SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓN DE TEXTOS

                  SELECCIÓN DE TEXTOS DOS SÉCULOS ESCUROS


I. Pranto da Frouseira

A min chaman Todamira,                                    Vinte e dous foron chamados
señora do gran tesouro;                                   os que vendido lo han,
por estrela crarecida                                     non por fame de sustén,
xago neste Valadouro.                                     de carne, viño nen pan.

Máis tredor foi que un mour                               Nen por outro minister
o vilao que me vendeo,                                    que falezcan de bondá,
que de Lugo a Ribadeo                                     senón por su vilaicia
todos me tiñan temour.                                    e mais por máa intençán.

De min, a triste Frouseira,                               Eles quedan por tredores
que por treiçón foi vendida,                              e seu amo por leal,
derribada na ribeira,                                     pois os Reis á sua filla
ca xamais se veo vencida.                                 suas terras mandan dar.

Por treiçón tamén vendido                                  A Deus darán conta delo,
Xesús noso Redentor,                                      que lles queira perdoar,
e por aquestes tredores                                   co que acabou a Frouseira
Pedro Pardo, meu señor.                                   e a vida do Mariscal.

                                                                              Anónimo, fins do s. XV


II. Vilancico.

Veña nora buena                   Ai, de la miña terra           Ai, pelo fermosiño
o ceo para a terra.               veño eu contente               niño como un ouro,
Veña miña vida                    porque Deos do Ceo             trocarei as niñas,
e sexa de Galícia.                é xa meu parente.              niñas dos meus ollos.
Veña o Sol divino                 Ai, veño a ver o niño          Ai, todas son estrelas
que nace garridiño.               que é tan bonitiño;            as súas palliñas
Veña o sol fermoso                veño a ver o niño              todas son estrelas
que nace como un ouro.            porque é galantiño.            as suas faixiñas.
Veña o lume, veña,                Ai, galeguiños novos           Ai folgo-me eu, folgo-me
e fuxan as tenebras.              que estais en Belem,           da miña vontade,
E á bela sua Mai                  riense os ceos                 pelo So l que nace
o parabén le dai,                 folgai vos tambén.             con tal claridade.
que faga a mantiña                Ai, suas lagrimiñas,           Ai, desta boa dita
que bole a palliña.               por amor choradas              folgai-vos solteiros,
O parabén le dai,                  peroliñas foron               que os ratiños hoxe
Tanxei, tocai, sonai a gaitiña.   por min derramadas.            salen de esporteiros.
Sonai a frautiña                  Ai, fas-me unha saia           Ai, veño-vos co saio
tanxei o baixón                   chouteira, chouteira,          chouteiro, chouteiro
que me retiña, retiña, retiña     para dar a volta,              para dar a volta
que me retiña, retiña o son.      volta na ribeira.              volta a lo lixeiro.

                                                                                 Carlos Patiño, 1645
SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓN DE TEXTOS

III.   Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (fragmento)

(Descobre-se a cortiniña e ve-se outro portugués deitado no chan mollado, como que está morto, e unha
portuguesa chorando-o)

Meu quirido, meu mimo, meu morgado,               No Alantejo ganhou mutas vitórias
meu ouro fino, meu mui doce amado,                como bem cantarâo largas histórias,
meu espelho, meu gosto, meu contento,             o Doiro as espumas lhe tengeu
meu bem, em que eu tinha o pensamento.            com sangue ruiva que o castelao verteu.
Que anamigo raivoso te matou                      Era, com ser minino, tâo valente
e de joia tâo bela me privou?                     que podia por campo a muta gente;
Quem foi o desalmado i atravido                   i agora, mal-pecado
que te quebrou, espelho tâo luzido?               veo a morrer num charco aufegado
Quem meu menino morgrado marchitou                i a sua moleirinha dilicada
a frol da idade? Quem vos dirribou                aberta coa pura cacheirada.
do trono em que posto estavais                    Esperava-vos eu vitorioso
do carinho e mimo dos teus pais?                  e tinha três testôes de pâo formoso,
A vossa cabeleira priciosa                        meo savle cozido e meo assado,
como está tào suja? Quem a pus ludosa?            meo casco de cebola e alho petado,
A cara que á prata aventajava,                    neto e meo de vinho na borracha
a gala que do corpo vos sobraba,                  pera os que convosco ivam fazer cacha.
os olhos com que ás mininas davais pena           Mais a raiva galega tâo travessa
co olhar grave e vista tào serena,                escachou-vos a todos a cabeça.
quem vos roubou tudo isto? Donde fica?            Mufina de mim, mufina, que farei?
Quem foi o que cortou rosa tâo rica?              Sem alma, gosto e vida donde irei?
Atacar as cirolas nâo sabia                       Volve meus olhos a estes tristes braços,
i espada de três braços ja cingia,                dar-vos-ei despois de morto mil abraços,
que puxando por ela                               para ambos farei a sepoltura
fez que ciscassem mutos muto dela.                e co isso darei a tal tristura.

                                                               Gabriel Feixó de Araúxo, 1671


IV. Soneto ás Exequias da Raiña dona Margarida de Austria.

Morte cruel, esa tredora maña
de roubar de non cato a humana vida
con que olhos a podeche ver comprida
na santa Reina que hoxe perde España?

Se aquel rencor que te carcome e laña
che tiña a mao, para matar, erguida,
non deras noutra parte esa ferida
donde non fora a lástima tamaña?

Non se torçera aquel fatal costume
i a lei que iguala do morrer na sorte
os altos Reis cos baixos labradores?

Terrible, en fin, é teu poder, oh, Morte!
pois diante de ti Reis e señores
son néboa, sombra, póo, son vento e fume.
                                                               Pedro Vázquez de Neira, 1611.
SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓN DE TEXTOS

               SELECCIÓN DE TEXTOS CONTEMPORÁNEOS
                    SOBRE OS SÉCULOS ESCUROS

Texto 1

Castellanos de Castilla
tratade ben ós gallegos:
cando van , van como rosas,
cando vén, vén como negros.
                                   Cantar popular glosado por Rosalía de Castro

Texto 2

  Todol-os escritores casteláns do século XVII adicáronse a luxar o nome e o creto
dos galegos, creando un ambente emponzoñado contra Galiza e negándonos,
inclusive, a calidade de hespañoes. Para eles Galiza era un país de salvaxes
colonizados, e ningún escritor castelán foi capaz de saír á nosa defensa, cando
incluso se defendía aos indios que non se deixaban asimilar.
                                                                        Castelao

Texto 3

  Se nos séculos XIII e XIV a língua galega nom só vivia em plenitude literária no
territorio em que era falada, senom que era a única língua ibero-románica que se
utilizava para a lírica culta, esta situaçom vai cambiar radicalmente a fins da Idade
Media. Ainda na segunda metade do XV , poetas nom galegos, como Gómez
Manrique, componhem versos no romance hispánico ocidental. A musa popular
canta ainda en galego a história triste do mariscal Pero Pardo de Cela. Mesmo até
o terceiro decénio do século XVI chega o uso do galego nos documentos notariais.
Mais a guerra dinástica entre Borgonhas e Trastámaras aniquilou o exiliou o máis
brilhante da nobreza galega. As terras confiscadas aos vencidos forom mercês
outorgadas a linhages foráneas que traem o seu castelam ás suas pequenas
cortes. As guerras sociais do século Xv, coas suas destruçons de castelos,
consomem nas labaredas do incéndio amostras poéticas de tradiçom literária.
Funcionários reais, leigos e eclesiásticos, esforçam-se e afinal conseguem impor a
paz. Mais esta paz é proclamada em língua distinta da nativa. O poder fala em
castelam; a palavra escrita modela-se na língua do poder, e o galego, sem
mensage política nem literária, afunda-se na escuridade do dialecto e vive a vida
ventureira dum horto sem cultivo. Nom é que faltem totalmente textos literários
galegos entre os séculos XVI e XIX. Mais os que existem , e som poucos, tenhem o
carácter de curiosidade lingüística. A tradiçom cultural interromperá-se. Ao escrever
em galego nom se tinha consciência de esrever numha língua literária, senom que
se procurava o efeito estilístico de empregarpor escrito umha língua oral. Como
Afonso X escreveu algumha vez em castelam poesía trovadoresca, rompendo
excepcionalmente a tradióm que impunha o galego, agora, fai-se algumha vez
poesia em galego rompendo a tradiçom que impunha o castelam. Mais nom hai
ánimo de restauraçom , porque se ignorava a tradiçom, nem propósito de cria-la
porque isso suporía umha consciência do significado espiritual da língua que nom
se avinha coa situaçom cultural do país.

                    Problemas da língua galega, Ricardo Carvalho Calero - 1981
SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓN DE TEXTOS

Texto 4

  Desde o século XV até o XIX non existiu practicamente literatura escrita na língua
galega; queda convertida nunha língua popular, nunha maneira de falar "natural"
que non garda nengunha relación coa cultura. Surxe en Portugal un desprezo polo
galego e pola língua, imaxe demasiado aproximada da portuguesa para poder ser
tolerada, e en Castela un anti-galeguismo no que vai implícita unha constatación
da excesiva proximidade lingüística do noso povo co portugués. Desta maneira,
abre-se paso a crenza de que a forma que teñen de falar os galegos é unha
corrupción do castelán, actitude que coloca o problema a nível dunha tara ...O
importante é propoñer o castelán como norma de perfeición. (...)

       Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza, Francisco Rodríguez – 1991


Texto 5

  Unha vez estabelecidaen Galiza unha clase dirixente foránea, portadora dun
idioma alleo e posuidora das rendas do poder 8feito que se pode dar por
consolidado entre fins do s. XV e principios do XVI) vaise iniciar unha relación
conflictiva entre o castelán e o galego. Tal conflicto lingüístico, onde unha lingua
ocupa a esfera do poder e a outra é a lingua dos subordinados a ese poder,
produce unha situación de diglosia, que inicia un lento proceso de substitución
lingüística: a lingua do poder convertida en lingua dominante comeza a invadir os
ámbitos de uso da lingua autóctona , que vai pasando a ser lingua dominada..
 Non existe pois convivencia pacífica entre as dúas linguas desde o primeiro
momento, nin "bilingúismo harmónico" na a terminoloxía oficial actual, así como
tampouco existían individuos bilingües, senón dous                  grupos sociais
monolingües: unha minoría forasteira castelán-falante e unha inmensa maioría
autóctona galego-falante que non sabe ler nin escribir en castelán. (O primeiro, por
estar en posesión do poder, castelanizará ao segundo que se sentirá atraido por
ese poder).

            Lingua galega: Normalidade e conflicto, X. R. Freixeiro Mato - 1997


Texto 6

  As linguas galega e portuguesa eran antigamente case unha mesma nas
palabras, nos ditongos e na pronunciación que as outras partes de España non
teñen . Da cal lingua galega a portuguesa se avantaxou tanto, (...), o que se
causou por en Portugal haber reis e corte, que é a oficina onde os vocábulos se
forxan e pulen, e de onde manan para os outros homes, o que nunca houbo en
Galicia.
                   Origem da Língua Portuguesa , Duarte Nunes de Leao - 1606

SÉCULOS ESCUROS . textos

  • 1.
    SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓNDE TEXTOS SELECCIÓN DE TEXTOS DOS SÉCULOS ESCUROS I. Pranto da Frouseira A min chaman Todamira, Vinte e dous foron chamados señora do gran tesouro; os que vendido lo han, por estrela crarecida non por fame de sustén, xago neste Valadouro. de carne, viño nen pan. Máis tredor foi que un mour Nen por outro minister o vilao que me vendeo, que falezcan de bondá, que de Lugo a Ribadeo senón por su vilaicia todos me tiñan temour. e mais por máa intençán. De min, a triste Frouseira, Eles quedan por tredores que por treiçón foi vendida, e seu amo por leal, derribada na ribeira, pois os Reis á sua filla ca xamais se veo vencida. suas terras mandan dar. Por treiçón tamén vendido A Deus darán conta delo, Xesús noso Redentor, que lles queira perdoar, e por aquestes tredores co que acabou a Frouseira Pedro Pardo, meu señor. e a vida do Mariscal. Anónimo, fins do s. XV II. Vilancico. Veña nora buena Ai, de la miña terra Ai, pelo fermosiño o ceo para a terra. veño eu contente niño como un ouro, Veña miña vida porque Deos do Ceo trocarei as niñas, e sexa de Galícia. é xa meu parente. niñas dos meus ollos. Veña o Sol divino Ai, veño a ver o niño Ai, todas son estrelas que nace garridiño. que é tan bonitiño; as súas palliñas Veña o sol fermoso veño a ver o niño todas son estrelas que nace como un ouro. porque é galantiño. as suas faixiñas. Veña o lume, veña, Ai, galeguiños novos Ai folgo-me eu, folgo-me e fuxan as tenebras. que estais en Belem, da miña vontade, E á bela sua Mai riense os ceos pelo So l que nace o parabén le dai, folgai vos tambén. con tal claridade. que faga a mantiña Ai, suas lagrimiñas, Ai, desta boa dita que bole a palliña. por amor choradas folgai-vos solteiros, O parabén le dai, peroliñas foron que os ratiños hoxe Tanxei, tocai, sonai a gaitiña. por min derramadas. salen de esporteiros. Sonai a frautiña Ai, fas-me unha saia Ai, veño-vos co saio tanxei o baixón chouteira, chouteira, chouteiro, chouteiro que me retiña, retiña, retiña para dar a volta, para dar a volta que me retiña, retiña o son. volta na ribeira. volta a lo lixeiro. Carlos Patiño, 1645
  • 2.
    SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓNDE TEXTOS III. Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (fragmento) (Descobre-se a cortiniña e ve-se outro portugués deitado no chan mollado, como que está morto, e unha portuguesa chorando-o) Meu quirido, meu mimo, meu morgado, No Alantejo ganhou mutas vitórias meu ouro fino, meu mui doce amado, como bem cantarâo largas histórias, meu espelho, meu gosto, meu contento, o Doiro as espumas lhe tengeu meu bem, em que eu tinha o pensamento. com sangue ruiva que o castelao verteu. Que anamigo raivoso te matou Era, com ser minino, tâo valente e de joia tâo bela me privou? que podia por campo a muta gente; Quem foi o desalmado i atravido i agora, mal-pecado que te quebrou, espelho tâo luzido? veo a morrer num charco aufegado Quem meu menino morgrado marchitou i a sua moleirinha dilicada a frol da idade? Quem vos dirribou aberta coa pura cacheirada. do trono em que posto estavais Esperava-vos eu vitorioso do carinho e mimo dos teus pais? e tinha três testôes de pâo formoso, A vossa cabeleira priciosa meo savle cozido e meo assado, como está tào suja? Quem a pus ludosa? meo casco de cebola e alho petado, A cara que á prata aventajava, neto e meo de vinho na borracha a gala que do corpo vos sobraba, pera os que convosco ivam fazer cacha. os olhos com que ás mininas davais pena Mais a raiva galega tâo travessa co olhar grave e vista tào serena, escachou-vos a todos a cabeça. quem vos roubou tudo isto? Donde fica? Mufina de mim, mufina, que farei? Quem foi o que cortou rosa tâo rica? Sem alma, gosto e vida donde irei? Atacar as cirolas nâo sabia Volve meus olhos a estes tristes braços, i espada de três braços ja cingia, dar-vos-ei despois de morto mil abraços, que puxando por ela para ambos farei a sepoltura fez que ciscassem mutos muto dela. e co isso darei a tal tristura. Gabriel Feixó de Araúxo, 1671 IV. Soneto ás Exequias da Raiña dona Margarida de Austria. Morte cruel, esa tredora maña de roubar de non cato a humana vida con que olhos a podeche ver comprida na santa Reina que hoxe perde España? Se aquel rencor que te carcome e laña che tiña a mao, para matar, erguida, non deras noutra parte esa ferida donde non fora a lástima tamaña? Non se torçera aquel fatal costume i a lei que iguala do morrer na sorte os altos Reis cos baixos labradores? Terrible, en fin, é teu poder, oh, Morte! pois diante de ti Reis e señores son néboa, sombra, póo, son vento e fume. Pedro Vázquez de Neira, 1611.
  • 3.
    SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓNDE TEXTOS SELECCIÓN DE TEXTOS CONTEMPORÁNEOS SOBRE OS SÉCULOS ESCUROS Texto 1 Castellanos de Castilla tratade ben ós gallegos: cando van , van como rosas, cando vén, vén como negros. Cantar popular glosado por Rosalía de Castro Texto 2 Todol-os escritores casteláns do século XVII adicáronse a luxar o nome e o creto dos galegos, creando un ambente emponzoñado contra Galiza e negándonos, inclusive, a calidade de hespañoes. Para eles Galiza era un país de salvaxes colonizados, e ningún escritor castelán foi capaz de saír á nosa defensa, cando incluso se defendía aos indios que non se deixaban asimilar. Castelao Texto 3 Se nos séculos XIII e XIV a língua galega nom só vivia em plenitude literária no territorio em que era falada, senom que era a única língua ibero-románica que se utilizava para a lírica culta, esta situaçom vai cambiar radicalmente a fins da Idade Media. Ainda na segunda metade do XV , poetas nom galegos, como Gómez Manrique, componhem versos no romance hispánico ocidental. A musa popular canta ainda en galego a história triste do mariscal Pero Pardo de Cela. Mesmo até o terceiro decénio do século XVI chega o uso do galego nos documentos notariais. Mais a guerra dinástica entre Borgonhas e Trastámaras aniquilou o exiliou o máis brilhante da nobreza galega. As terras confiscadas aos vencidos forom mercês outorgadas a linhages foráneas que traem o seu castelam ás suas pequenas cortes. As guerras sociais do século Xv, coas suas destruçons de castelos, consomem nas labaredas do incéndio amostras poéticas de tradiçom literária. Funcionários reais, leigos e eclesiásticos, esforçam-se e afinal conseguem impor a paz. Mais esta paz é proclamada em língua distinta da nativa. O poder fala em castelam; a palavra escrita modela-se na língua do poder, e o galego, sem mensage política nem literária, afunda-se na escuridade do dialecto e vive a vida ventureira dum horto sem cultivo. Nom é que faltem totalmente textos literários galegos entre os séculos XVI e XIX. Mais os que existem , e som poucos, tenhem o carácter de curiosidade lingüística. A tradiçom cultural interromperá-se. Ao escrever em galego nom se tinha consciência de esrever numha língua literária, senom que se procurava o efeito estilístico de empregarpor escrito umha língua oral. Como Afonso X escreveu algumha vez em castelam poesía trovadoresca, rompendo excepcionalmente a tradióm que impunha o galego, agora, fai-se algumha vez poesia em galego rompendo a tradiçom que impunha o castelam. Mais nom hai ánimo de restauraçom , porque se ignorava a tradiçom, nem propósito de cria-la porque isso suporía umha consciência do significado espiritual da língua que nom se avinha coa situaçom cultural do país. Problemas da língua galega, Ricardo Carvalho Calero - 1981
  • 4.
    SÉCULOS ESCUROS. SELECCIÓNDE TEXTOS Texto 4 Desde o século XV até o XIX non existiu practicamente literatura escrita na língua galega; queda convertida nunha língua popular, nunha maneira de falar "natural" que non garda nengunha relación coa cultura. Surxe en Portugal un desprezo polo galego e pola língua, imaxe demasiado aproximada da portuguesa para poder ser tolerada, e en Castela un anti-galeguismo no que vai implícita unha constatación da excesiva proximidade lingüística do noso povo co portugués. Desta maneira, abre-se paso a crenza de que a forma que teñen de falar os galegos é unha corrupción do castelán, actitude que coloca o problema a nível dunha tara ...O importante é propoñer o castelán como norma de perfeición. (...) Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza, Francisco Rodríguez – 1991 Texto 5 Unha vez estabelecidaen Galiza unha clase dirixente foránea, portadora dun idioma alleo e posuidora das rendas do poder 8feito que se pode dar por consolidado entre fins do s. XV e principios do XVI) vaise iniciar unha relación conflictiva entre o castelán e o galego. Tal conflicto lingüístico, onde unha lingua ocupa a esfera do poder e a outra é a lingua dos subordinados a ese poder, produce unha situación de diglosia, que inicia un lento proceso de substitución lingüística: a lingua do poder convertida en lingua dominante comeza a invadir os ámbitos de uso da lingua autóctona , que vai pasando a ser lingua dominada.. Non existe pois convivencia pacífica entre as dúas linguas desde o primeiro momento, nin "bilingúismo harmónico" na a terminoloxía oficial actual, así como tampouco existían individuos bilingües, senón dous grupos sociais monolingües: unha minoría forasteira castelán-falante e unha inmensa maioría autóctona galego-falante que non sabe ler nin escribir en castelán. (O primeiro, por estar en posesión do poder, castelanizará ao segundo que se sentirá atraido por ese poder). Lingua galega: Normalidade e conflicto, X. R. Freixeiro Mato - 1997 Texto 6 As linguas galega e portuguesa eran antigamente case unha mesma nas palabras, nos ditongos e na pronunciación que as outras partes de España non teñen . Da cal lingua galega a portuguesa se avantaxou tanto, (...), o que se causou por en Portugal haber reis e corte, que é a oficina onde os vocábulos se forxan e pulen, e de onde manan para os outros homes, o que nunca houbo en Galicia. Origem da Língua Portuguesa , Duarte Nunes de Leao - 1606