SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Santiago Jaureguizar
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, nado en Bilbao
no 1965. É un xornalista e escritor galego. Xornalista
de profesión, desenvolve o seu labor no xornal “El
Progreso” de Lugo. A súa obra Casa Skylab obtivo no
ano 2005 o Premio Xerais de novela e ao ano seguinte
coa obra Cabaret Voltaire o premio de novela Manuel
García Barros, ano que tamén obtivo na Estrada o
premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Outras
obras súas son: Os Sabuxos entran na casa do pé
esquerdo, O globo de Shakespeare...
jueves 4 de febrero de 2016
Eu escribo en galego porque levo case dende que nacín vivindo en Galicia. Os meus pais falaban en castelán. De neno odiaba o
euskara porque o meu pai e os seus irmáns usaban ese idioma cando querían falar de algo sen que comprendésemos os nenos.
Gústanme os idiomas, deféndome en cinco, pero os meus coñecementos de vasco son mínimos. Algunhas frases soltas. A
aprendizaxe do vasco ten o problema de ser unha lingua aillada, que nada ten que ver coas románicas, pese á súa influencia no
español.
Santiago Jaureguizar
1. Vemos como Vostede ten un compromiso total co noso idioma... non xurdiu nalgún intre inquedanza por se mergullar na
literatura do seu lugar de nacemento?
2. Como se produciu en Santiago Jaureguízar a súa entrada na literatura, na creación literaria?
Empecei con 11 anos. Faciamos un tebeo no barrio, en Ribadeo. Eu escribía contos. Despois optei pola música. Quería tocar a
guitarra e cantar en Siniestro Total, pero nin a Julián Hernández (o líder) lle pareceu ben nin eu fun de capaz de aprender
guitarra.
3. Existe interacción entre a súa vida, o seu percorrer vital e a realidade presente nas súas creacións literarias?
Si, todas e cada unha das miñas páxinas teñen que ver coa miña vida: con cousas que me pasaron, con libros que lin, con películas
que vin... Outra cousa é que as esaxere, as adapte ou as deforme para contalas segundo o que necesite na historia que escriba.
Pero todo isto pásalle a calquera escritor.
4. En todas as literaturas os premios adoitan ser un fundamental complemento... Até que punto a nosa literatura, moi necesitada
dunha real normalización, depende moito máis deses premios?
Os premios son imprescindibles. Teñen tres vantaxes: consegues publicar, consegues cartos e consegues promoción. Escribir unha
novela xuvenil pode levarme un ano dende que me documento ata que a entrego. Iso supón un traballo considerable. Se leva un
premio elimino a incertidume de saber se se publica ou non, gaño un diñeiro que me compensa o esforzo e logro que apareza nos
medios que teño un libro novo.
jueves 4 de febrero de 2016
Si, teño varios. Se os multiplicades por quince saberedes o número de veces que me presentei
a concursos. Os premios son o camiño máis rápido e sólido para poder escribir. Hai que
presentarse sempre, a todos cantos convoquen, porque supoñen que unhas persoas que non te
coñecen e que saben de literatura van avaliar obxectivamente a túa obra. Hai que ter presente
que as primeiras 37 veces que vos presentedes non ides gañar e, sempre, sempre, volver
intentalo. A carreira literaria non é doada, pero acaba devolvendo o que lle deas.
Santiago Jaureguizar
5.- E falando de premios, que nos podería contar sobre eles Vostede que ten abondos e dos máis significativos na nosa literatura?
6.- O seu primeiro recoñecemento literario de importancia quizabes fose o Premio Xerais do ano
2003 coa obra Casa Skylab, unha obra onde se mesturan realidades, ficción, tradición, sociedade...
e literatura de noso, non?
Non exactamente. É literatura do meu. Nesa novela aparecen as experiencias e as fantasías de
Santiago Jaureguízar nunha vila pequena da Montaña lucense que se chama Negueira de Muñiz.
Eu contei ese ámbito tal e como o vía -con visión deformada-, con intención de fascinar aos
lectores. Se, a maiores, logrei que alguén se identifique con esa visión: premio extra.
Portada: “Cabaret Voltaire”
7.- E dous anos despois coa súa obra Cabaret Voltaire acadou aquí na Estrada un dos tres máis
importantes premios a nivel narrativo en galego, o “Manuel García Barros”. Que supuxo este
galardón no cómputo xeral da súa obra literaria?
Algo grande. O García Barros non é unha coña. Quero moito esa novela porque fala da miña vila, Ribadeo. O título deume para poñelo
tamén a un blog.
8.- Pero tampouco podemos esquecer que aquí na Estrada tamén acadou Vostede o premio xornalístico “Reimóndez Portela” (2005),
curiosamente o mesmo ano do “García Barros”... Cal dos dous supuxo algo superior, o de literatura creativa ou o relacionado coa súa
profesión?
Ben, foi a bomba; pero é como gañar o Mundial de Fútbol e o anel da NBA. Son disciplinas distintas e alegrías iguais. O Reimóndez
Portela fíxome un chisco máis de ilusión porque era o primeiro premio de xornalismo que me concedían.
jueves 4 de febrero de 2016
Achégame todo porque cada día coñezo varias historias sorprendentes novas. A partir delas,
escribo literatura.
Santiago Jaureguizar9.- A súa profesión é a de xornalista... que lle aportou, e aporta, esta profesión á súa creación
literaria?
Portada: “Casa Skylab”
10.- E falando de xornalismo... canto se bota de menos a presenza do noso idioma neste eido, non?
E o que inda é peor, que cada vez aínda decrece...
Os medios de comunicación van por detrás da sociedade porque viven de vender publicidade. Se
houbese demanda de noticias en chinés, fariamos noticias en chinés.
11.- Foi Vostede quizabes un dos abandeirados de ver a realidade literatura-rede... Pode estar
nesta rede unha das bases fundamentais para a normalización da nosa literatura? sen desbotarmos
dende logo outras vías, claro está...
Pode ser, pero eu teño pouca fe no porvir do galego. Temo que imos ser os derradeiros en usalo.
A única opción que lle queda é que se poña de moda, que sexa prestixioso, usalo. Iso depende
da vosa xeración.
Basicamente tratouse de contar as nosas historias e de facelo en galego. O campo que estaba máis descoidado era o do rock, e logrouse
que aparecesen numerosas bandas. Foi a primeira vez que se fixo música rock en galego de xeito amplo. Obxectivo logrado.
12.- A comezos dos anos 90 xorde aquí en Galiza un movemento cultural-musical propio, o
“Movemento bravú”, co que Vostede confluíu ao momento... Que procuraban con este
movemento? Cre que os obxectivos deste movemento acadaron o todo ou máis ben quedou moito
por facer?
13.- O que si nos choca é que despois deste movemento tan noso o vexamos a Vostede mergullado nun movemento de raíces foráneas (o
trip-hop). Como podermos explicar isto?
O rock tamén ten raíces foráneas. Case todo o que miramos, vestimos e nos divirte ten raíces foráneas. Iso non ten nada de malo.
Trátase de adaptalo ao noso. O trip hop é un, dito toscamente, hip hop ralentizado
jueves 4 de febrero de 2016
Santiago Jaureguizar
14.- Tamén a literatura para idades máis temperás está abondo representada en Vostede. Con que lectoras e lectores se sente máis a
gusto á hora de crear?
O que máis me gusta é escribir para rapaces; asemade, odio escribir para
rapaces. Explícome. Gústame escribir para rapaces porque conto historias
veloces, atrevidas, cousas que me divirten. Gústame escribir para rapaces
porque nos encontros nos institutos sempre hai lectores que me fan preguntas
sorprendentes, moi boas -como as preguntas desta entrevista-. Non me gusta
escribir para rapaces porque xa teño moitos anos -cincuenta- e cada vez teño
máis medo a non contactar con vós, a aburrirvos coas miñas novelas. A
literatura, primeiro, debe divertir e fascinar. Despois, axudarnos a ser boas
persoas. Non me gusta escribir para rapaces porque sodes sinceros e resulta
duro escoitar que unha novela que che levou un ano escribir non conseguiu
interesar a un lector. Pero, ben, é un dos riscos que debo asumir.
15.- E para rematarmos... vimos en certo sitio que o seu estado de ánimo máis
habitual é o de “enfadado co mundo, somnolento”. Que lle fixo o mundo a Santiago
Jaureguízar para rexeitalo de semellante forma?
Ja, ja. Sabedes o que acontece? Que escribo polas mañás. A iso das sete e, claro, desas horas estou dun humor de cadelo que
soamente se calma no segundo café. Eh! Pero que non se vos ocorra empezar a tomar café. É unha droga que soamente acouga a
parvos coma min.
Santiago Jaureguizar
jueves 4 de febrero de 2016
CUESTIONARIO
jueves 4 de febrero de 2016
A zona vella de
Santiago.
Un monumento
salientábel?
Fran P. Lorenzo.
Cabalos e lobos
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Nikola Tesla.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
A metamorfose.
Franz Kafka.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Jim Hawkings,
protagonista de 'A illa do
tesouro', de Robert Louis
Stevenson.
Un personaxe literario co que
se identifique?
'Cayo largo', de John Ford.
Unha película de cine?
jueves 4 de febrero de 2016
Escribir unha novela en
inglés. Dádeme dez anos.Un anceio por realizar?
Ribadeo. O sillón no que
boto a soneca despois de
xantar.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Xogar no Athletic de Bilbao.Unha utopía?
O mesmo sofá no que boto a
soneca.
Un lugar axeitado para a
lectura?
Jazz. 'Ain'tsupertitious' de Howlin'Wolf
Un tipo de música? Unhacanción?
Rir.
Outro entretemento
ademais da lectura?
jueves 4 de febrero de 2016
Mundo urbano para vivir, mundo
rural para pasear (Vivín demasiado
tempo no rural e aburríame).
Montaña!
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
O control do lume
por parte do home.
Un feito histórico?
Calquera dosnorteamericanos que
pasaron fame e foronfelices en París:Hemingway, Henry
Miller, Saul Bellow, ScottFitzgerald
Un/ha autor/-a con quen seidentifique?
A vida. Todos os días
acontecen cousas
horribles e marabillosas.
A vida é literatura.
Cal é a súa fonte de
inspiración
Unha obra teatral?
'McBeth'.
Shakespeare.
jueves 4 de febrero de 2016

More Related Content

What's hot

What's hot (18)

Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
PRESENTACIÓN DE TERESA E MARÍA LAGO
PRESENTACIÓN DE TERESA E MARÍA LAGOPRESENTACIÓN DE TERESA E MARÍA LAGO
PRESENTACIÓN DE TERESA E MARÍA LAGO
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAntón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 

Similar to Jaureguizar

Similar to Jaureguizar (20)

Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 

More from Asnosasletras

Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (14)

Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Jaureguizar

  • 1. Santiago Jaureguizar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, nado en Bilbao no 1965. É un xornalista e escritor galego. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal “El Progreso” de Lugo. A súa obra Casa Skylab obtivo no ano 2005 o Premio Xerais de novela e ao ano seguinte coa obra Cabaret Voltaire o premio de novela Manuel García Barros, ano que tamén obtivo na Estrada o premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Outras obras súas son: Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo, O globo de Shakespeare... jueves 4 de febrero de 2016
  • 2. Eu escribo en galego porque levo case dende que nacín vivindo en Galicia. Os meus pais falaban en castelán. De neno odiaba o euskara porque o meu pai e os seus irmáns usaban ese idioma cando querían falar de algo sen que comprendésemos os nenos. Gústanme os idiomas, deféndome en cinco, pero os meus coñecementos de vasco son mínimos. Algunhas frases soltas. A aprendizaxe do vasco ten o problema de ser unha lingua aillada, que nada ten que ver coas románicas, pese á súa influencia no español. Santiago Jaureguizar 1. Vemos como Vostede ten un compromiso total co noso idioma... non xurdiu nalgún intre inquedanza por se mergullar na literatura do seu lugar de nacemento? 2. Como se produciu en Santiago Jaureguízar a súa entrada na literatura, na creación literaria? Empecei con 11 anos. Faciamos un tebeo no barrio, en Ribadeo. Eu escribía contos. Despois optei pola música. Quería tocar a guitarra e cantar en Siniestro Total, pero nin a Julián Hernández (o líder) lle pareceu ben nin eu fun de capaz de aprender guitarra. 3. Existe interacción entre a súa vida, o seu percorrer vital e a realidade presente nas súas creacións literarias? Si, todas e cada unha das miñas páxinas teñen que ver coa miña vida: con cousas que me pasaron, con libros que lin, con películas que vin... Outra cousa é que as esaxere, as adapte ou as deforme para contalas segundo o que necesite na historia que escriba. Pero todo isto pásalle a calquera escritor. 4. En todas as literaturas os premios adoitan ser un fundamental complemento... Até que punto a nosa literatura, moi necesitada dunha real normalización, depende moito máis deses premios? Os premios son imprescindibles. Teñen tres vantaxes: consegues publicar, consegues cartos e consegues promoción. Escribir unha novela xuvenil pode levarme un ano dende que me documento ata que a entrego. Iso supón un traballo considerable. Se leva un premio elimino a incertidume de saber se se publica ou non, gaño un diñeiro que me compensa o esforzo e logro que apareza nos medios que teño un libro novo. jueves 4 de febrero de 2016
  • 3. Si, teño varios. Se os multiplicades por quince saberedes o número de veces que me presentei a concursos. Os premios son o camiño máis rápido e sólido para poder escribir. Hai que presentarse sempre, a todos cantos convoquen, porque supoñen que unhas persoas que non te coñecen e que saben de literatura van avaliar obxectivamente a túa obra. Hai que ter presente que as primeiras 37 veces que vos presentedes non ides gañar e, sempre, sempre, volver intentalo. A carreira literaria non é doada, pero acaba devolvendo o que lle deas. Santiago Jaureguizar 5.- E falando de premios, que nos podería contar sobre eles Vostede que ten abondos e dos máis significativos na nosa literatura? 6.- O seu primeiro recoñecemento literario de importancia quizabes fose o Premio Xerais do ano 2003 coa obra Casa Skylab, unha obra onde se mesturan realidades, ficción, tradición, sociedade... e literatura de noso, non? Non exactamente. É literatura do meu. Nesa novela aparecen as experiencias e as fantasías de Santiago Jaureguízar nunha vila pequena da Montaña lucense que se chama Negueira de Muñiz. Eu contei ese ámbito tal e como o vía -con visión deformada-, con intención de fascinar aos lectores. Se, a maiores, logrei que alguén se identifique con esa visión: premio extra. Portada: “Cabaret Voltaire” 7.- E dous anos despois coa súa obra Cabaret Voltaire acadou aquí na Estrada un dos tres máis importantes premios a nivel narrativo en galego, o “Manuel García Barros”. Que supuxo este galardón no cómputo xeral da súa obra literaria? Algo grande. O García Barros non é unha coña. Quero moito esa novela porque fala da miña vila, Ribadeo. O título deume para poñelo tamén a un blog. 8.- Pero tampouco podemos esquecer que aquí na Estrada tamén acadou Vostede o premio xornalístico “Reimóndez Portela” (2005), curiosamente o mesmo ano do “García Barros”... Cal dos dous supuxo algo superior, o de literatura creativa ou o relacionado coa súa profesión? Ben, foi a bomba; pero é como gañar o Mundial de Fútbol e o anel da NBA. Son disciplinas distintas e alegrías iguais. O Reimóndez Portela fíxome un chisco máis de ilusión porque era o primeiro premio de xornalismo que me concedían. jueves 4 de febrero de 2016
  • 4. Achégame todo porque cada día coñezo varias historias sorprendentes novas. A partir delas, escribo literatura. Santiago Jaureguizar9.- A súa profesión é a de xornalista... que lle aportou, e aporta, esta profesión á súa creación literaria? Portada: “Casa Skylab” 10.- E falando de xornalismo... canto se bota de menos a presenza do noso idioma neste eido, non? E o que inda é peor, que cada vez aínda decrece... Os medios de comunicación van por detrás da sociedade porque viven de vender publicidade. Se houbese demanda de noticias en chinés, fariamos noticias en chinés. 11.- Foi Vostede quizabes un dos abandeirados de ver a realidade literatura-rede... Pode estar nesta rede unha das bases fundamentais para a normalización da nosa literatura? sen desbotarmos dende logo outras vías, claro está... Pode ser, pero eu teño pouca fe no porvir do galego. Temo que imos ser os derradeiros en usalo. A única opción que lle queda é que se poña de moda, que sexa prestixioso, usalo. Iso depende da vosa xeración. Basicamente tratouse de contar as nosas historias e de facelo en galego. O campo que estaba máis descoidado era o do rock, e logrouse que aparecesen numerosas bandas. Foi a primeira vez que se fixo música rock en galego de xeito amplo. Obxectivo logrado. 12.- A comezos dos anos 90 xorde aquí en Galiza un movemento cultural-musical propio, o “Movemento bravú”, co que Vostede confluíu ao momento... Que procuraban con este movemento? Cre que os obxectivos deste movemento acadaron o todo ou máis ben quedou moito por facer? 13.- O que si nos choca é que despois deste movemento tan noso o vexamos a Vostede mergullado nun movemento de raíces foráneas (o trip-hop). Como podermos explicar isto? O rock tamén ten raíces foráneas. Case todo o que miramos, vestimos e nos divirte ten raíces foráneas. Iso non ten nada de malo. Trátase de adaptalo ao noso. O trip hop é un, dito toscamente, hip hop ralentizado jueves 4 de febrero de 2016
  • 5. Santiago Jaureguizar 14.- Tamén a literatura para idades máis temperás está abondo representada en Vostede. Con que lectoras e lectores se sente máis a gusto á hora de crear? O que máis me gusta é escribir para rapaces; asemade, odio escribir para rapaces. Explícome. Gústame escribir para rapaces porque conto historias veloces, atrevidas, cousas que me divirten. Gústame escribir para rapaces porque nos encontros nos institutos sempre hai lectores que me fan preguntas sorprendentes, moi boas -como as preguntas desta entrevista-. Non me gusta escribir para rapaces porque xa teño moitos anos -cincuenta- e cada vez teño máis medo a non contactar con vós, a aburrirvos coas miñas novelas. A literatura, primeiro, debe divertir e fascinar. Despois, axudarnos a ser boas persoas. Non me gusta escribir para rapaces porque sodes sinceros e resulta duro escoitar que unha novela que che levou un ano escribir non conseguiu interesar a un lector. Pero, ben, é un dos riscos que debo asumir. 15.- E para rematarmos... vimos en certo sitio que o seu estado de ánimo máis habitual é o de “enfadado co mundo, somnolento”. Que lle fixo o mundo a Santiago Jaureguízar para rexeitalo de semellante forma? Ja, ja. Sabedes o que acontece? Que escribo polas mañás. A iso das sete e, claro, desas horas estou dun humor de cadelo que soamente se calma no segundo café. Eh! Pero que non se vos ocorra empezar a tomar café. É unha droga que soamente acouga a parvos coma min. Santiago Jaureguizar jueves 4 de febrero de 2016
  • 6. CUESTIONARIO jueves 4 de febrero de 2016
  • 7. A zona vella de Santiago. Un monumento salientábel? Fran P. Lorenzo. Cabalos e lobos Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Nikola Tesla. Un personaxe galego e un estranxeiro? A metamorfose. Franz Kafka.Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Jim Hawkings, protagonista de 'A illa do tesouro', de Robert Louis Stevenson. Un personaxe literario co que se identifique? 'Cayo largo', de John Ford. Unha película de cine? jueves 4 de febrero de 2016
  • 8. Escribir unha novela en inglés. Dádeme dez anos.Un anceio por realizar? Ribadeo. O sillón no que boto a soneca despois de xantar. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Xogar no Athletic de Bilbao.Unha utopía? O mesmo sofá no que boto a soneca. Un lugar axeitado para a lectura? Jazz. 'Ain'tsupertitious' de Howlin'Wolf Un tipo de música? Unhacanción? Rir. Outro entretemento ademais da lectura? jueves 4 de febrero de 2016
  • 9. Mundo urbano para vivir, mundo rural para pasear (Vivín demasiado tempo no rural e aburríame). Montaña! Mundo rural/urbano? Praia/montaña? O control do lume por parte do home. Un feito histórico? Calquera dosnorteamericanos que pasaron fame e foronfelices en París:Hemingway, Henry Miller, Saul Bellow, ScottFitzgerald Un/ha autor/-a con quen seidentifique? A vida. Todos os días acontecen cousas horribles e marabillosas. A vida é literatura. Cal é a súa fonte de inspiración Unha obra teatral? 'McBeth'. Shakespeare. jueves 4 de febrero de 2016