SlideShare a Scribd company logo
1 of 73
ÁRBORES
e outras especies perennes
DA PASTORA
Como teño pouco tempo “O inverno xa está á porta”
non vos vou ir máis alá que ao monte da Pastora.
E na Pastora,
veremos as árbores
e outras plantiñas
igual de interesantes.
Chopo branco,
lamagueiro, álamo
(Populus alba).
Orixinario de
Centroeuropa e Asia
Menor. Plántase
como ornamental.
Na metade sur de
Galicia aparecen
algúns exemplares
naturalizados. Hai un
grupo de 6 na
entrada, á dereita do
camiño principal,
outro só na área de
xogos e outros dous
no campo da capela.
Amentos masculinos
Plátano de sombra
(Platanus
hispanica). Híbrido
orixinado polo cruce
de P. occidentalis e
P. orientalis.
Plántase como
ornamental. Hai
exemplares
podados, formando
unha carreira aos
lados do camiño de
subida, un sen podar
ao remate do camiño
á esquerda e outro
na zona de xogos.
Follas e froitos
Piñeiro manso (Pinus
pinea) Orixinario do
Mediterráneo. Atópase
naturalizado, pés illados
ou en pequenos grupos,
na metade oeste de
Galicia. As sementes, os
piñóns, cómense. Hai 3
grandes e un pequeño á
esquerda do camiño
principal, por enriba da
zona de xogos, 4 máis,
en dous grupos, na croa
e outro ao remate dunha
terraza.
piñóns
Piñeiro bravo,
piñeiro do país
(Pinus pinaster).
Orixinario do oeste
do Mediterráneo.
Atópase plantado e
naturalizado por toda
Galicia. Hainos por
todo o monte,
principalmente na
metade sur.
Conos
femininos
Conos
masculinos
piñas
Piñeiro de
Monterrei,
piñeiro de
repoboación
(Pinus radiata).
Orixinario de
California.
plantouse para
repoboar por
todas as zonas de
invernos suaves.
Na Pastora hai un
pequeno grupo e
dous exemplares
illados, o máis
grande está na
segunda terraza.
Follas, piñóns e piña
Cedro do Himalaia
(Cedrus deodara).
Orixinario do Tibet.
Ornamental. O único
exemplar atópase á
dereita do punto onde se
xuntan o camiño de
subida e o que ven do
aparcamento.
piña
Cedro do Atlas
(Cedrus
atlantica).
Orixinario do
norte de África.
Ornamental. Hai
dous entre o
camiño de
subida e a área
de xogos.
Conos femininos
piñas
Conos masculinos
Abeto vermello, picea
(Picea abies). Orixinaria
do norte e leste de
Europa. Plántase como
forestal e ornamental. Os
exemplares da Pastora
son árbores de Nadal
replantados, atópanse
varios á esquerda do
camiño de subida e
outros no espazo que hai
entre a capela e o cume.
Cono feminino
piñas
Sabina (Juniperus
phoenicea). Orixinaria do
Mediterráneo. Plántase
como ornamental. Hai
catro á dereita do camiño
de subida. Os xenebreiros
son coníferas que
producen gálbulos
carnosos que se utilizan
para aromatizar bebidas
alcohólicas (xinebras). Nas
montañas máis altas de
Galicia medran pés
rastreiros de xenebreiro
común.
Inflorescencia
masculina
Gálbulos
maduros
Tuia (Thuja
occidentalis).
Orixinaria dos EE.
UU. E de Canadá.
Plántase como
ornamental e para
facer sebes. Hai
uns exemplares
tapando o noiro
entre o
aparcamento e o
camiño de subida e
unha carreira aos
lados do camiño ao
mirador
Tuia xigante (Thuja
plicata). Orixinaria do
oeste dos Estados
Unidos. Pode acadar
gran altura. Plántase
como ornamental. Hai
unha pequena, con follas
variegadas, a da dereita,
no grupo das que cobren
o noiro ao pé do
aparcamento e outra,
tamén á dereita, na
carreira do camiño que
sobe ao miradoiro.
Falsa acacia,
acacia americana
(Robinia
pseudoacacia).
Orixinaria de
Norteamérica.
Atópase naturalizada
sobre todo polo
litoral. Hai un bo
grupo arredor da
capela e outros
exemplares illados.
flores
froitos
Eucalipto (Eucaliptus
globulus). Orixinario
de Australia. Plantado
e naturalizado por
todas as partes baixas
próximas á costa.
Varios exemplares de
bo porte atópanse
nunha parcela lindante
coa zona pública, dous
no mallón que da ao
desmonte e un, moi
desmedrado, enriba
do noiro ao pé do
aparcamento.
flores
froitos
Acivro (Ilex
aquifolium).
Forma pequenos
bosques nas
serras orientais e
atópanse
exemplares nos
bosques por toda
Galicia. Tamén se
planta como
ornamental. Na
pastora hai dous:
un atópase ao pé
do valo na zona de
xogos e outro entre
os edificios ea
segunda terraza.
Loureiro (Laurus
nobilis). Atópase
sobre todo en
lugares sombrizos,
con humidade, por
toda a zona litoral
e vales dos ríos.
Hai exemplares
plantados e
naturais en
distintas partes do
monte.
froitos
flores
Ulmeiro, negrillo
(Ulmus minor).
Plantado como
ornamental e
naturalizado, sobre
todo na provincia de
Ourense. Hai un
único exemplar na
zona de xogos.
flores
froitos
Sobreira, corticeira
(Quercus suber).
Atópase polo sur de
Galicia e o val do Sil,
polas rías baixas e
polos vales dos ríos
que as forman. Na
Pastora hai un
exemplar moi antigo
no cume, tres máis ás
beiras do camiño que
sube ao miradoiro e
outros de recente
plantación na croa. A
tona da sobreira é a
cortiza.
flores
Follas e
froito
Carballo (Quercus
robur). É a árbore
máis típica de
Galicia. Hai
carballos por todo
o monte, pero o
grupo máis
representativo
atópase na aba do
leste.
flores
landras
Carballo
americano dos
pantanos
(Quercus
palustris).
Orixinario de
Norteamérica.
Plántase como
forestal e
ornamental. Hai
dous exemplares
á esquerda do
camiño ao
empezar a subida.
Carballo
americano
(Quercus
rubra).
Orixinario de
Norteamérica.
Plántase como
forestal e
ornamental. Hai
bastantes
exemplares
repartidos por
todo o espazo
os máis grandes
atópanse entre
a capela e as
terrazas.
Castiñeiro, castañeiro
(Castanea …).
Orixinario do sur de
Europa e do leste de
Asia, cultívase polas
castañas e pola
madeira. Na Pastora
hai un pequeno grupo
de híbridos, á dereita
do camiño de subida, e
algún exemplar de C.
sativa na parte de atrás
da capela.
Flor feminina
Bidueiro (Betula alba). Atópase
por toda Galicia, pero é máis
abundante na metade leste e
nas zonas de media altura, e
máis escaso na costa oeste. Na
Pastora hai un na esquina do
aparcamento, varios exemplares
á dereita do camiño de subida
aos lados do que sube ao
miradoiro e outros entre a
capela e o cume.
Flores: as
inflorescencias
masculinas son as que
colgan e as femininas
as que se manteñen
ergueitas
froitos
A cor
branca da
tona
distingue
aos
bidueiros.
Freixo de flor
(Fraxinus
ornus).
Orixinario do sur
de Europa e o
oeste de Asia.
Ornamental. Na
Pastora hai dous
exemplares na
zona entre a
capela e o cume,
un á dereita e
outro á esquerda
do camiño.
Inflorescencia
froitos
Freixo (Fraxinus
excelsior). Orixinario
de Europa e u oeste
de Asia. Vive en
ribeiras e sitios
frescos e húmidos.
En Galicia é máis
común na metade
norte. Hai tres na
zona de xogos.
Folla composta
flores
froitos
Érbedo
(Arbutus
unedo).
Atópase nas
zonas máis
secas de
Galicia. Os
froitos son
comestibles.
Hai varios
exemplares
repartidos
pola metade
sur.
flores
froitos
Estripo (Crataegus
monogyna). Atópase
por toda Galicia en
bosques e sebes. Hai
un ao pé do con da
cruz, no cume, e outro
no mallón dunha das
terrazas, ao leste.
Ameixeira brava
(Prunus
domestica)
Atópase en
sebes e
matogueiras. Hai
3 exemplares no
beiral, ao final da
primeira terraza.
Pereira brava (Pyrus
cordata). Atópase en sebes,
matogueiras e fragas. Hai
varios exemplares localizados
na mesma zona ao remate
das terrazas.
Cerdeira,
cereixeira
(Prunus avium).
Habita en
bosques e sebes
das serras
orientais. Hai un
exemplar á
esquerda da
capela, outro
entre a capela e o
cume, e un máis
na croa.
Ameixeira de folla
vermella (Prunus
cerasifera var.
pissardii). nativa de
Europa central e do
leste, e de Asia do
surleste e central.
Plántase como
ornamental pola cor
das follas e porque
florece moito e moi
cedo, pero tamén
produce froitos
comestibles. Na
Pastora hai dúas á
beira do camiño que
pasa por debaixo da
segunda terraza.
PIRACANTA (Pyracantha
coccinea). Orixinaria do
sudeste de Europa e do
sur de China. Plántase
como ornamental e para
formar sebes. É un
arbusto con pequenas
ponlas transformadas en
espiñas que se cubre de
flores na primavera e de
froitos alaranxados e
brillantes no outono que
serven de alimento aos
paxaros no inverno.
Buxo (Buxus
sempervirens).
Hai uns
exemplares moi
recortados na sebe
entre a segunda e
a terceira terraza.
Sabugueiro (Sambucus
nigra). Forma parte das
sebes de lugares frescos
e húmidos. Atopamos un
á esquerda da porta que
hai no valo ao pé do
edificio e outros dous por
debaixo do valado
metálico, un deles
atofegado pola ipomea.
Pradairo (Acer
pseudoplatanus).
Atópase en fragas
da metade leste
de Galicia e
plántase como
ornamental. Os da
Pastora son moi
pequenos e están
aos lados da
segunda terraza.
Tilleira (Tilia x
vulgaris). Orixinario
de Europa.
Ornamental. A
infusión de tila faise
coas flores. Hai varios
exemplares: dous na
croa, dous a beira do
camiño que pasa pola
terceira terraza,
outros na aba oeste,
un máis na segunda
terraza e outro no
recanto do leste.
flores
froitos
Liquidambar (Liquidambar
styraciflua). Orixinario de
Norteamérica. Plántase como
ornamental. Só hai un
exemplar no aparcamento.
Flores: as masculinas son
as ergueitas e as
femininas as que colgan.
froito
Acacia negra (Acacia
melanoxylon). Orixinaria
de Australia. Invasora
que se distribue pola
zona litoral. Atópanse
cinco exemplares
grandes e outros
pequenos á dereita do
camiño de subida e un
pequeno a beira do
camiño do sur.
Ligustro
(Ligustrum
vulgare). Orixinario
das áreas secas de
Europa. Hai un
exemplar na zona
de xogos, e outro,
medio afogado pola
ipomea, por debaixo
do valado metálico.
Hedra (Hedera helix).
Trepadora común que pode
medir ata 50 m. é unha
especie relicta da Era
Terciaria que pedra por todas
partes gabeando por árbores
e paredes gracias ás raíces
aéreas que lle xurden no talo.
Existen tamén variedades de
cultivo coas follas de
diferentes formas ou
variegadas. Florece no
outono. Os froitos son tóxicos
para as persoas.
Adelfa (Nerium
oleander). Orixinaria
do Mediterráneo.
Plántase como
ornamental. Toda a
planta é venenosa se
se come.
Viburnum tinus.
Orixinario do
Mediterráneo. Plántase
como ornamental porque
florece case todo o ano.
Os froitos son tóxicos.
Hai dous exemplares moi
estragados á dereita do
camiño principal detrás
dos castiñeiros.
Evónimo (Euonymus
japonicus). Orixinario
do Xapón, China e
Corea. Plántase como
ornamental en América
e Europa para formar
sebes porque soporta
ben as podas. Hai tres
exemplares no entorno
da zona de xogos.
Herba da pampa, plumeiro
(Cortaderia selloana). Orixinaria da
Pampa sudamericana. Plántase
como ornamental polas súas
panículas florais, pero é unha planta
que se extende moi facilmente
converténdose en invasora.
Atópanse á dereita do camiño de
subida.
Acanto, herba
xigante (Acanthus
mollis). Orixinaria da
costa mediterránea
plántase como
ornamental e cultívase
como mediciñal. Hai
un exemplar ao pé do
edificio,outros no
noiro á esquerda da
entrada e un grupo no
desmonte debaixo da
zona de xogos.
Hortensia (Hydrangea
hortensia). Orixinaria de
China e Xapón. Existen
numerosas variedades
que se plantan como
ornamentais en Europa
occidental. As
inflorescencias están
formadas por brácteas
coreadas que rodean
flores masculinas e
estériles, por enriba, e
flores femininas, sen
brácteas, por debaixo.
Hai varios plantas ao pé
do edificio.
Brácteas coreadas
dunha flor estéril
Flor feminina
xa fecundada
Xilbarbeira, azoutacristos
(Ruscus aculeatus). Ten
as ponlas aplanadas e con
forma de folla nelas saen as
flores e os froitos.
Hai uns exemplares ao pé
do edificio, outros no mallón
da segunda terraza e restos
de algún máis nos beirais.
Ipomea, campaíñas
(Ipomea purpurea).
Orixinaria de México
e Centroamérica.
Plántase como
ornamental e
compórtase como
invasora. Na Pastora
ocupa todo o espazo
do valado metálico e
exténdese polos
arredores.
Escalonia (Escalonia rubra).
Orixinaria de América do Sur.
Plántase como ornamental ou
en sebes porque bota moitas
flores e polo aspecto que lle
dan as ponlas curvadas. Hai
unha á dereita do camiño de
subida debaixo do cedro e
dúas máis debaixo dos
castiñeiros.
Abelia (Abelia x
grandiflora). Cultivar
híbrido de dúas
especies orixinarias da
China. Na Pastora hai
tres plantas: dúas,
debaixo dos castiñeiros,
á dereita do camiño da
entrada e outra á
esquerda do camiño do
miradoiro, preto do
cume.plántanse pola
súa abundante floración.
Agave, piteira (Agave
americana). Orixinaria de
México. Existen algúns
exemplares naturalizados na
costa galega. Plántase como
ornamental. Florece aos 10
ou máis anos e logo morre.
Na Pastora hai un só pé
plantado no mallón á
esquerda da entrada.
Pita, iuca (Yucca
gloriosa). Orixinaria da
costa oeste dos Estados
Unidos. Plántase como
ornamental. Hai dúas no
desmonte que hai por
debaixo da zona de
xogos.
(Crassula ovata).
Orixinaria de
Sudáfrica. Na Pastora
hai unha que plantou
alguén a quen lle
estorbaba na casa.
Non está nun sitio moi
apropiado pero medra
bastante ben e ata
florece algún ano.
Espadana fedorenta (Iris
foetidissima). Medra en
lugares secos e areosos.
Hai un bo grupo a carón
da parede do sur da
capela e unha mouta no
punto onde o camiño que
vai ás terrazas cruza o
valo
Agapanto, lirio africano
(Agapanthus africanus).
Orixinaria de Sudáfrica.
Plántase como ornamental
polos talos coroados de
flores azuis, aínda que xa hai
cultivares de flores amarelas
e brancas. Na Pastora hai
dous un a cada lado do
acceso principal.
A pesar do empeño civilizador-exterminador do concello, que cada
ano arrasa, polo menos dúas veces, canto nace ou vive fóra do
que os encargados de manexar as desbrozadoras consideran
digno, resisten, medran e ata florecen algunhas plantas propias do
lugar e non menos importantes.
XESTA, MAIO (Cytisus
scoparius). É unha das
plantas das flores do
maio. Atópanse pola
metade sur máis seca,
do monte.
Xesta, maio (Cytisus striatus).
É a outra planta dos maio
distínguese da anterior polas
follas e polos froitos que nesta
especie están cubertos de
pelos
Codeso
(Adenocarpus
lainzii). Medra,
mesturado cos
toxos, na metade
sur do monte.
Toxos (Ulex
europaeus) .Florece no
inverno e na primavera, a
subespecie
latebracteatus é
endémica de Galicia e o
norte de Portugal, e Ulex
gallii). Florece en maio e
xuño.
Chuchameles (Lonicera
periclymenum). Atópase
silvestre por toda Europa. Ten
unhas flores chamativas,
olorosas e productoras de
nectar que aproveitan os
insectos pero que tamén
chuchan os rapaces, de ahí o
nome. Os froitos, vermellos e
brillantes, son tóxicos. Os
máis grandes da Pastora
atópanse ao pé do con do
miradoiro da zona de xogos e
hai outra planta máis pequena
preto do con da cruz.
Trovisco (Daphne gnidium).
Atópase en beirais e matogueiras
da zona máis próxima ao mar e
nas áreas secas. As follas e os
froitos son venenosos. As plantas
da Pastora están no remate da
primeira terraza.
Carrasca, carpaza
(Cistus salvifolius).
Medra nos terreos
secos de preto do
cume e da aba
oeste.
Carpaza amarela
(Halimium lasianthum).
Medra pola aba oeste,
entre os toxos.
Carrascos, breixo
(Erica cinerea).
Medra por toda a
metade sur e oeste
do monte. É o breixo
máis común e
abundante en Galicia.
Silveira (Rubus
ulmifolius) Medra silvestre
por todas partes ocupando
valos, sebes e baldíos. Os
froitos, as amorias, son
comestibles apreciados
polos rapaces e os paxaros
tamén se apañan para
facer para facer doces,
xaropes e marmeladas.
Existen cultivares sen
espiñas. Hainas nos
mallóns e nos valos.
Herba das doas (Lithodora postrata).
Florece nos sitios secos. Na Pastora
atópase na parte alta e entre os toxos.
Daboecia cantabrica. Florece
nos sitios secos. Na Pastora
atópase por entre os toxos.
Espárragueira (Asparagus aphillus). Propia dos rochedos da beira do mar florece nos sitios
secos. Na Pastora atópase na parte de atrás e preto dos valos.
Moitas das fotos de detalle non foron
feitas na Pastora, e as beireadas de
vermello foron collidas da internet, porque
a necesidade de rematar o traballo non me
cadra co ciclo das especies.
E como o tempo enfría,
e logo vai chover,
voume a durmir…
Ata o ano que ven!!
Cousiñas feitas na casa
Mon Daporta

More Related Content

What's hot

Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vpilarfzx
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014iesasorey
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
O carballo, de Claudia Rodríguez
O carballo, de Claudia RodríguezO carballo, de Claudia Rodríguez
O carballo, de Claudia RodríguezTino Grandio
 
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)monadela
 
AS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLEAS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLEcepadacruz
 
Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)monadela
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOLela Daviña Gómez
 

What's hot (13)

Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
 
Magnolias
MagnoliasMagnolias
Magnolias
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
O carballo, de Claudia Rodríguez
O carballo, de Claudia RodríguezO carballo, de Claudia Rodríguez
O carballo, de Claudia Rodríguez
 
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
 
AS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLEAS ÁRBORES DO NOSO COLE
AS ÁRBORES DO NOSO COLE
 
Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)Faia (Fagus sylvatica)
Faia (Fagus sylvatica)
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
Rueiro
RueiroRueiro
Rueiro
 
Cítricos
CítricosCítricos
Cítricos
 

Similar to Árbores da Pastora

Exemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermasExemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermaselenaberta
 
Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)monadela
 
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...A Solaina
 
Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)monadela
 
Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)monadela
 
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)monadela
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbarmonadela
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraceipcoiron
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferasMonContos
 
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)monadela
 
Xenebreiro
XenebreiroXenebreiro
Xenebreiromonadela
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)monadela
 
Piñeiros do mundo
Piñeiros do mundoPiñeiros do mundo
Piñeiros do mundoMonContos
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)monadela
 
Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)
Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)
Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)monadela
 

Similar to Árbores da Pastora (20)

Exemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermasExemplos de ximnospermas
Exemplos de ximnospermas
 
Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)Ulmeiro (Ulmus glabra)
Ulmeiro (Ulmus glabra)
 
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
 
Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)Loureiro (Laurus nobilis)
Loureiro (Laurus nobilis)
 
Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)
 
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
Amieira, ameneiro (Alnus glutinosa)
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terraáRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
áRbores,arbustos e cultivos da nosa terra
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
A silveira
A silveiraA silveira
A silveira
 
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
Piñeiros (Pinus pinaster e outros)
 
Tilleira
TilleiraTilleira
Tilleira
 
Xenebreiro
XenebreiroXenebreiro
Xenebreiro
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)Cerdeira (Prunus avium)
Cerdeira (Prunus avium)
 
Piñeiros do mundo
Piñeiros do mundoPiñeiros do mundo
Piñeiros do mundo
 
PRÁCTICA 3
PRÁCTICA 3PRÁCTICA 3
PRÁCTICA 3
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)
 
Freixos
FreixosFreixos
Freixos
 
Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)
Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)
Érvedo, alvedro (Arbutus unedo)
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Árbores da Pastora

  • 1. ÁRBORES e outras especies perennes DA PASTORA
  • 2. Como teño pouco tempo “O inverno xa está á porta” non vos vou ir máis alá que ao monte da Pastora.
  • 3. E na Pastora, veremos as árbores e outras plantiñas igual de interesantes.
  • 4.
  • 5.
  • 6. Chopo branco, lamagueiro, álamo (Populus alba). Orixinario de Centroeuropa e Asia Menor. Plántase como ornamental. Na metade sur de Galicia aparecen algúns exemplares naturalizados. Hai un grupo de 6 na entrada, á dereita do camiño principal, outro só na área de xogos e outros dous no campo da capela. Amentos masculinos
  • 7. Plátano de sombra (Platanus hispanica). Híbrido orixinado polo cruce de P. occidentalis e P. orientalis. Plántase como ornamental. Hai exemplares podados, formando unha carreira aos lados do camiño de subida, un sen podar ao remate do camiño á esquerda e outro na zona de xogos. Follas e froitos
  • 8. Piñeiro manso (Pinus pinea) Orixinario do Mediterráneo. Atópase naturalizado, pés illados ou en pequenos grupos, na metade oeste de Galicia. As sementes, os piñóns, cómense. Hai 3 grandes e un pequeño á esquerda do camiño principal, por enriba da zona de xogos, 4 máis, en dous grupos, na croa e outro ao remate dunha terraza. piñóns
  • 9. Piñeiro bravo, piñeiro do país (Pinus pinaster). Orixinario do oeste do Mediterráneo. Atópase plantado e naturalizado por toda Galicia. Hainos por todo o monte, principalmente na metade sur. Conos femininos Conos masculinos piñas
  • 10. Piñeiro de Monterrei, piñeiro de repoboación (Pinus radiata). Orixinario de California. plantouse para repoboar por todas as zonas de invernos suaves. Na Pastora hai un pequeno grupo e dous exemplares illados, o máis grande está na segunda terraza. Follas, piñóns e piña
  • 11. Cedro do Himalaia (Cedrus deodara). Orixinario do Tibet. Ornamental. O único exemplar atópase á dereita do punto onde se xuntan o camiño de subida e o que ven do aparcamento. piña
  • 12. Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Orixinario do norte de África. Ornamental. Hai dous entre o camiño de subida e a área de xogos. Conos femininos piñas Conos masculinos
  • 13. Abeto vermello, picea (Picea abies). Orixinaria do norte e leste de Europa. Plántase como forestal e ornamental. Os exemplares da Pastora son árbores de Nadal replantados, atópanse varios á esquerda do camiño de subida e outros no espazo que hai entre a capela e o cume. Cono feminino piñas
  • 14. Sabina (Juniperus phoenicea). Orixinaria do Mediterráneo. Plántase como ornamental. Hai catro á dereita do camiño de subida. Os xenebreiros son coníferas que producen gálbulos carnosos que se utilizan para aromatizar bebidas alcohólicas (xinebras). Nas montañas máis altas de Galicia medran pés rastreiros de xenebreiro común. Inflorescencia masculina Gálbulos maduros
  • 15. Tuia (Thuja occidentalis). Orixinaria dos EE. UU. E de Canadá. Plántase como ornamental e para facer sebes. Hai uns exemplares tapando o noiro entre o aparcamento e o camiño de subida e unha carreira aos lados do camiño ao mirador
  • 16. Tuia xigante (Thuja plicata). Orixinaria do oeste dos Estados Unidos. Pode acadar gran altura. Plántase como ornamental. Hai unha pequena, con follas variegadas, a da dereita, no grupo das que cobren o noiro ao pé do aparcamento e outra, tamén á dereita, na carreira do camiño que sobe ao miradoiro.
  • 17. Falsa acacia, acacia americana (Robinia pseudoacacia). Orixinaria de Norteamérica. Atópase naturalizada sobre todo polo litoral. Hai un bo grupo arredor da capela e outros exemplares illados. flores froitos
  • 18. Eucalipto (Eucaliptus globulus). Orixinario de Australia. Plantado e naturalizado por todas as partes baixas próximas á costa. Varios exemplares de bo porte atópanse nunha parcela lindante coa zona pública, dous no mallón que da ao desmonte e un, moi desmedrado, enriba do noiro ao pé do aparcamento. flores froitos
  • 19. Acivro (Ilex aquifolium). Forma pequenos bosques nas serras orientais e atópanse exemplares nos bosques por toda Galicia. Tamén se planta como ornamental. Na pastora hai dous: un atópase ao pé do valo na zona de xogos e outro entre os edificios ea segunda terraza.
  • 20. Loureiro (Laurus nobilis). Atópase sobre todo en lugares sombrizos, con humidade, por toda a zona litoral e vales dos ríos. Hai exemplares plantados e naturais en distintas partes do monte. froitos flores
  • 21. Ulmeiro, negrillo (Ulmus minor). Plantado como ornamental e naturalizado, sobre todo na provincia de Ourense. Hai un único exemplar na zona de xogos. flores froitos
  • 22. Sobreira, corticeira (Quercus suber). Atópase polo sur de Galicia e o val do Sil, polas rías baixas e polos vales dos ríos que as forman. Na Pastora hai un exemplar moi antigo no cume, tres máis ás beiras do camiño que sube ao miradoiro e outros de recente plantación na croa. A tona da sobreira é a cortiza. flores Follas e froito
  • 23. Carballo (Quercus robur). É a árbore máis típica de Galicia. Hai carballos por todo o monte, pero o grupo máis representativo atópase na aba do leste. flores landras
  • 24. Carballo americano dos pantanos (Quercus palustris). Orixinario de Norteamérica. Plántase como forestal e ornamental. Hai dous exemplares á esquerda do camiño ao empezar a subida.
  • 25. Carballo americano (Quercus rubra). Orixinario de Norteamérica. Plántase como forestal e ornamental. Hai bastantes exemplares repartidos por todo o espazo os máis grandes atópanse entre a capela e as terrazas.
  • 26. Castiñeiro, castañeiro (Castanea …). Orixinario do sur de Europa e do leste de Asia, cultívase polas castañas e pola madeira. Na Pastora hai un pequeno grupo de híbridos, á dereita do camiño de subida, e algún exemplar de C. sativa na parte de atrás da capela. Flor feminina
  • 27. Bidueiro (Betula alba). Atópase por toda Galicia, pero é máis abundante na metade leste e nas zonas de media altura, e máis escaso na costa oeste. Na Pastora hai un na esquina do aparcamento, varios exemplares á dereita do camiño de subida aos lados do que sube ao miradoiro e outros entre a capela e o cume. Flores: as inflorescencias masculinas son as que colgan e as femininas as que se manteñen ergueitas froitos A cor branca da tona distingue aos bidueiros.
  • 28. Freixo de flor (Fraxinus ornus). Orixinario do sur de Europa e o oeste de Asia. Ornamental. Na Pastora hai dous exemplares na zona entre a capela e o cume, un á dereita e outro á esquerda do camiño. Inflorescencia froitos
  • 29. Freixo (Fraxinus excelsior). Orixinario de Europa e u oeste de Asia. Vive en ribeiras e sitios frescos e húmidos. En Galicia é máis común na metade norte. Hai tres na zona de xogos. Folla composta flores froitos
  • 30. Érbedo (Arbutus unedo). Atópase nas zonas máis secas de Galicia. Os froitos son comestibles. Hai varios exemplares repartidos pola metade sur. flores froitos
  • 31. Estripo (Crataegus monogyna). Atópase por toda Galicia en bosques e sebes. Hai un ao pé do con da cruz, no cume, e outro no mallón dunha das terrazas, ao leste.
  • 32. Ameixeira brava (Prunus domestica) Atópase en sebes e matogueiras. Hai 3 exemplares no beiral, ao final da primeira terraza.
  • 33. Pereira brava (Pyrus cordata). Atópase en sebes, matogueiras e fragas. Hai varios exemplares localizados na mesma zona ao remate das terrazas.
  • 34. Cerdeira, cereixeira (Prunus avium). Habita en bosques e sebes das serras orientais. Hai un exemplar á esquerda da capela, outro entre a capela e o cume, e un máis na croa.
  • 35. Ameixeira de folla vermella (Prunus cerasifera var. pissardii). nativa de Europa central e do leste, e de Asia do surleste e central. Plántase como ornamental pola cor das follas e porque florece moito e moi cedo, pero tamén produce froitos comestibles. Na Pastora hai dúas á beira do camiño que pasa por debaixo da segunda terraza.
  • 36. PIRACANTA (Pyracantha coccinea). Orixinaria do sudeste de Europa e do sur de China. Plántase como ornamental e para formar sebes. É un arbusto con pequenas ponlas transformadas en espiñas que se cubre de flores na primavera e de froitos alaranxados e brillantes no outono que serven de alimento aos paxaros no inverno.
  • 37. Buxo (Buxus sempervirens). Hai uns exemplares moi recortados na sebe entre a segunda e a terceira terraza.
  • 38. Sabugueiro (Sambucus nigra). Forma parte das sebes de lugares frescos e húmidos. Atopamos un á esquerda da porta que hai no valo ao pé do edificio e outros dous por debaixo do valado metálico, un deles atofegado pola ipomea.
  • 39. Pradairo (Acer pseudoplatanus). Atópase en fragas da metade leste de Galicia e plántase como ornamental. Os da Pastora son moi pequenos e están aos lados da segunda terraza.
  • 40. Tilleira (Tilia x vulgaris). Orixinario de Europa. Ornamental. A infusión de tila faise coas flores. Hai varios exemplares: dous na croa, dous a beira do camiño que pasa pola terceira terraza, outros na aba oeste, un máis na segunda terraza e outro no recanto do leste. flores froitos
  • 41. Liquidambar (Liquidambar styraciflua). Orixinario de Norteamérica. Plántase como ornamental. Só hai un exemplar no aparcamento. Flores: as masculinas son as ergueitas e as femininas as que colgan. froito
  • 42. Acacia negra (Acacia melanoxylon). Orixinaria de Australia. Invasora que se distribue pola zona litoral. Atópanse cinco exemplares grandes e outros pequenos á dereita do camiño de subida e un pequeno a beira do camiño do sur.
  • 43. Ligustro (Ligustrum vulgare). Orixinario das áreas secas de Europa. Hai un exemplar na zona de xogos, e outro, medio afogado pola ipomea, por debaixo do valado metálico.
  • 44. Hedra (Hedera helix). Trepadora común que pode medir ata 50 m. é unha especie relicta da Era Terciaria que pedra por todas partes gabeando por árbores e paredes gracias ás raíces aéreas que lle xurden no talo. Existen tamén variedades de cultivo coas follas de diferentes formas ou variegadas. Florece no outono. Os froitos son tóxicos para as persoas.
  • 45. Adelfa (Nerium oleander). Orixinaria do Mediterráneo. Plántase como ornamental. Toda a planta é venenosa se se come.
  • 46. Viburnum tinus. Orixinario do Mediterráneo. Plántase como ornamental porque florece case todo o ano. Os froitos son tóxicos. Hai dous exemplares moi estragados á dereita do camiño principal detrás dos castiñeiros.
  • 47. Evónimo (Euonymus japonicus). Orixinario do Xapón, China e Corea. Plántase como ornamental en América e Europa para formar sebes porque soporta ben as podas. Hai tres exemplares no entorno da zona de xogos.
  • 48. Herba da pampa, plumeiro (Cortaderia selloana). Orixinaria da Pampa sudamericana. Plántase como ornamental polas súas panículas florais, pero é unha planta que se extende moi facilmente converténdose en invasora. Atópanse á dereita do camiño de subida.
  • 49. Acanto, herba xigante (Acanthus mollis). Orixinaria da costa mediterránea plántase como ornamental e cultívase como mediciñal. Hai un exemplar ao pé do edificio,outros no noiro á esquerda da entrada e un grupo no desmonte debaixo da zona de xogos.
  • 50. Hortensia (Hydrangea hortensia). Orixinaria de China e Xapón. Existen numerosas variedades que se plantan como ornamentais en Europa occidental. As inflorescencias están formadas por brácteas coreadas que rodean flores masculinas e estériles, por enriba, e flores femininas, sen brácteas, por debaixo. Hai varios plantas ao pé do edificio. Brácteas coreadas dunha flor estéril Flor feminina xa fecundada
  • 51. Xilbarbeira, azoutacristos (Ruscus aculeatus). Ten as ponlas aplanadas e con forma de folla nelas saen as flores e os froitos. Hai uns exemplares ao pé do edificio, outros no mallón da segunda terraza e restos de algún máis nos beirais.
  • 52. Ipomea, campaíñas (Ipomea purpurea). Orixinaria de México e Centroamérica. Plántase como ornamental e compórtase como invasora. Na Pastora ocupa todo o espazo do valado metálico e exténdese polos arredores.
  • 53. Escalonia (Escalonia rubra). Orixinaria de América do Sur. Plántase como ornamental ou en sebes porque bota moitas flores e polo aspecto que lle dan as ponlas curvadas. Hai unha á dereita do camiño de subida debaixo do cedro e dúas máis debaixo dos castiñeiros.
  • 54. Abelia (Abelia x grandiflora). Cultivar híbrido de dúas especies orixinarias da China. Na Pastora hai tres plantas: dúas, debaixo dos castiñeiros, á dereita do camiño da entrada e outra á esquerda do camiño do miradoiro, preto do cume.plántanse pola súa abundante floración.
  • 55. Agave, piteira (Agave americana). Orixinaria de México. Existen algúns exemplares naturalizados na costa galega. Plántase como ornamental. Florece aos 10 ou máis anos e logo morre. Na Pastora hai un só pé plantado no mallón á esquerda da entrada.
  • 56. Pita, iuca (Yucca gloriosa). Orixinaria da costa oeste dos Estados Unidos. Plántase como ornamental. Hai dúas no desmonte que hai por debaixo da zona de xogos.
  • 57. (Crassula ovata). Orixinaria de Sudáfrica. Na Pastora hai unha que plantou alguén a quen lle estorbaba na casa. Non está nun sitio moi apropiado pero medra bastante ben e ata florece algún ano.
  • 58. Espadana fedorenta (Iris foetidissima). Medra en lugares secos e areosos. Hai un bo grupo a carón da parede do sur da capela e unha mouta no punto onde o camiño que vai ás terrazas cruza o valo
  • 59. Agapanto, lirio africano (Agapanthus africanus). Orixinaria de Sudáfrica. Plántase como ornamental polos talos coroados de flores azuis, aínda que xa hai cultivares de flores amarelas e brancas. Na Pastora hai dous un a cada lado do acceso principal.
  • 60. A pesar do empeño civilizador-exterminador do concello, que cada ano arrasa, polo menos dúas veces, canto nace ou vive fóra do que os encargados de manexar as desbrozadoras consideran digno, resisten, medran e ata florecen algunhas plantas propias do lugar e non menos importantes.
  • 61. XESTA, MAIO (Cytisus scoparius). É unha das plantas das flores do maio. Atópanse pola metade sur máis seca, do monte.
  • 62. Xesta, maio (Cytisus striatus). É a outra planta dos maio distínguese da anterior polas follas e polos froitos que nesta especie están cubertos de pelos
  • 64. Toxos (Ulex europaeus) .Florece no inverno e na primavera, a subespecie latebracteatus é endémica de Galicia e o norte de Portugal, e Ulex gallii). Florece en maio e xuño.
  • 65. Chuchameles (Lonicera periclymenum). Atópase silvestre por toda Europa. Ten unhas flores chamativas, olorosas e productoras de nectar que aproveitan os insectos pero que tamén chuchan os rapaces, de ahí o nome. Os froitos, vermellos e brillantes, son tóxicos. Os máis grandes da Pastora atópanse ao pé do con do miradoiro da zona de xogos e hai outra planta máis pequena preto do con da cruz.
  • 66. Trovisco (Daphne gnidium). Atópase en beirais e matogueiras da zona máis próxima ao mar e nas áreas secas. As follas e os froitos son venenosos. As plantas da Pastora están no remate da primeira terraza.
  • 67. Carrasca, carpaza (Cistus salvifolius). Medra nos terreos secos de preto do cume e da aba oeste.
  • 68. Carpaza amarela (Halimium lasianthum). Medra pola aba oeste, entre os toxos.
  • 69. Carrascos, breixo (Erica cinerea). Medra por toda a metade sur e oeste do monte. É o breixo máis común e abundante en Galicia.
  • 70. Silveira (Rubus ulmifolius) Medra silvestre por todas partes ocupando valos, sebes e baldíos. Os froitos, as amorias, son comestibles apreciados polos rapaces e os paxaros tamén se apañan para facer para facer doces, xaropes e marmeladas. Existen cultivares sen espiñas. Hainas nos mallóns e nos valos.
  • 71. Herba das doas (Lithodora postrata). Florece nos sitios secos. Na Pastora atópase na parte alta e entre os toxos. Daboecia cantabrica. Florece nos sitios secos. Na Pastora atópase por entre os toxos.
  • 72. Espárragueira (Asparagus aphillus). Propia dos rochedos da beira do mar florece nos sitios secos. Na Pastora atópase na parte de atrás e preto dos valos.
  • 73. Moitas das fotos de detalle non foron feitas na Pastora, e as beireadas de vermello foron collidas da internet, porque a necesidade de rematar o traballo non me cadra co ciclo das especies. E como o tempo enfría, e logo vai chover, voume a durmir… Ata o ano que ven!! Cousiñas feitas na casa Mon Daporta