SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Literatura Galega
                                    do Século XX e da Actualidade

                            XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO




                                             Entrevista
                                      IES Manuel García Barros
                                             A Estrada
                                                                     Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                             Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 28 de noviembre de 2012
Xose Mª Álvarez Cáccamo

              1.     Que pegadas deixou en Vostede aquel Vigo dos anos 50-60? Como lembra aqueles tempos de inestabilidade social nunha
                     cidade marcada desde anos atrás por unha economía emerxente?

               Aquel Vigo dos anos 50 e 60 é a cidade da miña nenez e da miña adolescencia. É un dos ámbitos referenciais da miña escrita
               poética, fundamentada en gran parte na memoria. Outro espazo decisivo, as praias de Coruxo, onde pasabamos o verán,
               constitúe tamén un referente, unha clave da miña vida e da miña literatura. A inestabilidade, a miseria, a grisalla ambiental
               daquela época reflicten tanto nos meus poemas de liña intimista como na obra poética de suxeito colectivo e intención política e
               na miña escrita narrativa e teatral.


              2.     Nacer nunha familia ligada de sempre á cultura galega significou para Vostede un vieiro a seguir desde novo ou foi máis ben a
                     realidade social e cultural da época o que guiou o seu futuro persoal e literario?

               A tradición cultural da familia e a dedicación ao estudo e á literatura dos meus devanceiros desde mediados do século XIX crea un
               ambiente moi propicio para a aprendizaxe do oficio, que no noso caso pode ser considerado un oficio familiar. Pero eu non teño
               conciencia de ter recibido nunca unha encomenda de continuidade no exercicio dese labor. Comecei a escribir de xeito moi
               natural, talvez por contaxio ou por imitación do traballo do meu pai. Incorporeime ao sistema literario galego cando xa
               publicara, en 1977, un libro de poemas en castelán. Pouco tempo despois funme facendo consciente da fundamental aportación
               do meu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, ao desenvolvemento e consolidación do sistema cultural galego e da miña propia
               responsabilidade nese proceso colectivo. Así que tamén a realidade social e cultural da época tivo un peso importante –teno
               aínda hoxe- na miña toma de posición en relación coa nosa cultura e a nosa nación.



              3.     Que supuxo para Vostede a súa estadía na Compostela de fins dos anos 60? Que nos podería sinalar daquel fervor literario e
                     político daqueles anos? Bebeu a súa futura literatura daquelas tendencias, daqueles movementos culturais?

               A miña experiencia de estudante universitario en Santiago representou un dos fundamentos da miña sensibilidade e das miñas
               convicións ideolóxicas. Foi o tempo en que se alicerzaron as miñas certezas políticas no rumbo da esquerda como “compañeiro de
               viaxe” do Partido Comunista. A miña incorporación ás causas do nacionalismo chegou máis tarde. Máis que dos movementos
               culturais, pouco activos na Compostela de fins dos sesenta, a miña literatura foise alimentando, como é natural, de lecturas de
               aleatoria ou voluntaria selección, da experiencia humana e emocional e daquela urxente vontade de intervención contra a
               ditadura fascista e contra a grisalla dominante.




miércoles 28 de noviembre de 2012
Xosé Mª Álvarez Cáccamo

              4.     A paisaxe ten un peso moi específico na súa poesía. Unha posta de sol na praia de Coruxo ou ben unha vista continua da illa
                     de San Simón xa é suficiente motivo para que o seu espírito lírico tome vida?

               A contemplación da paisaxe apenas actúa como motor inmediato da miña escrita poética. A experiencia da natureza, o meu
               contacto constante co mundo natural, vai conformando un sustrato de sentido, un significado latente que se manifesta ás veces
               como figura do primeiro plano (o mar, a praia, a illa, o bosque ... como suxeitos centrais) e noutras ocasións constitúe un simple
               referente espacial, o ámbito onde se desenvolve a escena evocada. En calquera caso, creo que eu non son poeta da paisaxe.
               Prefiro considerar que a natureza actúa no poema, integrada e non como obxecto de contemplación.

              5.     Chama a atención que a súa primeira obra publicada fose en castelán na editorial familiar de Castrelos. Que foi o que de
                     súpeto condicionou a súa escrita cara ao noso idioma? O de non volver a publicar en castelán foi un compromiso co noso
                     idioma ou máis ben que a súa pluma se expresaba mellor nel?

               Na miña escolla do galego como lingua única e definitiva para a escrita literaria –e para a comunicación pública e privada-
               incidiron razóns estéticas e políticas, talvez a razón estética dunha concreta opción política. Optei polo galego desde o
               compromiso coa causa dunha cultura ameazada e agredida e tamén desde o entusiasmo na participación nun proceso colectivo de
               longa e fermosa tradición. O mundo visto desde Galiza, pensado, interpretado, expresado en galego, amplía decisivamente o seu
               horizonte. Tamén o horizonte estético persoal alonga as súas dimensións cando o poeta recupera como idioma propio a lingua do
               seu país.


              6.     Por que, a pesar de tocar todos os xéneros literarios, o lírico sexa no que se asentou a súa literatura? Imos recuperar unha
                     pregunta que no noso centro nos contan en Literatura Galega que lle fixo unha alumna dunha vez a Bernardino Graña: que
                     sente un poeta cando remata ou dá á luz un poema?

               Eu descubrinme a min mesmo como poeta en tempos de adolescencia. A condición do poeta asenta na ollada, na maneira de ollar,
               no xeito de sentir e interpretar a experiencia. Usamos instrumentos de síntese perceptiva e de concentración expresiva de
               natureza musical. Ese é oficio que quixen aprender desde a miña mocidade e ao que entreguei intensas horas de lectura e
               escrita, o labor co que sempre me sentín máis identificado. Unha prolongación natural da miña dedicación á escrita poética é a
               da análise crítica e o ensaismo literario, onde tamén me sinto cómodo. A progresiva diversificación xenérica do meu traballo de
               escritor –narrativa, teatro, literatura para crianzas, autobiografía- é consecuencia dunha pulsión de hiperactividade expresiva
               que non son quen de desobedecer. O pracer provocado pola experiencia do poema concluído ou editado adopta matices moi
               diversos segundo circunstancias e tempos tamén diversos. Hoxe, cincuenta anos despois dos primeiros poemas, aínda sinto a
               satisfacción do poema que considero ben resolto.




miércoles 28 de noviembre de 2012
Xosé Mª Álvarez Cáccamo

              7.     Vostede sempre andou inmiscido en suplementos literarios de diferentes xornais. Cal cre vostede que é a función primordial dun
                     suplemento literario? Serían tamén necesarios nunha literatura normalizada? Que nos podería comentar do suplemento “O Faro
                     das Letras”?

                A función divulgadora e pedagóxica dos suplementos literarios resulta imprescindíbel
                en calquera sistema literario. Tal obxectivo intensifica a súa necesidade no caso das
                culturas non normalizadas. Eu participei na creación e colaborei con reseñas críticas
                de poesía durante varios anos no Faro das Letras. Na etapa actual deste suplemento
                observo certo desequilibrio entre os textos de reflexión teórica ou de análise xeral,
                de dimensión excesiva para o medio através do que se difunden, e as reseñas críticas,
                de carácter case exclusivamente informativo.




                                                                 Xosé Mª Álvarez                                    Xose Mª Álvarez
                                                               Cáccamo (esquerda)                                Cáccamo nun recital da
                                                              Invitación Tréveris 1999                                  Coruña




              8.     Vostede pertenceu ao Consello de Redacción da relevante revista “Grial”. Que supuxo esta revista para a nosa cultura e para
                     as nosas letras? Cre que se debería potenciar a publicación de máis revistas deste tipo?

               “Grial”, revista cultural e de pensamento de moi longa e constante andaina desde hai varias décadas, representa un referente
               decisivo para Galiza, nunha liña diferente da que se manifesta, por exemplo, através de “A trabe de ouro”. Sen dúbida, cómpre
               multiplicar e diversificar o abano das plataformas de comunicación pública no eido da reflexión arredor da cultura, desde distintas
               perspectivas ideolóxicas.




miércoles 28 de noviembre de 2012
Xosé Mª Álvarez Cáccamo

              9.     Ao longo da súa vida recibiu un grande número de premios; imaxinamos que todos e cada un deles son especiais para
                     vostede, pero houbo algún co que se sentise máis identificado ou valorado? Por que?

               Eu concedo aos premios literarios que recibín –que non foron tantos como sinalades- o valor da puntual e sempre ben recibida
               gratificación económica, unha interesante compensación ao labor de escrita e publicación, de moi pobres resultados en termos
               monetarios para o escritor. Agradezo ademais o aprezo dos xurados que escolleron nalgunha ocasión obras miñas. Pero é a
               comunidade receptora e crítica quen outorga valor máis ou menos consistente, co auxilio do tempo, ás obras literarias e non o
               historial de galardóns recibidos, tantas veces consecuencia dunha complexa combinación de azarosas circunstancias. Hai grandes
               escritores que nunca presentan os seus libros a concursos e premios literarios e obras importantes que pasan desapercibidas na
               lectura dos xurados. Pola contra, resultan premiados con frecuencia, en parte por falta de contraste, por ausencia de textos de
               calidade no concurso, libros de moi discutíbel entidade estética, ou de indiscutíbel deficiencia.
               Entre os premios que recibín, lembro con especial aprezo o que me concedeu a Asociación de Escritores en Lingua Galega, unha
               gratificante declaración de amizade.


              10.    A maioría da súa vida estivo adicada á docencia; a conexión diaria cos mozos e mozas galeg@s axudoulle a seguir aumentando a
                     súa obra literaria? Que lle transmitían os estudantes?

               A experiencia docente non topou espazo na miña obra, a non ser como motivo secundario. Pero, sen dúbida, representa un dos eixos
               fundamentais da miña vida. A comunicación diaria con xente moza durante case corenta anos é unha experiencia moi enriquecedora,
               malia a tensión que o exercicio pedagóxico produce. O labor docente axuda a vencer a visión hipercrítica instalada na sociedade
               contra as xeracións novas, a ollada tópica e simplificadora que envellece a quen a practica. Nunca me sentín –nin me sinto aínda
               hoxe- vello na miña relación coa mocidade.


              11.    Que lembranzas lle quedan de “Burla negra” e a súa participación en “Hai que botalos”? Cre Vostede que aínda non se
                     superaron certas realidades da década pasada?

               Está moi viva aínda a emoción política daqueles días. Foi un proceso de namoro colectivo e de enerxía cívica que cómpre
               recuperar. Hoxe, máis que nunca, hai motivos para loitar contra a burla negra do poder, representada na linguaxe mentireira e na
               acción esmagante do capitalismo. O lema “Hai que botalos” non só non perdeu vixencia senón que afortala cada día máis o seu
               sentido, a súa urxencia. Non teño dúbida: ¡Hai que botalos!




miércoles 28 de noviembre de 2012
Xosé Mª Álvarez Cáccamo


              12.    Como pode xustificar o seu abandono tan prematuro do teatro? Ou ben é que quedan nos seus baúis algunhas pezas sen ver a
                     luz?

               A verdade é que non abandonei o teatro, xénero ao que me dedico de xeito esporádico. Mesmo así, ao longo do tempo escribín e
               publiquei catro ou cinco obras dramáticas breves, a última, escrita o ano pasado, pendente de publicación nun volume colectivo de
               saída prevista para o ano 2013.



              13.    Poderiamos falar de “Xeración dos 80” ou ben inmiscir esta xeracion nunha xenérica xeración
                     poética finisecular?

               Teño moi claros os sinais de identidade da Xeración dos 80, que, sen dúbida, forma parte dun
               movemento artístico e literario finisecular de máis amplos lindes cronolóxicos.



              14.    E por último, gustaríanos coñecer a súa opinión sobre a situación actual da lingua galega no noso
                     país e qué futuro coida que a agarda.

               O futuro da nosa lingua, gravemente ameazada, non só pola acción corrosiva do secular proceso
               colonizador senón tamén pola vontade de demolición dos nosos sinais de identidade colectiva por
               parte do goberno que preside Núñéz Feijóo, depende de nós como falantes e como cidadáns. A
               defensa activa do noso idioma realízase no seu uso como instrumento de comunicación natural e
               permanente, en calquera ámbito e situación, como fan os falantes das linguas normalizadas sen             Xosé Mª Álvarez
               provocar a extrañeza de ninguén. Pero ademais, cómpre intensificar a resposta pública contra as
               estratexias desgaleguizadoras do Poder con todos os instrumentos democráticos dos que aínda                  Cáccamo
               dispomos.




miércoles 28 de noviembre de 2012
A R IO
                                          IO N
                                      ES T
                                    CU



miércoles 28 de noviembre de 2012
Un personaxe galego e                Un p
                           ra                un estranxeiro?                 ficci ersonax
                     ha ob                                                        ón c
                                                                                       o qu e de cien
              -a e un ?                       Xosé Manuel                                  e se i        cia-
        u tor/ alegos                                                     Sim                     dent
    ha a aria g                              Beiras. Charles
                                                                        pers    patiz                  ifiqu
 Un/ liter              iro e                                              onax         oc
                                                                                         on m                e?
                     ue                          Darwin.
                unq colá.                                              non       es lit       oitos
        lva ro C í e a                                                     me i
                                                                                dent
                                                                                        erari
                                                                                             os pe
       Á       aqu                                                         con       ifico         ro
        H erba                                                                  ning        de ch
                                                                                                  eo
                                               Un monumento                            ún.
                                                 salientábel?

                                 e ci
                                      ne   A catedral de Santiago de
                          la   d                  Compostela.                       Cal é
                       u
                  elíc
                                  ane
                 p                                                                       a súa
         nha                    K                                                      insp      fonte
                    dán
       U                                                                                    iraci      de
             Ci  da                                                                    A vid
                                                                                                  ón?
                                                                                               a
                                                                        bra
                                                        or/ -a e unha o
                                              Un/ha aut               s?
                                                literaria estranxeiro
                        a obra teatral?
                                                        O proceso.
                Unh
                             de bohemia          Kafka.
               Luces

miércoles 28 de noviembre de 2012
Un feito histórico?       Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
                                             Noruega. A hospedería do mosteiro de Samos.
                   A revolución
                     cubana.                                           Un l
                                             u  to pía?                     ugar
                                                                                     axeit
                                         nha                                      lectu ado para
                                                   ade,
                                        U
            Un tipo
                    de músi               Igu ald e,                    Am             ra?       a
             Unha ca        ca?                  rdad de.                     iña c
                      nción?                libe ida                                     asa.
           Música                          fra tern
                  clásica.
            “Grándo                                              Outro entretemento
                    la”                                         ademais da literatura?
                                        Un/h                       A poesía visual e
                                            a
                             ?         quen autor/-             obxectual. A fotografía.
                        ano                se id       a con
                  l /urb ?                       entif           O cuidado do xardín.
          o rura taña                      Xav         ique
                                                            ?
   M und /mon                   ral.           ier
       P raia                 u
                        ito r ña        Rodr
                    ámb onta                 ígue                                               izar
                                                                                                    ?
            v ivir, e m                 Baix       z
                                                                                       por r
                                                                                            eal
     P ara praia            ller.            eras                                  eio            a.
                          o                                                  nc              ovel
       E ntre sei esc                                                    Un
                                                                            a
                                                                                       nha n
             non                                                              rib ir u
                                                                            Esc


miércoles 28 de noviembre de 2012

More Related Content

What's hot

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
NeotrobadorismoAnaMGC
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Paz-Andrade fala da súa obra
Paz-Andrade fala da súa obraPaz-Andrade fala da súa obra
Paz-Andrade fala da súa obrarevoltadafreixa
 

What's hot (20)

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
Neotrobadorismo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Paz-Andrade fala da súa obra
Paz-Andrade fala da súa obraPaz-Andrade fala da súa obra
Paz-Andrade fala da súa obra
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 

Similar to Xose mª álvarez cáccamo

Similar to Xose mª álvarez cáccamo (20)

Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Chus Pato
Chus PatoChus Pato
Chus Pato
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
Neotrobadorismo
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 

Xose mª álvarez cáccamo

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 2. Xose Mª Álvarez Cáccamo 1. Que pegadas deixou en Vostede aquel Vigo dos anos 50-60? Como lembra aqueles tempos de inestabilidade social nunha cidade marcada desde anos atrás por unha economía emerxente? Aquel Vigo dos anos 50 e 60 é a cidade da miña nenez e da miña adolescencia. É un dos ámbitos referenciais da miña escrita poética, fundamentada en gran parte na memoria. Outro espazo decisivo, as praias de Coruxo, onde pasabamos o verán, constitúe tamén un referente, unha clave da miña vida e da miña literatura. A inestabilidade, a miseria, a grisalla ambiental daquela época reflicten tanto nos meus poemas de liña intimista como na obra poética de suxeito colectivo e intención política e na miña escrita narrativa e teatral. 2. Nacer nunha familia ligada de sempre á cultura galega significou para Vostede un vieiro a seguir desde novo ou foi máis ben a realidade social e cultural da época o que guiou o seu futuro persoal e literario? A tradición cultural da familia e a dedicación ao estudo e á literatura dos meus devanceiros desde mediados do século XIX crea un ambiente moi propicio para a aprendizaxe do oficio, que no noso caso pode ser considerado un oficio familiar. Pero eu non teño conciencia de ter recibido nunca unha encomenda de continuidade no exercicio dese labor. Comecei a escribir de xeito moi natural, talvez por contaxio ou por imitación do traballo do meu pai. Incorporeime ao sistema literario galego cando xa publicara, en 1977, un libro de poemas en castelán. Pouco tempo despois funme facendo consciente da fundamental aportación do meu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, ao desenvolvemento e consolidación do sistema cultural galego e da miña propia responsabilidade nese proceso colectivo. Así que tamén a realidade social e cultural da época tivo un peso importante –teno aínda hoxe- na miña toma de posición en relación coa nosa cultura e a nosa nación. 3. Que supuxo para Vostede a súa estadía na Compostela de fins dos anos 60? Que nos podería sinalar daquel fervor literario e político daqueles anos? Bebeu a súa futura literatura daquelas tendencias, daqueles movementos culturais? A miña experiencia de estudante universitario en Santiago representou un dos fundamentos da miña sensibilidade e das miñas convicións ideolóxicas. Foi o tempo en que se alicerzaron as miñas certezas políticas no rumbo da esquerda como “compañeiro de viaxe” do Partido Comunista. A miña incorporación ás causas do nacionalismo chegou máis tarde. Máis que dos movementos culturais, pouco activos na Compostela de fins dos sesenta, a miña literatura foise alimentando, como é natural, de lecturas de aleatoria ou voluntaria selección, da experiencia humana e emocional e daquela urxente vontade de intervención contra a ditadura fascista e contra a grisalla dominante. miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 3. Xosé Mª Álvarez Cáccamo 4. A paisaxe ten un peso moi específico na súa poesía. Unha posta de sol na praia de Coruxo ou ben unha vista continua da illa de San Simón xa é suficiente motivo para que o seu espírito lírico tome vida? A contemplación da paisaxe apenas actúa como motor inmediato da miña escrita poética. A experiencia da natureza, o meu contacto constante co mundo natural, vai conformando un sustrato de sentido, un significado latente que se manifesta ás veces como figura do primeiro plano (o mar, a praia, a illa, o bosque ... como suxeitos centrais) e noutras ocasións constitúe un simple referente espacial, o ámbito onde se desenvolve a escena evocada. En calquera caso, creo que eu non son poeta da paisaxe. Prefiro considerar que a natureza actúa no poema, integrada e non como obxecto de contemplación. 5. Chama a atención que a súa primeira obra publicada fose en castelán na editorial familiar de Castrelos. Que foi o que de súpeto condicionou a súa escrita cara ao noso idioma? O de non volver a publicar en castelán foi un compromiso co noso idioma ou máis ben que a súa pluma se expresaba mellor nel? Na miña escolla do galego como lingua única e definitiva para a escrita literaria –e para a comunicación pública e privada- incidiron razóns estéticas e políticas, talvez a razón estética dunha concreta opción política. Optei polo galego desde o compromiso coa causa dunha cultura ameazada e agredida e tamén desde o entusiasmo na participación nun proceso colectivo de longa e fermosa tradición. O mundo visto desde Galiza, pensado, interpretado, expresado en galego, amplía decisivamente o seu horizonte. Tamén o horizonte estético persoal alonga as súas dimensións cando o poeta recupera como idioma propio a lingua do seu país. 6. Por que, a pesar de tocar todos os xéneros literarios, o lírico sexa no que se asentou a súa literatura? Imos recuperar unha pregunta que no noso centro nos contan en Literatura Galega que lle fixo unha alumna dunha vez a Bernardino Graña: que sente un poeta cando remata ou dá á luz un poema? Eu descubrinme a min mesmo como poeta en tempos de adolescencia. A condición do poeta asenta na ollada, na maneira de ollar, no xeito de sentir e interpretar a experiencia. Usamos instrumentos de síntese perceptiva e de concentración expresiva de natureza musical. Ese é oficio que quixen aprender desde a miña mocidade e ao que entreguei intensas horas de lectura e escrita, o labor co que sempre me sentín máis identificado. Unha prolongación natural da miña dedicación á escrita poética é a da análise crítica e o ensaismo literario, onde tamén me sinto cómodo. A progresiva diversificación xenérica do meu traballo de escritor –narrativa, teatro, literatura para crianzas, autobiografía- é consecuencia dunha pulsión de hiperactividade expresiva que non son quen de desobedecer. O pracer provocado pola experiencia do poema concluído ou editado adopta matices moi diversos segundo circunstancias e tempos tamén diversos. Hoxe, cincuenta anos despois dos primeiros poemas, aínda sinto a satisfacción do poema que considero ben resolto. miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 4. Xosé Mª Álvarez Cáccamo 7. Vostede sempre andou inmiscido en suplementos literarios de diferentes xornais. Cal cre vostede que é a función primordial dun suplemento literario? Serían tamén necesarios nunha literatura normalizada? Que nos podería comentar do suplemento “O Faro das Letras”? A función divulgadora e pedagóxica dos suplementos literarios resulta imprescindíbel en calquera sistema literario. Tal obxectivo intensifica a súa necesidade no caso das culturas non normalizadas. Eu participei na creación e colaborei con reseñas críticas de poesía durante varios anos no Faro das Letras. Na etapa actual deste suplemento observo certo desequilibrio entre os textos de reflexión teórica ou de análise xeral, de dimensión excesiva para o medio através do que se difunden, e as reseñas críticas, de carácter case exclusivamente informativo. Xosé Mª Álvarez Xose Mª Álvarez Cáccamo (esquerda) Cáccamo nun recital da Invitación Tréveris 1999 Coruña 8. Vostede pertenceu ao Consello de Redacción da relevante revista “Grial”. Que supuxo esta revista para a nosa cultura e para as nosas letras? Cre que se debería potenciar a publicación de máis revistas deste tipo? “Grial”, revista cultural e de pensamento de moi longa e constante andaina desde hai varias décadas, representa un referente decisivo para Galiza, nunha liña diferente da que se manifesta, por exemplo, através de “A trabe de ouro”. Sen dúbida, cómpre multiplicar e diversificar o abano das plataformas de comunicación pública no eido da reflexión arredor da cultura, desde distintas perspectivas ideolóxicas. miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 5. Xosé Mª Álvarez Cáccamo 9. Ao longo da súa vida recibiu un grande número de premios; imaxinamos que todos e cada un deles son especiais para vostede, pero houbo algún co que se sentise máis identificado ou valorado? Por que? Eu concedo aos premios literarios que recibín –que non foron tantos como sinalades- o valor da puntual e sempre ben recibida gratificación económica, unha interesante compensación ao labor de escrita e publicación, de moi pobres resultados en termos monetarios para o escritor. Agradezo ademais o aprezo dos xurados que escolleron nalgunha ocasión obras miñas. Pero é a comunidade receptora e crítica quen outorga valor máis ou menos consistente, co auxilio do tempo, ás obras literarias e non o historial de galardóns recibidos, tantas veces consecuencia dunha complexa combinación de azarosas circunstancias. Hai grandes escritores que nunca presentan os seus libros a concursos e premios literarios e obras importantes que pasan desapercibidas na lectura dos xurados. Pola contra, resultan premiados con frecuencia, en parte por falta de contraste, por ausencia de textos de calidade no concurso, libros de moi discutíbel entidade estética, ou de indiscutíbel deficiencia. Entre os premios que recibín, lembro con especial aprezo o que me concedeu a Asociación de Escritores en Lingua Galega, unha gratificante declaración de amizade. 10. A maioría da súa vida estivo adicada á docencia; a conexión diaria cos mozos e mozas galeg@s axudoulle a seguir aumentando a súa obra literaria? Que lle transmitían os estudantes? A experiencia docente non topou espazo na miña obra, a non ser como motivo secundario. Pero, sen dúbida, representa un dos eixos fundamentais da miña vida. A comunicación diaria con xente moza durante case corenta anos é unha experiencia moi enriquecedora, malia a tensión que o exercicio pedagóxico produce. O labor docente axuda a vencer a visión hipercrítica instalada na sociedade contra as xeracións novas, a ollada tópica e simplificadora que envellece a quen a practica. Nunca me sentín –nin me sinto aínda hoxe- vello na miña relación coa mocidade. 11. Que lembranzas lle quedan de “Burla negra” e a súa participación en “Hai que botalos”? Cre Vostede que aínda non se superaron certas realidades da década pasada? Está moi viva aínda a emoción política daqueles días. Foi un proceso de namoro colectivo e de enerxía cívica que cómpre recuperar. Hoxe, máis que nunca, hai motivos para loitar contra a burla negra do poder, representada na linguaxe mentireira e na acción esmagante do capitalismo. O lema “Hai que botalos” non só non perdeu vixencia senón que afortala cada día máis o seu sentido, a súa urxencia. Non teño dúbida: ¡Hai que botalos! miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 6. Xosé Mª Álvarez Cáccamo 12. Como pode xustificar o seu abandono tan prematuro do teatro? Ou ben é que quedan nos seus baúis algunhas pezas sen ver a luz? A verdade é que non abandonei o teatro, xénero ao que me dedico de xeito esporádico. Mesmo así, ao longo do tempo escribín e publiquei catro ou cinco obras dramáticas breves, a última, escrita o ano pasado, pendente de publicación nun volume colectivo de saída prevista para o ano 2013. 13. Poderiamos falar de “Xeración dos 80” ou ben inmiscir esta xeracion nunha xenérica xeración poética finisecular? Teño moi claros os sinais de identidade da Xeración dos 80, que, sen dúbida, forma parte dun movemento artístico e literario finisecular de máis amplos lindes cronolóxicos. 14. E por último, gustaríanos coñecer a súa opinión sobre a situación actual da lingua galega no noso país e qué futuro coida que a agarda. O futuro da nosa lingua, gravemente ameazada, non só pola acción corrosiva do secular proceso colonizador senón tamén pola vontade de demolición dos nosos sinais de identidade colectiva por parte do goberno que preside Núñéz Feijóo, depende de nós como falantes e como cidadáns. A defensa activa do noso idioma realízase no seu uso como instrumento de comunicación natural e permanente, en calquera ámbito e situación, como fan os falantes das linguas normalizadas sen Xosé Mª Álvarez provocar a extrañeza de ninguén. Pero ademais, cómpre intensificar a resposta pública contra as estratexias desgaleguizadoras do Poder con todos os instrumentos democráticos dos que aínda Cáccamo dispomos. miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 7. A R IO IO N ES T CU miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 8. Un personaxe galego e Un p ra un estranxeiro? ficci ersonax ha ob ón c o qu e de cien -a e un ? Xosé Manuel e se i cia- u tor/ alegos Sim dent ha a aria g Beiras. Charles pers patiz ifiqu Un/ liter iro e onax oc on m e? ue Darwin. unq colá. non es lit oitos lva ro C í e a me i dent erari os pe Á aqu con ifico ro H erba ning de ch eo Un monumento ún. salientábel? e ci ne A catedral de Santiago de la d Compostela. Cal é u elíc ane p a súa nha K insp fonte dán U iraci de Ci da A vid ón? a bra or/ -a e unha o Un/ha aut s? literaria estranxeiro a obra teatral? O proceso. Unh de bohemia Kafka. Luces miércoles 28 de noviembre de 2012
  • 9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Noruega. A hospedería do mosteiro de Samos. A revolución cubana. Un l u to pía? ugar axeit nha lectu ado para ade, U Un tipo de músi Igu ald e, Am ra? a Unha ca ca? rdad de. iña c nción? libe ida asa. Música fra tern clásica. “Grándo Outro entretemento la” ademais da literatura? Un/h A poesía visual e a ? quen autor/- obxectual. A fotografía. ano se id a con l /urb ? entif O cuidado do xardín. o rura taña Xav ique ? M und /mon ral. ier P raia u ito r ña Rodr ámb onta ígue izar ? v ivir, e m Baix z por r eal P ara praia ller. eras eio a. o nc ovel E ntre sei esc Un a nha n non rib ir u Esc miércoles 28 de noviembre de 2012