Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
OS CASTROS
Patricia Pena Barbeito
QUE É UN CASTRO?
A NOSA DEFINICIÓN
CASTRO NO DICIONARIO
ONDE ESTABAN SITUADOS?
Imos aprender a facer un plano.
Debuxa a planta dun barrio castrexo.
Unha casa grande con 6
cm de diámetro.
Unha máis pequ...
Debuxa a túa casa castrexa seguindo a decripción:
As vivendas dos castros son máis ben pequenas, de forma arredondeada, co...
OS CASTROS SON CELTAS?
Se ti foras un arqueólogo, que cousas que di
o vídeo poden ser discutibles? Cales
poderían ser cert...
FAI UNHA LIÑA DO TEMPO E ORDEA OS SEGUINTES PERSONAXES SEGUNDO
APARECEN NA HISTORIA.
castrexos, celtas, romanos, visigodos...
A QUE SE ADICABAN OS CASTREXOS?
Os habitantes dos castros adicábanse á agricultura e á gandería, á caza e á recolleita de ...
Debuxa as persoas dos castros realizando os diferentes oficios
aos que se adicaban.
Se o sector primario é a agricultura e...
Escribe que alimentos
tomaban en menor
cantidade os castrexos
e que nutrientes.
Levaban unha dieta
equilibrada e saudable?...
Responde agora aos seguintes
problemas dun castro:
Un castrexo marchou de caza ás sete da mañá e regresou ás tres da tarde...
OS MUIÑOS.
O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega. Forma
parte do conxunto d...
FAI UN ESQUEMA DOS
TIPOS DE MUIÑOS.
Escribe de que tipo é e como funciona o seguinte
muíño castrexo.
Resolve agora os problemas que se poden
atopar os castrexos nos muiños.
Un castrexo moe 3 quilos de gran cada hora. Canto ...
A CERÁMICA NOS CASTROS
Para gardar os distintos produtos que se cultivaban e facían nos castros construíanse cestos e
cach...
Forno castrexo.
Escríbelle unha carta a un amigo
explicándolle como se facía a cerámica
castrexa.
Decora a cerámica seguindo os exemplos:
Vasixa decorada con
triángulos equiláteros e liñas
paralelas.
Vasixa decorada con ...
Decora a vasixa á maneira castrexa pero ao teu gusto.
Os teares
A condición dos solos ácidos de Galicia non permite que se conserven restos dos
tecidos pero si algúns dos instr...
Ordea os pasos que se tiñan que dar
para facer os tecidos:
- Peitear a la cun peite metálico-
-Limpar a lá baténdoa cun pa...
VESTIDOS CASTREXOS
Esta fin de semana celébrase en Lugo o “Arde Lucus”
unha festa na que se representa o proceso de
romanización dos castros ...
ORFEBRERÍA
GUERREIROS E ARMAS
METALÚRXICOS
BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA
• http://es.calameo.com/read/001393949c6d7e
3ae5754
• Os Bolechas queren saber... Como é un castr...
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Dossier de actividades sobre castros e castrexos

1,883 views

Published on

Actividades complementarias para o proxecto sobre os Castros para 4º de EP.

Published in: Education

Dossier de actividades sobre castros e castrexos

  1. 1. OS CASTROS Patricia Pena Barbeito
  2. 2. QUE É UN CASTRO? A NOSA DEFINICIÓN CASTRO NO DICIONARIO
  3. 3. ONDE ESTABAN SITUADOS?
  4. 4. Imos aprender a facer un plano. Debuxa a planta dun barrio castrexo. Unha casa grande con 6 cm de diámetro. Unha máis pequena con 1,5 cm de radio. Un pallar moi pequeniño con 2 cm de diámetro. Un forno fora da casa con 2 cm de alto e 1 de largo. Debuxa rodeándoa un muro como ti queiras. Escribe aquí canto mide o muro: …………………….. Se para construir esta casa necesitan 1.000 pedras, ¿cantas pedras necesitarán para construir 7 casas?. ……………….. Se temos 8000 pedras, ¿cantas casas podemos facer con elas? …………………………....
  5. 5. Debuxa a túa casa castrexa seguindo a decripción: As vivendas dos castros son máis ben pequenas, de forma arredondeada, con tellado de palla ou colmo. Nun principio construíanse con terra e ramallos, e máis tarde de pedra. Dentro da vivenda hai unha lareira onde se facía lume para cociñar a comida e quentarse no inverno. Moitas veces tiñan tamén bancos de pedra adosados aos muros. Coa chegada dos romanos comezan a facerse de forma máis rectangular e tamén se usan os tellados de tellas xa na última época. Moitas casas teñen un vestíbulo de acceso ao interior e un forno nun lado formado por lousas.
  6. 6. OS CASTROS SON CELTAS? Se ti foras un arqueólogo, que cousas que di o vídeo poden ser discutibles? Cales poderían ser certas? Moito se ten falado de se os castros son celtas. Os primeiros estudiosos dos castros fálannos dunha poboación celta, e incluso os poetas: o himno galego, por exemplo, nos fala dos celtas como os habitantes de Galicia, e do seu xefe, Breogán. Hoxe en día a teoría de que os habitantes dos castros, os nosos antepasados, fosen todos de raza celta, está completamente desbotada. O que parece certo é que os primitivos castros foron obra dos antigos poboadores de Galicia, e que os celtas chegaron despois, uns cincocentos anos antes de Cristo, mesturándose coa poboación que xa había antes. Tamén parece ser certo que os celtas introduciron o ferro e que, posiblemente, formasen a clase dominante e a maioría dos gerreiros. Busca no texto: - Un adxectivo: - Un determinante numeral. - Un determinante artigo: - Un verbo: - Unha palabra aguda con til: - Un nome propio. - Unha falta de ortografía (RODÉAA EN VERMELLO):
  7. 7. FAI UNHA LIÑA DO TEMPO E ORDEA OS SEGUINTES PERSONAXES SEGUNDO APARECEN NA HISTORIA. castrexos, celtas, romanos, visigodos, musulmáns.
  8. 8. A QUE SE ADICABAN OS CASTREXOS? Os habitantes dos castros adicábanse á agricultura e á gandería, á caza e á recolleita de froitos silvestres. Cultivaban cereais, trigo e millo miúdo e outras plantas como chícharos e fabas. Recollían landras coas que facían unha especie de pan e outros froitos. O gando estaba formado por ovellas, cabras, vacas, porcos e cabalos. Tamén practicaban a caza de cervos e xabaríns, e nos castros preto do mar ao marisqueo e á pesca. Así a comida dos habitantes dos castros estaba formada por vexetais: landras, landras trigo miúdo, fabas, chícharos e froitos silvestres; carnes: de cabra, de ovella, porco e vaca; mariscos: ostras, ameixas, mexillóns, lapas, ourizos…; peixes: ollomol, pescada, xurelos, xardas… Para beber, a parte da auga, facían unha especie de cervexa fermentando algún cereal. Algúns historiadores din que bebían tamén viño. - Busca dúas palabras agudas e explica porque levan ou non tilde. - Escribe tres substantivos, tres verbos e un adxectivo. - Completa o seguinte cadro resumo coas comidas dos castrexos.
  9. 9. Debuxa as persoas dos castros realizando os diferentes oficios aos que se adicaban. Se o sector primario é a agricultura e a gandería, o secundario as fábricas e o terciario o comercio, a que sector se adican maioritariamente nos castros? Razoa a resposta.
  10. 10. Escribe que alimentos tomaban en menor cantidade os castrexos e que nutrientes. Levaban unha dieta equilibrada e saudable? Razoa a resposta
  11. 11. Responde agora aos seguintes problemas dun castro: Un castrexo marchou de caza ás sete da mañá e regresou ás tres da tarde. Canto tempo estivo cazando? As mulleres do Castro de Borneiro recolleron 12.435 grans de millo. En cada vasixa de barro pequena collen 99 grans de millo. Cantas vasixas necesitan? No castro de Baroña atopáronse unha ducia de torques. Os investigadores din que debía de haber moitos máis, polo menos un cento. Cantos torques se perderon?
  12. 12. OS MUIÑOS. O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega. Forma parte do conxunto de construcións dedicado á fabricación dun elemento básico da alimentación: o pan. Deste xeito o muíño posúe un evidente valor no plano económico pero ademais, xoga un importante papel nas relacións sociais da Galicia rural. A xeografía galega favorece a existencia dos muíños. A rede fluvial e as rías coas mareas permitiron a utilización da forza da auga na transformación de materias primas. En zonas moi batidas polos ventos podémonos atopar con muíños que utilizan esta enerxía para o seu funcionamento. A finalidade máis común desta construcción era moer o gran pero existen outros muíños con diversas utilidades: de aceite, de papel, de curtir as peles... Tamén podemos diferencialos atendendo á forza que permite a súa posta en funcionamento en manuais, hidráulicos, de vento ou outros que utilizan outros materiais. O muíño de man chairo ou naviforme é o primeiro muíño que coñecemos. Aparecen no Neolítico e están unidos aos labores agrícolas. Consistían nunha pedra cuadrangular e curva que se colocaba no chan e un cilindro ou rebolo que, movido coas mans, trituraba os cereais ou as landras contra a pedra. A fariña que se obtiña por este método era basta e de mala calidade. O muíño de man ou circular dise que chegou a Galicia coa romanización e empregouse, sen abandonar o anterior, na época castrexa. Consta de dúas rodas de pedra colocadas unha enriba da outra: a de abaixo é fixa e a superior móbil. Deste muíño podemos destacar dúas versións segundo a maneira en que se mova: - Á moa ou roda superior dáselle un movemento de vaivén por medio dun pao espetado nela. - A moa ten un movemento xiratorio que se lle imprime cun pao artellado con outro máis longo.
  13. 13. FAI UN ESQUEMA DOS TIPOS DE MUIÑOS.
  14. 14. Escribe de que tipo é e como funciona o seguinte muíño castrexo.
  15. 15. Resolve agora os problemas que se poden atopar os castrexos nos muiños. Un castrexo moe 3 quilos de gran cada hora. Canto moe nun día? E nunha semana? A familia castrexa composta por dous avós, o pai é a nai, tres fillos e as súas mulleres e cinco bebés recolleron 24 quilos de gran. Cantos gramos lle toca a cada un? Un barrio castrexo está formado por catro familias. Decidiron entre todos que a familia que é máis numeroa reciba dous tercios dos 36 quilos de cereais que recolleron. Cantos quilos lles toca a esta familia? Canto teñen que repartirse o resto? A canto lles toca?
  16. 16. A CERÁMICA NOS CASTROS Para gardar os distintos produtos que se cultivaban e facían nos castros construíanse cestos e cacharros de cerámica que tiñan un uso doméstico pero tamén funerario, cerimonial e ornamental. Na cociña usábase para preparar os alimentos, para comer e para beber e para gardar as provisións. A cerámica castrexa facíase a man ou ao torno ou á roda, aínda que predomina a feira á man. Nótanse en moitos casos os sinais de alisado e de espatulado; noutros as paredes exteriores das vasillas aparecen moito máis pulidas. Os perfís predominantes nas vasillas son os globulares ou esferoides. O máis habitual é que conten cunha ou máis asas. Os temas decorativos son comúns na plástica castrexa: incisións en forma de liñas oblicuas, horizontais ou verticais paralelas, ou ben compoñendo triángulos, así como estampacións en forma de espiña de peixe, eses ou figuracións entrelazadas (tipo trisquel), con figuras tipo cordóns, así como outros motivos ornamentais variados. A maior parte, porén, é lisa e non leva decoración. A cerámica simultaneaba o seu uso ca cestería e a madeira. As pezas grandes servirían para gardar o gran ou outros alimentos e como depósito de líquidos; outras, para usos diversos no fogar ou na lareira, e as máis pequenas para comer e beber; tamén aparecen asadores (ou ben escoadeiras ou "queixeiras"), pezas moi características polos furados que teñen no seu fondo e nas paredes. Os materiais eran locais e a fabricación tamén, en fornos pequenos.
  17. 17. Forno castrexo. Escríbelle unha carta a un amigo explicándolle como se facía a cerámica castrexa.
  18. 18. Decora a cerámica seguindo os exemplos: Vasixa decorada con triángulos equiláteros e liñas paralelas. Vasixa decorada con eses e trisquéis. Prato decorado con liñas perpendiculares e cordóns. Por que pensas que non se conservan cestos ou pezas de madeira que usaban os castrexos? Razoa a túa resposta.
  19. 19. Decora a vasixa á maneira castrexa pero ao teu gusto.
  20. 20. Os teares A condición dos solos ácidos de Galicia non permite que se conserven restos dos tecidos pero si algúns dos instrumentos empregados na súa elaboración. As fontes escritas dinnos que os habitantes dos castros vestían de negro e levaban unha túnica ata os pés (sagum) coa que durmían no chan, en leitos de palla. Os tecidos empregados eran de la ou liño. No caso da lá limpábase a través do lavado e batido cunha vara para darlle maior soltura. Rematada a limpeza, procedíase ó seu desenguedellado cun peite metálico. Unha vez obtida e peiteada a fibra, colocábase nun pau aberto (roca) de onde se ía sacando para enrolalo . O fío que resultaba ía enrodelándose no fuso para facer unha bobina. Para isto, o fuso levaba na parte inferior unha peza (fusaiola) que co seu peso e forma lle facilitaba a tensión do fío, sostiña a fiada e mantiña a velocidade do xiro. O tecido realizábase en teares verticais de madeira; deles consérvanse as pesas que tensaban os fíos. -Busca un verbo en pasado. -Unha palabra esdrúxula. - O verbo “facilitaba” escríbese com b. Por que? Escribe a norma de ortografía. - Escribe tres palabras da familia de limpar: - Escribe un sinónimo de “leito”: - Na cadea de produción dos tecidos, cal é a meteria prima?
  21. 21. Ordea os pasos que se tiñan que dar para facer os tecidos: - Peitear a la cun peite metálico- -Limpar a lá baténdoa cun pau. -Colocar o fío na roca. -Enreda o fío no fuso que tiña unha fusaiola para darlle peso e que fora máis fácil traballar con el. - Tecido no tear. -Rapar a ovella.
  22. 22. VESTIDOS CASTREXOS
  23. 23. Esta fin de semana celébrase en Lugo o “Arde Lucus” unha festa na que se representa o proceso de romanización dos castros e todo o mundo elixe ir vestido de castrexo ou de romano. Escribe as provincias galegas e tres castros que haxa nelas. Marca cunha cruz a cidade de Lugo. Coloca os límites de Galicia.
  24. 24. ORFEBRERÍA
  25. 25. GUERREIROS E ARMAS
  26. 26. METALÚRXICOS
  27. 27. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA • http://es.calameo.com/read/001393949c6d7e 3ae5754 • Os Bolechas queren saber... Como é un castro? Autor, Pepe Carreiro. Editorial: A nosa Terra. • A Nosa Historia. Os habitantes dos Castros. Autor, Pepe Carreiro. Editorial a Nosa Terra.

×