A galiña e os seus parentes polo mundo. unha nova achega do morcego Roque para que coñezamos algo máis da galiña e a súa historia, e a todos os seus parentes (III): colíns, galiñas de Guiné, pavas, pavóns e megápodos.
4. colín barbudo o perdiz veracruzana (Dendrortyx barbatus). Mide entre 22
e 32 cm e pesa uns 350 gr. Habita en bosques de neboa e abas pouco
accaesibles da súa área de distribución en México.
5. colín rabudo ou paspallás de rabo longo (Dendrortyx macroura). Mide entre 22
e 27 cm. Vive en bosques de zonas montañosas temperadas e frías de México.
Recoñécense 12 subespecies.
6. colín de cara branca (Dendrortyx leucophrys).Vive en montañas de
Centroamérica. Recoñécense 2 subespecies.
7. colín serrano ou paspallás picto (Oreortyx pictus). Vive en bosques do oeste
dos Estados Unidos e de México. Recoñécense 6 subespecies.
8. colín escamento, paspallás escamento ou paspallás de crista branca
(Callipepla squamata). Mide entre 25 e 30 cm. Vive en zonas áridas e
semiáridas do norte e do centro de México e do suroeste dos Estados
Unidos. Recoñécense 4 subespecies.
9. colín elegante ou paspallás de crista dourada (Callipepla douglasii).
Atópase nos bosques espiñentos da costa do Pacífico de México.
Recoñécense 5 subespecies.
10. colín de California ou paspallás de california (Callipepla californica). Mide
entre 25 e 26 cm. É orixinaria California, nos Estados Unidos e México.
Recoñécense 8 subespecies.
11. colín de Gambel ou paspallás do deserto (Callipepla gambelii). Mide de 25
a 30 cm. Vive nos desertos do oeste dos Estados Unidos e do noroeste de
México. Recoñécense 7 subespecies.
12. colín bandeado ou paspallás listado (Philortyx fasciatus). Mide de 17 a 21
cm. É endémico de México.
13. colín de Virxinia (Colinus virginianus). Mide uns 23 cm. Atópase nas
pradeiras e campos de cultivo, con algo de mato, do centro e do leste de
Estados Unidos, Cuba, México e Guatemala. recoñécense 21 subespecies.
14. colín de gorxa negra ou paspallás yucateco (Colinus nigrogularis). Mide entre
17 y 20 cm. Vive en pradeiras, campos de cultivo e matogueiras do centro de
América Central. Recoñécense 4 subespecies.
15. Paspallás de ventre castaño (Colinus leucopogon). Mide de 22 a 24 cm e pesa
entre 120 e 140 gr. Vive en pradeiras con árbores e bosques de América Central.
16. colín cristudo ou paspallás cristado (Colinus cristatus). Mide entre 18 e 22 cm
e pesa uns 125 gr. Atópase entre Costa Rica e o norte de Brasil en en cultivos e
pasteiros con mato.
17. corcovado común, perdiz corcovada, paspallás de cara vermella ou perdiz
urú (Odontophorus gujanensis). Mide entre 24 e 29 cm e pesa entre 260 e
300 gr. Atópase nas selvas húmidas tropicais desde Costa Rica ata a
latitude ecuatorial.
18. urú ou corcovado urú (Odontophorus capueira).Mide de 26 a 29
cm. Vive en bosques de Brasil, Arxentina e Paraguai.
19. corcovado de orellas negras, paspallás da selva de peito cor canela ou
paspallás de cara negra (Odontophorus melanotis). Vive nas selvas chuviosas
da vertente do Caribe de América Central. Recoñécense 2 subespecies.
20. corcovado de fronte vermella, paspallás de orellas negras, paspallás de
peito castaño ou perdiz colarexa (Odontophorus erythrops). Vive nos
bosques tropicais das terras baixas de Colombia e Ecuador. Recoñécense
2 subespecies.
21. corcovado común, perdiz de frente negra ou perdiz de cara negra
(Odontophorus atrifrons). Mide entre 28 e 30 cm e pesa arredor de 300 gr.
Vive nos bosques do norte e o leste de Colombia e do oeste de Venezuela.
22. corcovado castaño ou perdiz colorada (Odontophorus
hyperythrus). Mide de 25 a 28 cm. Vive nos bosques húmidos de
montaña de Colombia.
23. corcovado de lombo oscuro (Odontophorus melanonotus). Mide entre
25 e 28 cm. Vive nos bosques de montaña de Colombia e o Ecuador.
24. corcovado de peito roxo (Odontophorus speciosus). Vive nos bosques
húmidos de Bolivia, Ecuador e o Perú.
25. perdiz katia ou corcovado de Tacarcuna (Odontophorus dialeucos).
Mide uns 24 cm.Vive nos bosques húmidos da fronteira colombiano
panameña.
26. corcovado de gorxa branca ou perdiz santandereana (Odontophorus
strophium). Mide uns 25 cm. Atópase nos bosques da Cordilleira
Oriental dos Andes de Colombia.
27. perdiz montañeiraou corcovado venezolano(Odontophorus
columbianus). Mide entre 25 e 28 cm e pesa uns 315 gr. Vive no
bosque húmido dos Andes venezolanos.
28. corcovado de peito negro, paspallás
de peito negro ou chirrascuá
(Odontophorus leucolaemus). Mide
uns 23 cm e pesa arredor de 275 gr.
Vive en Costa Rica e Panamá.
30. corcovado estrelado (Odontophorus stellatus). Mide entre 24 e 27 cm.
Vive nos bosques húmidos tropicais das terras baixas en Bolivia, Brasil,
Ecuador e Perú.
31. corcovado goteado ou paspallás moteado (Odontophorus guttatus). Mide
de 25 a 30 cm e pesa arredor de 300 gr. Vive no sotobosque dos bosques
tropicais de México e Centroamérica.
32. colín cantor ou paspallás asubiador (Dactylortyx thoracicus). Mide arredor de
20 cm. Vive en México e América Central. Recoñécense 18 subespecies.
33. colín de Moctezuma o codorniz arlequín (Cyrtonyx montezumae).
Mide
de 17 a 24 cm e pesa uns 180 gr. Vive en bosques abertos e herbeiros
altos de México e en zonas lindeiras dos Estados Unidos. Recoñécense 5
subespecies.
34. colín ocelado, paspallás arlequín centroamericano ou paspallás
enmascarado (Cyrtonyx ocellatus).Mide entre 20 e 25 cm. Vive en
bosques de montaña de clima temperado do sur de México e de América
Central ata Nicaragua.
35. colín de cara roxa (Rhynchortyx cinctus). Vive en terras baixas e bosques
húmidos montañosos tropicais e subtropicais desde Nicaragua a Colombia.
37. pavón cornudo (Oreophasis derbianus). Miden entre 75 e 85 cm. Vive nos
bosques húmidos de Guatemala e o sur de México.
38. pava aburria, pava negra, guayón ou gualí (Aburria aburri). Mide arredor de
70 cm de longo. Vive bosques nubosos húmidos dos Andes, en Colombia,
Venezuela, Ecuador e o Perú.
39. pava de Trinidad (Pipile pipile). Só vive na illa de Trinidade e está en perigo
crítico de extinción pola destrución do seu hábitat.
40. pava raxadora, pava campanilla ou cuyuya (Pipile cumanensis). Mide
arredor de 70 cm. Vive nos bosques húmedos do leste de Bolivia, Perú, o
Ecuador e Colombia, e os lindeiros de Brasil e Venezuela. Recoñécense 2
subespecies.
41. pava cuiubí ou pava de gorxa vermella (Pipile cujubi). Mide entre 69 e 76
cm e pesa de 1 a 1,3 kg. Vive na Amazonia.
42. iacutingá (Pipile jacutinga). Mide de 63 a 75 cm. Só se atopa no sur do Brasil
e áreas lindeiras de Arxentina e Paraguai. Está en perigo de extinción, pola
caza e a destrucción do seu hábitat.
43. pava negra (Chamaepetes unicolor). Mide entre 62 e 69 cm. Só se atopa
en Costa Rica e no oeste de Panamá.
44. pava maraqueira, pava chiona, pischa, pava de cabeza blanca ou pava de
tierra fría (Chamaepetes goudotii). Mide uns 64 cm. Vive nos bosques
húmidos nas labas da serra dos Andes, desde Colombia ata o norte de
Bolivia. Recoñécense 5 subespecies.
45. pava de ás brancas (Penelope albipennis). Mide entre 70 e 80 cm e pesa uns
2 kg. Vive nos bosques secos da costa norte do Perú.
46. pava de cara branca (Penelope argyrotis). Vive nos bosques subtropicais ou
tropicais e na la selva húmida de montaña do noroeste de Colombia e do
norte de Venezuela. Recoñécense 3 subespecies.
47. pava barbada ou pava barbuda (Penelope barbata). Vive nos bosques
húmidos tropicais de montaña do Ecuador e do Perú.
48. pava de cara vermella, pava de monte alisera ou pava de frente negra
(Penelope dabbenei). Vive nos bosques húmidos subtropicais de montaña,
do norte de Arxentina e o sur de Bolivia.
49. pava amazónica, úquira, pucacunga, pava pitsa e pava de monte (Penelope
jacquacu). Mide arredor de 90 cm. Recoñécense 4 subespecies.
50. Pava de rabo negro (Penelope jacucaca). Só se atopa no norleste do Brasil.
Está ameazada pola caza e a perda do hábitat.
51. pava andina (Penelope montagnii). Mide entre 40 e 60 cm e pesa arredor
de 460 gr. Vive nas selvas dos Andes desde Colombia ao norte da Arxentina.
Recoñécense 5 subespecies.
52. Pava bronceada (Penelope marail). Vive nos bosques tropicais húmidos
desde o norte do Brasil ata o Caribe.
53. pava de monte, pava oscura ou iacú-guazú (Penelope obscura). Vive nos
bosques húmidos tropicais e subtropicais de Argentina, Bolivia, Brasil, Paraguai
e o Uruguai. Atópase en perigo de extinción. Recoñécense 3 subespecies.
54. pava de ventre roxo ou pava castaña (Penelope ochrogaster). Só se atopa nas
sabanas tropicais e nos bosques do Pantanal do norte do Brasil.
55. pava rouca, pava de monte, pava do Chocó ou pava guinga (Penelope ortoni).
Mide entre 58 e 66 cm. Vive no bosque húmido tropical do litoral Pacífico en
Panamá e no oeste de Colombia e Ecuador.
56. pava caucana o pava de monte (Penelope perspicax). Mide arredor de 75 cm.
Só se atopa nos bosques nubosos de algúns departamentos de Colombia.
57. Iacupirangá, pava de crista blanca ou iacú de cocoruto branco (Penelope
pileata). Mide entre 75 e 82 cm. Só se atopa nos bosques de galería do leste da
cunca do río Amazonas.
58. pava moñuda, pava cristada, catita serrana, cojolite, ajolite ou chonche (Penelope
purpurascens). Mide entre 70 e 91 cm e pesa de 1,5 a 2,7 kg. Vive nos bosques
nubosos húmidos desde o sur de México ata as costas de Ecuador, Colombia e
Venezuela. Recoñécense 3 subespecies.
59. pava pequena ou iacú poí (Penelope superciliaris). Atópase nas terras baixas
húmidas tropicais e subtropicais de Brasil, Bolivia, Arxentina e Paraguay.
Recoñécense 3 subespecies.
60. pava paujil ou chachalaca negra (Penelopina nigra). Mide entre 59 e 65 cm.
Vive nos bosques húmedos de montaña de Nicaragua, El Salvador, Honduras,
Guatemala e o sur de México.
61. guacharaca norteña, chachalaca do golfo ou chachalaca de vientre blanco (Ortalis
vetula). Mide de 50 a 56 cm e pesa entre 430 e 800 gr. Vive pola beira do golfo de México
desde Texas ata Costa Rica. Coñécense 4 subespecies.
62. guacharaca de cabeza gris, guacharaca chocoana ou guacharaca paisana
(Ortalis cinereiceps). Mide entre 46 e 58 cm e pesa uns 500 gr. Vive en
matos, bosques secundarios e a beira dos ríos, desde o leste de Honduras
ata o noroeste de Colombia.
64. guacharaca de cu roxo, guachraca guajira ou cocrico (Ortalis ruficauda).
Mide de 53 a 61cm e pesa entre 450 e 800 gr. Vive no noreste de Colombia,
o norte de Venezuela e na illa de Tobago. Coñécense 2 subespecies.
65. chachalaca de cabeza roxa ou guacharaca colorada (Ortalis erythroptera).
Mide entre 56 e 66 cm. Vive nos bosques húmidos das terras baixas entre o
oeste de Ecuador, o noroeste de Perú e o sudoeste de Colombia.
66. chachalaca de ventre castaño (Ortalis wagleri). Só se
atopa no noroeste de México.
67. chachalaca do Pacífico (Ortalis poliocephala). Mide de 62 a 67 cm.
Vive en bosques e matos tropicais e subtropicais na vertente do Océano
Pacífico de México.
68. charata (Ortalis
canicollis). Vive nas
estepas e bosques do
Chaco entre Bolivia,
Brasil, Paraguai,
Uruguai e Arxentina.
Coñécense 2
subespecies.
69. Chachalaca de ventre branco (Ortalis leucogastra). Vive nos bosques e
matos de montaña de gran parte de América Central.
70. guacharaca moteada ou guaracachi (Ortalis guttata). Mide de 40 a 60 cm e pesa
entre 500 e 600 gr. Vive nos bosques do leste do Brasil e nas áreas fronteiras de
Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia. Coñécense 5 subespecies.
71. aracuá pequeno ou guacharaca enana (Ortalis motmot). Mide de 45 a 53
cm e pode pesar entre 380 e 620 gr. Vive nos bosques húmidos entre o
norte do Brasil e o mar Caribe. Coñécense 2 subespecies.
72. Chachalaca celluda, Guacharaca parda ou Aracuã de sobrancelhas (Ortalis
superciliaris). Vive nas selvas e nos bosques tropicais e subtropicais e nos
matos húmidos do Brasil.
73. pavón colombiano, opón ou paujil de peteiro azul (Crax alberti) mide ata
case 1 m de longo. Vive nas selvas cálidas nuradas do norte de Colombia.
Atópase en perigo crítico de extinción pola destrución do seu hábitat.
74. paujil de cu branco (Crax alector). Mide case 1 m. Vive nas selvas desde o
norte do Brasil ata o mar Caribe. Recoñécense 2 subespecies.
75. paujil de peteiro vermello (Crax blumenbachii). Mide entre 80 e 90 cm de
lonxitude. Vive só nuns poucos lugares boscosos ou preto de cursos de auga
no surleste do Brasil.
76. pavón de moco amarelo ou paujil de turbante (Crax daubentoni). Mide
uns 90 cm. Vive en bosques de galería, selvas húmidas e pradeiras entre
Colombia e Venezuela.
77. Muitú, mamaco ou mutum (Crax fasciolata). Vive nos bosques da
área de confluencia de Arxentina, paraguai, Bolivia e Brasil.
Recoñécense 3 subespecies.
78. pavón carunculado ou paujil do Amazonas (Crax globulosa). Vive na selva
amazónica, preto das veigas dos ríos, en territorios de Colombia, Ecuador,
Perú, Bolivia e Brasil.
79. Hocofaisán ou pavón norteño (Crax rubra). Mide arredor de 90 cm e pesa de
4,5 a 5 kg. Atópase nos bosques entre o sur de México e a Amazonia.
80. paujil de cu coreado (Mitu tomentosum). Mide máis de 80 cm de longo.
Atópase nas selvas húmidas entre o norte de Brasil, leste de Colombia, oeste
de Guiana e sur de Venezuela.
81. pavón de cu branco, paujíl de cu branco ou paujil de Salvin (Mitu salvini).
Mide uns 90 cm. Vive entre o sur de Colombia, o leste do Ecuador e o
nordeste do Perú.
82. paujil ou pavón de peteiro de ají (Mitu tuberosum). Mide 83 cm . Vive nas
selvas húmidas e nos bosques das terras baixas da Amazonia, en Brasil, no sur
de Colombia, leste do Perú e noreste de Bolivia.
83. pavón de peteiro de machada, paují menor ou paujil de Alagoas (Mitu mitu).
Mide ata 89 cm e pesa uns 3 kg. Xa non existe en estado silvestre. Só quedan uns
100 exemplares cautivos. Vivía nos bosques húmidos da Mata Atlántica do
noroeste do Brasil.
84. paujil de crista de pedra (Pauxi pauxi). Mide arredor de 90 cm. Vive nos
busques nublados de montaña do norleste de Colombia e do noroeste de
Venezuela. Recoñécense 2 subespecies.
85. paujil unicornio, bitichí, piuri ou palistro (Pauxi unicornis). Mide 85 a 90
cm. Só se atopa nos bosques húmidos da vertente leste dos Andes de
Bolivia. Recoñécese 1 subespecie.
86. paujil nocturno ou urumutum (Nothocrax urumutum). Mide uns 66 cm.
Vive nas selvas húmidas, preto dos ríos, ao leste do Brasil e no norleste de
Perú, leste do Ecuador, sur de Colombia e suroeste de Venezuela.
88. pintada común,pintada gris ou galiña de Guiné (Numida meleagris).
Mide ata 50 cm. A especie silvestre é orixinaria de África central.
Recoñécense 9 subespecies.
89. Pintada vulturina (Acryllium vulturinum). Mide de 60 a 70 cm.
Atópase desde o sur de Etiopía ata o norte deTanzania.
90. pintada negra(Agelastes niger). Mide uns 50 cm e pesa arredor de 700 gr.
Atópase polas pradeiras do centro e o leste de África.
91. pintada de peito branco (Agelastes meleagrides). Mide uns 50 cm.
Vive só nas selvas que existen entre Ghana e a Guiné.
92. Pintada ou galiña de Guiné cristada (Guttera pucherani). Mide uns 50
cm e pode pesar entre 700 gr e 1,5 kg. Vive en bosques abertos e
sabanas arboradas de África subsahariana. Recoñécense 5 subespecies.
93. pintada plumífera (Guttera plumifera). Vive nos bosques húmidos
de África central. Recoñécense 2 subespecies.
95. Os megápodos son unha
familia de aves que non
chocan os ovos
directamente senon que
unhas especies fan moreas
de follas, que ao
descompoñérense
producen a calor necesaria
para que se desenvolva o
embrión, e outras fan
pozas, en lugares nos que
a temperatura da terra é
mais elevada para que a
calor da propia terra faga
que os embrións se
desenvolvan.
96. Tanto nun caso como no
outro os pais controlan a
temperatura, mídena
metendo o peteiro na
morea e regúlana
engadindo ou sacando
material para facela subir
ou baixar e mantela
sempre axustada.
97. As postas non son moi
numerosas e os ovos son
bastante grandes e con moita
xema. O desenvolvemento
dos embrións é longo, de 2 a 3
meses, e os pitos xa nacen
case emplumados, algúns ata
poden voar, e válense por si
mesmos desde o primeiro
momento.
Pitos recén
nacidos de
dúas
especies
de
talégalos
98. talégalo de Latham ou pavo de mato (Alectura lathami). Mide de 60 a 75 cm.
É unha especie común no leste de Australia. Recoñécense 2 subespecies.
99. telégalo carunculado (Aepypodius arfakianus). Mide de 38 a 46 cm e pode
pesar de1,2 a 1,6 kg. Vive en terras baixas húmidas e nos bosques de
montaña tropicais y subtropicais de Indonesia e Papúa Nueva Guinea.
Coñécense 2 subespecies.
100. talégalo da illa Waigeo (Aepypodius bruijnii). Mide uns 43 cm de largo.
Só se atopa nos bosques de montaña da illa de Waigeo, ao noroeste de
Nueva Guinea, en Indonesia.
101. talégalo de Cuvier (Talegalla cuvieri). Mide uns 57 cm de longo. Atópase nas
selvas das terras baixas do oeste de Nova Guiné e illas cercanas.
102. talégalo de peteiro negro (Talegalla fuscirostris). Vive nas selvas do sur da
illa de Nova Guiné e nas illas Aru.
103. talégalo de patas vermellas
(Talegalla jobiensis). Vive nas selvas
do norte da illa de Nova Guiné.
104. talégalo leipoa, faisán australiano ou megápodo ocelado (Leipoa ocellata).
É endémica de Australia. É o que construe o niño máis grande
105. Maleo ou talégalo maleo( Macrocephalon maleo). Mide 1 m de longo e
pode pesar entre 1,4 e 1,7 kg. Vive vos bosques tropicais das terras
baixas da illa de Sulawesi. Fai os niños nas praias ou nas zonas volcánicas.
Atópase en perigo de extinción.
106. talégalo de Wallace
(Eulipoa wallacei).
Endémico das illas
Molucas. Vive na
selva tropical, pero
pon os ovos, de
noite, na area das
praias ou en zonas
abertas.
107. Megápodo polinesio ou Megápodo de Tonga (Megapodius pritchardii). Só
se atopa nos bosques húimidos das terras baixas dunha illa de Tonga.
108. talégalo das Marianas ou megapodo de Micronesia (Megapodius
laperouse). Mide ata 38 cm. Só se atopa nalgunhas das illas Marianas e de
Palaos. Está en perigo de extinción. Recoñécense 2 subespecies.
109. talégalo de Nicobar (Megapodius nicobariensis). Só se atopa nalgunhas
das illas Nicobar (India).
110. talégalo filipino (Megapodius cumingii). Vive nos bosques tropicais das
Filipinas, indonesia e Malasia. Coñécense 7 subespecies
111. talégalo de Sula (Megapodius bernsteinii). Mide uns 35 cm. Só se atopa nas
selvas tropicais e zonas de mato dos arquipélagos de Sula e Banggai (Indonesia)
112. talégalo de Tanimbar (Megapodius tenimberensis). Mide 35 a 47 cm
e pode pesar de 600 a 1.200 gr. Vive nos bosques de folla perenne das
islas Tanimbar (Molucas).
113. telégalo de Freycinet (Megapodius freycinet). Mideuns 40 cm. Vive en
bosques, pantanos e manglares das illas Molucas e das illas Raja Ampat, en
Indonesia. Coñécense 3 subespecies.
114. Biak Biak ou Megapodo de Papúa (Megapodius geelvinkianus). Só se atopa
en Papúa Occidental, Indonesia.
115. talégalo eremita (Megapodius eremita). Mide de 34 a 39 cm e pesa
de 400a 900 gr. É nativo de Nova Guiné e das Illas Salomón.
116. talégalo de Novas Hébridas (Megapodius layardi). Mide uns 32 cm. Só se
atopa nas selvas de Vanuatu.
117. Megapodo de Nova Guiné (Megapodius decollatus ou megapodius affinis).
Mide uns 33 cm. Atópase en Indonesia e Papúa Nova Guiné.
118. talégalo de Reinwardt (Megapodius reinwardt). Atópase no norte de
Australia, o sur de Nova Guiné, as illas Aru, o sur das Molucas, e algunhas illas
das Menores de la Sonda. Recoñécense 6 subespecies.
119. E fóstedes ben valentes
para aguantar este lío da galiña e os seus parentes.
E como esta xa está rematada… ata outra nova
enleada. Abur!
As imaxes fotográficas foron collidas da
internet. Agradézolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso
que fixen delas.
Mon Daporta