16. 4. Risco sísmico Os efectos dun terremoto dependen de varios factores: magnitude, profundidade do foco, construccións, zona afectada… A variedade nestes factores permítenos comprender porque en determinados países un terremoto causa graves danos (por exemplo en Haití) e noutros un terremoto semellante non ten un efecto tan devastador (por exemplo os sucesivos terremotos en Xapón). O Ciclo Sísmico Un terremoto é unha liberación brusca de enerxía (rebote elástico) debido as tensións acumuladas nun punto do interior terrestre chamado hipocentro , o punto vertical a éste, localizable na superficie denomínase epicentro . Hoxe sabemos que tras un terremoto hai unha caída na tensión elástica e que antes de producirse o seguinte é preciso unha nova acumulación de tensións, polo que os sismos prodúcense de maneira cíclica. No ciclo sísmico diferenciamos catro fases : período de inactividade, pequenos terremotos, sacudidas anteriores e sismo principal con réplicas.
17. 4. Risco sísmico Os lugares onde se acumulan tensións no interior terrestre son as zonas de bordo de placa e a fracturación e fallado do terreo que as acompaña, consecuencia dos movementos entre elas. Esta é a razón pola que hai unha relación directa entre os fenómenos volcánicos e os sismos, constituíndo as zonas activas da terra.
18. 4. Risco sísmico Os aparellos utilizados para detectar a chegada das ondas sísmicas que xera un terremoto denomínanse sismógrafos e proporciónanos gráficas que reflicten a “forza” dun sísmo chamadas sismogramas .
21. 4. Planificación do risco sísmico Para planificar o risco sísmico é preciso ter un rexistro dos sismos que se producen. Como xa sabemos este rexistro é posible grazas aos sismogramas que orixinan os sismógrafos. Estos aparellos instálanse en determinados puntos xeográficos (a disposición non é aleatoria, senón baseada nos coñecementos actuais e a experiencia) constituíndo as denominadas estacións sísmicas ou observatorios sismolóxicos . Todas estas estacións constitúen a rede sísmica mundial que é esencial para planificar o risco sísmico. As medidas de predición e prevención elabóranse tendo en conta o tremor e os seus riscos derivados (afundimentos, avalanchas, rotura de encoros, inundacións, incendios, tsunamis…)
46. 11. Riscos climáticos e meteorolóxicos Son moi variados: tormentas, treboadas, nevaradas, e furacáns. A maioría das catástrofes débense aos ciclóns tropicais , inundacións , secas e incendios .
53. 11.2. Tornado Tornado:Trebón moi violento caracterizado por unha nube xiratoria en forma de funil. Xérase durante as tormentas eléctricas cando o aire frío obriga ao aire quente a elevarse moi rápidamente. O vento pode chegar aos 500 Qm/h
54. 11.3. Gota fría Gota fría: son fortes choivas ocasionadas polo embolsamento de aire quente a certa altitude por bolsas de aire frío. Este último descende, por ser máis denso, obrigando ao quente e húmido a descender con él provocando o aumento de nubosidade e das precipitacións dun modo brusco e violento. Son moi habituais en España entre finais de verán e principios de outono.