SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
MARTA DACOSTA POESÍA
ALGÚNS DATOS ACERCA DA AUTORA…
• Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta e sindicalista galega.
• Está licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e moitos dos seus poemas foron publicados
en revistas coma Olisbos, Dorna ou Festa da palabra silenciada.
• Recibiu os premios de poesía González Garcés 1995, Martín Códax 1998, O Figurante 2013
e Joam Carballeira 2013, entre outros.
• Participou en encontros literarios internacionais en Brasil, Cuba ou Irlanda.
• Deu á luz o libro de viaxes Baixo Miño, investigou sobre a sintaxe do galego medieval e
publicou estudos sobre a obra poética de Manuel María, X. L. Méndez Ferrín ou Victoriano
Taibo.
• A súa obra poética está recollida en diversas antoloxías.
• A súa reflexión literaria se ten centrado no papel da muller escritora, na súa xeración ou no
significado simbólico do mar na poesía galega e ten publicado estudos sobre a obra de
diferentes poetas galegos.
• Algúns dos seus poemas foron musicados
EN CANTO Á POESÍA…
 Crear o mar en Compostela, premio de poesía O Grelo 1993;
 Pel de ameixa, Premio González Garcés 1995;
 Setembro, premio Martín Códax 1998;
 En atalaia alerta, accésit do Premio Esquío 1999;
 As Amantes de Hamlet (2003);
 Cinza (2009);
 Acuática alma (2011) ;
 Argola, Premio de poesía O Figurante 2013
 Dun lago escuro, Premio Johán Carballeira, 2013 (Xerais, 2014) .
Libros de poemas:
Marta Dacosta pertence a unha estirpe de mulleres de admirábel coraxe. Fiel ás súas orixes familiares e a unha
liñaxe de mulleres fortes, afeitas a resistir, vencelladas todas elas ao mundo do mar e empeñadas en construír o
seu futuro desde o sacrificio e desde a dignidade persoal, a poeta vai afondar libro tras libro nunha visión
feminina e feminista do mundo.
 Setembro é unha primeira obra fundamental neste discurso. Aí están todas as mulleres do mundo (Unha
muller e outra e tantas que non sei) e sobre todo as mulleres da súa familia:
E eu sinto que son hoxe tantas que entón me foron,
Saladiña, Manueliña, Rosa ou tamén Pepa… É tempo de ser muller e de erguer a voz e as mans contra tanta
opresión: Preciso esa machada e o martelo,
preciso as túas mans, nai, sobre todo,
e esa rabia que está no noso herdo.
A OBRA POÉTICA MÁIS REPRESENTATIVA DA
AUTORA:
 Posteriormente, en En atalaia alerta, a poeta íspese emocional e carnalmente:
Espinme para mostrar a todos o meu corpo
sen artificio nin roupa, só a carne,
a memoria da infancia, o sexo sen vergonza,
ese lugar maldito e proclamado.
E viron a muller que sempre houbera
agora inmensamente feminina e consciente…
 A rebelión das Ofelias chega co libro As amantes de Hamlet, un poderoso canto contra a sociedade patriarcal. Ofelia
como símbolo da muller maltratada. E aparece por primeira vez na obra poética de Marta Dacosta a illa das mulleres
libres, un territorio onde as mulleres poden vivir en liberdade e a onde regresan todas as afogadas, unha historia
tamén con raíces no noso imaxinario popular, como a lenda das damas das pozas de Mougás:
Levamos os cabelos extremadamente longos
e os corpos espidos (…) como sinal levamos o sexo descuberto
os peitos e os cabelos ao vento que nos fere
e agardamos pacientes
o seu paso de auga á nosa casa aberta. Versos, en definitiva, que falan do poder feminino: aqui
nesta illa protexida dos ventos
erguémonos inmensas e poderosas
dominando a lonxitude do tempo.
 En Acuática alma, o seu seguinte libro, Marta Dacosta non abandona tampouco a reivindicación da condición fiminina. Igual
que sucede no seu poemario anterior coa personaxe de Ofelia, aquí asistimos a unha reinterpretación da imaxe da muller,
nesta ocasión nos contos infantís. O libro remata cun poema que é unha homenaxe a todas as mulleres que foron como aquela
deusa celta das augas que se chamou Adartia:
No fondo dos teus ollos hai un mar que palpita
e podes ser paciente singradura do náufrago
que agarda ao pé de ti, salvado de si mesmo
como podes erguer co teu corpo pequeno
a arca en que se salve o amor deses anos
e un home que varou no fracaso infinito.
 As mulleres están igualmente moi presentes en Cinza, unha especie de álbum poético-fotográfico escrito para reconstruír
a historia da súa estirpe familiar, un traballo que ao final quedou sen editar en formato de libro e que as lectoras e os
lectores podemos ler no blog da autora. Nun dos poemas pertencentes a esta obra, Marta Dacosta reivindica as súas
raíces nestas mulleres do mar e fala da súa tataravoa Rosa, muller de moito carácter, que sabía moi ben o que quería,
nacida no seo dunha familia adiñeirada e desherdada polos seus pais por namorar e casar cun mariñeiro:
Das mulleres que berran o peixe eu son,
das que afunden as mans no xeo do mencer.
Das mulleres que alisten palangres eu son,
das que refán e constrúen as redes
como unha firme laxe para sorter o mundo…
Esta constante preocupación de Marta Dacosta polo mundo feminino aparece de novo no seu último poemario:
 Argola, unha historia que ten como principal protagonista unha escrava que foi apartada da súa familia e do seu país e que
puido perfectamente acontecer hai dous mil anos, baixo o Imperio Romano, mais que nos traslada ao problema da explotación,
do patriarcado, do colonialismo e de todas as formas vivas de imperialismo que aínda podemos atopar na historia
contemporánea dos pobos e na sociedade actual.
O libro ten seguramente as súas orixes nunha viaxe que a poeta realizou hai algúns anos á cidade de Roma e nunha
reinterpretación histórica do que hoxe fica do antigo Imperio, unha relectura dun pasado de dominio e de esplendor que a escritora
fai tamén a partir dun texto de Tácito, no que o historiador romano critica o afán imperialista de Roma, que non se deu saciado nin
no Occidente nin no Oriente: “Fixeron pasar baixo o falso nome do imperio roubar, torturar, rapinar: e cando tiñan feito un deserto,
chamáronlle paz”.
O que pretende Marta Dacosta con esta obra é precisamente revelarnos o relato que non nos contaron, o que
endexamais figura nas guías turísticas, o que case nunca narran as crónicas dos vencedores, que son os que
escriben a historia, e, por outra parte, quere a autora que vexamos como a colonización e a mentalidade patriarcal
atravesa os séculos e chega á actualidade, todo iso poetizado a través das vivencias, do sufrimento e dos soños
dunha vestal que fala en primeira persoa, un personaxe que nos fascina de inmediato e que como unha Penélope
tece e destece, vai e vén do pasado ao presente e do presente ao pasado.
Na construción desta historia, as lectoras e os lectores deste libro vanse atopar con lendas enraizadas no noso
imaxinario popular, como
a lenda das mulleres espidas
que cabalgan a serra contra a noite
e apañan peixes enormes á luz do candil (…) convocando as naves imperiais
que devecen polos seus corpos prateados, corpos de femias fermosísimas que atraen os navíos que se lanzan
ansiosos da calor das femias contra as rochas, sobre os coídos macíos
coitelos afiados
en que os navíos do Imperio
rematan a viaxe.
Atoparán tamén aquí os lectores e as lectoras a lenda da persecución dos Herminios, onde de novo as mulleres
son as protagonistas daquela resistencia heroica contra o poder de Roma:
Non as puideron vencer
malia o lume instalado no mesmo cabo
alí onde se abre o camiño da baía abrigada
desde a que Caesar deu o paso definitivo
o ordenou que nin auga nin carne chegaran á Illa.
Mais onde Marta Dacosta acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus máis íntimos
desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer,
o reencontro na Poza Maior coas afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa…
Versos nos que habita o desexo e o estremecemento, o sufrimento, un nó que oprime as entrañas, o soño e a memoria
doutros días…
Versos de fonda carraxe contra os que devoran os pobos e contra a escravización intemporal das mulleres. Versos escritos
desde a historia, desde a mitoloxía e desde a tradición oral, e tamén desde o propio sentimento da poeta, ben evidente na
emocionada evocación da avoa. Versos para a reflexión e o compromiso. Poemas dunha grande carga emocional, escritos coa
ferida aberta, cunha forza expresiva que fai latexar as palabras. Poemas de gran tensión erótica. Poemas tamén de grande
beleza, dunha perfección difícil de alcanzar nunha poesía de tanto contido político, tan claramente de denuncia. Poemas
simplemente soberbios, espléndidos, como ese derradeiro poema que pecha o libro:
Que o veleno percorra capilares e veas
antes que o seme infame do tirano maldito
invada violento a carne que me queda.
O poema perfecto que Marta Dacosta sempre quixo escribir. Un dos mellores libros da última poesía galega.
FIN
Silvia Meijón Iglesias 2ºBach D

More Related Content

What's hot

Les Varietats Oriental I Occidental
Les Varietats Oriental I OccidentalLes Varietats Oriental I Occidental
Les Varietats Oriental I OccidentalINTEF
 
Comentario corrientes aguas cristalinas
Comentario corrientes aguas cristalinasComentario corrientes aguas cristalinas
Comentario corrientes aguas cristalinasMarina676
 
Súnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegria
Súnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegriaSúnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegria
Súnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegriaIES PLA DE LES MORERES
 
Juan ramon jimenez
Juan ramon jimenez Juan ramon jimenez
Juan ramon jimenez GGOOMMAA
 
Mientras por competir con tu cabello
Mientras por competir con tu cabelloMientras por competir con tu cabello
Mientras por competir con tu cabelloClàudia Garolera
 
Gerardo Diego, romance del duero
Gerardo Diego, romance del dueroGerardo Diego, romance del duero
Gerardo Diego, romance del dueroPilar Gobierno
 
arcipreste de hita el libro del buen amor javier
arcipreste de hita el libro del buen amor javierarcipreste de hita el libro del buen amor javier
arcipreste de hita el libro del buen amor javierjavier sanchez silvente
 
Ramón maría del valle inclán
Ramón maría del valle inclánRamón maría del valle inclán
Ramón maría del valle inclánTania García
 
Marchitas ya las juveniles flores
Marchitas ya las juveniles floresMarchitas ya las juveniles flores
Marchitas ya las juveniles floresmariamarat
 
Poesia Trobadoresca Powerpoint Final
Poesia Trobadoresca Powerpoint FinalPoesia Trobadoresca Powerpoint Final
Poesia Trobadoresca Powerpoint Finalcarme_d
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castroolaiabv
 
Río duero, río duero power point
Río duero, río duero power pointRío duero, río duero power point
Río duero, río duero power pointnnaauu
 
7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.
7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.
7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.Universitat Oberta de Catalunya (UOC)
 
O galego na Idade Media
O galego na Idade MediaO galego na Idade Media
O galego na Idade MediaMarlou
 
Vicente Aleixandre, se querían
Vicente Aleixandre, se queríanVicente Aleixandre, se querían
Vicente Aleixandre, se queríanPilar Gobierno
 

What's hot (20)

Les Varietats Oriental I Occidental
Les Varietats Oriental I OccidentalLes Varietats Oriental I Occidental
Les Varietats Oriental I Occidental
 
Comentario corrientes aguas cristalinas
Comentario corrientes aguas cristalinasComentario corrientes aguas cristalinas
Comentario corrientes aguas cristalinas
 
Súnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegria
Súnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegriaSúnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegria
Súnion! t’evocaré de lluny amb un crit d'alegria
 
Juan ramon jimenez
Juan ramon jimenez Juan ramon jimenez
Juan ramon jimenez
 
Cantiga de escarnio
Cantiga de escarnioCantiga de escarnio
Cantiga de escarnio
 
Mientras por competir con tu cabello
Mientras por competir con tu cabelloMientras por competir con tu cabello
Mientras por competir con tu cabello
 
Gerardo Diego, romance del duero
Gerardo Diego, romance del dueroGerardo Diego, romance del duero
Gerardo Diego, romance del duero
 
Vicente Aleixandre
Vicente Aleixandre Vicente Aleixandre
Vicente Aleixandre
 
arcipreste de hita el libro del buen amor javier
arcipreste de hita el libro del buen amor javierarcipreste de hita el libro del buen amor javier
arcipreste de hita el libro del buen amor javier
 
Ramón maría del valle inclán
Ramón maría del valle inclánRamón maría del valle inclán
Ramón maría del valle inclán
 
Marchitas ya las juveniles flores
Marchitas ya las juveniles floresMarchitas ya las juveniles flores
Marchitas ya las juveniles flores
 
Estat de dret
Estat de dretEstat de dret
Estat de dret
 
Poesia Trobadoresca Powerpoint Final
Poesia Trobadoresca Powerpoint FinalPoesia Trobadoresca Powerpoint Final
Poesia Trobadoresca Powerpoint Final
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Río duero, río duero power point
Río duero, río duero power pointRío duero, río duero power point
Río duero, río duero power point
 
7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.
7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.
7 Explica les aportacions de Vicent Andrés Estellés al gènere poètic.
 
O galego na Idade Media
O galego na Idade MediaO galego na Idade Media
O galego na Idade Media
 
Salvador Espriu
Salvador EspriuSalvador Espriu
Salvador Espriu
 
Vicente Aleixandre, se querían
Vicente Aleixandre, se queríanVicente Aleixandre, se querían
Vicente Aleixandre, se querían
 
Jarchas
JarchasJarchas
Jarchas
 

Similar to Marta Dacosta

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacostatrafegandoronseis
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Marlou
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 

Similar to Marta Dacosta (20)

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacosta
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 

More from A MARALEIXA

O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOA MARALEIXA
 
O ensaio de vicente risco
O ensaio de vicente riscoO ensaio de vicente risco
O ensaio de vicente riscoA MARALEIXA
 
Revistas vangardistas galegas
Revistas vangardistas galegasRevistas vangardistas galegas
Revistas vangardistas galegasA MARALEIXA
 
Educar en xustiza
Educar en xustizaEducar en xustiza
Educar en xustizaA MARALEIXA
 
O alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOO alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOA MARALEIXA
 
Viaxe a Santiago de Compostela
Viaxe a Santiago de CompostelaViaxe a Santiago de Compostela
Viaxe a Santiago de CompostelaA MARALEIXA
 
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ "Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ A MARALEIXA
 
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ "Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ A MARALEIXA
 
Baamonde Guitiriz
Baamonde GuitirizBaamonde Guitiriz
Baamonde GuitirizA MARALEIXA
 
Os nosos poemas de amor e desamor
Os nosos poemas de amor e desamorOs nosos poemas de amor e desamor
Os nosos poemas de amor e desamorA MARALEIXA
 
Sanxenxo máis nós
Sanxenxo máis nósSanxenxo máis nós
Sanxenxo máis nósA MARALEIXA
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nósA MARALEIXA
 
Debuxa Un Poema De UxíO Novoneyra
Debuxa Un Poema De UxíO NovoneyraDebuxa Un Poema De UxíO Novoneyra
Debuxa Un Poema De UxíO NovoneyraA MARALEIXA
 

More from A MARALEIXA (17)

Chus Pato
Chus PatoChus Pato
Chus Pato
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
O ensaio de vicente risco
O ensaio de vicente riscoO ensaio de vicente risco
O ensaio de vicente risco
 
Revistas vangardistas galegas
Revistas vangardistas galegasRevistas vangardistas galegas
Revistas vangardistas galegas
 
Educar en xustiza
Educar en xustizaEducar en xustiza
Educar en xustiza
 
O alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOO alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESO
 
Viaxe a Santiago de Compostela
Viaxe a Santiago de CompostelaViaxe a Santiago de Compostela
Viaxe a Santiago de Compostela
 
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ "Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
 
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ "Que sería de nós sen..."    ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
"Que sería de nós sen..." ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
 
Tríptico.ons
Tríptico.onsTríptico.ons
Tríptico.ons
 
Baamonde Guitiriz
Baamonde GuitirizBaamonde Guitiriz
Baamonde Guitiriz
 
Os nosos poemas de amor e desamor
Os nosos poemas de amor e desamorOs nosos poemas de amor e desamor
Os nosos poemas de amor e desamor
 
Sanxenxo máis nós
Sanxenxo máis nósSanxenxo máis nós
Sanxenxo máis nós
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
 
Anxo Fariña
Anxo  FariñaAnxo  Fariña
Anxo Fariña
 
Anxo FariñA
Anxo FariñAAnxo FariñA
Anxo FariñA
 
Debuxa Un Poema De UxíO Novoneyra
Debuxa Un Poema De UxíO NovoneyraDebuxa Un Poema De UxíO Novoneyra
Debuxa Un Poema De UxíO Novoneyra
 

Marta Dacosta

  • 2. ALGÚNS DATOS ACERCA DA AUTORA… • Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta e sindicalista galega. • Está licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e moitos dos seus poemas foron publicados en revistas coma Olisbos, Dorna ou Festa da palabra silenciada. • Recibiu os premios de poesía González Garcés 1995, Martín Códax 1998, O Figurante 2013 e Joam Carballeira 2013, entre outros. • Participou en encontros literarios internacionais en Brasil, Cuba ou Irlanda. • Deu á luz o libro de viaxes Baixo Miño, investigou sobre a sintaxe do galego medieval e publicou estudos sobre a obra poética de Manuel María, X. L. Méndez Ferrín ou Victoriano Taibo. • A súa obra poética está recollida en diversas antoloxías. • A súa reflexión literaria se ten centrado no papel da muller escritora, na súa xeración ou no significado simbólico do mar na poesía galega e ten publicado estudos sobre a obra de diferentes poetas galegos. • Algúns dos seus poemas foron musicados
  • 3. EN CANTO Á POESÍA…  Crear o mar en Compostela, premio de poesía O Grelo 1993;  Pel de ameixa, Premio González Garcés 1995;  Setembro, premio Martín Códax 1998;  En atalaia alerta, accésit do Premio Esquío 1999;  As Amantes de Hamlet (2003);  Cinza (2009);  Acuática alma (2011) ;  Argola, Premio de poesía O Figurante 2013  Dun lago escuro, Premio Johán Carballeira, 2013 (Xerais, 2014) . Libros de poemas:
  • 4. Marta Dacosta pertence a unha estirpe de mulleres de admirábel coraxe. Fiel ás súas orixes familiares e a unha liñaxe de mulleres fortes, afeitas a resistir, vencelladas todas elas ao mundo do mar e empeñadas en construír o seu futuro desde o sacrificio e desde a dignidade persoal, a poeta vai afondar libro tras libro nunha visión feminina e feminista do mundo.  Setembro é unha primeira obra fundamental neste discurso. Aí están todas as mulleres do mundo (Unha muller e outra e tantas que non sei) e sobre todo as mulleres da súa familia: E eu sinto que son hoxe tantas que entón me foron, Saladiña, Manueliña, Rosa ou tamén Pepa… É tempo de ser muller e de erguer a voz e as mans contra tanta opresión: Preciso esa machada e o martelo, preciso as túas mans, nai, sobre todo, e esa rabia que está no noso herdo. A OBRA POÉTICA MÁIS REPRESENTATIVA DA AUTORA:
  • 5.  Posteriormente, en En atalaia alerta, a poeta íspese emocional e carnalmente: Espinme para mostrar a todos o meu corpo sen artificio nin roupa, só a carne, a memoria da infancia, o sexo sen vergonza, ese lugar maldito e proclamado. E viron a muller que sempre houbera agora inmensamente feminina e consciente…  A rebelión das Ofelias chega co libro As amantes de Hamlet, un poderoso canto contra a sociedade patriarcal. Ofelia como símbolo da muller maltratada. E aparece por primeira vez na obra poética de Marta Dacosta a illa das mulleres libres, un territorio onde as mulleres poden vivir en liberdade e a onde regresan todas as afogadas, unha historia tamén con raíces no noso imaxinario popular, como a lenda das damas das pozas de Mougás: Levamos os cabelos extremadamente longos e os corpos espidos (…) como sinal levamos o sexo descuberto os peitos e os cabelos ao vento que nos fere e agardamos pacientes o seu paso de auga á nosa casa aberta. Versos, en definitiva, que falan do poder feminino: aqui nesta illa protexida dos ventos erguémonos inmensas e poderosas dominando a lonxitude do tempo.
  • 6.  En Acuática alma, o seu seguinte libro, Marta Dacosta non abandona tampouco a reivindicación da condición fiminina. Igual que sucede no seu poemario anterior coa personaxe de Ofelia, aquí asistimos a unha reinterpretación da imaxe da muller, nesta ocasión nos contos infantís. O libro remata cun poema que é unha homenaxe a todas as mulleres que foron como aquela deusa celta das augas que se chamou Adartia: No fondo dos teus ollos hai un mar que palpita e podes ser paciente singradura do náufrago que agarda ao pé de ti, salvado de si mesmo como podes erguer co teu corpo pequeno a arca en que se salve o amor deses anos e un home que varou no fracaso infinito.
  • 7.  As mulleres están igualmente moi presentes en Cinza, unha especie de álbum poético-fotográfico escrito para reconstruír a historia da súa estirpe familiar, un traballo que ao final quedou sen editar en formato de libro e que as lectoras e os lectores podemos ler no blog da autora. Nun dos poemas pertencentes a esta obra, Marta Dacosta reivindica as súas raíces nestas mulleres do mar e fala da súa tataravoa Rosa, muller de moito carácter, que sabía moi ben o que quería, nacida no seo dunha familia adiñeirada e desherdada polos seus pais por namorar e casar cun mariñeiro: Das mulleres que berran o peixe eu son, das que afunden as mans no xeo do mencer. Das mulleres que alisten palangres eu son, das que refán e constrúen as redes como unha firme laxe para sorter o mundo…
  • 8. Esta constante preocupación de Marta Dacosta polo mundo feminino aparece de novo no seu último poemario:  Argola, unha historia que ten como principal protagonista unha escrava que foi apartada da súa familia e do seu país e que puido perfectamente acontecer hai dous mil anos, baixo o Imperio Romano, mais que nos traslada ao problema da explotación, do patriarcado, do colonialismo e de todas as formas vivas de imperialismo que aínda podemos atopar na historia contemporánea dos pobos e na sociedade actual. O libro ten seguramente as súas orixes nunha viaxe que a poeta realizou hai algúns anos á cidade de Roma e nunha reinterpretación histórica do que hoxe fica do antigo Imperio, unha relectura dun pasado de dominio e de esplendor que a escritora fai tamén a partir dun texto de Tácito, no que o historiador romano critica o afán imperialista de Roma, que non se deu saciado nin no Occidente nin no Oriente: “Fixeron pasar baixo o falso nome do imperio roubar, torturar, rapinar: e cando tiñan feito un deserto, chamáronlle paz”.
  • 9. O que pretende Marta Dacosta con esta obra é precisamente revelarnos o relato que non nos contaron, o que endexamais figura nas guías turísticas, o que case nunca narran as crónicas dos vencedores, que son os que escriben a historia, e, por outra parte, quere a autora que vexamos como a colonización e a mentalidade patriarcal atravesa os séculos e chega á actualidade, todo iso poetizado a través das vivencias, do sufrimento e dos soños dunha vestal que fala en primeira persoa, un personaxe que nos fascina de inmediato e que como unha Penélope tece e destece, vai e vén do pasado ao presente e do presente ao pasado. Na construción desta historia, as lectoras e os lectores deste libro vanse atopar con lendas enraizadas no noso imaxinario popular, como a lenda das mulleres espidas que cabalgan a serra contra a noite e apañan peixes enormes á luz do candil (…) convocando as naves imperiais que devecen polos seus corpos prateados, corpos de femias fermosísimas que atraen os navíos que se lanzan ansiosos da calor das femias contra as rochas, sobre os coídos macíos coitelos afiados en que os navíos do Imperio rematan a viaxe.
  • 10. Atoparán tamén aquí os lectores e as lectoras a lenda da persecución dos Herminios, onde de novo as mulleres son as protagonistas daquela resistencia heroica contra o poder de Roma: Non as puideron vencer malia o lume instalado no mesmo cabo alí onde se abre o camiño da baía abrigada desde a que Caesar deu o paso definitivo o ordenou que nin auga nin carne chegaran á Illa.
  • 11. Mais onde Marta Dacosta acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa… Versos nos que habita o desexo e o estremecemento, o sufrimento, un nó que oprime as entrañas, o soño e a memoria doutros días… Versos de fonda carraxe contra os que devoran os pobos e contra a escravización intemporal das mulleres. Versos escritos desde a historia, desde a mitoloxía e desde a tradición oral, e tamén desde o propio sentimento da poeta, ben evidente na emocionada evocación da avoa. Versos para a reflexión e o compromiso. Poemas dunha grande carga emocional, escritos coa ferida aberta, cunha forza expresiva que fai latexar as palabras. Poemas de gran tensión erótica. Poemas tamén de grande beleza, dunha perfección difícil de alcanzar nunha poesía de tanto contido político, tan claramente de denuncia. Poemas simplemente soberbios, espléndidos, como ese derradeiro poema que pecha o libro: Que o veleno percorra capilares e veas antes que o seme infame do tirano maldito invada violento a carne que me queda. O poema perfecto que Marta Dacosta sempre quixo escribir. Un dos mellores libros da última poesía galega.