SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
A poesía de fins do XX e comezos do
Tema 10
XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.
Poetas e tendencias actuais máis
relevantes.
2020 - 2021
Susana Vázquez
Susana Vázquez 2
Nos anos 70 a poesía predominante era a poesía social (Celso Emilio Ferreiro). O 75 é un
ano fundamental xa que supón o fin da ditadura, coa morte do xeneral Franco. Con este
acontecemento iníciase un período de reformas políticas e sociais e éntrase nun novo proceso
caracterizado pola recuperación das liberdades democráticas e a posibilidade de autogoberno.
Todo isto, xunto á desaparición dos obstáculos da censura e o estímulo
dos premios, facilita a creación literaria en galego. Asistimos pois a un
incremento cuantitativo e cualitativo da produción literaria e da nómina de autores. Isto
significou profundas renovacións no panorama poético. As dúas máis salientables son: a eclosión
da escrita feminina (e feminista) e a convivencia de varias promocións de autores e autoras en
plena actividade creadora. O elenco de poetas galegos aumenta considerabelmente.
Podemos falar de catro inflexións sucesivas que marcarán este final do século XX:
a) A consolidación da estética do socialrealismo (a literatura de contido político) a finais
dos 60 e comezos dos 70 da man dos chamados "Novísimos".
b) A reacción contra as formas destes a partir do 76, do cal é exemplo o poemario de Ferrín
Con pólvora e magnolias.
c) A "xeración dos 80" que achega unha nova estética.
d) A reacción posterior a esta estética da man da chamada "xeración dos 90"
1. Os novísimos.
A publicación da antoloxía de Mª Victoria Moreno en 1973, Os novísimos
da poesía galega, deu nome a un grupo de poetas que introducen
pouco a pouco inquedanzas intimistas e innovacións formais. É moi importante
o maxisterio que sobre eles exercen figuras como Celso Emilio Ferreiro ou Manuel
María.
Aparecen a finais dos 60 e traballan nun momento intenso da loita antifranquista
participando directamente na implantación do nacionalismo de esquerdas. A súa escrita está
fortemente ideoloxizada e ten un compoñente de denuncia e reivindicación. Aborda cuestións
Aquil tren cargado de carne humán
detívose na fronteira unhas horas
pra valdeirarse dunhos pais sen fillos.
Na estación había un letreiro longo
que poñía: “EUROPA – MERCADO – FÁBRICA”.
Susana Vázquez 3
como a loita pola lingua, a opresión nacional e o desexo de liberdade individual e colectiva. O
labor literario é un elemento máis do seu compromiso político.
2. Do 76 ao 80.
Tres obras fundamentais abren unha nova etapa poética que camiña
paralela á incipiente creación dun estado democrático: en 1976 Con Pólvora e
magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín, Mesteres de Arcadio López Casanova e,
en 1980, Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro. Estes libros representan a
superación dunha poesía de compromiso a favor dunha nova maneira de facer
poemas buscando unha poesía estética e universal que entronque coa nosa tradición poética
(particularmente coa poesía medieval, celta e vangardista) e que ao mesmo tempo fose europea
e non particularizase en temas exclusivamente galegos. É o inicio dunha nova etapa na poesía
caracterizada pola apertura cara a temas de tipo intimista, existencial, metafísico, mitolóxico e
cultural, así como por unha maior atención á dimensión estética do poema.
Nesta primeira etapa aparecen diversos grupos poéticos e
libros de creación colectiva. O grupo Rompente (formado entre outros
por Afonso Pexegueiro e Antón Reixa) desenvolveu formas
vangardistas e provocadoras incluíndo o happening ou o espectáculo
poético- musical. Un bo exemplo disto é a obra Silabario da turbina
(1978) que incorpora técnicas das artes plásticas como a colaxe.
Tanto nas tres obras colectivas publicadas (Silabario da turbina, ¡Fóra
as vosas sucias mans de Manuel Antonio! e A dama que fala) coma nas
obras individuais dos seus membros (Facer pulgarcitos tres, As ladillas do travestí e galletas
kokoschka non), Rompente racha con todas as convencións da poesía e a cultura que ata entón se
fixeran en Galicia.
Tamén se significou nunha vangarda máis atenuada o colectivo Cravo fondo. O grupo
xurdiu con vontade renovadora e autodefiníase como revolucionario, nacionalista e
comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Estaba formado polos poetas
Susana Vázquez 4
Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús
Manuel Valcárcel, Fiz Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro. En 1977 publicaron o seu único
libro conxunto co título Cravo Fondo, que se abre cun manifesto que amosa a vontade de
superación do socialrealismo epigonal, pero sen renunciar á historicidade nin caer no
esteticismo. Faise fincapé na necesidade dunha poesía que comunique realmente co pobo e fálase
da necesidade de facer recitais non elitistas. O manifesto remata coa consigna: "Por Galicia, pola
poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe".
Ademais hai agrupamentos de carácter local como o recollido nos dous libros dos poetas
radicados na cidade da Coruña e arredores De amor e desamor (Xosé Devesa, Mato
Fondo) ou o grupo Alén (Mato Fondo, Xosé Ramón Pena). En 1981 aparece Dorna,
revista de expresión poética. Dorna créase grazas á iniciativa da Asociación Cultural
Dorna, da Illa de Arousa. A partir do segundo número da publicación, a súa edición
pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de
Compostela.
3. A Xeración dos 80.
Como consecuencia da ruptura co social-realismo prodúcese un distanciamento entre o
creador e a sociedade. A dedicación do día das Letras Galegas de 1979 a Manuel Antonio inflúe
nun maior achegamento á súa poética. Prodúcese unha actitude neovangardista en que o poeta
pasa a ser, ante todo, o creador singular. As tendencias ruralistas e popularizantes son
desbotadas, producíndose unha integración dos elementos da cultura urbana e marxinal (de novo
coincidindo coas vangardas) con elementos acordes cos novos tempos (drogas, depresións,
enfermidades mentais...). Tamén hai unha recuperación do
intimismo e do erotismo implícito. Predomina a preocupación
formalista xunto co barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe.
A poesía destas autores e autores está caracterizada
polo culturalismo e o emprego de ferramentas e motivos da filosofía, a mitoloxía, a música e as
artes plásticas. A preocupación polos aspectos formais, concretada na busca dun código moi
elaborado e de gran corrección. A apertura temática, que se manifestou no cultivo de temas
intimistas (amor, paso do tempo, morte), temas sociais (referidos a novas cuestións como as
inxustizas laborais e a política), o medio (espazos naturais, urbanos, etc) e a reflexión
metaliteraria.
Susana Vázquez 5
Para a súa expresión desenvolven diferentes liñas temáticas. A continuación
enunciarémolas e encadraremos as e os poetas nelas:
- Culturalismo.
ƒ Manuel Forcadela. A súa obra exemplifica a liña culturalista e esteticista, especialmente
en Ferida acústica de río, unha obra que contén referencias intertextuais a escritores como
Homero, Petrarca e Pessoa, e concede grande importancia á música.
ƒ Ramiro Fonte. Formou parte do colectivo Cravo Fondo, e no seu discurso lírico
reflexiona sobre o paso do tempo e a nostalxia, e evoca espazos íntimos cunha forte simboloxía.
Escribiu Pensar na tempestade e Designium, entre outros.
ƒ Miguel Anxo Fernán-Vello: A súa obra caracterízase pola busca da beleza na expresión
e o ritmo musical do verso. É autor de Memorial de brancura.
ƒ Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Combina na súa poesía as tendencias intimista e social.
Entre a súa otra destaca Praia das furnas.
ƒ Xavier Rodríguez Baixeiras: Caracterízase polo emprego de estrofas clásicas nas súas
composición, entre as que salienta Fentos no mar.
- A poesía do cotián.
Os autores desta tendencia trataron aspectos da vida cotiá e
incorporaron consideracións autobiográficas aos seus poemas. Empregan
una linguaxe máis directa e sinxela, cunha menor atención a os aspectos
estritamente formais. O autor máis representativo é Manuel Rivas (Ningún
cisne e Mohicania).
FONEMA
Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan, dicía o mestre:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía que
Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era,
se é que a tiña,
o toxo que douraba os montes de Galicia.
Susana Vázquez 6
- A experimentación.
Esta liña poética, aínda sen deixar de lado totalmente a preocupación formalista,
procura a experimentación na lírica. Técnica do colaxe textual, próxima ó vangardismo
poético. Os autores destrúen o concepto tradicional de estrofa, para crearen versos sen rima
con rupturas sintácticas, caligramas, etc. Destacan Manuel Vilanova e Vicente Araguas.
- A poesía da muller.
A incorporación definitiva da muller a creación poética galega durante a década dos 80
deu lugar a unhas composicións caracterizadas polo rexeitamento do androcentrismo e un
intimismo propiamente feminino. As poetisas máis salientables desta década son Pilar Pallarés,
Ana Romaní e Xela Arias (a quen dedicamos este ano as letras galegas).
- Os camiños senlleiros.
Nestre grupo inclúense autores cunha obra destacadamente orixinal ou dificilmente
clasificable pola mestura de varias tendencias, como Claudio Rodríguez Fer e Cesáreo Sánchez
Iglesias.
4. A poesía dos 90.
Ante a extraordinaria eclosión poética desta década, os novos autores, para facerse cun
oco no panorama literario do momento, buscaron agruparse en colectivos como Serán Vencello,
Ronseltz1, Humilladoiro, etc. As correntes poéticas xurdidas nos 90 rompen coa procura da beleza
formal e a corrección na linguaxe e decántanse por unhas composicións transgresoras,
empregando unha linguaxe máis familiar e o fragmentarismo na organización sintáctica e
estrutural do poema, ademais de introducir formas non estándar.
1
http://culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_8933.pdf
Muller, amiga,
quero ve-lo mar contigo polas fiestras abertas,
sulcar imaxes de gaivotas namoradas
e berrar pola vida,
nos límites mesmos da loucura,
nosa é a ternura,
este recuperar o verso e a historia,
a entraña do ser,
o misterio da silenciada rebeldía.
Ana Romaní
Susana Vázquez 7
Autopoética
Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera:
Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz:
Vai unha lavandeira e dille a un túmulo:
Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica:
Vai un solpor e dille a un rapaz feo:
Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos:
Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca:
Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X:
Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base:
Vai a néboa nun verso, saise do poema e acata a Constitución:
Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes:
Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais:
Coas letras iniciais de cada resposta poderá formar
o pensamento dun famoso xogador do Deportivo.
Ronseltz
Liñas temáticas segundo o tratamento da linguaxe poética:
- O discurso natural. Aglutina aos autores que cultivan unha poesía intelixible e
emotiva, que parte da experiencia cotiá, empregando unha linguaxe directa e clara co
obxectivo de implicar ao lector no poema. Salientan Fran Alonso e Rafa Villar (Liques de
memoria).
- O discurso libertario. Esta tendencia cuestiona os prexuízos da
linguaxe recibida, que pode actuar como instrumento de poder e control. Para
facer fronte a isto, esta poesía rexeita as convencións establecidas e emprega a
linguaxe como unha forma de liberación. Destacan os autores do colectivo
Ronseltz, Olga Novo e Yolanda Castaño (Elevar as pálpebras).
- O discurso hermético. Esta corrente caracterízase polo emprego dunha linguaxe culta
e complicada, a ausencia de orde lóxica na estrutura das composicións, o desvío da norma e a
polisemia. Aquí inclúense María do Cebreiro e Chus Pato.
5. Poetas e tendencias actuais.
Debido á proximidade é máis difícil falar de tendencias comúns. Aínda así, podemos citar,
entre outras, como características dos autores e autoras actuais a desbarroquización da
Susana Vázquez 8
linguaxe, o uso dunha lingua directa e coloquial, tratando temas cotiáns, o tratamento de temas
sociais con novas sensibilidades (insubmisión, ecoloxismo, pacifismo, feminismo...).
Nesta nova época podemos salientar o labor destes poetas por achegar este xénero á
xente, ben a través da rede informática con blogs ou páxinas web, ben con recitais para
un contacto entre poeta e ouvinte, ben con actuacións en festivais e/ou happenings.
Os cultivadores da lírica exploran na actualidade os eidos da hibridación de xéneros, das
variedades conversacionais da lingua, da reivindicación, da poesía feminina, etc. Destacan
Eduardo Estévez, Carlos Negro, Celso Fernández, María Lado, Alberte Morán, Lucía Novás, Marta
Dacosta, Séchu Sende e algúns outros non menos importantes que constrúen unha variada
paisaxe poética que ampara a esperanza dun futuro prometedor.
Algúns exemplos que podes ver na rede:
https://www.youtube.com/watch?v=ZbSZFqQII9E
https://www.youtube.com/watch?v=_NgXqseOTpo
https://www.youtube.com/watch?v=79Mzec8qzAA
https://www.youtube.com/watch?v=JQvkK58df04

More Related Content

What's hot

Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010xenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8carlalago95
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeralxenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismoxenevra
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismoxenevra
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
NeotrobadorismoAnaMGC
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 

What's hot (20)

Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
O manifesto "Máis Alá"
O manifesto  "Máis Alá"O manifesto  "Máis Alá"
O manifesto "Máis Alá"
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
Neotrobadorismo
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 

Similar to A poesía de finais do XX

Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOA MARALEIXA
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 
Poesía galega fins XX e comezos do XXI
Poesía galega fins XX e comezos do XXIPoesía galega fins XX e comezos do XXI
Poesía galega fins XX e comezos do XXISaloEu
 
A poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónA poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónMarlou
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Posesía galega de finais do XX e principios do XXI
Posesía galega de finais do XX e principios do XXIPosesía galega de finais do XX e principios do XXI
Posesía galega de finais do XX e principios do XXIolgaamigodevesa
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...borjanunez
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade MediasusanaNB
 

Similar to A poesía de finais do XX (20)

Poesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidadePoesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidade
 
Poesia fin de seculo
Poesia fin de seculoPoesia fin de seculo
Poesia fin de seculo
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
Poesía galega fins XX e comezos do XXI
Poesía galega fins XX e comezos do XXIPoesía galega fins XX e comezos do XXI
Poesía galega fins XX e comezos do XXI
 
A poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónA poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guión
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Posesía galega de finais do XX e principios do XXI
Posesía galega de finais do XX e principios do XXIPosesía galega de finais do XX e principios do XXI
Posesía galega de finais do XX e principios do XXI
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
 
Poesía das vangardas
Poesía das vangardasPoesía das vangardas
Poesía das vangardas
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade Media
 

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaxenevra
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4ºxenevra
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºxenevra
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4ºxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxía
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4º
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4º
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4º
 

A poesía de finais do XX

  • 1. A poesía de fins do XX e comezos do Tema 10 XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes. 2020 - 2021 Susana Vázquez
  • 2. Susana Vázquez 2 Nos anos 70 a poesía predominante era a poesía social (Celso Emilio Ferreiro). O 75 é un ano fundamental xa que supón o fin da ditadura, coa morte do xeneral Franco. Con este acontecemento iníciase un período de reformas políticas e sociais e éntrase nun novo proceso caracterizado pola recuperación das liberdades democráticas e a posibilidade de autogoberno. Todo isto, xunto á desaparición dos obstáculos da censura e o estímulo dos premios, facilita a creación literaria en galego. Asistimos pois a un incremento cuantitativo e cualitativo da produción literaria e da nómina de autores. Isto significou profundas renovacións no panorama poético. As dúas máis salientables son: a eclosión da escrita feminina (e feminista) e a convivencia de varias promocións de autores e autoras en plena actividade creadora. O elenco de poetas galegos aumenta considerabelmente. Podemos falar de catro inflexións sucesivas que marcarán este final do século XX: a) A consolidación da estética do socialrealismo (a literatura de contido político) a finais dos 60 e comezos dos 70 da man dos chamados "Novísimos". b) A reacción contra as formas destes a partir do 76, do cal é exemplo o poemario de Ferrín Con pólvora e magnolias. c) A "xeración dos 80" que achega unha nova estética. d) A reacción posterior a esta estética da man da chamada "xeración dos 90" 1. Os novísimos. A publicación da antoloxía de Mª Victoria Moreno en 1973, Os novísimos da poesía galega, deu nome a un grupo de poetas que introducen pouco a pouco inquedanzas intimistas e innovacións formais. É moi importante o maxisterio que sobre eles exercen figuras como Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María. Aparecen a finais dos 60 e traballan nun momento intenso da loita antifranquista participando directamente na implantación do nacionalismo de esquerdas. A súa escrita está fortemente ideoloxizada e ten un compoñente de denuncia e reivindicación. Aborda cuestións Aquil tren cargado de carne humán detívose na fronteira unhas horas pra valdeirarse dunhos pais sen fillos. Na estación había un letreiro longo que poñía: “EUROPA – MERCADO – FÁBRICA”.
  • 3. Susana Vázquez 3 como a loita pola lingua, a opresión nacional e o desexo de liberdade individual e colectiva. O labor literario é un elemento máis do seu compromiso político. 2. Do 76 ao 80. Tres obras fundamentais abren unha nova etapa poética que camiña paralela á incipiente creación dun estado democrático: en 1976 Con Pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín, Mesteres de Arcadio López Casanova e, en 1980, Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro. Estes libros representan a superación dunha poesía de compromiso a favor dunha nova maneira de facer poemas buscando unha poesía estética e universal que entronque coa nosa tradición poética (particularmente coa poesía medieval, celta e vangardista) e que ao mesmo tempo fose europea e non particularizase en temas exclusivamente galegos. É o inicio dunha nova etapa na poesía caracterizada pola apertura cara a temas de tipo intimista, existencial, metafísico, mitolóxico e cultural, así como por unha maior atención á dimensión estética do poema. Nesta primeira etapa aparecen diversos grupos poéticos e libros de creación colectiva. O grupo Rompente (formado entre outros por Afonso Pexegueiro e Antón Reixa) desenvolveu formas vangardistas e provocadoras incluíndo o happening ou o espectáculo poético- musical. Un bo exemplo disto é a obra Silabario da turbina (1978) que incorpora técnicas das artes plásticas como a colaxe. Tanto nas tres obras colectivas publicadas (Silabario da turbina, ¡Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio! e A dama que fala) coma nas obras individuais dos seus membros (Facer pulgarcitos tres, As ladillas do travestí e galletas kokoschka non), Rompente racha con todas as convencións da poesía e a cultura que ata entón se fixeran en Galicia. Tamén se significou nunha vangarda máis atenuada o colectivo Cravo fondo. O grupo xurdiu con vontade renovadora e autodefiníase como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Estaba formado polos poetas
  • 4. Susana Vázquez 4 Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Fiz Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro. En 1977 publicaron o seu único libro conxunto co título Cravo Fondo, que se abre cun manifesto que amosa a vontade de superación do socialrealismo epigonal, pero sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Faise fincapé na necesidade dunha poesía que comunique realmente co pobo e fálase da necesidade de facer recitais non elitistas. O manifesto remata coa consigna: "Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe". Ademais hai agrupamentos de carácter local como o recollido nos dous libros dos poetas radicados na cidade da Coruña e arredores De amor e desamor (Xosé Devesa, Mato Fondo) ou o grupo Alén (Mato Fondo, Xosé Ramón Pena). En 1981 aparece Dorna, revista de expresión poética. Dorna créase grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa. A partir do segundo número da publicación, a súa edición pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. 3. A Xeración dos 80. Como consecuencia da ruptura co social-realismo prodúcese un distanciamento entre o creador e a sociedade. A dedicación do día das Letras Galegas de 1979 a Manuel Antonio inflúe nun maior achegamento á súa poética. Prodúcese unha actitude neovangardista en que o poeta pasa a ser, ante todo, o creador singular. As tendencias ruralistas e popularizantes son desbotadas, producíndose unha integración dos elementos da cultura urbana e marxinal (de novo coincidindo coas vangardas) con elementos acordes cos novos tempos (drogas, depresións, enfermidades mentais...). Tamén hai unha recuperación do intimismo e do erotismo implícito. Predomina a preocupación formalista xunto co barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe. A poesía destas autores e autores está caracterizada polo culturalismo e o emprego de ferramentas e motivos da filosofía, a mitoloxía, a música e as artes plásticas. A preocupación polos aspectos formais, concretada na busca dun código moi elaborado e de gran corrección. A apertura temática, que se manifestou no cultivo de temas intimistas (amor, paso do tempo, morte), temas sociais (referidos a novas cuestións como as inxustizas laborais e a política), o medio (espazos naturais, urbanos, etc) e a reflexión metaliteraria.
  • 5. Susana Vázquez 5 Para a súa expresión desenvolven diferentes liñas temáticas. A continuación enunciarémolas e encadraremos as e os poetas nelas: - Culturalismo. ƒ Manuel Forcadela. A súa obra exemplifica a liña culturalista e esteticista, especialmente en Ferida acústica de río, unha obra que contén referencias intertextuais a escritores como Homero, Petrarca e Pessoa, e concede grande importancia á música. ƒ Ramiro Fonte. Formou parte do colectivo Cravo Fondo, e no seu discurso lírico reflexiona sobre o paso do tempo e a nostalxia, e evoca espazos íntimos cunha forte simboloxía. Escribiu Pensar na tempestade e Designium, entre outros. ƒ Miguel Anxo Fernán-Vello: A súa obra caracterízase pola busca da beleza na expresión e o ritmo musical do verso. É autor de Memorial de brancura. ƒ Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Combina na súa poesía as tendencias intimista e social. Entre a súa otra destaca Praia das furnas. ƒ Xavier Rodríguez Baixeiras: Caracterízase polo emprego de estrofas clásicas nas súas composición, entre as que salienta Fentos no mar. - A poesía do cotián. Os autores desta tendencia trataron aspectos da vida cotiá e incorporaron consideracións autobiográficas aos seus poemas. Empregan una linguaxe máis directa e sinxela, cunha menor atención a os aspectos estritamente formais. O autor máis representativo é Manuel Rivas (Ningún cisne e Mohicania). FONEMA Do máis aló da gorxa, dun profundo e misterioso fol, saíannos sons que debiamos matar. Repitan, dicía o mestre: Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo. Pero Lolo o do Rito dicía que Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo e o mestre dáballe un pao. A min custoume algún traballo dicir sen respirar que había plantas monocotiledóneas pero non din sabido de que familia era, se é que a tiña, o toxo que douraba os montes de Galicia.
  • 6. Susana Vázquez 6 - A experimentación. Esta liña poética, aínda sen deixar de lado totalmente a preocupación formalista, procura a experimentación na lírica. Técnica do colaxe textual, próxima ó vangardismo poético. Os autores destrúen o concepto tradicional de estrofa, para crearen versos sen rima con rupturas sintácticas, caligramas, etc. Destacan Manuel Vilanova e Vicente Araguas. - A poesía da muller. A incorporación definitiva da muller a creación poética galega durante a década dos 80 deu lugar a unhas composicións caracterizadas polo rexeitamento do androcentrismo e un intimismo propiamente feminino. As poetisas máis salientables desta década son Pilar Pallarés, Ana Romaní e Xela Arias (a quen dedicamos este ano as letras galegas). - Os camiños senlleiros. Nestre grupo inclúense autores cunha obra destacadamente orixinal ou dificilmente clasificable pola mestura de varias tendencias, como Claudio Rodríguez Fer e Cesáreo Sánchez Iglesias. 4. A poesía dos 90. Ante a extraordinaria eclosión poética desta década, os novos autores, para facerse cun oco no panorama literario do momento, buscaron agruparse en colectivos como Serán Vencello, Ronseltz1, Humilladoiro, etc. As correntes poéticas xurdidas nos 90 rompen coa procura da beleza formal e a corrección na linguaxe e decántanse por unhas composicións transgresoras, empregando unha linguaxe máis familiar e o fragmentarismo na organización sintáctica e estrutural do poema, ademais de introducir formas non estándar. 1 http://culturagalega.gal/imaxes/docs/doc_8933.pdf Muller, amiga, quero ve-lo mar contigo polas fiestras abertas, sulcar imaxes de gaivotas namoradas e berrar pola vida, nos límites mesmos da loucura, nosa é a ternura, este recuperar o verso e a historia, a entraña do ser, o misterio da silenciada rebeldía. Ana Romaní
  • 7. Susana Vázquez 7 Autopoética Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera: Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz: Vai unha lavandeira e dille a un túmulo: Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica: Vai un solpor e dille a un rapaz feo: Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos: Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca: Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X: Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base: Vai a néboa nun verso, saise do poema e acata a Constitución: Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes: Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais: Coas letras iniciais de cada resposta poderá formar o pensamento dun famoso xogador do Deportivo. Ronseltz Liñas temáticas segundo o tratamento da linguaxe poética: - O discurso natural. Aglutina aos autores que cultivan unha poesía intelixible e emotiva, que parte da experiencia cotiá, empregando unha linguaxe directa e clara co obxectivo de implicar ao lector no poema. Salientan Fran Alonso e Rafa Villar (Liques de memoria). - O discurso libertario. Esta tendencia cuestiona os prexuízos da linguaxe recibida, que pode actuar como instrumento de poder e control. Para facer fronte a isto, esta poesía rexeita as convencións establecidas e emprega a linguaxe como unha forma de liberación. Destacan os autores do colectivo Ronseltz, Olga Novo e Yolanda Castaño (Elevar as pálpebras). - O discurso hermético. Esta corrente caracterízase polo emprego dunha linguaxe culta e complicada, a ausencia de orde lóxica na estrutura das composicións, o desvío da norma e a polisemia. Aquí inclúense María do Cebreiro e Chus Pato. 5. Poetas e tendencias actuais. Debido á proximidade é máis difícil falar de tendencias comúns. Aínda así, podemos citar, entre outras, como características dos autores e autoras actuais a desbarroquización da
  • 8. Susana Vázquez 8 linguaxe, o uso dunha lingua directa e coloquial, tratando temas cotiáns, o tratamento de temas sociais con novas sensibilidades (insubmisión, ecoloxismo, pacifismo, feminismo...). Nesta nova época podemos salientar o labor destes poetas por achegar este xénero á xente, ben a través da rede informática con blogs ou páxinas web, ben con recitais para un contacto entre poeta e ouvinte, ben con actuacións en festivais e/ou happenings. Os cultivadores da lírica exploran na actualidade os eidos da hibridación de xéneros, das variedades conversacionais da lingua, da reivindicación, da poesía feminina, etc. Destacan Eduardo Estévez, Carlos Negro, Celso Fernández, María Lado, Alberte Morán, Lucía Novás, Marta Dacosta, Séchu Sende e algúns outros non menos importantes que constrúen unha variada paisaxe poética que ampara a esperanza dun futuro prometedor. Algúns exemplos que podes ver na rede: https://www.youtube.com/watch?v=ZbSZFqQII9E https://www.youtube.com/watch?v=_NgXqseOTpo https://www.youtube.com/watch?v=79Mzec8qzAA https://www.youtube.com/watch?v=JQvkK58df04