Cantigas populares galegas e regueifas.guest05fce8
Xa temos rematada a nosa recompilación de cantigas de amor, escarnio e maldicer. Moitas grazas a todos os que participastedes facéndonos chegar as vosas recolleitas. Podedes velas na seguinte presentación e tamén proximamente na exposición que se vai celebrar no colexio.
Cantigas populares galegas e regueifas.guest05fce8
Xa temos rematada a nosa recompilación de cantigas de amor, escarnio e maldicer. Moitas grazas a todos os que participastedes facéndonos chegar as vosas recolleitas. Podedes velas na seguinte presentación e tamén proximamente na exposición que se vai celebrar no colexio.
La volpe e la lumaca_"Le parole dell'inclusione"CristinaGalizia
Favola sull'UNICITA' di ciascuno. Progetto "Le parole dell'inclusione". Ist. Compr. "San Vito", San Vito Romano (Rm). Scritta, illustrata da Valentina Coni, IA, a.s. 2014-15.
Attività su https://arringo.wordpress.com/2015/01/18/ia-le-parole-dellinclusione-unicita/
La volpe e la lumaca_"Le parole dell'inclusione"CristinaGalizia
Favola sull'UNICITA' di ciascuno. Progetto "Le parole dell'inclusione". Ist. Compr. "San Vito", San Vito Romano (Rm). Scritta, illustrata da Valentina Coni, IA, a.s. 2014-15.
Attività su https://arringo.wordpress.com/2015/01/18/ia-le-parole-dellinclusione-unicita/
Continuación da ponencia do profesor Anton Cortizas dentro do curso Falar, cantar e contar na escola infantil celebrado en Vimianzo entre Outubro e Decembro do ano 2013. Materiais recollidos da tradicion oral para traballar a lingua, a expresión corporal cos máis pequenos
1. O loureiro raís de ouro
bota folliñas de prata... O caravel cando nace
Coller amores non custa chámalle caraveliño
olvidalos si que mata. tamén os fillos dos cregos
chámanlle o pai señor tío.
Si queres que o carro cante
móllale o eixo no río,
despois do eixo mollado Pica, canteiriño, pica,
canta como un asubío. pica, na pedra miúda,
pica na muller allea,
que outro picará na túa.
Quen fala de mín, quen fala,
quen fala de mín quen é.
Será algún zapato vello Alá arriba non sei donde
que non me sirve no pé. había non sei que santo,
que rezando non sei qué
gañábase non sei canto.
Se vas a San Benitiño
non vaias ó de Paredes,
que hai outro mais milagreiro; A vida que leva o probe
San Benitiño de Lérez. é como a vida do grilo:
polo día muita fame,
Unha vella díxolle á outra pola noite muito frío.
por un burato da porta,
ti goberna a túa vida
ca miña nada che importa.
A miña muller morreu,
enterreina no palleiro.
Deixeille as manciñas fora,
para toca-lo pandeiro..
Cando eu morra, enterrádeme,
2. Pasei pola túa porta con ela no palleiro,
mirei pola pechadura e poñerme as mans adentro,
unha fala non ma deches pa tocarlle no pandeiro.
corazón de pedra dura.
O río cando vai cheo
A raiz do toxo verde leva carballos e follas;
é moi mala de arrincar, tamén podía levar
os amoriños primeros as linguas marmuradoras.
son moi malos de olvidar.
Púxenlle un pleito a un veciño
Moito miras para min polo rego dun outeiro.
moito me chisca-lo ollo, Gastar gastei canto tiña,
teño moito que facer pero amolar amoleino.
non podo atender a todo.
Os curas e os taberneiros
...
teñen moito parecido.
Moito miras para min
Os curas bautizan nenos
moito me chisca-lo ollo,
e os taberneiros o viño.
son criada de servir
non podo atender a todo.
Baila, nena, baila, nena
e non pares de bailar
Miña nai como é tan pobre
que as estrelas tamén bailan
cando non ten que me dar,
sin perder seu alumar.
éncheme a cara de bicos
e despois ponse a chorar.
Periñas me dan ó almorzo
ó xantar peras me dan
Non te fies, rapariga
á merenda danme peras
do canteiro que ben canta:
á cea peras sin pan.
é a fariña da pedra
que se lle pon na garganta.
3. Miña virxe da Lanzada
bota castañas abaixo,
O voso galo comadre aunque non teña mantelo
teñelo mal enseñado collereinas no refaixo.
vai cantar todas as noites
enriba do meu tellado. Salto por riba
do lume de San Xoán,
Eu queríame casare pra que non me morda
miña nai non teño roupa nin cobra nin can.
casa miña filla casa
que unha perna tapa outra Madrugada de San Xoán,
madrugada a mais garrida,
que baila o sol cando nace
e ri cando morre o día.
Tua nai e mais a miña
quedan no río berrando Por ser noite de San Xoán,
por culpa dunha galiña noite de encantos e bruxas,
que ten amores co galo por ser noite de San Xoán,
téñoche medo, Maruxa.
E pra que non digas,
que tal e que cual, Hei brinca-lo lume novo
que vou o non vou, que hei facer para San Xoán
que tal que sei eu. e hei de ir pola flor da auga
Eu alá non fun, para de min meigas tornar.
ela acó non veu,
nin eu llo pedín
e nin ela mo deu
Por ese que anda no baile
por ese que entrou agora,
por ese que anda no baile
cantaría a noite toda.
4. Quedaches de vir ás oito Fun o serán á cortella
e viñeches ás nove e media metín o pé nunha poza
ti pensas que non é pecado e deille un bico a unha vella
engañar a unha morena. pensando que era unha moza.
Mira miña Maruxiña
Regaliño dos meus ollos mira como veño
prenda das miñas entrañas cunhas cuncas de Ribeiro
se non te casas conmigo que xa non me teño
¿por que non me desengañas? que xa non me teño, Maruxiña
que xa non me teño
Chamácheme moreniña mira miña Maruxiña
a vista de tanta xente mira como veño
e agora que mo chamache A ti miña Maruxiña
son moreniña para sempre. eiche de enseñar todo
a peneirar, a amasare
Murumurai, murmuradores e a botar pane no forno.
murmurai sempre de min
nunca che fun murmurada Se a festa non vai ben
senón de xente ruín. señoriños do turreiro
se a festa non vai ben
Nena, se ti me queres ide chamar ó gaiteiro.
¡la mar te coma!
heiche de comprar Viva quen agora chega
unha lancha motora e quen agora chegou
¡la mar te coma! estaba para me ir en bora
para pasear. e agora xa non me vou.
Que cara tés A roliña anda berrando
e que nariz que lle roubaron o niño
que boca pos pa que o fixeche rola
¡la mar te coma! tan á beira do camiño.
cando te ris.
5. Mariquiña, se che pesa De Portugal me mandaron
o amor que me tiveche, tres peras nun ramalliño
dame os bicos que che dei quen me dera a min saber
e dareiche os que me deche. quen me ten tanto cariño.
Os gaiteiros de Soutelo O que non canta nin baila
mala centella chos mate que vai facer ó serán
non queren tocar a gaita deprender catro mentiras
sen que lle dean chocolate. para contalas de mañá.
Eu non vou, non vou Vámonos de aquí gaiteiro
eu non vou alá que este palco xa estralou
que se é de lei estas mociñas da lomba
ha de vir acá. apretadas do refaixo
o día de Santa Marta
Miña nai, miña naiciña tírannos do palco abaixo
que rica nai teño eu
que vendeu o seu refaixiño Arrimeime, arrimeime
para me compra-lo meu. funme arrimando
á criada do cura
Olvidácheme, olvideite, e cominlle o caldo.
volvámonos a querer
as herbas do campo secan Por dicir viva San Roque
e volven a enverdecer. prenderon a meu irmán
agora que o soltaron
Eu xa te vin persinare viva san Roque e o can.
meus ollos foron testigos,
e quxera darcue un bico, As rapazas de Valeixe
onde dis inimigos. son unhas boas rapazas
pero teñen o defecto
Eu subín a unha pereira que para levar un prato
e farteime de mazás collen dous e rompen catro.
ven o dono dos pementos
déixame as uvas, rapaz.
6. Agora non canto máis
O bailar homes con homes que se me acabou a gracia
e mulleres con mulleres esta pouquña que teño
é como a gaita sen foles lévoa para miña casa.
e o tamboril sen cordeles.
Estou rouco, estou rouco
Eu teño observado, estou rouco non o sinto
que as hai que se rín enronquecinme onte a noite
e outras moi pouqiñas, cun vaso de viño tinto.
que foxen de min
a maior parte delas, Pretendinte e non me quixeches
chaman polas nais heite volver pretender
pero chaman baixiño, non hai lebre que se escape
e arrímanse máis. se o galgo sabe correr.
(COPLA DE CEGOS)
Aquel día era eu
No conventiño dos picos do teu prato a mellor sopa
hai un frade galiñeiro, e agora son un veneno
inda ben, non das a cinco dos labios da túa boca.
churras, churras,
para ó poleiro. Pasei pola túa porta
mirei pola pechadura
Quixeches levarme ó monte unha fala non ma deches
quixeches levarme soa corazón de pedra dura.
non sabes que a miña nai
non me deu leite de boba. Os solteiros valen ouro
os casados valen prata,
os viuvos calderilla
e os vellos folladelata.
7. Non quero, non quero, Esta noite hei de ir verte
non quero bailá maruxa non teñas medo,
non quero que me poñas déixame a porta trincada
a man na saia cunha palla de centeo.
a man na saia
a man na saia De Marín a Portonovo
que son casada fun nunha lancha motora
que se fora solteira fun solteira lere, vin casada lere
tanto me daba. más valera que non fóra.
Pasei pola túa porta, As de alá dariba cando van co gando
pedín auga, e non ma deches, espichan a vara e bailan o tango
válgame Deus queridiña e bailan o tango e maila muiñeira
¡que soberbia te fixeches! as de alá darriba non hai quen as queira.
Non te cases cun ferreiro Maruxa se vas á feira
que é moi malo de lavar cómprame un porco rabelo
cásate cun mariñeiro que se mo compras con rabo
que ven lavado do mar. non me cabe no cortello.
Non te cases cun ferreiro
que che bota moitas chispas
cásate cun carpinteiro
que che fai cousas bonitas.
8. Acomparo o teu querer
coa auga da tronada, Chamáchesme moreniña
chove moito en pouco tempo blanquiña vaite lavar,
e non se aproveita nada. coidas que non teño amores
aínda chos podo emprestar
A folla do alcipreste
ela de verde non roxe
traballiño pode ser Chamáchesme pera podre,
correr atrás de quen foxe eu a tí mazán podrida
a pera podre se come
a mazán coela se tira.
A folla do castiñeiro
cando vai aire blandea;
o teu corazón meniña,
dentro do meu se pasea Chamáchesme trigo limpo,
inda che teño algún xoio;
para contestar contigo
faime falta ter de todo
Agora comezo eu,
viva o meu atrevimento,
onde non son conocida Choran os bois polas vacas
tomarei conocimento i as vacas polos becerros;
así fan as castellanas
cando se van os galegos.
9. Agora que lle puxeches Debaixo das túas faldras
a barriguiña redonda, tes un racimiño de uvas
ou has de casar con ela con perimso de teu pai
ou lle has de volver a honra. vou mirar se están maduras
Debaixo dun freixo verde,
Agora xa non se estila debaixo dun verde freixo,
pedir as fillas ós pais, ti choras porque te olvido
entras a porta pra dentro eu río porque te deixo.
-¿meu sogro, como vos vai?
Deus che dea tanta sorte
como o meu cabalo negro;
¡Ai! quen poidera mirarte sete anos tivo a sarne
trinta días cada mes, e morreo do xarampelo.
un día cada semana,
cada minuto unha ves.
Esta noite e maila outra
e maila outra pasada,
abalei unha pereira
A lúa e máis o sol que nunca foi abalada.
tiveron unha porfía
a lúa en que era noite
o sol en que era día.
Esta noite hei de ir alá;
meniña non teñas medo;
A moza que é caladiña coa punta da navalla
e non di mal de ninguén, hei de abrir o tarabelo.
canto máis baixiño mira
cantos máis amores ten
10. Esta noite no muíño
ha de haber o que ha de haber,
Anda ti, pernas de cabra as tellas do seu tellado
pantorrillas de carneiro: han de ir ó río a beber
para contestar conmigo
busca fianza primeiro.
Esta noite hei de ir ás mozas
esta noite hei de ir a elas;
quen ten fillas que as garde
Andivécheste gabando que eu non vou gardar delas.
que te querían os mozos
que te han querer a ti
sacho de cavar nos tocos
Esta noite fun ó muíño
cun fato de mozas novas,
elas todas en camisa
eu no medio coas cirolas.
Andivécheste gabando
que eras boa comenencia,
saco de tundir nos foles
furadiño e sin conciencia Esta noite fun ó muíño
sin ter millo que moer:
enredeime coas rapazas
sin ter moito que facer
Anque cantes e recantes
e volvas a recantar;
anque cantes e recantes Esta noite hei de ir alá
eu por riba hei de quedar déixame o postigo aberto;
se cho encontro cerrado
o teu amor non é certo.
11. A raia do sol, meniña,
á túa cama vai dar; Esta noite hei de ir alá
non é moito que eu te busque rapaciña, teno certo,
cando o sol te vai buscar. o canceliño da horta
déixamo quedar aberto.
Arrimeime a un pino verde
por ver si me consolaba, Anda neno anda
e o pino como era verde non sexas así
en vez de cantar choraba. que te alabe o mundo
non te alabes tí
A silva de verde pica
e de seca vai quebrando, Este pandeiro que toco
o que de amores se fía é de pelico de can;
sempre vive suspirando onte ladraba na eira
hoxe toca no serán
Calate, vaite calando,
cara de cañoto seco, Este pandeiro que toco
cálate, vaite calando é de pelico de ovella;
que eu contigo non me meto. onte comía no monte
hoxe toca que rabea.
Calate, vaite calando
cara de corno e candil, Este pandeiro que toco
ollos de gata raxada heino de rachar ó medio;
barriga de tamboril. para darlle que facer
ós que están de parrafeo.
12. Carmela ten un tinteiro Este pandeiro que toco
cheo de tinta marela, ten o aro de madeira;
déixame mollar a pluma aqui falta o meu amor
no teu tinteiro, Carmela e mais o da compañeira.
Carmiña, Carmiña, Carmen Este pandeiro que toco
heite facer rabear; é de coiro de cacique,
nin me hei de casar contigo toca, meu pandeiro, toca,
nin te hei de deixar casar. toca, pra que te desquite.
Casarei contigo vello Este pandeiro que toco
mais tes que firmar recibo; é de coiro de xuez,
que has de morrer axiña toca pandeiriño, toca,
se non entérrote vivo toca que ben duro es.
Casarei contigo vello Este pandeiro que toco,
pero ha de ser con condición: non é meu que é de María,
ti has de poñer mantelo que llo peín onte á noite
eu hei poñer pantalón. para ir á romería.
Este pandeiro que toco
¡zúmballe, Marica!
é de pelico de ovella,
como repenica.
13. Casarei contigo vello
pero ha de ser con trato:
eu hei de comer a carne Estou acatarradiña
ti has de lamber o plato hei de tomar chicolate,
ha de ser aserenado
nos labios do meu amante.
Cinco sentidos che temos
e os cinco necesitamos
todos os cinco perdemos Eu pasei pola Xesteira,
en canto nos namoramos. pola Xesteira, cantando,
as miniñas da Xesteira
no río quedan lavando.
Fixen a cama no río
a cabeceira nun toxo;
algún día ben che quixen Eu quixera o teu querer
agora xa me dás noxo. pouquiño a pouco, morena,
cando chove miudiño
queda máis auga na terra
Fixen a cama no río
a cabeceira nun toxo;
esta miña morenura, Fía, miña nena, fía,
non é para ti garboso. fía, de noite e de día,
fía e non fíes cartos
e non fíes dos homes
que son moi lagartos.
Fun á feira de Forzáns
merquei unha vaca mona,
á que casa con un cego
nunca lle falta zanfona
14. Fixeche unha saia nova
pensando que te casabas,
Foches falar mal de min
inda has de facer outra
a quen tanto me quería,
e has de quedar como estabas.
a ti todo che escoitaba,
a min todo me dicía.
Fixen a cama no monte,
a cabeceira na pedra,
Foches falar mal de min
ríome de ti, meniña,
a xunto dos meus amores,
agora vaite a la mierda.
fai de conta que botache
auga por riba de flores.
Fócheste gabar, gabacho,
que me perderas a lei,
eu a ti non cha perdín
porque nunca cha tomei.