMARIA! Resumodas últimas actividades ceip Barouta, 2016-17 Vanesa, Abel, Guillermo,Owen, Martina, Julia, Eugeny, Pablo, Iria, Manuel G, Christian, Marta, Norah, Jaime, Gloria, Antía, Lucas, Miguel, Esther, Ana, Fofo, Gisela, Nerea, Manuel V, Brais, Rubén e Tere
  • 2.
    DE BAROUTA A PONTEVEDRA Estecurso, o alumnado de 5º e 6º de Barouta, fixemos unha saída econaturista, grazas ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames. A idea era visitar Lourizán e o Parque de Cotorredondo, ámbalas dúas guiadas para un mellor aproveitamento. Polo mediodía aproveitamos tamén a visita á Escola de Enxeñaría Forestal en Pontevedra, grazas a Juan Picos, profesor nesa escola e pai do noso compañeiro Miguel. Resultou unha xornada estupenda.
  • 3.
    En Lourizán recibíronnosdous guías que nos ían contando a historia do pazo pero, sobre todo, a do xardín. Un cedro impresionante!!!
  • 4.
    Vaia mesa! Todaunha peza de granito traída desde a illa de Tambo. Ao parecer, estaba asentada á altura do seu dono para forzar as negociacións. Unha secuoia xigante
  • 5.
    Vista da fragadesde dentro da gruta, cunha cortina de auga. Pé de elefante Observando un esquío no bosque. Un teixo
  • 6.
    Estes meandros representanas Rías de Galicia Vista do pazo, no medio da vexetación. O hórreo maila eira.
  • 7.
  • 8.
    Despois do longopaseo, vén moi ben repoñer forzas. O pombal e o xardín das Comunidades Autónomas.
  • 9.
    Juan, o papáde Miguel, recolleunos na entrada para amosarnos algún dos seus laboratorios. Escola de Enxeñaría Forestal Este tronco veu de Sobrada, Tomiño.
  • 10.
    Miña nai, cantas madeiras diferentes! Unhacaixa niño para o noso patio. Grazas!
  • 11.
    Xantamos na “Illadas esculturas”, á beira do río Lérez. Esta árbore ten unha curiosidade: as súas follas non rematan en punta senón que teñen a punta cadrada.
  • 12.
    Cotorredondo e LagoCastiñeiras En Cotorredondo fixemos unha ruta a pé para chegar a unha das mámoas e rematamos bordeando a lagoa artificial de Castiñeiras.
  • 13.
    No paseo, vimosvarias mámoas pero esta é a que está reconstruída. Trátase dun dolmen con corredor de entrada.
  • 14.
    Depuradora natural. Estapoza filtra a auga antes de chegar á lagoa. Lagoa de Castiñeiras
  • 15.
    VISITA Á CIDADEDA CULTURA DA ÁRBORE Á CADEIRA Nesta visita, ademais de asistir á exposición, paseamos polo edificio do museo e polo exterior para coñecer, entre outras cousas, o “xardín literario”, obra da paisaxista Isabel Aguirre. Foi unha excursión ben interesante!
  • 16.
    O xardín literarioe abaixo , no oco dun edificio fixeron un lago coa auga da chuvia. Ao fondo, a catedral, e aquí, a réplica moderna das tres torres. Velas?
  • 17.
    Na exposición vimoscadeiras ben curiosas e aprendemos a diferenza entre un bosque e unha plantación de árbores. Á saída apetecía correr un pouco. Non houbo moito tempo pero... Outra vez será!
  • 18.
    APRENDENDO SOBRE NAVESNON TRIPULADAS OS DRONS EN BAROUTA DA MAN DE PABLO GARALOCES Foi unha revolución! O alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria estaba encantado na Biblioteca vendo, escoitando e facendo preguntas sobre estas naves tan de moda. Pero o mellor foi velo manexar. Grazas a Pablo e á súa empresa, Garacopter.
  • 19.
    As aulas de 5ºe 6º, na charla con Pablo. Pablo trouxo 3 drons: o pequeno, para adestrar; o mediano, co que traballa e o grande, que está montando.
  • 20.
    Aquí, o alumnadode 4º, 5º e 6º na Biblioteca do Centro, para achegarnos un pouco a este mundo tecnolóxico dos “drons” da man de Pablo Garaloces. Logo, un cachiño na nosa aula con Pablo. Que interesante!
  • 21.
    E despois chegoua demostración de verdade! Uau!, este Pablo é un fenómeno!
  • 22.
    E chegou ahora da despedida. Ooooh! Pero foi xenial telo vivido. Grazas, Pablo!
  • 23.
    Esta é unhadas fotos que nos fixo, e da que estamos moi orgullosos e orgullosas. Ata se ve o horto!
  • 24.
    COCIÑANDO NA ESCOLA UNHARICA MINESTRA PROBAMOS OS CHÍCHAROS, A CEBOLA E O CABACIÑO DO NOSO HORTO
  • 25.
    Primeiro, cortar asverduras e despois, pór a pota ao lume co aceite, a cebola e o xamón. A aula convertida nun obradoiro de cociña. Canta precisión e coidado! Parabéns!
  • 26.
    Parecía moito pero... Culleriñaa culleriña foise acabando. Estaba riquísima! O refugallo ao contedor orgánico. Cenoria, pataca, cabaciño e chícharos á pota. E agora calma e a esperar.
  • 27.
    Primeiros auxilios UNHA PRÁCTICAIMPRESCINDIBLE ALICIA , PABLO E MARÍA, MÉDICOS EN URXENCIAS NO CHUS Este ano tivemos moita sorte pois contamos cun grupiño de familias que nos viñeron falar da súa experiencia profesional. Nesta ocasión foi María, nai de Jorge, a que nos trouxo esta charla-práctica sobre primeiros auxilios. Foi ben interesante e seguro que non esquecemos a idea principal: sempre pedir axuda.
  • 28.
    Como colocar as manspara masaxear no peito. A postura que axuda a respirar mellor. Como axudar a alguén que se atragoou. Unha práctica.
  • 29.
    COÑECENDO A CONTORNA PAZODE LENS ou de Ardeleiros Fermoso pazo, na aldea de Lens, amurallado con zona de horta e xardín. Moito espazo pensado para descansar e gozar da natureza. Ten hórreo, pombal, tulla, unha mina de auga á que se pode acceder por un túnel... En fin, unha xoia do noso patrimonio que nos amosou con moita dedicación o seu dono Xabier. Lens > palabra sueva que significa “lugar feraz”. Fértil, preto dun río.
  • 30.
    A entrada aopazo. Na fachada norte fixeron esta galería para estar frescos no verán. A zona da horta. Grandes xardíns delimitados con buxo, ao estilo francés.
  • 31.
    A entrada ámina, da que sae a auga para a fonte e o lavadoiro. Paseo pola horta, camiño da igrexa. Desde aí viamos a entrada da mina. Zona de descanso no xardín. Hai moita camelia.
  • 32.
    Por estas escaleirasaccédese directamente ao adro.
  • 34.
    Este hórreo estácatalogado. Mantense tal e como se fixo no seu momento: a estrutura, a cuberta, a madeira, as ménsulas, a pechadura... Só se cambiou a madeira da cara norte. Xabier, o seu dono, díxonos que cada 2 anos reparan a madeira con aceite de liñaza e trementina, para conservala. O interior Madeira inicial, labrada á man. Madeira renovada. Está labrada con serra. O HÓRREO
  • 35.
    Unha vista dahorta. Ao fondo, a camelia senlleira pois é a de maior tamaño que se coñece. Cabiamos todos debaixo dela.
  • 36.
    A tulla, para almacenaro cereal. O pombal, unha parte importante da casa, para a cría de pichóns. Ollade a cuberta e os niños mailo comedeiro. O pombal
  • 37.
    E aquí rematoua visita a este espazo marabilloso que hai en Lens, moi pretiño do noso colexio. Grazas, Xabier, pola túa amabilidade e paciencia e por tantas historias que nos contaches.
  • 38.
    E xa nadespedida, unha maceta con caraveis indios do noso horto. Un bonito recordo para o xardín das nosas casas. Que medren ben! Moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, cultivarán pequenos hortos... que alimentarán ao mundo. Proverbio africano