Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Helena villar janeiro

581 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Helena villar janeiro

  1. 1. Literatura Galega do Século XX e da ActualidadeHelena Villar Janeiro Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  2. 2. Helena Villar Janeiro1. Como lembra Vostede aqueles anos da súa nenez marcados polos comezos da ditadura?Foron bonitos por ser unha nena moi querida, pero tristes xa que a casa familiar lindaba co cárcere. Mentres xogaba na horta oía aospresos que entraban cantar primeiro e chorar despois. No edificio do cárcere estaba o depósito de cadáveres que se improvisaba en casode accidentes de tráfico. Na estrada A Coruña-Madrid, os accidentados soían ser de lonxe e pasaban alí a noite mentres non viñanrecollelos. Obrigaban aos veciños a facerlles velorio e todo aquel movemento dábame moito medo. Tamén era triste o silencio que habíaque gardar sobre o que me contaba meu pai da República, da guerra e do réxime. Tíñame como “alter ego” para poder falar. Estoullemoi agradecida polo moito que aprendín nesta experiencia porque non medrei ignorando o que pasaba. Hai unha irregularidade na miñainfancia que me axudou a vivir bastante a liberdade: non fun escolarizada desde os 6 aos 13 anos, que é cando empecei a estudar nunhaacademia de paso que cosía.2. Que espazo influíu, e inflúe, máis na súa obra, o da súaxuventude (Lugo) “a idade plástica da vida” ou o de agora nas “pedrasde Compostela” e “beiras da Arousa”?O fundamento da obra está nas montañas dos Ancares. Todo o que véndespois aséntase nese substracto. Incluso o meu mar non é este, senóno de Donostia, que coñecín aos catro anos.3. No seu pasado na súa casa vivíase a cultura; no seu verán davida viviu e vive en cultura, e o seu futuro (descendentes) a literatura ea música tamén o marcan. Pode unha persoa vivir toda a vidamergullada na cultura? Pódería vivir sen esa cultura que a rodea? Helena Villar con Nélida Piñón na USC.Eu creo que non, que non podería vivir sen a dimensión creativa. Medrei oíndo cantar a meu pai e cantando con el –eu quería ser sopranoprofesional, pero non foi posible adquirir a formación nunha pequena vila- e oíndo historias na súa xastrería. Lin de nena con moitaintensidade. Xa mestra, na soedade de Quintá de Cancelada acabei sendo poeta para poder falar comigo desde outra dimensión. Fixen alicenciatura para cumprir o gusto de miña nai, que quería unha lectura máis práctica que a literatura. Logo tiven a sorte de casar cunescritor. Esta é unha situación que, ou non se pode superar por exceso de competencia, ou crea unha complicidade creativa moi forte,que é o noso caso. Fun a primeira profesora de música dos fillos, que aprenderon comigo a interpretala e a escribila canda a lecto-escritura. A filla seguiu os nosos pasos coa literatura, pero ten moi boa formación musical e unha voz preciosa de contralto. O filloculminou o meu soño e coroou unha familia de músicos gaiteiros e acordeonistas. Nun caldo de cultivo como este a cultura é partesubstantiva da vida en común.
  3. 3. Helena Villar Janeiro4. Vostede tamén optou firmemente pola tradución ao noso idioma de literatura de fóra. Cal cre que é a función primordial dastraducións?O meu traballo de tradutora empezou o día que María do Cebreiro non me admitía en galego o conto de Carapuchiña, pensando que tiñaque estar en castelán como o escoitaba na escola. Daquela empeceillo a contar en francés. Miroume de xeito moi raro e expliqueille oque era traducir. Ela entendeuno moi ben e eu tomei nota do interese que tiña presentarlles aos lectores as obras universais en galego.É un dos feitos que máis contribúen á normalización da nosa cultura. Cando se fala de literatura, de cine, de música ou de teatro, haique ter a precaución de traducir os títulos, se non se dan na lingua orixinal, para lle outorgar carta de universalidade ao idioma propio. 5. Escribir é para Vostede máis evasión ca compromiso, ao revés, ou as dúas funcións son realmente importantes? Escribo porque sinto unha necesidade forte e teño que lle dar saída a esa pulsión. Optar polo galego como lingua de creación xa é un compromiso. O meu primeiro poemario está en castelán porque aí me conduciran as circunstancias. Inmediatamente despois, reflexionei sobre a anomalía de escribir nunha lingua e falar noutra. Enfronteime ao proceso de autoaprendizaxe da grafía e da normalización cultural. Quizabes por iso, a miña narrativa flúe moi natural en galego porque nunca narrei en castelán. Coa poesía teño que coutar o espazo idiomático coa vontade. Pero máis alá deste compromiso inicial, toda obra estética debe ter unha ética máis ou menos explícita, un compromiso coa Humanidade e coa Terra. Por iso non poderei nunca considerar arte unha tourada. Moito máis interese que o contido da narración é o punto de vista do narrador, que 6. Que é máis difícil para Vostede na narración, inventar pode conseguir un relato interesante de calquera contido. Nisto a narración parécese historias ou darlles forma posterior coa linguaxe? á fotografía". (Helena Villar Janeiro)A narración é un proceso difícil e ben diferente segundo se trate de relato ou novela. O relato é máis parecido á poesía en intensidade emesmo no proceso de creación. A novela require unha arquitectura difícil de montar e hai que traballar dentro desa estrutura todo otempo. É dicir, require unha visión de conxunto que pode ser revisable pero que ten os seus elementos moi interrelacionados onde oscambios teñen que ser moi ben introducidos para que ningún fragmento da estrutura resulte danado. É interesante a temática, pero aliteratura é forma. O realmente difícil é atinar na forma, no punto de vista, na selección do narrado e no dominio da elipse. Eu tivenmoi clara esta praxe cando empecei a facer fotografía. Foi onde vin con claridade que o éxito final está máis no punto de vista adoptadoe na selección que fai quen fixa a imaxe que no propio obxecto fotografado.
  4. 4. Helena Villar Janeiro7. Por que cre que nesta sociedade se valore máis a nivel cultural unha película de cineou a propia música xurdidas da literatura que a propia literatura que lles serviu de base? Comose podería solventar estas diferenzas?Son linguaxes diferentes e non se chegan ao público do mesmo xeito nin coa mesma facilidade,sobre todo cando os receptores están máis inmersos nunha delas que nas outras. A literaturaten unha riqueza evocativa e de interpretación persoal moi ampla que permite unhapercepción máis aberta e creativa para o lector. A imaxe é máis intuitiva e, como hoxeimpregna calquera comunicación, o receptor está moi afeito á súa linguaxe e resúltalle doadoachegarse a ela. A música é moito máis abstracta e, polo tanto, é máis difícil buscar a súaconexión coa literatura. Faise fundamentalmente coa poesía e o produto cultural pode ser moiexitoso8. Que pensa Vostede da situación actual da nosa lingua mergullada nun conflitocontinuo especialmente no ámbito que a nós respecta, o do ensino? Hai futuro para a nosalingua e para a nosa literatura?A lingua propia de Galicia terá o futuro que Galicia queira darlle, pero eu non son moioptimista porque vexo que o país non ten a autoestima suficiente para preservala dasdificultades coas que convive. En canto á literatura, é normal que teña os problemas derivadosdos que sofre a lingua que a soporta. Aínda así, a literatura é a máis normalizada de todas asmanifestacións culturais –no sentido amplo da palabra cultura- que se realizan en Galicia Helena Villar con Rubén Fonseca na casa de Rosalia.9. Vostede mesma declarou que ser escritor consiste en “ser” e “estar” no mundo. Concibe Vostede unha literatura totalmentedesmarcada da realidade social que a rodea?A literatura é creación e a creación é liberdade. Polo tanto, escribir é un acto de liberdade ao que ninguén pode poñer un coutoexterno. Xa deixei claro que eu creo no compromiso e a mellor maneira de se comprometer é escribir en contacto coa realidade. Nonobstante, quen escribe pode asumir outras realidades que lle son afastadas, crear outras realidades ou fuxir da realidade. En últimotermo, a literatura hai que valorala non só pola súa ética, senón é sobre todo pola súa calidade, pola súa capacidade de emocionar e deseducir, por presentar mundos ben constituídos, voces líricas potentes, pensamento ben construído…
  5. 5. Helena Villar Janeiro10. Que pensa da literatura infantil e xuvenil? Cal cre que é a súa, ou súas, función(s)? Pode existir unha cultura sen este tipo deliteratura?Eu fixen moita literatura para os meus nenos, que logo se acabou publicando e se puxo ao servizo da infancia galega e, nalgún caso,tamén chegou a outras culturas traducida. E creeina porque a considerei necesaria para o desenvolvemento normal das nenas e dosnenos que deben xogar, emcionarse e ver mundos novos na lingua que falan. A súa función é adestrar a infancia na lectura literaria paralle dar posibilidades de acceso á obra literaria universal. Eu considereina unha porta de acceso pola que os meus fillos se achegasen álectura sen marca de idade non para que se estancasen nunha literatura facilitada. O alumnado non se pode privar de ler os clásicos naescola, coa axuda do profesorado que para iso está. En tal caso eu marcaría dúas áreas de lectura xa na adolescencia: unha de interesespersoais feita por libre e outra máis canónica cara ós clásicos. A literatura non merece o pseudoprivilexio de perder a obrigatoriedadefronte ás outras materias escolares. A formulación química, as operacións matemáticas, a análise sintáctica complexa e a aprendizaxedas ciencias sociais preséntanselles sen que ninguén cuestione que non se deben retirar porque non gustan.
  6. 6. AR IO TI ONCU ES
  7. 7. Un personaxe galego e un estranxeiro? Helena Villar Janeiro obra  Prisciliano e u nha xe de ciencia - / -a e os? U n persona utor galeg Madame Curie. n co que s e ha a aria e ficció Un/ liter as tro id entifique? eC a ciencia- ía d ovas. sal s n cine No n me gus ta Ro lla cula de i n sequera pelí ficción. N ra Fo Unh a e dela oñezo pers onaxes pa eral berto c el? Il gen e Ro po der elixir. áb re, d lini. e C ral me o nt o d ted tro , per r ove sel om de llo lie R Ros sa ún Un/ha autor/-a e unha obra la. to tro m ste en literaria estranxeiros? Sa qu n r co iag ca ou um po en ga Selma Lagerlof e “A lenda de on Unha ob O incerto ra teatral? m lu Gösta Berling”, a narración que co señor donUn un nt e a Hamlet p máis influíu na miña ríncipe d e É Dinamar n ca de Álv formación. Pero non podo deixar no Cunquei aro ro. de citar “Le Petit Prince”.
  8. 8. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A Revolución  Do que teño visto, recomendaría a cidade de Buda-Pest (visita) e a paisaxe dos fiordos noruegos (descanso). Francesa ? t opía Un l ugar ha u a ica? Un to co axeit e mús ? o xu s lectu ado para po d nción und e as Calq ra? a U n ti a m Un fame cións uera ha c My mús en si U n jaz porz. i a min as. Meti ica c l lenci o ca e ada discr icad da n ásica de ou con lási ant er rad ad Out outro o lib ro, x fondo.  C em ro espa a no wa y, c atra. A ai en s d tre zo ao meu n hai Sin fo a l tem arred or. ano ? to iter en l /urb ? Un/ ha a gr atu to rura taña quen utor/ af ra? o und a/mon se id -a co n ia i zar?M entif real Prai e Con ique . o po r ral o. r Rosa ? ncei ñece r Ru a o lía Un en c esta ños de C a me s o por mo nta astro . Q uéd devez a e has cid ades. Itali gun nal

×