SlideShare a Scribd company logo
1 of 24
ROSALIADE CASTRO
ESCOLMA DE POEMAS
BIBLIO CROCAIO
CEIP Eduardo Pondal
Vigo 2018
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de
1837 en Santiago de Compostela.
En 1856 casa con Manuel Murguía.
En 1883 publica Cantares gallegos
e 1880 Follas Novas, dous libros de poesía
escritos en galego. En 1885 falece na súa casa de
Padrón, que hoxe é un museo.
O moucho
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
Non che teño medo, moucho;
moucho, non che teño medo!
Aquel moucho alí ficando,
cal si fose o mesmo demo,
fito a fito me miraba
cos seus ollos rapiñeiros.
Non che teño medo, moucho;
moucho, non che teño medo!
Mouchos!
Eu cantar, cantar, cantéi
Eu cantar, cantar, cantéi,
a grasia non era moita,
que nunca delo me pesa
fun eu meniña grasiosa.
Cantéi como mal sabía
dándolle reviravoltas,
cal fan aqués que non saben
direitamente unha cousa.
Pero despois paseniño,
i un pouco máis alto agora,
fun botando as miñas cántigas
como quen non quer a cousa.
Canta que te canta, mentras
os corasóns tristes choran.
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
Cómo a triste branca nube
turba o sol que inquieto aluma;
cal a cobre i o descobre,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!
Xa, despois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.
Como chove miudiño
Pasa río, pasa río
Pasa, río, pasa, río,
co teu maino rebulir;
pasa, pasa antre as froliñas
color de ouro e de marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
Pasa, pasa, mais non vexan
que te vas ao mar sin fin,
porque entonces, ¡ai, probiñas,
canto choraran por ti!...
Si o mar tivera barandas,
fórate ver ao Brasil;
mais o mar non ten barandas,
amor meu, por onde hei de ir?
Airiños, airiños aires
Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime a ela.
O meu olido máis puro
O meu olido máis puro
dérache si eu fora rosa,
o meu mamurio máis brando
si é que do mar fora onda,
o bico máis amoroso
se fose raio da aurora,
si Dios... Mais ben sei que ti
non queres de min nin a groria.
Maio longo…, maio longo
Maio longo..., maio longo,
todo cuberto de rosas;
para algúns, telas de morte;
para outros, telas de bodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo o fuxir.
Cando penso que te fuches
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me
asombras.
Cando era tempo de inverno
Cando era tempo de inverno,
pensaba en donde estarías;
cando era tempo de sol,
pensaba en donde andarías.
¡Agora... tan soio penso,
meu ben, si me olvidarías!
Vaite noite
I
Vaite, noite,
vai fuxindo.
Vente, aurora,
vente abrindo,
co teu rostro
que, sorrindo,
a sombra espanta!
Canta paxariño, canta,
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes...!
Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
Lugar máis fermoso
Lugar máis fermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis fermoso
no mundo non achara
que aquel de Galicia,
Galicia encantada!
Galicia frorida,
cal ela ningunha,
de froles cuberta,
cuberta de espumas,
de espumas que o mare
con perlas gomita,
de froles que nacen
ó pé das fontiñas.
De vales tan fondos,
tan verdes, tan frescos,
que as penas se calman
non máis que con velos;
que os ánxeles neles
dormidos se quedan,
xa en forma de pombas,
xa en forma de niebras.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Paseniño, paseniño,
vou pola tarde calada,
de Bastabales camiño.
Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde,
nunha pedriña me sento.
E sentada estou mirando
como a lúa vai saíndo
como o sol se vai deitando.
Cal se deita, cal se esconde,
mentras tanto corre a lúa
sin saberse para donde.
Para donde vai tan soia
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale, nin nos oia.
Que si oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera
moitas cousas lle contara.
Vente rapaza
Vente, rapaza,
vente, miniña
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche si non
polo demo do dente.
¡Que auga tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar
que é un primor, criatura.
¡Ai!, ¡que miniña!
¡Que nena preciosa!
despois de lavada
parese unha rosa.
Canta, paxariño canta
de ponliña en ponla
que o sol se levanta
polo monte verde
polo verde monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!...
Canta, paxariño alegre, canta!
Canta porque o millo medre, canta!
Canta porque a luz te escoite, canta!
Canta que fuxeu a noite.
Canta , paxariño canta
I este miniño
I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo
Ai!, que tan cuco!
Ai!, que santiño!
Vén ós meus brazos
dareiche un biquiño.
Olliños de groria!
Cariña de meiga!
Apértame ben,
corazón de manteiga!
https://www.pinterest.es/osegrel/rosal%C3%ADa/
https://prezi.com/rk5jedfxjgjs/rosalia-de-castro-para-infantil/
https://www.actiludis.com/2015/02/24/rosalia-de-castro/

More Related Content

What's hot (19)

EL PRETÉRITO
EL PRETÉRITOEL PRETÉRITO
EL PRETÉRITO
 
El uso del subjuntivo
El uso del subjuntivo El uso del subjuntivo
El uso del subjuntivo
 
MI CASA Unidad 3
MI CASA   Unidad 3MI CASA   Unidad 3
MI CASA Unidad 3
 
Reporting verbs
Reporting verbsReporting verbs
Reporting verbs
 
SPANISH LESSON (A1): RUTINA DIARIA
SPANISH LESSON (A1): RUTINA DIARIASPANISH LESSON (A1): RUTINA DIARIA
SPANISH LESSON (A1): RUTINA DIARIA
 
Las Partes del cuerpo (Body Parts)
Las Partes del cuerpo (Body Parts)Las Partes del cuerpo (Body Parts)
Las Partes del cuerpo (Body Parts)
 
Pretérito indefinido de indicativo
Pretérito indefinido de indicativoPretérito indefinido de indicativo
Pretérito indefinido de indicativo
 
116_Prepositions-of-Direction_Can.pdf
116_Prepositions-of-Direction_Can.pdf116_Prepositions-of-Direction_Can.pdf
116_Prepositions-of-Direction_Can.pdf
 
Lugares en la escuela G5
Lugares en la escuela G5Lugares en la escuela G5
Lugares en la escuela G5
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Adjectives personality traits
Adjectives personality traitsAdjectives personality traits
Adjectives personality traits
 
Este, ese y aquel
Este, ese y aquelEste, ese y aquel
Este, ese y aquel
 
1 primaria-3 ingles
1 primaria-3 ingles1 primaria-3 ingles
1 primaria-3 ingles
 
Ser vs-estar
Ser vs-estarSer vs-estar
Ser vs-estar
 
Irregular preterite verbs
Irregular preterite verbsIrregular preterite verbs
Irregular preterite verbs
 
Quiz di cultura italiana
Quiz di cultura italianaQuiz di cultura italiana
Quiz di cultura italiana
 
Tener and its Expressions
Tener and its ExpressionsTener and its Expressions
Tener and its Expressions
 
Que hora es?
Que hora es?Que hora es?
Que hora es?
 
Gramática - haber y tener
Gramática - haber y tener Gramática - haber y tener
Gramática - haber y tener
 

Similar to Rosalia de castro

Rosalía de Castro
Rosalía de Castro   Rosalía de Castro
Rosalía de Castro neapantin
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de CastroDeni-sa
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointDeni-sa
 

Similar to Rosalia de castro (20)

Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro   Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 

More from crocaio

Titanis ave del terror
Titanis ave del terrorTitanis ave del terror
Titanis ave del terrorcrocaio
 
Smilodon
SmilodonSmilodon
Smilodoncrocaio
 
Aguila de hast
Aguila de hastAguila de hast
Aguila de hastcrocaio
 
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigoSuxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigocrocaio
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigocrocaio
 
Biblio Crocaio
Biblio CrocaioBiblio Crocaio
Biblio Crocaiocrocaio
 
Anxo Moure
Anxo MoureAnxo Moure
Anxo Mourecrocaio
 
Hormiga Miga Ángel 6º
Hormiga Miga Ángel 6ºHormiga Miga Ángel 6º
Hormiga Miga Ángel 6ºcrocaio
 
Pelayo hormiga miga
Pelayo hormiga migaPelayo hormiga miga
Pelayo hormiga migacrocaio
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga sandra
La vuelta al mundo de la hormiga miga sandraLa vuelta al mundo de la hormiga miga sandra
La vuelta al mundo de la hormiga miga sandracrocaio
 
La vuelta al de la hormiga miga uxia
La vuelta al de la hormiga miga uxiaLa vuelta al de la hormiga miga uxia
La vuelta al de la hormiga miga uxiacrocaio
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga
La vuelta al mundo de la hormiga migaLa vuelta al mundo de la hormiga miga
La vuelta al mundo de la hormiga migacrocaio
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga ángel
La vuelta al mundo de la     hormiga miga ángelLa vuelta al mundo de la     hormiga miga ángel
La vuelta al mundo de la hormiga miga ángelcrocaio
 
La vuelta al de la hormiga miga Uxia
La vuelta al de la hormiga miga UxiaLa vuelta al de la hormiga miga Uxia
La vuelta al de la hormiga miga Uxiacrocaio
 
Hormiga Miga María Utpala
Hormiga Miga María UtpalaHormiga Miga María Utpala
Hormiga Miga María Utpalacrocaio
 
Paz en... ceip eduardo pondal vigo
Paz   en... ceip eduardo pondal vigoPaz   en... ceip eduardo pondal vigo
Paz en... ceip eduardo pondal vigocrocaio
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga
La vuelta al mundo de la     hormiga migaLa vuelta al mundo de la     hormiga miga
La vuelta al mundo de la hormiga migacrocaio
 
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigocrocaio
 
Nadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigocrocaio
 

More from crocaio (20)

Titanis ave del terror
Titanis ave del terrorTitanis ave del terror
Titanis ave del terror
 
Smilodon
SmilodonSmilodon
Smilodon
 
Lanudo
LanudoLanudo
Lanudo
 
Aguila de hast
Aguila de hastAguila de hast
Aguila de hast
 
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigoSuxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
 
Biblio Crocaio
Biblio CrocaioBiblio Crocaio
Biblio Crocaio
 
Anxo Moure
Anxo MoureAnxo Moure
Anxo Moure
 
Hormiga Miga Ángel 6º
Hormiga Miga Ángel 6ºHormiga Miga Ángel 6º
Hormiga Miga Ángel 6º
 
Pelayo hormiga miga
Pelayo hormiga migaPelayo hormiga miga
Pelayo hormiga miga
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga sandra
La vuelta al mundo de la hormiga miga sandraLa vuelta al mundo de la hormiga miga sandra
La vuelta al mundo de la hormiga miga sandra
 
La vuelta al de la hormiga miga uxia
La vuelta al de la hormiga miga uxiaLa vuelta al de la hormiga miga uxia
La vuelta al de la hormiga miga uxia
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga
La vuelta al mundo de la hormiga migaLa vuelta al mundo de la hormiga miga
La vuelta al mundo de la hormiga miga
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga ángel
La vuelta al mundo de la     hormiga miga ángelLa vuelta al mundo de la     hormiga miga ángel
La vuelta al mundo de la hormiga miga ángel
 
La vuelta al de la hormiga miga Uxia
La vuelta al de la hormiga miga UxiaLa vuelta al de la hormiga miga Uxia
La vuelta al de la hormiga miga Uxia
 
Hormiga Miga María Utpala
Hormiga Miga María UtpalaHormiga Miga María Utpala
Hormiga Miga María Utpala
 
Paz en... ceip eduardo pondal vigo
Paz   en... ceip eduardo pondal vigoPaz   en... ceip eduardo pondal vigo
Paz en... ceip eduardo pondal vigo
 
La vuelta al mundo de la hormiga miga
La vuelta al mundo de la     hormiga migaLa vuelta al mundo de la     hormiga miga
La vuelta al mundo de la hormiga miga
 
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
 
Nadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017recomendación lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
 

Rosalia de castro

  • 1. ROSALIADE CASTRO ESCOLMA DE POEMAS BIBLIO CROCAIO CEIP Eduardo Pondal Vigo 2018
  • 2. Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. En 1856 casa con Manuel Murguía. En 1883 publica Cantares gallegos e 1880 Follas Novas, dous libros de poesía escritos en galego. En 1885 falece na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo.
  • 3. O moucho Eu ben vin estar o moucho enriba daquel penedo. Non che teño medo, moucho; moucho, non che teño medo! Aquel moucho alí ficando, cal si fose o mesmo demo, fito a fito me miraba cos seus ollos rapiñeiros. Non che teño medo, moucho; moucho, non che teño medo!
  • 5. Eu cantar, cantar, cantéi Eu cantar, cantar, cantéi, a grasia non era moita, que nunca delo me pesa fun eu meniña grasiosa. Cantéi como mal sabía dándolle reviravoltas, cal fan aqués que non saben direitamente unha cousa. Pero despois paseniño, i un pouco máis alto agora, fun botando as miñas cántigas como quen non quer a cousa. Canta que te canta, mentras os corasóns tristes choran.
  • 6.
  • 7. Como chove miudiño, como miudiño chove; como chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. Cómo a triste branca nube turba o sol que inquieto aluma; cal a cobre i o descobre, pasa, torna, volve e sube, enrisada branca pruma! Xa, despois, lonxe espallada polos aires fuxitivos, desteñida, sombrisada, nos espazos desatada, cae brillando en raios vivos. Como chove miudiño
  • 8. Pasa río, pasa río Pasa, río, pasa, río, co teu maino rebulir; pasa, pasa antre as froliñas color de ouro e de marfil, a quen cos teus doces labios tan doces cousas lle dis. Pasa, pasa, mais non vexan que te vas ao mar sin fin, porque entonces, ¡ai, probiñas, canto choraran por ti!... Si o mar tivera barandas, fórate ver ao Brasil; mais o mar non ten barandas, amor meu, por onde hei de ir?
  • 9. Airiños, airiños aires Airiños, airiños aires, airiños da miña terra; airiños, airiños aires, airiños, leváime a ela.
  • 10. O meu olido máis puro O meu olido máis puro dérache si eu fora rosa, o meu mamurio máis brando si é que do mar fora onda, o bico máis amoroso se fose raio da aurora, si Dios... Mais ben sei que ti non queres de min nin a groria.
  • 11.
  • 12. Maio longo…, maio longo Maio longo..., maio longo, todo cuberto de rosas; para algúns, telas de morte; para outros, telas de bodas. Maio longo, maio longo, fuches curto para min: veu contigo a miña dicha, volveu contigo o fuxir.
  • 13. Cando penso que te fuches Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.
  • 14. Cando era tempo de inverno Cando era tempo de inverno, pensaba en donde estarías; cando era tempo de sol, pensaba en donde andarías. ¡Agora... tan soio penso, meu ben, si me olvidarías!
  • 15. Vaite noite I Vaite, noite, vai fuxindo. Vente, aurora, vente abrindo, co teu rostro que, sorrindo, a sombra espanta! Canta paxariño, canta, de ponliña en ponla, que o sol se levanta polo monte verde, polo verde monte, alegrando as herbas, alegrando as fontes...!
  • 16. Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios!
  • 17. Lugar máis fermoso Lugar máis fermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis fermoso no mundo non achara que aquel de Galicia, Galicia encantada! Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas, de espumas que o mare con perlas gomita, de froles que nacen ó pé das fontiñas. De vales tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman non máis que con velos; que os ánxeles neles dormidos se quedan, xa en forma de pombas, xa en forma de niebras.
  • 18. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Paseniño, paseniño, vou pola tarde calada, de Bastabales camiño. Camiño do meu contento; i en tanto o sol non se esconde, nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando como a lúa vai saíndo como o sol se vai deitando. Cal se deita, cal se esconde, mentras tanto corre a lúa sin saberse para donde. Para donde vai tan soia sin que aos tristes que a miramos nin nos fale, nin nos oia. Que si oíra e nos falara, moitas cousas lle dixera moitas cousas lle contara.
  • 19. Vente rapaza Vente, rapaza, vente, miniña vente a lavar no pilón da fontiña. Vente, Minguiño, Minguiño, vente; douche si non polo demo do dente. ¡Que auga tan limpa! ¡Que rica frescura! Vente a lavar que é un primor, criatura. ¡Ai!, ¡que miniña! ¡Que nena preciosa! despois de lavada parese unha rosa.
  • 20. Canta, paxariño canta de ponliña en ponla que o sol se levanta polo monte verde polo verde monte alegrando as herbas alegrando as fontes!... Canta, paxariño alegre, canta! Canta porque o millo medre, canta! Canta porque a luz te escoite, canta! Canta que fuxeu a noite. Canta , paxariño canta
  • 21. I este miniño I este miniño que teño no colo, dempois de lavado parece un repolo Ai!, que tan cuco! Ai!, que santiño! Vén ós meus brazos dareiche un biquiño. Olliños de groria! Cariña de meiga! Apértame ben, corazón de manteiga!
  • 22.
  • 23.