Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Entrevista á escritora Chus Pato

648 views

Published on

Entrevista dos alumnos do IES Manuel García Barros da asignatura de Literatura galega do século XX e da actualidade á escritora galega Chus Pato.

Published in: Education
  • Be the first to comment

Entrevista á escritora Chus Pato

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Chus Pato Chus Pato (Ourense, 1955) é unha das voces poéticas máis representativas da nosa lírica contemporánea. Comezou a súa andaina literaria coa publicación da obra Urania (1991). Outras obras súas son Heloísa (1994), Nínive (1996)... Máis recentemente publicouse unha escolma poético-musical súa titulada Nacer é unha república de árbores. Foi merecedora no ano 2008 do “Premio da crítica de poesía española” pola súa obra Hordas de escritura. Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados viernes 21 de noviembre de 2014
  2. 2. Levades razón, os sistemas literarios e por suposto o galego tenden agrupar os poetas en xeracións, supoño que é un xeito doado de construír unha historia, unha narración que facilite a comprensión da poesía, ademais de ter, esta maneira, unha longa tradición e ate hai moi pouco sen cuestionar. Ocorre que unha cousa son as xeracións biolóxicas (todos e todas aqueles e aqueles que por nacer nun ano común comparten un mesmo tempo histórico – aínda así aquí habería moito que matizar porque o tempo histórico está atravesado por cuestións de clase, de nación, de raza, de relixión, de xénero e outros, é dicir, unha data, 1914, non é o mesmo para todos–) e outra moi diferente son os e as poetas que compartindo datas e idioma escriben. Non é que eu non acredite nas xeración poéticas, hainas pero non sempre sucede; desde o meu punto de vista unha xeración poética ten que compartir non só as datas de nacemento, tamén ten que partillar intencións, estilo, intervencións públicas etc. Neste senso eu non pertenzo a ningunha xeración poética, xa que nada vital nin poético compartín coa denominada “dos oitenta” (é á que pertenzo por idade) se cadra algo con poetas dese tempo que non foron centrais para ese tipo de poesía como Lois Pereiro ou Antón Reixa. Tampouco creo ter os mesmos trazos que os e as poetas dos noventa cos que si coincidín en recitais e intervencións públicas. Así que si, diríavos que si, son remisa a figurar nunha xeración. Con todo e para rematar direivos que unha cousa é o que eu pense e outra moi diferente o que poden pensar os teóricos e teóricas, os historiadores ou estudosas da Literatura, son eidos diferentes, aínda que en Galicia moitos e moitas poetas son tamén filólogos e isto marca tendencia, desde logo. Chus Pato 2. Fonte: Trafengando ronseis 1. As alumnas e os alumnos xa estamos afeitas e afeitos a que cada vez que nos falan dun autor literario o primeiro que intentan é inserírnolo nunha xeración... Supoñemos que Vostede será remisa ou contraria a figurar nun compartimento-estanco deses... viernes 21 de noviembre de 2014
  3. 3. Chus Pato 2. Vimos que un crítico literario (Arturo Casas) falaba de que a súa obra estaba entre dous “espazos epistémicos”, aquel que comezara coa obra Con pólvora e magnolias e o das mulleres militantes no feminismo... Que aspectos da súa literatura cre que están fora destes dous espazos, ou ben trátase dunha opinión coa que concorda plenamente? A episteme aberta por Con pólvora e magnolias e os diversos feminismos é enorme, por outra banda, quen ousaría non concordar con Arturo Casas? Síntome moi honrada de que o mellor teórico da Literatura escribise sobre os poemas da miña autoría. Teño que precisarvos que as palabras de Arturo Casas son de hai bastante tempo e daquela non publicara a maior parte dos meus libros. Talvez hai no que escribo reflexións que queden fóra dese espazo, sinalaría a poesía de Trakl, Hölderlin, Paul Celan e Ingeborg Bachmann, a obra dalgúns filósofos do século XX e XXI (Jean Luc Nancy, Agamben, Derrida, Deleuze, especialmente Lacoue-Labarte e outros). Concibín a pentaloxía Decrúa (antes método), que se compón dos cinco libros que van desde m-Talá até Carne de Leviatán, como unha escritura que procura un senso fóra da significación e que linda pero non se confunde con xéneros literarios que non son o poema: o teatro, a narración e a Filosofía…; considero esta concepción do poema que ademais inclúe unha meditación longa sobre a linguaxe, a voz e o corpo entre outros temas, como algo que quizais caia fóra das epistemes abertas por Con pólvora… e as prácticas e teorías do feminismo. Quixera engadir que considero a Méndez Ferrín como o poeta que me é máis achegado, o referente superlativo para min e non só pola súa poesía senón tamén pola súa constancia e fidelidade (esta si, sen fisuras) ao ideario de liberación nacional de Galicia e da defensa do seu idioma.1 3. Ao lermos/escoitarmos os seus poemas vemos que os contrastes son a base da súa arte poética... por que este xogo literario coa antítese? Será para reforzar a temática do seu poema marcando os extremos? Ao meu entender un poema, ademais de outras moitas e variadas consideracións, é un artefacto lingüístico que se move na tensión entre a música (a música do idioma) e o concepto (que non precisa da música para escribirse), son dous extremos da linguaxe, a música e a lóxica. Nese senso si, o meu poema marca as estremas, as tensións, ese tirar cara ao norte da musicalidade e cara ao sur das proposicións lóxicas. E ademais no que escribo non se produce nunca unha síntese de contrarios, que a min non me move, prodúcese a tensión, ese ir cara aos bordes, cara ao borde do sensato e do insensato (a árbore que vemos e a palabra árbore) do mudo e da palabra articulada. O poema que eu trato de escribir mantense nesa tensión, é a posibilidade da música sen ser música, a posibilidade do pensamento sen selo, a posibilidade de achegarnos a árbore desde a palabra árbore e a imposibilidade de dicir realmente a árbore. viernes 21 de noviembre de 2014
  4. 4. Chus Pato 4. Hai outra cousa que nos impresionou nos seus poemas e é a presenza de diferentes voces... será isto tamén para reforzar os contrastes, para a ruptura coa unidade? É que a min a unidade non me interesa, mesmo sostería que eu non acredito na súa existencia, en todo caso é unha forma da que podo prescindir. A unidade remite sempre a unha transcendencia, xa sexa relixiosa ou civil. Eu estou polo fluír incesante de todo, non me move agrupar o río, a voz, a montaña, a cidade, o aeroplano nun todo, nunha unidade, gústame o río e gústame a voz e a montaña. Non preciso a narración e tampouco a transcendencia. Non existe unha voz, existen as voces, esta, aqueloutra e a outra, a túa, a dela, a miña, e non son remisíbeis a unha soa, voz de Deus, voz do Estado, voz …? 5. Procura nos seus poemas darlles voz ás mulleres... Como consegue na súa poética facer que a muller teña voz propia, que a súa voz se poida escoitar... que a muller, nunha palabra, teña identidade de seu? Non creo que eu lle dea voz ás mulleres, non creo que un poema lle poda dar voz a ninguén máis que a si mesmo. Nun poema como o que eu trato de escribir a linguaxe escríbese a si mesma. Ademais considero que os que non teñen voz (hai alguén, algo que non a teña?) teñen que falar en por si, ninguén pode suplantar a voz de ninguén, ou quedar calados que se cadra é algo que prefiren. Non, o meu poema non lle dá voz ás mulleres, é un poema escrito por unha muller que ademais de elixir selo é feminista. Ogallá esteades no certo e o que escribo sexa unha escritura de muller e feminista, eu procuro que sexa así, porque procuro ser muller e procuro eliminar da miña vida os riscos patriarcais nos que todas/todos fomos/somos educadas. Tamén procuro que a identidade muller no meu poema veña dada pola outra, polas outras, polas estrañas que me habitan e me nomean e me escriben. Procuro que esa identidade sexa aberta, inclusiva e que non se formule en base á exclusión das outras. Trato de que o meu poema rexistre estas pegadas, estes riscos, estas fórmulas viernes 21 de noviembre de 2014
  5. 5. Chus Pato 6. Vostede renuncia abondo a unha figura retórica moi empregada na lírica, a metáfora... Cal sería a causa do emprego mínimo desta figura na súa obra poética? Gustaríame dicirvos en primeiro lugar que a metáfora é un tropo, se cadra o de maior importancia e que non hai poema, non hai linguaxe articulada sen metáfora; sentado isto paso a explícame e creo que de paso contesto tamén en parte a pregunta oitava. É certo que a miña escritura poética procura unha ruptura, esa ruptura pode deseñarse atendendo ao seguinte: O meu poema vai en contra daquela concepción da poesía como expresión de emocións e sentimentos ou estados de ánimo (non quere isto dicir que nun poema non se expresen emocións etc.) e vai en contra disto porque un poema escríbese con todo o que se é pero formúlase en palabras e é, xa que logo e como xa vos escribín aí arriba, un artefacto lingüístico. E este carácter lingüístico é o que eu procurei poñer en primeiro plano. Tamén vai en contra daquel tipo de poesía que restrinxe o uso lingüístico a unha opción denominada “poética” (uso de palabras altamente poéticas e que na realidade son sinónimo de sentimentalismo) excluíndo do poema a maior parte das palabras do dicionario e por suposto a de uso común e en consecuencia o fluír do mundo que nos é común. Tamén vai en contra daquela poesía que concibe ao poeta como un soberano que está por riba da linguaxe e posúe un dominio sobre il, que non ten en conta o chamado “Xiro lingüístico” que nos amosou que a linguaxe pensa por nós e non á inversa. Tamén vai en contra dun tipo de suxeito poético que é exclusivamente masculino e branco e occidental, un suxeito sen fisuras e excluínte (todo o contrario ao que vos expliquei no referente ao da identidade muller). En fin… todo isto e máis… Pois ben a metáfora, a métrica, as convencións rítmicas do pasado son usadas profusamente por este tipo de poema e de poetas (curiosamente nada anovan nelas, en xeral limítanse a repetir os modelos do pasado). As miñas afirmacións en contra da metáfora van neste senso, non é que eu estea en contra da metáfora ou da métrica ou da rima, estou en contra do uso que certas poéticas lle dan aqueles tropos e medidas que compoñen unha arte que pode ou non pode seguir usándose para un poema no século XXI pero que non sirve xa para medir, para pesar, para tocar un poema e que son sempre elitistas e excluíntes e sobre todo non escriben poemas exactamente, repiten poemas que outros poetas xa escribiron, son prácticas poéticas epigonais. viernes 21 de noviembre de 2014
  6. 6. Chus Pato 7. Vimos que definen os seus poemas como “superposicións universalizadoras”... Como consegue ir sobrepoñendo á historia principal todas as outras historias e conseguir que ese poema puider ser universal? Non sei se entendo moi ben a pregunta, tampouco sei se o poema opera desa maneira. En principio parto dun encontro, ese encontro prodúcese con calquera circunstancia, pode ser unha árbore, un edificio, unha idea … algo que me conmocione ou que me emocione ou que me intrigue, algo que se me manifesta como necesitado de ser escrito, algo tamén que eu necesite escribir. Prodúcese polo tanto unha especie de shock, de choque e a partir de aí comezo a cavilar o poema que, efectivamente pode ter un tema principal, unha intriga, unha historia pero pode ser algo que non chegue a tal, pode ser unha pegada, unha aura, o que sexa. Lembro un poema que comezou nun paseo con Erin Moure que é unha poeta canadiana de orixe galega e tradutora dos meus libros ao inglés; pasabamos pois e vimos as pegadas dun paxaro. Erin preguntoume sobre o paxaro e eu comecei ao longo de días a meditar sobre o que é unha pegada, en como unha pegada é o rastro de algo que non está fisicamente presente pero que si o está na mente, miramos a pegada e na mente se produce a figura do animal, de tal forma que mediante unha pegada podemos apreixar no pensamento aquilo que é unha ausencia, a pegada ponos na dirección do que non está, unha aura é o contrario, vemos a aura, está presente fisicamente, visíbel para os nosos ollos, pero nunca podemos apreixar esa presenza. O exemplo máis claro é o arco da vella: canto máis nos achegamos, máis se afasta de nós... ben, a partir de todo isto fun escribindo un poema. A escritura dun poema pode ser inmediata ou levarme días e mesmo meses, non é calculábel ese tempo, tampouco a propia escritura o é, vaise facendo no vieiro ate que nun intre sei que se esgotou, que cheguei até onde eu podo chegar e entón o poema está listo, rematou. Non sei se contestei a vosa pregunta, ogallá que o que escribo, partindo sempre dunha concreción chegue a unha universalización, descoñezo se é así ou non o é. 8. Desde o seu primeiro poemario Urania procurou unha ruptura coa poesía existente... algo semellante ao vangardismo... algo como diría Antonio García Teijeiro que buscaba “rachar moitas correas que apreixaban a poesía”. Non supuxo un reto demasiado rupturista este feito nos intres en que a nosa poesía estaba nun dos seus cumes? É certo que se di que a miña poesía é vangardista, quixera matizalo. Como ben sabedes existiu un tempo a comezos do XX que é o das vangardas históricas. O que eu escribo non pode, ao meu ver, ser considerado desde esta perspectiva; agora ben, o que si é certo é que eu non esquezo a vangarda, para min as poéticas de vangarda son precisamente as que trazan a raia, a divisoria entre as poéticas contemporáneas e as que seguen teimando en ser retardatarias (as que non van parellas ao seu tempo) o meu poema trata de estar do lado contemporáneo da raia que deseñaron as vangardas. Creo entender ao que vos referides co “a nosa poesía estaba nun dos seus cumes” pero eu direivos que para min os cumes da poesía do XX son Manuel Antonio, Cunqueiro e Méndez Ferrín; e entón tamén vos direi que eu non fixen máis que seguir a tradición que as súas obras marcaban, neste senso non hai ruptura en min, o que hai é una idea da tradición diferente. Tradición é aquel corpus textual composto polos mellores poemas escritos nun idioma, o que eu tratei e trato ao escribir é ser fiel a este corpus, a esta tradición. viernes 21 de noviembre de 2014
  7. 7. Chus Pato 9. Cando decidiu facer unha escolma da súa poesía na obra Nacer é unha república de árbores e engadir como complemento a parte sonora foi porque ao mellor a súa poesía é moito mellor oíla recitada, cantada... que lela? Non, non, eu non decidín nada, a decisión foi da editora que me ofertou o formato, é dicir, a gravación viña de fábrica. Pero a vosa pregunta ten un enorme interese xa que dá nun dos alvos da poesía contemporánea, se esta é para ler ou para ser lida en alto. A maior parte da poesía contemporánea, creo, é dirixida a un lector/lectora que le en soidade e usa fundamentalmente os ollos. No que se refire a miña, tal e como eu a penso o proceso ten en conta as dúas formas ou ambos e dous sentidos, o ouvido e a vista (ambos inclúen o tacto, o tacto da mirada e o tacto da voz no ouvido) e ten que ver coa forma na que escribo; fágoo na mente, na voz interna, o poema vaise tecendo sen ser levado de inmediato ao papel. Só cando está rematado escribo na pantalla, aí dispoño as unidades de escritura tendo en conta o ritmo, case como notacións musicais e tendo en conta a mirada que le, de aí que no meu xuízo poda ser lida en soidade ou lida en alto, pero non é mellor unha cousa que outra, máis ben son da opinión que ambas se complementan, penso nunha lectora que le indistintamente en baixo ou en alto, que lle presta os seus ollos e tamén a súa voz á escritura que en si mesma é xa imaxe visual (todo alfabeto éo) viernes 21 de noviembre de 2014
  8. 8. Chus Pato 10. Cando está a escribir un poema xa deixa plasmada a forma con pausas, rupturas... ou iso será a posteriori? Esta pregunta está xa contestada na anterior, as pausas, as rupturas non son a posteriori, son parte do poema, non se concibe sen elas, son o seu sopro, o alento que nos sae e nos entra na boca, de fóra a dentro e de dentro a fóra, unha respiración que implica todo o corpo (incluído o cerebro), o pneuma. 11. “O contemporáneo vive nas fronteiras”... Que nos quixo dicir con esta máxima? É a súa unha clara loita contra todo tipo de fronteiras, contra todo o preestablecido? Contemporáneo é o tempo no que vivimos, é o hoxe, o noso presente que compartimos con todos os demais. A maior parte da humanidade vive hoxe desprazada, fóra do seu propio territorio. As xeracións que nos precederon en xeral foron nacidas e mortas nun mesmo lugar, para nós isto é realmente difícil, unha gran parte da nosa especie vive en tránsito e o transito é sempre unha fronteira. Unha fronteira é unha liña imaxinaria que divide dous territorios, que os escinde, pero o que esta dividido é tamén aquilo que vive en contacto. O noso mundo caracterízase, entre outras moitas situacións, polo contacto do que está dividido, do que é fronteirizo. Neste senso un poema contemporáneo sería aquel que se escribe na fronteira, no dividido e no contacto do dividido, seria un poema que hospeda aos outros, ás outras que non somos nós e nos dan o nome que portamos. 12. Vimos escrito que a súa dignidade literaria pretende “ser unha poética rigorosa e esixente nun espazo de pensamento poético capaz de subvertir os patróns habituais de pensamento”. En que consiste a súa loita poética contra deses patróns de pensamento? Pensar pénsase con palabras, así que pensar é unha actividade que se fai o mesmo que o poema coa linguaxe. Eu non concibo o poema sen pensamento, lembrade como antes vos manifestei que o poema era unha tensión entre a musicalidade do idioma e as proposicións lóxicas que nos permiten avanzar no pensamento. Ás veces consideramos que a linguaxe é neutral, que é só unha ferramenta que nos permite comunicarnos (aprobar exames sen ir máis lonxe) pero a linguaxe nunca é neutral, toma posición sen tregua. O pensamento necesita unha linguaxe libre (noutra pregunta aclararei o que veño de expresar) para poder avanzar, este tipo de linguaxe “libre” é a lingua poética, sen poema non pode existir o pensamento, nese senso creo que vai a afirmación que colocades entre comiñas na pregunta e que conclúe, tal e como eu o penso, que sen pensamento poético, sen unha linguaxe realmente poética a idea(s) non pode ser contemporánea nin estar á altura do tempo no que vive e se escribe viernes 21 de noviembre de 2014
  9. 9. Chus Pato 13. ''Nomes ilustres poboan o libro e adquiren unha vitalidade inimaxinable, permitíndolle á palabra subvertir as dicotomías tradicionais e percorrer todo un mundo de "territorios mutantes" que nos falan de capital e de soños, de emancipación e liberdade, de principios revolucionarios, de xustiza, de igualdade social, e de "despotismo tecnolóxico". Segundo o anterior considérase unha poeta que se enfronta á ferocidade da vida a través dos seus poemas ou a que se refire? Son miñas as palabras que reproducides? De non selo teriades que preguntarllo a quen as proferiu. Malia non ter claro isto tentarei de contestar. Si, considero que a vida é feroz e tamén a considero marabillosa e si, existe ou existiu a pregunta sobre vida e poema, se vida e poema son compatíbeis ou se vida e poema son instancias que non se rozan (a vida debería quedar excluída do poema e o poema sería por dicilo rapidamente algo espiritual ou intelectual, sen soporte sensíbel). Esta dicotomía traduce unha anterior, a dicotomía entre materia e espírito, alma e corpo etc.; aquí o poema caería do lado da eternidade, da alma, da transcendencia e a linguaxe sería o oposto ao corpo sería a instancia que rexe, que move ao corpo, en fin … esta xerarquía. Eu non considero a linguaxe como algo exterior ao corpo, considero que é o corpo quen fai posíbel a linguaxe (lembrade o proceso de hominización). Considero que o noso corpo é a nosa vida e que todo o que realizamos facémolo con il. A linguaxe sería entón unha creación corporal, e tamén o espírito e alma o serían. É doado deducir que o poema que como xa puntualicei é, desde o meu punto de vista, unha construción da linguaxe non é algo diferente da vida. Vida e poema camiñan xuntos porque a escritura é corpo e vida. Non existe a posibilidade de elixir entre a vida e o poema, o poema é unha manifestación da vida e a vida, si, é feroz e tamén marabillosa. Así o poema. viernes 21 de noviembre de 2014
  10. 10. 14. Poderiamos concluír en que unha palabra que apareceu nas dúas preguntas anteriores “subverter” cualificaría perfectamente a súa poética? Chus Pato Non, non o creo, cando menos non me gustaría que o meu traballo puidera ser resumido nunha soa palabra e de selo non creo que sexa subverter. Na pregunta nº 12 escribín que aclararía máis adiante o que estaba a narrar, ben fareino agora e como conclusión e contestación a esta nº 14 Sabedes, lembrades, aquilo das funcións da linguaxe? De xeito moi resumido: usamos a linguaxe para significar = isto é unha bolboreta para expresarnos = eu amo a bolboreta para pensar = hai bolboreta? Pois ben, a palabra do poema é aquela que non é pero non é allea a estes usos da linguaxe, que non procura a significación, nin a expresión nin o concepto, que os atravesa e procúrase nun lugar (nunha páxina en branco / no ceo / na nosa pel) no que poda repousar en si mesma e ser a posibilidade da significación, da expresión e do pensamento e para chegar a ese lugar a palabra ten que subverter a significación, a expresión e o concepto de consenso, os usos que nos atan e desanoalos, para ser limiar, abertura infinita onde todo o nacido pasa e se escribe sen suxeición, tal é como é aquilo que é natal, un comezo incalculábel. Esa é a subversión da palabra poética, ser o limiar, esa apertura infinita que é a nosa posibilidade de falar unha lingua articulada, as linguas do planeta. Sen esa palabra, sinxelamente, falar, realmente falar ou escribir, non é posíbel. Moitísimas grazas, dona Chus Pato, por permitir mergullármonos na súa poética, unha poética diferente para nós que simplemente fixo enriquecernos literariamente viernes 21 de noviembre de 2014
  11. 11. CUESTIONARIO viernes 21 de noviembre de 2014
  12. 12. Un personaxe literario co que se identifique? Un monumento salientábel? monumento aos Carral, en mártires O Carral. de Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Unha película de cine? Un personaxe galego e un estranxeiro? Elba Mácara, a protagonista de Obediencia de Antón Lopo. Alicia do outro lado do espello. Cal é a súa fonte de inspiración literaria obra autor/-estranxeiros? a e unha Un/ha A obra sería La Princesse de Clèves e a autora Madame de La Fayette, que se supón que vén sendo quen a escribiu. Creo que non me identifico con ningún personaxe literario pero si amo intensamente a varios, direivos dun, é o protagonista de Baixo o volcán, unha novela de Malcolm Lowry, é vós moi non da ledes miña a este xeración, autor. supoño que Xosé Luis Méndez Ferrín e todos e cada un dos seus libros de poesía Todas e todos vós Paris-Texas de Win Wenders e tamén Dune de David Lynch e tamén Drácula de Coppola. Unha obra teatral? O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca viernes 21 de noviembre de 2014
  13. 13. Un feito histórico? Un anceio por realizar? Darlle unha volta ao mundo e non só en 80 xornadas. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A praza de Poi Kallian en Bujara (Uzbequistan), para descansar a miña casa. Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? As cidades para lembralas, a aldea para vivir. Nin praia nin montaña, val e fraga. O proceso de hominización. Unha utopía? Que se producise unha mutación na nosa especie e resultaramos mellorados. Un tipo de música? Unha canción? Escoito música pola mañá, en canto me ergo prendo o reprodutor e tamén cando camiño. Clásica no almorzo, non clásica cando camiño. Un lugar axeitado para a lectura? A miña cama. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Cos autores e autoras non sinto identificación, nin sequera me identifico comigo mesma como autora. Dialogo, leo continuamente textos de diversos autores e autoras, ás veces mesmo me leo a min mesma. Outro entretemento ademais da lectura? Non considero a Literatura como un entretemento pero gústame moito camiñar. viernes 21 de noviembre de 2014

×